domingo, 26 de xullo de 2026

Eclipses de Sol no cinema

Listaxe de filmes que amosan, relatan ou reconstrúen eclipses de Sol. Anotación en ampliación permanente; actualizada a 27 de xullo de 2026.

Barabbas (Richard Fleischer, 1961)

1900 Eclipse solar filmado por Nevil Maskelyne (as imaxes cinematográficas dunha eclipse máis antigas de que se ten noticia). Pode verse aquí a restauración feita polo British Film Institute.

1907 L'éclipse du soleil en pleine lune (Georges Méliès)

1931 A Connecticut Yankee (David Butler)

1937 King Solomon's Mines (Robert Stevenson)

1940 Fantasia (produción de Walt Disney, varios directores); episodio The Rite of the Spring

1949 A Connecticut Yankee in King Arthur's Court (Tay Garnett)

1956 Our Mr Sun (Frank Capra)

1958 Nagrodzone uczucie / Sentimentos correspondidos (Walerian Borowczyk e Jan Lenica)

1961 Barabbas (Richard Fleischer)

1962 Mr. Hobbs Takes a Vacation (Henry Koster)

1963 Slnko v sieti / O Sol na rede (Stefan Uher)

1966 Faraon (Jerzy Kawalerowicz)

1969 Knyaz Igor / Príncipe Igor (Roman Tikhomirov)

1980 The Watcher in the Woods (John Hough)

1981 Coup de Torchon (Bertrand Tavernier)

1981 The Man Who Could Not See Far Enough (Peter Rose)

1982 Ana (António Reis e Margarida Cordeiro)

1985 Ladyhawke (Richard Donner)

1986 Little Shop of Horrors (Frank Oz)

1986 Matador (Pedro Almodóvar)

1991 Agantuk (Satyajit Ray)

1994 Farinelli (Gérard Corbiau)

1995 Dolores Claiborne (Taylor Hackford)

1996 Quand les étoiles rencontrent la mer (Raymond Rajaonarivelo)

1999 Banewl (Tacita Dean)

1999 e-clip-se (Chris Marker)

1999 Judy Berlin (Eric Mendelsohn)

2000 Werckmeister harmóniák (Béla Tarr e Ágnes Hranitzky) 

2000 Ich bin 33 (Jan Peters)

2005 Casa de areia (Andrucha Waddington)

2008 Debajo (Dominga Sotomayor)

2010 The Yellow Bank (J. P. Sniadecki)

2010 Shutter (Alexi Manis)

2012 Just Ancient Loops (Bill Morrison)

2013 Dead Body Welcome (Kees Brienen)

2014 Double Dawn (Lukas Marxt)

2015 Amami (Naomi Kawase)

2017 Shadowland (Lukas Marxt)

2017 Verónica (Paco Plaza)

2018 L. Cohen (James Benning)

2018 Polly One + Polly Two (Kevin Jerome Everson)

2019 Condor (Kevin Jerome Everson)

2019 Sol Negro (Maureen Fazendeiro)

2019 Umbra (Florian Fischer e Johannes Krell)

2025 When the Sun is Eaten [Chi'bal K'iin] (Kevin Jerome Everson)

2025 Quien vio los templos caer (Lucía Selva)

2026 One Equal Light (Maïder Fortuné e Annie MacDonell)

2026 Eklipse (Manuel Wetscher)

xoves, 23 de xullo de 2026

O lugar perfecto para ver a eclipse

A pregunta que máis escoitarán nas próximas semanas as persoas amadoras da astronomía é "cal é o mellor sitio para observar a eclipse". Unha resposta axeitada é "aquel onde te encontres a gusto" para, a partir dela, afondar en detalles e precisións sobre o que podemos agardar no noso país o 12 de agosto.
Faixa de totalidade de eclipse do 12 de agosto. Imaxe: Nós Diario

Nos medios convencionais e nas redes sociais proliferan as (absurdas) listaxes que enumeran os emprazamentos ideais para vivir a eclipse, e de aquí a que tal aconteza irá a máis. A teima de facer relacións de cousas postas por orde de preferencia ou idoneidade deixou de ser un divertimento inocente para converterse nun vicio contemporáneo con certo resaibo capitalista, un que induce a crer que conformarse coa opción sete en vez de optar pola unha é sinal claro de derrota, de que non estás no bando triunfal: a xente VIP estará onde ten que estar, na localización que manda unha desas ferramentas en mans de billonarios con nulo interese no benestar global. A realidade é que non hai un único "banco máis bonito do mundo", nin unha única "praia ideal para ver o solpor", e por suposto tampouco hai un "lugar perfecto para ver a eclipse". Hai infinidade de bancos e de praias, tantos como persoas capaces de fabricar recordos, e tamén hai unha morea de lugares nos que estar o 12 de agosto minutos antes das 20:30. Depende, para empezar, do que un queira ver (se é que quere ver algo).

A eclipse deste verán deixa Galiza dividida en dúas partes por unha liña diagonal que recorda un pouco a da nosa bandeira. A porción nordeste experimentará unha eclipse total, isto é, haberá un momento en que o Sol estea completamente cuberto pola Lúa; na outra porción, a suroeste, o que se vivirá é unha eclipse parcial na cal o Sol estará agochado pola sombra da Lúa en máis dun 99% no momento do máximo. Mais un 99% non é o 100% (...)

Martin Pawley. Artigo publicado no caderno de verán Máis do Nós Diario o 23 de xullo de 2026. Podes ler o texto completo no sitio web do xornal.

venres, 17 de xullo de 2026

Cinema para un país

Fotograma de Yol (Yılmaz Güney, 1982)

O Kurdistán é unha das maiores nacións sen estado do planeta. Segundo as estimacións que elabora o Instituto Kurdo de París, o pobo kurdo fórmano corenta e seis millóns de persoas, das cales vinte residen en Turquía, outras doce no Irán, oito millóns e medio no Iraq e 3,6 millóns en Siria. En amplas rexións deses países a poboación kurda é maioritaria. Hai outro medio millón que vive na Transcaucasia, sobre todo Acerbaixán e Armenia, e ademais está a diáspora espallada por diversos países europeos que suma millón e medio de persoas e é especialmente significativa en Alemaña. Malia a dispersión xeográfica, o pobo mantén como sinais de identidade a cultura e a lingua, co idioma kurdo como vehículo de comunicación maioritario con varios dialectos: o Kurmanji (kurdo do norte), o Sorani (kurdo central) e o kurdo do sur. Unha lingua que se escribe con alfabetos diferentes dependendo da zona, o de base latina, o kurdo-árabe ou os alfabetos ruso e armenio no caso das ex-repúblicas soviéticas.

A defensa desa identidade chocou, e segue a chocar, co comportamento totalitario de varios dos estados nos que se asenta este pobo. Os kurdos do Iraq non choraron, abofé que non, a desaparición do sátrapa Saddam Hussein, que ordenou a destrución de até o 90% das vilas en que vivían. Para a historia universal da infamia fica o masacre de Halabja, o 16 de marzo de 1988, un ataque masivo con armas químicas que matou perto de cinco mil cidadás. No inicio do filme Quilómetro cero, dirixido en 2005 polo cineasta kurdo-iraquí Huner Saleem, unha parella escoita na radio do coche noticias da invasión estadounidense de 2003 (...)

Martin Pawley. Artigo publicado no Nós Diario o 26 de xuño de 2026, sábado. Podes ler o texto completo no sitio web do xornal.

xoves, 16 de xullo de 2026

As eclipses contadas polos animais

Prestarmos atención ao disco solar non é incompatíbel con reparar no que acontece na natureza á nosa volta durante unha eclipse. A resposta dos insectos, as arañas ou os paxaros enche páxinas e páxinas de artigos científicos que nos recordan que a rutina dos seres vivos está marcada polas variacións de luz.

Abella recollendo pole. Foto: Jon Sullivan [Dominio público / Wikipedia]

No libro Da composición do mundo e as súas causas, escrito no século XIII no dialecto da súa rexión polo monxe toscano Restoro d’Arezzo, hai unha descrición coidadosa dunha eclipse total de Sol, a do 3 de xuño de 1239. Aquel día o ceo estaba “claro e sen nubes”, escribiu, e “o corpo do Sol cubriuse pouco e pouco até ficar escurecido e facerse noite”. O monxe viu o planeta Mercurio xunto do Sol e “todas as estrelas” e percibiu como “o ar e a terra arrefriaban”. Comparou a duración da fase de totalidade co tempo en que un home podería camiñar 250 pasos, entre dous ou tres minutos, máis ou menos. O máis singular do seu relatorio é a referencia ao comportamento da fauna: “asustáronse todos os animais e os paxaros e as bestas salvaxes podían ser capturadas con facilidade”. Máis perto de nós, un mestre de primeira ensinanza do Barco de Valdeorras deixou testemuña de que durante a eclipse do 17 de abril de 1912 “as galiñas buscaban o seu refuxio e unha que vin e tiña os seus pitiños acubillounos debaixo das ás”. Unha e outra anotación dan boa conta de que os humanos non somos a única especie que reacciona a unha eclipse.

Ao longo da historia repítense as observacións sobre as reaccións animais á ocultación do Sol pola Lúa, que por outra parte parecerían unha resposta natural á caída da luz e da temperatura asociadas ao fenómeno (...)

Martin Pawley. Artigo publicado no caderno de verán Máis do Nós Diario o 16 de xullo de 2026. Podes ler o texto completo no sitio web do xornal.

xoves, 9 de xullo de 2026

A única eclipse galega que compartiremos

As ocultacións totais de Sol son fenómenos suficientemente excepcionais como para xerar unha enorme expectación: en Galiza as anteriores sucederon a comezos do século XX e a seguinte non chegará até finais do XXII. Contra o desasosego e o “medo a perder algo” cómpre recordar que a maioría dos habitantes da Terra nunca verá unha.

Esquema das eclipses. Imaxe: adaptado de Nela (nyabla.net), CC BY SA 4.0 / Wikipedia.

Para nós o Sol é grande, moi grande. Para escribir a súa masa en quilogramos precisamos trinta ceros: é 334 mil veces maior ca a da Terra. No seu barrio, o que chamamos “sistema solar”, o Sol supón o 99,86% de toda a materia ordinaria existente, isto é, se sumamos os oito planetas, dende Mercurio até Neptuno, cos seus satélites se os teñen, os planetas ananos e todos os asteroides e cometas que orbitan ao seu redor, representarían, en conxunto, só o 0,14% restante de masa. É un mangallón, o obxecto claramente dominante da zona, e porén non deixa de ser unha estrela mediana, como tantas outras do seu tipo na nosa galaxia, a Vía Láctea (e “tantas outras” neste caso quere dicir “miles de millóns”). Que é a nosa galaxia e por iso lle temos especial cariño, mais é tamén unha máis entre centos de miles de millóns de galaxias no Universo.

Volvamos á nosa escala doméstica. O Sol é grande, moi grande, un millón catrocentos mil quilómetros de diámetro, algo así como 109 planetas Terra situados un a carón de outro. Mais está a case 150 millóns de quilómetros de nós e iso fai que no ceo sexa apenas unha boliña luminosa que podemos tapar sen problema coa punta do dedo maimiño. A Lúa, o noso satélite, é bastante máis pequena, 400 veces máis pequena para sermos exactos, mais está tamén 400 veces máis perto de nós e por iso no ceo parece que ten un tamaño igual ao do Sol (...)

Martin Pawley. Artigo publicado no caderno de verán Máis do Nós Diario o 9 de xullo de 2026. Podes ler o texto completo no sitio web do xornal.

venres, 3 de xullo de 2026

Una luz negra y ardiente. Eclipses en el cine.

El 12 de agosto en buena parte de la península ibérica se verá el primer eclipse total de Sol desde 1912, un evento astronómico que sin duda movilizará a millones de personas. Aprovechamos la efeméride para repasar la muy diversa presencia de los eclipses solares en el cine, un catálogo que incluye no pocas obras maestras.

Just Ancient Loops (Bill Morrison, 2012)

Un eclipse solar total no es un hecho excepcional -hay uno cada año y medio- pero como la zona del planeta que experimenta la ocultación completa del Sol es una franja más bien estrecha, de como mucho unos cientos de kilómetros de ancho, el resultado es que aunque en el curso de una vida haya muchos eclipses en la Tierra, lo más probable es que ninguno suceda encima de nuestra cabeza: en un lugar concreto en promedio pasan entre 300 y 400 años entre uno y el siguiente. En la historia de la humanidad una aplastante mayoría de las personas no ha vivido ni vivirá jamás un eclipse, que es la consecuencia de una feliz casualidad. El Sol tiene un diámetro 400 veces más grande que la Luna, pero también se encuentra 400 veces más lejos, de forma que vistos desde aquí su tamaño aparente en el cielo es similar. Ese tamaño varía muy ligeramente en función de la variable distancia de esos cuerpos a la Tierra, pero no es muy grande: con el brazo estirado, la mitad del grosor del meñique oculta cualquiera de los dos discos celestes (por muy impresionante que sea una luna llena emergiendo sobre el horizonte, podemos taparla siempre con la uña del dedo pequeño, o lo que es lo mismo, las famosas “superlunas” de las que se oye hablar a menudo no son nada súper). Esa coincidencia cósmica de tamaños la explica a un grupo de niños el protagonista de Agantuk (1991), la última obra maestra de Satyajit Ray, valiéndose de monedas de diferentes diámetros. Si la Luna estuviera más lejos de lo que está, no existirían los eclipses de Sol. De hecho, sabemos que la Luna se aleja cada año unos cuatro centímetros de nuestro planeta, así que llegará un momento, dentro de cientos de millones de años, en que ya no serán posibles. Algún día habrá un último eclipse en la Tierra (...) 

Martin Pawley. O texto completo pode lerse no número 212, de xullo-agosto de 2026, da revista Caimán Cuadernos de Cine.

xoves, 2 de xullo de 2026

Ver a eclipse sen mirar o Sol

Haberá que repetilo moito este verán: é extremadamente perigoso observar o Sol sen protección. O único filtro válido para a observación directa son as lentes de eclipse, que reducen até trinta mil veces a luz que chega aos nosos ollos. A proxección do disco solar é unha alternativa eficaz, barata e sen risco para a saúde visual.

Caixa estenopeica producida pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Imaxe: Marta Cortacans.

Deixouno claro nun comunicado a comezos de ano o Colexio de Ópticos e Optometristas de Galiza: observar a nosa estrela a simple vista ou con lentes de sol "sempre entraña riscos, pois a gran cantidade de radiación que emite a diversas lonxitudes de onde, principalmente infravermello, visíbel e ultravioleta, pode danar a retina de maneira grave ou mesmo producir cegueira se a contemplación é prolongada", en palabras da presidenta do colectivo, Esther Amaro. Un exemplo típico é a retinopatía solar, unha lesión fotoquímica na retina que na literatura médica aparece a miúdo asociada á observación imprudente de eclipses. Uns poucos segundos poden ser suficientes para producir danos irreversíbeis. As emisións ultravioleta do Sol son a causa da fotoqueratite, unha sorte de queimadura semellante á que se produce se ollamos uns arcos de soldadura sen pantalla de protección. Eses danos, ademais, poden pasar ao principio inadvertidos e cando se manifestan os seus síntomas (dor e visión borrosa, entre outros moitos) talvez xa sexa demasiado tarde.

Protexerse ben non consiste só en reducir un pouco o brillo molesto da luz: precisamos peneirar a maior cantidade de radiación posíbel que sexa compatíbel cunha visión nítida do disco solar. Por iso son absolutamente inútiles os trucos caseiros que aínda hai quen practica de xeito temerario: as radiografías, os vidros escuros ou as películas fotográficas non impiden o paso da radiación que deriva en lesións oculares (...)

Martin Pawley. Artigo publicado no caderno de verán Máis do Nós Diario o 2 de xullo de 2026. Podes ler o texto completo no sitio web do xornal.

mércores, 1 de xullo de 2026

O ano das luces. Crónica do (S8) 2026.

(...) A eclipse total de Sol que vivirá Galiza o próximo 12 de agosto, a primeira dende 1912 (e non haberá outra até 2180) serviu de inspiración ou leitmotiv para a edición 2026 do S8, Mostra de Cinema Periférico, que máis que nunca pousou a súa mirada no ceo. A xeito de pequeno xesto simbólico, tanto na presentación á prensa como na xornada inaugural e noutras sesións fíxose uso dunha animación da famosa serie de fotografías que en 1912 fixera José Sellier, unha colección de doce imaxes que recollen todas as fases daquela eclipse e que pedían a berros ser postas en secuencia, un recordatorio do labor do indiscutíbel pioneiro do cinema no estado español. Coa mesma lóxica, serviu de apertura da mostra unha sesión de curtametraxes de diferentes épocas á volta das eclipses baixo o lema “O obturador cósmico”, que tece paralelismos entre o fundamento da cámara -permitir ou non o paso da luz sobre o substrato fotoquímico que capta eses fotóns- e o paso da Lúa por diante do Sol que o oculta por completo de forma efémera. A máis antiga, unha de Georges Melies de 1907, L'Éclipse du Soleil en Pleine Lune, cuxo encanto indiscutíbel non agocha o esgotamento da fórmula do cineasta naquela altura: en vésperas de que David Wark Griffith comezase a facer evolucionar a narrativa fílmica, Melies seguía ancorado nas pantomimas de concepción decimonónico e levaba unha década sen moverse da súa baldosa. Pioneiro da animación experimental e o collage, Larry Jordan xogou cos obxectos celestes en Orb (1958), unha das súas características fantasías surrealistas con certo pouso esotérico. Curioso é o caso de Jan Peters, que en Ich Bin 33 (2000) decide “perder” a eclipse do 11 de agosto de 1999, ou talvez experimentala doutra maneira (certamente irrepetíbel), ao gravarse a si mesmo falando á cámara durante a totalidade para encher os 3 minutos dun rolo de súper 8. Shutter (2010) de Alexi Manis é un estudo da luz e as sombras en diferentes momentos do día, coas follas das árbores como centro da atención -captar o vento nas árbores, iso era o cinema para Griffith- que se complementan con metraxe dunha eclipse obtida por Andreas Gada. O estadounidense Kevin Jerome Everson está construíndo unha serie de pezas arredor das eclipses solares que iniciou con Polly One (2017), en cor, e Polly Two (2018), en branco e negro, as dúas dedicadas á memoria da súa avoa, Bertha Everson. No S8 pasou a terceira entrega, Cóndor, filmada en Chile en 2019. A morte hai uns meses do compositor Michael Harrison outorgoulle carácter de homenaxe á proxección de Just Ancient Loops (2012), a abraiante peza de Bill Morrison para a cal compuxo unha belísima música interpretada pola violoncellista Maya Beiser. A curtametraxe está estruturada en tres bloques, o primeiro deles composto por filmacións de comezos de século de observatorios astronómicos, o Sol durante unha eclipse e as persoas que o observan e imaxes da Lúa, Saturno ou obxectos de ceo profundo como a nebulosa da Cabeza do Cabalo. A segunda parte é unha animación por computador que representa o planeta Xúpiter cos seus catro maiores satélites Ío, Europa, Ganímedes e Calisto e establece unha conexión entre as súas órbitas e os harmónicos musicais a partir dunha investigación de Walter Murch. O bloque final emprega nitratos degradados -un dos sinais de identidade da obra de Morrison- da Vida e Paixón de Cristo (Ferdinand Zecca, 1907), A Biblia (Achille Consalvi, 1913) e imaxes científicas dos anos 10, para conformar en conxunto un estudo da representación dos ceos, do científico ao relixioso-simbólico, e a súa ligazón coa aparición da vida (...)

Martin Pawley e José Manuel Sande. Artigo completo dispoñíbel no número 153 da revista Luzes.

La era del plástico

Siempre hay mucho que aprender de la investigación, la divulgación y el activismo alrededor de cualquier problema global.

* * *

El título de esta columna es el de un libro recién publicado por la editorial Shackleton Books y del que son autores Tania Alonso Cascallana y Juan F. Samaniego, periodistas especializados en cuestiones medioambientales. El volumen es el resultado de su riguroso trabajo de documentación y de docenas de entrevistas con personas expertas en la investigación de la presencia y los efectos de los microplásticos en la naturaleza y en nuestro cuerpo. Un libro formidable, repleto de buenas explicaciones y fuentes e inspirado por una sana confianza en el principio de precaución, ese que nos hace dudar de que, por ejemplo, sea buena idea que para la producción de plásticos se empleen dieciséis mil aditivos químicos de los cuales cuatro mil son «peligrosos, bioacumulativos y/o tóxicos» y de otros diez mil no se tiene información suficiente.

En el primer capítulo se cita un texto del economista americano Victor Lebow en la revista Journal of Retailing en 1955 que merece la pena reproducir aquí. «Nuestra economía enormemente productiva», escribió, «exige que hagamos del consumo nuestra forma de vida, que convirtamos la compra y el uso de bienes en rituales, que busquemos nuestra satisfacción espiritual, la satisfacción de nuestro ego, en el consumo (...)

Martin Pawley. O artigo completo pode lerse na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 325, xullo-agosto de 2026. As persoas subscritoras poden acceder á revista no seu sitio web.

martes, 30 de xuño de 2026

Entrevista a Gabriel Azorín: "Sempre nos preguntamos como queremos vivir a vida que nos toca"

Esta terza feira visita a Filmoteca de Galiza Gabriel Azorín, director dun dos títulos máis aplaudidos pola cinefilia mundial este último ano, Onte á noite conquistei Tebas, que se estreou na pasada edición da Mostra de Venecia e participou logo en citas de prestixio coma o festival de Nova York, a Viennale, a Seminci ou o Indielisboa. Unha obra mestra en dous tempos e tres linguas (galego, portugués e latín) integramente filmada nas termas ourensás de Bande.

Gabriel Azorín. Imaxe: Amador Lorenzo para Filmika Galaika, DVEIN Films e Bando à Parte

Se houbese que poñerlle unha data inicial ao nacemento do filme, estaría á volta do teu descubrimento das termas de Bande.
En 2017 fun alí cuns amigos e cando se fixo de noite quedei só, tumbado nunha desas bañeiras en forma de sarcófago que son tan importantes logo na película. Como non hai luces artificiais de noite non podes ver nada a non ser que ergas a cabeza e mires o ceo, e eu tiven a sorte de que aquela noite había un ceo estrelado incríbel. Foi un intre de introspección e intimidade e fíxome pensar na cantidade de xente que ao longo da historia faría o mesmo xesto ca min naquel lugar. Volvín a casa con gana de rodar alí, mais era simplemente un desexo e precisaba ter unha idea cinematográfica. Dous anos despois, cando estaba na Elías Querejeta Zine Eskola e o cinema de António Reis e Margarida Cordeiro me tiña moi obsesionado pola súa capacidade de revelar os diferentes tempos que habitan un lugar, pensei de novo nas termas e propúxenlle a María Antón Cabot e Carlos Pardo Ros, colegas do colectivo lacasinegra, que me acompañasen a Bande para constatar se seguía vivo aquel desexo. Desta vez fomos máis precavidos e levamos unha cámara de alta sensibilidade; após bañármonos pola tarde caeu a noite e coa cámara gravamos uns rapaces que andaban alí tamén. Cando de regreso á casa revisamos as imaxes comprendín que non tiñan tempo, que se os rapaces non levasen teléfonos e traxes de baño con piñas sería imposíbel determinar se eran de hoxe, da Idade Media ou de hai dous mil anos, e iso xa era unha idea propiamente cinematográfica. Foi unha sorte de “eureka”.

Así xorde a convicción de facer o filme, mais como desenvolve a obra final?
Foi un camiño de ida e volta. As termas en orixe estaban asociadas ao campamento militar de Aquis Querquennis, do século I da nosa era, así que a presenza de mozos romanos estaba clara dende o principio. A idea de que houbese mozos contemporáneos tamén, mais a primeira intuición apuntaba a engadir máis capas de tempo, talvez a guerra civil, talvez o campesiñado no século XIX… Cando empecei a traballar no guión co amigo Celso Giménez, da compañía teatral La Tristura, acordamos que houbese só dous tempos para facer máis sinxela a película e que esa simplificación nos permitise xogar con elementos que nos interesaban como o paso do tempo, a duración, habitar os lugares… elementos que a miúdo no cinema fican devorados polos temas e as tramas. Tamén limpamos moito os asuntos a tratar e concentrámonos na amizade e nesa sensación tan humana de que nalgún momento da vida nos sentimos sós (...)

