Dende o final do verán de 2024 está dispoñíbel en liña o documental dirixido por Sofía Naseiro Xorima, que se presentara ao público dous anos antes. A curtametraxe trata do grupo galego homónimo que formaron, alá en 1981, cinco mozos de Vilalba, Carlos Arturo Celeiro “Morón”, Xosé Ramón Vázquez, Xosé Luis Pernas, Lalo Baamonde e Queno Eimil. A súa foi unha aparición fulgurante nos primordios da música folk instrumental galega, un tempo de mutación no que as formas populares de noso se mesturan coas tradicións dos outros países celtas, con Milladoiro como principal referencia nacional. Foron, de feito, os concertos que en Vilalba deron Milladoiro mais tamén a bretoa Gwendal os que motivaron a aqueles adolescentes chairegos autodidactas a se xuntaren para facer música baixo o nome Xorima, un hiperenxebrismo para a flor do toxo, “chorima”. A madriña do nome foi Marisa Barreiro, quen asume con humor esa equivocación lingüística inicial que axiña se volveu irrenunciábel. Ela, canda Alfonso Baamonde, acompañaron os músicos naqueles primeiros anos a xeito de representantes e amigos, un apoio mutuo necesario nunha aventura vital transformadora.
Sesión fotográfica para o disco, 1985. Fonte: sitio web Proxecto Xorima.
O grande salto acontece en 1983 coa visita ao mítico Festival Intercéltico de Lorient, unha proposta que xorde a consecuencia da súa actuación nunha cita emblemática máis próxima, a de Pardiñas en Guitiriz. Para alén do artístico, polo feito de convivir por primeira vez en igualdade de condicións con moitas bandas internacionais de alto nivel, ir a Bretaña era para aqueles mozos a primeira grande viaxe, moitos días a durmir lonxe da casa nun xenuíno coming of age que marcaba un antes e un despois. Supuxo, tamén, a descuberta de que Galiza “non era unha illa musicalmente”, que podían tocar unha xiga cuns irlandeses e constatar que aquilo, a fin de contas, “é unha muiñeira”, di Xosé Ramón.
Non tardou en chegar o disco, en singular: non houbo máis. Gravárono en Madrid en 1985 no horario máis barato do estudio, durante a noite e a madrugada. A limitación inherente ao formato LP, 40 minutos de música repartidos polas dúas caras, motivou a escolla das pezas máis alá do que puidera dar de si o repertorio da banda. Fixo fortuna aquí e acolá; pezas como O gaiteiro avergoñado están cosidas ás neuronas de moitísimas persoas, mesmo aquelas que nunca souberon da banda de seu, a causa da súa utilización masiva como banda sonora en infinidade de programas de radio e televisión. É un deses discos que conseguiron ser populares e de culto, que non caducan, que pode escoitarse hoxe para recoñecer nel intacta a enerxía e a solvencia que tiña no seu lanzamento. Puido ser o comezo dun longo camiño, mais coa mesma naturalidade coa que naceu, Xorima, ou polo menos a Xorima orixinal, desapareceu. A banda estirou a súa vida aínda uns anos con cambios na formación, entre eles a incorporación de Xabier Bueno ou Quim Farinha, figuras clave logo de Fía na Roca e Berrogüetto.
Nunha entrevista da curta, Xosé Luis Rivas “Mini” evoca as emocións propias daqueles anos 80 de esperanza após a noite de pedra, a “tremenda ilusión pola música, por todo o que soara a galego, pola reivindicación, por presentar en galego, por cantar en galego, por afirmármonos como habitantes deste país”. O maior valor dun documental coma este é facer o exercicio de transmisión que conecta o noso pasado co noso presente. Non por saudade nin por nostalxia, senón para saber de onde vimos e en que nos convertemos. Nunha era marcada pola fragmentación do coñecemento e polo ritmo acelerado que banaliza todo até facelo irrelevante, é máis importante ca nunca tecermos fíos interxeracionais e aprendermos dos erros e dos acertos que xa cometeron aqueles que nos anteceden. Comprendermos que antes de “hoxe” houbo un “onte”, que non debemos dar nada por suposto, que todo o que cambiou pode mudar outra vez, se quixermos. Que precisamos conxugar os verbos en plural para “sermos” algo.
Un sistema económico que tenga como dogma único el crecimiento perpetuo es incompatible con la salud del planeta.
