![]() |
| Eclipse lunar. Fotografía: Fins Eirexas (O'Fins) |
mércores, 12 de agosto de 2026
As próximas eclipses
martes, 11 de agosto de 2026
As eclipses de Sol no cinema
![]() |
| Barrabás (Richard Fleischer, 1961) |
A nosa eclipse
![]() |
| Revista "Coruña Moderna", número 27, 3 de setembro de 1905 |
xoves, 6 de agosto de 2026
Unha eclipse para ver e escoitar
![]() |
| Dispositivo LightSound. Imaxe: Martin Pawley. |
xoves, 30 de xullo de 2026
A singular eclipse de 1912
![]() |
| Mapa da eclipse de 1912. Fonte: páxina de eclipses de Fred Espenak, https://www.eclipsewise.com/ |
domingo, 26 de xullo de 2026
Eclipses de Sol no cinema
Listaxe de filmes que amosan, relatan ou reconstrúen eclipses de Sol. Anotación en ampliación permanente; actualizada a 27 de xullo de 2026.
![]() |
| Barabbas (Richard Fleischer, 1961) |
1900 Eclipse solar filmado por Nevil Maskelyne (as imaxes cinematográficas dunha eclipse máis antigas de que se ten noticia). Pode verse aquí a restauración feita polo British Film Institute.
1907 L'éclipse du soleil en pleine lune (Georges Méliès)
1931 A Connecticut Yankee (David Butler)
1937 King Solomon's Mines (Robert Stevenson)
1940 Fantasia (produción de Walt Disney, varios directores); episodio The Rite of the Spring
1949 A Connecticut Yankee in King Arthur's Court (Tay Garnett)
1956 Our Mr Sun (Frank Capra)
1958 Nagrodzone uczucie / Sentimentos correspondidos (Walerian Borowczyk e Jan Lenica)
1961 Barabbas (Richard Fleischer)
1962 Mr. Hobbs Takes a Vacation (Henry Koster)
1963 Slnko v sieti / O Sol na rede (Stefan Uher)
1966 Faraon (Jerzy Kawalerowicz)
1969 Knyaz Igor / Príncipe Igor (Roman Tikhomirov)
1980 The Watcher in the Woods (John Hough)
1981 Coup de Torchon (Bertrand Tavernier)
1981 The Man Who Could Not See Far Enough (Peter Rose)
1982 Ana (António Reis e Margarida Cordeiro)
1985 Ladyhawke (Richard Donner)
1986 Little Shop of Horrors (Frank Oz)
1986 Matador (Pedro Almodóvar)
1991 Agantuk (Satyajit Ray)
1994 Farinelli (Gérard Corbiau)
1995 Dolores Claiborne (Taylor Hackford)
1996 Quand les étoiles rencontrent la mer (Raymond Rajaonarivelo)
1999 Banewl (Tacita Dean)
1999 e-clip-se (Chris Marker)
1999 Judy Berlin (Eric Mendelsohn)
2000 Werckmeister harmóniák (Béla Tarr e Ágnes Hranitzky)
2000 Ich bin 33 (Jan Peters)
2005 Casa de areia (Andrucha Waddington)
2008 Debajo (Dominga Sotomayor)
2010 The Yellow Bank (J. P. Sniadecki)
2010 Shutter (Alexi Manis)
2012 Just Ancient Loops (Bill Morrison)
2013 Dead Body Welcome (Kees Brienen)
2014 Double Dawn (Lukas Marxt)
2015 Amami (Naomi Kawase)
2017 Shadowland (Lukas Marxt)
2017 Verónica (Paco Plaza)
2018 L. Cohen (James Benning)
2018 Polly One + Polly Two (Kevin Jerome Everson)
2019 Condor (Kevin Jerome Everson)
2019 Sol Negro (Maureen Fazendeiro)
2019 Umbra (Florian Fischer e Johannes Krell)
2025 When the Sun is Eaten [Chi'bal K'iin] (Kevin Jerome Everson)
2025 Quien vio los templos caer (Lucía Selva)2026 One Equal Light (Maïder Fortuné e Annie MacDonell)
2026 Eklipse (Manuel Wetscher)
xoves, 23 de xullo de 2026
O lugar perfecto para ver a eclipse
![]() |
| Faixa de totalidade de eclipse do 12 de agosto. Imaxe: Nós Diario |
xoves, 16 de xullo de 2026
As eclipses contadas polos animais
![]() |
| Abella recollendo pole. Foto: Jon Sullivan [Dominio público / Wikipedia] |
xoves, 9 de xullo de 2026
A única eclipse galega que compartiremos
![]() |
| Esquema das eclipses. Imaxe: adaptado de Nela (nyabla.net), CC BY SA 4.0 / Wikipedia. |
venres, 3 de xullo de 2026
Una luz negra y ardiente. Eclipses en el cine.