Martin Pawley. Entrevista publicada no Nós Diario do 25 de abril de 2026. Podes ler a entrevista completa no sitio web do xornal.

venres, 26 de xuño de 2026

Esencia de cinema

Isabel Aimé González Sola en Las corrientes de Milagros Mumenthaler | Imaxe: Atalante Cinema

A través dos cristais dunha xanela vemos unha muller que contempla a paisaxe outoniza de Xenebra. Axiña saberemos que está alí para recoller un premio polo seu traballo no sector da moda, mais desfarase do trofeo no baño pouco despois. Deambula pola cidade como empuxada por un misterioso impulso, por algunha atracción inexplicábel; repara nunha peza de tea bordada nun escaparate, cruza a ponte sobre o río vestida cun abrigo azul -unha mancha de cor sobre un fondo gris- e de súpeto bótase á auga. O seguinte plano amósanola de regreso ao hotel, envolta nunha desas láminas metalizadas que se empregan como mantas nas emerxencias. Atravesa o vestíbulo facendo soar os tacóns contra o piso mentres arrastra unha bolsa coas súas pertenzas, sobe no ascensor, accede ao seu cuarto. Abre a ducha mais non chega a entrar nela, primeiro sinal dunha sorte de fobia á auga que manifestará durante o resto do filme (...)

Martin Pawley. Artigo publicado no Nós Diario o 26 de xuño de 2026, sábado. As persoas subscritoras poden ler o artigo completo en liña nesta ligazón.

luns, 15 de xuño de 2026

Temos as estrelas (Martin Pawley, 2026)


Creación de Martin Pawley a partir dos filmes Devil and the Deep (Marion Gering, 1932), Breakfast for Two (Alfred Santell, 1937), A Streetcar Named Desire (Elia Kazan, 1951), Wings (William Wellmann, 1927), Drácula (George Melford, 1931), My Little Chickadee (Edward F. Cline, 1940), The Misfits (John Huston, 1961), A Woman of Distinction (Edward Buzzell, 1950), María Candelaria (Emilio Fernández, 1944), Annette (Leos Carax, 2021), West Side Story (Robert Wise e Jerome Robbins, 1961) e Now, Voyager (Irving Rapper, 1942). Nova e definitiva montaxe a partir dunha peza anterior estreada o 11 de xuño de 2026 na actividade "La noche del Sol negro" de Filmadrid.

sábado, 6 de xuño de 2026

Jeanne Liotta, a celebración do sublime

Unha das convidadas da edición número dezasete do S8, Mostra de Cinema Periférico da Coruña é Jeanne Liotta, quen protagonizou o pasado martes a performance Path of Totality inspirada pola observación dunha eclipse de Sol. Este sábado poderá verse na Domus ás 19.30h unha sesión con varios filmes da cineasta cunha gran conexión astronómica.

Jeanne Liotta. Imaxe: Andrea Rodríguez para o S8.

Da forte pegada que hai na obra de Jeanne Liotta da ciencia e en particular da astronomía é boa proba a sesión desta tarde no S8 con pezas como Moonplay (after Marie), Eclipse, Affect Theory ou Observando el cielo, un dos filmes máis fermosos xamais feitos, mais a autora apresúrase a recordar que durante boa parte da súa vida tal conexión non existiu e que naceu e se criou en Nova York, onde a paisaxe celeste se reduce a unhas poucas constelacións, o Carro da Osa Maior ou Orión. “Penso que o meu interese realmente veu de aprender sobre fotografía e cinema, os aspectos técnicos e a historia, e como se observou o firmamento empregando mesmo métodos prefotográficos, por exemplo o uso das cámaras escuras para ver o Sol. Foi a investigación sobre a historia do estudo da visión e dos métodos tecnolóxicos da fotografía a que me levou cara ao cosmos”, explica (...)

Martin Pawley. Artigo publicado o sábado 6 de xuño no Nós Diario. Pode lerse o texto completo no sitio web do xornal.

martes, 2 de xuño de 2026

Lo individual y lo colectivo. Indielisboa 2026.

Cochena (Diogo Allen, 2026)

El premio principal de la competición portuguesa de la última edición de Indielisboa recayó en Diogo Allen, que firma con la notable Cochena su primera película como director después de una sólida experiencia como ayudante de realización. Su acercamiento a la comunidad gitana portuguesa es justo en todos los sentidos de la palabra. Por un lado, por el mero hecho de su existencia, como registro de un colectivo que tuvo hasta ahora una presencia raquítica en las pantallas. Más importante aún, por la forma puesta en práctica, heredera de la etnografía humanista de António Reis y Margarida Cordeiro, con planos siempre fijos en formato 4:3 que acogen cariñosamente a sus personajes y captan la carga lírica que poseen, el reconocimiento de una nobleza escultórica natural -en particular la pareja protagonista, Anastácio Romão y Ermelinda Maria da Silva- que solemos asociar a la visión de Pedro Costa y, por lo tanto, de John Ford. Lejos de cualquier tentación hacia el hieratismo, la austera apuesta observacional de Diogo, sin apenas variaciones en su tono, conduce a un resultado pletórico de vida: es un tributo a la familia y a los afectos, a las celebraciones compartidas, ya sea una boda o la búsqueda de erizos para cocinarlos a la parrilla. Un retrato de una comunidad errante, orgullosa y libre, que sobrevive en los márgenes de la sociedad pero, también por eso, más sostenible, menos contaminada por la maquinaria succionadora de atención y deseo del tecnocapitalismo. Cochena acaba siendo, en consecuencia, un film intensamente político en todos sus fotogramas (...)

Martin Pawley e Nacho Álvarez. O texto completo pode lerse no número 211, de xuño de 2026, da revista Caimán Cuadernos de Cine. 

luns, 1 de xuño de 2026

Al amparo de la noche

La oscuridad natural ha sido a lo largo de la historia un espacio seguro para quienes tuvieron que huir para salvar su vida.

* * *

Plano de Gaulana (Pablo Casanueva, 2026)
El 22 de mayo de 1938 tuvo lugar la mayor fuga de presos de la historia del estado español. El Fuerte de San Cristóbal, cerca de Pamplona, fue construido a finales del siglo XIX con fines defensivos, pero pronto se convirtió en una cárcel a la que fueron destinadas, por ejemplo, centenares de personas tras la revolución de octubre de 1934. Después del golpe de estado de julio de 1936 Navarra cayó rápidamente bajo el mando del ejército fascista y el fuerte se llenó en pocos meses con una cantidad enorme de presos, hasta 2500, que soportaban vejaciones y pésimas condiciones de vida; de hecho, hasta su cierre en 1945 se cuentan más de 300 muertes por causas como la desnutrición o los paros cardíacos, pero también los fusilamientos camuflados oficialmente como «traumatismos». Los encarcelados en 1938 eran en su mayoría miembros de partidos políticos y sindicatos y militantes de la causa republicana. La fuga fue preparada por un pequeño grupo de presos que diseñaron un plan para tomar el centro aprovechando un momento de cierta relajación de los vigilantes (...)

Martin Pawley. O artigo completo pode lerse na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 324, xuño de 2026. As persoas subscritoras poden acceder á revista no seu sitio web.

sábado, 30 de maio de 2026

A aprendizaxe do amor

Claire Atherton na Filmoteca de Galicia. Imaxe: María Messeguer para a Filmoteca de Galicia.

En 2005 xurdiu en Catalunya o proxecto educativo 'Cinema en curso', unha iniciativa, en palabras das súas directoras Núria Aidelman e Laia Colell, de "pedagoxía do cinema e co cinema en escolas e institutos". A diferenza doutros proxectos de cultura audiovisual que se desenvolven nas aulas, e que tantas veces, infelizmente, aspiran apenas a imitar de maneira precaria os procesos industriais do cinema, a miúdo caducos e de nula sostibilidade, 'Cinema en curso' procura un achegamento máis fértil e responsábel que ten o seu primeiro centro na contemplación e a análise dos filmes. Filmes completos, en salas e en festivais, mais tamén fragmentos de filmes, e isto permite o acceso a imaxes de cineastas que doutro xeito serían inviábeis, en particular a certas idades, como as de Chantal Akerman, Marguerite Duras ou David Perlov. Trátase de que a rapazada comparta unha escena, que a mire e a escoite, que pense sobre ela e se faga preguntas, que a volva a mirar e escoitar tanto como for preciso, que se deteña sobre ela, que comente as súas impresións, as iniciais, máis espontáneas, e logo as que se derivan dunha meditación máis fonda, de atender o que expresan as outras persoas. Cómpre facerse preguntas. Por que ese plano está filmado desta ou daquela maneira? Por que ten esa duración? (...)

