sábado, 21 de xuño de 2025

Antón Baleato, na vangarda da cosmoloxía

O 19 de marzo a colaboración DESI, un dos máis ambiciosos proxectos científicos do presente, provocaba un leve sismo científico ao presentar resultados que apuntaban á posibilidade de que a enerxía escura se estea debilitando co tempo e, xa que logo, a que haxa que introducir mudanzas no modelo estándar que explica as regras básicas de funcionamento do Universo. No proxecto traballa o galego Antón Baleato Lizancos, doutor en cosmoloxía pola Universidade de Cambridge e desde 2021 investigador no Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley. 


O deserto de Sonora esténdese por unha superficie dun cuarto de millón de quilómetros cadrados entre os Estados Unidos e México. En pleno deserto, en Arizona, érguese unha cordilleira, os montes Quinlan, cuxo cume máis alto, Kitt Peak, supera os dous mil metros de altitude. Foi aí, en terras da nación orixinaria Tohono O'odham, onde en 1958 a norteamericana Fundación Nacional da Ciencia decidiu asentar un observatorio astronómico. O complexo foi medrando pouco e pouco até contar hoxe con 24 telescopios ópticos e dous radiotelescopios. Aínda que a contaminación luminosa fai o lugar menos idóneo para o rexistro do ceo do que era hai unhas décadas, con Tucson a hora e media de distancia e unha metrópole, Phoenix, que malia estar moito máis lonxe exerce un impacto visual importante sobre as instalacións, Kitt Peak ocupou e ocupa un lugar moi destacado na historia da ciencia. Alí fixeron Vera Rubin e Kent Ford as observacións coas que mediron un feito inesperado: os elementos exteriores das galaxias movíanse tan rapidamente como aqueles próximos ao centro e as galaxias espirais rotaban tan velozmente que deberían desfacerse, a non ser que se mantiveran unidas por unha forza gravitacional producida por unha colosal cantidade de materia non visíbel, varias veces superior á cantidade de materia ordinaria, esa que estamos afeitos a ver ao noso redor. Nacía así o concepto de "materia escura", a enésima constatación de que o Universo é moitísimo máis complexo do que nos parecía hai apenas un século. Tamén foi en Kitt Peak onde en 1979 Dennis Walsh, Bob Carswell e Ray Weymann descubriron a primeira imaxe de "lente gravitacional", cando a luz que procede de obxectos moi distantes se desvía arredor dun corpo con moita masa para xerar unha imaxe dupla. No seu caso tratábase (aparentemente) das imaxes de dous quásares demasiado idénticos ou, quizais, da imaxe duplicada dun único quásar, como finalmente se confirmou.

A evolución do Universo
"No aire, desde o avión, o deserto é unha visión fascinante, unha mancha totalmente homoxénea na que xurarías que non hai nada de vexetación", explica por videoconferencia o cosmólogo galego Antón Baleato Lizancos. "Mais cando baixas ao chan descobres que hai unha variada biodiversidade e en particular impresionan os saguaros, os cactos típicos das películas do oeste, que chegan a ter moitos brazos que non lles empezan a medrar até os oitenta anos. Hai dúas épocas do ano con chuvias moi marcadas e aí florece todo, é unha explosión de vida. E no medio do deserto están as montañas, con moita vexetación, moitas árbores, son verdadeiras illas ecolóxicas" (...)

Martin Pawley. Artigo completo publicado no Sermos Galiza que acompaña o Nós Diario do sábado 21 de xuño de 2025. As persoas subscritoras poden lelo completo en liña no sitio web do xornal.

sábado, 14 de xuño de 2025

Cinema de autor comercial

Fotograma de Samsara (Lois Patiño, 2023)

O 4 de maio de 1938 unha asociación de propietarios de salas de cinema independentes publicou a toda páxina na revista The Hollywood Reporter un texto de título elocuente, "Espertade, produtores de Hollywood". Reprobaban nel que todos os grandes estudios estivesen sobrecargados de estrelas "cuxo atractivo público é insignificante", que recibían salarios enormes e encabezaban os carteis de películas que non captaban o interese da audiencia. Entre os nomes de intérpretes "cuxa capacidade dramática é incuestionábel, mais cuxa pegada na recadación é nula" aparecían os de Mae West, Greta Garbo, Joan Crawford, Katharine Hepburn ou Marlene Dietrich, de quen se dicía expresamente que era "poison at the box office", veleno para a billeteira. O sintagma "box office poison" fixo fortuna e durante anos diversas publicacións elaboraron as súas propias listaxes de artistas que parecían ser garantía de fracaso (e que en moitos casos protagonizaron obras mestras hoxe incuestionábeis). Mesmo Bette Davis, que un tempo atrás era considerada pola industria unha actriz que merecía cada dólar que gañaba, acabou aparecendo nesas listaxes. Cómpre recordar xa que o cliente, por suposto, non sempre ten a razón.

O filme Samsara de Lois Patiño comeza cun longo e lento travelling sobre un grupo de nenos e mozos que fan meditación nunha escola budista. A primeira parte do filme transcorre en Laos arredor duns monxes adolescentes; a segunda parte, en Zanzíbar, cunhas mulleres que traballan na praia recollendo algas e unha nena alegre que empeza a aprender que ao final da vida vén a morte. No medio hai un bloque de quince minutos no que se lle pide expresamente ao público que peche os ollos para que experimente, a través das pálpebras, as manchas de luz e cor que invadirán a pantalla. É a representación do tránsito dun corpo a outro, un traxecto sublime estrañamente emocionante, seguramente un dos fitos do cinema contemporáneo. Todo o descrito parecería falar, a priori, dun filme restrinxido a unha audiencia cinéfila, un produto de prestixio (premiado na sección Encounters da Berlinale) sen apenas resposta nas salas. A clase de película que nunca mercarían as moi rancias televisións públicas, nin a nosa de aquí nin aqueloutra de acolá. Veleno para a billeteira, talvez.

Ou talvez non. Na súa estrea no Estado español en decembro de 2023 Samsara obtivo un resultado máis ca xeitoso considerando a natural modestia do seu lanzamento, arredor de doce mil entradas vendidas. Un ano típico chega a haber un par de centos de películas de produción española que venden menos billetes, incluídas algunhas que son candidatas aos Goya. A sorpresa maior, porén, vén cando se revisan as cifras que acadou en toda Europa: de acordo cos datos recollidos polo portal Lumiere do Observatorio Audiovisual Europeo, Samsara exhibiuse nunha ducia de mercados, con resultados rechamantes nos Países Baixos (21.000 billetes) e Bélxica e o Reino Unido (arredor de 9.000) para un total que supera as 62.000 entradas vendidas. Á vista destes datos, non é acaso un éxito moi meritorio o desa película tan misteriosa (e tan barata) do Lois?

Sirat, de Oliver Laxe, xoga noutra liga en termos de produción co seu orzamento de seis millóns de euros, por outra parte común entre as películas europeas máis ambiciosas, esas que soñan con ir a Cannes, o festival que xa é unha segunda casa para o director galego. Saíu con 183 copias, un lanzamento grande mais non masivo (cada tanque que chega de Hollywood dobra de maneira habitual esa cifra), e as altas expectativas nos días previos á estrea facían presupoñer unha boa resposta en salas, mais non deixa de ser un filme con elementos moi arriscados no relato, radical na forma e no fondo, un que adoitaría ser colocado antes na etiqueta "de autor" máis ca na etiqueta "comercial", en particular por aqueles que só cren comerciais as películas protagonizadas por rostros populares da televisión (e que non poucas veces acaban facendo números máis ben discretos). O caso é que na primeira fin de semana Sirat pasou das 50.000 entradas e e o día en que se publica este artigo terá superado de sobra a marca das 105 mil que sumou O que arde: o horizonte de 300.000 (a aposta, un chisquiño optimista, que eu fixen co director) empeza a non ser ningunha quimera. E iso só nesta primeira fase, sen contar futuras reposicións a causa das candidaturas a premios, cos Oscar como soño non inverosímil ante o entusiasmo da crítica ianqui e o feito de ter distribución (potente, a Neon) nos EUA.