![]() |
| Just Ancient Loops (Bill Morrison, 2012) |
xoves, 2 de xullo de 2026
Ver a eclipse sen mirar o Sol
![]() |
| Caixa estenopeica producida pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Imaxe: Marta Cortacans. |
mércores, 8 de abril de 2026
O «cris» da nosa vida
sábado, 22 de marzo de 2025
Á espera do Sol negro
![]() |
| Eclipse parcial de Sol sobre Santiago de Compostela en 2017. Foto: Fins Eirexas. |
mércores, 4 de xaneiro de 2017
De como a curiosidade astronómica axudou ao nacemento do cinema
![]() |
| Jules Janssen |
Outra das misións emprendidas por Jules Janssen levouno ao Xapón en 1874 para observar un tránsito de Venus, o paso do planeta por diante do disco solar, un fenómeno non moi frecuente. Século e medio antes o astrónomo Edmond Halley formulara un método para determinar a distancia entre a Terra e o Sol, a chamada “unidade astronómica”, vinculado a estes fenómenos. O método baseábase na determinación exacta do paso de Venus diante do Sol dende dous puntos da Terra diferentes e de maneira simultánea. Cada observador ve o “camiño” do planeta polo Sol a diferente altura no disco e a partir diso -e do coñecemento, insisto, moi moi preciso das posicións de observación e dos tempos de paso de Venus polo disco- podería estimarse mediante cálculos trigonométricos a distancia Terra-Sol (PDF coa descrición do procedemento en español, 293KB).
![]() |
| O revolver fotográfico na revista de ciencias "La Nature", ano 1875 |
Janssen encabezou unha expedición ao Xapón para fotografar o tránsito do 9 de decembro de 1874. Tomou 47 imaxes co seu “revólver” mais a imprecisión da técnica non permitiu obter uns resultados tan bos coma os soñados (e en xeral non mellores aos obtidos con outras técnicas, coma a observación visual do Sol ou a proxección nunha pantalla). Janssen seguiu depurando o seu aparello e en 1875 presentouno diante da Société Francaise de Photographie. O “revólver” foi unha inspiración decisiva para o desenvolvemento da “cronofotografía” no que brillou o traballo de Étienne-Jules Marey (1830-1904), autor do “fusil fotográfico”, e o de Eadweard Muybridge (1830-1904). Entre as fotografías en serie e a invención das imaxes animadas había só un pequeno paso por dar. O cinema, a fin de contas, non deixa de ser unha colección de fotografías en secuencia que o cerebro procesa coma movemento continuo unha vez que se supera un determinado ritmo de imaxes por segundo.
Jules Janssen foi nomeado director do observatorio astronómico de Meudon, na periferia de París, en 1875. Alí morreu vinte e dous anos despois, o 23 de decembro de 1907, nunha altura na que o cinema demostrara ser algo máis que un xoguete científico e abrira un novo mundo á creación e o coñecemento humano.
...e de como o cinema axudou ao progreso da astronomía
Se ao longo do século XIX a fotografía demostrou ser unha ferramenta eficacísima para o estudo do ceo, era natural que moitos astrónomos reparasen nas posibilidades que ofrecía un invento tan revolucionario coma o cinematógrafo. O cinema permitía rexistrar un bo número de imaxes por segundo e iso, malia as limitacións técnicas deses primeiros tempos, resultaba moi valioso para captar fenómenos de curta duración, como a totalidade dunha eclipse solar. Todo consistía en filmar axeitadamente o fenómeno e logo analizar a secuencia de fotogramas obtidos e desa forma obter non só imaxes razoabelmente boas senón tamén unha referencia de tempos, do momento en que sucede cada unha. Sabemos que a eclipse total de agosto de 1905, que durou case catro minutos e puido verse en Galicia, intentouna filmar o astrónomo catalán Josép Comas i Solà en Vinaròs. Non saíu ben; a metraxe de filme disposta non foi suficiente e a película acabouse antes do inicio da totalidade. Para a próxima habería que pensalo con máis coidado.
