sábado, 12 de outubro de 2024

Revisar os marcos

En la alcoba del sultán (Javier Rebollo, 2024)

O 18 de outubro dá comezo a edición número 69 dun festival histórico, a Seminci de Valladolid. O certame cobrou un novo impulso coa chegada á dirección o ano pasado de José Luis Cienfuegos, quen antes soubo facer do festival de Xixón unha referencia cinéfila e logo relanzou o de Sevilla para convertelo no escaparate da mellor creación europea. Cienfuegos levou a Valladolid o núcleo duro do seu equipo, un xenuíno "comité central" con Javier H. Estrada como responsábel de programación, Mariona Viader como coordinadora xeral e Marina Lanza como responsábel de convidados. No seu primeiro ano completo de traballo achegan probas contundentes do perfil que lle queren dar ao reunir grandes nomes do cinema de autor (o Alain Guiraudie de Misericordia, o Miguel Gomes de Grand Tour ou a Athina Rachel Tsangari de Harvest) e autores emerxentes, de Halfdan Ullmann Tøndel, neto de Liv Ullmann e Ingmar Bergman, á Maura Delpero, premiada hai un mes en Venecia por Vermiglio. A iso hai que engadirlle a aposta polo cinema do Estado español, que compite na categoría principal coas obras de Mar Coll, Elena Manrique, Carlos Marques-Marcet, Marta Nieto e o agardado regreso de Javier Rebollo doce anos despois de El muerto (y ser feliz) con En la alcoba del sultán. Fóra da sección oficial hai espazo para propostas aínda máis inconformistas, entre elas a espléndida La Parra do galego Alberto Gracia, a concurso en "Alquimias".

Facer de Valladolid un lugar non só para enxalzar o cinema de calidade máis previsíbel, senón, sobre todo, para o descubrimento de novas voces, supón, por outra parte, honrar a longa e nobre tradición do festival. Por máis que houbese períodos de certa atonía, a exploración do arquivo da Seminci ofrece unha sorpresa tras outra, máis aínda se temos en conta que comezou sendo unha semana de cinema relixioso, denominación que a partir do quinto ano engadiu a coda "e de valores humanos". Como non recoñecer a audacia de programar, en 1962, unha obra mestra como A Raisin in the Sun de Daniel Petrie, apaixonante adaptación dunha obra de teatro da escritora negra Lorraine Hansberry cun glorioso elenco encabezado por Sidney Poitier, Ruby Dee e Claudia McNeil, ou en 1965 a ópera prima de Paulo Rocha, Os verdes anos, e, tres anos despois, O xiro postal de Ousmane Sembène? Como non aplaudir a selección, xa nesa década dos 60, de realizadoras como Vera Chytilová, Liliana Cavani ou Márta Meszáros, e máis tarde Joan Micklin Silver, Claudia Weil, Barbara Kopple, Chantal Akerman, Lee Grant ou Euzhan Palcy? Por non falar da atención prestada ao cinema portugués despois do 25 de abril para así acoller Amor de perdição de Manoel de Oliveira, Manha submersa de Lauro Antonio, Silvestre de João Cesar Monteiro e Jogo de mão de Monique Rutler, ou o interese pola creación africana con alfaias como Yeelen de Souleymane Cissé e Yaaba de Idrissa Ouedraogo. Como non sentir simpatía, en suma, por unha colección de Espigas de Ouro que inclúe Harold & Maude de Hal Ashby, Providence de Alain Resnais, Ana de António Reis e Margarida Cordeiro, Sacrificio de Andrei Tarkovski, Voces distantes de Terence Davies, A través das oliveiras e Copia Certificada de Abbas Kiarostami, ou, non hai tanto, a fascinante A derradeira película de Pan Nalin?

Un bo festival debe procurar sempre un atinado equilibrio entre pasado, presente e futuro. Non debe conformarse co obvio; debe celebrar o "hoxe", adiantar o "mañá" e poñer en valor o "onte", nun exercicio permanente de relectura da historia, de revisión dos marcos. Para iso serven tamén as retrospectivas, para repensar o que pasou mais tamén o que debeu pasar, todos eses filmes dos que non tivemos noticia a tempo. Para examinar con outros ollos, como fará a próxima Seminci, seis décadas de cinema alemán, de Edgar Reitz, Werner Herzog e Rosa von Praunheim a Maren Ade e Christian Petzold, ou reivindicar, a través do ciclo "Memoria e utopía", a condición pioneira da mexicana Matilde Landeta (La negra Angustias, 1949) e da checa Drahomíra Vihanová, condenada ao silencio logo de dirixir Un domingo estragado (1969), a infrecuente aposta pola ciencia ficción da sueco-portuguesa Solveig Nordlund en Aparelho Voador a Baixa Altitude (2002), a partir dun conto de J. G. Ballard, ou o natural abraio ante un filme como The Sealed Soil (1977) da iraniana Marva Nabili, que anticipa as máis suxestivas formas contemporáneas. Restan aínda moitos marcos por mover, con certeza. Benvidos sexan os festivais que nos axudan nese exercicio tan necesario.