Martin Pawley. Artigo publicado no Nós Diario o 30 de maio de 2026, sábado. As persoas subscritoras poden ler o artigo completo en liña nesta ligazón.

xoves, 14 de maio de 2026

Unha ollada lúcida ás cinzas aínda mornas do colonialismo portugués

por Miguel Castelo

Sergio, un xove enxeñeiro portugués, viaxa de Portugal a Guinea-Bissau, encargado por unha ONG para substituír o anterior enxeñeiro, co que a empresa construtora tiña desacordos, e para preparar un novo informe técnico sobre un importante proxecto de autoestrada, conexión entre o deserto e a selva, no que se introduciron cambios. Concibida orixinalmente cun trazado específico, a estrada agora ten un itinerario diferente. E a análise do enxeñeiro lisboeta debe avaliar o impacto ambiental que causará esta modificación.

Sérgio Coragem n'O Riso e a Faca (Pedro Pinho, 2025) / Vitrine Filmes

Un caso similar, atopado polo cineasta portugués Pedro Pinho en 2017 mentres viaxaba con amigos polo país, espertou o seu interese polos asuntos coloniais, levándoo a querer exploralos nun documental. Portugal foi a primeira nación en facer seus territorios estranxeiros e a última en renunciar a eles. A perda das súas colonias deixou aos portugueses un ronsel de emocións encontradas. Hoxe, despois de tantas xeracións, para unha grande parte da poboación isto xa non é un problema, e tamén hai moitos que descoñecen a situación actual nestes países, agora baixo autogoberno. Mais o comprensible desexo de Pinho viuse frustrado pola realidade, que deixaba claro que tal cousa era imposible: o status quo persistía, os pobos indíxenas, abandonados polo goberno e tantas veces enganados e explotados polos colonialistas, non estaban para facer declaracións, nin abandonar o seu traballo, e, o que non é menos importante, as diferentes linguas das tribos e aldeas non permitían unha comunicación axeitada. Polo tanto, abandonouse a idea, mais non o obxectivo de relatar dalgún xeito unha realidade tan fascinante e complexa.

Así que, unha vez conseguidos os fondos precisos e logo un tempo considerable vivindo con estas comunidades, aprendendo a se comunicar con elas, gañando a súa amizade e confianza, a súa dedicación e colaboración, a realidade finalmente amosou o seu sorriso. Procedeuse a seleccionar numerosos figurantes e actores diversos —todos eles, dende o primeiro até o último, homes, mulleres e nenos, extraordinarios nos seus papeis; Cleo Diára recibiu o premio á mellor actriz no último Festival de Cannes—, tiveron lugar longos e detallados ensaios e, tras seis meses de rodaxe e máis de dous anos de montaxe, hoxe existen dúas versións —a que circula actualmente, de tres horas e media, e outra de cinco horas e media— desta enorme e singular película. Magnífica polo seu argumento, os seus temas, a súa atrevida mestura de xéneros, a súa atmosfera, o seu ritmo, a súa banda sonora de música diversa. E tamén polo atractivo da súa polifonía de acentos. Polo seu desenvolvemento e a súa orixinal forma de cativar o espectador. A emoción é un ingrediente clave na viaxe iniciática de Sergio, unha aventura implacable non exenta de perigos e preocupacións frecuentes. Dende a súa perspectiva de profesional honesto e de ollada inocente, acompañámolo. Sentimos e sufrimos xunto a el. Vivimos xunto ao seu diverso círculo social, composto por persoas de diferentes razas, nacionalidades e orientacións sexuais, durante a súa estadía neste país. Cos seus novos amigos e inimigos, navegamos polas situacións máis inesperadas e descubrimos un mundo inimaxinable que se balancea entre o drama e a comedia. Somos testemuñas da loita pola vida, das necesidades cotiás máis básicas dos que o rodean, da fragmentación social, do abuso e a explotación dos máis débiles por parte dos poderosos, das miradas e comportamentos racistas, así como das formas de entretemento, da vertixe da noite e da intensidade dos sentimentos, do amor, da tenrura, do sexo, da dificultade e da alegría de vivir... E nunca deixamos de nos emocionar e de gozar de momentos cheos de enxeño e humor intelixente, de discusións violentas e de exposicións argumentativas tan estimulantes como cheas de sabedoría cínica e provocativa. E con Sergio, os seus medos, dúbidas e certezas, deixamos ese universo abafante, lonxe da metrópole, cheo de cor, calor, choivas torrenciais e excesos de todo tipo. Pero toda esa realidade heteroxénea e diversa non nos abandona. Permanece connosco, dando voltas unha e outra vez nos nosos pensamentos. Unha representación lúcida e inesquecible que revela con elocuencia as estratexias, o que e o como, do capitalismo para desenvolver as súas novas fórmulas de control e explotación dos beneficios residuais do vello colonialismo.

venres, 1 de maio de 2026

Luz y progreso en todas partes

Los avances tecnológicos han ido recortando nuestras horas de sueño.

* * *

Our Daily Bread (King Vidor, 1934)
El sueño del Sapiens, el libro del que me ocupé en la columna anterior, arroja ideas y enfoques reveladores en cada capítulo. Es algo típico de las personas sabias, y Juan Antonio Madrid lo es, como constato cada vez que se me presenta la oportunidad de conversar con él. «La mayoría de nosotros», leo, «nos consideramos afortunados por haber nacido en la época actual. Nos imaginamos a nuestros antepasados de hace cien mil años ocupados en una lucha constante por la supervivencia, expuestos a la amenaza del hambre y a los peligros de los depredadores y tribus enemigas, sin apenas tiempo para descansar. Sin embargo, la observación de grupos tribales actuales, como los agta en Filipinas o los san y hadza en Sudáfrica y Tanzania, respectivamente, nos muestran una realidad bien distinta». Un equipo de antropólogos liderado por Mark Dyble convivió durante dos años con el pueblo agta y registró de forma minuciosa sus actividades diarias, el tiempo que dedicaban al cuidado de los hijos, a las tareas domésticas y a la búsqueda de alimentos. El resultado fue que los agta que adoptaron la agricultura trabajaban unas treinta horas semanales en los cultivos, frente a las veinte de sus colegas recolectores. La pérdida de tiempo libre que venía dada por el salto a la producción de alimentos se producía tanto entre los hombres como entre las mujeres (...)

Martin Pawley. O artigo completo pode lerse na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 323, maio de 2026. As persoas subscritoras poden acceder á revista no seu sitio web.

sábado, 25 de abril de 2026

Correo sobre "La risa y la navaja" (O riso e a faca)

Cleo Diára e Sérgio Coragem en "O riso e a faca" (Pedro Pinho, 2025) / Vitrine Filmes

Buenas tardes, Pawley.

«La risa y la navaja» es una película memorable. Rica en imágenes, situaciones emocionantes, planteamiento argumental, técnica fílmica, planos, interpretación, dirección de actores y realización, sin olvidar la banda sonora candente.

Lo más interesante, además, es la compleja reflexión poscolonial que sostiene, sin resoluciones fáciles "humanitarias", con ironía fina e incluso con sarcasmo, pero con profunda sensibilidad para trasladar la reflexión inconclusa al espectador de forma elegante.

La habilidad de Pinho para mostrar la complejidad cruda es muy patente también en el plano emocional, afectivo y sexual. Veracidad sin estereotipos.

El personage de Sérgio, con su ternura ingenua y su estupor ante la violencia, ante el amor o ante la corrupción, funciona como un catalizador de las ideas del film. El personaje femenino principal es muy rico también en ambigüedad afectiva y sensual entretejida con tensiones étnicas y sociales.

Es nuevo eso de que el "personaje afectivo" sea un medio para entrar en el paisaje y en la historia, sin necesidad de comprenderlos. Da que pensar.

El valor documental de la película es muy grande. Te sumerge en la realidad africana con cercanía táctil que se adentra en la mente. Un equilibrio novedoso entre ficción y no-ficción. Cine social libre de cautelas, de ideología inhibidora. Valiente en su manera de hacer frente al porvenir incierto.

En resumen, buenísima. Podría haber durado siete horas sin cansarnos.

Muchas gracias de nuevo, amigo. 

Un gran abrazo.

Entrevista a Pedro Pinho: "Cando me preguntan cal é o lugar da cámara, digo que non o sei"

O director portugués Pedro Pinho visita estes días Galiza para presentar, acompañado do actor Sérgio Coragem, O Riso e a Faca, que chega agora ás salas após a súa estrea no Festival de Cannes o ano pasado. Un filme que nos convida a reflexionar sobre o colonialismo que aínda perdura e explica a realidade presente de África e a cuestionarmos as estruturas do capitalismo patriarcal, aspectos nos que o director afonda en conversa con Nós Diario.

