venres, 25 de marzo de 2022

A última película (Chhello Show)

No musical Pre-Code Showgirl in Hollywood, dirixido en 1930 por Mervyn LeRoy, hai unha secuencia que encontro fascinante. Alice White interpreta I’ve Got My Eye on You no que vén sendo un arquetípico número ao estilo daquel tempo, con gran decorado e movementos xeométricos do corpo de baile, mais o director elixe “desaproveitalo” poñendo o foco non na actuación senón no rexistro fílmico desta: a cámara colócase en lugares insólitos para amosar a presenza (e o traballo) do equipo de rodaxe, en particular a gravación do son, un invento nesa altura aínda recente. De xeito brillante, desveláballe así á audiencia contemporánea como se facía unha película “all-talking”.

O cinema, desde que existe, vén falando de si mesmo para relatarnos as súas grandezas e miserias, as revolucións tecnolóxicas e os cambios nos usos e costumes sociais arredor da experiencia de ver películas. Por iso resulta tan estraño que a mutación radical que vivimos na segunda década do século XXI, a desaparición do soporte fílmico en favor do dixital, estivera tan ausente das historias que nos contaron as pantallas. Chhello Show (en España, La última película) revélase como unha excepción notábel. O filme de Pan Nalin fai explícita a substitución, na sala onde transcorre unha parte esencial da acción, dos vellos proxectores de 35 mm por un sistema dixital. E como obxectos materiais que son, todos os elementos propios da reprodución analóxica son susceptíbeis de reciclaxe: o metal das máquinas da cabina servirá para fabricar culleres, o plástico dos rolos de película renacerá en forma de pulseiras de cores.

Chhello Show é unha felícisima sorpresa, un tributo ao cinema que dialoga, sen prexuízos, cos seus referentes máis nobres, incluído, como non, Satyajit Ray. Mais, e isto é o verdadeiramente importante, a homenaxe que nos brinda Pan Nalin -e que se ergue sobre a súa propia biografía- non cae xamais na melancolía reaccionaria, na saudade dun pasado irrecuperábel. Antes polo contrario, é un exultante canto á curiosidade e a creatividade, a que leva ao neno protagonista, Samay, a preguntarse polos fundamentos do cinema. Na súa primeira vez nunha sala para ver un filme relixioso, o único que o seu pai, en principio, lle deixará ver, Samay ponse de costas á pantalla para mirar non as imaxes senón o feixe de luz que as proxecta. Ese simple xesto lévanos ao Arnulf Rainer de Peter Kubelka, unha película que se pode ver sen mirala, ou, como fai o pequeno, mirando o proxector: o cinema como combinación atinada de luz e escuridade, de son e silencio. Fascinado pola súa descuberta, Samay irá explorando toda sorte de estratexias para entender o misterio das imaxes que forman historias, para comprender como cambia a paisaxe cando lle impoñemos os límites que definen un plano ou a miramos con filtros de cores, para aprender a física da luz. As investigacións de Samay non difiren moito das de Stan Brakhage, e de feito durante boa parte da metraxe Chhello Show podería considerarse unha película experimental para públicos de todas as idades, inxenua, emocionante e intelixente.

Martin Pawley

domingo, 13 de marzo de 2022

Un genocidio cultural

La contaminación lumínica destruye el inmenso patrimonio inmaterial relacionado con los paisajes de la noche.

* * *

We Don't Need a Map (Warwick Thornton, 2017)

Que las constelaciones lleven oficialmente denominaciones de marcado carácter eurocéntrico no debe hacernos olvidar que todos los pueblos a lo largo de la historia encontraron en el firmamento nocturno una fuente inagotable de inspiración. Nunca es tarde para desprenderse de las pesadas ropas del colonialismo y aceptar que el conocimiento del cielo no fue nunca un patrimonio exclusivo de los hombres blancos. El esfuerzo de la IAU por abrir la nomenclatura de objetos astronómicos a otras tradiciones culturales es un paso valioso en favor de la diversidad, gracias al cual ahora tenemos estrellas que se llaman Belel, Inquill, Chaophraya o Karaka.