Martin Pawley. Publicado orixinalmente no Nós Diario o 12 de outubro, sábado.

xoves, 3 de outubro de 2024

O cinema sonoro na Coruña

El Orzán, 18 de xuño de 1930.
A gravación e reprodución de sons por medio do fonógrafo ou o gramófono adiantouse por uns anos ao primeiro sistema de exhibición de imaxes animadas, o kinetoscopio de Edison que permitía o visionado dun breve filme para unha única persoa. Non é estraño, entón, que dende a mesma orixe do cinema estivese vivo o soño de facer convivir imaxes en movemento con voces e sons. Na altura de finais de 1894 ou comezos de 1895, William Dickson fixo unha proba de rexistro simultáneo de imaxe e sons, hoxe coñecido como The Dickson Experimental Sound Film, no que vemos a dous homes bailando agarrados ao ritmo dun violín que interpreta o propio Dickson. A compañía Edison comercializou unha versión sonora do kinetoscopio, o “kinetófono”, que se valía de auriculares para facer posíbel a escoita do acompañamento sonoro.

Todo mudou co éxito, a finais de 1895, do cinematógrafo dos Lumière, que introduciu a experiencia que a partir de entón asociamos ao cinema: a proxección das imaxes sobre unha pantalla para un público amplo, un espectáculo colectivo en sala fronte ao divertimento individual. A curiosidade case científica inicial mudou axiña en éxito masivo, o éxito dunha arte nova que transformou a sociedade. Mais durante tres décadas o cinema non tivo son, máis alá da execución de música en directo que era común nas salas. Non faltaron os ensaios e os desenvolvementos tecnolóxicos para intentar sumar sons ás imaxes, e de feito unha cineasta pioneira como Alice Guy realizou diversas “fonoescenas” que se conservan, mais a súa unión presentaba problemas difíciles de resolver. Estaba, para empezar, a dificultade dunha sincronización exacta das imaxes cos sons, pois o máis mínimo desequilibrio provocaría resultados desastrosos (e con iso ironiza unha escena moi graciosa de Cantando baixo a chuvia). Outro problema era o reducido tempo daquelas primeiras gravacións sonoras, pois a capacidade dos cilindros ou discos non pasaba duns minutos e iso era insuficiente para as duracións crecentes dos filmes, que xa a mediados da década dos 10 encontraron no formato da longametraxe unha fórmula comercial óptima. As salas de cinema traían un problema adicional: a necesidade de amplificación do son para que resultase audíbel nun recinto grande (...)

Martin Pawley. Artigo escrito para o sitio web da A. C. Alexandre Bóveda. Pode lerse o texto completo neste enderezo.

martes, 1 de outubro de 2024

Un viaje por la noche que no es noche

Un juego de mesa nos invita a conocer mejor los efectos negativos de la luz artificial en la naturaleza.

* * *

Versión galega do taboleiro de xogo.
Annette Krop-Benesch es una cronobióloga alemana que durante años investigó el impacto de la luz sobre los patrones de actividad de los animales y en la actualidad ejerce como conferenciante y consultora sobre contaminación lumínica y el binomio «luz y salud». En colaboración con sus hijos Benjamin (de 10 años) y Viviane (de 8) creó hace unos meses un juego de mesa que explora el impacto ambiental de la luz artificial por la noche. A las versiones originales en inglés y alemán que preparó la propia Annette se sumaron, en pocas semanas, traducciones realizadas por personas voluntarias al francés, holandés, italiano y rumano, así como al castellano, catalán, euskera, gallego y portugués, todas ellas (y cuantas puedan aparecer) disponibles en el sitio web www.nachhaltig-beleuchten.de/blog/en/board-game-on-light-pollution como documentos PDF que contienen el tablero y las reglas del juego.

En la línea del clásico «juego de la oca», Un viaje por la noche iluminada nos hace avanzar según el número que obtengamos al lanzar un dado por un camino repleto de premios y castigos. A lo largo de las 142 casillas que separan la salida y la llegada nos encontramos con los diferentes efectos sobre la naturaleza de la contaminación lumínica. Así, casi al principio vemos como la luz de las farolas atrapa a las mariposas nocturnas de modo que estas no consiguen escapar de su influjo, un hecho que en el juego se representa con la imposibilidad de abandonar esa casilla mientras no se saque cierto valor en el dado. Lo mismo pasa más adelante con las pardelas, que pierden el rumbo en su primer vuelo hacia el océano por culpa de la iluminación costera. Gracias a las buenas prácticas de las ciudades que moderan su encendido nocturno para proteger las rutas migratorias de las aves, quien caiga en la casilla 17 se beneficiará de un generoso atajo, un recorte del recorrido que en otros momentos facilitará el avance de un murciélago o de una foca. Por el contrario, la desorientación que provocan las luces motiva innecesarios desvíos y retrocesos al caer en otras casillas, representadas por un puma asustado o un escarabajo pelotero que no encuentra la mejor ruta al no reconocer la Vía Láctea. La imposibilidad de disfrutar de un buen cielo nocturno por el brillo de fondo causado por ciudades a docenas o cientos de kilómetros nos obliga a perder un turno, igual que le pasa en otro punto del tablero a un sapo cegado por los faros de un coche. La luz artificial facilita que algunos animales puedan prolongar su tiempo de caza, pero el manual de instrucciones nos recuerda claramente que ese beneficio particular (que supone una ventaja también para quien juega) suele ser contraproducente para el conjunto del ecosistema. He aquí una manera lúdica, apta para toda la familia (y para usos escolares), de conocer mejor la inevitable huella ecológica de la luz artificial y, en consecuencia, entender por qué debemos reducir todo lo posible su utilización.

Martin Pawley. Artigo publicado orixinalmente na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 304, outubro de 2024.

luns, 16 de setembro de 2024

Detour | Desvío (Edgar G. Ulmer, 1945)


Dirección: Edgar G. Ulmer. Guión: Martin Goldsmith, a partir da súa novela homónima. Fotografía: Benjamin H. Kline (B/N). Montaxe: George McGuire.  Dirección de arte: Edward C. Jewell. Decorados: Glenn P. Thompson. Vestuario: Mona Barry. Música: Erdody. Produtor: Leon Fromkess. Produtor asociado: Martin Mooney. Produción e distribución: Producers Releasing Corporation. Elenco: Tom Neal (Al Roberts), Ann Savage (Vera), Claudia Drake (Sue Harvey), Edmund MacDonald (Charles Haskell Jr.), Tim Ryan (dono do bar en Nevada), Esther Howard (Holly, camareira), Pat Gleason (Joe, camioneiro). País: EE.UU. Duración: 68 minutos. Data de estrea: 15 de novembro de 1945. Filme incluído en 1992 no National Film Registry, Library of Congress.

venres, 13 de setembro de 2024

Escritos sobre cinema de Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz. Imaxe tomada do seu sitio web. 

Non é descoñecido o amor polo cinema de Agustín Fernández Paz, que se fixo explícito nun dos seus libros capitais, Fantasmas de luz, e antes nun conto longo, Amor dos quince anos, Marilyn. A súa cinefilia comezou na infancia e mocidade co Cine Villalbés como primeiro escenario, un espazo de “educación sentimental” e “descubrimento do mundo” que “axudaba a esquecer por unhas horas unha realidade dura e difícil”, a Galiza dos anos 50, “e facía máis doado soportala”. Iso contou nun fermoso texto, O Cine Villalbés, redactado para as “Festas de San Ramón” da súa vila e agora recollido no volume O rastro que deixamos. Recordaba tamén aí a que vén sendo a súa verdadeira “primeira vez”, o día en que un veciño, acomodador da sala, o levou a unha proxección d’A illa do tesouro de Byron Haskin.
“Supoño que nunca poderei esquecer o que para min supuxo contemplar aquelas imaxes, mergullarme naquela historia que estaba a ocorrer na pantalla, a tan pouca distancia de min, e que me quedou gravada para sempre. Miña nai tenme comentado que me brillaban os ollos dun xeito moi especial cando o noso veciño me levou de volta á casa. E non era de estrañar, penso agora, xa que aquel día acababa de descubrir a que sería unha das paixóns da miña vida. Porque o cine, e tamén os libros, son os responsables de que eu hoxe dedique unha parte do meu tempo a este oficio de inventar vidas e historias por medio das palabras”.
O Agustín escritor foi, ante todo, un lector e un espectador de cinema plenamente consciente. Un cinéfilo que se foi formando como tal vendo filmes mais tamén devorando revistas e libros, da colección de Film Ideal que había na biblioteca da Laboral de Xixón aos exemplares de Nuestro cine que mercaría el anos despois (...) 

Martin Pawley. Artigo escrito para o sitio web da A. C. Alexandre Bóveda. Pode lerse o texto completo neste enderezo.

xoves, 12 de setembro de 2024

Plácido Romero, na miña memoria

por Miguel Castelo

Autor da imaxe: Xesús Fariñas [La Región]
Eu seguía a che mandar correos e ti xa marcharas. Non me estrañaba a túa falta de resposta porque era consciente de que non estabas para cumprimentos pero non me daba por pensar que tiveses motivos tan rotundamente poderosos. Foi o Aser quen me enviou unha fermosa glosa audiovisual sobre ti, o que me deu a entender que xa te tiñas despedido deste mundo. Como o sinto, querido Plácido. Coa chea de comentarios que nos quedaban por trocar... de disquisicións sobre os filmes que cada un de nós estabamos a ver, sobre a túa loita e a túa tenacidade para levar adiante os teus proxectos, as dúbidas e certezas arredor das solucións narrativas dos mesmos, da permanente vocación de aprendizaxe que sempre te moveu. Non en van non son poucos os alumnos que te lembran como o seu mellor profesor: un bo mestre sabe sempre o importante que é seguir aprendendo. Canto curso tiñas ao teu alcance alí estabas ti puntualmente para seguir repasando e aprendendo cousas novas sobre estratexias narrativas, montaxe e tantos outros aspectos da construción cinematográfica explicados por cineastas de contrastado prestixio como Víctor Erice, José Luis Guerín, Mercedes Álvarez, Jaime Rosales, Nicolas Philibert ou Albert Serra. De todos tirabas aprendizaxe, pero o teu preferido era Guerín, dixéchesmo máis dunha vez. Todo acontecía en La Plantación. Alí compartimos “pupitre”, no 2018, ante o maxisterio do autor de Être et avoir (Ser e ter). Un curso que principiou de maneira polémica polo alongado silencio de Philibert (estabamos no ecuador da xornada da mañá e non dixera palabra) e á proxección dun dos seus filmes de cativa progresión dramática (a virar unha e outra vez sobre a mesma idea), o que suscitou a intervención dun dos asistentes (eu, sen ir máis lonxe) ante a sospeita de que o home tivera a intención de que vísemos os seus filmes sen el dicir palabra. Alí saíron uns poucos defensores do, até o momento dubidoso, método didáctico do director francés e acabamos nunha discusión estéril diante do seu espanto por, dados motivos idiomáticos, non entender o que alí estaba a pasar. A persoa encargada da tradución, Mercedes Álvarez, non daba chegado e a boa vontade de quen a substituía non abondaba. A elocuencia do teu sorriso -eras o demo!- deume a entender que celebrabas que por fin aquela aborrecida mañá cobraba vida. Ao calor do estímulo do debate achegouse, con natural inquedanza e visible desacougo, a xerente de La Plantación. Malia as, se cadra unha miga enzarapalladas, explicacións recibidas, teño para min que aínda hoxe, Elisa Pereira non ten claro o que o alí aconteceu. O caso é que a cousa se endereitou e a seguir cobrou o interese que se agardaba.

Eu ben sabía pola nosa comunicación epistolar, polas cada vez máis dispersas conversas telefónicas así como polos anuais encontros no MDOC de Melgaço, tamén co pasar do tempo menos comúns, como ías levando a condena das túas doenzas, mais resistíame a admitir, malia ás confidencias que me facías, que o final estivese tan preto. Unhas confesións clarividentes que non impedían o emprego das túas forzas todas para lle poñer o ramo á construción do teu último edificio que, na contra do que che eu dicía, tiñas certo que ía ser o derradeiro. Debecíaste por encontrar solucións para os problemas que considerabas tiña nese momento a montaxe do teu Pretérito imperfecto. E non paraches até dar con elas. Non podías consentir que a túa ollada sobre ese tempo retrospectivo de convivencia escolar adolescente, de fundacionais descubertas da vida, ficara de calquera maneira. E puxeches cada cousa e cada persoa no seu sitio. Máis dunha vez confeseiche a admiración que eu sentía pola vocación profesional e o gusto pola cousas ben feitas, particularidades que te acompañaban. “Profesional”, cómpre clarexar, na acepción artística, non na económica, que a ti o teu traballo, lonxe de che dar un euro, levábache unha manchea deles. E téñoche que pedir perdón -unha solicitude retórica, mesmo insensata- polo egoísmo de te querer connosco, no mundo dos vivos, a costa dos sufrimentos sen medida que estabas a experimentar. E che dar as grazas pola compañía que me brindaches e tamén por suscitar esta conversa imaxinaria, que certamente é conversa comigo propio, un soliloquio que me permite saber un pouco máis de min. Sabido é, benquerido Plácido, que os mortos abren os ollos aos vivos. E, tamén, que viven na súa memoria.

venres, 6 de setembro de 2024

Maroun regresa a Beirut

Maroun regresa a Beirut (Feyrouz Serhal, 2024)

Ao inicio do magnífico documental que se estrea estes días no Festival de Venecia, Feyrouz Serhal relata unha asombrosa anécdota sobre o cineasta Maroun Bagdadi. Mentres traballaba no guión para unha película que se ía chamar Corners xunto ao seu amigo Hassan Daoud, este reparou en que tiñan decidido como matar a dous dos personaxes mais faltáballes por inventar a causa dunha terceira morte. Cando Hassan lle preguntou como resolver ese oco na narración, Bagdadi respondeu sen dubidar que debía ser unha morte estúpida, que o personaxe, por exemplo, caese polas escaleiras dende o máis alto da casa da súa nai para morrer de xeito inmediato sen que ninguén se decatase. Pouco despois, foi o propio Maroun Bagdadi quen morreu desa maneira, caendo dende o máis alto das escaleiras da casa materna. Esa fatal casualidade encaixa ben coa lenda dun director brillante e un home sedutor, xeneroso e carismático, que asumiu o cinema como unha enfermidade sen cura e non quixo marcar grandes diferenzas entre a súa traxectoria persoal e profesional. No seu mellor filme, Pequenas guerras, representouse a si mesmo morto: a súa fotografía pasa de man en man entre diferentes personaxes que honran o seu recordo. Sendo como foi un home vitalista e enérxico, sempre en acción, é curioso o importante que foi a morte na súa obra. Nun dos textos que recolle Feyrouz, Maroun afirma que os seus filmes "se interesan por unha única verdade, que é a morte. A morte é sempre máxica. A morte, que pode ser descrita como a única certeza, mais non sabemos nada sobre ela".

Son moitas as razóns para o aplauso ante unha lección de cinema como é Maroun regresa a Beirut. É, para empezar, unha perfecta introdución á figura de Maroun Bagdadi, que foi no seu tempo o máis destacado cineasta libanés, seleccionado nos festivais de Venecia e Cannes –e premiado como mellor director no certame francés pola que é quizais a súa ficción máis discutíbel, Hors la Vie– , mais sobre quen caeu o pano do esquecemento co paso dos anos, máis de trinta xa dende o seu falecemento. Tempo abondo para avaliar mellor as súas películas e admirar nelas un inmenso virtuosismo disfrazado a miúdo de simplicidade. Para quen non as coñeza, o documental de Feyrouz presenta unha escolma exemplar de escenas habilmente contextualizadas, mais, sobre todo, achéganos o home detrás da cámara, un ser humano real, nin un santo nin un demo, coas súas virtudes e contradicións e amado, de maneira verdadeira e profunda, por xente que garda e celebra hoxe a súa memoria: o xa citado Hassan Daoud, Fawwaz Traboulsi, Elie Adabachi ou a súa viúva, a actriz Soraya Khoury. As feridas, se as houber, cicatrizaron; o tempo todo o cura e a longo prazo o único que fica é o amor. Esa sensación é moi nidia no filme porque Feyrouz foi capaz de crear a confianza necesaria, falou o tempo preciso para saber que información debía obter de cada persoa e fixo as preguntas axeitadas para compoñer un retrato honesto e elegante de Maroun. É un documental claro e clarificador, moi lonxe desa absurda tendencia de certa non ficción que se empeña en ser enigmática e elíptica para acabar sendo unicamente confusa. Feyrouz faise presente no filme e comparte planos cos homes e mulleres que entrevista; planos, dito sexa ao paso, marabillosamente ben compostos en escenarios marabillosamente ben escollidos. É unha cineasta que estuda outro cineasta, que se recoñece na paixón compartida pola cidade de Beirut, polas rúas e calellas que percorre nun coche vermello descapotábel semellante ao que tiña aquel; que se recoñece, tamén, na paixón pola creación artística. De feito, unha elocuente dedicatoria desvela dende o principio todas as cartas: "A Maroun. A Beirut. Ao cinema".