* * *
En el libro The Coal Question, publicado en 1865, el economista y lógico inglés William Stanley Jevons analizó la sostenibilidad de la producción energética. Puesto que la cantidad de carbón era finita y su demanda crecía exponencialmente, antes o después las necesidades de consumo chocarían con la disponibilidad total del combustible y eso, de forma inevitable, pondría un freno al progreso. Ante tal evidencia surgía la hipótesis de un uso más eficiente de los recursos que dilate ese agotamiento sine die, una típica solución mágica del industrialismo que Jevons niega al formular la paradoja que ahora lleva su nombre: si, por ejemplo, se aprovecha mejor el carbón en un alto horno, aumentarán los beneficios, se atraerá nuevo capital, el precio del hierro fundido bajará pero crecerá su demanda «y,con el tiempo, el mayor número de hornos compensará con creces el menor consumo de cada uno de ellos». Esto valía para cualquier ámbito económico: «el progreso de cualquier rama de fabricación estimula una nueva actividad en la mayoría de las otras ramas, y conduce indirectamente, si no directamente, a mayores incursiones en nuestras vetas de carbón».
En uno de los diálogos del libro que tratamos en esta sección el mes pasado, La Tierra exhausta, Egidio, uno de los personajes inventados por Joaquim Sempere, explica las consecuencias de este «efecto rebote» utilizando el ejemplo de la iluminación. Si se inventan unas luces eléctricas que con el mismo gasto de energía iluminan diez veces más, puede ser motivo de celebración porque nos permiten gastar diez veces menos energía, pero tam-bién «podemos caer en la tentación de multiplicar por diez la iluminación sabiendo que vamos a gastar la misma electricidad que antes». Es, de hecho, lo que hemos experimentado en los últimos quince años con la generalización del LED. «Obtener materiales más eficientes por unidad de masa solo contribuye a la sostenibilidad si la economía no crece. En cambio, si la ciencia de los materiales se pone al servicio del impulso capitalista a crecer sin límite, servirá para introducir nuevas líneas de producción y
ampliar indefinidamente los negocios, y el potencial de la ciencia de los materiales para hacer frente a la escasez de materiales se irá al garete.»
«¿Tendremos materias primas minerales suficientes para desplegar una transición energética al alcance de todos los habitantes de la Tierra?», se pregunta en una carta Julia, la voz fundamental del libro, la que sugiere «imitar a la naturaleza» en favor de un sistema industrial y agroalimentario que funcione con energías renovables y con materiales constantemente reciclados. «El principio debe ser suficiencia y autocontención, y en ningún caso crecimiento. Y como en el capitalismo lo que cuenta es el incremento del valor de cambio, ninguna innovación deja de empujar a seguir creciendo. Nunca se dice ya hemos llegado, siempre hay que seguir adelante… aunque avanzar ya no aporte ninguna mejora humana real o empeore el estado de la biosfera. Mientras el capitalismo no sea sustituido por una economía estacionaria de las necesidades vinculada a la sostenibilidad ambiental, no nos salvará ni la ciencia de materiales ni nada.» Amén.
Martin Pawley. Artigo publicado na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 309, marzo de 2025.
Dirección: Paul Fejos (Pál Fejös). Guión e adaptación: Edward T. Lowe Jr. Argumento:
Mann Page. Diálogos e títulos: Tom Reed. Fotografía: Gilbert Warrenton (B/N, 35 mm).
Montaxe: Frank Atkinson. Dirección de arte: Charles D. Hall. Supervisor de produción:
Carl Laemmle Jr. Produtor: Carl Laemmle Sr. Produción e distribución: Universal Pictures
Corp. Elenco: Barbara Kent (Mary), Glenn Tryon (Jim). Canción "Lonesome": música de
Joseph Cherniavsky, letra de Dave Dreyer e Herman Ruby. Canción “Always”: música e
letra de Irving Berlin. País: Estados Unidos. Duración: 68 minutos. Estrea: 20 de xuño de
1928 (versión muda), 30 de setembro de 1928 (versión con son sincronizado). Filme incluído
en 2010 no National Film Registry, Library of Congress.
Karla Sofía Gascón e Zoe Saldaña en "Emilia Pérez" (Jacques Audiard, 2024). Imaxe: Wanda Films.
