Amosando publicacións coa etiqueta Agustín Fernández Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Agustín Fernández Paz. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de setembro de 2024

Escritos sobre cinema de Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz. Imaxe tomada do seu sitio web. 

Non é descoñecido o amor polo cinema de Agustín Fernández Paz, que se fixo explícito nun dos seus libros capitais, Fantasmas de luz, e antes nun conto longo, Amor dos quince anos, Marilyn. A súa cinefilia comezou na infancia e mocidade co Cine Villalbés como primeiro escenario, un espazo de “educación sentimental” e “descubrimento do mundo” que “axudaba a esquecer por unhas horas unha realidade dura e difícil”, a Galiza dos anos 50, “e facía máis doado soportala”. Iso contou nun fermoso texto, O Cine Villalbés, redactado para as “Festas de San Ramón” da súa vila e agora recollido no volume O rastro que deixamos. Recordaba tamén aí a que vén sendo a súa verdadeira “primeira vez”, o día en que un veciño, acomodador da sala, o levou a unha proxección d’A illa do tesouro de Byron Haskin.
“Supoño que nunca poderei esquecer o que para min supuxo contemplar aquelas imaxes, mergullarme naquela historia que estaba a ocorrer na pantalla, a tan pouca distancia de min, e que me quedou gravada para sempre. Miña nai tenme comentado que me brillaban os ollos dun xeito moi especial cando o noso veciño me levou de volta á casa. E non era de estrañar, penso agora, xa que aquel día acababa de descubrir a que sería unha das paixóns da miña vida. Porque o cine, e tamén os libros, son os responsables de que eu hoxe dedique unha parte do meu tempo a este oficio de inventar vidas e historias por medio das palabras”.
O Agustín escritor foi, ante todo, un lector e un espectador de cinema plenamente consciente. Un cinéfilo que se foi formando como tal vendo filmes mais tamén devorando revistas e libros, da colección de Film Ideal que había na biblioteca da Laboral de Xixón aos exemplares de Nuestro cine que mercaría el anos despois (...) 

Martin Pawley. Artigo escrito para o sitio web da A. C. Alexandre Bóveda. Pode lerse o texto completo neste enderezo.

sábado, 1 de xuño de 2024

La fuerza de nuestro amor no puede ser inútil

En muchas obras fundamentales de la literatura gallega hay sitio para el paisaje y la cultura de la noche.

* * *

Casa da Matanza, Padrón. Imaxe: Merce Ares, Fundación Rosalía de Castro.

Desde 1963 cada 17 de mayo se celebra en mi país el «Día das Letras Galegas», que cada año rinde homenaje a una figura literaria ya fallecida. La idea de impulsar una jornada dedicada a honrar los libros surgió asociada al centenario de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, obra fundamental de nuestro renacimiento cultural. A falta de conocer la fecha exacta de su salida de imprenta se tomó como referencia la que la autora escogió para la dedicatoria a Fernán Caballero que inicia el libro, ese 17 de mayo de 1863 en el que su esposo Manuel Murguía cumplía treinta años.

En 2024 el «Día das Letras» se le dedicó a Luísa Villalta, que escribió ensayo, teatro y narrativa –sublime es su novela As chaves do tempo–, aunque es más conocida por su poesía, muy vinculada a su ciudad, A Coruña, «tatuada na pétrea pel do mar». «De novo as estrelas meten-se nos bares abertos até o horizonte da madrugada», leemos en Ruído. Y en En concreto, «Demasiada luz para esta noite / demasiados mecanismos entre as mans», versos que riman con aquellos de Rosalía en Follas novas: «Luz e progreso en todas partes..., pero / as dudas nos corazós».

Siendo la gallega una sociedad tradicionalmente ligada a la naturaleza, no es extraño que no sean pocas las referencias literarias a los paisajes y la cultura de la noche. «E o faro estraviado / daba o S.O.S. / n-o morse / –clave Orión– / das estrelas», escribió Manuel Antonio en De catro a catro (1928), joya inmortal siempre en vanguardia. Manuel María, patriarca de la Terra Cha, envió una hermosa carta a las estrellas, «rosas de luz na noite escura». Anxo Angueira evoca en Palmeiras, piueiros las «cen lúas de Xúpiter» o los «asubíos do Serpentario». Xabier P. Do Campo incluyó no poder mirar las estrellas entre su lista de miedos en Cando petan na porta pola noite. Y en A viaxe de Gagarin, novela mayor de Agustín Fernández Paz, la fascinación por el espacio marca la infancia y adolescencia del protagonista (Xabier, Agustín: para quien esto escribe, amigos, maestros, irmaos).

Los ejemplos son abundantes en la propia Rosalía, que nació bajo una «roxa estrela» (el planeta Marte) y cantó la anchura sin límites del cielo y a las estrellas que guían el camino o sonríen mientras contemplan los amores que florecen. Antes, Xoan Manuel Pintos dejó huella en su poesía del paso espectacular del cometa Donati en 1858. Otro contemporáneo, Eduardo Pondal, alabó al «fulgente Sirius» e hizo del «prácido luar» una parte esencial de Galicia junto a los árboles (los rumorosos pinos) y la «costa verdecente», un triunvirato natural de cielo, tierra y mar que abre el poema que se convirtió en nuestro himno. Paisajes, los tres, hoy amenazados por la codicia sin límites y cuya defensa es, digámoslo una vez más, irrenunciable: sin ellos nada somos. En palabras de otro grande, Uxío Novoneyra, poeta de O Courel, la fuerza de nuestro amor no puede ser inútil.

Martin Pawley. Artigo publicado na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 300, xuño de 2024. 

martes, 9 de abril de 2024

Xabier e Agustín, cinéfilos

Como era verde o meu val (John Ford, 1941)

En 1969 a desaparecida editorial Magisterio Español publicou na colección "Novelas y Cuentos" o libro Entrevistas con directores de cine, ao coidado de Andrew Sarris, que compilaba conversas aparecidas orixinalmente en diversos medios (Cahiers du Cinéma, Movie ou Sight and Sound, entre outros) cunha serie de cineastas fundamentais: Antonioni, Bergman, Bresson, Buñuel, Chaplin, Eisenstein, Fellini, Ford, Godard, Hitchcock, Lang, Losey, Ray (Nicholas), Pasolini, Renoir, Resnais, Rossellini, Truffaut e Welles. Todos homes, si (e ningún asiático ou africano), mais con certeza unha listaxe representativa do que a cultura daquel tempo podía considerar un canon. Foi entón que adquiriu o libro na Coruña un cinéfilo chamado Xabier Puente Docampo. O mesmo fixo en Barcelona un mozo vilalbés, Agustín Fernández Paz, e sabemos a data exacta, o 2 de maio de 1970. Eses dous exemplares, asinados cada un polo seu propietario primeiro, son agora un dos maiores tesouros da miña biblioteca. Prodúceme un sorriso reparar en como, nunha altura en que eles dous non se coñecían -para iso aínda habían pasar uns anos, cando Agustín, logo de voltar a Galiza para facerse mestre, tivo a Docampo como titor de prácticas-, había xa un fío invisíbel que os unía. Era só cuestión de tempo que o destino os puxera en contacto e esa paixón común, entre outras moitas, alimentara o inicio dunha fermosa amizade.

Non hai na literatura galega escritores cuxo amor polo cinema se manifeste, na vida e na obra, de forma máis explícita. Logo do descubrimento das películas na nenez, o impacto da versión d'A illa do tesouro de Byron Haskin nun pequecho Agustín, ou a revelación que tivo Xabier con O ladrón de bicicletas de Vittorio de Sica de que os filmes, traten o que traten, falan sempre de nós, veu despois o exercicio sistemático e consciente de "ir ao cinema" e da lectura das revistas sobre a materia. Os exemplares de Film Ideal que Fernández Paz devoraba na Laboral de Xixón ou os de Nuestro Cine que logo mercou. Mentres viviu na capital catalá tiña acceso, a través das salas de arte e ensaio e os cineclubs, a filmes noutras cidades impensábeis, tamén a posibilidade da versión orixinal. Na súa xuventude coruñesa, Xabier ía ás salas na compaña do seu amigo Tuto, o actor Tuto Vázquez, quen gardaba os billetes e nun só ano xuntou máis de 300.

O seu entusiasmo acabou por facerse presente na escrita. De maneira máis abundante no caso de Agustín, que xa en 1995 deixou mostra elocuente del no libro Amor dos quince anos, Marilyn, e en particular no conto homónimo, emocionada homenaxe ás salas que van pechando por medio dunha colección de estrelas ligadas polo recordo das miles de horas sentado nunha butaca, de Anna Magnani a Liv Ullmann, da adorada Stéphane Audran ao impoñente Orson Welles. O autor confesouse no prólogo ao volume: non sería quen é sen películas como As uvas da ira, Paixón, António das Mortes, Jules e Jim ou Grupo salvaxe. Tampouco sen Ordet de Dreyer, Días do ceo de Malick, O sabor das cereixas de Kiarostami ou O festín de Babette de Gabriel Axel, adaptación do relato de Karen Blixen da que se apropiou, para sempre, dun diálogo inesquecíbel, cando, despois de gozar dunha cea excepcional, as anciás irmás dinamarquesas descobren que a cociñeira gastou todo o que tiña en preparar ese menú único. "Agora serás pobre o resto da túa vida", pregúntanlle con pena, ao que Babette responde "Unha artista nunca é pobre".

Aínda houbo un segundo e espléndido tributo á sala escura e ás criaturas que as poboan, Fantasmas de luz, e moitas outras referencias aquí e acolá, incluídas as non poucas recomendacións que nos deixou no seu blog, Un lector, ou nos textos cos que acompañou a publicación d'A viaxe de Gagarin. A cinefilia de Xabier, non precisamente oculta na súa achega ao xénero negro A chave das noces ou mesmo en obras de estirpe tan literaria coma O libro das viaxes imaxinarias ou A illa de todas as illas, pois é imposíbel liberarse dos millóns de fotogramas felizmente acumulados na memoria, encontrou a súa expresión definitiva na novela última, A nena do abrigo de astracán. Novela que fai das películas un abrigo que a nena protagonista encontra contra a crueza da Galiza da posguerra, contra a barbarie do mal que se estende e normaliza ante os ollos adultos que fan como que non ven. O cinema como espazo para as emocións, para a risa e para o medo, para experimentarmos o pracer de chorar a gusto, mais, sobre todo, para aprendermos o mundo, para entendermos quen somos.

Martin Pawley. Publicado orixinalmente no Nós Diario, 9 de abril de 2024, terza feira.

venres, 27 de xaneiro de 2017

O importante (carta a Agustín)

Agustín, amigo:

Moito me acordei de ti estes días! E coma sempre o cinema foi a causa (habería unha soa vez que falaramos en que non apareceu o cinema nalgún momento da conversa?). Revisei un bo lote de filmes antigos nas últimas semanas e non paraba de pensar “isto teño que comentalo con Agustín”. Como agora xa non podemos falar por teléfono, póñoo por escrito; quizais así chegue máis lonxe.

Sabes ben o que supuxo para a industria do cinema americano a implantación, aló en 1934, do mal chamado “código Hays” (habería que referirse a el polo nome real, “Motion Picture Production Code”). O de Hays vén por Will H. Hays, que foi presidente entre 1922 e 1945 do grupo de produtores e distribuidores; antes diso, isto vaiche gustar, foi xefe do servizo postal dos EEUU, un premio ao seu labor como xefe da vitoriosa campaña presidencial do republicano Warren Harding.

O código de produción foi un acordo de autocensura aceptado pola industria para evitar males maiores baixo a influencia dos grupos de presión puritanos e relixiosos, preocupados pola promoción do pecado e a inmoralidade no cinema. O pecado e a inmoralidade poboaban igualmente outros sitios, mais o cinema é unha arte de masas e parecíalles máis perigoso por seren as imaxes -e nesa altura xa tamén as palabras faladas- máis explícitas e o seu impacto máis inmediato. “Un libro describe, un filme expón de maneira vívida”, di o código nos seus principios xerais. A lectura do texto completo é fascinante, é un exercicio perverso (e pervertido) de análise da ferramenta fílmica que che recomendo vivamente. Atoparás parágrafos coma este: “A maioría das artes apelan á madurez. A arte do cinema apela ao mesmo tempo a todas as clases – maduros, inmaduros, desenvolvidos, non desenvolvidos, os que respectan a lei, os criminais. A música ten diferentes graos para diferentes clases; o mesmo a literatura e o teatro. A arte das imaxes en movemento, combinando como combina os dous recursos fundamentais de mirar unha imaxe e escoitar unha historia, alcanza ao mesmo tempo a todas as clases da sociedade”.