O diálogo con Joana Hadjithomas e logo, nun apaixonante bloque final, con máis cineastas do Líbano que escoitan declaracións de Bagdadi corenta anos atrás, sinala unha infeliz continuidade: os problemas mudan, mais facer cinema no Líbano segue sendo un desafío. A conflitiva historia recente do país non axuda e, como se di explicitamente nesa secuencia, "cada xeración ten o seu propio 1975", en alusión ao comezo da guerra civil.

"Teño moitas preguntas nos meus filmes, mais moi poucas son as respostas. Teño máis preguntas e asombros ca respostas. Observo, percibo e especulo, mais non dou respostas. Amoso as miñas dúbidas sen chegar a ningunha certeza", lemos noutro texto de Bagdadi. Máis unha mostra da lucidez dun cineasta que redescubrimos agora grazas ao talento de Feyrouz Serhal.

Martin Pawley. Publicado orixinalmente no Nós Diario, 6 de setembro, sexta feira. O Sermos Galiza publicou, ademais, unha reportaxe-entrevista máis ampla coa directora, "Feyrouz Serhal. A poesía está por todas partes". 

domingo, 1 de setembro de 2024

Una oportunidad histórica

El Reglamento de Restauración de la Naturaleza abre la vía para proteger los ecosistemas de la contaminación lumínica.

* * *

Fotograma de Night Colonies (Apichatpong Weerasethakul, 2021)

El 17 de junio de 2024 el Consejo de la Unión Europea adoptó formalmente el Reglamento de Restauración de la Naturaleza que había aprobado en febrero el Parlamento Europeo por mayoría absoluta. La aceptación final por parte del Consejo fue más tortuosa de lo esperado, después de que en marzo Hungría se sumase al grupo de países opuestos a su aplicación. La apuesta casi solsticial por el «sí» de la ministra de Medio Ambiente de Austria, Leonore Gewessler, contra la posición de sus socios de gobierno conservadores, facilitó la mayoría cualificada que se exige para la ratificación de leyes, un mínimo de un 55% de países que sumen un 65% de la población. Bélgica se abstuvo, se mantuvieron en el «no» Finlandia, Hungría, Italia, Países Bajos, Polonia y Suecia y votaron a favor los representantes de los demás países, Alemania, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Francia, Grecia, Irlanda, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Portugal, República Checa y Rumanía.

La normativa, directamente aplicable en todos los estados miembros a partir de su publicación en el Diario Oficial, exige la adopción de medidas para restaurar «conjuntamente» al menos el 20 % de los ecosistemas terrestres y marítimos de la UE de aquí a 2030, con prioridad hasta ese año para los espacios Natura 2000. Deberán restablecerse al menos un 60 % de los hábitats en mal estado en 2040 y al menos un 90 % en 2050. El texto muestra una especial preocupación por la pérdida de polinizadores –«una de cada tres especies de abejas y mariposas está disminuyendo, y una de cada diez especies está al borde de la extinción»– y defiende su decisivo papel en el bienestar humano y la seguridad alimentaria, hasta el punto de evaluar que cada año 5000 millones de euros de la producción agrícola comunitaria se deben directamente a los insectos.

El Reglamento se hace eco de la contaminación lumínica. «Las pruebas científicas sugieren que la luz artificial perjudica a la biodiversidad y también puede afectar a la salud humana», nos dice, para añadir que al elaborar sus obligados planes nacionales de restauración «los Estados miembros deben poder considerar la posibilidad de detener, reducir o corregir la contaminación lumínica en todos los ecosistemas». El anexo VII, que recopila una lista de medidas posibles de restauración, habla de «detener, reducir o corregir» diversos contaminantes, incluida «la luz en todos los ecosistemas». Podía ser mejor, sin duda; no obliga a nada, es cierto, pero es igualmente cierto que tampoco impide nada y su sola mención es fundamental: es mucho más de lo que teníamos antes. Es una oportunidad histórica para exigir la protección de los ecosistemas ante los efectos la luz artificial por la noche. No se trata solo de frenar, cuánto antes, el crecimiento global de la iluminación, sino de revertir la situación hasta que esos ecosistemas recuperen los niveles de oscuridad natural que son necesarios para su propia subsistencia. Nos toca decidir qué queremos. La ley, por una vez, puede jugar a nuestro favor. 

Martin Pawley. Artigo publicado na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 303, setembro de 2024. 

sábado, 31 de agosto de 2024

Feyrouz Serhal. A poesía está por todas partes.

