sábado, 12 de setembro de 2026

Acariño Films, outros camiños no audiovisual

Impulsada por Andrés Sanjurjo (A Coruña, 1993), a produtora Acariño Films vive un momento de intensa actividade entre o desenvolvemento de diversos proxectos cinematográficos –da animación ao documental de creación, a ficción e o ensaio– mais tamén dun videoxogo, Xerme, convidado este verán a prestixiosas feiras internacionais en Alemaña e Xapón. Acariño principia agora, ademais, unha nova liña de traballo dedicada á distribución de filmes cun primeiro título no horizonte, Al Oeste, en Zapata.

Fotograma de "O Laúro" (Acariño Films)

Andrés Sanjurjo non foi un adolescente particularmente cinéfilo. “Sempre tiven unha relación moi forte coa imaxe, o meu pai, Alfonso Sanjurjo (1953-2022), era pintor e de aí véñenme moitas ensinanzas”, explica, “mais cando de mozo ía ás salas na fin de semana coas amigas e amigos non tiña realmente a noción de estar vendo filmes”. Foi por casualidade que no instituto do seu barrio, o IES Monelos, acabou tendo unha materia optativa de imaxe e son que nin sequera pedira e nesas aulas descubriu películas clásicas (Orson Welles, Vittorio de Sica) e empezou a sentirse tocado emocionalmente por elas. En segundo de bacharelato, no medio das dúbidas típicas sobre que facer despois, o instituto recibiu a visita dun antigo alumno que viña de presentar en Cannes a súa primeira longametraxe, un tal Oliver Laxe. “Aquilo fíxome ver que o cinema era algo plausíbel que podía facer un veciño da cidade e que non precisabas ter un grande orzamento ou unha compañía grande atrás de ti”. A curiosidade por ese espléndido mundo novo que se abría levouno a estudar Comunicación Audiovisual en Burgos, cun ano de Erasmus na Universidade Católica Portuguesa no Porto e un último curso na Universidad Mayor en Chile, onde tivo entre os seus profesores a Raúl Camargo, programador e director do Festival de Valdivia que lle falaba ao seu alumnado con entusiasmo do cinema que se facía en Portugal e Galiza. De volta á casa, fixo un mes de prácticas en Zeitun Films con Felipe Lage e decidiu apuntarse ao mestrado de documental de creación da Pompeu Fabra, a universidade pola que pasaran antes Oliver ou Lois Patiño. O desexo de ser cineasta xa aniñara definitivamente. “No mestrado centrábanse moito en que fixeras a túa película e eu pensei que ou a facía con Felipe ou con ninguén. Falei con el e díxome, a ver, rapaz, esta é unha película para levares hostias ti só, tes que aprender pola túa conta e eu encantado de axudarte”. Era, claro, un proxecto de moi baixo orzamento, un proxecto para experimentar e explorar cousas, para equivocarse e acertar. “Felipe deume consellos, axudoume coas burocracias e gravei a miña película, Diario de Alén Mar, e comprendín que ao meu redor había moita xente coma min, sobre todo un compañeiro do mestrado, Raúl Capdevila, que estaba facendo un filme honesto co que eu conectaba moito artística e politicamente”. Acabou sendo evidente a necesidade dunha estrutura que servise de paraugas e así naceu Acariño Films, un nome descritivo das súas intencións que (ademais) rende homenaxe a Val del Omar (...)

Martin Pawley. Reportaxe publicada no Sermos Galiza que acompaña o Nós Diario do sábado 12 de setembro de 2026. As persoas subscritoras poden lela completa nesta ligazón. 

sábado, 5 de setembro de 2026

O enigma Serafín Ferro

En maio presentouse no Festival de Cannes unha nova copia de Sierra de Teruel de André Malraux, única incursión no cinema do escritor, premio Goncourt por A condición humana, e dez anos ministro de cultura na etapa De Gaulle. Coa súa novela L’Espoir como guía, Malraux iniciou en xullo de 1938 en Cataluña un filme sobre a Guerra Civil en plena Guerra Civil coas inmensas complicacións que relatou María Luz Morales en Alguien a quien conocí. Foi preciso traer de Francia “non só a fita virxe, senón pantallas, lámpadas, obxectivos, focos, carbóns para arcos voltaicos, carros para travellings e mesmo a maquillaxe para os intérpretes”, escribiu, mais canda iso estaban “as alarmas, as interrupcións na rodaxe, cos cortes de corrente eléctrica impostos polos bombardeos” e “a necesidade de revelar os negativos en París”, coas correspondentes demoras e esperas. O avance do exército franquista parou a filmación, que finalizou en París nos estudos de Joinville. Coa Segunda Guerra Mundial de por medio, a película foi prohibida e non se estreou até 1945 cunha montaxe un pouco diferente da concibida por Malraux; a restauración devolve agora as cousas ao seu sitio.

Para alén de expoñer un coñecemento directo da rodaxe, nas páxinas en que María Luz Morales relatou os recordos daquelas semanas di que un día descubriu na Praza de España en Barcelona un rapaz desaliñado que citou para o día seguinte no estudo de Montjuic, o cal sinala algún grao de colaboración na fráxil produción. Mais ela non era a única persoa da Coruña naquela odisea. No filme ten presenza con dereito a frase Serafín Ferro, figura fascinante e misteriosa cuxa biografía, chea de ocos, foise apuntalando a partir de noticias soltas, referencias de xente que o tratou e algún que outro dixomedíxome (...)

Martin Pawley. Artigo publicado no Nós Diario o 5 de setembro de 2026, sábado. As persoas subscritoras poden ler o artigo completo nesta ligazón. 

martes, 1 de setembro de 2026

Enhorabuena y gracias, Susana

La nueva guía técnica de alumbrado exterior del CEI es un histórico paso adelante

* * *

Susana Malón
Hace unos meses se presentó la “Guía técnica para diseño, realización y control de alumbrado exterior menos contaminante lumínicamente” impulsada por el Comité Español de Iluminación (CEI) y el Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE). Es un “manual de recomendaciones voluntarias”, no una normativa de obligado cumplimiento, pero su influencia en el sector es innegable al fijar por escrito criterios que van a ser una referencia práctica para cualquier ayuntamiento (y más aún si las ayudas públicas puntúan y promueven, como es lo razonable, las buenas prácticas que el documento compila).

Siempre habrá quien vea insuficientemente lleno un vaso al que le falta medio mililitro, pero en el contexto del que venimos calificar de histórica esta guía no es en absoluto exagerado, no tanto por el detalle concreto de sus propuestas como por el concepto general que la alienta: el reconocimiento implícito de que no hay soluciones que de manera mágica resuelvan el problema de la contaminación lumínica y que enfrentarse a él requiere “una planificación adecuada del alumbrado en términos de la decisión inicial de que es lo que se debe iluminar y cómo, la cantidad (lúmenes instalados y emitidos), calidad (ópticas adecuadas, espectro, orientación, uniformidad, deslumbramiento), horarios de funcionamiento y control adaptativo” (...)

Martin Pawley. O artigo completo pode lerse na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 327, setembro de 2026. As persoas subscritoras poden acceder á revista no seu sitio web.