sábado, 31 de xaneiro de 2015

Comunicado dos cineastas galegos (Ourense, 1977)

Os cineastas que suscriben, participantes nas V Xornadas do cine en Ourense reafirmamos como obxetivo fundamental e principal de ser destas Xornadas o artellamento dunha infraestructura de produción e distribución do cine galego contratada do seguinte xeito:

A/ PRODUCIÓN: cómpre no momento presente edificar as bases materiales (financiación, equipos de filmación, montaxe e sonorización, etc...) e organizativas (plataforma de traballo unificada) pra unha produción dirixida fundamentalmente ós 16 mm., entendendo este formato como o máis económico e o máis perto da realidade socio-política e cultural de Galicia. Consideramos igualmente válida pro desenrolo desta cinematografía os canles super-8 mm. (aprendizaxe, experimentación) e o de 35 mm. ante a perspectiva dunha eventual entrada en circuitos comerciales até agora vedados, que permitirán realizar as aspiracións estéticas e políticas do cine galego como escola de técnicos e traballadores que facilite a independencia industrial da futura infraestructura.

B/ DISTRIBUCIÓN: de acordo co manifestado no punto anterior e o publicado no programa das V Xornadas, aparece igualmente como obxetivo central a orgaización dunha rede de distribución paralela en conexión con tele-clubs, cine-clubs, asociacións de veciños e culturais, etc... que permitan superar as limitacións dos monopolios de distribución en Galicia. Ademáis Portugal e Brasil polas suas concomitancias culturais e lingüísticas han de ser ámbitos naturales do noso cine,

C/ Entendemos que a t. v. galega será unha saida natural de produción cinematográfica e dos traballadores do cine. Queremos, por outra banda denunciar os atrancos e os controles a que está sendo sometida.

D/ Esiximos o fin de tódalas dificultades burocráticas e administrativas que permanentemente atopa o noso cine (necesidade dunha versión castelá prao pase de censura, permisos gubernativos de eshibición...) e a desaparición da mesma censura e de todo tipo de atranco á libertade de espresión.

E/ No referente á forma de espresión afirmamos que a efectividade operativa -estética, política e ideolóxica-do cine galego pasa antes de nada pola resolución dun problema de espresión cinematográfica que permita materializar a comunicación cine-público.

F/ O noso cine pra selo basearase na total libertade de creación, o que admite, por suposto a utilización do medio como instrumento de militancia política.

G/ Prantexamos a orgaización desta cinematografía como un proceso crítico e auto-crítico plenamente aberto a todo o que non sexa burocratización, dogmatismo dirixista ou, por outro lado, absentismo ou desinterés.

H/ Obviamente a língoa e cultura galegas, como elementos do discurso fílmico, deberían ser completamente normalizadas pro desenvolvemento integral do noso cine.

I/ Facemonos solidarios das reivindicacións políticas e culturais do resto das nacionalidades do Estado Español cas que a nivel de cine estamos dispostos a colaborar na produción, distribución i eshibición.

Asinantes: Manuel Abad, Enrique Baxeiras, Manuel Castelao, Miguel Castelo, Luis Gayol, Javier Iglesias, Cesar A. Molina, Maruchi Olmo, Modesto Pena, Carlos L. Piñeiro, Victor Ruppen, Francisco Taxes, Xavier Villaverde.

Tomado do caderno "Escolma do cine galego" publicado pola Asociación Xuvenil Abertal en 1980. As V Xornadas de Cine de Ourense celebráronse no mes de abril de 1977.  

venres, 30 de xaneiro de 2015

Manifesto de Ourense

1º Entendemos por cines nacionales os que conciben o fenómeno cinematográfico como instrumento da loita ideolóxica das clases asoballadas das distintas nacionalidades do Estado Español.

2º Pra que cada un dos cines nacionales resposten a este presuposto, recollerán e mostrarán as características e aspiraciós propias e diferenciadas de cada un dos pobos do Estado Español.

3º Con respecto ó País Galego, País Vasco, e Países Catalás, que teñen como célula dinamizadora da sua persoalidade diferenciadas unha lingua propia, o cine que nelos fágase terá que utilizala como un elemento básico que o conforme de acordo co primeiro ponto.

4º Considérase necesario e urxente crear en cada unha das nacionalidades do Estado Español infraestructuras industriales adecuadas (produción, distribución, eshibición), que fagan posible e viable este cine, comprometéndose os que traballan en pro do desenrolo destes cines nacionales a facelas realidade, obrigándose a unha conexión entre eles e vinculándose, o mesmo tempo, ós orgaísmos unitarios de base de cada nacionalidade.

Este manifesto queda proposto como base de traballo pra tódolos interesados no feito cinematográfico i está redactado en castelán, galego, vasco e catalán.

Ourense, 10 de Xaneiro de 1976.