É difícil non deixarse seducir, dun xeito ou doutro, polo feitizo dos Oscars. Por máis que saiba que é un premio eminentemente orientado ao cinema estadounidense, e dentro del ao que ten un carácter máis comercial; por máis que saiba que á volta destes premios –e de tantos outros– hai elementos que nada teñen que ver co
artístico e que é enorme o peso das campañas de promoción dos filmes mais tamén dos actores e actrices, con rostros que da noite á mañá pasan de ser pouco coñecidos a ocupar as capas das revistas e os pósters de superproducións; malia todo iso eu son, recoñézoo, un dos centos de millóns de humanos que cada inverno atende
o anuncio das candidaturas e segue con curiosidade as novas que, antes e despois, dan pistas de por onde vai o vento en cada edición.
Parte do encanto vén da longa historia duns galardóns que, polo menos no primeiro medio século de existencia, definiron bastante ben, entre nomeados e triunfadores, o mellor cinema de Hollywood. Nunca estiveron, é certo, todos os que eran, mais si eran a maioría dos que estaban, e ocasionalmente mesmo sinalaron algúns fitos fóra das súas fronteiras (xa en 1939 La Grande Illusion de Jean Renoir concorreu na categoría de mellor película). Tamén celebro o nobre empeño da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas na protección da memoria a través do seu museo, arquivo e biblioteca, así como na preservación do cinema, cun valioso foco nas obras experimentais co legado, por exemplo, de Stan Brakhage ou Barbara Hammer.
Cómpre salientar ademais o esforzo contemporáneo da Academia por medrar ampliando a súa diversidade: ten hoxe cinco mil membros máis ca hai dez anos e diminuíu a exaxerada proporción de homes brancos na súa composición. Sen dúbida iso explica a presenza crecente de producións non americanas e a importancia que os maiores festivais de cinema (Cannes, Venecia) teñen agora para o lanzamento de certas películas que, a priori, non pintaban tipicamente oscarizábeis, como Parásitos de Bong Joon-ho ou Drive My Car de Ryusuke Hamaguchi. Unha vez que se fixo pública a listaxe de finalistas deste ano, o Festival de Cannes sacou peito a través do seu boletín de noticias para recordar que oito títulos estreados na Costa Azul sumaran, en total, 31 candidaturas, con Emilia Pérez de Jacques Audiard á cabeza (é o filme de fala non inglesa con máis candidaturas de sempre, 13), mais tamén a Palma de Ouro Anora de Sean Baker, The Substance de Coralie Fargeat ou a animación Flow de Gints Zilbalodis.
O éxito anunciado da, para min, grotesca Emilia Pérez freou en seco coa difusión de mensaxes insultantes en redes sociais da actriz trans Karla Sofía Gascón, colocada como protagonista única fronte á suposta secundaria Zoe Saldaña, cuxo esforzo por sacar adiante tan enfático desvarío é digno de eloxio. O inexplicábel esvarón
parecería aumentar as opcións de The Brutalist de Brady Corbet, que ademais reivindica, fronte á distribución en plataforma dixital de Emilia Pérez na América do Norte, a experiencia en sala e a rodaxe nun formato analóxico que levaba seis décadas sen empregarse, VistaVision, no que se fixeron obras mestras coma The Searchers de John Ford ou Vértigo de Hitchcock.
Máis grandilocuente ca grande, The Brutalist obstínase en non pasar inadvertida, mais o que manda, ao final, é a debilidade dun argumento que, en especial na segunda metade, se carga de decisións groseiras. A arquitectura Bauhaus é apenas unha escusa para falar da persecución do pobo xudeu e a súa necesidade de refuxio en Isra-
el, unha "terra prometida" onde fuxir do odio que detectan aquí e acolá. Que nesa terra xa houbese xente e ocupala violentamente implique outro exterminio é un detalliño que fica fóra de campo, un pecado aceptábel para o fanatismo sionista.
A notábel recepción nas billeteiras no estado español malia as tres horas e media de duración, con case un cuarto de millón de entradas vendidas en dez días, non ten correspondencia no seu país de orixe, onde se está movendo en números máis discretos, ben por debaixo de Cónclave de Edward Berger (tan correcta como irrelevante, pouco máis ca un agradábel entretemento para ver estomballado no sofá) e sobre todo A Perfect Unknown de James Mangold, con Timothée Chalamet facendo de Bob Dylan, que, xusto por iso, vai subindo puntos. A escolla de Anora polos sindicatos de directores e produtores alenta o desexo de que Sean Baker vexa recoñecido tamén nos Oscars un talento que demostrou, máis e mellor, en Starlet, Tangerine ou The Florida Project.