Como resultado desas reflexións, o código propuña unha reveladora listaxe de recomendacións e prohibicións. O principio inspirador é deixar clara a diferenza entre o ben e o mal na forma en que estes se presentan, sen posibilidade ningunha de escala de grises. O que está mal está mal e non pode suxerirse que teña algo de atractivo ou pracenteiro e moito menos que os seus practicantes posúan algunha característica que os faga simpáticos. Posto que o código emana dunha moral relixiosa cristiá xa podes imaxinar que clase de cousas aconsellan evitar nos filmes, mais paga a pena repasar algunhas. No vestiario dos actores e actrices, que prime o recato. A nudez completa xamais; queda terminantemente prohibida a visión en pantalla dos órganos sexuais e no caso das mulleres tamén o peito. E non valen trucos: non se admiten tampouco as transparencias, nin sequera que a roupa destaque en exceso esas “partes íntimas”. Pernas, brazos, ombros e nádegas son “menos íntimas” e non causan tanta reacción na audiencia, polo cal poden ser presentadas só se o esixe o guión.

A tentación hai que facer por non chamala e para iso cómpre evitar na trama escenarios asociados ao pecado, caso dos bordeis, sexa cal sexa o lugar no que se desenvolva a acción (unha vez máis, non valen os trucos, nada de situar o bordel nun país exótico e así salvar a honra americana; a prostitución, nin amentala). Mais hai que estar alerta, porque o pecado salta en calquera sitio. Os dormitorios parecen lugares inocentes, mais... ai, se as paredes falasen! Amosar unha cama fai que o espectador se desentenda do argumento e recorde que unha perna tapa a outra. Precaución, pois, cos dormitorios; mellor non abusar. Tampouco do alcohol e as drogas e o seu tráfico. A xente fóra da lei é mala sen matices e os seus actos non se xustifican nin admiten compaixón; o único que merecen é o castigo.

O sexo merece capítulo especial, claro. O adulterio, base de tantos relatos, debe manexarse con moral severa: non é algo tolerábel e antes ou despois os amantes en pecado deberán purgar as súas culpas. Os bicos, nin longos nin luxuriosos: breves e castos. Perversións, ningunha (e na categoría de perversión entra todo o que non sexa unha relación heterosexual “ordenada” dentro do matrimonio). Todo o enunciado até agora concorda cunha visión moral que non che resulta allea, pois medraches baixo o nacional-catolicismo franquista; choca máis estoutro punto, pura lóxica Ku Klux Klan: nos filmes tamén quedará prohibida “a relación sexual entre a raza branca e negra”.

Pois ben, antes de que o código deitase unha lousa sobre a liberdade creativa o cinema de Hollywood viviu uns poucos anos de atrevida efervescencia. O veloz paso do cinema mudo ao sonoro obrigou a repensar a forma de narrar as películas, houbo que crear novas regras na linguaxe fílmica. Os “galáns” e as “inxenuas” doutrora ceden paso a unha xeración de actores e actrices que conectan máis e mellor coa realidade dun tempo novo, o da crise do 29 e a “Gran Depresión”, tamén o tempo no que a incorporación da muller ao mercado laboral é un feito (e unha necesidade).

Todo isto transforma Hollywood. Os filmes anteriores ao código -o cinema “Pre-Code”- énchense de personaxes femininos audaces, mulleres duras que sobreviven nunha época dura empregando todos os recursos de que dispoñen. Mulleres que dirixen empresas, como a que encarna Ruth Chaterton en Female, unha yuppie varias décadas antes de que se inventase o termo; ou que, guiadas pola lectura de Nietzsche, asumen que nunha sociedade explotadora aproveitarse da necidade masculina é unha vía lícita para saír adiante, caso de Barbara Stanwyck na espectacular Baby Face. O aborto, aínda prohibido, é unha palabra imposíbel de pronunciar mais o espectador atento sabe que é iso e non outra cousa o que leva á morte ao personaxe da actriz Elizabeth Allan logo dunha breve relación adúltera con Clark Gable no curiosísimo filme de médicos Men in White. En One Way Passage emocionámonos co namoramento de William Powell e Kay Francis no transatlántico que os leva de volta aos Estados Unidos, mais sabemos que a súa relación é imposíbel porque ela ten unha enfermidade terminal e a el espéralle unha condena a morte por un delito de sangue. Coñeces, con certeza, outros filmes co mesmo espírito arriscado, os de Frank Capra -It Happened One Night seguro, Platinum Blonde talvez, The Miracle Woman aposto a que non-, os que protagonizou Mae West -o éxito dos seus filmes salvou a Paramount da quebra-, os títulos fundacionais do cinema de gángsters -The Public Enemy, Scarface-, a loucura desatada dos Irmáns Marx antes de seren (parcialmente) domesticados pola Metro Goldwyn Mayer, o incipiente cinema de horror con criaturas carismáticas -Frankenstein, A Momia- que dominan a función... Mais a inmensa maioría dos filmes Pre-Code foron durante décadas tesouros agochados e aínda hoxe son unha marabillosa rareza, por máis que Internet facilite o acceso. Caeu sobre eles un velo nada inocente de ocultación e esquecemento.

