mércores, 6 de novembro de 2013

Premio Cineuropa 2013: Albert Serra

Manoel de Oliveira, José Luis Guerín, Pedro Costa... o Premio Cineuropa foi distinguindo ao longo da súa historia a algúns dos autores máis insubornables do cinema contemporáneo, os que transcenden o ámbito local para se converteren en referencias de vangarda mundial, os que fan camiñar a arte por vieiros non pisados. A esa listaxe ilustre engádese agora o nome de Albert Serra (Banyoles, 1975), o cineasta español con maior recoñecemento internacional dos últimos anos.

Descubríunolo a Quinzaine des Realisateurs de Cannes, que da man de Olivier Père viviu un dos seus períodos máis fértiles coma plataforma de lanzamento de creadores (Lisandro Alonso, Miguel Gomes, Corneliu Porumboiu e Mia Hansen-Løve, entre outros). En 2006 pasou pola Quincena Honor de cavalleria, achegamento non narrativo, libre e valente á novela por excelencia das letras españolas, o Quijote de Miguel de Cervantes. O filme, rodado integramente en exteriores, en paraxes naturais catalás sen a máis mínima presenza de construcións humanas -Miguel Marías chegou a definilo coma un western-, prestaba atención ás paisaxes e os tempos mortos no vagar dos dous arquetipos literarios: aquí un Quijote terminal e algo rosmón e un Sancho desorientado, que parece preguntarse que fai na compaña deste home que de cando en cando lle propón mirar o ceo. Mais, como se apunta de maneira explícita nun dos diálogos, un non existiría sen o outro. A crítica que importa -daquela, con Cahiers du Cinema á cabeza- respondeu con entusiasmo e Honor de cavalleria acumulou ducias de festivais e premios en citas tan destacadas coma a Viennale (o FIPRESCI), Belfort e Torino.

Na súa seguinte longametraxe valeuse doutro relato mítico, o da adoración dos Reis Magos. El cant dels ocells (2008) erguíase sobre a tradición cristiá, dos textos bíblicos e a arte sacra á cultura viva dos autos sacramentais, na busca dun “cinema puro”, que reivindica o feito relixioso, o misterio da humanidade, máis alá da catequese. Coma na anterior, Serra manexa de forma consciente o coñecemento que o espectador ten dos personaxes e dos feitos para omitir calquera tentación descritiva e deterse, de novo, na gloria da natureza, na beleza da imaxe, diluíndo as fronteiras entre a ficción e a non ficción. E conségueo sen caer na solemnidade, no hieratismo mortuorio; antes polo contrario, hai humor, moito, nunha película que é xenuíno gozo e celebración.

O eco de Serra nesa altura é xa incuestionábel. Recibe convites de institucións culturais e museos que resolve con audacia: El noms de Crist (2010) deseñada para a exposición ¿Estáis listos para la televisión? do MACBA que puidemos ver tamén no CGAC; El senyor ha fet en mi meravelles (2011), encargo do CCCB dentro da serie Correspondencias que a el o uniu co arxentino Lisandro Alonso. O seu prestixio lévao a ser protagonista da edición 2012 da lendaria Documenta de Kassel, para a que preparou un proxecto descomunal, El tres porquets, sobre tres figuras chave da historia alemá, Goethe, Hitler e Fassbinder. 101 horas de montaxe final que viaxaron, logo da Documenta, ao Centro Pompidou de París na retrospectiva integral que lle dedicou na primavera pasada.

O intenso traballo de Kassel adiou a versión definitiva de História de la meva mort, co que obtivo o premio maior no Festival de Locarno 2013. O encontro entre Casanova e Drácula representa, á vez, un choque de séculos: o XVIII fronte ao XIX, a Ilustración fronte ao Romanticismo, a luz contra as tebras. Gañan as tebras. E gaña, sobre todo, Serra, que se reinventa cun verdadeiro filme falado tan diferente a calquera cousa que poidan imaxinar -incluídas as súas obras precedentes- que é, nas súas propias palabras, unfuckable. Razón non lle falta.

Martin Pawley. Texto para o catálogo do festival Cineuropa 2013, edición número 27.

xoves, 31 de outubro de 2013

2013, sombras e luces no cinema portugués (I)

A visita ao Indielisboa en 2012 deixaba no visitante unha sensación paradoxal respecto da vitalidade do cinema portugués. Dunha banda estaba a presenza, clara e visíbel, de até sete filmes nacionais en cartel, algúns de grande calidade, caso do Tabú de Miguel Gomes, É na Terra não é na Lua de Gonçalo Tocha, A vingança de uma mulher de Rita Azevedo Gomes ou Linha vermelha de José Filipe Costa. Por outro lado a realidade, xa comentada nestas páxinas, da absoluta parálise que vivía a industria cinematográfica do país veciño, sacudida pola decisión do goberno non só de interromper os concursos de apoio á creación senón tamén de poñer en suspenso os compromisos adquiridos con anterioridade adiando sine die os pagamentos acordados. O resultado era inquietante: o innegábel esplendor cultural do cinema portugués podía ter os días contados e en breve non habería, literalmente, filme algún do que botar man. Estaríamos, quizais, ante o canto do cisne dunha cultura gloriosa esganada polas políticas liquidadoras de Passos Coelho.

O horizonte pesimista desvelou axiña novos paradoxos. O público portugués, tradicionalmente virado de costas ao seu cinema, respondeu de forma masiva ante dous títulos de espírito televisivo: Balas & Bolinhos - O Último Capítulo de Luís Ismael e Morangos Com Açúcar - O Filme de Hugo de Sousa, que sumaron, entre os dous, case cincocentos mil espectadores. Nunha escala inferior, mais con cifras en calquera caso notábeis, movéronse O Cônsul de Bordéus de Francisco Manso e João Correa (55 mil espectadores), Linhas de Wellington de Valeria Sarmiento (51 mil) e Florbela de Vicente Alves do Ó (42 mil). Este apoxeo inesperado deu coma froito a mellor cota de pantalla dende 1975, un 5,3%, nun ano, 2012, que para a exhibición cinematográfica en xeral foi crítico pola perda de case dous millóns de espectadores (até situarse en 13,8 millóns) e o descenso de cinco millóns de euros na recadación respecto do exercicio anterior. Mais no que atinxe á produción nacional o resultado ben merece o cualificativo de histórico: as 734.264 entradas vendidas -aínda así unha cifra moi modesta- multiplican por sete as acumuladas ao longo de 2011. Unha industria en estado comatoso obtiña uns rexistros impensábeis nos anos de bonanza.




O pasado mes de marzo o Instituto do Cinema e do Audiovisual (ICA) resolveu o concurso que ficaba pendente dende 2011 e concedeu axudas á produción de longametraxes de ficción a dous coñecidos cineastas, João Botelho -cunha adaptación d'Os Maias- e João Canijo, e outras cinco axudas de menor importe para a creación de documentais das que se beneficiaron, por exemplo, Pierre Marie Goulet, Marco Martins e Joaquim Sapinho. Ao mesmo tempo abría os concursos de 2013 cunha dotación orzamentaria de dez millóns de euros. O horizonte financeiro parecía despexarse, ademais, para algúns proxectos que tiñan concedidas axudas dende 2010 e aínda non recibiran o diñeiro. Os máis optimistas podían pensar que acabara a seca. Comeza a haber certo movemento e póñense (de novo) en marcha producións das que só cabe esperar grandes cousas. Despois de gañar a Palma de Ouro en Cannes e o Oso de Ouro en Berlín na categoría de curta o novísimo João Salaviza lánzase a dirixir a súa primeira longametraxe, Montanha. João Pedro Rodrigues rodará O ornitólogo na primavera de 2014, en 35mm e en paraxes naturais na rexión de Trás-os-Montes. Aínda pendente a estrea do seu novo filme, do que xa vimos un adianto dentro da obra colectiva Centro histórico, Pedro Costa ten, disque, nova longametraxe na cabeza, envolvida no misterio habitual no xenial cineasta. E outro grande, Miguel Gomes iniciou os preparativos d'As mil e uma noites, proxecto de creación demorada -máis dun ano- cunha Xerazade a contar historias ambientadas no Portugal de hoxe, o da crise, “habitado por ricos e pobres, poderosos e insignificantes, traballadores e desempregados, ladróns e homes honestos”. Historias todas elas inspiradas en feitos reais, en noticias saídas da prensa diaria que irán alimentando, tamén, o sitio web do filme. A estes nomes súmanse os de João Nicolau, Gabriel Abrantes, Ivo M. Ferreira... Ningunha destas obras terá forma final antes de 2015, mais o futuro volve ser indiscutibelmente estimulante. Tudo bem, então?

Cumpram a Lei!

Non tanto. Ou máis ben, non en absoluto. O 8 de agosto o xornal Público acollía nas súas páxinas un contundente escrito subscrito e asinado pola plana maior dos produtores e realizadores portugueses co elocuente título que encabeza esta sección: Cumpram a Lei! A Lei é a do Cinema, por fin aprobada na Assembleia da República e homologada polo Presidente Cavaco Silva despois dun longo período de discusión pública (dezaoito meses) e da elaboración do correspondente decreto que a regula. A Lei esíxelle aos operadores de televisión o pagamento dunha taxa que serviría para financiar o ICA, que contaría deste xeito cuns ingresos específicos á marxe da caixa do estado. Mais, sorprendentemente, as grandes empresas que teñen ese deber público (Zon Audiovisuais, Optimus, PT Comunicações, Cabovisão e Vodafone) anunciaron a súa intención de non cumprir coa súa obriga alegando o seu carácter inconstitucional e a incompatibilidade coa normativa europea. Pouco lles importa que os servizos xurídicos da Comisión Europea expresaran a conformidade da lei portuguesa co marco xeral común da Unión e que a Lei, no fondo, non faga máis que puír e alargar un sistema de financiamento que xa levaba en vigor moitos, moitos anos, sen queixa ningunha sobre a súa constitucionalidade.

Os profesionais do cinema portugués reclamábanlle ao estado a mesma dureza e eficacia administrativa que aplica ao común dos contribuíntes mais tamén esixían unha resposta política á altura das circunstancias. Dáse a casualidade, ademais, de que dúas desas empresas, a Zon e a Optimus, están a rematar un proceso de fusión que debe ser autorizado polo goberno... o mesmo goberno cuxas normas queren saltar de forma deliberada.

Un mes despois e no marco da Mostra de Venecia o produtor Luís Urbano e o director Miguel Gomes volvían sobre este delicado asunto coa divulgación á prensa internacional doutro texto con título clarificador, Cinema português: o alarme soa. Regresa o fantasma da parálise mais desta volta o culpábel non é a crise económica nin a ausencia dun corpo lexislativo actualizado, senón a decisión de non acometer o pagamento da taxa por parte desas grandes corporacións e -o que é aínda peor- a inacción institucional ante o seu irresponsábel desafío e chularía. “A Tutela encolhe-se e assobia para o ar”, resumían con retranca. O obxectivo das empresas ao non ingresar os cartos que lles corresponden é renegociar a lei -por suposto “á baixa”- dende a conciencia da súa posición de dominio: a mera posibilidade de iniciaren unha loita xudicial necesariamente longa sementa a inquietude nun sector que, de suceder tal, ficaría tocado e afundido durante o proceso.

Mais cales son esas empresas? Tamén iso nolo explica o “manifesto veneciano” de Urbano e Gomes. A Zon Audiovisuais está controlada nun 28,8% pola muller máis rica de África, Isabel dos Santos, filla do presidente de Angola, e concentra arredor do 60% da distribución e exhibición cinematográfica, un 50% da TV e Internet por cabo e o 27% da telefonía fixa en Portugal. A súa posición no campo da telefonía móbil é mínima, mais iso quedará resolto coa fusión coa Optimus, que detén o 14% dos celulares portugueses. Portugal Telecom ten un 58% da rede fixa, un 45% da móbil e un 39% da televisión por cabo. Outro 40% da rede móbil está en mans de Vodafone Portugal. Cabovisão, pola súa parte, mantén unha cota do 8% no cabo. Entre as cinco reparten o groso do pastel audiovisual ao sur do Miño. Non se trata, pois, de compañías fráxiles. E o seu incumprimento é sinxelo de medir: son doce os millóns de euros que debía ter recadado o ICA este verán.