Tomado do caderno "Escolma do cine galego" publicado pola Asociación Xuvenil Abertal en 1980. Asinaron o manifesto, entre outros, Miguel Gato, Luis Álvarez Pousa, Eloy Lozano e X. Pérez Perucha.

xoves, 29 de xaneiro de 2015

Cavalo Dinheiro

Foi á volta da rodaxe en Cabo Verde de Casa de lava que Pedro Costa tomou contacto co barrio de Fontainhas. Traía de alá, da Ilha de Fogo, correspondencia para os emigrantes que moraban en Lisboa; o reparto das cartas supuxo o descubrimento dese lugar e a súa xente e diso acabou nacendo un novo filme, Ossos, que foi unha revelación, un final e un principio. O grande artificio xa non servía: as cámaras de 35mm, o equipamento de luz e son e o barullo que implica unha produción típica, por pequena que sexa, entraban en contradición estética e ética co obxecto rexistrado. No sucesivo sería preciso ensaiar un método diferente. Sería preciso intimidade, dedicación, convivencia diaria; sería preciso tempo e traballo, rigoroso e sistemático. Paradoxalmente, a ruptura co procedemento convencional e a redución da equipa ao mínimo devolvía certo clasicismo, o regreso á noción do cinema coma oficio e a rutina dunha xornada laboral por cumprir, unha visión no fondo non moi afastada do vello sistema de estudios do Hollywood dos anos 30 e 40. Iso foi No Quarto da Vanda. Facer horas, ollar, escoitar, aprender.

O seguinte paso foi construír a verdade dende a ficción. Juventude em marcha, unha revolución, deunos a coñecer a Ventura, un dos moitos caboverdianos de Fontainhas recolocados nas vivendas brancas, sen personalidade, de Casal da Boba. Entre eses dous lugares, en diálogo con personaxes do pasado e do presente, discorría un filme de beleza extrema, fantasmal, unha demostración de humanismo e dignidade. A aposta radicalízase agora no fermosísimo enigma que é Cavalo Dinheiro, relato soñado ou delirio dun Ventura máis vello e enfermo cuxa memoria fica ligada ao 25 de abril. O reverso dese día de esperanza e liberdade é un 25 de abril de medo e incerteza para os inmigrantes que viñeran das colonias, obreiros apavorados ante a posibilidade de seren presos ou expulsados, inquietos ante un futuro convulso. Pasaron xa corenta anos mais segue a ser unha memoria moi viva: non hai onte e hoxe, é todo o mesmo na cabeza de Ventura. Canda el, Vitalina, que só dá chegado a Lisboa tras a morte do marido, xa demasiado tarde. Cavalo Dinheiro é un coro de espectros e zombies cargados de sufrimento e dor, de sacrificios e derrotas. Homes e mulleres coas cicatrices das ilusións perdidas a camiñaren entre ruínas e sombras, sempre á marxe da Historia, invisíbeis. Unha fantasía expresionista que engrandece as posibilidades da imaxe dixital, arte povera que Costa sublima a forza de depuración absoluta, de “obscurecer a obscuridade”, de poñer quitando. A forza de tempo e traballo, digámolo máis unha vez. O resultado é un exorcismo colectivo, unha experiencia sensorial que nos abala e transforma, unha obra maior que inspira, sobre todo, palabras de agradecemento. Palabras que é xusto repetir sempre que houber ocasión: Obrigado, Pedro. Obrigado, Ventura. Obrigado, Vitalina.

Martin Pawley. Texto para a folla de sala da proxección de Cavalo Dinheiro no programa Há Filmes na Baixa do Porto/Post/Doc.

venres, 23 de xaneiro de 2015

Into the woods

Stephen Sondheim (1930) é a figura máis valiosa e influínte do teatro musical norteamericano na segunda metade do século XX. Despois de exercer coma letrista para Leonard Bernstein (West Side Story) e Jule Styne (Gipsy) debutou como autor integral de musicais -tanto a música como as letras das cancións- en 1962 co exitoso A Funny Thing Happened on the Way to the Forum. O seu gran salto prodúcese coa colaboración co produtor Harold Prince, que arranca en 1970 de maneira memorábel: Company, unha das obras que contribuíron á renovación do xénero cunha aposta conceptual que renunciaba a unha dramaturxia clásica en favor dunha sucesión de estampas relativas ao 35º cumpreanos do protagonista, Bobby (Dean Jones na montaxe orixinal, substituído axiña por Larry Kert). Escenas sen orde lóxica clara, quizais reais, quizais imaxinadas, cuxa acumulación serve de estudo das relacións de amizade e de parella (haxa amor ou esencialmente sexo) e, de paso, dunha “nova sociedade”, urbana e desencantada. Logo chegou o espectral tributo ao teatro do pasado, Follies, con cancións que fixeron fortuna máis alá da escena coma Losing my mind e o soberbio I'm still here, xenuíno canto de supervivencia actoral que estreou Yvonne de Carlo en Broadway; o bergmaniano A little night music (con Send in the clowns dentro) e o máis radical Pacific Overtures, para rematar a década coa súa creación máis (re)coñecida, Sweeney Todd, the Demon Barber of Fleet Street. Neste conto cruel o barbeiro do título alíase cunha inquietante panadeira para transformar en empanadillas os numerosos cadáveres xerados pola súa sede de vinganza: a traxedia tínguese de humor negro nunha obra que, ademais, funciona coma parábola apropiadamente sanguinaria e caníbal do capitalismo. Arrasou nos Premios Tony de 1979: mellor musical, libreto, música, dirección, deseño escénico, vestiario e intérpretes principais, Len Cariou e a lendaria Angela Lansbury.