Martin Pawley. Artigo publicado no Nós Diario o 14 de xuño de 2025, sábado. Tamén pode lerse en liña no sitio web do xornal.

luns, 2 de xuño de 2025

Resistencia y alegoría. Retrospectiva Binka Jeliaskova (Indielisboa 2025)

En sus primeras ediciones el festival internacional de cine Indielisboa -que alcanzó en 2025 la número 22- orientaba principalmente sus focos a autores contemporáneos (Jia Zhang-ke, Nobuhiro Suwa) o movimientos (el nuevo cine argentino) que se erigían como voces emergentes en la primera década de este siglo. En los últimos años, y en paralelo a la voluntad expresa de seguir explorando la diversidad de nuestro tiempo, el festival ha puesto un mayor empeño en revisar la historia del cine y completar huecos en estrecha colaboración con la Cinemateca Portuguesa. Encajan en esta línea los ciclos dedicados a Ousmane Sembène (2020), Sarah Maldoror (2021), Doris Wishman (2022) o, el año pasado, el tributo a las campañas de dinamización cultural y acción cívica del Movimento das Forças Armadas después del triunfo de la revolución de abril, a la que se suma ahora la muy pertinente retrospectiva de Binka Jeliaskova (1923-2011), pionera del cine búlgaro (...)

Martin Pawley. O artigo completo pode lerse no número 200, de xuño de 2025, da revista Caimán Cuadernos de Cine, dispoñíbel nos quioscos dende o 30 de maio.

domingo, 1 de xuño de 2025

Los buenos vecinos

El apagón del 28 de abril nos redescubrió cielos perdidos y las fragilidades de un sistema que creemos absurdamente infalible. 

* * *

Fotograma de Playtime (Jacques Tati, 1967)

A las 4:30 de la madrugada del 17 de enero de 1994 un terremoto sacudió Los Ángeles y provocó numerosos daños materiales y humanos. El observatorio Griffith recibió esa noche muchas llamadas de personas que preguntaban por el «extraño cielo» que veían después del seísmo. En un reportaje para Los Angeles Times de enero de 2011 Rong-Gong Lin II se hacía eco de unas declaraciones de Ed Krupp, histórico director del observatorio: «Acabamos dándonos cuenta de lo que ocurría, el terremoto había cortado casi toda la electricidad y la gente salió corriendo y vio las estrellas. Las estrellas eran de hecho tan desconocidas que nos llamaban para preguntar qué había pasado.» No es raro encontrar referencias a la preocupación por una «gigantesca nube plateada» que resultaba ser la Vía Láctea; en una historia mil veces contada, a menudo de forma imprecisa y exagerada, la frontera entre los episodios reales y los adornados por la ficción o directamente inventados se vuelve siempre un poco difusa. Es muy sugerente, en cualquier caso, imaginar la sorpresa, trufada de inquietud, ante un firmamento poblado por un número de puntos luminosos muy superior al habitual. Y aunque el habitual fuese ya un cielo muy malo, dado el incremento incesante de la contaminación lumínica a lo largo de estas tres décadas es seguro que aquel paisaje mediocre parecería deseable e incluso hermoso comparado con el de hoy.