A Cinemateca, en perigo

Non era esa a única noticia inquietante. A finais de agosto a directora da Cinemateca Portuguesa, Maria João Seixas, desvelaba que se non se resolvían os severos problemas de tesourería da institución non habería máis remedio que suspender as actividades xa no mes de setembro. As dificultades veñen derivadas do modelo de financiamento da Cinemateca, que depende dunha taxa sobre a publicidade emitida na televisión. Os ingresos que proporciona esa taxa representan máis da metade do seu orzamento, así que é fácil entender a quebra que supón a diminución do investimento publicitario a consecuencia da crise: fronte aos máis de tres millóns de euros doutros anos a achega en 2013 quedaría por debaixo de dous. Estaría en cuestión non xa a programación de venerábel filmoteca senón, sobre todo, o Arquivo Nacional das Imagens em Movimento (ANIM), que preserva o patrimonio fílmico portugués. Como garantir a integridade dun arquivo excepcional cando non hai a certeza de poder pagar os máis elementais servizos de mantemento?

Axiña xurdiron diversas accións en defensa da Cinemateca, entre elas unha petición pública online que tardou ben pouco en recabar sete mil adhesións grazas á súa ampla difusión polas redes sociais. A gravidade da situación forzou a reacción da Secretaría de Estado de Cultura, que liberou 700 mil euros procedentes do “Fundo de Fomento Cultural” para asegurar as actividades até final do ano. É unha solución de emerxencia mais non aclara o futuro da Cinemateca, cuxas fontes de financiamento deberán cambiar, si ou si.

“É sempre possível uma redenção”

Con esas palabras remata o manifesto O alarme soa. Fai alusión directa ao título da curta que Miguel Gomes estreaba na Biennale, Redemption, unha obra mestra construída integramente con imaxes de arquivo. Unha lúcida mostra de cinema político, hoxe tan preciso coma sempre mais necesariamente distinto: posto que algunhas mensaxes e actitudes están xa esgotadas, hai que inventar outras.

Redemption xunta catro monólogos de corte epistolar. No primeiro, datado o 21 de xaneiro de 1975, un neno portugués failles aos pais, aínda na Angola, un retrato desilusionado do país no que vive: “Portugal é só xente pobre e fea a pasear uns bois esqueléticos”. Era preciso volver, pregúntase o cativo, a un país frío, de miseria e tristeza? “Portugal é muito triste e vai ser sempre assim”, conclúe.

Logo, o 13 de xullo de 2011, un vello italiano lembra un frustrado amor de mocidade despois dunha vida “exposta á calumnia e a envexa” na que amigos e inimigos se contaron por igual. O 6 de maio de 2012, día de eleccións en Francia, un home que as vai perder promételle á filla pequena que nunca lle faltará de nada coa mesma sinceridade coa que lle negará cariño e afecto. Trinta e cinco anos antes, o 3 de setembro de 1977, unha noiva en Leipzig ve alterado o día da súa voda por unha música de Wagner que é incapaz de sacar da cabeza.

É só nos créditos finais que se desvela a pretendida identidade dos autores das cartas, Pedro Passos Coelho, Silvio Berlusconi, Nicolas Sarkozy e Angela Merkel, para a seguir afirmar -por se alguén ten dúbidas- que os textos son froito da imaxinación dos guionistas, Miguel Gomes e Mariana Ricardo, responsábeis tamén, xunto a João Nicolau, do laborioso traballo de montaxe que mestura materiais moi diversos (películas de António Campos, Noémia Delgado e Vittorio de Sica, filmacións científicas, fitas familiares ou noticiarios de actualidade). Son cartas de saudade e desencanto, fábulas á vez crueis e tenras que relatan sentimentos privados dunhas figuras públicas que así, e durante os vinte e seis minutos da curta, mesmo chegan a parecernos humanas. Redimidos, en efecto, pola ficción, polo cinema que ofrece luz para escapar das sombras.

Martin Pawley. Artigo publicado no número de setembro de 2013 (196) da revista Tempos Novos. A segunda parte aparecerá no número de outubro (197).

xoves, 3 de outubro de 2013

Lonxe de Madrid

por Nicolas Azalbert. Publicado na revista Cahiers du Cinéma, Nº 693, Outubro 2013.

Converteuse nun ritual: cada ano no mes de marzo, durante o festival de filmes documentais Play Doc, na pequena vila de Tui, reúnese a familia do Novo Cinema galego para facer festa nun restaurante preto do Miño, o río que serve de fronteira entre España e Portugal. Na orixe desta xuntanza está Xurxo Chirro, o irmán máis vello, o unificador, quen está na orixe da denominación do “Novo Cine Galego”, quen pon en contacto aos máis novos e quen lles permitiu meter o pé no estribo durante os dous anos nos que traballou, de 2006 a 2008, na Axencia Audiovisual Galega, lamentablemente desaparecida. Establecido por Manolo González, este fondo de axudas directamente concedidas aos autores e non, como sempre se fixera en España, aos produtores, favoreceu a emerxencia de miradas persoais e fíxoo de tal maneira que os filmes non foran máis considerados en termos de financiamento senón en función soamente da súa lóxica.

Nestes tempos de crise que afectan duramente ao sector audiovisual, o modelo dominante foi cuestionado. Segundo Manolo González, “do mesmo xeito que no fin da era secundaria os dinosauros morren pero sobreviven os pequenos mamíferos. Asistimos a un proceso inevitable que nos libera do patrón hexemónico clásico e obriga o autor a filmar de acordo aos medios de que dispón”. Contra todas as probabilidades, estes “pequenos mamíferos” souberon impoñerse na vangarda da escena internacional: Oliver Laxe con Todos vós sodes capitáns na Quinzaine des réalisateurs (2010), Xurxo Chirro con Vikingland en Marsella (2011), Eloy Enciso con Arraianos en Locarno (2012), Xacio Baño con Anacos en Clermont-Ferrand e Otto Roca con Piedad en Montevideo no ano presente, Lois Patiño con Costa da Morte o mes pasado en Locarno (cf. Cahiers nº 692). Todos estes filmes están movendo as fronteiras demasiado ríxidas entre documental e ficción e neles atopamos os temas da memoria e da identidade, temas por excelencia da contemporaneidade pero marcados por unha paisaxe, unha historia e unha linguaxe singular. En Piedad, Otto Roca acompaña unha vella coa enfermidade de Alzheimer que debe deixar a súa aldea natal para ir vivir cun dos seus fillos á cidade. Estas formas de desenraizamento que son o exilio e a enfermidade provocan a crise dunha memoria efémera na que non podemos distinguir a veracidade da fantasía. En Arraianos, nome dado as persoas que viven nos dous lados da fronteira hispano-portuguesa, Eloy Enciso filma as últimas figuras dunha xeración ancorada no medio rural facéndoas interpretar de maneira moi straubiana unha peza de teatro galego escrita durante o franquismo.