Teño sempre presente o día que me contaches como te sentías estafado logo de descubrir, tardiamente, detalles que a censura che cortou nunha morea de filmes que viches de adolescente e aínda despois. Ao descubrir os estragos da censura dos que non eran consciente e que transformaban de maneira decisiva filmes que non che deixaron entender debidamente no seu momento. Estafado por todas as obras que a ditadura non quixo que coñeceras, filmes dos que tiñas noticia polas revistas de cinema que pasaches anos sen ver, demasiados nalgúns casos porque o mundo e ti mesmo xa era diferente. A palabra era esa, estafa: vendéranche algo que non era así. Doe pensar en todas as veces que o poder (político, relixioso, económico) cortou o camiño da imaxinación e o pensamento, que o fixo deterse e dar pasos atrás cando o ánimo dos creadores era ir máis e máis adiante. No Hollywood do 1934, na España de Franco ou na actualidade. Estafado me sentín eu cando descubrín, con ollos abraiados, certo cinema portugués dos 80 e primeiros 90. Neses anos debutaron cineastas fabulosos que non conseguiron dar continuidade normal ás súas carreiras, que viviron longos períodos de silencio ou, incluso, non chegaron a facer un segundo filme. Escuso dicir que esas obras apenas tiveron difusión. Que marabilloso sería que en Galiza se viran no seu verdadeiro tempo O movimento das coisas de Manuela Serra, Uma pedra no bolso e Onde bate o Sol de Joaquim Pinto ou Xavier de Manuel Mozos, filmes extraordinarios e ademais tan próximos a nós. Que marabilloso sería que se viran con normalidade hoxe, igual que os filmes Pre-Code. Que marabilloso sería non sentírmonos estafados.

Que importante é, como ti fixeches, pelexar contra esa estafa. Expresar con claridade que para curar as feridas primeiro é imprescindíbel ter claro cales son e onde están. Que importante foi e é a túa coherencia e a túa dignidade, loada incluso por aqueles que nunca tomarían algunhas decisións que ti si tomaches. Que importante é a curiosidade, o espírito crítico, o optimismo, o humor.

Unha aperta, compañeiro.

Martin Pawley

Texto publicado no Caderno de Estudos Chairegos, volume 8, editado polo Instituto de Estudos Chairegos en xaneiro de 2017.

martes, 12 de xullo de 2016

Grazas, mestre

O falecemento de Abbas Kiarostami a semana pasada deixoume conmocionado. Era, para min, o máis valioso dos cineastas do noso tempo. Hai grandes cineastas vivos cuxa carreira rematou hai décadas, caso de Stanley Donen; outros cunha filmografía fabulosa que (quizais) aínda nos sorprendan con algúns froitos excelsos, coma Godard ou Agnes Vardà, mais tamén Souleymane Cissé. Logo están os xenios plenamente en activo, os que me reafirman ano tras ano na miña paixón polo cinema, dá igual a súa idade, de James Benning e Hou Hsiao-hsien a Deborah Stratman ou Nadav Lapid. Mais Kiarostami era outra cousa. Cada filme del que vin, fose dos novos ou dos vellos, non fixo máis que aumentar a miña admiración. Amei a súa versatilidade e a súa coherencia, a súa grandeza por riba de xéneros e duracións, a súa mirada comprensiva cara ao ser humano, sexa un home con ánimo suicida ou un neno pequeno empeñado en axudar ao seu compañeiro de clase -e o Ahmed de Onde está a casa do amigo? segue a ser o meu heroe preferido de ficción. Foi un shock ver Close-up e foi un shock descubrir, case corenta anos despois de que a fixera, O traxe da voda. Nos últimos dez anos a miña cinefilia saudou con entusiasmo cada nova obra mestra súa. Shirin, Copie conforme, Like someone in love. Nunca vin a Kiarostami en persoa, nin sequera ao lonxe, mais sentín a súa morte coma unha traizón do destino. Kiarostami debíanos varias películas máis. E Peter Hutton tamén.

Hoxe morreu Agustín Fernández Paz. Direino unha vez máis: era un home de ben. Un gran escritor, un gran cinéfilo, un home bo e xeneroso, esa expresión que lle roubamos ao himno e que a ninguén lle acaía tan ben como a el. Tiven dende hai anos, xa non poucos, o privilexio da súa amizade. Do seu cariño, da súa sabedoría, da súa paciencia revolucionaria. Da súa convicción de que o coñecemento nos fai máis libres. Do seu optimismo no futuro, a pesar de todo, porque o sentido do camiño é sempre cara adiante.

Queda o recordo das horas compartidas, as conversas por teléfono, incluso os correos electrónicos, ese eco virtual que fica detrás de todos nós. Queda o moito e bo que escribiches. Mais facíasnos falta ti, Agustín; facíasme falta. Venme á cabeza un diálogo sublime nun dos filmes que máis te marcaron, Ordet. Inger morreu e o sogro intenta consolar ao seu fillo dicíndolle que ela xa non está aquí, que agora está no ceo. O fillo, Mikkel, responde: “si, mais eu tamén amaba o seu corpo”. Hai unha necesidade física da xente que queremos. É xigantesco o rastro que deixaches, a alegría que foi convivir contigo nesta parte do planeta que chamamos Galiza. Mais xa non quedaremos para vernos antes de coller eu o tren en Guixar. Xa nunca falaremos de libros, de filmes, do mundo. Xa non estarás cando te necesite.

Doe a túa ausencia, si. Mais aos poucos sobre esa dor agroma a felicidade e o orgullo de saberme afortunado porque formaches parte da miña vida. E sei que algún día destes tomarei un café co teu irmao Xabier e ao pensar en ti serán máis os risos que as bágoas, porque nos fixeches moi felices. A el máis, durante máis anos, abofé. Foi moita a felicidade, Agustín, e esa felicidade temos que compartila.

