sábado, 14 de xuño de 2025

Cinema de autor comercial

Fotograma de Samsara (Lois Patiño, 2023)

O 4 de maio de 1938 unha asociación de propietarios de salas de cinema independentes publicou a toda páxina na revista The Hollywood Reporter un texto de título elocuente, "Espertade, produtores de Hollywood". Reprobaban nel que todos os grandes estudios estivesen sobrecargados de estrelas "cuxo atractivo público é insignificante", que recibían salarios enormes e encabezaban os carteis de películas que non captaban o interese da audiencia. Entre os nomes de intérpretes "cuxa capacidade dramática é incuestionábel, mais cuxa pegada na recadación é nula" aparecían os de Mae West, Greta Garbo, Joan Crawford, Katharine Hepburn ou Marlene Dietrich, de quen se dicía expresamente que era "poison at the box office", veleno para a billeteira. O sintagma "box office poison" fixo fortuna e durante anos diversas publicacións elaboraron as súas propias listaxes de artistas que parecían ser garantía de fracaso (e que en moitos casos protagonizaron obras mestras hoxe incuestionábeis). Mesmo Bette Davis, que un tempo atrás era considerada pola industria unha actriz que merecía cada dólar que gañaba, acabou aparecendo nesas listaxes. Cómpre recordar xa que o cliente, por suposto, non sempre ten a razón (...)

Martin Pawley. Artigo publicado no Nós Diario o 14 de xuño de 2025, sábado. Pode lerse completo en liña no sitio web do xornal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario