![]() |
| Claire Atherton na Filmoteca de Galicia. Imaxe: María Messeguer para a Filmoteca de Galicia. |
En 2005 xurdiu en Catalunya o proxecto educativo 'Cinema en curso', unha iniciativa, en palabras das súas directoras Núria Aidelman e Laia Colell, de "pedagoxía do cinema e co cinema en escolas e institutos". A diferenza doutros proxectos de cultura audiovisual que se desenvolven nas aulas, e que tantas veces, infelizmente, aspiran apenas a imitar de maneira precaria os procesos industriais do cinema, a miúdo caducos e
de nula sostibilidade, 'Cinema en curso' procura un achegamento máis fértil e responsábel que ten o seu primeiro centro na contemplación e a análise dos filmes. Filmes completos, en salas e en festivais, mais tamén fragmentos de filmes, e isto permite o acceso a imaxes de cineastas que doutro xeito serían inviábeis, en particular a certas idades, como as de Chantal Akerman, Marguerite Duras ou David Perlov. Trátase de que a
rapazada comparta unha escena, que a mire e a escoite, que pense sobre ela e se faga preguntas, que a volva a mirar e escoitar tanto como for preciso, que se deteña sobre ela, que comente as súas impresións, as iniciais,
máis espontáneas, e logo as que se derivan dunha meditación máis fonda, de atender o que expresan as outras persoas. Cómpre facerse preguntas. Por que ese plano está filmado desta ou daquela maneira? Por que ten esa duración? (...)
Martin Pawley. Artigo publicado no Nós Diario o 30 de maio de 2026, sábado. As persoas subscritoras poden ler o artigo completo en liña nesta ligazón.

Ningún comentario:
Publicar un comentario