Martin Pawley

xoves, 24 de xullo de 2014

El cine de Agustín

"El cine, esa fábrica de sueños, ayudaba a olvidar por unas horas una realidad dura y difícil, y hacía más fácil soportarla. A través de él hacíamos nuestras las tragedias, alegrías, dramas, pasiones, aventuras... que, mientras existían en la pantalla, eran más reales que la rutinaria vida cotidiana. Porque aquellos mundos hechos con imágenes y palabras ayudaban a vivir y hacían crecer el territorio sin límites de la imaginación". 
Agustín Fernández Paz, O cine Villalbés [1]

En toda la literatura gallega de ayer y hoy no hay escritor que haya hecho tan explícito y fértil en su obra su amor por el cine como Agustín Fernández Paz. La frase no es una exageración, sino una obviedad, en parte debida al tradicional desinterés, cuando no franco desprecio, que la cultura gallega mostró siempre -e infelizmente sigue mostrando- por la creación fílmica, entendida en el mejor de los casos como mero fenómeno popular, casi un entretenimiento para ociosos. Es la generación de la posguerra la que encuentra en el cine una vía de escape ante el espanto cotidiano de la dictadura. Lo refleja bien la cita de Agustín que antecede estas líneas: la alegría del niño que hacía del Cine Villalbés su particular oasis, su lugar de desconexión con la realidad gris de un país condenado a la tristeza. Pero había algo más que escapismo. Más allá de ser una fábrica de sueños, el cine ofrecía una emoción propia, específica, inherente a su misma sustancia. La sala oscura, la pantalla grande, el gozo del relato compartido. Sostiene Miguel Marías que todos los buenos cinéfilos recuerdan cuál es la primera película que vieron. La primera de Agustín, lo ha comentado en muchas ocasiones, fue La isla del tesoro en versión de Byron Haskin. Quizá hubo otras antes, pero es esa la que dejó un recuerdo imborrable, vívido: el nacimiento de una pasión que se hizo evidente en el “brillo especial en los ojos” que su madre le detectó al llegar a casa.

La infancia de Agustín va de Moby Dick a La túnica sagrada, de Centauros del desierto a El mundo del silencio. En casa estaba el “cine NIC”, un proyector de juguete a manivela que empleaba tiras de papel vegetal dibujadas para producir una sencilla ilusión de movimiento. No era asumible comprar nuevas películas, pero siempre quedaba la opción de hacerlas a mano a fuerza de imaginación y tinta china.

El nuevo mundo 

Después vino la Laboral de Gijón, internado que ocupó su vida desde los 13 a los 20 años, tanto tiempo que sería capaz de recorrerla de punta a punta con los ojos cerrados. La sala de proyecciones del recinto dejó al joven Agustín impresionado: lo que se escuchaba a través de los altavoces en el San Francisco de Rossellini parecía literalmente “la voz de Dios”. En la Laboral descubre “otro cine”: el impacto de Ordet de Dreyer, en una copia subtitulada en francés que alguien traducía al castellano en directo, y, sobre todo, Ingmar Bergman (El séptimo sello, El manantial de la doncella, Fresas salvajes), que pasaría a ser uno de sus autores de referencia. En cuanto tuvieron edad suficiente como para estar autorizados a salir del internado, comenzaron las visitas a los cines de Gijón los fines de semana. Son los años 60 y en las salas causan furor obras maestras como Psicosis, El coleccionista o My fair lady, cuyas canciones aprendían en las clases de inglés del Padre Verastegui. Es fácil imaginar el shock que para un adolescente de aquella España supuso ver un film como el West Side Story de Robert Wise y Jerome Robbins, que al ritmo de la música de Leonard Bernstein bailaba, literalmente, en las calles de Nueva York. No es casualidad que West Side Story ocupe un lugar central en Amor dos quince anos, Marilyn, un cuento largo escrito en 1995 con el que Agustín quiso pagar una parte, aunque pequeña, de su deuda con el cine. Amor dos quince anos, Marilyn es pura cinefilia, sin matices. La que surge de miles y miles de horas pegado a una butaca con “los ojos ardiendo como faros”, como en el poema de Antonio Martínez Sarrión, El cine de los sábados. Entre tanta “cena desabrida y fría”, los “ríos de la memoria tan amargos” traen a primer plano un desfile ecléctico de estrellas (Anna Magnani, Christopher Lee, Gary Cooper, Stephane Audran, Liv Ullmann y muchas otras) comandado por la presencia imperial de Orson Welles, una reunión fabulosa que quiere rendir justo tributo a las salas que cierran.

“Vuelvo la vista atrás y sé que sin la visión de películas como Las uvas de la ira, Pasión, Antonio das Mortes, Jules y Jim o Grupo Salvaje yo ahora sería una persona diferente”, cuenta en el prólogo del libro que contiene este relato. El cine nos ayuda a entender el mundo y por ello “nos hace”, nos hace ser como somos. No es sólo “lo que se cuenta”, sino “cómo se cuenta”, el aprendizaje de sus reglas, de la gramática del lenguaje fílmico. Más aún que las películas allí vistas, el gran descubrimiento de Agustín en la Laboral se escondía en la biblioteca del centro: la colección completa de la revista Film Ideal, gracias a la cual tuvo noticia de las grandes transformaciones que trajo consigo esa década prodigiosa, la de los “nuevos cines” que daban señales de vida aquí y allá. El cine se podía leer y se podía pensar. Las crónicas de festivales señalaban nombres emergentes a tener en cuenta, los estudios críticos arrojaban nueva luz sobre obras mal entendidas (o entendidas de forma insuficiente), las reseñas de películas generaban expectación hacia títulos que en muchas ocasiones tardaría décadas en ver. El conocimiento no diluye el amor, antes por el contrario, lo hace más sólido, más independiente de entusiasmos coyunturales. Agustín acabará llenando de notas su ejemplar de Praxis del cine de Noel Bürch e incluso se atreve a contradecir al gran teórico: “esto es una exageración o habría que matizarlo. Es obvio que un film no es tal hasta la fase de montaje, y no puede hablarse de película hasta que está montada”, apunta en una esquina.

La gran estafa 

La necesidad de saber más chocaba, por desgracia, contra el muro despiadado de la censura. El escritor mira hacia atrás con ira para explorar hoy la frustración de haber crecido bajo un sistema corrupto que hizo del miedo la base de su poder, idea en la que se fundamenta Non hai noite tan longa [2]. La dictadura aplastó cuantas libertades pudo y cercenó el acceso a la cultura hasta extremos absurdos, paranoicos. El inquieto Agustín sabía de películas que “estaban ahí” pero a las que no podía tener acceso. Al verlas muchos años después de lo debido surge a veces la decepción por la distancia, insalvable, entre las expectativas de la película imaginada y la real; es el caso de If... de Lindsay Anderson. Con el fin de la tiranía -digamos mejor el fin de aquella tiranía- Agustín constató más razones para sentirse estafado. Al revisar en televisión o DVD muchas de las películas de su vida comprobó lo que ya sabía: que las versiones que había visto en salas estaban salvajemente mutiladas y/o manipuladas a través del doblaje. Las películas de verdad eran distintas.