Fue inevitable recordar esta anécdota durante el apagón masivo que afectó a toda la península ibérica el pasado lunes 28 de abril. A medida que avanzaba la tarde, empecé a pensar (e incluso, egoístamente, a desear) que si la falta de luz se extendía hasta la noche nos proporcionaría un fondo celeste inusual en A Coruña. Así fue, finalmente, aún a pesar de las nubes altas. Desde la ventana se reconocía en dirección norte la constelación del Dragón serpenteando entre las dos Osas; sobre el sur, muy alta y clara, la forma del León entera. Salí de casa alrededor de las 23 horas para comprobar, a pie de calle, el nivel de oscuridad. Con un SQM manual medí 20,7 mag/arcseg2 en el cénit, bastante limpio y en ese momento presidido por el Carro. Pude experimentar, además, que los horizontes están perdidos aún sin iluminación pública a causa de otras fuentes, como las instalaciones portuarias e industriales, así como el inmenso impacto visual de los faros de los coches, que en los últimos años han multiplicado de manera bárbara su intensidad. Más allá de la contemplación astronómica inesperada, el apagón nos proporciona muchos elementos para la reflexión. Sobre nuestra total dependencia de la electrónica, para empezar, hasta extremos ridículos que ni siquiera Jacques Tati llegó a concebir. Sobre el hecho, también, de que en situaciones críticas lo que de verdad nos ayuda no es la tecnología, sino la comunidad. Todo irá bien mientras haya buenos vecinos que ayuden a una persona mayor a subir las escaleras, que hagan compras básicas para quien lo necesita, que calienten la cena de otras familias en la cocina de butano.

Martin Pawley. Artigo publicado orixinalmente na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 312, xuño de 2025.

sábado, 24 de maio de 2025

Planetarios, os teatros das estrelas

O 7 de maio de 1925 abriu ao público o planetario de Munich, a primeira sala especificamente deseñada para falar de astronomía por medio da simulación dun ceo estrelado. Cen anos despois hai máis de catro mil planetarios en activo en todo o mundo que asumen o seu papel central na divulgación científica mais tamén como espazos idóneos para as artes audiovisuais de vangarda. Ese espírito inspira a Casa das Ciencias da Coruña, unha referencia europea de divulgación e creación a punto de facer 40 anos.
É unha ironía do destino que os planetarios, que por culpa da contaminación luminosa son para boa parte da humanidade o último reduto para aprender como é un ceo escuro, existan grazas ao esforzo dun home que fixo fortuna no negocio da produción e distribución de electricidade: a tecnoloxía cuxo mal uso nos roubou o firmamento real favoreceu a invención de firmamentos de mentira. O enxeñeiro alemán Oskar von Miller, pioneiro na explotación da enerxía hidroeléctrica, ía camiño dos cincuenta anos cando en 1903 matinou a posta en marcha dun museo de ciencia que servira para expor as grandes achegas da técnica do pasado e o presente. Aquel soño foi o gromo do que emerxeu, dúas décadas despois, o Deutsches Museum de Munich, que non deixou de medrar para presumir hoxe de ser o maior do mundo no ámbito da ciencia e a tecnoloxía. O museo empezou a existir a partir de 1906 en espazos provisionais e foi gañando prestixio como centro de coñecemento cos seus dioramas e demostracións experimentais, para ir pouco a pouco armando o obxectivo final de posuír un edificio propio á altura das ambicións. O camiño non foi sinxelo, coa Gran Guerra de por medio e os cambios radicais que trouxo na xeopolítica mundial, mais o museo acabou por ser unha realidade en 1925, o 7 de maio, o día que Oskar von Miller facía 70 anos. E dentro do museo había un planetario, mais a fascinante historia de como se inventou comeza moito antes e tivo o cinema como inspiración (...)

Martin Pawley. Artigo completo publicado no Sermos Galiza que acompaña o Nós Diario do sábado 24 de maio de 2025. As persoas subscritoras poden lelo completo en liña no sitio web do xornal.

sábado, 17 de maio de 2025

O caso Ico Costa

Balane 3 (Ico Costa, 2025) | Terratreme

Hai unhas semanas o cinema portugués foi sacudido por un correo electrónico enviado a diferentes medios e organizacións no cal unha persoa, que asina 'Joana Sousa Dias', acusaba o realizador e produtor Ico Costa de agresións verbais e físicas durante unha relación de varios meses catro anos atrás (...) O 22 de abril a mensaxe foi publicada nunha conta de Instagram e acadou unha rápida difusión; en poucas horas, o IndieLisboa acordou retirar da súa programación o novo filme de Ico Costa, Balane 3, que tiña prevista a súa estrea nacional no festival após pasar antes polo CPH_DOX de Copenhague e o parisiense Cinéma du Réel, así como unha produción súa dirixida por unha realizadora e aínda inacabada que fora seleccionada na sección de Industria. A nota dada a coñecer no web do festival afirmaba que "perante quaisquer dúvidas que persistam, a convicção do IndieLisboa no que diz respeito a estas situações é a de que deve ouvir as vítimas".