Duane W. Hamacher es profesor de la Universidad de Melbourne. El patrimonio inmaterial asociado al cielo oscuro es su principal campo de estudio y, como es natural, tiene un especial interés por la astronomía de los pueblos aborígenes australianos. Hace al menos 40 000 años que llegaron a Australia las primeras mujeres y los primeros hombres y durante ese tiempo, y hasta la colonización británica hace poco más de dos siglos, se diversificaron para formar trescientos grupos lingüísticos. Eran cientos de maneras diferentes de entender el mundo y de interpretar el paisaje, también el paisaje estrellado, más aún si tenemos en cuenta que la mayoría eran pueblos nómadas que vivían de la caza y la recolección, así que necesitaban conocer las variaciones estacionales y la pluralidad de recursos asociada a cada época. Escribí la frase en pasado, «eran», porque la invasión europea del siglo XIX arrasó con muchísimas de esas culturas ancestrales. Pero algunos pueblos –Yolngu, Wardaman– sobreviven y preservan sus idiomas y tradiciones originales y a través de sus canciones, relatos, obras artísticas y ceremonias sabemos más de la astronomía aborigen. Hay evidencias de que tres grupos reconocieron que los eclipses solares se producían por la conjunción del Sol y la Luna. O encontraron que había alguna relación entre las fases lunares y las mareas, y que el movimiento de los planetas era claramente distinto del de las estrellas. Además, sabían determinar los puntos cardinales, pues en ciertas culturas el emplazamiento de un sitio ceremonial o de un enterramiento obedecía a orientaciones concretas. En sus espectaculares cielos no contaminados, la Vía Láctea no era esa mancha que hoy nosotros imaginamos más que vemos, sino una región bien definida con zonas claras y zonas oscuras que dibujaban una constelación específica, el «emú».

La contaminación lumínica elimina la noche y en consecuencia impide la transmisión de esa riqueza a las siguientes generaciones. La desaparición del cielo nocturno «borra la conexión indígena con las estrellas y actúa como una forma de genocidio cultural y ecológico en curso», se lee en un preprint para el Journal of Dark Sky Studies del que Duane es primer autor, Whitening the Sky: light pollution as a form of cultural genocide. Sí, un genocidio cultural. Que no nos dé miedo llamar a las cosas por su nombre.

Martin Pawley. Artigo publicado na sección «La noche es necesaria» da Revista Astronomía, nº 264, xuño de 2021.

xoves, 10 de marzo de 2022

Xosé Garrido: a chamada do Sur

 por Miguel Castelo

A Coruña pasou a ser a súa residencia cando tiña seis anos. Un desprazamento migratorio de interior, decisión de moitas familias que procuran un mellor escenario para o progreso dos fillos. Nesta capital fixo os estudos de arquitecto técnico na EUAT (UDC). Viñera ao mundo en Monforte de Lemos (1968). mais a súa tez moura, o cabelo, e os ollos, tan grandes como escuros, facíano do norte de África. Faltáballe falar árabe ou hassanía para confirmar esta primeira suposición de quen o acababa de coñecer. Curiosa impresión porque Xosé era un namorado do Sahara, de Mauritania, do Tinduf, a onde foi máis dunha vez en misión cultural e humanitaria. Xosé non exerceu de aparellador pero os estudos realizados non foron en van porque os seus coñecementos na materia servíronlle para os xuntar cos de fotografía, a súa verdadeira vocación. O seu dominio da luz e o seu sentido do encadramento levárono así mesmo a oficiar de director de fotografía e operador nuns cantos proxectos cinematográficos dos seus compañeiros de promoción da EIS, onde tamén se titulara, funcións que por veces foron máis alá, ao ter que exercer ademais de realizador, aínda que por cabo non figurase nos títulos de crédito.

Culto, responsable e esixente co seu cometido, sufría co desleixo dos que, no traballo en equipo, non o eran. Observador atento, contrariábase coa traza que nos 80, 90 e primeiros 2000 estaban a adoptar algunhas derivas da actividade cultural autóctona. Con certa frecuencia manifestaba o seu desexo de cobrar distancia, de marchar. E acabou por facelo. Un día anunciou que ía botar un tempo en Córdoba, onde lle saíra un encargo, e alí afincou. Víno de improviso nalgunha das súas escasas e fuxidías visitas á casa familiar. Ignoro se con outros amigos fixo o mesmo. A súa separación da terra natal foi rotunda. Sen dúbida era máis feliz na patria hispana dos omeyas. Tanto nun sitio como noutro, Xosé Garrido (1968-2022) deixa unha heteroxénea chea de realizacións culturais: exposicións, comisariados, filmes, publicacións diversas... Cando o pasado luns, a primeira hora da tarde, recibín doutro bo amigo a triste noticia, fiquei pampo. Quedou a nova a me dar voltas na cabeza e dei en pensar que decidira ir a Ucraína... Sempre estamos procurar argumentos para xustificar a causa da morte. Mais, ao cabo, que máis ten. Descoñezo o motivo que acabou coa vida do amigo, pero cincuenta e catro anos é hoxe unha idade moi temperá para morrer. A vida adoita ser inxusta. E, ás veces, moi cruel.