Frente al rigor de la Laboral, la Barcelona de finales de los 60 fue para el autor un paraíso. La oferta cinematográfica parecía inabarcable: los estrenos, las reposiciones, los cineclubs, las salas de arte y ensayo que ofrecían películas en versión original... Cuando vuelve a Galicia con 24 años se instala en A Coruña para estudiar Magisterio. Es mayor que sus compañeros de carrera y por su formación como perito las materias científicas (matemáticas, física, dibujo técnico, en apariencia las más exigentes) le resultan muy asequibles. Sus recursos económicos son limitados pero sí dispone, por fin, de tiempo, y en abundancia, para satisfacer sus pasiones: el cine, la literatura. En el cineclub de la ciudad, conducido por Enrique Alonso Quintás [3], recupera a Orson Welles y descubre a los autores que vienen del este, con figuras como Miklós Jancsó. Como ingrediente añadido de las sesiones preparaban con esmero hojas informativas sobre los títulos proyectados, a veces con textos extraídos de otras publicaciones, en ocasiones escritos por ellos mismos a partir de sus propios recuerdos, no siempre muy firmes. Cuando hoy escribimos sobre cine raras veces lo hacemos sin regresar a las películas tratadas: usamos nuestras copias digitales para revisarlas plano a plano si es preciso. En esa época no tan lejana el imaginario fílmico se edificaba sobre la siempre frágil -y en ocasiones equivocada- memoria. En esas hojas del cineclub, aún por explorar, reposan los primeros escritos sobre cine de Agustín Fernández Paz.

Los 70 fueron aún años de efervescencia en lo que se refiere a la asistencia a las salas: en aquel momento el cine seguía siendo la principal opción de ocio popular. La generalización del vídeo doméstico primero y la proliferación de cadenas de televisión después supuso un golpe durísimo; la brutal caída de espectadores motivó el cierre masivo de salas. Desaparecen los cines en los pueblos, en los barrios; con el cambio de siglo la multisala será la norma, asociada cada vez más a grandes centros comerciales en la periferia urbana. Cambia la forma de relacionarse con el cine y eso induce necesariamente a la nostalgia. De ella bebe el más elocuente homenaje al cine de Agustín, Fantasmas de luz [4], anclado en otro periodo gris, el presente de la crisis que condena a millones de personas a la invisibilidad. El optimismo revolucionario de Agustín adopta como propias las palabras de Ma Joad (Jane Darwell) al final de Las uvas de la ira, adaptación magistral de John Ford de una novela igualmente magistral de John Steinbeck. “Nunca podrán acabar con nosotros, ni aplastarnos. Siempre saldremos adelante, porque nosotros somos el pueblo”. Nada más apropiado para culminar una obra repleta de citas cinematográficas, listadas al final del volumen para que cada lector pueda viajar por su cuenta por las filias fílmicas del escritor. En ese libro memorable Agustín se permite otro guiño cinéfilo: la inclusión de seis “tomas extra”, al estilo de lo que es común en las ediciones en DVD, que complementan personajes y episodios apuntados en el cuerpo de la novela.

Hay más cine en la literatura de Agustín. El de Wong Kar-wai, en especial Deseando amar y 2046, citada de forma expresa en O único que queda é o amor, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil. El de Ousmane Sembene, padre del cine africano, el maestro detrás de Mandabi y Moolaadé, a quien le dedica Lúa do Senegal. El cine que va repasando, con contagiosa alegría, en su blog, con algunas elecciones obvias, otras no tanto [5]. Un cine vivo, que no se conjuga únicamente en pasado sino que sigue en marcha para proporcionarnos año tras año maravillas capaces de cambiarnos la vida, como The tree of life de Terence Malick [6]. Y los ojos, digámoslo una vez más, ardiendo felices como faros.  

Martin Pawley. Artigo escrito para o número 108 (marzo de 2014) da Revista Peonza.

Notas

[1] Traducción de un fragmento del original escrito para el programa de las “Festas de San Ramón” de Vilalba. Recogido en el volumen antológico O rastro que deixamos, editado por Isabel Soto (Edicións Xerais, 2012)
[2] Edicións Xerais, 2011. Crítica de Martin Pawley, aquí.
[3] Citado en Amor dos quince anos, Marilyn y en los agradecimientos de Fantasmas de luz.
[4] Edicións Xerais y Editorial Anaya, 2011. Crítica de Xurxo González, aquí.
[5] Hasta la fecha: Grupo salvaje de Sam Peckimpah, 1969; Las uvas de la ira de John Ford, 1940; El festín de Babette de Gabriel Axel, 1987; Ordet de Carl T. Dreyer, 1955; Vanya en la Calle 42 de Louis Malle, 1994; Moolaadé de Ousmane Sembene, 2004; La sal de la Tierra de Herbert J. Biberman, 1954; La caja de música de Costa-Gavras, 1989; Psicosis de Alfred Hitchcock, 1960; y Fahrenheit 451 de François Truffaut, 1966.
[6] Correspondencia sobre THE TREE OF LIFE entre Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Manuel Bragado y Martin Pawley.

domingo, 4 de maio de 2014

A viaxe de Gagarin

Dúas viaxes en avión e as consecuentes esperas aeroportuarias foron suficientes para dar conta da nova novela de Agustín Fernández Paz, A viaxe de Gagarin, da que saio convencido non só de que é a mellor e máis emocionante das súas senón coa sensación de que representa un claro final de etapa, o peche dunha serie que repousa na revisión crítica dun pasado do que quedan demasiadas feridas por tratar. Esa liña, explorada entre outras en Noite de voraces sombras e Non hai noite tan longa, da que hai aquí tantos ecos, culmina agora nesta opera summa que emprega a fórmula do relato de iniciación -o clásico coming on age- para tecer un apaixonante retrato da España franquista (e sobre todo da España antifranquista), nun arco temporal definido por dous fitos da carreira espacial, a saída ao espacio de Yuri Gagarin e a chegada de Aldrin e Armstrong á Lúa.