O anuncio da programación do festival de cinema de Venecia trouxo unha feliz sorpresa, a selección da longametraxe documental Maroun regresa a Beirut da directora libanesa Feyrouz Serhal, moi ligada ao noso país. O filme, que forma parte da sección competitiva Venice Classics, revisa a traxectoria vital, política e artística de Maroun Bagdadi, na súa altura o cineasta máis importante do Líbano, que faleceu en 1993 aos 43 anos por mor dun fatal accidente.
Feyrouz Serhal e Fawwaz Traboulsi no filme Maroun regresa a Beirut

O Festival Internacional de Cinema de Venecia ten, desde 2012, un contedor específico para mostrar grandes películas de todos os tempos en copias restauradas, Venice Classics. A intención expresa é a de explorar a diversidade da creación ao longo da historia, e así este ano poderán verse clásicos de autores sobradamente coñecidos coma Michelangelo Antonioni (La Notte), Howard Hawks (His Girl Friday) ou Fritz Lang (The Big Heat), mais tamén outros nomes menos familiares mesmo para a cinefilia máis atenta, como é o indio Girish Kasaravalli (Ghatashraddha). Canda esas recuperacións, a sección conta tamén cunha competición de documentais sobre o cinema ou sobre cineastas onde encontrou o seu sitio o filme de Feyrouz Serhal para abrir unha gratificante conexión galega na selección oficial da mítica Mostra italiana: a directora libanesa traballa habitualmente con Zeitun Films, compañía da que é máximo responsábel Felipe Lage, que coproduciu a súa curta Tshweesh, estreada no Festival de Locarno en 2017, e ten agora en desenvolvemento a súa primeira longa de ficción, I Am Here But You Can’t See Me. Tamén coa Zeitun realizou xa unha curta de produción 100% galega, Sen Ti, que tivo a súa estrea internacional en festivais en Marrocos e no Líbano. A protagonista é Rosalía de Castro, a escritora e a estrela, que descende unha noite do firmamento até a terra para reunirse co seu amado. Un reencontro que a directora sitúa nun espazo industrial, unha factoría do sector da madeira, porque “a poesía está en todas partes”, explica durante unha longa conversa na Coruña. “Está no fume, no metal. Nos meus filmes, os espazos xogan sempre un rol moi importante. En Sen Ti a xustaposición da pel de Rosalía e a pel do metal crea algo, crea poesía; a combinación da fraxilidade do corpo e da respiración humana co ruído industrial danos unha perspectiva das cousas, que pode ser poética”. E recorda que na base da súa curta anterior, I Come From The Sea, hai tamén un poema, nese caso do escritor Elia Abu Madi.

Hors la vie
A proposta de realizar unha película sobre Maroun Bagdadi foi para Feyrouz unha oportunidade para coñecer moito mellor unha figura indubidabelmente fascinante, de investigar todo o que se escribiu sobre el, de volver aos seus filmes e comprender o contexto e as intencións con que foron feitos. Bagdadi foi no seu momento o cineasta libanés con maior repercusión internacional, capaz de manter unha carreira cinematográfica mesmo durante a guerra civil con fitos como Les petites guerres / Pequenas guerras (1982), unha obra mestra estreada na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes. Brillante e ambicioso, contou nos seus inicios co apoio dun autor de referencia no cinema árabe, o mestre exipcio Youssef Chahine, e máis adiante traballou con Francis Ford Coppola. O seu crecente prestixio facilitoulle o acceso ao financiamento estranxeiro e así en 1987 faría, con produción francesa, L'homme voilé, protagonizada por Bernard Giraudeau e Michel Piccoli e que competiu polo León de Ouro na Mostra de Venecia. Fixo logo varias producións para a televisión, entre elas a excelente Lebanon, the Land of Honey and Incense (1988), sobre un médico francés que acaba secuestrado no contexto da guerra civil e que en certo sentido adianta o seu seguinte proxecto, Hors la Vie (1991), inspirado no caso real do secuestro do fotoxornalista Roger Auque. O filme, que ten a Hippolyte Girardot como actor principal, gañou o premio á mellor dirección no Festival de Cannes ex-aequo co Lars von Trier de Europa, mais fica a anos luz da riqueza e complexidade das súas primeiras e máis interesantes obras. Feyrouz recoñece que cando estudaba na universidade e viu por primeira vez Hors la Vie pensou que era “realmente mala. Por suposto, es nova, es radical, estás estudando cinema, queres sabelo todo deses cineastas xeniais e de súpeto ves unha película dun cineasta do teu país coa que non estás de acordo en absoluto. Cando a volvín a ver moito tempo despois, a miña primeira impresión foi a mesma mais axiña comprendín que había algo por debaixo desa fachada que intentaba lanzar mensaxes máis interesantes. Decateime de que fora capaz de criticar os seus compañeiros de loita e sentín que iso era moi importante”.

Maroun, explica, “quería facer cinema e iso non era posíbel no Líbano. Se quería traballar con produtores estranxeiros, sabía que tiña que adaptarse e facer concesións. Quizais iso xogou na súa contra nalgún momento, mais se non o facía non podería desenvolverse como artista. Non parou de facer cousas, cando non eran longas de ficción eran documentais ou producións para televisión. Estaba sempre traballando, traballando, traballando. O Maroun de esquerdas seguiu sendo de esquerdas, mais era capaz de facer autocrítica e cuestionar os seus camaradas. Tiña a coraxe de dicirlle a calquera que estaba equivocado”. Unha independencia incómoda que lle trouxo non poucos reproches ao longo da súa vida.

Soraya Khoury en Pequenas guerras
Para adentrarse no universo de Bagdadi, Feyrouz fixo unha exhaustiva investigación coa familia e os amigos do director. Falou con moita xente mais sempre tivo claro que non quería que “todos falasen sobre todo”, senón que cada persoa puxera o foco nunha faceta clave. Así, o escritor e xornalista Hassan Daoud ofrecería unha primeira impresión do personaxe, da súa actitude e do seu astuto encanto, de como se movía pola cidade, e o historiador Fawwaz Traboulsi axudaría a entender o contexto histórico e político. “Todos foron moi xenerosos comigo e estaban felices. Lembro que cada vez que terminaba a conversa viñan canda min para abrazarme e darme os parabéns”. É o resultado dun bo traballo, de reunirse con eles dúas ou tres veces, de acadar a súa confianza. Entre as persoas entrevistadas non podía faltar Soraya Khoury, presenza asombrosa en Pequenas guerras e muller de Maroun, nai tamén dos seus fillos, o terceiro dos cales naceu unha semana despois da morte do pai nun tráxico accidente, a caída polo oco dunhas escaleiras. Soraya achegaría un relato máis persoal e íntimo e todas as voces, coas súas diferentes perspectivas, comporían en conxunto o retrato dun home carismático, querido por moita xente, mais non exento de contradicións. O retrato dun ser humano, en suma. Un artista apaixonado, namorado do cinema e de Beirut, unha cidade que percorría nun emblemático coche vermello que o documental evoca a xeito de simpático tributo: é un coche parecido o que emprega a directora para recoller as persoas que entrevista e levalas a lugares significativos para Bagdadi, desde un café da rúa Hamra a un parque próximo á casa en que vivía.

Joana Hadjithomas
Mais a intención de Feyrouz nunca foi a de ficar no pasado, senón tecer unha conexión co presente. Coma ponte válese dun encontro coa cineasta Joanna Hadjithomas, cineasta e artista que colabora habitualmente con Khalil Joreige e posúe un poderoso discurso intelectual sobre a imaxe e a memoria. O Líbano de hoxe pasa por unha conversa con cineastas de diferentes xeracións mais posteriores á de Bagdadi, incluída a xente máis nova, nacida á volta do cambio de século. “Cando vin as entrevistas que se conservan de Maroun comprendín que estaba falando dalgunha maneira tamén dos nosos problemas. Algunhas cousas son distintas, mais no esencial é o mesmo. E son entrevistas feitas corenta anos atrás. Eu non quería falar de min, quería ver as miñas compañeiras e compañeiros. E ademais quería acabar nunha sala de cinema. Pregunteilles que pensaban e empezaron a falar entre si. Eu escoitábaos e pensei: isto é exactamente o que quero. Non quero meterme na conversa, vounos deixar falar. Foron dúas horas e, como é lóxico, iso supuxo un problema na montaxe. Mais en realidade debuxouse unha liña que vai desde 1975 até agora”. Un período da historia marcado por episodios traumáticos máis aló da guerra civil, como a criminal ocupación israelí, o conflito con Siria, e, máis recentemente, a crise económica que derivou nas protestas de 2019, a chamada “revolución do 17 de outubro”, ou a brutal explosión no porto de Beirut de 2020.

Maroun Bagdadi “estaba obsesionado coa realidade”. Algúns dos personaxes reais que atopaba nos seus documentais encontrámolos logo nas ficcións, mesmo que se trate de aparicións anecdóticas; en Pequenas guerras, por exemplo, sae un mozo que perdeu unha perna que xa filmara con anterioridade e quixo ter de novo para un plano concreto. “Escribía os guións sobre a base do que vía na vida ou o que investigaba para os documentais”. Iso, dalgunha maneira, liga entre si todos os seus filmes, independentemente da carga de ficción que posúan. Contou o seu tempo e a súa realidade, que penetra en cada fotograma, mais a partir diso xorde a poesía e a reflexión. Algúns dos seus filmes parecen enganosamente sinxelos mais responden a ideas labradas de xeito minucioso. As máis fermosas de todas as nais (1978) filma xente que fala sobre un “mártir” da guerra. Ao principio poderíamos pensar que se refiren a unha única persoa, mais a abundancia e a diversidade das testemuñas insinúa que non é así: o “mártir” é un e moitos, unha pluralidade de corpos entregados aquí e acolá á voracidade da maquinaria bélica. Unha longa serie de fotografías que amosan os rostros das vítimas acabará por desvelar as dolorosas dimensións do sacrificio. En cada rostro cabe imaxinar os soños e as esperanzas arrasadas pola violencia, os proxectos frustrados, as experiencias e o amor compartido coas persoas que, aínda vivas, os lembran con emoción. Como contrapunto entrevista tamén camaradas en activo, xente nova en mans dunha Historia sobre a que non teñen control, quizais futuros mártires. A encomenda patriótica, o exercicio de propaganda, Maroun transfórmao nunha alegación pacifista. Na guerra non hai espazo para a inocencia, todas as guerras manchan. Nós estamos pola patria (1979) foi tamén un encargo político, mais o resultado non gustou: era demasiado “artístico”. Isto é, era demasiado bo, fóra de calquera etiqueta utilitaria. Contra o final, unha impresionante montaxe opón planos curtos de militares armados coas facianas de nenos e nenas que afirman, con orgullo, “eu son do Sur”. Ese afastado sur que foi tamén unha revelación para o cineasta. Para el, o amor por un país e a súa causa exixe espírito crítico, exixe reprobar o sectarismo, condenar a corrupción e as inxustizas do sistema, clamar pola igualdade e a liberdade. As súas imaxes, por iso mesmo, non queren recrearse na agonía nin facer espectáculo da dor. O Beirut destruído non é un decorado, é unha cidade que resiste. Mesmo hai certa celebración da capacidade de atopar espazos de felicidade e de pracer entre o ruído das explosións. “Eu propia vivín a guerra”, di Feyrouz. “Ben, era unha rapaza nesa altura, mais crecín coa guerra e podo dicirche que viviamos coa normalidade que reflicten os personaxes de Maroun. Eu ía ao colexio todos os días e cando estabamos en clase e empezaban os bombardeos, marchabamos para a casa. Era así sempre. Por iso é que cando agora vemos Pequenas guerras no Líbano, todo o mundo adora o filme, porque está cheo de verdade. Non eran só os bombardeos; a xente vivía, saía, tomaba unha copa, bailaba. A vida é mesmo máis intensa durante unha guerra e iso foi o que el quixo retratar”.

Tshweesh (Feyrouz Serhal, 2016)
Esa noción de resiliencia é tamén esencial á curta que deu a coñecer internacionalmente a Feyrouz Serhal, a espléndida Tshweesh, que cobre un arco de varias décadas no Beirut recente que se insinúa por referencias sutís a diversos mundiais de fútbol e orde con iso unha sorte de continuo espazo-temporal, un eterno-retorno de ataques aéreos após os cales todo volve ao seu estado ordinario. “Acho que toda a humanidade, cando se enfronta a situacións drásticas, tira para adiante. É a única maneira. E a xente libanesa e a mediterránea en xeral ama a vida, é xente positiva, e si, van bailar, van tocar música. Cando haxa bombardeos, agocharanse, mais o resto do tempo vivirán a vida”.

A vida continúa 

Maroun Bagdadi tiña vinte e cinco anos cando presentou a súa primeira longametraxe, Beirut Oh Beirut (1975), un retrato coral dun país en vésperas de estoupar. Todas as súas escenas vibran cunha estraña tensión que parece anticipar a inminente guerra civil que desangrou o país até 1990. A súa segunda ficción, Les Petites Guerres (1982), con Ed Lachman na dirección de fotografía, foi rodada en pleno conflito, aínda que se ambientaba anos atrás, no inicio do mesmo. O relato estrutúrase arredor do triángulo que forman un home que marcha de Beirut para se converter nun señor da guerra, a súa namorada, que decide axudalo planificando o secuestro dun empresario rico (a actriz Soraya Khoury, esposa de Maroun) e un cínico fotógrafo de prensa que sobrevive traficando con drogas. Paradoxalmente, é unha obra menos escura e inquietante, un fascinante paseo pola normalidade e a resistencia entre a violencia e o caos.

Imaxe de Pequenas guerras (Familia de Maroun Bagdadi)

O encontro con Rosalía

Feyrouz Serhal ten pendente de estrea en Galiza as súas dúas anteriores curtas. I Come From the Sea, exhibida en grandes festivais coma Shanghai ou Oberhausen, explora a capacidade infantil para recoñecer a maxia da vida, a alegría que xorde do inesperado, de escoller un camiño diferente do previsto. O resultado dialoga coa tradición da mellor arte para as crianzas, dos filmes de Abbas Kiarostami para a Kanoon ao equilibrio entre fantasía e realidade d’O Globo Vermello de Albert Lamorisse. A fermosa Sen Ti, produción de Zeitun Films, inspírase en Rosalía de Castro, “en como comprendín Galiza a través desta marabillosa escritora. Ao principio non foi doado, estaba lonxe dela, pechada nun apartamento pequeno durante a pandemia da Covid-19. Mais ela levoume a lugares, aos ríos, aos bosques, á súa fermosa tristeza e melancolía. Foi como unha viaxe fermosa con ela e a película é o resultado dese encontro meu con Rosalía”.

Sen Ti (Feyrouz Serhal, 2023)

Martin Pawley. Artigo publicado no Sermos Galiza que acompaña o Nós Diario do sábado 31 de agosto de 2024. As persoas subscritoras tamén poden ler o artigo nesta ligazón.

venres, 30 de agosto de 2024

Vendrán años mejores. 32º Curtas Vila do Conde.

Para su artículo sobre la competición nacional del festival de Vila do Conde en el periódico Público, el crítico Jorge Mourinha eligió como título “Um impasse, outro impasse, e depois…”, parafraseando una notable película de Manuel Mozos de 1990 que en sí misma sirve como metáfora de la desafortunada invisibilidad del cine portugués de esa época: los materiales originales en soporte fílmico estuvieron perdidos hasta hace muy poco así que durante todo este tiempo solo pudo verse en una copia en vídeo de mala calidad. Es justo hablar de impasse y de cierta falta general de brillo por más que este año la competición internacional la haya ganado un film portugués, That’s How I Love You, realizado en Croacia por Mário Macedo, con un niño de vacaciones en casa de los abuelos que, fascinado por iniciarse en la toxicidad adulta del tabaco o la caza, acaba por aprender la crueldad de la destrucción animal inherente a una escopeta (...)

Martin Pawley. Texto completo no número 191, de setembro de 2024, da revista Caimán Cuadernos de Cine, dispoñíbel nos quioscos dende o 30 de agosto.