Martin Pawley. Artigo publicado orixinalmente no Nós Diario o 14 de febreiro de 2025, sexta feira.
O Festival Internacional de Cinema de Rotterdam, a primeira gran cita cinéfila do ano en Europa, acolle outra
vez máis a produción fílmica galega de calidade, a que ten opcións reais de ser exhibida en diversos países do mundo e recoller a atención da crítica máis influente. Se 2024 foi o ano de La Parra de Alberto Gracia, en 2025 fixéronlle oco ás longametraxes Ariel de Lois Patiño e Deuses de pedra de Iván Castiñeiras, películas as dúas rodadas maioritariamente en Portugal e con coprodución portuguesa.
Irene Escolar e Agustina Muñoz en Ariel (Lois Patiño, 2025)
Por orde cronolóxica, a primeira en darse a coñecer foi a de Lois, Ariel, dentro da sección non competitiva Harbour, un contedor moi amplo –case oitenta filmes– no que hai un bo número de estreas mundiais mais tamén algúns dos títulos máis celebrados da tempada que se presentan por vez primeira nos Países Baixos, como Tardes de soledad de Albert Serra ou Grand Tour de Miguel Gomes. Ariel representa outro salto meticuloso na traxectoria do galego que, sen renunciar á beleza plástica e ao coidado formal nel característico, enfócase máis claramente á ficción con Shakespeare como material inspirador. O proxecto naceu hai varios anos a partir dun convite do festival dinamarqués CPH:DOX ao director arxentino de orixe galega Matías Piñeiro co obxectivo de realizar unha película en colaboración con outro cineasta. Matías quixo que fose Lois quen o acompañase no
estimulante exercicio de iren na procura dunha linguaxe común, posto que viñan de mundos distintos: o teatro, os diálogos elaborados e as coreografías da cámara cun virtuoso elenco de actores e actrices no caso de Piñeiro fronte á quietude, o silencio e a contemplación típicos nesa altura de Patiño (...)
Martin Pawley. Artigo completo publicado no Sermos Galiza que acompaña o Nós Diario do sábado 8 de febreiro de 2025. As persoas subscritoras poden ler o artigo nesta ligazón.
El filósofo y sociólogo Joaquim Sempere crea una obra clave de reflexión sobre los urgentes desafíos ambientales.
* * *
Nunca me gustó subrayar libros. Me resulta muy molesta la imagen de una página invadida por las rayas, más cuánto más evidentes o invasivas sean esas marcas. Contra esa manía caprichosa debía luchar para satisfacer la necesidad de señalar frases o párrafos que encuentro particularmente valiosos y que deseo poder localizar sin esfuerzo. Hace cosa de tres años tuve una idea repentina y simple que experimenté como una gloriosa revelación: en vez de subrayar podía colorear esas líneas, pintarlas con lápiz para crear un fondo suave y elegante muy reconocible pero que no dificulta la lectura. Amarillo, naranja, rojo o azul, eso me da igual, siempre que no sea muy intenso, más bien tirando a pastel; un tono que decore la página con ligera uniformidad sin provocar(me) desagrado.
Hay, pues, un antes y un después en mi biblioteca que permite identificar de forma rápida los libros que me han producido un mayor impacto. Mis permanentes relecturas de Rosalía de Castro han llenado de rosa, dorado, verde y gris los volúmenes que más estimo, las ediciones críticas de su poesía que preparó Anxo Angueira. El amarillo invade la traducción gallega de Carolde Patricia Highsmith, el naranja la Cronobiología de Juan Antonio Madrid y una variada colección de colores El cuadro completo de Alice Procter.