O protagonista da novela, Miguel Mendiguren, é un adolescente de sesenta anos. O 12 de abril de 2011, mentres acompaña a nai no hospital na espera da morte inevitábel, Miguel dá en rememorar o abraio que cincuenta anos atrás, sendo un neno, vivira coa viaxe histórica de Gagarin. É unha oportunidade para tirar do fío dos recordos, os que a súa nai xa non ten, sepultados pola agonía da enfermidade; os que el mesmo foi enterrando con padexadas de desencanto e conformismo. Os recordos da mocidade na Coruña, onde foran residir os pais para facerse cargo dunha libraría e unha imprenta, a máscara perfecta para agachar a súa loita clandestina contra a ditadura. Leonardo e Celia fanse donos do libro polo seu heroísmo cotiá, o de todos os que entenderon a necesidade da desobediencia e antepuxeron o desexo da liberdade ao medo. Un medo real, diario, encarnado nas diversas ferramentas de que dispuña o réxime para exercer a barbarie: a Brigada Política Social e os tribunais de inxustiza dedicados a soster a “orde pública”, eufemismo hipócrita para disimular a vontade de exterminar calquera xesto de oposición ao réxime, por mínimo que fose.

A formación vital de Miguel, máis alá da escolar, pasa pois polo descubrimento da realidade do país e o xeito en que os seus pais, modelo de dignidade, lle fan fronte. A súa fascinación pola conquista do espacio é a mesma que comparten millóns de mozos naquel tempo, mais inevitabelmente adquire valores singulares dende un recuncho da Terra abafado pola represión. O prodixio da tecnoloxía non só nos permite cruzar a atmosfera; o desenvolvemento tamén chega aos fogares en forma de frigoríficos, lavadoras e televisións. É un cambio de era, mais o soño dun tempo novo aínda ha de convivir co pesadelo dun presente que aconsella intelixencia e precaución. Camiño de se facer adulto, Miguel descubrirá o amor, un amor que o marcará para sempre, fonte ao mesmo tempo da máis grande das felicidades e dos remorsos da traizón.

Coma sempre na escrita do autor detéctase o exhaustivo traballo de documentación -que desvela en parte nun blog específico- e o esforzo por armar unha estrutura sólida, mais o resultado acaba por ser superior ao doutros libros por conseguir iso tan difícil que é “o ton xusto”, a voz narrativa axeitada. Se de algo peca Agustín é de caer ás veces en certo didactismo, en darlle demasiadas explicacións ao lector, en procurar un nivel de detalle excesivo. A Agustín pode gustarlle aclararnos que a un personaxe lle entra a fame cando cae a noite e prepara un prato con lascas de xamón e queixo para cear, sen que o lector teña necesidade de saber tanto. Parece sentir pánico a “deixar abandonado ao lector”, en particular o lector xuvenil, e iso, na miña opinión, manca en ocasións a súa prosa. Eses vicios están ausentes n'A viaxe de Gagarin, unha novela sen “lascas de xamón” que deixa deliberadamente moitos flocos abertos. Unha novela sobre a transmisión da memoria que remata dúas veces e que nos concede co seu segundo final, As confesións de Luísa e os segredos de Euclides, o aloumiño esperanzador da redención a maneira de colofón brillante e xeneroso.

Martin Pawley

domingo, 5 de maio de 2013

Desde unha estrela distante

As obras de Agustín Fernández Paz publicadas nos últimos anos proporciónannos, ademais de boas doses do seu aplaudido oficio literario, un pequeno pracer adicional: o de achegarnos a vida e visión do mundo dun autor que de maneira cada vez máis explícita parece falar de si a través das súas ficcións. Algo hai del no Damián de Fantasmas de luz, por máis que a paixón de Agustín polo cinema sexa máis formal e consciente. O personaxe do operador de cabina servíalle para tecer unha fermosa homenaxe ás vellas salas (xa extinguidas, ou case) e aos filmes que as habitaban, no que é tamén un tributo a unha certa maneira de entender a cinefilia. Alén diso o libro ofrecía unha elocuente parábola da invisibilidade de amplos sectores da sociedade: a voz comprometida do escritor soaba con firmeza e deixaba agromar ao final a esperanza da man da solidariedade (fordiana) entre homes e mulleres. Máis evidente aínda é a conexión xeracional en Non hai noite tan longa, pois a novela é un xenuíno axuste de contas contra a desmemoria e as feridas, íntimas e colectivas, da ditadura franquista. O lamento necesario dos que viviron (e padeceron) a normalidade atroz dun réxime asentado na represión e na censura.

Non é de estrañar, pois, que Agustín volva estar presente nas páxinas do seu novo libro, Dende unha estrela distante, agora coma extraterrestre de forma cambiante. Porque é inevitábel recoñecer nel o entusiasmo tecnolóxico de Edu, o visitante que chega á Terra co encargo de aprender todo sobre nós, os humanos, e descobre marabillado que Internet lle pode proporcionar toda a información que precisa. Aí faise notar o autor que se define coma unha curiosidade sociolóxica, un dos últimos galegos que se criou sen televisión, alguén que naceu nun país que se parecía moito á Idade Media e que no século XXI deita chíos como se fose a cousa máis natural do mundo. O neno que medrou cuns poucos libros -Verne, Poe, Dumas, Salgari- e aprendeu a valoralos coma un tesouro goza hoxe coa información sen límites da rede e entretense buscando ligazóns para as anotacións do seu blog. A ledicia ante a popularización do coñecemento -a ledicia da fartura despois dos tempos da fame- coexiste co convencemento de que saber máis do outro e de nós mesmos debe ensinarnos a convivir mellor. Diso vai tamén Desde unha estrela distante, un relato de amizade e comprensión mutua por riba das diferenzas que, por unha vez, non é hiperbólico calificar de "siderais".

