luns, 1 de xuño de 2020

O pintor cego

Logo da primeira das moitas lecturas que merecerá O pintor cego (Kalandraka, 2020), o derradeiro libro que iniciaron como parella creativa Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas, dou en pensar no moito que lle gustaría a Xabier Portrait de la jeune fille en feu de Céline Sciamma. Ambientado a finais do século XVIII, o filme trata dunha pintora, Marianne, que recibe a encarga de retratar unha muller antes do matrimonio concertado desta cun home que non coñece. A encomenda, que a obriga a desprazarse a un lugar illado na Bretaña, presenta unha dificultade adicional: a muller, Héloïse, non desexa ser retratada porque non quere casar, así que a pintora deberá facer o seu traballo en segredo, acompañala nos seus paseos diarios e pouco a pouco ir memorizando o seu rostro e o seu corpo. A película convértese axiña nun ensaio sobre a mirada, sobre a elaboración do obxecto artístico como construción dunha persoa que, para crealo, debe facelo seu, ver máis aló do superficial para achar a súa singularidade, para dar coa beleza. Por esa razón será destruída a primeira versión do cadro, non por unha cuestión de falta de oficio nin de técnica, senón porque non recolle a esencia da protagonista do mesmo, isto é, non estivo ben mirada. Despois diso, Héloïse accede finalmente a posar. Nun momento especialmente memorábel, Marianne enuncia os xestos, os tics, de Héloïse, e dille algo así como que os coñece ben porque para executar o seu traballo leva días esculcándoa con atención. Héloïse responde que, como modelo, ela tamén está a escrutar a pintora mentres traballa: a ollada sinala unha dirección con dous sentidos. O amor que nace entre as dúas mulleres é tamén o resultado dese descubrimento, o resultado de construír a imaxe da outra, do outro. Portrait de la jeune fille en feu é un filme belísimo, un deses no que non hai un plano que non sexa perfecto, cunha fotografía impresionante, máis unha vez, de Claire Mathon, co lume e as candeas deitando luz sobre a pel humana, sobre as paredes, sobre os vestidos. Un filme que non berra, no que se escoita o riscar do pincel contra o lenzo e o estralo das faíscas máis as voces de dúas actrices colosais, Noémie Merlant e Adèle Haenel. Podo imaxinar perfectamente a conversa que eu tería con Xabier sobre este filme. Podo imaxinarme con el, diante dun café nalgún bar do noso barrio da Coruña, debullando o filme igual que antes fixemos con The Tree of Life de Malick ou, o último de todos, Phantom Thread de Paul Thomas Anderson.


O pintor cego tamén é -na miña opinión, sobre todo- un ensaio sobre a mirada. A mirada da que nace a arte e a mirada da que nace o amor. O pintor do conto ten sona porque “é quen de tirar dos retratados a verdade do seu ser”. É quen de ver o que outros non ven, porque non miran abondo. O pintor debe facer un cadro dunha raíña e o primeiro día senta diante dela a contemplala durante horas. E igual o día seguinte, e os que veñen despois. Explícalle ao rei que non pode empezar a pintala até atinxir e facer súa a beleza da raíña. Antes dunha man destra, a arte precisa un cerebro que a inicie. O cadro debe existir primeiro na cabeza do pintor antes de empezar a distinguirse sobre a tea. Na súa feitura final, o retrato da raíña pode ter forma de música, mais iso é apenas a maneira na que se comunica aos demais: o retrato existiu primeiro na imaxinación do artista. O retrato é a impresión que da raíña quedou nel.

A morte prematura de Xabier fixo que o libro percorrera un camiño diferente das colaboracións anteriores entre o escritor e o ilustrador. Xabier e Cobas traballaban man con man, nunha influencia mutua permanente pola cal o texto ía dando forma ás imaxes mais estas facían logo que o texto cambiase. Desas idas e voltas naceron libros de inmensa fermosura, fitos da edición galega como Bolboretas, O libro das viaxes imaxinarias ou A illa de todas as illas. N’O pintor cego, o treito final do camiño Cobas houbo de percorrelo só. Partía dun texto xa moi sólido, mais non era posíbel o diálogo enriquecedor. Do desafío, aínda máis emocional ca artístico, agromou un froito prodixioso, coherente coa traxectoria previa. A grande cultura artística de Cobas converte O pintor cego nun fabuloso cóctel de referencias pictóricas, unhas explícitas (Arnold Böcklin), outras evidentes, a maioría máis sutís, desde o quattrocento italiano até Yves Klein e Luis Feito. Un colofón marabilloso a máis de trinta anos de fértil parzaría.

Martin Pawley

venres, 1 de maio de 2020

Os damos gracias, insectos, por los alimentos que vamos a tomar

La contaminación lumínica acaba con los polinizadores y amenaza gravemente la cubierta vegetal del planeta (y nuestra alimentación).

* * *

Abella europea ou doméstica. Imaxe: Andreas Trepte.
Un paso esencial en la reproducción de muchas especies vegetales es la polinización, el proceso por el cual llega el polen, los minúsculos granos que contienen las células reproductoras masculinas, desde los estambres hasta el estigma de las flores que contiene el óvulo. En ese viaje las plantas con flores se valen de diferentes agentes, como el viento o el agua, pero, sobre todo –y este sobre todo significa «casi un 90 % de los casos»– de la colaboración de un gran número de especies animales. En esa lista hay vertebrados, en particular pájaros y murciélagos (también roedores o algunos primates), pero con gigantesca diferencia el principal grupo de polinizadores son los insectos. El delicado equilibrio biológico del planeta cuenta con el trabajo imprescindible e inestimable de las abejas, avispas, hormigas, moscas, mosquitos, mariposas, polillas o escarabajos. Les debemos a los insectos buena parte de la naturaleza que disfrutamos y de la que abusamos: nada sería igual sin ellos.

Les debemos, además, nuestra alimentación de cada día. Casi todo lo que comemos depende de forma directa o indirecta de la polinización, de forma muy evidente en el caso de la producción hortícola (frutas y vegetales), pero también en la ganadería, intensiva o extensiva, a través del consumo de pastos y cultivos forrajeros. Entre estos últimos, el más utilizado a nivel mundial es la alfalfa y depende casi en exclusiva de la visita de insectos para la producción de semillas.

A finales del siglo pasado comenzó la preocupación por la drástica reducción de insectos en muchos ecosistemas. En 2017 un equipo de la Universidad Radbound holandesa presentó un estudio (DOI: 10.1371/journal.pone.0185809) que ponía números a esa reducción. Analizaron la biomasa de insectos entre 1989 y 2016 en sesenta y tres espacios naturales protegidos de Alemania y los resultados obtenidos desvelaron un «dramático descenso» medio del 76 %, que extendía al conjunto de los insectos voladores las brutales caídas detectadas en investigaciones precedentes entre las abejas, las mariposas y las polillas.

Un artículo en Nature ese mismo año mostró el peligro para la polinización que supone la luz nocturna (DOI: 10.1038/nature23288). Un grupo de científicos y científicas de la Universidad de Berna puso en diversos campos lámparas LED de uso común en la iluminación urbana para investigar su influencia sobre la presencia de insectos. Con este experimento descubrieron que durante la noche en los campos en los que se preservaba la oscuridad natural las flores recibían la visita de más de trescientas especies de insectos diferentes, pero en aquellos iluminados artificialmente la cantidad de polinizadores nocturnos era un 62 % menor. Esta pérdida de visitas nocturnas no se compensa durante el día y conducía globalmente a un descenso medible –hasta un 13 %– en la producción de frutos de la planta estudiada como referencia. Una evidencia más, y desde luego no la única, del impacto de la contaminación lumínica sobre las poblaciones de insectos.

Martin Pawley. Artigo publicado na sección «La noche es necesaria» da Revista Astronomía, nº 251, maio de 2020. 

sábado, 11 de abril de 2020

SACO en casa: "Frankenstein" (J. Searle Dawley, 1910)


Das películas producidas antes da chegada do cinema sonoro, polo menos un 70%, seguramente máis, perdéronse para sempre, entre elas obras de xenios como Frank Capra, Yasujiro Ozu ou Alfred Hitchcock. Ás veces, moi raras veces, a fortuna alíase coa cinefilia. No que vai de século atopáronse en diferentes arquivos filmes de John Ford que se consideraban desaparecidos (Bucking Broadway, Upstream) e sumáronse bastantes minutos á mítica Metropolis de Fritz Lang. En calquera almacén, quen sabe, pode haber unha copia sen catalogar da soñada 4 Devils de F. W. Murnau esperando que alguén a descubra.

A primeira adaptación cinematográfica da novela de Mary Shelley Frankenstein estreouna en 1910 a produtora de Thomas Alva Edison. Durante moitos anos a película creuse perdida, até que un coleccionista deu a coñecer nos 80 que tiña unha copia, agora en propiedade da Biblioteca do Congreso. O director foi James Searle Dawley, responsábel tamén, entre outras, dunha versión da Canción de Nadal de Dickens e dunha Branca Neve de 1916 que deixou pegada nun tal Walt Disney, a suficiente como para que dúas décadas despois fixese do relato recollido polos irmáns Grimm a súa primeira longametraxe.

O Frankenstein de Dawley non é tanto un relato de horror como unha fantasía romántica sobre a idea do dobre. Case na liña do Jekyll e Hyde de Stevenson, o monstro é o resultado dunha curiosidade "malvada e antinatural", segundo dicía a sinopse da época. Bastará que o seu creador afaste da mente eses pensamentos insanos, guiado polo amor verdadeiro, para que a criatura se esvaeza nun brillante xogo de espellos final.