O realizador respondeu axiña ás acusacións para negalas totalmente. Na altura da suposta relación coa tal Joana, a quen afirma non coñecer, dixo ter unha namorada con quen conserva "uma profunda amizade". O xuízo público estaba a acontecer sobre a base dun "email anónimo, enviado por alguém cuja identidade nunca foi confirmada, e em publicações no Instagram que clamam por justiça por uma pessoa que, na verdade, não existe". A produtora do filme, Terratreme, emitiu un comunicado para explicar como ao longo de varios días intentaran promover un encontro en condicións de seguridade e discreción con quen enviou o correo electrónico, sempre sen resposta. No texto a Terratreme expón a súa vontade de crear "um espaço de trabalho e criação seguros" e recorda que nos varios anos que levan traballando co Ico nunca recibiron queixa algunha de malos tratos nin violencia.

Pasaron xa unhas semanas e non apareceu nin unha soa proba contra o cineasta cancelado, o cal non impide que sobre el vaia aboiar durante moito tempo unha sombra de sospeita que ten como único fundamento un correo electrónico emitido dende un servizo que presume de protexer a privacidade. Atacar a honorabilidade de alguén con embustes e medias verdades sempre estivo ao alcance da xente con ética dubidosa, mais na era das redes sociais é aínda máis fácil: a comunicación dixital abre suficientes vías de anonimato e os contidos, en particular aqueles que cheiran a xofre, circulan a toda velocidade. Non é sensato aplaudir calquera cousa que se lea sen fontes e indicios que acrediten algunha fiabilidade, e cando todo depende dunha testemuña única sería de agardar que esta estea ben identificada, mantendo a súa identidade en segredo cando así for necesario. Dar por certo, sen máis análise, o que conta un correo de procedencia descoñecida é abrir un precedente perigoso e ademais dificilmente sostíbel no tempo, pois as denuncias máis ou menos anónimas con mala intención poden proliferar sen límite. Un amplo grupo de profesionais divulgou o 10 de maio unha "carta aberta para debate no sector do cinema" na que, para alén de exixir ferramentas "próprias, justas e legais" para que as vítimas de asedio e agresión encontren espazos seguros para as denuncias, pon o foco sobre diversos aspectos que merecen reflexión. Un, o carácter colectivo que ten case sempre un filme, froito do esforzo de moitas persoas, o que permite preguntarse até que punto é xusto castigar todo o grupo polas accións delitivas, se as houber, dun individuo concreto. Dous, que afrontar a violencia é tarefa de toda a sociedade, por suposto, mais precisa dun rigor nas ferramentas e as decisións que adoitan posuír só certas institucións (as forzas de seguridade, a xustiza e as asociacións que traballan na materia, por exemplo), mais non outras, como é o caso dun festival de cinema. "Não faz parte da sua missão, das suas competências, da formação dos seus trabalhadores e dirigentes. Enquanto sociedade, não lhes demos tal poder e tal responsabilidade, nem por eles foi solicitada", recordan. Un festival de cinema, como parte da sociedade que é, pode e debe facer achegas na loita común contra a violencia de xénero e as violencias contra os colectivos minorizados, mais non é o seu labor ditar sentencias.

Martin Pawley. Artigo publicado orixinalmente no Nós Diario o 17 de maio de 2025, sábado. 

xoves, 1 de maio de 2025

Los buenos antepasados

En la gran escala del tiempo somos poco más que una limadura de uñas empeñada en hacer inhabitable el planeta que nos acoge. 

