martes, 4 de setembro de 2012

Carlo Chatrian, novo director artístico do Festival de Locarno



Despois da marcha de Olivier Père, que dirixirá a partir de novembro Arte France Cinéma, o consello de administración do Festival de Locarno acordou hoxe o nome do seu sucesor: o xornalista e programador Carlo Chatrian (Turín, 1971) será o novo director artístico. Carlo Chatrian é autor de diversas monografías sobre cineastas (Errol Morris, Wong Kar Wai e Johan Van Der Keuken, entre outros), e formou parte do comité de selección do Festival dei Pópoli (Florencia) e Visions du Réel (Nyon). A súa relación co Festival de Locarno vén de lonxe, coma membro do comité de selección (até a chegada de Olivier Père) e responsábel das retrospectivas dos tres últimos anos: Ernst Lubitsch, Vincente Minnelli e Otto Preminger.

Ningún comentario:

Publicar un comentario