A etapa Hal Prince pechouse co fracaso de Merrily We Roll Along. A busca de novos estímulos pon a Sondheim en contacto cun director máis vangardista, James Lapine, con quen inicia outra década prodixiosa. O primeiro fito, Sunday in the Park with George, Premio Pulitzer 1985 -dende 1918 até a actualidade só oito musicais gañaron o Pulitzer de teatro- para unha obra que traza unha visión audaz dos procesos creativos e o “estado da arte” onte e hoxe. O derradeiro, Passion, amarga historia de amor obsesivo que adaptaba un filme de Ettore Scola, Passione d'amore, á súa vez baseado nunha novela decimonónica de Iginio Ugo Tarchetti, Fosca. Polo medio, sen Lapine, Assassins (1990), o reconto dos homes e mulleres que ao longo da historia asasinaron (ou o intentaron) a presidentes dos Estados Unidos, un froito, segundo Sondheim, da cultura política do seu país. Un pouco antes, en 1987, e este si con Lapine, Into the woods.

Into the woods mestura diferentes personaxes dos contos de fadas clásicos (Cincenta, Carapuchiña Vermella, Rapunzel, Jack o das fabas máxicas) unidos nunha trama encabezada por un panadeiro e a súa dona, que ansían ter un fillo, e unha bruxa que botou un feitizo contra eles e lles impide ter descendencia. A ruptura do meigallo esixe a consecución de catro elementos: “unha vaca tan branca coma o leite”, “unha capa tan vermella coma o sangue”, “un cabelo tan dourado coma o millo” e “unhas sandalias tan puras coma o ouro”. A súa busca, con tres medianoites coma horizonte límite, lévaos cara aos bosques onde conflúen cos outros personaxes citados, todos eles movidos por diferentes desexos. Porque diso fala Into the woods: do desexo coma motor humano, da vontade e o impulso irrefreábel de perseguilos a toda costa, mais tamén da constatación de que satisfacer eses desexos non sempre é unha boa noticia, non sempre trae o gozo soñado e en ocasións até pode ser o principio dunha traxedia. Pretendemos o imposíbel xustamente porque é imposíbel; cando se volve factíbel a felicidade dilúese, como acontece no musical coas expectativas románticas de Cincenta e o Príncipe, que se desfán en canto se confirman: "eu sempre amarei a doncela que escapaba", di el na despedida, ao que ela responde "e eu sempre amarei o Príncipe distante". A boa fortuna, como a mala, pode chegar cando menos se espera, advirte a nai de Cincenta, e por iso convén ter certo coidado co que se desexa, non vaia ser que se cumpra. Into the woods explora tamén a dificultade de tomar decisións e aceptar responsabilidades, sexan do signo que for, algo que é un sinal de identidade doutras obras de Sondheim, empezando por Company. A responsabilidade de medrar e aprender das leccións da vida, a responsabilidade cara ao ser amado, a de ser pais e coidar dos fillos; a de aceptar, tamén, que estes deixan de ser nenos e acaban por precisar vía libre.

Todo iso está xa na cerna dos contos de fadas, historias de aprendizaxe asociadas á superación dunha serie de probas, ás veces traumáticas. Sería pois erróneo cualificar este musical de “relectura adulta” dos contos clásicos; trátase, simplemente, dunha “lectura atenta” que non ignora os postulados expostos por Bruno Bettelheim no seu ensaio The Uses of Enchantment, en España Psicoanálisis de los cuentos de hadas. As connotacións eróticas do encontro do lobo con Carapuchiña non son, por exemplo, un invento de Sondheim, e o seu lobo do musical, excitado ante o corpo rosado e gordecho da rapaza, non é máis libidinoso có dos Irmáns Grimm, que presupón que a nena será moito máis saborosa que a súa vella avoa. Carapuchiña aprenderá que hai que ter coidado cos estraños -”incluso as flores teñen perigos”-, mais tamén recoñecerá nunha canción que o lobo era moi amábel e lle mostrou moitas cousas fermosas (até onde chegan as ensinanzas do lobo déixase á imaxinación do lector).