* * * 

Charles Laughton en This Land is Mine (Jean Renoir, 1943)

En Annals of the Former World, ganador en 1999 del Premio Pulitzer de no ficción, el escritor John McPhee formula una imagen que expresa de manera elocuente la importancia de la humanidad en la historia del planeta que compartimos. Si extendemos los brazos bien abiertos e imaginamos que la distancia entre las puntas de los dedos representa la historia completa de la Tierra, la presencia del ser humano equivaldría más o menos al borde de las uñas; de un solo golpe con una lima de grano medio haríamos desaparecer toda nuestra existencia. Descubro esta comparación a través de Nacidos de las estrellas, el deslumbrante e inagotable libro de Roberto Trotta del que ya les hablé el mes pasado. El cosmólogo completa a McPhee con aliento poético: «toda la belleza y brutalidad que los humanos aportan al mundo, las pirámides y los profetas, el Empire State Building y las minas de carbón, la esclavitud y la asistencia médica universal, el fútbol y Mozart, una madre cantando una nana a su bebé y un asesino atacando al amparo de la noche, todo se disolvería en una diminuta nube de impalpable polvo de uñas».

En comparación con el universo, «nuestra brevedad es casi inconcebible». En ese «mero parpadeo», los avances en medicina, producción de alimentos y educación han aumentado espectacularmente la calidad de vida en el último siglo, pero al mismo tiempo «las desigualdades en los ingresos son mayores que nunca: el diez por ciento más rico posee tres cuartas partes de toda la riqueza del mundo, y los diez hombres más ricos del planeta, incluidos los barones del espacio, vieron duplicarse su riqueza colectiva desde marzo de 2020», el mes que asociaremos siempre a la pandemia de la covid. «Para una minoría de nosotros», escribe Trotta, «hemos creado un mundo en el que casi todos nuestros caprichos materiales pueden satisfacerse a voluntad (y a menudo en un plazo de dos horas el mismo día que los pedimos)». En palabras del novelista Richard Powers en su muy recomendable novela El clamor de los bosques (otro Premio Pulitzer, en este caso de 2019 en la categoría de ficción), «estamos cobrando mil millones de años de bonos de ahorro planetario y despilfarrándolos en todo tipo de joyas».

«En lugar de perseguir sueños descabellados de establecernos en otros mundos, nuestro imperativo moral es convertirnos en administradores juiciosos de nuestro propio planeta», concluye el profesor de la Scuola Internazionale Superiore di Studi Avanzati. «Volvamos a centrar nuestra atención en las cuestiones reales: cómo compartir los recursos de nuestro planeta de la manera más equitativa posible entre todos los seres humanos, cómo garantizar que la vida no humana pueda seguir medrando en la Tierra, cómo reestructurar nuestra civilización sobre una base ambientalmente sostenible, cómo legar a nuestros hijos y los hijos de nuestros hijos un planeta tan diverso y hospitalario como el que heredamos. Debemos aprender a convertirnos en “buenos antepasados”, en la memorable expresión de Jonas Salk.» ¡Cuánto bien le haría a Ursula von der Leyen leer esta obra maestra! ¡Cuánto bien nos haría!

Martin Pawley. Artigo publicado orixinalmente na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 311, maio de 2025.

martes, 29 de abril de 2025

El negocio de la carne

Inicio de Abraham Lincoln (David Wark Griffith, 1930)

“Ninguna ciudad, ninguna industria, ninguna profesión ni forma de arte deben tanto a un solo hombre”, escribió Orson Welles refiriéndose a David Wark Griffith, de cuyo nacimiento se cumplieron 150 años el 22 de enero. Resulta extraño el modesto eco de un aniversario tan redondo, por mucho que cualquier acercamiento a quien fue por un tiempo el director más influyente del mundo vaya a estar siempre contaminado por la película que lo hizo poderoso, The Birth of a Nation, un éxito descomunal que transformó el cine pero también una apología racista de las glorias del Sur (...)

Martin Pawley. Texto completo na sección "Juste une image" do número 199, de maio de 2025, da revista Caimán Cuadernos de Cine, dispoñíbel nos quioscos dende o 29 de abril.