Ao ser un filme tan vasto, custa imaxinar como comezou, como nace. Cal foi a idea inicial e como foi medrando?
Eu encontro a orixe na primeira rodaxe que fixen, un documental chamado Bab Sebta, en que filmei no Norte de Marrocos e na Mauritania os tempos de espera das persoas que tentaban a entrar en Europa. Foi unha rodaxe reveladora mesmo para a miña visión política, a pesar de que xa dende antes estaba envolto de forma activa coa idea dunha Europa que se impón ao resto do mundo e exclúe do seu privilexio a todo aquel que quere facerse á vida. Tiven unha serie de impactos e de encontros que me fixeron entender moitas cousas, mais sobre todo me ensinaron a ollar dende fóra o lugar onde eu nacín e comprender que as persoas que ven dende fóra ese centro de produción de imaxinarios, de discurso e dunha certa hexemonía cultural teñen acceso a unhas capas que os que o vemos dende dentro non temos.
Despois creei unha relación moi forte coa Mauritania e, máis tarde, coa Guiné-Bissau. A certa altura, após descubrir este universo da “industria da cooperación”, un nome que non é alleo ás persoas que alá traballan, úsano a diario, falan “da industria”, “da nosa industria”, eu fiquei con vontade de facer un documental sobre esas ONGs e esas empresas. Un amigo enxeñeiro ambiental en Lisboa conseguiu un traballo no norte da Guiné-Bissau nun proxecto de bombas de auga, e alá marchamos en 2010 dous, tres amigos, que dese xeito dispuñamos dunha base loxística mínima, unha casa, un coche, e aquel salario mensual que daba para compartir entre todos. Fomos cunha cámara e unha gravadora de son e ficamos atropelados pola realidade que iamos filmar. O primeiro día da rodaxe vivimos a escena das latrinas (como a que sae na película) e foi tan humillante, sentimos todos unha vergonza tan grande de estar alí e observar aquilo, a percibir que aquela arrogancia, aquela violencia era posíbel aínda nos días de hoxe, que non conseguimos filmar ningún día máis. Acabamos por vivir alá catro meses, mais á procura de saber se tiña sentido ou non estar alí. Iso foi ficando esquecido, foi ficando adormecido, mais sempre regresaba (...)

Martin Pawley. Entrevista publicada no Nós Diario do 25 de abril de 2026. Podes ler a entrevista completa no sitio web do xornal.

Filmika Galaika, cinema para inmensas minorías

Moitas das películas galegas que acadaron repercusión internacional real nos últimos anos comparten unha mesma marca, Filmika Galaika, unha referencia consolidada na creación de noso afeita xa a colocar títulos en festivais como Rotterdam, Locarno ou Venecia e que ademais é pioneira no desenvolvemento de coproducións con Portugal. Da man dunha das súas responsábeis, Beli Martínez, percorremos a traxectoria, as intencións e os desafíos inminentes dunha produtora que naceu e medrou nun tempo de transformacións para o cinema.

Krakatoa (Carlos Casas, 2026) / Filmika Galaika

Após a última edición do Festival de Rotterdam, Filmika Galaika pode presumir dun logro non precisamente menor: por terceiro ano consecutivo sitúa unha longametraxe nunha das citas fundamentais do calendario cinematográfico mundial. Se en 2024 entraron na competencia principal con La Parra de Alberto Gracia e en 2025 Lois Patiño encontrou espazo para Ariel, 2026 foi a quenda do cineasta nacido en Barcelona Carlos Casas con Krakatoa, que aposta por unha coidada fotografía e un notábel deseño sonoro (a cargo de Nicolas Becker, antes gañador dun Oscar por Sound of Metal) para crear un filme-experiencia con final psicodélico que ten vidas alternativas como instalación artística ou mesmo espectáculo ao vivo. Unha obra talvez non apta para os “cazadores de argumentos”, ou que exixe un espectador non domesticado pola forma mol diso que chaman “contidos” nas plataformas, ese espectador que non presta atención e só está preocupado pola sinopse e que por iso mesmo pode mirar eses contidos a dupla velocidade. Un espectador, en suma, ao que non lle interesa o cinema.

É evidente que Filmika Galaika quixo sempre producir películas para a xente que si ama o cinema e isto, que debera ser o normal, empeza a parecer insólito nunhas carteleiras ameazadas pola inanidade. O comezo, en calquera caso, non foi doado. Abriron en 2009 “sen ter moita idea”, recoñece Beli, nunha época na que estaban facendo as súas primeiras curtas Roi Carballido e Seném Outeiro (...)

Martin Pawley. Entrevista completa publicada no Sermos Galiza que acompaña o Nós Diario do sábado 25 de abril de 2026. As persoas subscritoras poden lelo completo nesta ligazón.

xoves, 23 de abril de 2026

Abrir portas para nunca as pechar

Jonathan Guilherme e Sérgio Coragem n'O Riso e a Faca (Pedro Pinho, 2025) / Vitrine Filmes

Ao inicio d’O riso e a faca, a longametraxe de Pedro Pinho que chega estes días ás salas de cinema, un oficial africano prepara o té mentres agarda estomballado no chan no medio do deserto. Ao lonxe ve como se aproxima un coche, que acabará por deterse ante os sinais que llo indican na estrada de area. O oficial achégase e saúda con rectitude ao condutor do vehículo, un home branco que obviamente non é de aquel lugar; mándalle, en español, que apague o motor, pregúntalle polo pasaporte e outros documentos. A memoria receosa do espectador suxire certa tensión, talvez algún intento de suborno, mais o que o axente lle pide é nada máis e nada menos ca un libro. O europeo sae do vehículo, remexe na equipaxe e atopa un, que lle entrega. Fica todo en orde, pode seguir. Mentres se despregan os créditos o coche avanza quilómetros e quilómetros entre as diferentes paisaxes do Sáhara.

É a primeira das moitas veces en que o filme nos colocará diante dos nosos prexuízos. O home branco é Sérgio (Sérgio Coragem), un enxeñeiro portugués que viaxa a unha cidade da Guiné-Bissau para traballar cunha organización non gobernamental (...)

Martin Pawley. Artigo publicado no Nós Diario o 23 de abril de 2026, quinta feira. As persoas subscritoras poden ler o artigo completo en liña nesta ligazón.

martes, 21 de abril de 2026

Manifesto da comunidade saharauí de Galiza: por unha regularización xusta

A Comunidade Saharauí de Galicia expresa a súa profunda preocupación e rexeitamento ante os procesos de regularización extraordinaria que exclúen as persoas saharauís en situación de apatridia. Ao mesmo tempo, queremos manifestar que valoramos positivamente a regularización de moitas persoas migrantes, xa que supón un avance en dereitos, dignidade e xustiza social. Alegrámonos sinceramente por quen ven recoñecida a súa situación administrativa tras anos de incerteza. Porén, non podemos evitar sentir indignación e frustración ao comprobarmos que, unha vez máis, o noso colectivo queda fóra destas medidas.

O pobo saharauí arrastra desde hai décadas unha realidade marcada polo desarraigamento, o exilio e a negación de dereitos fundamentais. A falta de recoñecemento pleno da súa nacionalidade coloca miles de persoas nun limbo xurídico que limita o seu acceso a dereitos básicos, entre eles a regularización administrativa. Esta exclusión non é un feito illado nin técnico: é unha forma de invisibilización institucional que perpetúa a desigualdade. Consideramos inaceptábel que os criterios de regularización non contemplen de maneira específica a situación das persoas apátridas, que maioritariamente son saharauís, cuxa condición responde a causas históricas e políticas amplamente documentadas. Ignorar esta realidade supón reforzar barreiras estruturais que impiden a integración social, laboral e xurídica.

-O recoñecemento explícito das persoas saharauís apátridas dentro dos procesos de regularización.
-A adopción de medidas específicas que atendan a súa situación xurídica excepcional.
-O cumprimento dos compromisos internacionais en materia de dereitos humanos e protección de persoas apátridas.
-A garantía de igualdade de tratamento e acceso a dereitos fundamentais, sen discriminación por orixe ou status xurídico.