En ausencia dunha inventiva cinematográfica notábel, a principal virtude da adaptación de Into the woods dirixida por Rob Marshall é a (inesperada) fidelidade á obra teatral, próxima en moitas fases á total literalidade; as diverxencias só se fan notar no último terzo do filme, o que se correspondería co segundo acto da obra, mais non cabe falar en absoluto de traizón, o cal é razoábel tendo en conta que o guionista é o propio James Lapine e nos créditos musicais aparecen en labores de orquestración e supervisión figuras afíns a Sondheim coma Jonathan Tunick e Paul Gemignani. A eficacia na adaptación ten de seu certo mérito, pois non era fácil: os musicais de Sondheim non son nunca pezas de texto interrompidas por cancións máis ou menos prescindíbeis, senón obras de intricada construción nas que texto e música van irremediabelmente unidos, o que converte nun desafío a súa adaptación a outras linguas. Sondheim compón melodías sofisticadas e ensaia a miúdo estruturas polifónicas, con moitas voces que se suceden (ou se superpoñen) nun mesmo fío, como sucede no longo prólogo de Into the woods, resolto con bo oficio no filme. O elenco xoga a favor: quitado un Johnny Depp algo necesitado de vitaminas todos locen a gran nivel, tanto aqueles con gran experiencia musical previa -Anna Kendrick ou a fantástica Carapuchiña que compón Lilla Crawford- coma os que non, caso de Chris Pine ou a espléndida Emily Blunt. Moi lonxe da vergonzante Mamma Mia, Meryl Streep redímese agora nun agradecido papel de bruxa que lle proporciona momentos de gran brillo vocal, en especial o final Last Midnight. Ao filme, en suma, podemos aplicarlle o mesmo que lles espeta a bruxa aos superviventes nesa canción: you're not good, you're not bad, you're just nice. Nota: 7/10.

Martin Pawley

luns, 19 de xaneiro de 2015

Birdman o (La inesperada virtud de la ignorancia)

Por diversos e estraños motivos recalei na última película de Iñárritu. Non volvera ver nada deste director desde que Guillermo Arriaga deixara de colaborar con el como guionista. Malia que xa non me atopei cunha narración en forma de mecano si hai certa retórica na enunciación nunha especie de plano secuencia falseado conducido a ritmo de jazz. Birdman o (La inesperada virtud de la ignoracia) conta a historia dun actor de cinema de acción (un fenomenal Michael Keaton) que intenta esquecer o seu pasado encarnando a un súper-heroe erguendo unha obra de teatro en Broadway. Distintos sucesos durante as preestreas irán minguando a súa saúde mental e chega ao debut nun estado anímico enormemente alterado, incapaz de discernir entre a realidade e a ficción. Birdman pode sumarse a esa tipoloxía de filmes que desvelan as tripas do teatro (Eva al desnudo, Vania en la Calle 42) nos que sae o atractivo das capas do artificio. Quizais o máis destacable, por indignante, é a tese que defende Iñárritu ao poñer en colisión o mundo da arte (teatro) e o mundo da industria (cinema de acción) non confiando na documentación da representación e recorrendo á espectacularidade do artefacto. Iñárritu non posúe a “virtude da sabedoría” dun Mankiewicz, dun Malle, dun Godard ou dun Oliveira; nótase certa vinganza infantil sobre a figura dos críticos e apunta certa valoración da arte baseada nos sacrificios depositados nela. E toda esta “mala baba” bótase desde unha proposta inocua e “aburrida”, segundo o pico do alter-ego de Keaton, no que supón un xogo hipócrita de “bandeira amiga”. Curiosamente saín do cinema pensando noutro filme que trata cousas semellantes: El último gran héroe. Mais a Iñárritu fáltalle a ironía e intelixencia de McTiernan. Nota: 5/10
Xurxo González

domingo, 18 de xaneiro de 2015

Días de Nevada

De agosto de 2007 a xuño de 2008 o escritor Bernardo Atxaga viviu coa súa muller e fillas en Reno, atendendo o convite do Centre for Basque Studies da Universidade de Nevada. Da experiencia nace Días de Nevada, que vén sendo coma un blog -sublime- mais en papel, un libro-cóctel que mestura o relato ordenado e cronolóxico dos meses vividos nos Estados Unidos -as viaxes, os episodios cotiás, os primeiros pasos da campaña electoral de Barack Obama e Hillary Clinton, os sucesos tráxicos que trae a prensa- con reflexións, recordos persoais e exploracións narrativas como a que evoca a figura, fascinante e terríbel, do boxeador Paulino Uzcudun. O resultado é plenamente coherente co universo de Atxaga, que se mantén sempre vivo independentemente da carcasa que o envolve, sexa a da novela canónica de aventuras como na excepcional Sete casas en Francia, ou se, como acontece nesta, adopta unha pluralidade de formas que nos inducen a falar de hibridación de xéneros. Asombra, máis unha vez, a eficacia da prosa do guipuscoano, a súa habilidade para emocionar dende a contención, para dicir sen dicir, para crear ecos que van e volven: as mortes na familia, as xuntanzas, os desencontros, a magnificencia dunha natureza que escapa da comprensión humana, os animais (ameazadores, tamén inevitabelmente atraentes), a violencia e o mal (e o medo que provocan). En Días de Nevada fúndense a realidade e os soños, os feitos e as fábulas, o pasado e o presente, igual que na cabeza anciá da nai do escritor non hai outro "hoxe" que a distante adolescencia en Eibar. Non somos máis ca memoria; memoria, amor e compaixón, a mesma que leva a Sara, a filla, a chorar sen consolo polo destino fatal de King Kong: el facíao sen querer, e os outros, querendo, di. Unha frase que, por si soa, desvela a inmensa nobreza do autor.