Hacer películas para existir. Entrevista a Kamal Aljafari.

El festival Documenta Madrid dedica uno de sus focos al cineasta palestino Kamal Aljafari, cuya obra celebra el papel de la memoria y las imágenes como forma de resistencia ante la barbarie. Una exploración del cine como registro que preserva la vida y la identidad de un pueblo contra los intentos sistemáticos y abyectos de borrado y deshumanización. 

Hacer películas no es una opción obvia como profesión en ningún lugar, pero todo parece mucho más difícil en Palestina, así que me gustaría que explicara cómo llegó al cine. 
Mi decisión de hacer película estuvo ligada al deseo de irme del país y estudiar en el extranjero, y esto tenía que ver con la sensación de que mi país ya no era mi país. Es mentalmente doloroso para los palestinos estar en Palestina y no sentirte en casa, porque vives bajo un régimen que te hace sentir totalmente fuera de lugar a pesar de que este es tu lugar. Tenía 26 años y me fui a Colonia; para mi expresión artística fue necesario no seguir allí y elegir vivir en el exilio. Todo lo que he hecho está relacionado con esta experiencia, pero al mismo tiempo la mayoría de mis películas hablan de Palestina y de ser palestino. No es algo de lo que puedas escapar, ser palestino te acompaña a todas partes.

Cuando vivía en Palestina, ¿el cine estaba presente en su vida? Y, en particular, las obras de cineastas palestinos.
No creo que me interesara especialmente el cine de joven, por más que viera películas como cualquier otro. Era adolescente cuando empezó la primera Intifada, en 1987, y eso nos abrió los ojos a los jóvenes a la cultura y también al cine que existía o empezaba a existir en Palestina en los 80, ciertos textos que se volvieron esenciales para mí, como la poesía de Mahmud Darwish o las novelas de Ghassan Kanafani. Una de las primeras películas palestinas que vi fue Ma'loul celebra su destrucción de Michel Khleifi, un cortometraje documental sobre la gente de Ma'loul, una aldea destruida en Galilea, que visitaba su tierra cada año. Crónica de una desaparición (Elia Suleiman, 1996) fue un verdadero descubrimiento, me atrajo mucho su manejo de la realidad, la poesía del día a día. Hacer cine está, para mí, relacionado con la experiencia de crecer en una época revolucionaria en Palestina, con un movimiento cultural enorme (...)

Martin Pawley. A entrevista completa pode lerse no número 199, de maio de 2025, da revista Caimán Cuadernos de Cine, dispoñíbel nos quioscos dende o 29 de abril.

sábado, 26 de abril de 2025

Entrevista con Miguel Valverde (Indielisboa)

Em 2004, o cinema independente vivia uma revolução: a passagem do analógico para o digital, novas vozes e uma produção menos dependente da indústria. Foi neste contexto que nasceu o IndieLisboa, um festival criado por um grupo de jovens que queria trazer a Lisboa um evento à altura de outras capitais europeias — mas com um foco claro no cinema de autor. Miguel Valverde, um dos seus fundadores, relembra os primeiros anos, marcados pela exibição de filmes que não chegavam às salas comerciais portuguesas. Duas décadas depois, o festival cresceu (de 500 para 5000 submissões anuais), adaptou-se às mudanças do setor e tornou-se um ponto de encontro para novas gerações de cineastas, enquanto revisita clássicos esquecidos em retrospectivas como as de Binka Jeliaskova ou Sarah Maldoror.
Nesta conversa, Miguel Valverde — hoje presidente da associação que gere o IndieLisboa — fala sobre a evolução do festival, o seu papel na promoção do cinema português (de João Canijo a Leonor Teles) e os desafios da diversidade real. Uma reflexão sobre como manter vivo o espírito independente num mundo em constante mudança.
 