Este desprazamento dende o documental á ficción, este cambio de estado das persoas filmadas atópanse en Vikingland, outro filme que, ante o borrado dos vestixios do pasado, apodérase deles para facelos perdurar na memoria. Do material VHS gravado por un mariñeiro durante unha travesía ata o mar do Norte, Xurxo Chirro extrae unha formidable odisea, volvendo ás orixes da idiosincrasia galega así como ás do cinema. Dedicadas inicialmente a súa noiva que ficou en terra para mostrarlle as condicións de vida no barco, as filmacións deste mariñeiro transfórmanse conforme avanza o filme nunha historia de amor entre el e a súa cámara e fainos asistir ao nacemento dun cineasta. Esta cámara que non é máis que un pasatempo ao principio vai converterse nunha verdadeira obsesión e os iniciais balbucidos do seu uso van a deixar paso a unha auto-posta en escena elaborada.

Logrando captar a maxia dos inicios do cinema, recuperando a súa inocencia perdida, Vikingland emerxe como unha película emblemática deste novo cinema galego que se fai á marxe da industria española (e polo tanto necesariamente de Madrid) e que retorna aos anos 70 cando xurdiran a videocreación e o cinema de guerrilla. Un cinema auto-producido no seu conxunto e difundido en circuítos alternativos (festivais, museos de arte contemporánea, cinematecas, Internet). Un cinema de “francotiradores do audiovisual que, sen ningunha axuda, levan a cabo os seus proxectos” como o describe Xurxo Chirro. Xa en 2008, Oliver Laxe puxo as cartas boca arriba: “Quen sinta a necesidade de facer películas é capaz de facelas. Se non as fai, é porque non ten necesidade de facelas. Non hai porqué buscar escusas”.

Nicolas Azalbert. Agradecementos a Beli Martínez e Sara García Villanueva. Tradución: Aguinaldo Fructuoso.

luns, 23 de setembro de 2013

Neuroeducación

"Todo comienzo del aprendizaje, el más temprano del niño, debería hacerse directamente en contacto con la naturaleza, no entre cuatro paredes". O profesor Francisco Mora (Granada, 1945) apela ao coñecemento que hoxe temos do funcionamento da cerebro para xustificar cambios profundos no modelo educativo e, xa pode dicirse, en sentido radicalmente oposto ás habituais "follas de ruta" das autoridades (in)competentes. "A un niño de dos o tres años se le deberían enseñar los diferentes tipos de hojas, flores, plantas, animales y todos los infinitos registros de formas y colores en el campo, en la naturaleza, y menos en el aula con dibujos y tampoco con películas. El niño necesita en la formación inicial saber y aprender qué es una flor cogiéndola con las manos, mirándola directamente, oliéndola, apreciando y distinguiendo el tacto de los pétalos. Y distinguiendo, mirando el cielo, un azul de otro. Y todo ello con la protección y el sentimiento emocional, con la sonrisa del padre o del maestro. Solo así no lo olvidará jamás y anclará, además, sus futuros conocimientos abstactos de una forma sólida, sobre cimientos perceptuales emocionales reales, directos". A provocación é dobre: non fala só de fuxir da rixidez do cemento, senón de facelo, ademais, dende o confort que supón o agarimo e o amor, "palabrota" que tamén consideraba esencial Daniel Pennac no seu memorábel Mal de escola. Non por casualidade o libro do profesor Mora leva coma subtítulo "Solo se puede aprender aquello que se ama". O coñecemento nace da emoción e é fonte de pracer. A adquisición de coñecementos, explícanos, comparte substratos neurais coas condutas que nos levan a buscar auga e alimento ou á sexualidade. Non é un pracer diferente: a curiosidade que se obtén coa aprendizaxe e os praceres biolóxicos activan os mesmos circuítos neuronais.

Neuroeducación (Alianza Editorial, 2013) é, tamén, unha efusiva defensa da escola. "Parece muy claro que aquellos aspectos básicos de la conducta, como la memoria de trabajo, la inhibición de la impulsividad y el cambio constante del foco atencional, así como la toma de decisiones y la solución de problemas nuevos, se potencian de modo significativo con la exposición de los niños a una educación formal (maestro-otros niños-reglas de comportamiento)". O colexio ten "efectos neurocognitivos" no neno: a escolarización -un fenómeno por outra parte moi recente- produce cambios específicos nas estruturas cerebrais, coma o aumento do volume do corpo caloso. E tamén ten efectos moi positivos o ensino, dende idade moi temperá, de varias linguas. Hoxe sábese que os nenos que aprenden dúas linguas dende o nacemento "gárdanas" en circuitos neuronais separados no seu cerebro. Do manexo común e fluído deses dous reservorios derívanse vantaxes cognitivas que se manteñen até a vellez, por exemplo no retraso medíbel da aparición de demencias. O manexo dende a infancia de varias linguas implica saltar dunha a outra de maneira inconsciente, un entrenamento que resulta moi eficaz para o cerebro: "en la vida real las personas que hablan varios idiomas toman decisiones más rápidamente y con menos errores que las monolingües".

A educación non pode ignorar, vén dicirnos o autor, o que xa sabemos -e sabemos cada vez máis- sobre os mecanismos cerebrais, a percepción e a memoria. Os horarios educativos deben ter en conta os ritmos biolóxicos humanos, con picos de rendemento mental a media mañá e media tarde e caída acusada na hora da "siesta", e a importancia do sono nocturno e un bo pequeno almorzo para manter os axeitados niveis de glicosa (e este asunto non é banal no actual contexto de crise no que para moitos rapaces a única comida diaria en condicións é a que reciben no comedor escolar). Do mesmo xeito, a resposta ante as dificultades na aprendizaxe derivadas de diversos trastornos e enfermidades (ansiedade, depresión, déficit de atención, hiperactividade, dislexia, discalculia, autismo, etc) esixe un tratamento individualizado e flexíbel, apegado aos descubrimentos que se van adquirindo sobre esas materias. De aí xorde tamén ese novo oficio por necesidade interdisciplinar do "neuroeducador", consultor e vixía coa obriga de transformar o saber neurocientífico en fórmulas prácticas para o seu uso diario no centro educativo. De todo iso e moito máis trata este excelente e suxestivo libro cuxa lectura, máis que aconsellábel, non debería ficar limitada aos profesionais da docencia.

Martin Pawley

xoves, 19 de setembro de 2013

Imperio

Ante o peche da editorial Libros del Silencio, recuperamos esta crítica de José Manuel Sande dun libro do seu catálogo, Dog Soldiers.

Imperio

Que une a Michael Herr, Neal Cassady, Nietzsche, Moby Dick, o B. Traven de El tesoro de Sierra Madre, Hammett, Hemingway, Céline, os Merry Pranksters, El corazón de las tinieblas, os Zap comics e a Credence? Cal foi o destino da contracultura ianqui e dos perdedores da guerra de Vietnam? Que ocorre cando as esperanzas semellan destruídas e o mundo se torna hostil e paranoico? As respostas parecen confluír en Dog Soldiers (1974), a tan complexa como áxil novela firmada polo literato estadounidense Robert Stone (Nova York, 1937).

Acción e pensamento entran en relación dialéctica (e franca colisión) neste texto ate agora inédito entre nós, habilmente prologado por Rodrigo Fresán. Stone, estimable narrador, autor de A Flag for Sunrise (1981) e a memorialística Prime Green: Remembering the Sixties (2007), foi galardoado por esta obra co National Book Award 1975 -en pugna con Nabokov, Joseph Heller, Barthelme, Toni Morrison ou Philip Roth- e canonizado por Harold Bloom.

Un xornalista-escritor inzado de medos e reparos morais, alguén que non sabe o que quere, John Converse, acepta traficar cun cargamento de heroína no Saigón bélico. Encarga a Ray Hicks, “arlequín sinistro que ulía a morte”, un ex marine imbuído de filosofía zen, samurai na procura de perfeccionamento espiritual superado polos tempos, o traslado da mercadoría a California. Hicks entra en contacto coa muller de Converse, Marge, adicta ao dilaudid. Porén, a nova do cargamento esténdese e comeza unha persecución sen fin, un percorrido coral ocupado por formas espectrais –atención ao emprego da emblemática (e variada) figura animal en Vietnam- e espellos sabiamente deformantes.

Alegoría do horror edificada en tres actos –locus: Vietnam, California e o Novo México final no medio dun alucinado, pirotécnico escenario contracultural- con múltiples itinerancias intermedias, a indiferenza cara os fins da acción, a actitude escéptica e desmitificatoria, a absoluta confusión histórica, robustecen o retrato dunha sociedade en descomposición. O ton de thriller metafísico de ritmo neurótico e trepidante que non esquece o drama bélico e o intramundo da droga, enriquecido por diálogos sutís e perspicaces referencias, introduce unha fauna máis veraz que pintoresca e unha metáfora gloriosa, o paquete de tres quilos de heroína que custodian os protagonistas.

A novela posúe versión fílmica, Nieve que quema (Who’ll Stop the Rain, 1978), obra dun pai do Free Cinema británico, Karel Reisz, segunda experiencia no cine norteamericano logo da captación dostoievskiana da magnífica El jugador (1974). A dimensión de corrupción moral deixa paso a unha refundición de enorme eficacia narrativa –Stone colabora no guión- máis centrada na acción e a violencia, sen sacrificar a vertente existencial, onde Hicks –interpretado polo único actor posible, Nick Nolte (de inmediato sen igual Neal Cassady de Heart Beat, 1979), corpo en movemento arrastrando a súa vida rebelde ás costas- devén presenza central. Na súa camiñada final sobre as vías do tren estoupan os trazos de Dog Soldiers, novela ou filme, unha obra sarcástica –nunca fachendosa- e visionaria, unha operación de ciruxán de extrema lucidez que convén descubrir.

José Manuel Sande

domingo, 15 de setembro de 2013

Un drama

Despois da publicación do artigo de El Confidencial ao que facía referencia na anterior anotación envieilles un segundo correo electrónico para facer outra reflexión en voz alta sobre o aparente entusiasmo polos chamados "circuítos alternativos de exhibición", que comparto a seguir:
A veces se habla de estos circuitos alternativos como un buen camino y lo cierto es que a mí me parecen un drama. Otra cosa es que vivamos en un drama -en muchos sentidos: esto es España, hoy- y no nos quede más remedio que tirar hacia adelante; pero no es una opción satisfactoria. Y no lo es porque ese circuito es precario, mucho, y no va a dejar de serlo nunca. Porque los recursos con los que cuentan los museos, salas de cultura, cineclubs, etc, es reducido -y cada vez más- y porque, no nos engañemos, dentro de las políticas de gestión cultural el cine es siempre el que se lleva las de perder. Los mismos técnicos de cultura que consideran elemental que cobre algo un músico por tocar o un escritor por dar una charla te dicen, con todo el morro del mundo, que las películas las quieren poner "para hacer difusión cultural". Hay festivales que, "generosamente", se ofrecen a difundir gratis películas que han sido premiadas en Rotterdam o Locarno. Se me ocurre que para difundir cosas gratis ya está Youtube, mucho más eficaz que un festival que va a cobrar entrada a los espectadores por programar películas que no paga...

Ahí está la precariedad que apuntaba en mi email. Precariedad a veces por necesidad -porque no pueden hacer más, porque no tienen recursos suficientes-, a veces por cretinez e incompetencia de los responsables de cultura -porque es cierto que los recursos escasean, pero asombra la cantidad de dinero que aparece a veces para cosas indescriptibles-. En el texto que os envié hacía mención, por ejemplo, del CGAI, filmoteca benemérita que mantiene una programación puntera a nivel mundial con una dotación presupuestaria muy modesta. El CGAI no sólo programa a Benning y a Hutton; también programa Los Hijos, Siminiani o Jorge Tur. Ya me gustaría a mí que alguna otra filmoteca española programara a los galegos Oliver Laxe, Alberto Gracia, Lois Patiño o Xurxo Chirro (para no decir sólo "nombres Zeitun"). ¿Para qué existen filmotecas en España, únicamente para programar copias de El Padrino restauradas? ¿Una de sus misiones no debería ser la de descubrir la creación joven española, en especial esa que recibe premios y que, en ocasiones, es más fácil de ver en Nueva York que en buena parte del estado?

Bienvenido sea el circuito alternativo, pero ojalá no sea el único. Aún estamos a tiempo de salvar los muebles, porque el gran problema ahora no es el cine español de bajo presupuesto, el problema ahora mismo es el cine en España, a secas. Si no se empiezan a plantear soluciones a la brutal caída de espectadores seguirán desapareciendo salas y luego no habrá circuito alternativo que valga, porque no habrá películas. Así de simple.

Martin Pawley

xoves, 12 de setembro de 2013

Ou é diverso ou non é

Hai unhas semanas Carlos Prieto de El Confidencial preguntoume por correo electrónico se era "viable (cultural y comercialmente) un circuito alternativo (museos, centros culturales y festivales) para el cine de autor que no estrena comercialmente en salas" e engadía "¿Va por ahí el futuro?". O que lle respondín alimenta este interesante artigo publicado hoxe. Copio e pego a seguir o texto que lle mandei, na súa integridade:
Parece evidente que con los ingresos que puede generar ese circuito alternativo no es factible financiar cierto tipo de películas, y no hablo ya de superproducciones sino del cine español medio con presupuestos del orden de 1-2 millones de euros. Pero para películas cuyo coste está uno o más bien dos ceros por debajo ese circuito alternativo no es ya que sea viable, sino que es literalmente el único que existe.

Es muy probable que la película de Albert Serra consiga un estreno comercial convencional -aunque limitado- gracias a su premio en Locarno; pero no debemos olvidar que su anterior trabajo, El cant dels ocells, hizo oficialmente 2615 espectadores. Història de la meva mort puede que mejore esos datos -en el pésimo contexto actual no es fácil, créeme-, pero sería de ilusos esperar cifras de taquilla para la película de Serra que merezcan ser consideradas algo más que simbólicas. Lo cual no quiere decir, ni mucho menos, que no hay en España más de 2615 personas con ganas de ver películas de Serra; lo que sí es probable, o más bien es seguro, es que esos espectadores potenciales no esperan verla en el centro comercial de turno (o al menos, no la mayoría). Y si eso sucede(rá) con Serra, imagina con películas como Costa da Morte. La mera idea de acceder al circuito comercial es una quimera.

Las cosas podrían ser de otro modo, de hecho en otros países -Francia es un ejemplo notable- son de otro modo. Esto es, aún es posible rectificar errores pasados y apostar por una mayor "cinediversidad" en las carteleras. Implicaría con seguridad políticas públicas de apoyo a la exhibición (para empezar, apoyo a la digitalización de las salas independientes) y una apuesta "divulgativa" decidida, a corto, medio y largo plazo, que conduzca a la formación y consolidación de "otro" público. Eso pasa por actuar en el sistema educativo, pasa por redefinir para qué se quieren las televisiones públicas -estatales y autonómicas-, pasa por preguntarse qué papel están cumpliendo en ese labor de difusión y formación las filmotecas -hay ejemplos sensacionales a imitar, caso del CGAI; en otros casos, mejor corramos un tupido velo- y también los festivales, etc.

Lo que apunto en el párrafo anterior "no se va a arreglar mañana". Entonces, ¿mañana qué hacemos? Pues sí, ahí es donde entra ese circuito alternativo cultural, el de filmotecas, festivales, casas de cultura, cineclubes, etc. Proporciona algunos ingresos, necesarios para que los autores puedan hacer más películas, y -sobre todo- proporciona espectadores, genera público que poco a poco se va familiarizando con otras formas estéticas y narrativas. ¿Va por ahí el futuro? Me gustaría que no fuera ese "el único futuro"; en cualquier país civilizado en ciudades con varios cientos de miles (o millones) de habitantes debería haber un espacio natural para toda esa clase de trabajos sin necesidad de recluírlos en "guetos" culturetas que además en algunos casos manifiestan un creciente nivel de precariedad. Pero, al menos por el momento, y mientras no se actúe radicalmente en sentido contrario, ese es el futuro posible. Y ese futuro supone unas formas de producción muy concretas, muy alejadas de los seis ceros.

Me gusta mucho Small Roads de James Benning y también me gusta mucho La boda de mi mejor amiga. Las dos son películas muy rentables. La boda... fue un gran éxito mundial y la de Benning, en su escala, en su circuito, también: se ve en muchos festivales, galerías, etc, y gracias a eso su autor seguirá haciendo más obras maestras. James Benning no vive en una mansión en Beverly Hills, ni creo que lo pretenda. La mayor parte de los cineastas del mundo a lo que aspiran es a (sobre)vivir haciendo películas, sin más. Digo esto porque en España hay todavía mucha gente -y mucha gente que escribe en grandes medios- que sistemáticamente actúa como si el único cine posible fuera el de los grandes números, el de los macroéxitos mundiales, y todo lo que escapa de eso para ellos no tiene importancia y, si me apuras, casi ni merece existir. Pues sí tiene importancia y sí merece existir, claro. El cine, como cualquier otra expresión cultural, o es diversa o no es. Por eso es preciso mantener y sostener circuitos que garanticen esa diversidad.

Martin Pawley

xoves, 5 de setembro de 2013

O instante eterno, documental de Xosé Antón Cascudo sobre Díaz Castro

Desde hai máis de dous anos Xosé Antón Cascudo traballa n'O instante eterno, un documental sobre o seu veciño, o poeta de Guitiriz Xosé María Díaz Castro, autor ao cal se lle dedica o Día das Letras Galegas do 2014. Falamos con Xosé Antón Cascudo sobre este proxecto.

-Como e cando xorde o proxecto d'O instante eterno?
O detonante d'O instante eterno atópase nunha conversa con Alfonso Blanco, o presidente da Asociación Cultural Xermolos e amigo da alma do poeta. Daquela, no 2011, ía cumprirse o cincuenta aniversario da publicación de Nimbos e pensamos que podería ser interesante realizar un documental sobre Díaz Castro con vistas á efeméride do centenario, que se celebrará o vindeiro ano 2014. Desde o comezo traballei man a man con Jessica Rey e Alba Domínguez, pero gradualmente foron incorporándose de xeito espontáneo outras persoas que querían participar no proxecto, en gran medida debido á devoción que senten polo poeta.

-Teño entendido que os comezos foron difíciles…
Durante os primeiros meses, gran parte do tempo consumiuno a investigación sobre a figura de Díaz Castro. Houbo que estudar con minuciosidade toda a documentación existente, practicamente en estado virxe, así como gran parte da súa obra que aínda permanece inédita por vontade do poeta. O autor de Nimbos pertence a esa caste de artistas cun enorme talento que logo como persoas pasan desapercibidas, é dicir, que escriben só por necesidade espiritual. Iso convérteo nun personaxe de gran complexidade e con moitos enigmas sobre as súas costas; só o feito de que fose un gran descoñecido para os seus propios veciños xa constituía en por si un desafío para acometer o proxecto.