Martin Pawley

sábado, 17 de xaneiro de 2015

Alberto Carpo (1936-2015). Fragmentos subxectivos da trashumancia doméstica do artista amigo

por Miguel Castelo

Alberto Carpo | La Opinión A Coruña
Poderíanme torturar e non sería quen de confesar cando coñecín a Alberto. Debeu ser inevitablemente nalgún acto cultural, alá polos últimos 60. Daquela era así. Vivíase baixo un certo síndrome da clandestinidade. Este é dos nosos -pensabamos todos ao coñecer a alguén que che daba confianza- e se nos caiamos ben, na próxima vez que coincidises xa te puñas a falar sen máis cerimonias. Con todo, o que si lembro é que empatamos desde o principio, que sempre houbo entre nós unha mutua e recíproca simpatía. Nunca tivemos unha continuada e intensa relación, mais verse e retomar era todo un. E así, a vida foinos dando a oportunidade de nos ir encontrando fragmentariamente.

Cando hai uns cantos anos, bastantes, unha miga contrariado, Alberto abandonou o privilexio do seu piso-estudo da coruñesa rúa Real, amplísimo e céntrico, foi vivir para unha rúa, Costa Rica, dunha zona que xa el frecuentaba moito de sempre: a parte posterior dereita da metade de Juan Flórez. Un pouco máis cara o monte de Santa Margarida, na glorieta de América, estaba "La Cantera", unha pequena tasca, lugar de referencia dos amantes dos viños populares, principalmente do Bierzo, da rexouba e das partidas de cartas. O que quixese dar con Alberto non tiña máis que se achegar aí contra o mediodía a este local. Mais, curiosidades da vida, cando Alberto, forzado polas circunstancias, fixo este traslado domiciliario a súa cantina favorita xa pechara. "La Cantera" tiña moita parroquia, das rúas circundantes pero tamén  doutras zonas da cidade. A sona dos seus callos non desmerecía da do viño. Sempre me chamou a atención a clausura deste negocio, que deixou amolada á súa numerosa clientela. Naquel momento, alguén -se cadra, o propio Alberto- me revelou os motivos do peche, que agora non lembro. Non se tratou, así e todo, da conversión do espazo nun negocio máis próspero, nin de causa especulativa ningunha: pechada a cal e canto, a tasca permanece hoxe co seu aspecto exterior de antano e teño entendido que no seu interior acontece outro tanto.

Así que, desaparecida a taberna onde o viño lle traía á memoria sabores da súa terra, Alberto, que ultimamente tiña certos problemas de mobilidade, paraba agora, cando o tempo non era moi revirado, nos poucos bares da súa mesma rúa. Onde máis se lle podía ver era no que cadra xusto diante do seu portal, o "Rincón Esperanza". Alí botei con el unha boa parrafada, xa non sei se nos derradeiros días do ano pasado ou nos primeiros deste. O noso semellante sentido do humor facía moi fluída e dilingueira a comunicación. Os dous partillabamos un certo sentimento tráxico da vida. Sen dúbida, el tiña, malia que xa afastados no tempo, motivos dabondo. O gusto polo paradoxo, os dobres sentidos, os xogos de palabras, a ironía, presentes sempre nas conversas, eran os luminosos contrapesos da nosa parte máis sombriza e atribulada.

Nese longo parrafeo, que agora inevitablemente contemplo como unha despedida, estivo por momentos presente unha amiga súa, unha desas amigas que se preocupaban por el e o axudaban. Tío Alberto, tío Alberto, cató de todos los vinos, anduvo por mil caminos y atracó de puerto en puerto, cantáballe eu ás veces, unha broma ante a que el, cambiando de terzo, sorría, como recoñecéndose dalgún modo no personaxe da canción de Serrat. O certo é que, unha miga coqueto e de verbo cálido, Alberto era un sedutor. Case sempre non lonxe del había mulleres. E digo case porque tamén lle tocou nalgunha ocasión facer a travesía do deserto.  Amaba ás mulleres e, ao tempo, amolábao o feito de que pasasen a facer parte da súa vida doméstica. Este contigo pero sen ti tróuxolle algunha perda sentimental que non pareceu lamentar moito. Aínda que non sei. Vai ti saber…

