xoves, 9 de marzo de 2023

SACO 2023: Entrevista a Regina Pessoa

Regina Pessoa. Imaxe: Harry Cleven.
Naciches e creciches nunha aldea rural perto de Coímbra. Contas que non tiñas televisión na casa e que escoitabas as historias que contaban as persoas anciás, unha maneira de narrar que quizais hoxe xa estea perdida. Até que punto cres que esa infancia e adolescencia en contacto coa natureza e coas “ficcións da vida real” marcaron a maneira en que agora concibes os teus filmes?
 
Vivín até aos 17 anos nunha pequena aldea nun Portugal rural e atrasado que estaba saíndo da ditadura, no seo dunha familia moi pobre, como eran a maioría das familias da altura. Ese curto período de infancia e adolescência estivo marcado por experiencias tan fortes para min que determinaron os contidos e a dirección da carreira artística que viría a ter. A miña familia era disfuncional e nela había casos de doenza mental, como a miña nai que tiña esquizofrenia ou como o seu irmán, o Tío Tomás, que tiña as súas "manías". Moito máis tarde, xa adulta, coñecín a animación. Eu quería facer un filme mais non tiña formación para escribir un guión, non me sentía á altura para crear historias e aventuras fantásticas ou abordar temas apaixonantes e ambiciosos, e a forma que encontrei de contar historias foi a de falar de pequenas cousas simples, dos asuntos que coñezo mellor, os meus. Inspírome nas memorias dese período e abordo nos meus filmes ese tipo de personaxes atípicas porque foron eses os modelos de persoas adultas e de mundo que eu tiven. E así acabei por encontrar a miña propia gran motivación, a de prestar homenaxe, un tributo, ás persoas anónimas que coñecín. As situacións que represento son a miña forma de "escribir", quer a miña propia historia, quer a desas persoas, sinto que non puideron ter voz e serán esquecidas se eu non falar delas.

A túa formación académica é en Belas Artes. Como chegaches a traballar no campo da animación? Coñecín a animación por casualidade. Sempre tiven que traballar para pagar os meus estudos e no inicio do meu terceiro ano na Facultade máis unha vez procurei traballo, coñecín algunhas persoas que traballaban no único estudo de animación do Porto nesa altura, viron os meus deseños, gustáronlles e me dixeron "¿por que non vas ao estudo e mostras os teus deseños? Estamos a comezar unha nova curta de animación, precisamos xente para traballar". Fun, mostrei os meus deseños ao director do estudio, o Abi Feijó, gustáronlle e díxome: "comezas mañá". No inicio traballei nos filmes do Abi e máis tarde el deume a oportunidade de desenvolver as miñas propias ideas, o que era moi excitante. Mais a seguir ao primeiro entusiasmo entendín que non era así tan simple: deime conta de que a miña formación era visual, non tiña o hábito de escribir historias e pouco sabía de cinema. E canto máis eu tentaba seguir as nocións xerais de escrita dun guión, menos interesante era o resultado e máis bloqueada ficaba. Entón, vendo a miña dificultade, o Abi díxome isto: "Non fagas caso desas regras da escrita dun guión, pensa só en algo que sexa importante para ti e non te obsesiones con escribir un texto que encaixe coas normas mais que pode estar baleiro de contido. Se o que tes a dicir for realmente forte e importante para ti, dedicaraste a iso en corpo e alma e iso vai verse nas túas imaxes. É esa a motivación que precisas para superar todos os problemas e etapas da execución do filme. E no final, as persoas que vexan o filme dalgunha forma sentirán tamén esa forza nas túas imaxes". Esa foi, é e será sempre unha das ensinanzas máis útiles que aprendín: procurar no meu interior unha imaxe, unha sensación ou emoción que sexa realmente importante para min. Foi así que xurdiu a idea e a motivación para a facer a miña primeira animación, a curtametraxe A Noite, que é sobre unha nena que ten medo da escuridade, inspirada na miña infancia e na relación coa miña nai. Seguín esa ensinanza do Abi en todos os proxectos seguintes. 

A Noite (Regina Pessoa, 1999)

Catro curtametraxes estreadas ao longo de vinte anos dan idea de procesos creativos longos, de filmes feitos sen présas...
Si, realicei catro filmes, A Noite, História Trágica com Final Feliz, Kali, o Pequeno Vampiro e Tío Tomás, a Contabilidade dos Días, todos eles en con visuais extremamente complexos. Penso que iso se debe ao meu "defecto" de formarme en Artes Plásticas: non consigo desconectar da imaxe individual e teño necesidade de que cada unha delas acade riqueza visual. Ás veces pasa pola miña cabeza unha idea extrema: "se hai un problema e a proxección se detén na sala chea de espectadores, sería horríbel se a imaxe fose fea, eu ficaría moi avergoñada, sería como se alguén abrise a porta e eu estivese en cuecas" ;-) Alén diso, eu traballo en curtas de animación de autor. Recibo apoios públicos para as facer, así que sinto que teño tamén unha responsabilidade persoal e o deber de utilizar eses medios para facer o mellor traballo posíbel. Eu creo na honestidade artística e intelectual e en cada filme paso por un longo período de experimentación e pescuda narrativa e gráfica, investigo profundamente cal é o visual que mellor serve aquel proxecto, aquela historia. E talvez acabe facendo un investimento persoal de 2 ou 3 euros por cada euro que recibo... Penso que ese é o período na elaboración do filme ao que dedico máis tempo. Creo na importancia de que as curtas de animación de autor experimenten tratamentos visuais e narrativos diferentes, na importancia da diversidade das formas visuais e temáticas abordadas para formar e ampliar o espectro do gusto do publico, para inspirar e renovar non só a industria -para que esta que se renove e evolucione- senón até a propia democracia.

Os teus filmes teñen un carácter moi persoal, ten moito peso o debuxo e as técnicas de ilustración e animación tradicionais. Nunha era dominada pola animación industrial elaborada por grandes equipos que traballan en parcelas moi específicas, o teu cinema amosa orgullo polo labor artesanal e por unha concepción integral da obra final.
Precisamente por non estudar animación non experimentei ese certo "formatado" que esa formación trae, o que me permitiu inventar as miñas propias técnicas. Eu estudei Artes Visuais/Pintura, o meu gusto artístico estivo marcado pola historia da Arte, polo coidado na composición da imaxe, polas texturas orgánicas, polo poder do clarescuro e polas técnicas de pintura. No meu primeiro filme, A Noite, ao comezar o storyboard collín o lápis que estaba máis á man, sen reparar na súa cor, e por pura coincidencia era carmín queimado. Tratábase do meu primeiro filme, así que me esforcei por transmitir como mellor sabía a emoción que procuraba en cada deseño. Como resultado, dei grande ênfase á expresión dos personaxes e á interacción entre luz e sombras. Eu era consciente de que se trataba dunha historia moi simple que só tería vida se era capaz de darlle o correcto tratamento visual, dramático e sonoro. Cando terminei o storyboard vin que tiña á miña fronte un conxunto moi coherente de debuxos de determinada cor, cunha textura e cun xogo de luz e sombra moi interesante, que creaba no seu conxunto un ambiente bastante forte. Grazas á súa textura e atmosfera monocromática, eses debuxos facíanme lembrar vagamente o filme Franz Kafka do realizador polaco Piotr Dumala, que eu vira algúns anos antes. Tíñanme dito que el traballaba con xeso. Iniciei entón unha investigación sobre gravado en placas de xeso, tentei varios métodos con distintos materiais e diversas tintas e ferramentas. Logo de varias tentativas, moitas delas frustrantes, finalmente conseguín resultados interesantes que non só respectaban os meus debuxos, aumentando o seu potencial de textura, luz e sombra, como tamén enaltecían o drama e a poesía do filme. Era ese o ambiente que eu estaba a procurar. Encontrei así a técnica e tiña sentido: para unha historia sobre o medo á noite, parecía coherente usar tinta escura sobre xeso branco, raspando a superficie negra para revelar a luz. Gustoume moito o resultado visual e nos meus filmes seguintes continuei a explorar e desenvolver técnicas de gravado animado, usando medios e soportes distintos a medida que a tecnoloxía foi evolucionando. Ás veces fago a brincadeira de dicir que as miñas técnicas evolucionaron "da pedra ao píxel", pois o meu primeiro filme foi feito con gravado animado sobre pedra (xeso), pasei despois por fases en que utilicei outros soportes máis leves como o gravado animado sobre papel e máis recentemente fixen a miña reconversión ás novas tecnoloxías (o píxel). Así, ao longo dos meus filmes e dos distintos soportes que probei sinto case como se tivese atravesado as distintas eras da historia da arte, dende a Prehistoria até a época moderna. O meu estilo persoal foise gradualmente definindo, marcado por tons monocromáticos, unha forte expresión orgánica e unha acentuada exploración da luz e a sombra. Este traxecto foi tamén importante para eu comprender que non é a técnica ou o soporte utilizado o que estabelece a individualidade dunha artista e como é importante definir a nosa linguaxe persoal de forma de que, sexan cales for os medios utilizados, estes estean ao servizo de quen crea e non ao revés.