En La Tierra exhausta, ensayo publicado por Pasado & Presente, hay manchas de color en la mayoría de las páginas. El autor, Joaquim Sempere, es un filósofo catalán discípulo de Manuel Sacristán, introductor de las teorías marxistas en España. Como profesor de Sociología en la Universidad de Barcelona se especializó en temas de medio ambiente y de ese interés es buena muestra este libro, versión en castellano (con cambios al parecer significativos) de un original aparecido un año antes en catalán, que se vale de un
recurso ingenioso, el diálogo de seis personajes que se encuentran a lo largo de diecisiete tardes para debatir sobre la emergencia climática, la destrucción de la naturaleza y la transición energética, pero también las desigualdades o las injusticias no resueltas del pasado (y en muchos casos presente) colonialista. Los seis personajes representan posiciones ideológicas diferentes, desde la más apocalíptica hasta la más integrada, pero quien aporta los argumentos más sólidos es Julia, que expone con claridad como durante los últimos dos siglos vivimos en la ficción tecnooptimista de un crecimiento ilimitado amparado en la disponibilidad de energía de alto aprovechamiento, derivada del carbón y el petróleo, en grandes cantidades y a precios de extracción bajos. Ahora que ya se vislumbran en el horizonte las señales de agotamiento de recursos energéticos y minerales, el decrecimiento, entendido al menos como «reducción de los impactos ecológicos destructivos de las actividades humanas», se muestra como un camino inevitable. «Hemos vivido
muchos años con la idea de que hay disponible toda la energía que se desee», afirma. Llegó el momento de reducir las demandas de energía y adaptarnos «nosotros al flujo de energía y no a la inversa». Volveremos el mes que viene sobre esta obra capital.
Martin Pawley. Artigo publicado na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 308, febreiro de 2025.
Fausto no Chapitó, 17-11-2020. Imaxe: Filipe Saraiva (Lisboa, Portugal), CC BY 2.0 [Wikipedia]
A canción de autor portuguesa tivo sempre un nivel artístico considerable. Para moitos países descoñecida, en Galicia foi moi estimada por un público interesado polas manifestacións culturais, propias e do país veciño. Os propios cantautores galegos tivérona sempre como un referente. Fausto é un dos seus máximos respresentantes. Uns vão bem e outros mal e Rosalinda e O barco vai de saída e A guerra é a guerra, por citar dúas épocas extremas, son pezas que deixan ben ás claras a súa enorme talla artística.
Un, pola súa idade, foi testemuña activa da chegada da canción portuguesa á nosa comunidade, nomeadamente a A Coruña, concretamente ao Palacio de Deportes, espazo onde tiñan lugar as actuacións musicais procedentes de diversos países, tanto de dentro como de fóra de España. Porén, a Fausto tiven a oportunidade de o escoitar por primeira vez a noite gloriosa do curso 1973-74, na que os cantores portugueses pasaron ao completo polo taboado do abarrotado auditorio do madrileño Colexio Maior San Juan Evangelista, coñecido polo estudantado universitario como “O Johnny”. Algúns deles acoden agora á miña memoria: Adriano Correia de Oliveira, José Afonso, Vitorino, José Jorge Letria, Sérgio Godinho... Unha noite vibrante para todos os alí congregados, que vivimos coa especial emoción da confianza dun non afastado futuro mellor. Acabado o acto, non sabería dicir como, vinme metido nun coche no medio de xente que non coñecía, facendo parte dunha comitiva de vehículos que tivo como destino un piso alto da Avda. de América. Alí, todos, cantantes incluídos, estricados polo chan dunha ampla sala, da que previamente se tiñan separado os mobles, baixo unha atmosfera de luces de velas, comezaron a circular bebidas, improvisáronse conversas, Afonso declinou os reiterados convites a cantar, unha harmónica deixou oir unhas notas de blues, algunhas guitarras secundaron con punteos e acompañamentos, e a máxia da música e do inesperado acrecentou a enerxía que ali reinaba. Grande parte descoñecidos entre sí, artistas e admiradores, todos xuntos, como catecúmenos, unidos por unha mesma causa. Un daqueles guitarristas destros era o Fausto, aquel que da mesma maneira arrincaba do seu instrumento notas da súa autoría que outras que correspondían a disintas latitudes: lamentos e vindicacións de brancos e negros. E o máis simpático e enxeñoso daquela noite de máxia e de misterio veu tamén da parte de Fausto Bordalo: unha irónica,“engraçada” melodía que falaba da importancia da hixiene persoal nas relacións humanas, da que lembro o estribillo “co cu lavado, eu gosto” e o final convidador “co cu lavado... gostamos”. Anos máis tarde, puiden volver asistir a unha actuación de Fausto. Foi en Santiago, no desaparecido Yohakin, onde marabillou aos presentes con, entre outras pezas, Já foste linda, Rosa!, demostrando o que un só músico, con talento e unha guitarra, pode ser quen de facer.
Zeca Afonso, Fausto, Sérgio Godinho e Vitorino, entre outros, en 1979. Imaxe: Maria Santos Helena, CC BY-SA 4.0 [Wikipedia]
E foi o pasado domingo, logo de escoitar unha audición radiofónica dedicada a este compositor, cantante e guitarrista, cando quixen renovar a emoción da escoita de O barco vai de saída para o que entrei en Internet. Foi así que descubrín algo que non sabía: Fausto Bordalo Días falecera o 1 do pasado mes de xullo. E non o puiden evitar, os ollos enchéronseme de bágoas.
Sala Tornamira do Pamplonetario. Imaxe: Martin Pawley, 2021.
Dende a miña primeira visita á Casa das Ciencias na fin de semana en que abriu ao público, vai para corenta anos, fun incontábeis veces ao museo coruñés e ao seu planetario. Fíxenme maior co programa de introdución á astronomía fixado para sempre nas neuronas, coa música d’Os planetas de Holst e o ruído do avance dos carros de diapositivas que se proxectaban na cúpula. A partir dun certo momento, en 1993, os contidos que pasaban na Coruña empezaron a levar outra marca máis que revelaba que se producían man con man con outro planetario, o de Pamplona, unha sorte de irmán pequeno que realmente era un irmán maior, grande, inmenso. Pamplona revelábase un destino natural para calquera persoa amante da astronomía, un lugar ao que ir antes ou despois.
Pasaron aínda uns anos antes de eu poder viaxar aló. Foi en agosto de 2003 e o planetario era a principal escusa, mais a excursión tiña moito de xuntanza blogueira, o encontro con algúns membros da fauna de Blogalia, o portal creado por Víctor R. Ruiz, que tamén se achegou por alí. Entre eles destacaba, por suposto, Javier Armentia, daquela, e até hai uns meses, director do Pamplonetario mais tamén voz de referencia naqueles tempos de activismo sen tanta toxicidade en Internet. Fiquei marabillado con el mais fiquei marabillado co espazo, coa Sala Tornamira dominada polo sensacional proxector analóxico Zeiss, un obxecto doutra época con aspecto de pesado insecto metálico que eu sempre asocio ao robot Robby de Forbidden Planet (e non é que se parezan tanto, mais o cerebro é así, une elementos a miúdo inesperados).
Tardei uns anos en voltar. A miña seguinte oportunidade veu facilitada pola asistencia ao festival Punto de Vista, probabelmente o de 2009, a última edición que dirixiu Carlos Mugiro en que coñecín James Benning e Barbara Hammer, mais puido ser a de 2010, non teño a certeza. Nesa altura, o “comité central” do Pamplonetario xa non era xente allea a min; tanto Javier como Fernando Jáuregui e Nieves Gordón eran persoas que reencontraba de cando en cando nalgunha das súas visitas á Coruña motivadas pola permanente colaboración cos Museos Científicos Coruñeses. Cando empezaron a usarse os proxectores dixitais, o desafío de que imaxes era factíbeis foi un tema de conversa reiterado meu con Fernando, cuxa paciencia infinita para responder ás miñas dúbidas e preguntas non lle compensarei nunca o suficiente. Mais neses primeiros anos a resolución de vídeo era suficientemente pobre como para non ter, aínda, demasiada fe nas posibilidades audiovisuais dunha cúpula.
Era tempo, en calquera caso, de experimentar. A semiesfera dun planetario -dos verdadeiros planetarios- requiría pensar regras gramaticais diferentes ás dunha pantalla plana, e aquí na Coruña Marcos Pérez estaba ben disposto para o pensamento e para a experimentación. Un deses experimentos acabou sendo Fogos, que saíu ben ao segundo intento. Gravadas en xuño de 2015, o son e as imaxes, obtidas cun sistema composto por seis cámaras Go-Pro, pasaron practicamente un ano gardadas nun disco duro á espera de descubrirmos que podía facerse con elas. Chegamos á conclusión de que o mellor que se podía facer era manipulalas o menos posíbel, deixalas case “tal cal” (e na medida do “case” está sempre a chave das noces).