Cando naceu o Indielisboa en 2004 o cinema estaba nun momento de transformación: xa se comezaba a intuír a substitución do cinema analóxico ao dixital, hai unha maior independencia creativa, unha produción menos vinculada á industria etc. O Indie estaba en liña con outros certames que había no mundo que tentaban detectar esas mudanzas, coma o BAFICI, o FIC Valdivia, Torino… que estaban creando un novo mapa do mundo. Poderías falar dese período, de como naceu o Indie e cales eran as intencións?
Antes de mais, obrigado por esta entrevista. Aqui em Lisboa havia a ideia de que os festivais de cinema tinham de ter uma ligação à cidade e, havendo festivais em Berlim, Londres, Copenhaga, nas principais capitais dos seus próprios países, era estranho que em Lisboa não existisse um festival. Acabámos por ser um grupo de pessoas, sobretudo jovens, que não tinham aquela ideia estigmatizada de que, para fazer um festival de cinema em Lisboa, era preciso muito dinheiro — e aventurámo-nos. Aproveitámos a nossa experiência anterior na gestão de um cinema independente para pensar: “Porque não fazer agora um festival em Lisboa?”, mas, ao mesmo tempo, não queríamos que fosse um festival de passadeira vermelha, porque o que pretendíamos era continuar o nosso trabalho de exibição de cinema de autor. Naquela altura, havia muitos títulos e muitos autores que nós gostávamos muito, que não eram distribuídos comercialmente em Portugal, e, portanto, o festival teria aqui um papel fundamental para criar diversidade no panorama cinematográfico.
O que é certo é que o panorama mudou muito. Não sei se fruto também de uma nova geração, como a nossa, que começou a estar muito mais atenta a estas questões, ou se foi o próprio mercado que mudou e a democratização dos meios, que não só permitiu a democratização da própria feitura dos filmes, como também a democratização da distribuição e da exibição. Hoje em dia, comprar um filme para distribuir em Portugal é muito mais barato do que era há 20 anos. Antigamente, não havia distribuidores que pudessem comprar filmes por 3 ou 4 mil euros no mercado internacional, e hoje há. Isso faz com que, embora não sejam negócios da China, haja um conjunto de distribuidores que desempenham um papel relevante no sentido de trazer autores que, antigamente, não encontravam espaço nas salas de cinema. E agora acho que estamos a chegar a um paradigma quase oposto ao que existia em 2004: os distribuidores portugueses vão a mercados como Cannes e Berlim e compram tudo, havendo uma grande concorrência, inclusive entre eles. Por outro lado, os festivais, na realidade, “roubam” espectadores: se o filme passa num festival como o IndieLisboa, o DocLisboa ou o LEFFEST, sabem que há 500 espectadores a menos que irão ver o filme na estreia comercial. Isso criou também uma certa concorrência entre festivais e distribuidores pelos mesmos filmes. E isto indica que o festival teve de mudar para se adaptar a estas novas condições.
Por outro lado, o festival foi-se adaptando também aos novos tempos. Se a nossa primeira edição teve, maioritariamente, projeções em película, embora já tivéssemos objetos em vídeo, esse meio hoje já não conta tanto, porque a maior parte dos filmes são exibidos em DCP. Recebemos muitos mais filmes e as geografias são muito mais diversificadas: onde nos primeiros anos recebíamos cerca de 500 a 700 filmes, hoje em dia recebemos 5 mil. O próprio festival teve de se reorganizar. Temos, neste momento, 24 programadores, no total de todas as secções, e temos inclusivamente coordenadores por secção para ajudar a sistematizar onde é que os filmes podem encaixar melhor. Também tivemos de travar um pouco o crescimento do festival, porque sentíamos que, a certa altura, era demasiado. Exibimos agora cerca de 270 filmes, entre curtas e longas-metragens, mas houve anos em que apresentámos mais de 300 filmes. Isto, para a equipa — que tem de gerir um conjunto de convidados, toda a informação para o catálogo, a vinda das cópias… — representa muito trabalho (...)

Martin Pawley. Pode lerse a entrevista completa no sitio web da revista Quiasmo. Artes, letras e ciência e en versión en español no sitio web de Roger Koza "Con los ojos abiertos".