Martin Pawley. Artigo completo publicado no Sermos Galiza que acompaña o Nós Diario do sábado 24 de maio de 2025. As persoas subscritoras poden lelo completo en liña no sitio web do xornal.
Amosando publicacións coa etiqueta Fernando Jáuregui b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fernando Jáuregui b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 24 de maio de 2025
Planetarios, os teatros das estrelas
O 7 de maio de 1925 abriu ao público o planetario de Munich, a primeira sala especificamente deseñada para falar de astronomía por medio da simulación dun ceo estrelado. Cen anos despois hai máis de catro mil planetarios en activo en todo o mundo que asumen o seu papel central na divulgación científica mais tamén como espazos idóneos para as artes audiovisuais de vangarda. Ese espírito inspira a Casa das Ciencias da Coruña, unha referencia europea de divulgación e creación a punto de facer 40 anos.
É unha ironía do destino que os planetarios, que por culpa da contaminación luminosa son para boa parte da
humanidade o último reduto para aprender como é un ceo escuro, existan grazas ao esforzo dun home que fixo fortuna no negocio da produción e distribución de electricidade: a tecnoloxía cuxo mal uso nos roubou o firmamento real favoreceu a invención de firmamentos de mentira. O enxeñeiro alemán Oskar von Miller, pioneiro na explotación da enerxía hidroeléctrica, ía camiño dos cincuenta anos cando en 1903 matinou a posta en marcha
dun museo de ciencia que servira para expor as grandes achegas da técnica do pasado e o presente. Aquel soño foi o gromo do que emerxeu, dúas décadas despois, o Deutsches Museum de Munich, que non deixou de medrar para
presumir hoxe de ser o maior do mundo no ámbito da ciencia e a tecnoloxía. O museo empezou a existir a partir de 1906 en espazos provisionais e foi gañando prestixio como centro de coñecemento cos seus dioramas e demostracións experimentais, para ir pouco a pouco armando o obxectivo final de posuír un edificio propio á altura das ambicións. O camiño non foi sinxelo, coa Gran Guerra de por medio e os cambios radicais que
trouxo na xeopolítica mundial, mais o museo acabou por ser unha realidade en 1925, o 7 de maio, o día que Oskar von Miller facía 70 anos. E dentro do museo había un planetario, mais a fascinante historia de como se inventou comeza moito antes e tivo o cinema como inspiración (...)
martes, 14 de xaneiro de 2025
Adeus ao Pamplonetario
![]() |
| Sala Tornamira do Pamplonetario. Imaxe: Martin Pawley, 2021. |
Pasaron aínda uns anos antes de eu poder viaxar aló. Foi en agosto de 2003 e o planetario era a principal escusa, mais a excursión tiña moito de xuntanza blogueira, o encontro con algúns membros da fauna de Blogalia, o portal creado por Víctor R. Ruiz, que tamén se achegou por alí. Entre eles destacaba, por suposto, Javier Armentia, daquela, e até hai uns meses, director do Pamplonetario mais tamén voz de referencia naqueles tempos de activismo sen tanta toxicidade en Internet. Fiquei marabillado con el mais fiquei marabillado co espazo, coa Sala Tornamira dominada polo sensacional proxector analóxico Zeiss, un obxecto doutra época con aspecto de pesado insecto metálico que eu sempre asocio ao robot Robby de Forbidden Planet (e non é que se parezan tanto, mais o cerebro é así, une elementos a miúdo inesperados).
Tardei uns anos en voltar. A miña seguinte oportunidade veu facilitada pola asistencia ao festival Punto de Vista, probabelmente o de 2009, a última edición que dirixiu Carlos Mugiro en que coñecín James Benning e Barbara Hammer, mais puido ser a de 2010, non teño a certeza. Nesa altura, o “comité central” do Pamplonetario xa non era xente allea a min; tanto Javier como Fernando Jáuregui e Nieves Gordón eran persoas que reencontraba de cando en cando nalgunha das súas visitas á Coruña motivadas pola permanente colaboración cos Museos Científicos Coruñeses. Cando empezaron a usarse os proxectores dixitais, o desafío de que imaxes era factíbeis foi un tema de conversa reiterado meu con Fernando, cuxa paciencia infinita para responder ás miñas dúbidas e preguntas non lle compensarei nunca o suficiente. Mais neses primeiros anos a resolución de vídeo era suficientemente pobre como para non ter, aínda, demasiada fe nas posibilidades audiovisuais dunha cúpula.
Era tempo, en calquera caso, de experimentar. A semiesfera dun planetario -dos verdadeiros planetarios- requiría pensar regras gramaticais diferentes ás dunha pantalla plana, e aquí na Coruña Marcos Pérez estaba ben disposto para o pensamento e para a experimentación. Un deses experimentos acabou sendo Fogos, que saíu ben ao segundo intento. Gravadas en xuño de 2015, o son e as imaxes, obtidas cun sistema composto por seis cámaras Go-Pro, pasaron practicamente un ano gardadas nun disco duro á espera de descubrirmos que podía facerse con elas. Chegamos á conclusión de que o mellor que se podía facer era manipulalas o menos posíbel, deixalas case “tal cal” (e na medida do “case” está sempre a chave das noces).
ME ASOMBRO DEL CIELO SEA CUAL SEA SU APARIENCIA"La voluntad científica de registrar con precisión un tránsito de Venus llevó al astrónomo Pierre Janssen a diseñar un novedoso artilugio, el “revólver fotográfico”, que permitía la captación sucesiva y veloz de imágenes. El éxito fue relativo: no pudo fotografiar el tránsito de 1874 con tanta exactitud como deseaba, pero su revólver acabó siendo el más habilidoso antecedente del cinematógrafo. La vinculación entre cine y astronomía viene, pues, de antiguo, y en justa correspondencia la fascinación por el cielo ha estado presente desde el principio en la(s) pantalla(s). Muy especialmente en la tradición experimental, siempre afín al asombro y la gratitud por la belleza del cosmos".
![]() |
| Imaxe: Martin Pawley, 2018 |
Martin Pawley
Etiquetas:
Fernando Jáuregui,
Garbiñe Ortega,
Javier Armentia,
Jean-Pierre Rehm,
Marcos Pérez,
Martin Pawley,
Nieves Gordón,
Obituarios,
Planetario de Pamplona,
Planetarios,
Punto de Vista
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