Fogos existiu en dúas versións, como película para pantalla plana que se exhibiu, entre outros festivais, no FIC Xixón, no de Cosquín que programa Roger Koza ou no FID Marseille de Jean-Pierre Rehm, onde compartiu sección con Sharon Lockhart e James Benning, cousas da vida, e mesmo foi empregada no anuncio promocional do certame; mais tamén como película para planetario. Vímola na Coruña, por suposto, mais sobre todo vina no Pamplonetario nunha sesión gloriosa, o 8 de marzo de 2018, durante o primeiro Punto de Vista da era Garbiñe Ortega. Baixo o título, roubado de Wittgenstein, “Me asombro del cielo sea cual sea su apariencia”, na impoñente Sala Tornamira víronse, para alén de Fogos, Powers of Ten de Charles e Ray Eames, Observando el Cielo de Jeanne Liotta, Allures de Jordan Belson e Kilpisjärvella de Axel Straschnloy. Tiven a honra de presentar aquela velada -entre os espectadores estaba, por certo, Paolo Moretti, que viña de ser nomeado director da Quinzaine de Cannes- e de escribir unhas liñas para o catálogo:
ME ASOMBRO DEL CIELO SEA CUAL SEA SU APARIENCIA
"La voluntad científica de registrar con precisión un tránsito de Venus llevó al astrónomo Pierre Janssen a diseñar un novedoso artilugio, el “revólver fotográfico”, que permitía la captación sucesiva y veloz de imágenes. El éxito fue relativo: no pudo fotografiar el tránsito de 1874 con tanta exactitud como deseaba, pero su revólver acabó siendo el más habilidoso antecedente del cinematógrafo. La vinculación entre cine y astronomía viene, pues, de antiguo, y en justa correspondencia la fascinación por el cielo ha estado presente desde el principio en la(s) pantalla(s). Muy especialmente en la tradición experimental, siempre afín al asombro y la gratitud por la belleza del cosmos".
Imaxe: Martin Pawley, 2018
En novembro dese ano regresei a Pamplona. Reabríase o centro despois de cambiar os equipos e daba inicio unha prometedora era con proxectores 4K e un sistema de son 13.1, algo digno de coñecer. E de aplaudir. Se as imaxes adquirían unha nova forza espectacular, era a acústica da sala a que máis gañaba: as cousas podían soar a tres alturas diferentes e así os sons cobraban volume e até movemento. Tiven verdadeira consciencia diso na miña última visita, xa a derradeira, para falar de ciencia e cinema, en decembro de 2021. Por razóns persoais que non veñen ao caso, nos últimos tempos pensei moitas veces no irrepetíbel que me parecía aquela fin de semana marabillosa. Agora sei que é, en efecto, irrepetíbel. Nunca máis vai acontecer. Suceda o que suceda, mesmo que o goberno navarro decida reconstruílo e poñelo de novo en marcha -chamádeme pesimista, non encontro razóns para crelo-, o Pamplonetario que existiu até onte xa nunca máis será. Nunca máis veremos emerxer do soto o impresionante proxector Zeiss para lanzar miles de estrelas sobre a feliz escuridade daquela cúpula de vinte metros de diámetro. A falta de futuro, toca aferrarse ao pasado, ás memorias e as emocións que abrollan como sorrisos entre as cinzas. Que bonito foi sempre estar alí. Que grande será sempre o meu agradecemento.
Semanas atrás llegué a pensar que este año no iba a poder completar la lista tradicional de 50 invitados. 2025 ha sido un año un tanto extraño para mí, quizás el que menos películas he visto en toda mi vida adulta (al menos en lo que respecta al segundo semestre del año). Pero aquí están finalmente los 50 invitados a la fiesta, más una serie de bonus tracks que elevan la lista considerablemente: el 1 y el 2 podrían haber integrado la lista “oficial” perfectamente (sobre todo las películas de Shyamalan y Korine, sus parejas están ahí precisamente porque mejoran en su compañía). Sí, es una forma de hacer trampas, pero, insisto, quien pone las reglas… El tercer bonus track, el de los descubrimientos (esto es, películas que antes de verlas no tenía ni idea de su importancia), está integrado solo por directoras, lo que de alguna manera intenta compensar el desequilibrio de la lista principal. Pero esto también define muy bien lo que ha sido este año para mí.