História Trágica Com Final Feliz (Regina Pessoa, 2005)

Unha idea moi presente nas túas curtas é a defensa e a reivindicación da diferenza e da diversidade, da importancia de encontrar un lugar propio. Isto é especialmente claro en História Trágica Com Final Feliz ou Kali, O Pequeno Vampiro. E tamén están moi presentes os medos máis esenciais da humanidade (e en particular da infancia): a noite e a escuridade, a soidade, o medo a sentir que as persoas non te queren...
Como expliquei anteriormente, dende o meu primeiro filme para superar a completa inexperiencia en cinema e guión a forma que encontrei de crear historias foi falar de temas simples a partir das miñas memorias e vivencias persoais como os medos, a soidade, a diferenza etc, as pequenas cousas que parecen básicas e sen importancia mais coas cales eu me sentía máis a gusto. Por un lado porque non eran pretensiosas, por outro lado porque eu as coñecía ben e iso dábame máis coraxe para abordar ese medio completamento descoñecido para min que era o cinema: polo menos eu sabía do que estaba falando. Despois, cando o filme estivo listo e comezou a circular, fiquei sorprendida porque tivo bastante boa acollida e deime conta que esta era unha vía posíbel para eu crear as miña historias: o que me interesan son os pequenos dramas do cotián, as vidas simples e aparentemente insignificantes das persoas comúns. Nos filmes seguintes continuei a explorar esa vía, inspirándome nas miñas propia historias, na miña infancia e nas persoas que me rodeaban. Porén, procuro que os meus filmes que non se esgoten nun simple visionamento e tento sempre usar varios niveis de contido e interpretación, referencias sutís e pistas que espero que se vaian revelando en cada novo visionado. Os meus filmes son moitas veces estudados para reflexionar sobre temas máis profundos como por exemplo "os medos na infancia", "a importancia da diferenza na sociedade", "a herdanza que unha xeración deixa á seguinte" etc. O feito é que 20 anos despois os meus filmes aínda se seguen vendo moito. Eu abordo temas moi primitivos, as emocións básicas do ser humano no seu estado case animal. O curioso é que aínda que eu teña unha filmografia curta, os meus filmes tornáronse referencias na historia do cinema de animación internacional, talvez polos temas que abordo, talvez polas técnicas que uso, talvez por haber unha coherencia entre eles como se formasen parte dunha mesma obra que vou construído pouco a pouco. Non sei ben a resposta mais teño unha teoría sobre iso: ao aprender que era posíbel utilizar nos guións temas persoais mais bastante banais e comúns a todas as sociedades -a soidade, o medo, a diferenza etc- talvez por iso se volveron tan universais, pois calquera persoa que pasase por situacións semellantes, aquí ou na China, pode recoñecerse e identificarse co filme. Mais a forma como abordo eses temas é miña e única, os visuais e técnicas son persoais, o que debuxo e describo baséase na miña experiencia individual, as personaxes son as persoas con que crecín, as situacións que represento baséanse en episodios simples das nosas vidas. Así, os meus filmes son ao mesmo tempo universais e extremamente persoais, penso que é esa a súa principal forza e a razón pola cal se tornaron icónicos.