Martin Pawley. Versión galega do artigo escrito para o festival en liña SACO en casa. 

venres, 10 de abril de 2020

SACO en casa: "Número, por favor?" (Hal Roach & Fred Newmeyer, 1920)


Moito antes de se converter nun actor garantía de éxito e unha das poucas estrelas do cinema mudo que mantivo a súa popularidade coa chegada do son, o destino de Harold Lloyd quedou en mans do azar. Nacido en Burchard, Nebraska, o 20 de abril de 1893, Harold tivo unha infancia nómade debido á escasa capacidade do seu pai, alcumado "Foxy", para manter un posto de traballo. Un deses variados destinos laborais foi a compañía de máquinas de coser Singer, na que tivo un accidente polo que foi compensado con tres mil dólares. Por esas datas, 1912, Foxy xa se separara da muller e os dous fillos vivían con el; o diñeiro dáballes para vivir unha tempada, mais faltaba decidir onde. A solución chegou lanzando unha moeda ao aire, a cara ou cruz: irían ao leste ou ao oeste? Gañou o oeste e establecéronse en San Diego, California.

Apaixonado pola interpretación desde sempre, Harold non tardou moito en facerse un sitio no cinema, que neses anos desprazaba o seu centro de produción desde Nova Jersey até terras californianas. Apareceu en diversas películas e fíxose amigo de Hal Roach, que montou unha produtora con Harold como valor principal. Os seus primeiros personaxes, Willie Work e Lonesome Luke, imitaban o "vagabundo" creado por Charles Chaplin até no aspecto físico, incluído o característico bigotiño, como podemos comprobar hoxe ao ver algunhas das curtas, non demasiadas, que se conservan. Non moi satisfeito cos resultados, o comediante empezou a imaxinar un personaxe diferente. Un mozo normal, sen trazos extravagantes, apenas unhas lentes redondas sen cristais e un chapeu de palla como distintivo. Aí nace o Harold Lloyd que todos coñecemos. O mozo con lentes soñador e voluntarioso, irresistibelmente simpático, elegante, mesmo atractivo. O mozo sen nome que fará todo o que está da súa man para acompañar a moza (tamén sen nome) nun paseo en globo na deliciosa Número, por favor?: imposíbel tirar máis proveito cómico dunha cabina de teléfono e un moedeiro. Dá igual que as cousas ao final non saian como desexaba, pesa máis a pura alegría. Na sofisticada e optimista era do jazz non hai tempo para derivas melancólicas.

Martin Pawley. Versión galega do artigo escrito para o festival en liña SACO en casa. 

mércores, 8 de abril de 2020

SACO en casa: "Viaxe á Lúa" (Georges Méliès, 1902)

Con vinte e poucos anos e o servizo militar acabado, Georges Méliès marchou a Londres para traballar como dependente e mellorar o seu inglés. Nas súas horas libres empezou a visitar un museo de curiosidades, o Egyptian Hall, para ver as funcións do ilusionista John Nevil Maskelyne. Cando volve a París, faino xa completamente seducido pola maxia. Farase asiduo do Teatro Robert-Houdin, que acabará comprando en canto comprende que o seu futuro está nos escenarios e non na empresa familiar de zapatos. Dedicou o seu enxeño e o seu esforzo a modernizar o espectáculo, a inventar novos trucos, a poñer a técnica do seu tempo ao servizo do entretemento. Foi un éxito. Polo seu traballo renovador da maxia moderna, Georges Méliès xa tería garantido un oco nos libros.

Mais nos libros acabou aparecendo por outra razón, aínda máis notábel. Horas antes da lendaria primeira proxección pública do seu "cinematógrafo", os irmáns Lumière fixeron unha demostración para donos de teatros e salas de París. Georges foi un dos presentes e quedou fascinado polo cinema igual que antes pola maxia. Os Lumière non quixeron venderlle a cámara, mais acabou conseguindo unha por medio doutro pioneiro, Robert W. Paul, e en poucos meses as imaxes animadas eran xa unha atracción máis do seu teatro.

A casualidade fai que descubra o potencial da cámara para fabricar ilusións imposíbeis. Mentres filma un plano na Praza da Ópera de París, a cámara atáscase; cando resolve o problema, retoma a gravación. Ao mirar as imaxes proxectadas, ve con asombro como un autobús "se transforma" nun coche fúnebre. Méliès non foi o primeiro en usar trucos, mais fixo deles o seu sinal de identidade: as transformacións obtidas parando a cámara e cambiando unha cousa por outra serán a base de boa parte dos centos de películas que fixo. Os efectos especiais superpóñense a unha posta en escena moi teatral, que prodiga imaxinación no deseño de decorados e o vestiario e maquillaxe de actores e actrices. O seu cinema tende á fantasía máis lúdica e tola e non dubida en botar a casa pola ventá se é necesario; non hai quizá mellor exemplo disto que a delirante Viaxe á Lúa, que foi un éxito en moitos países, mesmo nos Estados Unidos, aínda que non chegou a ver moitos dólares de recompensa pola entón (tamén) común distribución pirata das películas.

Méliès deu cunha fórmula triunfal, mais o cinema progresou tanto e tan rápido que esa fórmula mostrou axiña sinais de esgotamento. Os problemas multiplicáronse ao seu redor e nos anos 20 o mago de Montreuil era un home arruinado e esquecido pola industria que atendía un posto de xoguetes e lambetadas na estación de Montparnasse. A historia tíñalle reservado un final feliz. Foi rescatado do esquecemento e homenaxeado aínda en vida polas novas xeracións, de Henri Langlois a Georges Franju, que recoñeceron nel unha figura esencial. Un dos creadores que fixo que o cinema deixase de ser unha curiosidade científica para converterse nunha arte de masas.

Martin Pawley. Versión galega do artigo escrito para o festival en liña SACO en casa. 

domingo, 5 de abril de 2020

Unha década de Novo Cinema Galego (e III). Cuestionario a José Manuel Sande

Cando xurdiu a etiqueta do Novo Cinema Galego (NCG)?
José Manuel Sande (JMS): A nomenclatura formal, concreta e con esa acepción aparece nun agora xa emblemático artigo publicado a inicios de 2010 -por certo, alégrome de que isto suceda, que alguén independente e fóra dos circuítos ao uso poida fixar unha achega súa-, pero nin que dicir ten que responde a sensacións, pulsións, talentos e elementos que se viñan detectando -como lanza o texto de Martin Pawley- no ambiente desde había uns meses. As sucesivas conversas, a análise de textos e contextos, o espírito entusiasta dos compoñentes do proxecto Acto de Primavera (Xurxo González e Martin Pawley máis ca min, que supoño sempre mantiven certo pouso inevitablemente institucional, pretendida e inutilmente estoico e obxectivo) fixeron posible esta operación de difusión, posta en valor e propagación de talento. Parte do fermento, e é importante sinalar o carácter metafórico que tivo, pasa por un festival fugaz, fronteirizo e modesto –en economía, non en propósito ou (boas) ideas- que convén lembrar, o Filminho. Considero que a edición de 2008 coa incursión de pezas de Oliver Laxe, Peque Varela, Lara Bacelo, Claudia Brenlla, Susana Rey ou Ángel Santos foi decisiva para calibrar o que sucedía e ver o fortalecemento de determinadas propostas. Alí foron premiadas París #1 e O cazador. Os membros do xurado tardamos, e non esaxero, unhas 3 horas en chegar a un acordo, a unha conclusión. Debo dicir que pagou a pena a deliberación, a pelexa e a espera. Por último, a existencia de alguén como Alberte Pagán (de quen no Filminho proxectouse Po de estrelas) remitía a un universo autoxestionario, experimental e libre moi suxestivo. A suma de todo isto indica que existía un xerme, un pulo creativo que creo abrollou inevitablemente en 2010.

José Manuel Sande e Xurxo González despois da estrea en Portugal de Tabú de Miguel Gomes
(Guimarães, 28 de marzo de 2012). Imaxe: Martin Pawley.

Por que esa etiqueta?

JMS: Fundamentalmente, a necesidade de difusión e expansión do traballo dos mozos (ou non tan mozos) cineastas que estaban facendo pezas de interese, cando non magníficas, ou mergullando en lugares moitas veces no plano artístico en Galicia pouco transitados. Non debemos deixar de lembrar que por vez primeira asistimos a lugares insospeitados –o espazo dos festivais, a marca do filme que se pode ver en todo o mundo con moito máis público e eco do que parece- e establecemos proximidade co feito estético contemporáneo. Por outro lado, no que respecta ás arrogancias e as maquinarias de propaganda, imaxina alguén que na era Fraga se tivese conseguido un premio en Cannes? Ou que descubrisen que existían os certames de Marsella, Locarno ou directamente outras formulacións narrativas?

Que era o que se quería nomear?
JMS: Un feito, o que estaba sucedendo, moi prometedor, e unha sensación derivada, o talento que circulaba coa eclosión de creadores e novas formas, escrituras e ata modos de produción.