Mais, antes de gozar das comodidades de morar no centro da cidade, Alberto, sen deixar de habitar na urbe, viviu como quen di na aldea, empoleirándose no primeiro andar dunha modesta e simpática casa da rúa San Pedro de Mezonzo, entre a Ronda de Nelle e a Avenida de Finisterre. Daquela non había edificio ningún construído por diante (agora só o CIFP Paseo das Pontes) e o que se espallaba ante a súa xanela era talmente unha estampa rural, unha paisaxe sementada de pequenos camiños entre pequenas árbores, ramallos e silveiras, e algún anaco de terra traballada que, co contraste do acueduto pola esquerda (o único elemento que hoxe permanece), se alongaba até a confluencia da rúa do Palomar coa avenida de Finisterre, dúas denominacións toponímicas aínda hoxe inexplicablemente non recuperadas. Resultaba curioso observar como nese anaco de aldea, no que aniñaba unha pequena pero diversa fauna, se daban as manifestacións todas dos cambios estacionais. A Alberto, urbanita de fina estampa, prestábanlle, como a min, estas cousas e a idea e o feito de ter a aldea aos seus pes.

Barcelona foi tamén cidade de acollida de Alberto. Alí viviu antes de todo o até aquí evocado e coido que foi para el un tempo feliz. No seu piso de Consell de Cent, rúa de resonancias históricas situada na chamada “cidade ideal”, concibida nos primeiros anos da segunda metade do S. XIX polo arquitecto Ildefons Cerdá, parei nalgunha ocasión camiño de Menorca. E tamén á volta. Tras dunha xornada doméstica de moita conversa e pouca condumia, a cea, tan copiosa como económica, coa que merecidamente nos agasallamos os dous e as nosas respectivas mozas naquela modesta casa de comidas atestada de persoal heteroxéneo permanece diáfana na lembranza, do mesmo modo que perdura a posterior velada nunha das terrazas das Ramblas, onde o prezo da copa superou abondo o da cea. Desde tan cobizada atalaia, compracidos, puidemos asistir a unha incesante parada, arriba e abaixo, de disfrazados e travestidos, e contemplar a celebración da vida. Andabamos abeirando o ecuador dos 70 e os artistas Ocaña e Nazario iniciaban novos modos de provocación e intervención cultural, no desexo irredutible de encher os escenarios monocromáticos da Ditadura da cor da festa e  a alegría.

Tempo despois, Alberto e máis eu, coa lembranza das nosas mozas no faiado da memoria, evocamos aquela noite simpática na que o colorido das vestimentas, a música e as cancións, se mesturaran coas sereas da policía e mesmo con tiros.

Ignoro que interese poden ter todas estas evocacións. Coido que a Alberto lle prestaría lelas e por iso xa paga a pena telas debullado. Non digo que a Alberto Carpo non lle gustase que a xente lembrase que era un dos grandes pintores contemporáneos galegos, que se formou na ESAM, École Supérieure des Arts Modernes, de Paris, que era un excelente retratista, que a súa obra máis persoal cae de cheo no expresionismo, que o esperpéntico non lle era precisamente alleo, que a muller era un dos seus temas recorrentes, que foi o principal fundador do grupo “A Carón”, que estando máis que integrado en Galicia, nunca renunciou á súa condición de leonés. Mais isto, coido eu, era xa cousa sabida.

mércores, 14 de xaneiro de 2015

La Internacional Cinéfila 2014

Cinco películas de 2014

1. CAVALO DINHEIRO (Pedro Costa).  Pedro Costa está en otro nivel, en otra escala: me siento afortunado de compartir tiempo con él, de saber que está ahí para proponernos cada “x” años un nuevo desafío fílmico, una nueva revelación. Aún más espectral que JUVENTUDE EM MARCHA, también más emocionalmente devastadora, CAVALO DINHEIRO es una de esas obras mayores ante la cual sólo cabe pronunciar una única palabra: gracias. Gracias, Pedro. Gracias, Ventura. Gracias, Vitalina.

2. THE KINDERGARTEN TEACHER (Nadav Lapid) Lleva rondándome en la cabeza desde que la vi por vez primera en junio. En noviembre en el Festival de Sevilla pude disfrutarla por fin en pantalla grande y mi entusiasmo se multiplicó; repetí sólo unos días después en otro festival, Cineuropa, en Santiago de Compostela. Es increíble lo que hace Nadav, como pega la cámara a los rostros, como trabaja con los niños -en especial, claro, Avi Shnaidman-, la portentosa interpretación de Sarit Larry (¡y sus ojos!), el retrato de una (inquietante) relación de poder, el ambiguo y lúcido estudio de la necesidad del arte y la belleza como vía de escape ante la vulgaridad de una sociedad que confunde -¿satisfecha?- valor y precio. En resumen: me vuelve loco.

En el tercer puesto, un triple empate, aunque sólo sea para no obligarme a pensar cuál prefiero de las tres.

3a) JAUJA (Lisandro Alonso) Me gusta repetir esta frase porque refleja con la necesaria contundencia lo que pienso de este director: Lisandro Alonso es lo mejor que le ha pasado al cine en lo que va de siglo XXI. Mi favorita de su filmografía sigue siendo LIVERPOOL, pero eso no me impide reconocer JAUJA como su mejor película, la más compleja, la que le hace asumir más riesgos. Si bien encuentro alguna que otra debilidad en sus primeros minutos, todas las dudas se desvanecen a medida que avanza el metraje; para cuando aparece Ghita Norby la película se ha vuelto ya literalmente sobrenatural. El gran salto adelante.

3b) EL COLOR QUE CAYÓ DEL CIELO (Sergio Wolf) Me parece que no se ha aplaudido suficientemente esta magistral película. Cierto que los asuntos celestes no me son nunca ajenos y que por ello asistí a la proyección en BAFICI naturalmente entregado, pero el resultado superó cualquier expectativa. Sergio Wolf, el gran cineasta-detective, despliega un atractivo cóctel de ciencia, historia y mitología indígena que muy pronto deriva en otra dirección aún más apasionante, la que emerge de la contraposición de dos personajes excepcionales, el científico venerable William Cassidy y el cretino seductor Robert A. Haag, traficante de meteoritos.

3c) JOÃO BÉNARD DA COSTA -OUTROS AMARÃO AS COISAS QUE EU AMEI (Manuel Mozos) La joya cinéfila del año nace de la feliz comunión de los textos de João Bénard da Costa, mítico responsable de la Cinemateca Portuguesa, y las imágenes de Manuel Mozos, un grande. Nunca le agradeceré bastante que sea autor de una obra maestra como XAVIER.

Ópera prima

Hace algo más de un año en el festival de La Roche-sur-Yon conocí al mexicano Ricardo Silva. Hablé con él mucho tiempo, disfruté con el relato que me hizo de su país, me prometió libros -aún espero por ellos, si lo ven recuérdenselo- y me dejó una copia no definitiva de su primera película, NAVAJAZO. Hacía honor a su nombre, era tan descarnada e incómoda como fascinante; todo en ella rimaba con lo que me contó en aquellas dos noches festivaleras en Francia. Me alegré mucho de su selección en FICUNAM y luego, unos meses más tarde, de su triunfo en Locarno. Más cercano en el tiempo, otro encuentro mexicano que es, en cierto sentido, otra forma de navajazo: la espléndida MEMORIA OCULTA de Eva Villaseñor, muy sugerente intento de reconstruír un fragmento perdido de la vida de la propia directora. Entre uno y otra, la emoción de una noble derrota en REMINE del asturiano Marcos Martínez Merino. No llega a ser un largo, pero es justo citar la que para mí ha sido una de las más valiosas obras de este año, EL CORRAL Y EL VIENTO de de Miguel Hilari y el descubrimiento, en la distancia, de una estimulante escena cinematográfica en Bolivia.

Martin Pawley. Pode consultarse a votación completa e todas as listaxes e textos individuais no imprescindíbel sitio web do promotor da iniciativa, o crítico arxentino Roger Koza. 

martes, 13 de xaneiro de 2015

A enquisa de Luzes (II)

A Revista Luzes propúxome para o seu número de novembro votar nunha enquisa para escoller os mellores filmes dos últimos 25 anos en Galicia. A miña votación foi acompañada dunhas parénteses minimamente explicativas que intentaban xustificar a miña peneira. Como estas glosas non foron finalmente incorporadas, aproveito este artigo para desenvolver as ideas e argumentar dunha maneira máis científica as decisións tomadas. Asemade, busco evitar certo escurantismo cheo de intereses e renuncias que mingua considerablemente o que na actualidade se dá en chamar crítica cinematográfica galega.

Bs. As. (valor fundacional)
Cando aínda se cría para o cinema galego no modelo que comezou con Sempre Xonxa, Urxa e Continental en 2006 apareceu esta película de Alberte Pagán que anunciaba que outro tipo de cinema era posible. Cine de vangarda que con medios reducidos exploraba as posibilidades do medio sen esquecer as singularidades culturais galegas. Para 2031 haberá que facer outra exposición para saber toda a xenealoxía que deu de si esta “pedra de toque”.

Todos vos sodes capitáns (valor histórico)
O que fixo Oliver Laxe con esta película ten que estar en letras maiúsculas na historia do cinema galego. Participar no Festival de Cannes e virse co premio FIPRESCI foi un logro impensable para unha cinematografía tan pequena e marxinal como a galega. Quizais naquela altura colleunos a todos nós por sorpresa mais agora hai que recorrer a ela como a mellor das cartas de presentación para as cousas distintas que se estaban a facer en Galicia. A sombra de Laxe é moi, moi, alongada.

Gato encerrado (valor significante)
Probablemente Peque Varela sexa a cineasta con máis talento das últimas promocións de creadores que alzaron a súa voz no cinema galego. Os poucos minutos que dura a súa cinematografía valen o seu peso en ouro. Se en 1977 facía un proceso de introspección persoal con Gato encerrado cambiou de sentido e ergueu un proxecto con perspectivas globais que afonda nas disparidades do decorrer actual da humanidade. Isto non é “moco de pavo”.