Aínda que todos os teus filmes parecen aludir, dalgunha maneira, a sentimentos e experiencias moi persoais, en Tío Tomás fas de forma explícita unha homenaxe a unha persoa da túa familia. É tamén unha reivindicación da diferenza, do amor e os valores que poden inspirar en nós persoas que, ás veces, a sociedade non comprende ou non sabe como encaixar.
Dende que o meu Tío Tomás morreu en 2005 eu tiña esa intención de facer un filme sobre el, que foi con quen comecei a debuxar, nas paredes da súa casa, cando eu era pequena. A miña motivación era prestar homenaxe ao meu tío, que foi un home simple e excêntrico, cunha vida anónima; non estaba casado, non tiña fillos, non era importante para ninguén, mais foi moi importante para min. E era un home bo. Con este filme eu quería que as persoas o visen como eu o vía, que o admirasen e respectasen, quería mostrar que non é necesario facer nada extraordinario para ser excepcional na vida de alguén. Mais o meu Tío Tomás era tamén un misterio para min, tiña moitas obsesións e a maior era a súa mania polos números, pasaba horas e horas todos os días a facer cálculos e deixou resmas de follas cubertas de algarismos. Era fascinante. Eu gardei parte deses documentos, así como os diarios que mantivo sempre, a pesar de que a súa vida era aparentemente banal el encontraba sempre algo para escribir todos os días. Gardei tamén algúns dos obxectos que el usaba na súa escrita, que para min cargaban en si a presenza do Tío Tomás. Todo este material era precioso e eu quería usalo no filme, quer na imaxe quer na construción da historia. Así, a partir das miñas memorias da miña relación co Tío Tomás e de todo ese material del que gardei, como punto de partida escribinlle unha carta póstuma que foi esencial para eu desenvolver o argumento do filme e da cal usei tamén excertos como voz en off.

Tío Tomás, A Contabilidade Dos Días (Regina Pessoa, 2019)

Podes explicar como é o teu proceso creativo, dende que tes unha primeira idea até a forma final? Son frecuentemente convidada para dar conferencias e aulas sobre o meu traballo, o que me levou a reflexionar profundamente sobre o meu proceso creativo. Iso fíxome ser consciente de que necesito pasar polas seguintes etapas: 
1- IDEA / INTENCIÓN: O principio. Calquera idea pode ser boa: pode comezar por unha imaxe que nos inspira ou un son, por un recordo, pode ser suxerida por alguén, por algo de natureza persoal... 
2- MOTIVACIÓN: É un elemento esencial. A animación é moitas veces un traballo chato, longo, frustrante, demora demasiado tempo e xurdirán dubidas e ganas de desistir. Así, preguntármonos a razón pola cal queremos desenvolver este proxecto dános a MOTIVACIÓN, que é a forza que será útil en cada etapa até á conclusión do traballo, para nunca perdermos de vista o obxectivo final. 
3- PESCUDA DOCUMENTAL / INSPIRACIÓN / INFLUENCIAS: procurar autores, documentos, textos, procurar as imaxes, a inspiración noutras formas de expresión artística que nos axuden a documentar, desenvolver e consolidar a nosa idea. Iso vainos dar confianza e convicción para avanzar, é como ter xente amiga que nos apoia, sentimos que non estamos soas e que saberemos do que estamos a falar cando presentemos a nosa idea ao outras persoas. 
4- ZONA DE CONFORTO: preparar o noso "niño", o noso local de traballo, a nosa ZONA DE CONFORTO onde imos traballar e crear. Rodear o noso espazo de traballo de imaxes e obxectos que nos inspiran para que a motivación estea sempre presente. 
 5- PESCUDA GRÁFICA: comezar a debuxar e facer esbozos. "Copiar" as imaxes que nos inspiran, fallar, enfurecerse, perderse, desesperar. Pasarán polo menos tres días até que apareza algo interesante: pode nin ser bonito mais ter un detalle interesante, un trazo, un recorte que nos dá unha pista para desenvolver outra imaxe. Así se encontra o fío da meada. Probar distintos materiais, soportes, formas de expresión, cores, iluminación. Arriscar, probar, recomezar. Encontrar o estilo, a linguaxe persoal, require traballo, perseveranza e tempo.
6- ESCOLLER / DECIDIR: de entre os moitos bosquexos, seleccionar o camiño gráfico a adoptar para o proxecto, definir o concepto gráfico do filme. É unha decisión moi importante, require atención, porque a partir de aquí virá a execución do proxecto, non convén estar sempre mudando de idea.
7- EXECUCIÓN: a parte "obreira" do proxecto, traballar, seguir o plano de traballo. No entanto o proxecto non está concluído, hai sempre puntos en que saltan dúbidas sobre como resolver situacións: é bo manter a mente aberta porque até á conclusión do proxecto as cousas evolucionan e a solución para os momentos máis indefinidos irá xurdindo e amadurecendo. Ás veces cansarémonos e xa non lembraremos a razón deste proxecto, e é aí que a MOTIVACIÓN volve ser importante, porque nos dá a convicción para continuar.
8- RESULTADO FINAL: pode parecer estraño, mais o proxecto non acaba inmediatamente. Ten que ser presentado ao publico, vai ser "xulgado" e sentímonos moitas veces fráxiles e con inseguridade, en soidade diante dunha platea. Unha vez máis a MOTIVACIÓN vai axudarnos porque sabemos a razón pola que apostamos neste proxecto é iso vainos dar forza.