Cal era o contexto político naquela altura?
JMS: Triste, como amosa a actualidade. Desconcertante, de cambios inesperados, logo máis continuista do que parecía pero con outro espírito. Como moitos saben, as experiencias progresistas raras veces convalidan en Galicia, a non ser que teñan toques personalistas e/ou nepotistas, traizoen a súa esencia ou sexan quen de venderse a determinados intereses. O PP, exactamente un conglomerado de intereses, así como un partido ben organizado -aínda que os seus obxectivos non pasen precisamente polo ben común ou clase algunha de altruísmo social-, gañou as eleccións de marzo de 2009 con certa sorpresa, sen méritos aparentes, ben respaldado pola autoconfianza das forzas do goberno bipartito, a guerra sucia e a colaboración inestimable dalgún grupo de comunicación que soubo cobrar moi rápido os favores, e o certo é que podemos afirmar con rotundidade que non tiña plan algún no apartado cultural, particularmente no terreo audiovisual. Pasado un tempo, soubo continuar camiños explorados na etapa do goberno bipartito e mesmo deixarse asesorar (en aspectos moi concretos), pero naquel momento foi todo confuso. Confuso e triste, que a memoria non se esvaeza nestas cuestións. E, ollo, non se trata de non saber percibir as mutacións nun tecido profesional, senón de non saber xestionar nin ter unha idea ou proxecto propio, fóra de políticas regresivas, daniñas e moi sinaladas que chegan ata hoxe: os sucesivos recortes en Cultura e a creación e mantemento da momia nomeada Cidade da Cultura.

Cal era o contexto cinematográfico naquela altura?
JMS: Máis plural que no pasado inmediato. Convivían estes traballos cun cinema de aspiracións industriais, de obxectivo comercial, desigual nos seus resultados.

Que papel xogaron as axudas de talento?
JMS: Crucial. E conseguiu certificar a súa transcendencia dun xeito ben paradigmático: a través dun sorprendente movemento de defensa destas axudas nun momento no que se vían ameazadas. Lembremos a presión exercida polos manifestos reivindicativos lanzados en outono de 2010 e xuño de 2012 -promovidos no primeiro caso desde Acto de Primavera, no segundo por cineastas e axentes do propio sector-, indicio claro das políticas decididamente desnortadas (por esa fraqueza terrible que dá o descoñecemento mesturado coa soberbia) da cúpula audiovisual do primeiro goberno presidido por Núñez Feijóo.

Ao NCG faltoulle respaldo político?
JMS: A clase política normalmente chega tarde a todos os procesos. Por iso de maneira interesada moi poucas veces a historia da sociedade civil é capaz de colocarse ou recoñecerse no seu xusto lugar. E pensemos que estamos nun lugar no que a moderación enténdese como algo intrinsecamente bo, como se ir á esencia dos asuntos penalizase. Por iso non se tocaron ou exploraron infinidade de formas e temas, e así, como consecuencia, temos unha arte demasiadas veces submisa, reverente. O núcleo dun traballo non pode pasar por non molestar. Ou que mollarse social, cultural e politicamente sexa un defecto. O sectarismo, a parcialidade e o pánico á autocrítica fan un fraco favor aos que din ser progresistas. Por enriba, se todo se pretende reducir a unha cuestión de identidade, fronteiras ou bandeiras, perdese parte do fondo e da complexidade. Crear ou recrear unha tradición leva un tratamento crítico do anterior e do presente e conduce a determinar que a elección para ese camiño é a do talento, a da impugnación do esclerotizado, a do atrevemento e os poderes da sutileza e a iconoclastia.
Quen non sabe, actúa de xeito convencional e por inercias de comportamento. Así operan as modas e tendencias, que nas cinematografías pequenas normalmente non levan a nada. A administración pública debería saber sempre que non debe actuar como unha empresa. Non o necesita nin llo pide ninguén (isto último si, pero non lle debe importar). Pode experimentar no sentido de facer primar o talento e as singularidades. E, como sucedeu no caso do NCG, sublimar esa excelencia por enriba pode ter (ten) consecuencias prácticas e ser rendible.

Cal credes que foi o papel que xogou a AAG e a AGADIC?
JMS: Importante por algo tan esencial como é o modelo de relación e de financiamento do sector audiovisual e o papel que debe xogar unha administración con respecto á creación e ás artes. Falase moito dos intrusos ou okupas con cargos políticos. Pois ben, ás veces sucede que o rigor, a sensatez e mesmo a humildade que confire o bo humor imperan e son estes axentes (inusuais) os que impulsan iniciativas, medidas e apoios que nin o burócrata aborregado ou o arribista de manual son quen de executar. Hai tres claves obvias: procurar o ben común; ter perspectiva e coñecemento; non ser submisos nin proclives a movementos superficiais. A historia cultural da Xunta de Galicia raras veces consigue xuntar unha soa destas tres características, se exceptuamos políticas e axentes concretos, en xeral máis independentes, e que se corresponden –con algunha destacada excepción- cos breves interregnos de carácter progresista. Por suposto, estes suxeitos e políticas son incómodos, dado que existen intereses e unha vida cortesá establecida. Non deixa de ser curioso como a obsesión por outra etiqueta, aquela que podemos amalgamar no termo Galicia Calidade, incide no promocional sen vislumbrar a excelencia. É dicir non inclúe a palabra na que se sostén, a calidade (e chega con ver as apostas históricas: The Way sería unha mostra reveladora). A Axencia quixo ver a complexidade do asunto e acertou parcialmente, abriu camiños estimulantes. Era un inicio, en medio dunha situación paranormal (o propio reparto de competencias do goberno bipartito non favorecía precisamente a unidade de acción). O pau electoral e cambio de goberno fai que a partires de marzo de 2009 directamente a situación mude. Para os sucesivos gobernos do PP, o cultural nin se entende nin se considera un mundo próximo. Todas as remodelacións realizadas deixan en segundo plano polo tanto a palabra cultura. Por iso AGADIC, malia esforzos particulares e algúns continuismos afortunados, vai explicitando a súa postura a partires de 2012 e deixando finalmente todo reducido ou confinado a un sistema de axudas, aínda en parte válido pero que precisa máis ambición e recoñecemento ou análise dos resultados, non sempre tan tanxibles ou susceptibles de reducirse a meras cifras. E as apostas por proxectos singulares pasan, como sucedeu nos últimos anos, á consideración do turismo cultural, un híbrido confuso, pouco menos que indefinible, onde o camiño de Santiago, a quimera xacobea ou o que debemos invocar como a sociedade do espectáculo, a través dun popurrí de aranceis, prebendas e os intereses duns poucos, conflúen. Conflúen en detrimento de políticas rigorosas, ambiciosas e consensuadas. Nada hai peor que o curtopracismo político e o conservadurismo do estatismo. Xa sabedes, este asunto ou actitude que habilmente propagou como imaxe da espera Rajoy (habano en man): non facer nada como modo de facer. Pódese dicir, seguindo a escala do exemplo, que sempre será peor a tolemia ávida de poder dun Aznar pero, en xeral, é preferible que haxa un mínimo de coraxe e se presenten propostas reais, aínda que hipoteticamente puideran chocar cos sectores representados. Un proxecto permite discutir, debater; unha fuxida cara adiante provoca unicamente frustración.

A etiqueta nomea unha xeración?
JMS: Nun sentido moi amplo. É antes un movemento que unha escola ou unha xeración concreta, aínda que por razóns obvias moitas das persoas do NCG corresponden cunha época ou xeración determinada ou próxima no tempo.

Como se dialoga co pasado?
JMS: Con respecto e coñecemento, con autenticidade e entusiasmo. Cando tes unha tradición nalgún ámbito feble, a creas en correlación a outros lugares e incorporando os teus elementos. Esta é unha das claves no caso do NCG. A adición de contemporaneidade, ausencia de atraso estético, a amplitude de miras. Como se sumásemos todos os procesos relevantes anteriores ou aqueles intres máis felices, unha síntese -máis intuitiva que reflexiva ou ilustrada as veces- do cinema de correspondencia, o espírito dos pioneiros do tardofranquismo e a transición, a videocreación dos 80, a produción televisiva máis audaz ou a animación madura. É tan sinxelo como ter claro o destinatario e non obsesionarse cun coñecemento aparentemente masivo dos públicos e da recepción.

Que acollida tivo entre os creadores?
JMS: Creo que boa. Fortaleceu a autoestima, amosou as posibilidades de chegada a lugares antes inaccesibles, uns autores influíron noutros. Mesmo xerouse unha sensación de comunidade, un sentido colectivo que ata frutificou en experiencias moi inusuais, como son os filmes colectivos (o achegamento ao espazo okupado e autoxestionado Casa das Atochas ou Nimbos, celebración do poemario de Xosé María Díaz Castro).

Que acollida tivo entre o público?
JMS: Un dos principais inconvenientes que afecta a este sector precisamente é a difusión, a promoción e distribución dos traballos. O espectador avezado detectou inmediatamente que ocorría algo. O problema da distribución dificulta enormemente unha maior expansión. Hoxe parece o momento de virar positivamente isto.

Que acollida tivo entre a crítica?
JMS: Desigual, como se desenvolve sempre este suxeito, un espazo simbólico onde a ilustración mestúrase coa vulgaridade e o oficio de ocupacións múltiples. Creo que a crítica sempre foi parcial no tratamento das producións realizadas por autores galegos. Non quixo influír en ningún caso dilapidando con contundencia o posible potencial dun ámbito enteiro. Isto pode entenderse desde certos parámetros pero dificultou o carácter electivo e libre que debe ter o analista ou crítico. Se todo vale, a posición de privilexio de quen escribe para facer comprender mellor determinadas propostas fílmicas, queda anulada. Nin que dicir ten que a aparición do meteorito serviu para poñer a cada un no seu sitio.

Que acollida tivo entre os medios?
JMS: Na maioría dos casos aceptaron a etiqueta. Si me gustaría destacar o Xornal de Galicia que, nun periplo exemplar no eido cultural nun difícil contexto (sobre todo no tramo final da súa existencia), soubo captar a esencia dos tempos e ser en simultáneo información e empurrón das vangardas, algo xornalisticamente ben complicado.

Que acollida tivo entre o sector?
JMS: Controvertida e desigual. Non establecer un canon estético ou un corpus pechado seguramente foi decisivo para evitar oportunismos a destempo ou desembarcos masivos e si abranguer o de plural que podía existir no sector. Pero tamén houbo quen se sentiu ameazado ou desdeñado, cando a etiqueta viña respaldar en xeral as singularidades que puidera haber na produción galega e, considero, nunha concepción de lanzamento positiva para todas.

Que acollida tivo entre os axentes formativos?
JMS: Máis elocuente e isto poderá verse cada vez con maior contundencia. Atoparon un marco conceptual e didáctico claro e con exemplos afortunados. Mesmo unha iniciativa como Cinema en Curso (CGAI) soubo percibir o que sucedía, fomentando o máis parecido a unha comunidade creativa en interacción neste caso con cativos e adolescentes, unha experiencia (en proceso) tan pertinente como afortunada. E resulta evidente así formulado, pero moitas das imaxes do Novo Cinema Galego quedarán na memoria audiovisual e no imaxinario colectivo.

Que figuras destacarías que apoiaron ao NCG?
JMS: Non levamos sorpresas neste apartado. Foi indiferente quen quixo selo –unha vez máis a consideración do novo como ameaza- e os aliados estaban claros. Si convén resaltar con absoluto realismo un feito: a parte institucional tardou en reaccionar e sempre foi por detrás.

Que papel xogaron os festivais?
JMS: A maioría, e desde logo os máis estimulantes ou con capacidade de exploración estética, viron rápido o papel preponderante e atractivo que podía xogar o Novo Cinema Galego, un aval que viña dado, claro está, pola calidade indiscutible que eles mesmos ao programar vían en moitas das producións.

Jaime Pena, Martin Pawley, José Luis Losa, Marta Gómez e José Manuel Sande na mesa redonda "Pasado,
presente e futuro dos festivais de cinema", Cineuropa, luns 14 de novembro de 2011. Autor descoñecido.

Que iniciativas puideron dar continuidade ao NCG?
JMS: Houbo dúas vías básicas, unha determinada pola nosa propia acción (falo de Acto de Primavera), outra polo curso dos acontecementos, o funcionamento dos distintos títulos que acadaban pegada e consistencia. Nós tentamos algunhas intervencións. Non todas foron posibles, pero si houbo moita xente receptiva (penso na actividade desenvolvida na Casa das Campás en Pontevedra ou no CGAC), o que facilitou cursos, ciclos, conferencias, circulación dos filmes por festivais ou textos; en xeral houbo unha labor de reivindicación das calidades dos filmes e moitos axentes moveron todos os fíos que tiñan para axudar a que agromase.

Como evolucionou a etiqueta?
JMS: Pasei moito tempo ausente deste oficio e teño a impresión de que conceptualmente vén de resucitar. Con outros vimbios, noutro momento, con estados de madurez asimilados, traxectorias moitas máis definidas, pero co mesmo desexo de chegar aos diversos públicos e de ofrecer rigor acomodado a obras na maioría dos casos moi persoais. E respectando aquela formulación ou definición que outorgaba Barbara Hammer ao cine radical, “heterodoxo tanto no contido como na forma”. Curiosamente teño a impresión de que nestes anos non xurdiron moitos nomes novos, aínda que se confirmaron outros, caso de Jaione Camborda ou Xacio Baño, e outros directores anteriores traballan con outra liberdade, e poden facer películas de seguro máis próximas á súa esencia, o cal viría a indicar tamén a ausencia de oportunismo en torno ao movemento e a aprendizaxe en ambas direccións: como sucede na vida as influencias van de pais a fillos e tamén en sentido inverso. Como dicía antes, a miña sensación é que as actitudes foron naturais e non impostadas.

A etiqueta ten límites?
JMS: Sempre os tivo, aínda que posúe unha parte de conveniencia. Dado que é unha etiqueta tan realista como funcional debera estar acoutada temporalmente –cos Novos Cines na lembranza-, pero tamén no seu compoñente de promoción e suxeición a unha serie de trazgos, hai postulados que permanecen ou que aportan derivas aínda útiles.

Cales son as características do NCG?
JMS: Moi sintético. A aparición de filmes e autores que rachan con fórmulas industriais, que apostan por outras formas nun momento de cambio de paradigma, de mutación global universal no ámbito audiovisual. Exercen a hibridación de xéneros e formatos, nun catálogo estético que vai do material encontrado ao documental de creación, do cine-ensaio ás exploracións autobiográficas, e teñen orixes marcada por un eclecticismo formativo tendente á atracción e coñecemento de linguaxes renovadoras. No seu periplo vaise desenvolvendo unha interesante capacidade de creación de sinerxías. Os festivais terán papel protagonista na súa historia.

Cal é o nexo de unión?
JMS: Moitos. Non podo facer máis que lembranza da miña propia peripecia. Unha vez establecido o CGAI como un centro visible de paso as presentacións, programacións, os vínculos con xente que quedaba a durmir na miña casa, os xantares e festas, o xurdimento de novos proxectos e alianzas naturais, os diversos visionados de proxectos con diversas montaxes na procura de asesoramento ou consello, a experiencia de Arraianos, a realización dos filmes colectivos antes mencionados ou a recepción dos festivais levan a unha configuración afortunada, que, lembra, de xeito pertinente, a observada nas lembranzas históricas de grupos xeracionais ou movementos artísticos. Non vou beatificar nin mistificar nada, pero é certo que as relacións entre xentes moi variadas son amistosas e, dun xeito moi campichano, natural, establecéronse vínculos –o que é máis importante- mantidos no tempo.

Como soporta o NCG a cuestión nacional?
JMS: Pois mellor do esperado. Poucas veces o feito cultural non folclorizante ou máis tópico adquiriu carta de natureza. O que non quita que tamén as veces estea aqueixado dos grandes males galegos (non mollarse coa realidade ou a autocompracencia negativa serían dous trazos estables disto). A perspectiva pretendidamente autoral pode ser tamén moi cómoda e leva ao predominio de características ou tendencias que convén desvelar ou non esquecer: a ausencia de humor, a fuxida do xénero e o relato, un mirarse o embigo, certa superioridade moral ou a sublimación do contemporáneo en detrimento de legados valiosos.

Cales foron os fitos do NCG?
JMS: Nos inicios sen dúbida todos os filmes, curtas ou longas, que pasaron por grandes festivais. No previo a experiencia das axudas promovidas no período 2005-2009 ou as pezas do Filminho 2008 acabaron resultando determinantes.

Que relación tivo co "otro cine español"?
JMS: Inevitable, tendo que sortear os centralismos e prexuízos que sempre formaron parte do mosaico cultural español.

Intentouse repetir o modelo noutros territorios?
JMS: Si. A complexidade da descentralización de competencias estatal e a preguiza mental fai que exista aínda moito autismo ou descoordinación interinstitucional, pero tamén hai persoas competentes e redes aproveitables. Os resultados estaban á vista.

Por que o ICAA o outras institucións non copiaron este sistema de apoios?
JMS: Nin coñezo todos os casos nin obviamente estaban obrigados. Por outra banda, é certo que a sinécdoque non sempre funciona. Iso si, sorprende que unha convocatoria tan eficaz e ao tempo económica como a de Talento non traspasase máis fronteiras, mesmo ámbitos artísticos.

Por que dez años despois aínda se sigue falando do NCG?
JMS: Polo potencial dos traballos realizados polos cineastas e os seus equipos. Lonxe de morrer ese espírito e talento, coa obtención de estreas normalizadas e lexitimidade a través de premios, prensa, difusión, traballos académicos, circuítos de prestixio, a etiqueta parece renacer e acadar unha nova operatividade.

Que películas e cineastas destacarías?
JMS: Fago unha emblemática e apresurada escolma, que nin quere ser canónica nin excluínte (hai outros traballos, asinados por xentes que van de Alberto Gracia a Diana Toucedo ou Cayuela/Gómez Viñas, tan interesantes ou bos como estes). Creo que hai unha vertente experimental, encabezada por Alberte Pagán. Bs. As. (2006) fíxoo especialmente coñecido, co seu axuste entre indagación na memoria e as formas. Nesa vía La brecha (2011) de Marcos Nine ausculta os propios procesos de creación, anticipo dunha carreira creativa e plural. Non podemos esquecer os traballos emblemáticos que pasearon por festivais e figurarán nas antoloxías do período e do noso cinema: Todos vós sodes capitáns (2010) co seu premio en Cannes e a popularización do movemento ou Vikingland (2011) de Xurxo Chirro, o xenio da segunda vida das imaxes, unha peza única. Hai dous traballos dos últimos tempos que debo destacar. Longa noite (2019) de Eloy Enciso, amalgama de oralidade, sinerxía cine-literatura, estilización e formación dun novo naturalismo. Prolonga e enriquece os achados de Arraianos (2012). Lúa vermella (2020) de Lois Patiño vén de estrearse na Berlinale. Patiño supera a capacidade poética de Costa da Morte (2013) mentres filtra mito, sutileza e terror en torno á forza da comunidade.

Se a animación de Peque Varela estableceu un lugar para a reflexión persoal e a vindicación colectiva e sociopolítica, 1977 (2007) e Gato encerrado (2010) representan un díptico tan poderoso que, sen dúbida, ela é a figura que hoxe máis botamos en falta. O relato existe e a traxectoria de Ángel Santos é unha das máis vivas e coherentes, amosando que a prosa rica e íntima transgrede. Destacaría o humor, conspicuo, en Canedo (2010) de Vicente Vázquez e Usue Arrieta. E VidaExtra (2013) de Ramiro Ledo representa un cruce necesario entre a disidencia formal e a política, un preludio de debates importantes que estaban e están no ambiente.

Cal é o legado do NCG?
JMS: A riqueza das súas obras; a robustez de moitas das traxectorias artísticas que naceron e lanzaron; a demostración de que non existe un atraso estético, de que se forma parte en tempo presente da historia do cinema; a incorporación da produción máis periférica ao cine galego; a importancia do legado da vangarda ou as linguaxes antihexemónicas; a comprensión do cine como panarte; a (relativa) democratización económica dixital; o reforzo da idea de comunidade. Nunha época na que tanto se fala en simultáneo de industria e cultura, o movemento contribúe a recuperar, sen pedanterías nin farragalladas, a palabra arte. Nunha era de especialización do traballo, a demostración de que pode haber pezas de excelencia tamén con actores non profesionais, con críticos que producen, con escritores que actúan, con guións non sempre pechados, con procesos de traballo cheos de interacción, con equipos pequenos, con orzamentos limitados,...

Por que vos xuntastes (Sande, Pawley e González) no colectivo crítico ACTO DE PRIMAVERA?
JMS: Supoño que somos das persoas que nunca paramos quietos, somos -se existe a palabra- argalladores profesionais ;) Estabamos condenados a atoparnos e rematar nalgún proxecto conxunto. Por iso tamén a edición do Filminho de 2008, coas conversas, proxectos e intuicións que alí medraron, foi decisiva. A derrota electoral do bipartito acendeu todas as alarmas –un feito que se vería corroborado pola realidade- e organizouse formalmente o blog conxunto. Os tres coincidimos no entusiasmo e a enerxía, por iso sempre andamos a mil cousas. Gustaríame destacar a xenerosidade, dedicación, intelixencia e altura de miras que sempre vin en Xurxo e Martin.

Por que non se escribiu o libro do NCG?
JMS: Supoño que na vida non hai que autoimpoñerse trampas. Pero, fíxate, dadas as características do NCG esa falta de concreción excesiva xogou ao noso favor e en defensa do mito instalado. Se acaso podía terse escrito un libro de entrevistas, pero tamén queda claro que tería hoxe moito máis interese con obras avanzadas, consolidadas, con novos proxectos. Aínda hai tempo. De todos modos, as distancias longas –coa verborrea que traen- están sobrevaloradas.

E por que este cuestionario?
JMS: Como dicía antes, pasei moito tempo, catro anos e medio, entre 2015 e 2019, fóra deste mundo, deste oficio. Apareceron voces, novos nomes e traballos, mesmo escritos e teses ben documentadas, pero as nosas verbas e recordos en certo modo desapareceran. De feito nunca as fixaramos con esta extensión. E desde unha perspectiva máis persoal, malia que seguía informado, botaba en falta a paixón do movemento. Porque seguramente, despois de todo, o máis interesante deste asunto é que se pasa ben. E é unha historia colectiva.

* * *

Para saber máis: Cuestionario a Xurxo González + Cuestionario a Martin Pawley

mércores, 1 de abril de 2020

En la ciudad nunca se ven las estrellas

Eça de Queirós encontró en el cielo estrellado una ventana para experimentar la unidad del universo.

* * *

Aunque Rosalía de Castro, de quien hablamos el mes pasado, no viajó nunca a Portugal, su obra fue conocida en el país vecino ya en vida de la autora. Cantares gallegos formaba parte de la biblioteca de Antero de Quental, pero su mayor admirador pudo ser Eça de Queirós, una de las figuras esenciales de las letras portuguesas. Su propia hija le explicó al experto en la obra rosaliana Alberto Machado da Rosa que la escritora gallega había sido «una de las más profundas devociones literarias» de Eça, cuyos versos era capaz de recitar de memoria. Dos versos del poema Airiños, airiños aires se citan en una de sus novelas, A Capital: «Doces galleguiños aires, / quitadoiriños de penas».

Nacido en Povoa de Varzim en 1845, José Maria de Eça de Queiroz fue diplomático además de escritor y como tal vivió en La Habana, Newcastle, Bristol y París, ejerciendo como cónsul. O crime do Padre Amaro, O Mandarim, Os Maias o A ilustre casa de Ramires son algunas de sus novelas más destacadas, pero hoy quiero destacar otra, A cidade e as serras, que se publicó en 1901, un año después de su muerte. A cidade e as serras desarrolla una trama y un personaje antes presente en un cuento excepcional, Civilização. El protagonista, Jacinto, vive en la ciudad rodeado de lujos y de las más notables manifestaciones del progreso y la cultura, pero eso no le impide ser profundamente infeliz. Jacinto decide abandonar la ciudad para ir al campo, a las «serras» del título, un mundo más primitivo, apegado a los ritmos naturales. Entre el entusiasmo tecnológico y la fascinación bucólica hacia la naturaleza, Jacinto alcanza un punto de equilibrio. Y en ese equilibrio está presente la belleza y el misterio del firmamento nocturno:

«En la Ciudad (como notó Jacinto) nunca se ven, ni se recuerdan, los astros, por causa de los faroles de gas o de los globos de electricidad que los ofuscan. Por eso (como yo apunté) nunca se entra en esa comunión con el Universo que es la única gloria y el único consuelo de la Vida. Pero en la sierra, (…) un Jacinto, un Zé Fernandes, libres, bien cenados, fumando en el saliente de una ventana, miran las estrellas y las estrellas miran hacia ellos. (…) En este instante, otros Jacintos, otros Zés Fernandes, sentados en las ventanas de otras Tormes, contemplan el cielo nocturno y en él un pequeñito punto de luz, que es nuestra Tierra que tanto sublimamos. (…) Por tanto, todos nosotros, Habitantes de los Mundos, en las ventanas de nuestros caserones, más allá de los Saturnos, o aquí en nuestra pequeña Tierra, constantemente completamos un acto sacrosanto que nos penetra y nos une, que es sentir en el Pensamiento el núcleo común de nuestras modalidades, y así concebir por un momento, dentro de la Consciencia, la Unidad del Universo.» 

Martin Pawley. Artigo publicado na sección «La noche es necesaria» da Revista Astronomía, nº 250, abril de 2020. 

* * *

Fragmento orixinal completo d'A cidade e as serras en portugués:

«Na Cidade (como notou Jacinto) nunca se olham, nem lembram os astros–por causa dos candeeiros de gás ou dos globos de electricidade que os ofuscam. Por isso (como eu notei) nunca se entra nessa comunhão com o Universo que é a única glória e única consolação da Vida. Mas na serra, sem prédios disformes de seis andares, sem a fumaraça que tapa Deus, sem os cuidados que como pedaços de chumbo puxam a alma para o pó rasteiro–um Jacinto, um Zé Fernandes, livres, bem jantados, fumando nos poiais de uma janela, olham para os astros e os astros olham para eles. Uns, certamente, com olhos de sublime imobilidade ou de sublime indiferença. Mas outros curiosamente, ansiosamente, com uma luz que acena, uma luz que chama, como se tentassem, de tão longe, revelar os seus segredos, ou de tão longe compreender os nossos…
–Oh Jacinto, que estrela é esta, aqui, tão viva, sobre o beiral do telhado?
–Não sei… E aquela, Zé Fernandes, além, por cima do pinheiral?
–Não sei.
Não sabíamos. Eu, por causa da espessa crosta de ignorância com que saí do ventre de Coimbra, minha Mãe espiritual. Ele, porque na sua Biblioteca possuía trezentos e oito tratados sobre Astronomia, e o Saber, assim acumulado, forma um monte que nunca se transpõe nem se desbasta. Mas que nos importava que aquele astro além se chamasse Sírio e aquele outro Aldebarã? Que lhes importava a eles que um de nós fosse Jacinto, outro Zé? Eles tão imensos, nós tão pequeninos, somos a obra da mesma Vontade. E todos, Uranos ou Lorenas de Noronha e Sande, constituímos modos diversos de um Ser único, e as nossas diversidades esparsas somam na mesma compacta Unidade. Moléculas do mesmo Todo, governadas pela mesma Lei, rolando para o mesmo Fim… Do astro ao homem, do homem à flor do trevo, da flor do trevo ao mar sonoro–tudo é o mesmo Corpo, onde circula, como um sangue, o mesmo Deus. E nenhum frémito de vida, por menor, passa numa fibra desse sublime Corpo, que se não repercuta em todas, até às mais humildes, até às que parecem inertes e invitais. Quando um Sol que não avisto, nunca avistarei, morre de inanição nas profundidades, esse esguio galho de limoeiro, em baixo na horta, sente um secreto arrepio de morte:–e, quando eu bato uma patada no soalho de Tormes, além o monstruoso Saturno estremece, e esse estremecimento percorre o inteiro Universo! Jacinto abateu rijamente a mão no rebordo da janela. Eu gritei:
–Acredita!… O sol tremeu.
E depois (como eu notei) devíamos considerar que, sobre cada um desses grãos de pó luminoso, existia uma criação, que incessantemente nasce, perece, renasce. Neste instante, outros Jacintos, outros Zés Fernandes, sentados às janelas doutras Tormes, contemplam o céu nocturno, e nele um pequenininho ponto de luz, que é a nossa possante Terra por nós tanto sublimada. Não terão todos esta nossa forma, bem frágil, bem desconfortável, e (a não ser no Apolo do Vaticano, na Vénus de Milo e talvez na Princesa, de Carman) singularmente feia e burlesca. Mas, horrendos ou de inefável beleza; colossais e de uma carne mais dura que o granito, ou leves como gazes e ondulando na luz, todos eles são seres pensantes e têm consciência da Vida–porque decerto cada Mundo possui o seu Descartes, ou já o nosso Descartes os percorreu a todos com o seu Método, a sua escura capa, a sua agudeza elegante, formulando a única certeza talvez certa, o grande Penso logo existo. Portanto todos nós, Habitantes dos Mundos, às janelas dos nossos casarões, além nos Saturnos, ou aqui na nossa Terrícula, constantemente perfazemos um acto sacrossanto que nos penetra e nos funde–que é sentirmos no Pensamento o núcleo comum das nossas modalidades, e portanto realizarmos um momento, dentro da Consciência, a Unidade do Universo!
–Hein, Jacinto?…”

domingo, 22 de marzo de 2020

O CGAI reivindica a obra das pioneiras do cinema

Desde que naceu o cinema a finais do século XIX houbo mulleres directoras. E aínda nos anos 10 e 20 a presenza de mulleres detrás das cámaras e mesmo en postos moi destacados dentro da industria fílmica nos Estados Unidos non era un feito excepcional, como si sucedeu a partir da chegada do cinema sonoro. Un ciclo que se estenderá ao longo dos próximos meses no CGAI-Filmoteca de Galiza recupera a varias das cineastas pioneiras e ofrece algunhas das súas obras máis valiosas. Arranca a cuarta feira, 11 de marzo, cunha escolma de curtametraxes de Alice Guy-Blaché.


Algie the Miner (Alice Guy-Blaché, 1912)
É natural empezar con Alice porque ela, literalmente, estaba ao principio de todo. Naceu en 1873 na comuna de Saint-Mandé, perto de París. Aprendeu mecanografía e estenografía e púxose a traballar como secretaria nunha empresa dedicada á fabricación de cámaras, a Comptoir géneral de photographie, que en xuño de 1895 foi adquirida por Leon Gaumont. Na altura as imaxes animadas xa eran unha realidade comercial en América grazas ao aparello inventado pola factoría Edison, o kinetoscopio, que permitía o visionado individual de escenas, mais o que cambiou todo para sempre foi a presentación, en decembro daquel 1895, dun novo invento, o cinematógrafo dos irmáns Lumière. O que podía parecer unha simple curiosidade científica revelouse axiña como a peza chave para un novo tipo de espectáculo público: a reunión dun grupo grande de persoas para contemplaren xuntas imaxes proxectadas nunha pantalla. O cinema, en suma.

De secretaria a directora
Gaumont non tardou en comprender que a súa empresa debía orientarse tamén a ese negocio. E mal non lle foi, até o punto de que a produtora segue en activo e presume de ser a máis antiga do planeta, facendo películas “desde que o cinema existe”, como reza o seu lema. Nesa tarefa Alice Guy pasou a ter unha participación fundamental: a secretaria converteuse en realizadora cunha primeira curta xa en 1896, A fada dos repolos. Desde ese momento e até 1906 dirixiu ou supervisou directamente a creación de varios centos de filmes como xefa de produción da compañía, ensaiando diversas técnicas, trucos e rexistros artísticos, desde as típicas “danzas serpentinas” a, sobre todo, as ficcións breves en ton de comedia, como A boa absenta (1899) ou Cirurxía fin de século (1900), mais tamén obras non narrativas que exploraban puramente o pracer visual das imaxes, como Efectos do mar (1906).
Os filmes foron gañando minutos de duración e iso permitía alardes de produción como a media hora d’A vida de Cristo (1906), con grande variedade de escenas e decorados e multitude de extras. Fronte ao ton necesariamente grave da paixón de Cristo, resulta máis gozosa a contemplación de curtas máis leves e retranqueiras como As consecuencias do feminismo, As xerarquías do amor ou a divertidísima O piano irresistíbel, feitas nuns anos nos que tamén ensaiou o uso do son sincronizado en grande número de “fonoescenas” que deixaron rexistrado para sempre o oficio de artistas de variedades célebres en Francia na época como Felix Mayol ou Dranem.
En 1907 Alice Guy casou cun compañeiro da compañía, Herbert Blaché. A parella emigrou aos Estados Unidos para facerse cargo dunha franquía da sección dedicada ás curtas sonoras, Cronophone. A poderosa influencia de Edison foilles poñendo atrancos á produción e por culpa diso o estudio americano da Gaumont quedou infrautilizado, o cal foi a escusa perfecta para que Alice e Herbert máis un terceiro socio, George A. Magie, fundaran unha nova produtora, The Solax Company, para faceren filmes mudos. O éxito inicial permitiulles pronto crear o seu propio estudio.

O esplendor da Solax
A Solax viviu só uns poucos anos de prosperidade mais deixaron como resultado un boa colección de títulos notábeis, desde Un parvo e o seu diñeiro, quizais o primeiro filme cun elenco integramente formado por actores e actrices afroamericanos, ao memorábel melodrama Follas que caen, cunha moza enferma de tuberculose que recibe un diagnóstico fatal: o médico anuncia que morrerá “antes de que caia a última folla”. A irmá da enferma, moi pequecha, escoita a prognóstico e interprétao literalmente, e así cando ve caer as primeiras follas no xardín intentará frear a morte na familia pegándoas de novo ás árbores, un xesto inxenuo e poético que precede ao (máis científico) final feliz.
Ademais destas dúas películas, as sesións que o CGAI dedica a esta etapa americana de Alice Guy-Blaché permitiránnos ver outras mostras da diversidade e o compromiso crítico coas inxustizas e en favor da igualdade característico da cineasta, das que son bo exemplo Facéndose cidadán americano, O alto custo da vida ou O límite de velocidade do matrimonio. En 1920 estreou o seu derradeiro filme, a longametraxe Reputacións lixadas, hoxe perdida; desde entón non volveu a dirixir. Regresou a Francia, onde permaneceu máis de corenta anos, e só contra o final da súa vida estableceuse de novo nos Estados Unidos, onde morreu en 1968, aos 94 anos.

'49 - '17 (Ruth Ann Baldwin, 1917)
Ruth Ann Baldwin é a grande sorpresa do ciclo
Dramas sociais, comedias e un "metawestern" revolucionario

Soa ou en parcería co seu marido actor Philips Smalley, Lois Weber (1879-1939) fixo carreira como directora tocando a miúdo asuntos polémicos que procuraban fomentar o debate social, como a pobreza e a prostitución en Zapatos (1916) e o aborto en Onde están os meus fillos? (1916). Dela veremos unha longametraxe de 1921, O borrancho, coa desigualdade económica como fondo.

A filmoteca recordará tamén a Mabel Normand (1892-1930), actriz e directora de comedia de éxito que mesmo compartiu escenas con Charles Chaplin. A súa estrela declinou nos anos 20, golpeada por escándalos que lle tocaron de perto como os xuízos pola violación e morte de Virginia Rappe que acabaron coa carreira, malia non ser condeado, de “Fatty” Roscoe Arbukle, compañeiro de Mabel en varios filmes, ou o asasinato do director William Desmond Taylor. Non axudaron os recorrentes problemas de saúde derivados da tuberculose, que acabou matándoa aos 37 anos de idade.

Mais a maior revelación do ciclo é con certeza Ruth Ann Baldwin, da que se conserva unha única longa como directora, a sensacional ’49-’17. Un xuíz adiñeirado e con saudades da febre do ouro de 1849 encárgalle a un empregado que atope unha vila que manteña o espírito daqueles tempos. Na súa busca dará cuns actores que fan un espectáculo ao estilo do vello oeste, aos que fichará para que actúen como se estivesen a mediados do XIX. Asombra o hábil xogo de Ruth Ann Baldwin sobre os estereotipos dun xénero, o western, que nese 1917 aínda se estaba inventando. Pouco máis sabemos desta directora. Traballou como guionista para a Fox e Metro entre 1919 e 1921 e uns anos despois perdéselle a pista: nin sequera se sabe en que ano morreu.

Martin Pawley. Artigo publicado orixinalmente no xornal Nós Diario o 10 de marzo de 2020, terza feira. 

domingo, 1 de marzo de 2020

El cielo de Rosalía de Castro

La noche y los objetos celestes están muy presentes en la obra poética de la autora gallega, que ahora da nombre a una estrella.

* * *

Unha das imaxes da campaña. Autora: Marta Cortacans
En el calendario cultural y escolar de Galicia el 24 de febrero es una fecha señalada: es el «Día de Rosalía», en homenaje a la excepcional escritora nacida tal día de 1837. Este año hemos vivido la efeméride de una forma especial, pues ahora a Rosalía también podemos celebrarla observando el cielo. El pasado 17 de diciembre la Unión Astronómica Internacional anunció el resultado de las campañas «NameExoWorlds», que asignaron a 112 países una estrella con un exoplaneta para que fuesen bautizadas en votaciones abiertas a la ciudadanía. La estrella correspondiente a España es una enana amarilla parecida al Sol, visible con prismáticos y situada en la constelación de Ofiuco, el Serpentario. Su nombre, hasta ese momento, era HD 149143, que la identificaba como una de las 225 300 recogidas en el catálogo Henry Draper en el que trabajaron durante décadas las míticas «calculadoras de Harvard». El catálogo acabó publicándose en varios volúmenes entre 1918 y 1924, con supervisión de la incansable Annie Jump Cannon.

A propuesta de la Agrupación Astronómica Coruñesa Ío fue escogido el nombre «Rosalía de Castro» para la estrella y el de «Río Sar», un río esencial en su vida y su obra, para su planeta, un Júpiter caliente que la orbita a unos ocho millones de kilómetros. La elección de Rosalía valoraba no solo su mayúscula importancia para las letras gallegas y españolas, sino también la absoluta vigencia de su creación poética y narrativa en la que reconocemos un claro discurso feminista y una defensa de la naturaleza y la protección del paisaje que resultan plenamente contemporáneas. Rosalía de Castro nunca dejó de ser moderna.

Lo que no resulta tan conocido es la abundante presencia de referencias al cielo y a la noche en sus textos. Hasta podríamos dividir la literatura rosaliana en dos tiempos astronómicos. Hay una Rosalía que canta el amanecer, la alegría de un nuevo día, en el libro fundacional Cantares gallegos («o craro sol vai subindo / por riba do firmamento / limpo, garrulo e contento»); y, hay, después, otra Rosalía que explora la oscuridad natural de la noche convertida en refugio para la reflexión íntima, la Rosalía de Follas novas y En las orillas del Sar. Una poeta que dialoga con la noche y los objetos celestes que reinan en el firmamento, que ve en la Luna una «lámpara hermosa, eternamente hermosa», que nos recuerda que hay «luz e progreso en todas partes» pero persisten «as dudas nos corazós» y nos advierte de que «moita luz deslumbra os ollos». Una poeta que imagina la Tierra en el espacio y escribe estos versos fabulosos que se adelantan en un siglo al célebre «punto azul pálido» de Carl Sagan.

Los astros son innúmeros,
al cielo no se le encuentra fin,
y este pequeño mundo que habitamos,
y que parece un punto en el espacio,
inmenso es para mí.

Martin Pawley. Artigo publicado na sección «La noche es necesaria» da Revista Astronomía, nº 249, marzo de 2020. Grazas ás investigacións de Sagrario Abelleira, soubemos a finais de 2021 que a verdadeira data de nacemento de Rosalía foi o 23 de febreiro. Dende 2022 celebramos o "Día de Rosalía" cada 23-F. 

domingo, 9 de febreiro de 2020

Conversas no Telegram: Oscars 2020

Martin Pawley (MP): Sinto, un ano máis, moi limitada simpatía polos filmes candidatos aos Oscars nas categorías principais, e pode resultar estraño afirmar isto cando hai entre eles tantos títulos que xeraron consensos críticos, de Parásitos aos de Scorsese e Tarantino. O filme con nominacións polo que sinto verdadeiro entusiasmo, o que si me parece un dos mellores do ano, é Dolor y gloria de Pedro Almodóvar, que penso que está xa entre os mellores seus, por detrás de La piel que habito e Hable con ella e quizais tamén de Julieta, un Almodóvar que pasou máis inadvertido do que debera. Empezamos por Dolor y gloria, se vos parece.

Xurxo González (XG): Para min Dolor y gloria supón a reconciliación con Almodovar e concordo en que tiña que ter mais impacto. Para min é un exercicio excelso de depuracion do que foi até agora. Apunta a certo grao de apertura cara a continxencias exploradas por outros xenios do cinema (Bergman, Sirk). En definitiva estamos diante dunha obra maestra exacta á cal non lle sobra nada. O problema para os Oscar é que este atemperamento da excentricidade pode ter menos gancho para os posibles electores.

MP:
Cando falei dun Almodóvar que pasou inadvertido, referíame a Julieta, que me encanta. De Dolor y gloria abráiame unha vez máis a capacidade do cineasta para facer fácil unha estrutura narrativa complexa, con escenas que transcorren en varios tempos mais que se suceden dunha forma incribelmente fluída. É marca da casa, igual que a capacidade para introducir con naturalidade recursos narrativos que noutras mans poderían resultar artificiais ou externos, coma o filme "El amante menguante" e as coreografías de Pina Bausch en Hable con ella ou, aquí, o monólogo teatral de Asier Etxeandía e antes a "animación científica" que explica as dores. Chegou a ese nivel de mestría no que as cousas máis difíciles parecen fáciles. Infelizmente, coincidiu no tempo co filme de Bong Joon-ho, que lle vén roubando inxustamente premios desde a propia Palma de Ouro de Cannes. Non me interesa nada Parásitos. Minto, interésame un pouco ao principio, mais axiña me parece rutinaria e logo deriva cara ao exceso no tramo final. No fondo, é como un filme de Alex de la Iglesia, só que mellor filmado, mais coa mesma carga cínica e reaccionaria.

XG: O de Parásitos si que é inexplicable, a verdade. Non sei a que vén ese consenso crítico. Que miradas avezadas non lle saquen imperfeccións preocúpame: por un lado está a construción a base de guión que repite maliciosamente estruturas, xiros de xénero impactantes, un final tendencioso e unha lectura social moi cuestionable. Supoño que a película funciona ben en distintos niveis culturais. Supoño que terá máis dun recoñecemento nos Oscar porque é un filme entretido pero mais nada. Supoño que en poucos anos Hollywood fará un remake.
Sobre todo, indígname o final. Parécese moito ao de La última noche de Spike Lee, pero se queda todo no xiro final, mentres que Spike Lee fai partícipe ao espectador do ton elexiaco e distanciador. Vaia, pura poesía! En Parásitos parece unha escopeta de feria. 

MP: Parece claro que Parásitos pode ser unha das triunfadoras da noite e se fará notar en máis dunha categoría. E supoño que os premios principais -director, película- e varios técnicos recaerán en 1917, outro caso para min incomprensíbel, aínda que a falta de peso actoral pode restarlle votos. Un filme sen forza cuxo principal mérito é o artificio do suposto "único plano secuencia", que para empezar son dous. Mais é un artificio técnico gratuíto, que non se corresponde realmente co tempo do relato -transcorre un día enteiro, de mañá a mañá con noite de por medio-, de maneira que esa continuidade non representa nada, é apenas un xogo dixital para entreter a xente ante a alarmante ausencia doutras ideas.
Os premios previos debuxan un cuarteto de interpretacións gañadoras bastante probábel. Dunha banda, Joaquin Phoenix polo Joker, cumprindo esa vella máxima pola cal un actor que deu no pasado grandes actuacións, complexas e sutís, gaña o Óscar pola máis aparatosa e grotesca. Non encontro nada valioso no Joker e xa dixen nalgures que mentres a vía imaxineina feita por Alberto Gracia e gustábame máis esa versión soñada: Alberto era perfecto para levar a película cara ao seu lugar natural, unha sátira xenuína dos delirios da cultura pop da imaxe que padecemos hoxe. A verdade, non sei que lle pasou pola cabeza a Lucrecia Martel ao premiala en Venecia.
É unha mágoa que Banderas non teña nin remota opción de premio, mais tamén o sinto por Adam Driver, que está moi ben en Marriage Story, aínda que polo filme en conxunto non acabo de sentir simpatía, ese drama de parella que se quere mais se despedaza arrastrada por avogados crueis dáme bastante igual. Os ricos tamén choran? Pois síntoo por eles. Mais ver a Adam Driver cantando o Being Alive de Sondheim paga a pena. Gañará o Oscar como actriz secundaria Laura Dern, e eu acéptoo como recompensa tardía por Inland Empire, un dos mellores traballos dunha actriz no século XXI polo que nin sequera foi candidata.

José Manuel Sande (JMS): A interpretación de Antonio Banderas en Dolor y gloria é absolutamente memorable, apoteósica. Mágoa como Joker de xeito irreversible (e efectista cara unha efeméride como esta) constrúe o filme como unha performance avasaladora de Phoenix. Parece difícil que haxa sorpresa neste apartado malia as interpretacións cheas de matices de Leonardo DiCaprio e Adam Driver (Pryce é un moi bo actor, aínda que non vin o seu filme)

MP: Leonardo DiCaprio é un actorazo que sempre está ben. É curioso como, imaxino que ante o triunfo case seguro de Phoenix, derivaron a Brad Pitt á categoría de actor secundario, cando realmente é máis protagonista aínda que DiCaprio. Mais Leo xa ten Oscar e Brad como actor aínda non, así que foron a asegurar as opcións. E paréceme ben, moi merecido. Desde hai anos Brad Pitt está á altura dos grandes, ten esa presenza escénica dos actores clásicos, dá igual o que faga, enche a pantalla. A miúdo escolleu películas de interese dubidoso, mais para a historia quedan monumentos como The Tree of Life, que tamén produciu. Porque tamén é un produtor hábil, que está detrás dun dos Oscars ao mellor filme que mais me interesa no que vai de século, que é Moonlight.
Conste que a película de Tarantino tamén non me volve tolo, véxoa como sempre moi estirada e en diferentes momentos teño a sensación de que me sobran escenas. O que me fascina dela é a reconstrución dunha época: os decorados, o vestiario, as luces de neon... Tarantino transpórtate ao pasado con ferramentas analóxicas dun xeito que raras veces consegue o dixital. Das candidatas que hai pareceríame a única gañadora xusta e digna, se soase a frauta.

JMS: Esa categoría, a de actor secundario, ten este ano un lustre e peso histórico que impresiona. A vitoria que semella moi asegurada de Pitt, cunha traxectoria intelixente por detrás e motor carismático do filme de Quentin Tarantino, convive con actores míticos ou brillantes como Pacino, Pesci, Hopkins ou Hanks. As grandes interpretacións de Alan Alda ou Ray Liotta en Marriage Story farían precisa nesta ocasión a ampliación da categoría...
Laura Dern, secuencia con discurso de reivindicación feminina para as escolmas e o recordo, é tamén clara favorita, outro premio a unha traxectoria, que sumado ao probable galardón á Renée Zellweger de Judy pode deixar a Scarlett Johansson con dúas nominacións fallidas sen nada

MP: Hanks está estupendo, tamén coma sempre, mais o seu filme é tan, tan irrelevante... En canto a The Irishman, tardei en vela porque outra historia de mafiosos máis producíame a priori bastante preguiza. Cando a vin, constatei que tiña razón. Está todo en orde en The Irishman, por suposto, unha vez que te autoconvences de que o retoque dixital das caras non é tan ridículo como en efecto é, mais a película para min non ten moito interese e non vexo xustificada a súa duración.
O de Judy súmase a esa teima de revisar os personaxes gloriosos de Hollywood en subprodutos con alma de TV movie que achegan, como moito, imitacións eficaces. Aí están, no pasado recente, My Week with Marilyn, Film Stars Don't Die in Liverpool ou aquela sobre Hitchcock. Son desas películas que duran na memoria 45 segundos.

JMS: Totalmente de acordo. O biopic é unha oportunidade magnífica de reflectir complexidades, de análise de entorno e recuperación de pedazos de memoria. Esta formulación baleira e inane que indicas devén despilfarro global, no que unicamente gaña algún intérprete, dada a atracción e carácter resultón destes roles nas galas de premios.

MP:
No caso de Judy chama a atención como manexa a opresión infantil da actriz: parece todo cousa dun único "malvado produtor" e non "do sistema". Cando, para alén da indiscutíbel tiranía dos homes poderosos á fronte das majors, o problema evidentemente era sistémico: a fábrica que era Hollywood creaba, manipulaba, espremía e destruía as súas criaturas segundo as necesidades de cada momento. Mais, obviamente, a industria non vai cuestionar a industria. E a simplificación de personaxes complexos, coma Judy Garland, é profundamente inxusta.

JMS: Para min, algúns dos títulos que máis deron que falar este ano, supostos grandes filmes para a historia, están cheos de sombras. Isto sucede con Joker, da que te esqueces nada máis saír, o que contrasta coa súa petulancia e tentativa de transgresión. The Irishman tampouco engade nada especial ás sagas de Scorsese e leva a confundir solvencia con relato maxistral. Pola súa banda, un conto de guión tan elaborado como Parásitos perde fol no segundo tramo (máis aló do inusual achádego da terceira familia ou novo nivel narrativo) e vese sepultada a unha formulación onde a obediencia aos resortes de xénero -cos seus tics singulares- pode co potente substrato sociopolítico, que alcanza o choque contraditorio. Todas por suposto películas ben realizadas, pero desde a miña perspectiva sobrevaloradas.

MP: Concordo. Sinto bastante simpatía pola adaptación de Mujercitas que fixo Greta Gerwig. É habilidosa a idea de romper a orde cronolóxica do relato e reforzar, na parte final, o elemento metanarrativo. E Saoirse Ronan é unha actriz notábel que lle dá moita forza ao personaxe de Jo. O peor de todo nesa película é Timothee Chalamet, unha aparición rutilante do cinema recente que tamén non consigo comprender.

Botades de menos algún filme? Eu vou citar tres. Despois de gañar varios premios entre colectivos de crítica USA, eu agardaba que a fotografía de Portrait de la jeune fille en feu, a cargo de Claire Mathon, entrase no quinteto de finalistas para facer dela a segunda directora de fotografía candidata en toda a historia. O filme de Celine Sciamma é un dos meus favoritos do ano, deixoume prendado o seu discurso sobre a construción da ollada do artista, que ten algo tamén de metacinematográfico: igual que a pintora aprende a mirar e en consecuencia a pintar (e a namorarse) da modelo, tamén o fai a cineasta e o espectador. É un filme de aparencia moi clásica máis radicalmente actual, incluída a súa poderosa mensaxe feminista. Unha marabilla. Outro exemplo é Atlantique de Mati Diop, tamén con fotografía de Claire Mathon, que pasou á preselección na categoría de filme internacional mais non ao final ao quinteto definitivo. Encantoume a ousadía de Mati Diop para afrontar desde a ficción con xiros fantásticos o retrato social da xuventude senegalesa e a traxedia dos inmigrantes que morren no mar. Contra os achegamentos máis convencionais aos dramas do noso tempo, a audacia do fantástico fillo ou neto de Jacques Tourneur.
Un terceiro caso máis estraño é o do documental Apollo XI de Todd Douglas Miller, que recupera imaxes abraiantes, algunhas en glorioso 70 mm, da primeira misión que puxo un ser humano na Lúa. É, ademais, un sensacional traballo de montaxe, que ben merecía ser candidato tamén nesa categoría. E tivo certa repercusión en salas, así que é asombroso que se esqueceran del. Pregúntome se, por tratarse dunha película feita exclusivamente de imaxes de arquivo, a rama de documental da Academia non a ignoraría en favor de traballos "filmados" agora, aínda que sexan máis convencionais. Omito nesta listaxe, por suposto, filmes maxistrais coma Sinónimos de Nadav Lapid que, obviamente, están moi lonxe das coordenadas de Hollywood.


JMS: Os filmes do ano presentes no grupo de candidatos a algún premio e que me apelan de diferentes maneiras son Once Upon a Time... in Hollywood, Dolor y gloria, Ford vs Ferrari e Marriage Story. Isto significa tamén que en condicións normais podería ser a ocasión para premiar a Quentin Tarantino como director e deixalo no lugar onde merece estar. O filme, lúdico e socarrón, reúne ingredientes propios e atractivos para a propia industria (aproximación ao mundo do cine mesmo, reconstrucción de época e subversión de sucesos emblemáticos, saborosos paralelismos, capacidade autocelebratoria ou elenco estelar).
Almodóvar segue sumando propostas maxistrais cun baleiro emocional e exploración persoal nunca vistas así con anterioridade. Ford vs Ferrari recupera o brío e concepto de profesionalidade aplicado a fondo dun Hawks, mentres Marriage Story tece un retrato intenso e sutil da dor e os camiños da recomposición. Aínda que non podo confundir desexo con realidade e 1917 e Parásitos parece que poden acaparar os principais ou máis agardados premios, coincido con esa opción aberta (a máis estimulante e sensata) cara ao filme de Tarantino

XG: Pois concordo. A de Tarantino podia ser unha solucion de consenso.

MP: Non vin aínda Ford vs Ferrari (Le Mans '66). A que si vin, e tamén non pasa de ser un telefilme solvente, é Bombshell, con candidaturas un tanto incomprensíbeis para Charlize Theron e Margot Robbie. Que non están mal, mais non teñen nada de especial. É sorprendente como cada ano se colocan en posicións de privilexio filmes inanes que nin sequera responden a uns valores de grande éxito comercial. Con certeza, Tarantino merecería gañar como director e película, aínda que só fose como recoñecemento á súa sólida traxectoria, sempre na primeira liña.

XG: Le Mans '66 ten certo grao de subversión en canto a que se poden cuestionar as regras do sistema. Pouco propicio para Hollywood: pode darse por aludido, hehe.

MP: Revisando a listaxe de premiadas nas categorías de mellor filme e dirección no século XXI, chama a atención o escaso pouso que deixan a inmensa maioría dos gañadores. Diría que os únicos premios realmente importantes deste século son The Hurt Locker de Kathyrn Bigelow e Moonlight de Barry Jenkins (só película neste caso, o Oscar de dirección foi para Damien Chazelle por La La Land). Noutro nivel, premios para cineastas de longa traxectoria coma Martin Scorsese (The Departed), Clint Eastwood (Million Dollar Baby) e os irmáns Coen (No Country for Old Men), máis algúns filmes con diferente grao de interese (Argo de Ben Affleck, 12 Years a Slave de Steve McQueen ou Spotlight de Tom McCarthy, ningún dos cales foi premiado como director, Affleck en particular nin sequera foi candidato). O resto oscila entre o simplemente correcto e o abertamente abxecto: A Beautiful Mind, Chicago, The Return of the King, Crash, Slumdog Millionaire, The King's Speech, The Artist, Birdman or (The Unexpected Virtue of Ignorance), The Shape of Water, Green Book...  Nestes vinte anos, Hollywood produciu moitas grandes películas, algunhas delas obras mestras para min incontestábeis, que perdeu a ocasión de "oscarizar". Penso en The Tree of Life de Terrence Malick (varias del, de feito, mais aceptemos que a máis premiábel era esta), por suposto Zero Dark Thirty de Kathryn Bigelow (e tamén Detroit), Mulholland Dr. ou mellor aínda Inland Empire de David Lynch, as de Paul Thomas Anderson (There Will Be Blood, The Master ou Phantom Thread), os mellores traballos de Steven Spielberg (Bridge of Spies e The Post), Before Sunset ou Boyhood de Richard Linklater, algunhas das máis notábeis obras de Spike Lee (25th Hour, Inside Man ou, aínda que fose como premio á súa carreira, BlacKkKlansman), a mestría de Todd Haynes en Far from Heaven, I'm Not There e sobre todo Carol, o Gus van Sant máis radical (Gerry, Elephant, Last Days), Kelly Reichardt (Certain Women, en particular), revelacións como Sean Baker (Starlet, Tangerine, The Florida Project)... E limítome a citar nomes claramente asociados á industria americana, aínda que sexa nas vertentes máis independentes (isto é, non pretendo que nomeen a James Benning ou Sharon Lockhart), e non enumero as obras mestras feitas no resto do planeta. Eu só pido que aposten polo cinema de máis altura, o que transcende o paso dos anos, e non fenómenos estritamente conxunturais dos que ninguén se acorda ás poucas semanas.