-Cal é a estrutura do filme?
Optamos por realizar un filme de estrutura diáfana co obxectivo de chegar a un espectro maior de público. O instante eterno divídese en cinco actos, os catro primeiros coinciden coas estacións da vida do poeta e un epílogo sobre a súa pegada estética. Partindo de dous elementos básicos como a lingua e a paisaxe da infancia artellamos un relato que se enfía a través dunha serie de entrevistas con amigos e especialistas na súa obra, sen esquecernos dos lugares que marcaron a existencia do poeta: Mondoñedo, Vilagarcía de Arousa, Betanzos, Madrid, Guitiriz e como non, a aldea natal do Vilariño, hoxe abandonada.

-Cales son as expectativas de O instante eterno?
Pois como calquera traballo de carácter divulgativo, a expectativa principal do documental é que a xente o vexa, e non só chegar a unhas elites culturais determinadas, senón tamén a outro tipo de espectadores, sobre todo no ámbito educativo. Tamén nos interesa un target de idade avanzada, que quizais sexan os que mellor se reflictan no filme, xa que Nimbos en esencia condensa a historia sentimental de Galicia do pasado século

-Ti tamén tes publicado un libro de poemas, titulado Manual do misántropo. Pódese dicir que O instante eterno constitúe a visión dun poeta sobre outro poeta?
Pois non o sei, iso terá que dicilo a xente cando vexa o documental. A nivel poético teño querenza pola palabra xusta, pola brevidade e por unha mirada universal, e quizais iso sexa o que me gustaría transmitir a nivel visual n'O instante eterno. Eu o que intento é expresar do xeito máis honesto posible a peripecia vital dunha persoa con múltiples paradoxos: que conxuga un intenso sentimento relixioso cunha profunda conciencia social, que se expresa en galego sendo políglota ou que rexeita publicar porque considera que os seus versos non teñen a suficiente calidade. Neste sentido, hai xente que critica a concesión das Letras Galegas para Díaz Castro porque só escribiu Nimbos, e precisamente que sexa autor dunha soa obra para min é unha fortaleza, un síntoma de rigor consigo mesmo que hoxe en día apenas se estila.

-Como recibiches a nova das Letras Galegas?
Pois con ledicia, sobre todo por xente como Alfonso Blanco, que leva tantos anos espallando non só a obra de Díaz Castro senón calquera cousa que arrecenda a cultura na Chaira. Foi el o que me informou vía telefónica da noticia, e emocionado dixo algo moi suxestivo, que sendo a reunión para elixir as Letras Galegas o mesmo día no que se celebraba o solsticio de verán, só llo podían dar ao “poeta da luz”.

-A partir da concesión das Letras Galegas están a xurdir varios proxectos audiovisuais sobre Díaz Castro, como valoras estes traballos?
Sempre hai que valorar o traballo dos demais con respecto, e por suposto calquera iniciativa que apareza en relación con Díaz Castro será benvida. Comentaba o outro día Xulio Xiz, autor de Nimbos de poesía, a única obra audiovisual existente polo momento sobre Díaz Castro, que se o poeta vivise este balbordo, pensaría que lle estaban a gastar unha broma, non crería nada do que está pasando arredor da súa figura.

-Vas participar tamén no Proxecto Nimbos, auspiciado desde este blog? Xa decidiches en que poema te vas inspirar para realizar a túa peza?
Aínda non. Teño algunha idea pero prefiro que madure ao longo destes meses. Supoño que agora que imos acometer a fase final da montaxe d'O instante eterno aclararánseme máis as cousas. Cando rematas un traballo deste tipo sempre quedan historias no tinteiro e seguramente algunha destas sexa polas que me decante.