![]() |
| Comas i Solà |
Durante os meses previos fixo cálculos minuciosos para determinar coa maior precisión posíbel a zona de totalidade e foi publicando artigos na revista da Sociedade Astronómica de España. A liña de totalidade na península tocaría terra no Porto, en Portugal e subiría en dirección nordeste cara a Xixón atravesando Galicia. Estimou que a duración da totalidade sería de menos de medio segundo e que a zona na que a eclipse se vería como total tiña un ancho inferior aos 200 metros. Propón O Barco de Valdeorras como lugar de observación. No número de marzo de 1912 da revista da SADE recomenda Verín como punto base, aínda que alí non se verá a eclipse total:
“Verín está fuera de la totalidad, pero muy cerca de ella, y parece que cuenta con fondas aceptables, por lo cual pudiera aconsejarse esta población para hospedaje, montando los aparatos dentro de la zona de totalidad, a poca distancia de Verín, distancia que se puede recorrer fácil y rápidamente en carruaje”.Solicita financiamento á Reial Acadèmia de Ciències i Arts de Barcelona; pide 3000 pesetas mais a RACAB só pode outorgarlle para a misión a metade, 1500 pesetas: a explicación é a debilidade financeira en que se atopa a Academia debido ao retraso nuns pagamentos prometidos por parte do Concello e a Deputación de Barcelona. Malia o recorte, Comas Solà accede igualmente a emprender a misión. O día decisivo é o 17 de abril de 1912. Viaxa a Galicia coa súa esposa e Juan Solá, operador da casa Pathé (ao parecer, a Pathé concedeulle toda clase de facilidades para a acción). Levaron unha cámara cinematográfica provista de dous prismas para descompoñer a luz e obter o espectro da cromosfera, a capa solar que queda accesíbel cando o disco o tapa a Lúa (o chamado “espectro relámpago”).
Na véspera, o 16, o tempo foi espléndido, mais o 17 amenceu case completamente cuberto, con nubes que viñan do Atlántico. Houbo sorte: as nubes foron disipándose e durante os momentos da totalidade “el Sol se ostentó en una región purísima del cielo, pudiéndose llevar a efecto todo el plan de trabajo proyectado”. Malia a brevidade da fase central da eclipse, Comas Solà escribiu que o escurecemento foi moi acentuado, que chegou a verse con claridade o planeta Venus e que a temperatura baixou considerabelmente.
E a filmación? Cunha cámara que permitía imaxes con 0,2 segundos de exposición, Comas Solà obtivo unha secuencia duns cen fotogramas. Cen imaxes, en vez de “unhas poucas” como permitía a fotografía convencional. Infelizmente, a gravación que fixo Comas Solà está perdida. Se aparecese, pasaría a ser automaticamente a filmación máis antiga feita en Galicia, récord que na actualidade corresponde á Botadura del acorazado Alfonso XIII de 1913.
Un mestre de primeira ensinanza do Barco de Valdeorras observou o fenómeno non moi lonxe e fixo esta descrición nunha carta ao Instituto y Observatorio de Marina de San Fernando:
“Cuando se verificó el máximo ocultamiento, el espectáculo era á la par que imponente magnífico. El paisaje se presentó triste y macilento y el frío era bastante intenso. Las gallinas buscaban su albergue y una que ví y tenía sus polluelos los cobijó debajo de sus alas. También se vió un gran rato una estrella que, supongo, sería Venus, y varias nubecillas se presentaron en la atmósfera; pero no privaron de observar el grandioso fenómeno sideral. En el máximo se dejó ver algo la corona”.Non foi Comas Solà o único en filmar a eclipse de 1912. En Europa filmouse tamén en Francia, en Bélxica, na Alemaña e en Portugal. Da experiencia portuguesa tirouse, ademais, novo e importante coñecemento científico. En Ovar (Aveiro, Portugal) o profesor de astronomía da Universidade de Coímbra Francisco Costa Lobo fixo seguimento fílmico da eclipse e dos fotogramas tomados sacou unha estimación do achatamento da Lúa, en función da diferente visión das “perlas de Baily”, os puntos brillantes que rodean o disco negro da Lúa nas eclipses de Sol. Por primeira vez, o cinema converteuse na ferramenta precisa para producir un resultado científico no ámbito da astronomía. Pode lerse aquí un excelente artigo sobre o tema escrito por Vitor Bonifácio, Isabel Malaquias e João Fernandes, das universidades de Aveiro e Coímbra.
Moitos anos despois o director Richard Fleischer dirixiu o filme Barabbas (Barrabás), un clásico do cinema épico e relixioso inspirado nunha novela do Premio Nobel sueco Pär Lagerkvist, con Anthony Quinn, Silvana Mangano, Katy Jurado, Arthur Kennedy, Jack Palance, Ernest Borgnine e Vittorio Gassman no seu estelar elenco. Durante a rodaxe en Italia houbo un eclipse de Sol total, o 15 de febreiro de 1961, e foi filmado para a longametraxe. O fenómeno astronómico queda perfectamente integrado no relato, case ao comezo, durante a crucifixión de Cristo: o profeta morre e a luz desaparece. Unha vez máis, a astronomía acabou facéndose sitio nun coñecido filme de ficción.
Martin Pawley

