Así que, en orden alfabético de cineastas:
ADRA, Basel, BALLAL, Hamdan, ABRAHAM, Yuval & SZOR, Rachel – No Other Land
Nun moi instrutivo libro publicado pola editorial Capitán Swing, África no es un país, o xornalista nixeriano Dipo Faloyin repasa os estereotipos asociados ao seu continente, demasiadas veces retratado como un territorio uniforme sempre subordinado ao primeiro mundo branco. Para alén de explorar con humor a colosal diversidade étnica e cultural africana fronte aos tópicos -vexatorios por únicos- das paisaxes exuberantes e naturezas virxes mais tamén os conflitos e as fames irresolúbeis, unha sorte de castigo divino inevitábel, o autor dá conta, nun bloque apaixonante, do espolio de bens artísticos executado polas potencias europeas. É un exemplo paradigmático o caso do Reino de Dahomey, cuxos tesouros acabaron en museos de Francia logo de ser brutalmente saqueado en 1892: o parisino Musée du Quai Branly garda, el só, case o 80% das noventa mil pezas roubadas na África subsahariana. Na pertinente crítica á construción colonial dos principais museos e a urxente necesidade de revisar os seus fondos e achegar unha xusta explicación de como foron obtidos, o volume casa ben con outro título imprescindíbel da mesma editorial, El cuadro completo de Alice Procter, que trata a perversa -e as máis das veces oculta- formación das máis importantes coleccións de arte.
"Toda arte é política. Todo o que alberga un museo é político", dinos Alice, "porque está determinado polas políticas do mundo que o creou". E engade: "A arte sempre foi a ferramenta dos poderosos e tamén a arma dos desposuídos: a imaxinería oficial controla as narrativas da identidade e define o que é correcto, mais estas representacións poden subverterse e destruírse de maneira creativa. Hai que coñecer as regras do espazo para sabotalo. Se non se fai así, as xeracións deixan de dispoñer dun lugar dende o cal comezar, os relatos non se cuestionan e triunfa a nostalxia".
Recorda Dipo que en 2017 Emmanuel Macron anunciou nun discurso en Uagadugú, Burkina Faso, que "nos seguintes
cinco anos" deberían darse as condicións para a devolución temporal ou permanente do patrimonio africano a África. O presidente encomendou un informe a Bénédicte Savoy e Felwine Sarr, cuxas conclusións contundentes exixían a devolución rápida de calquera obxecto tomado pola forza ou adquirido en condicións de desigualdade, incluídas as agresións militares e a apropiación por parte de funcionarios coloniais ou por expedicións científicas anteriores ás independencias. Foi un fito teórico de resultados concretos aínda modestos, mais con innegábel valor simbólico, como a devolución de 26 estatuas ao pobo de Benín. A ese episodio presta atención Mati Diop nun excelente documental de pouco máis dunha hora, Dahomey, Oso de Ouro na pasada Berlinale. A cineasta pon o foco nesas estatuas para as cales "130 anos de cativerio chegan ao seu fin", como afirma un texto ao inicio, e dálles literalmente voz. É unha delas, a número 26, a que nos fala: "Afastado da terra onde nacín, como se estivese morto. Hai miles de nós nesta noite. Todos temos as mesmas cicatrices".
De maneira sobria, dende a convicción de que o puro rexistro é de seu elocuente, a directora filma a minuciosa retirada das obras do Quai Branly, as vitrinas baleiras, o coidado proceso de embalaxe, a carga no avión para a viaxe de regreso a casa. En Benín a recepción será triunfal, a histórica restitución dun tesouro nacional que para Francia non foi máis ca un botín. A cidadanía aplaude, canta e baila ante o paso dos camións que traen as obras de volta. A detallada inspección das estatuas antes de seren expostas achéganos información que as pon en contexto e as converte en obxectos únicos. "Eu entrégome a esa caricia tropical, ao cheiro da infancia, un camiño cara a min mesmo. Non agardaba volver a ver a luz do Sol", declama, con voz espectral, a figura 26. Como na súa primeira longametraxe, Atlantique (2019), o discurso de Mati Diop admite desvíos cara ao xénero fantástico.
Na media hora final o filme adquire unha nova capa a través dun debate público no que participan mozas e mozos. É a xuventude beninesa quen analiza e discute, con espírito crítico, todo o que implica a restitución, se é o comezo de algo máis grande ou apenas un xesto cosmético da antiga metrópole. Será unha muller nova quen
expoña un cruel paradoxo: toda a xente emprega alí a lingua oficial e común, o francés. "Non sei falar o meu propio idioma, non podo dicir todo o que quero. Nin sequera aprendemos a nosa cultura no noso idioma. Aprendémola en francés". Tan lonxe de nós, tan perto.