Xurxo González

Teaser d'O instante eterno

mércores, 4 de setembro de 2013

Cinema português: o alarme soa

por Luís Urbano e Miguel Gomes

Uma vez mais o alarme soa: cinema português está em perigo. Depois de um ano zero, em 2012, em que o Estado Português decidiu não abrir concursos de apoio à produção para novos filmes, o espectro de mais uma paralisação do sector é uma ameaça bem concreta.
Mas de onde vem essa ameaça? Da crise económica em Portugal? Não, uma vez que o actual governo gizou uma nova lei do cinema que dota o Instituto do Cinema e Audivisual de receitas próprias, à margem do Orçamento de Estado, resultantes das contribuições financeiras a que estão obrigados pela Lei os operadores de audivisual no território português.
Virá então essa ameaça do facto da nova Lei não ter entrado em vigor? Não, porque após dezoito meses de discussão pública da lei e dos respectivos decretos de regulamentação (não há memória de uma Lei tão amplamente discutida), finalmente foi homologada e entrou em vigor.
Bom, se a lei está em vigor e se foi fabricada pelo mesmíssimo governo que agora tem de zelar pela sua aplicação –um governo que se mantém em funções, sem que exista conhecimento público de um Golpe de Estado-, o seu incumprimento constituiria um surreal caso de desgoverno na República.
Pois bem, quebre-se o suspense e confirme-se a surrealidade: os contribuintes da nova lei recusam pagar o que já devem e a Tutela encolhe-se e assobia para o ar. Os operadores de audivisual (cabo) aproveitam a falta de força e convição política do actual governo e anunciam que não pretendem pagar aquilo que a lei estipula. Provavelmente a ver se pega e se suscita uma renegociação da lei, utilizando como chantagem a possibilidade de eclosão de uma longa batalha jurídica, o que paralisaria por vários anos o sector do cinema. Por sua vez, o governo aceita a chantagem e não vem a público defender a lei que produziu, debateu e homologou. Recorde-se que a responsabilidade máxima na área da cultura em Portugal está entregue à figura mais poderosa do regime político parlamentar português, o Primeiro Ministro, isto desde que o Ministério da Cultura foi extinto (por este governo) e sustituido por um Secretario de Estado. Sobre o incumprimento da lei e sobre a situação de calamidade que gera não são conhecidos ao Doutor Passos Coelho quaisquer comoções ou pensamentos... Pelo contrário, num Governo que não tem sido piedoso para com incumprimentos fiscais dos contribuintes em nome individual, pasme-se em saber que acabam de caucionar na última semana a fusão de duas das empresas incumpridoras, a Zon e Optimus! Por curiosidade, desde que estas empresas iniciaram o processo de fusão, Dezembro de 2012, só a ZON conheceu uma valorização bolsista de 47%.
Vejamos então quem são as empresas que recusam cumprir a lei:
-a ZON Audiovisuais, grupo detido a 28,8% pela Dra. Isabel dos Santos [1] (saberá ela porventura que a empresa que detém em Portugal se alinha como incumpridora face ao fisco Português?), que concentra hoje 61,5% do negócio da distribuição cinematográfica, 57,6% da exibição, 100% dos canais exclusivos de Cinema pay TV, 50,2% da TV/Internet por Cabo, 27% da rede fixa de telefone e 1% da rede móvel;
a Portugal Telecom (PT), que detém 58% da rede fixa de telefones, 45% da rede móvel e 39,2% da televisão por cabo;
-a Vodafone Portugal, que assegura 40% da rede móvel de telefones e 1,6% da TV/Internet por cabo;
-a Optimus, com 14% da rede móvel de telefones e 1,2% da TV/Internet por cabo;
-e a Cabovisão, com uma quota de 7,8% do mercado de TV/Internet por cabo
[fontes: Anacom e ICA]
Este incumprimento impediu o ICA de arrecadar cerca de 12 milhões de Euros em finais de Julho do corrente ano. Os argumentos (poucos) tornados públicos pelas empresas incumpridoras (alegada inconstitucionalidade da Lei e alegada inconformidade com o Direito Europeu), dificilmente poderão colher efeitos nos Tribunais portugueses, nem no quadro de uma jurisprudência Europeia que prevê mecanismos semelhantes para o financiamento de cinema nos respectivos países. Os Serviços da Comissão Europeia já negaram qualquer inconformidade da lei portuguesa no âmbito do Direito Europeu. Em termos internos, esta nova Lei do cinema apenas retoma e alarga mecanismos de financiamento que estavam nas leis anteriores. e que vigoram desde início dos anos 70 sem que nunca se lhes tenha detectado sinais de inconstitucionalidade.
Quanto ao Governo, é o mesmo que impávida e serenamente assiste ao definhar da Cinemateca Portuguesa e do Arquivo Nacional das Imagens em Movimento, cujo modelo de financiamento também se esgotou. A tudo isto, os partidos da oposição assistem tranquilamente em silêncio estival.
Para o filme que estreamos no Festival de Veneza, Redemption, utilizamos imagens de cinema português – cedidos pelo Arquivo Nacional das Imagens em Movimento que zela pelo preservação do património cinematográfico português e que agora anuncia a possibilidade de fechar portas. E por uma estranha conjugação astral –ou talvez não– neste mesmo filme figuram como personagens/narradores alguns dos líderes políticos que chefiaram os Executivos em países europeus na última década, entre os quais Passos Coelho... Sem querermos desvendar o filme para quem não o viu, acreditamos que para todos, mesmo para estes senhores, é sempre possível uma redenção.

(Texto divulgado à imprensa internacional presente no Festival de Veneza)

[1]: Isabel dos Santos é a filla do Presidente de Angola. Forbes considéraa a muller máis rica de África (Nota: Acto de Primavera).

venres, 30 de agosto de 2013

Promised Land (Gus van Sant, 2013)

Tópico repetido ata o sopor, Gus Van Sant (Louisville, 1952) é un director de dobre traxectoria, un camiño trazado primeiro, preludio, a partires do culto underground de Mala noche (1985) e os abruptos (e intelixentes) golpes de irreverencia indie de Drugstore Cowboy (1989) ou My Own Private Idaho / Mi Idaho privado (1991). Logo dalgún trastazo, o autor explorador parece retraerse e desaparecer ofuscado polos poderes de Hollywood. Pero pronto xorden desavinzas no interior das súas narracións, indicios que confirman que o mellor está por vir. Retrospectivamente aparece esa escisión, que organizaría a súa obra nunha vertente máis íntima, independente e audaz, experimental nas formas, o bloque de títulos constituído por Gerry (2002), a Palma de Ouro en Cannes Elephant (2003), Last Days (2005), Paranoid Park (2007) ou Restless (2011); e unha veta, a outra, conectada coa industria, onde florecen títulos como Good Will Hunting / El indomable Will Hunting (1997), Finding Forrester / Descubriendo a Forrester (2000) ou o propio biopic Milk / Mi nombre es Harvey Milk (2008). A película que ocupa estas liñas pertence a esta segunda categoría, malia que os filmes de Van Sant presentan case sempre –e o remake de Psicosis (1995) como posible punto de inflexión é clarificador nese sentido- fisuras, revelacións, matices, renovados elementos de interese e non un estrito acomodo ou submisión ao máis escorado territorio mainstream.

Adscrita a certa tradición do cine liberal e o thriller político sobre todo popularizado na década dos 70, Promised Land / Tierra Prometida propón un enfrontamento, situados hoxe todos en plena guerra do capitalismo coa sociedade, entre unha empresa ou corporación enriquecida con vileza e os habitantes dun pobo, tomando como punto de partida a instalación do gas natural. Filme con xenuíno discurso ecoloxista, Matt Damon encarna a un executivo de éxito que viaxa ao lugar para convencer aos habitantes das virtudes do produto ao tempo que vive un progresivo proceso de conciencia. Fronte a el, fica un activista; polo medio persiste a disputa entre a capacidade de convicción de ambos os dous. Todo transcorre de xeito discretamente convincente (por momentos un pode preguntarse se estaríamos falando desta película se non fose polo nome do director) e un guión desigual –autor dos dous vectores narrativos da trama, os actores Matt Damon e John Krasinsky-, con problemas, demasiado simplista, inclusive maniqueo, embazado por un final gris e trampulleiro, contrasta coa fluidez e vigor visual. Porén, Tierra prometida resulta tamén digna e, alén de resucitar ou recoller os valores (tantas veces duais) de utopía ou comunidade, inseríndose en toda unha tradición idealista made in USA, un tratado humanista que parece recorrer as fontes de inspiración dos movementos contestatarios e culturais estadounidenses dos últimos oitenta anos regresando as súas orixes, do programa gobernamental New Deal (máis o cine de Capra) á contracultura dos 60, dos beatniks ás protestas cívicas expansivas, de Seattle a Occupy Wall Street, o cineasta sabe transitar con pericia e sentido compositivo por paisaxes e espazos autóctonos, estilizando ou puntuando a beleza desa terra que nos intres afortunados semella varada no tempo, como un conto de fadas ou relato fantasmal, unha deriva pola América da que, parece, non se pode fuxir. Nota: 5/10.

José Manuel Sande