Así mesmo, convocamos a cidadanía a unha manifestación o próximo 23 de abril ás 20:00 horas, diante da Subdelegación do Goberno na Coruña, para erguermos a voz contra esta exclusión e exixirmos solucións xustas.

Facemos un chamamento urxente a todas as asociacións, colectivos sociais e entidades solidarias para que se sumen e apoien esta mobilización. A unión é clave para lograrmos cambios reais e para garantirmos que ningunha persoa quede atrás.

Por unha regularización sen exclusións. Por dignidade, xustiza e dereitos.

Comunidade Saharauí en Galiza

luns, 20 de abril de 2026

Entrevista a Sérgio Coragem (e II): “O trabalho do ator muitas vezes é associado ao discurso e às palavras, mas também há muito discurso sem as palavras”

Na segunda parte da conversa co actor Sérgio Coragem poñemos o foco na longametraxe O riso e a faca do Pedro Pinho, estreada na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes de 2025 con inmenso aplauso da crítica. Un filme en todos os sentidos monumental que lida con moitas cuestións fundamentais do noso tempo.

Sérgio Coragem no filme O Riso e a Faca (Pedro Pinho, 2025)

O filme tivo un proceso de produción moi extenso. En que momento Pedro Pinho che dixo “vou facer um filme e quero que ti esteas dentro do filme”?
Nós conhecemos, por ocasião dessas conversas, o Pedro Pinho em 2017 e, pronto, demos bem, o Pedro é uma pessoa espetacular, nós também somos fixe, e foi bom. E depois, passado um ano e tal, muito perto de 2019, ou já em 2019, a Joana Bravo, que na altura estava a trabalhar na produção do filme, na pré-produção, pré-pré, pediu-me a amizade no Facebook e mandou-me uma mensagem a dizer que o Pedro Pinho gostava muito de falar comigo, se eu tinha vontade de ter esse encontro. E eu disse obviamente que sim. Não pensei que fosse para uma audição do filme, pensei que fosse, sei lá, uma conversa sobre um assunto qualquer porque, como eu estou no teatro, se calhar ele queria saber alguma coisa ou se eu conhecia alguém; bem, não sei. O Pedro perguntou-me se eu podia encontrar com ele na Casa do Comum, quando estava ainda o edifício com a organização antiga, mas prestes a começar as obras. Eu fui lá, encontrei-me com ele e com o Tiago Espanha numa conversa filmada, filmaram-me a mim, a ter uma conversa sobre muitos assuntos. Lembro-me que a primeira coisa que ele me disse foi que ia ser uma conversa como se fosse uma audição. Depois pediu-me para eu descrever a minha vida em sete minutos (se calhar estou aqui a contar segredos que não devia, mas não faz mal, tenho todo o gosto em partilhar contigo e com o mundo inteiro). E depois de eu ter descrito a minha vida em sete minutos, começou-se a fazer uma conversa mais de pergunta e resposta. Lembro-me de termos falado sobre racismo, por exemplo, lembro-me de termos falado sobre família. No final dessa conversa, ele perguntou-me se eu tinha alguma coisa que me prendia a Portugal. E eu disse, depende, acho que não. Tem família, tem amigos, tem amores, tem uma vida, não é? Claro que há sempre coisas que nos prendem a Portugal, mas à partida, não, depende. Porquê? E ele disse-me, “é que o filme vai ter uma rodagem muito longa na Mauritânia e na Guiné-Bissau”. E eu disse-lhe, ah, OK, então esquece, porque eu tenho medo de andar de avião. Pronto, com muita pena minha, espero que o filme corra muito bem, que encontres a pessoa escolhida. Mas eu aviso-te já que eu não vou, porque eu tenho medo de andar de avião. Viajei muito pouco na minha vida até esse dia. Tinha ido uma vez para Londres em 2006, 2007, foi a passagem do ano. E tinha sido convidado ao Conservatório de Atores de Lyon e custou-me imenso, e portanto não tinha intenção nenhuma de voltar a enfiar-me dentro de um avião. Para além de que também não gosto muito de fazer turismo, acho que é uma coisa que já não existe sequer e é uma perda de tempo e de muito esforço e muito stress. Então não sou muito fascinado por viagens. Isto estou a falar na altura, estou a falar antes de ter sido eu o escolhido.
Acho que eu ter dado esta resposta ao Pedro fez com que ele achasse que eu poderia mesmo ser esse personagem. Precisamente por causa dessa questão de “pouco mundo”. E isso era importante, acho eu, para o Pedro e para quem escreveu o filme e para quem estava a produzir o filme, porque a ideia era que o personagem fosse um pouco assoberbado por aquilo que via (...)

Martin Pawley. Podedes ler ou ouvir a entrevista completa no sitio web da revista Quiasmo. Artes, letras e ciência.

domingo, 12 de abril de 2026

Entrevista a Sérgio Coragem: “Gostamos de incluir o público nos processos de criação”

A finais de abril estréase en salas do estado español o filme do Pedro Pinho O riso e a faca, unha das obras maiores do cinema dos últimos anos. Esta escusa sérvenos para entrevistar o actor protagonista, Sérgio Coragem, a grande revelación do cinema de 2025. Esta primeira parte da conversa fala do seu labor teatral no seo da compañía auéééu. A segunda entrega, á volta do filme, será publicada nas próximas semanas.

Sérgio Coragem. Imaxe: sitio web auéééu.

A miña idea é falar de dous temas. Do filme [O riso e a faca, Pedro Pinho, 2025], mais antes de falar do filme, gostaría de falar máis do teatro. Do teu traballo no teatro, de como chegas ao teatro, e en particular da vosa compañía, que polo que percibo, tedes sempre unha orientación moi política nas obras que facedes.
O movimento politico da nossa companhia começa no primeiro pelo gesto, porque é um coletivo, sem hierarquias, e tentamos que o nosso trabalho seja o resultado de um conjunto de decisões que é tomado sempre com muita discussão, muita conversa, e em coletivo. E, portanto, avançamos um pouco em bloco, em todas as frentes. Na produção, na cenografia, na encenação, e vamos ajudando uns aos outros a construir os projetos de teatro e as encenações, muito a partir desse olhar próximo, um olhar pelo outro, quase uma solidariedade constante entre atores, de modo a conseguirmos alinhar aquilo que queremos fazer e de modo a conseguirmos decidir sempre com uma voz coletiva. Por exemplo, nós não acreditamos muito no voto, então não votamos nunca decisões, nunca há decisões por maioria. Pode haver uma decisão por desistência dos outros, ou por cedência dos outros, ou de nós, quando são mais difíceis de tomar, mas nunca votamos. O voto é um caminho muito curto, e muitas vezes, neste tipo de decisões, o voto pode ser precipitado também. Então, logo aí há uma série de gestos políticos que nós propomos a nós próprios, e depois nos espetáculos também, com o público. Desde logo gostamos de incluir o público nos processos de criação, porque abrimos conversas públicas durante o tempo de ensaios, e vamos conversando com o público também de uma forma a conseguir ter já um olhar exterior antes de apresentar o espetáculo. Usamos muitas vezes estas conversas como inspiração, para pensarmos também, além das nossas ideias pré-concebidas e das nossas cabeças, como elas funcionam, então o público começa cedo a fazer parte dos nossos projetos. E depois apresentamos um objeto, que muitas vezes é inacabado, cheio de falhas, com uma linguagem sempre à procura da experimentação. Acreditamos também nesse método de criação, que é a partir muito da experiência constante de novas propostas, no fundo, ideias que nos vêm, não temos uma linguagem, a nossa linguagem acaba por ser essa do erro assumido, do diálogo às vezes muito confuso entre nós, das nossas ideias que muitas vezes estão em conflito, porque como é óbvio somos todos diferentes, vimos de lugares diferentes, e portanto a nossa proposta é sempre um pouco assim (...)