Kali, O Pequeno Vampiro (Regina Pessoa, 2012)

Dende hai xa bastantes anos, e a partir sobre todo do traballo pioneiro do teu compañeiro Abi Feijó, a animación feita en Portugal está acadando grandes recoñecementos internacionais e mesmo é considerada unha cinematografía de referencia. Como analizas os cambios que aconteceron nas últimas dúas ou tres décadas?
A mediados dos anos 90 do século XX o cinema de animación de autor estaba comezando en Portugal, a primeira curta de animación portuguesa con gran recoñecemento internacional, Os salteadores do Abi, fai este ano 30 anos. Nesa altura a poboación xeral víanos como persoas tontas que "facían uns debuxos de bonecos en vez de se dedicaren a un traballo en serio". A miña vida e a do Abi dedicámolas a loitar polo recoñecemento da curtametraxe de autor en animación con paciencia, perseveranza e estratexia: coñecemos o noso país, sabemos que se tivésemos ficado acá á espera de que recoñecesen o noso traballo probabelmente iso nunca iría acontecer. Así, entendemos cedo que tiñamos que traer de fóra o recoñecemento para que aquí en Portugal comezasen a ver o noso traballo dende outro angulo. Comezamos a facer os meus filmes en coprodución con países onde o cinema de animación xa alcanzara hai moito grande respecto. Vivín e traballei durante longos períodos neses países, o que me permitiu aprender moitísimo sobre a forma de traballar e de divulgar esta arte. O meu traballo gañou outra dimensión, gañou aire e profesionalidade e unha vez acabados os filmes tiveron grande aceptación e recoñecemento nos principais festivais e eventos internacionais. E só aí, con distincións de nomes coñecidos como Festival de Annecy, European Film Awards, a short-list dos Oscars, os premios Annie etc, o publico xeral en Portugal comezou a comprender que ao final talvez tivese algún interese este traballo. Foi un longo percorrido. Portugal é un país pequeno, non ten un mercado de cinema de animación, que son as as series e longametraxes que constitúen os produtos da industria da animación. O que se xerou ao longo do tempo foi unha boa comunidade na animación de autor, cada xeración contribuíu para o perfeccionamento, o recoñecemento e a afirmación dun cinema de animación de sinatura portuguesa. Esa afinación ao longo de 30 anos dunha identidade artística portuguesa levou este ano á aparición ao mesmo tempo de dúas longas de gran calidade, Nayola do José Miguel Ribeiro e Os Demónios do meu Avô do Nuno Beato, de polo menos catro curtas de autor de grande calidade, entre elas o Ice Merchants do xove João Gonzalez, nomeada aos Oscar na categoría de mellor curta de animación, algo inédito en Portugal. Este pequeno "boom" deixa a sensación e a esperanza de que poida haber un mercado de animación en Portugal. Mais todo depende de como a administración -o ICA e o Ministerio da Cultura- actúen os próximos anos: até agora os incentivos do ICA foron esenciais para a afirmación e o progreso da animación portuguesa e agora que comezamos a ver resultados cada vez máis alentadores eses incentivos serán máis importantes ca nunca para que ese potencial mercado se poida desenvolver. Mais a administración depende dos poderes políticos que xestionan o país... basta que veña un politico ignorante e insensíbel á cultura (lagarto, lagarto, lagarto!) para que todo este traballo retroceda décadas.