O quinto evanxeo de Gaspar Hauser (valor experimental)
Hai quen pensa que o cinema unicamente se pode valorar polo valor do lastre narrativo que o emparenta coa literatura. Nos últimos anos en Galicia apareceron filmes liberados destes prexuízos conservadores e que fixeron aos espectadores máis intelixentes. O filme de Alberto Gracia é o summum desa revolución. Unha proposta formal contundente e hipnótica que evidencia as condicións primixenias que move calquera experiencia cinematográfica desde as súas orixes.

Costa da Morte (valor promocional)
A longametraxe de Lois Patiño é o filme galego con maior proxección internacional. Participou nunha chea de festivais e conseguiu moitos premios. A todo isto hai que engadirlle que foi causa do debate cinematográfico máis acendido que se lembra en Galicia nos últimos tempos. Mais creo que tanto os defensores como os que o deostan coinciden en que é un excelente vehículo para dar a coñecer as nosas miserias e virtudes como habitantes dun territorio que chamamos Galicia.

Xurxo González

mércores, 7 de xaneiro de 2015

The Great Cinema Party 2014

Como años atrás, esta es la relación de cineastas y películas que, por unas razones u otras, a veces puede que incluso razones contradictorias, más me han interesado a lo largo de 2014, lo que no siempre implica que me parezcan las “mejores”. Como ya es tradicional, a esta fiesta también están invitados varios rezagados de 2013.

ALONSO, Lisandro: Jauja
ANDERSON, Wes: The Grand Budapest Hotel
BEAVERS, Robert: Listening to the Space in my Room (2013)
BERNSTEIN, Sidney & HAGGITH, Toby: German Concentration Camps Factual Survey (1945-2014)*
COSTA, Pedro: Cavalo dinheiro
DECKER, Josephine: Thou Wast Mild and Lovely / Butter on the Latch
DIAO Yinan: Black Coal, Thin Ice
DIAZ, Lav: From What is Before
DORSKY, Nathaniel: Song (2013)
DUMONT, Bruno: P’Tit Quinquin
DUTTA, Amit: The Seventh Walk (2013)
EASTWOOD, Clint: Jersey Boys
FINCHER, David: Gone Girl
FORSYTH, Ian & POLLARD, Jane: 20.000 Days on Earth
GARCÍA PELAYO, Gonzalo: Niñas
GARCÍA, Dora: The Joycean Society (2013)
GODARD, Jean-Luc: Adieu au langage
GRAF, Dominik: Beloved Sisters
HONG Sang-soo: Hill of Freedom
JACOBS, Ken: The Guests
JONZE, Spike: Her (2013)
lacasinegra: Pas à Génève
LAPID, Nadav: The Kindergarten Teacher
LEÓN, Paco: Carmina y amén
LINKLATER, Richard: Boyhood
LOZNITSA, Sergey: Maidan
MACK, Jodie: Dusty Stacks of Mom: The Poster Project / Let Your Light Shine
MAKINO, Takashi: Phantom Nebula
MAZZOLO, Pablo: Photooxidacion (2013)
MOHAMMED, Ossama & BEDIRXAN, Wiam: Silvered Water, Syria Self-Portrait
OLIVEIRA, Manoel de: O velho do Restelo
PERRY, Alex Ross: Listen Up Philip
PETZOLD, Christian: Phoenix
PIÑEIRO, Matías: La princesa de Francia
PORUMBOIU, Corneliu: The Second Game
PRICE, John: Sea Series #9, 11, 12, 13, 14 (2013)
PUIU, Cristi: Reveillon (Les Ponts de Sarajevo)
RAPISARDA CASANOVA, Simone: La creazione di significato
REJTMAN, Martín: Dos disparos
RESNAIS, Alain: Aimer, boire et chanter
ROSELLI, Hernán: Mauro
RUILOVA, Aïda: Head and Hearts: My Black Angel (2013)
RUSSO, Anthony & Joe: Captain America: The Winter Soldier
SACHS, Ira: Love is Strange
SCORSESE, Martin: The Wolf of Wall Street (2013)
STRAUB, Jean-Marie: Dialogue d’ombres / À propos de Venise
TODD, Robert: Short (2013)
TSAI Ming-liang: Journey to the West
VON BAGH, Peter: Remembrance. A Small Movie About Oulu in the 1950’s (2013)
WANECK, Joel: Sun Song

*Esta película de compilación no tiene director acreditado. Bernstein fue el productor que estuvo detrás de su puesta en marcha en 1945; Haggith es el responsable de la restauración de 2014, la que permitió completar finalmente el proyecto inicial.

Jaime Pena

* * *

Anteriores listaxes de Jaime Pena: The Great Cinema Party 2013 + The Great Cinema Party 2012