Martin Pawley. Podedes ler ou ouvir a entrevista completa no sitio web da revista Quiasmo. Artes, letras e ciência.

sábado, 11 de abril de 2026

Grazas, mestre (epílogo) ou Eloxio da empatía

Book of Days (Meredith Monk, 1988)

Xabier, irmao,

Nunca darías imaxinado as cousas que pasaron nos últimos oito anos. Empezando pola pandemia da COVID-19, aquel argumento de ciencia ficción distópica que se fixo realidade para parar o mundo. Non tendo persoas de risco na miña contorna, recoñezo que vivín aquela paréntese forzada con tranquilidade, mesmo con certa despreocupación, aceptando que había de pasar o que tivera que pasar, mais tamén coa curiosidade de saber cales serían as consecuencias daquela experiencia social global. Como por unha vez o tempo non faltaba, aproveitei para ver e rever filmes moi longos, Shoah de Claude Lanzmann, A Comuna de Peter Watkins, a saga Heimat de Edgar Reitz. Tamén os filmes que trataron dende os inicios a outra pandemia das nosas vidas, a SIDA, dende a obra mestra pioneira Buddies de Arthur J. Bressan Jr. até o impresionante relato sobre a estupidez destrutiva do fanatismo e a intolerancia que é Book of Days de Meredith Monk, unha das películas que teño por favoritas.

Faltábame inxenuidade para crer que despois daqueles meses de reclusión obrigatoria, daqueles meses para aprendermos e para pensarmos, ía emerxer espontaneamente unha sociedade mellor; mais estaba convencido de que aquel silencio e aquela calma, que mesmo nos fixeron redescubrir a fauna que segue aí, á volta das nosas vilas e cidades á espera de que lles deixemos sitio, podían servir para reflexionarmos sobre os estragos sociais e ambientais do noso modelo económico, sobre a destrución acelerada da natureza e da vida no planeta que nos acolle.

Non pasou tal. Dáme moita pena dicirche que o mundo de hoxe, o mundo que xa non coñeciches, é aínda peor, moito peor, que aquel de 2018 en que nos deixaches sós. Din as enquisas que agora no estado español de cada cinco veciñas e veciños, unha delas vota ou quere votar ultradereita. E si, sei que fascistas hóuboos sempre. Sei ben que a morte do ditador non os converteu a todos maxicamente en demócratas, esta tarde fáloche dende Vilalba onde aínda se lle manteñen honras a un dos membros máis ilustres da ditadura, e de feito este auditorio se chama como se chama. Mais o problema hoxe é que o fascismo exponse farruco e sen complexos para golsar os seus discursos de odio. Non é só cousa de aquí. A internacional do desprezo e a desigualdade foise estendendo dunha maneira estarrecedora. Nunca imaxinarías quen chegou a gobernar Brasil de 2019 a 2022. Nunca imaxinarías quen goberna hoxe Arxentina, ou quen goberna hoxe Chile, todos eles elixidos lexitimamente polo voto popular. Nunca imaxinarías quen e como goberna por segunda vez os Estados Unidos de América. Quen goberna Israel si o imaxinarías, porque é o mesmo.

Sei que sentirías un noxo infinito ao ver a diario na televisión a destrución consciente de Gaza por parte da barbarie sionista. Pola nosa incapacidade para poñerlle freo a un xenocidio retransmitido en tempo real. Para poñerlle freo ao que está pasando no Líbano e en Irán. A nosa incapacidade para ver e apoiar a loita activa e xusta do pobo saharauí, do pobo kurdo, de todas as nacións sen recoñecemento nin estado.

Vivimos nun momento histórico no que un presidente ameaza con destruír unha civilización enteira nunha noite e di tal cousa con fachenda, como se fose un motivo de satisfacción ese de ser quen de varrer un país en poucas horas. Que clase de cerebro constrúe esas frases?

É un tempo de barullo e confusión, de mensaxes crueis que se manifestan sen disimulo facendo que medre e medre a nosa tolerancia ante a brutalidade. Facendo que aceptemos que a vella orde morreu, que non hai límites para a desorde, que todo o mal que pode suceder, sucederá. O que non hai tanto nos doía e nos avergonzaba agora é apenas un ruídiño de fondo. Que maten crianzas aquí e acolá mentres pasamos unha tras outra as imaxes sen fin da pantalla do móbil. Vivimos incomunicados polas tecnoloxías da comunicación, pechados en burbullas de atención e desexo. O soma que imaxinou Aldous Huxley resultou ser a colección de imaxes e mensaxes banais que circulan a través das redes sociais e as plataformas de mensaxaría. O soma que consegue manternos durmidos mentres estamos espertos.

Onte á noite falei co mestre Salva Bará, o meu sensei. Como se rompe esta dinámica aniquiladora?, pregunteille. En última instancia, díxome, o que o explica todo, a chave das noces, é a falta de empatía. O desinterese por quen está enfronte, ou ao noso carón. O mal reside na ausencia de empatía, escribiu o psicólogo estadounidense Gustave Mark Gilbert logo de asistir aos xuízos de Nuremberg. É a ausencia de empatía a que lle permite á humanidade, ou á inhumanidade, asentar unha sociedade na escravitude, dar por bo un exterminio, consentir calquera forma de opresión (ou de prisión). Para loitar contra iso precisamos cultura, precisamos ciencia, precisamos, en suma, coñecemento, mais precisamos, sobre todo, cariño. Precisamos referentes que nos guíen nese camiño de recoñecemento e aceptación da diversidade, na recuperación das vellas palabras: solidariedade, igualdade, liberdade. Precisamos referentes como fuches ti, como foi o teu irmao Agustín, que nos aprendan a comprender e amar o mundo. A través dos vosos libros, aos que lles debemos máis coidado, da vosa palabra, das vosas inquebrantábeis conviccións, da vosa defensa do país e da lingua que nos fai país, da vosa defensa do ben común. Da vosa condición, como escribiu Manuel Bragado, de diamantes morais. Seguides facéndonos moita falta. Seguimos necesitándovos como compás, como faro ético e de dignidade.

O tempo fíxome oito anos máis vello e oito anos máis repunante. Acabóuseme a paciencia para a xente que só conxuga os verbos en primeira persoa do singular: eu son, eu quero, eu mando, eu teño, eu compro. Nesta altura da miña vida, as formas verbais que me interesan son as que levan implícito o pronome “nós”. As formas verbais que favorecen o diálogo e celebran as diferenzas porque delas nacen novas ideas, as que nos irmandan, as que non exclúen. Leamos. Pensemos. Falemos. Amemos.

Repitamos, xa que logo, esas palabras: solidariedade, igualdade, liberdade, empatía.

Martin Pawley. Texto lido o 11 de abril de 2026 na Polavila Docampo celebrada en Vilalba. Poden lerse neste mesmo blog as anotacións Grazas, mestre e Grazas, mestre (e 2) ou Eloxio da conversa

mércores, 8 de abril de 2026

O «cris» da nosa vida

Nun dos seus xustamente célebres relatos breves, Augusto Monterroso imaxinou un freire español perdido nas selvas de Guatemala que esperta un día rodeado de indíxenas dispostos a sacrificalo nun altar. Apurado polo medo, ocorréselle unha idea para acadar a súa salvación: recorda que nesa data ía suceder unha eclipse total de Sol e os ameaza con que o Sol se escurecerá se lle poñen a man enriba. Despois de escoitalo, os membros da tribo falan entre si e o relixioso sinte por un intre que a súa estratexia tivo efecto, que a suposta superioridade que emana do seu embigo eurocéntrico triunfou sobre as supersticións dos salvaxes. O colofón do conto pon as cousas no seu sitio: o corazón do freire deita sangue sobre a pedra dos sacrificios mentres un dos indíxenas recita as datas das eclipses solares e lunares xa coñecidas e previstas pola civilización maia.

O conto de Monterroso fai saudábel sátira desa visión colonialista que lles nega ás culturas non europeas a capacidade de coñecer o mundo no que viven. Nin tan sequera a natureza que os rodea. A Historia oficiosa conta que na cuarta viaxe de Colón a América, dúas das carabelas encallaron en Xamaica e a poboación do lugar acolleu e alimentou a tripulación toda durante varios meses, mais chegou un punto en que se fartaron e decidiron non seguir contribuíndo á supervivencia daqueles okupas. Colón dispuña de táboas astronómicas e sabía que o 1 de marzo de 1504 habería unha eclipse lunar, así que se reuniu co cacique local e lle dixo que se non seguían dándolles a sopa boba, os deuses se enfadarían e tinguirían a Lúa de cor vermella, sinal inequívoco da ira divina. Segundo transmitiron os conquistadores, os xamaicanos ficaron aterrados e correron en busca de provisións. Uns minutos antes do final da ocultación lunar, o navegante italiano anunciou con solemnidade que os deuses lles concedían o perdón a eses pobres infelices que, polo que se ve, nunca antes contemplaran un fenómeno que acontece de media dúas veces por ano (...)

Martin Pawley. Artigo completo dispoñíbel no número 150 da revista Luzes.