Algúns cineastas lanzáronse á realización de longametraxes de animación como os casos que citaches de José Miguel Ribeiro e Nuno Beato, mais tamén David Doutel e Vasco Sá que están agora nese proceso. Pensaches algunha vez traballar con historias que exixan filmes máis longos ou prefires seguir traballando cos tempos das curtametraxes?
Para min o formato de curtametraxe é o que mellor serve á animación na que me gusta traballar, é onde eu me sinto máis a gusto, encóntroo máis sensíbel cunha dimensión máis humana. Talvez nin sempre resulten filmes "perfectos" dende o punto de vista formal mais estou convencida de que son un importante laboratorio de estéticas, técnicas e narrativas que axudan a renovar e refrescar a industria, moitas veces repetitiva e apoiada en formulas gastadas e receitas convencionais. E, alén de pensar que non tería nin capacidade nin enerxía para dirixir unha longa de animación, eu traballo con visuais extremamente complexos que consomen moito tempo de elaboración, o que dificilmente sería posíbel nunha longametraxe pois nestas, mesmo cando son independentes, é necesario facer concesións artísticas ás que non estou disposta: a longa case sempre debe responder a un determinado formato comercial que lle retira frescura e que obriga a que toda a comprensión da historia pase polos diálogos. E case sempre é tamén necesario que "agrade" ao publico infantil. Eu crecín sen televisión, xa que logo non coñezo este códigos: nunca entendín porque de súpeto o personaxe interrompe a acción e comeza a cantar ;-) 

Entrevista realizada por correo electrónico por Martin Pawley para o festival SACO, Semana del Audiovisual Contemporáneo de Oviedo, que inclúe entre as súas propostas artísticas en 2023 un espazo para a obra de Regina Pessoa, que se poderá ver en forma de videoinstalación no Museo de Bellas Artes do 10 ao 26 de marzo. Pode lerse a entrevista en versión castelá no sitio web do festival.

mércores, 1 de marzo de 2023

La contaminación lumínica mata

En 2022 las campañas del World Migratory Bird Day estarán dedicadas a la contaminación lumínica por ser una «amenaza significativa» para las aves.

* * *

Imaxe do web World Migratory Bird Day

«Como la mayor parte de los canarios, crecí viendo cómo las pardelas se deslumbraban por las luces y caían en los pueblos y las ciudades. Concretamente las fiestas de mi pueblo (Buenavista del Norte, Tenerife) coinciden con la salida de los pollos de las pardelas cenicientas a finales de octubre. Era típico estar allí en las fiestas, con la feria y la verbena, y ver a las pardelas volando sobre la plaza del pueblo y ver cómo aleteaban y aleteaban e iban perdiendo altura hasta que chocaban con algo, muchas veces con la iglesia que suele estar iluminada en esas ocasiones».

Así nos contaba hace unas semanas en el programa Con voz de Radiovoz el ahora profesor de la Universidad Autónoma de Madrid Airam Rodríguez el origen de su preocupación por la contaminación lumínica y su impacto en las aves marinas, que es el campo al que ha dedicado buena parte de sus investigaciones. Cuando los pollos de las pardelas se «independizan» salen de los nidos para dirigirse al mar; su primer vuelo lo realizan durante la noche y quedan, con frecuencia, confundidos por la luz de los núcleos urbanos. Cegados por su brillo, acaban colisionando con edificios o estructuras iluminadas y caen al suelo. Aún en el caso de que los ejemplares sobrevivan a ese impacto, quedan dañados y expuestos a otros riesgos: perros, gatos, atropellos de vehículos… Tenerife batió en 2021 su récord de rescate de crías de pardelas: 3351, de las cuales 3200 pudieron ser liberadas, según datos del Cabildo. Pero por valiosa que sea esta acción no deja de ser una medida paliativa mientras persista la causa de fondo, la pésima iluminación que acaba con la fauna silvestre.

Hay que perder el miedo a decirlo: la contaminación lumínica mata. Es un problema ambiental de primer orden en todo el planeta y en particular están muy estudiados los efectos sobre las aves migratorias. Además de los choques fatales con edificios, que se cuentan por millones, la desorientación que producen las marañas de luz con las que se cruzan las aves alarga sus viajes más allá de lo que sus cuerpos son capaces de soportar. Muchas mueren en el camino.

La contaminación lumínica es en 2022 el asunto central de las campañas del World Migratory Bird Day, que se celebra los segundos sábados de mayo y octubre. Será una buena oportunidad para concienciar sobre los daños irreparables en la naturaleza debidos al mal uso de la luz artificial y reivindicar las buenas prácticas, como las «Directrices sobre contaminación lumínica para la fauna silvestre» que adoptó en febrero de 2020 la Convención sobre las Especies Migratorias. Una lectura muy recomendable para alcaldes atolondrados. Puede consultarse el PDF en español aquí.

Martin Pawley. Artigo publicado na sección «La noche es necesaria» da Revista Astronomía, nº 272, febreiro de 2022.