Martin Pawley

* * *


Desde unha estrela distante está editado por Xerais (galego) e Anaya (español) na colección Sopa de Libros.

sábado, 7 de xullo de 2012

O cinema de Agustín



Montaxe con algúns dos filmes favoritos de Agustín Fernández Paz, proxectada durante a homenaxe nacional que se lle tributou o sábado 30 de xuño de 2012 en Vigo. Edición a cargo de Eloy Domínguez Serén.

xoves, 5 de xullo de 2012

Agustín e o cinema

“Isto é unha esaxeración ou habería que matizalo. É obvio que un filme non é tal até a fase de montaxe, e non pode falarse de película até que está montada”. A frase é unha das moitas que están escritas, como notas á marxe, no exemplar que dende os 70 Agustín Fernández Paz garda de Praxis del cine de Noel Bürch: aínda novo, atrevíase a retrucar as palabras dun dos grandes teóricos e críticos do cinema. Nesa altura Agustín era xa un cinéfilo consciente da súa paixón, por máis que moitas veces esta non puidera verse consumada.

A historia, porén, comezara ben atrás. No vello Cine Villalbés da súa vila natal no que, aferrado ao colo da súa nai, choraba a fío vendo Cando os mundos chocan (Rudolph Maté, 1951), que fabulaba sobre a extinción da vida na Terra pola fatal colisión cun astro. Máis pracenteira foi a experiencia d'A illa do tesouro (Byron Haskin, 1950), da man do señor Antoñito, o acomodador. Sentou no palco coa encarga de non se mover de alí e ao se apagaren as luces comezou non só a proxección senón tamén a súa fascinación pola arte cinematográfica, que tivo como primeiro sinal o “brillo especial nos ollos” que a súa nai lle detectou ao voltar á casa. No Villalbés descubriría filmes lendarios como Moby Dick ou Centauros do deserto; no Parroquial, nacido polo impulso dun coadxutor con curiosidade polo cinema, obras menos problemáticas para os usos cristiáns: A túnica sagrada ou Molokai. De cando en cando, algunha sorpresa: O mundo do silencio, o maxistral documental de Cousteau e Louis Malle que gañou a Palma de Ouro e un Oscar de Hollywood.

Na casa estaba o “cine NIC”, un proxector de xoguete agasallo da súa madriña. As imaxes viñan nunha banda de papel vexetal debuxadas en dúas liñas que representaban partes diferentes da animación. Cunha manivela facíase andar a banda e canda ela xiraba un obturador que deixaba ver, de maneira alterna, as imaxes de arriba ou as de abaixo para crear unha sinxela ilusión de movemento. Mercar máis películas para o cine NIC era algo inasumíbel, mais a imaxinación permitía unha feliz alternativa: debuxar as tiras animadas. Coa axuda do pai e dun irmán habelencioso facían con tinta chinesa novas películas, que sonorizaban ao vivo nas xuntanzas familiares.

A Laboral de Xixón foi o seu mundo durante sete anos, dos 13 aos 20, cando saíu co título de Perito Industrial. A impoñente sala de proxeccións do complexo, que abraia aínda hoxe, impactou o mozo Agustín. O son poderoso que viña dos altofalantes do fondo parecía literalmente “a voz de Deus” en San Francisco, xograr de Deus, a obra mestra de Rossellini. Na memoria quedou gravada Mar de herba e A lei do silencio de Elia Kazan, mais tamén Ordet de Dreyer, nunha copia con subtítulos en francés que alguén lía en castelán in situ, ou as de Bergman: O sétimo selo, O manancial da doncela, Fresas salvaxes. Cando tiveron idade abondo para que os deixaran poñer un pé fóra do internado empezaron a achegarse a Xixón nas fins de semana. Nesas saídas “en pandilla” tivo oportunidade de asistir a marabillas como O coleccionista de William Wyler ou West side story de Robert Wise e Jerome Robbins, que lles tocaba xeracionalmente moi de perto. Agustín é quen de lembrar as cancións deste clásico de Bernstein ou as de My fair lady, en parte porque tivo a sorte de que o seu profesor de inglés, o Padre Verastegui, empregaba as letras para aprenderlles a lingua: quizais por iso, porque o que cantaban non lles resultaba totalmente descoñecido, Agustín e os seus compañeiros escaparon do desprezo cara ao cinema musical tan estendido na España da época.

Mais a gran descuberta de Agustín na Laboral non foi de celuloide, senón de papel: a colección completa da revista Film Ideal que atesouraba o centro. Foi entre as paredes da biblioteca onde tivo noticia da Nouvelle Vague ou onde contemplou o cinema americano dende outra perspectiva. Empezou a ler crónicas, estudos e recensións de filmes que desa maneira pasaban a ser seus aínda que non os coñecera, aínda que nalgúns casos tardara décadas en poder velos. Aí nace a súa verdadeira aprendizaxe, que agora contempla, dende a perspectiva dos anos, con inevitábel frustración: a de sentirse estafado, vítima dun sistema corrupto que esmagaba liberdades e coartaba o acceso á cultura. Hai libros que un debe ler a certas idades, filmes que un debe ver no tempo debido, e Agustín, coma todos os da súa xeración, non puido.

Despois da Laboral, Barcelona foi un breve paraíso. Alí estaba todo: o cinema comercial de estrea, as abondosas reposicións, as salas de arte e ensaio que proxectaban en VO e os cineclubes. O menú era inabarcábel por moita que fora a fame, e obrigaba a percorrer a cidade enteira, dunha punta á outra, na procura do filme elixido. De volta a Galicia, instálase na Coruña para estudar maxisterio: ten 24 anos, máis que os seus compañeiros de carreira aos que ademais supera en coñecementos técnicos (matemáticas, física, debuxo) froito da súa formación como perito. Non lle sobra un peso mais si o tempo -moito- e así pode seguir devorando cinema, agora vinculado ao mítico cineclube local conducido con pulso firme por Enrique Alonso Quintás.

Preparaban follas informativas como podían, fusilando fontes alleas ou a partir de recordos, ás veces vagos, de películas xa vistas. Nunha altura na que non era posíbel revisar o filme plano a plano no ordenador antes de escribir a primeira liña, o exercicio da cinefilia esixía un espírito heroico e arroutado. A paixón non mudou: é a mesma, permanece. Xorde con claridade en Fantasmas de luz, o seu máis explícito canto de amor, mais asoma espallada por ducias de artigos e ficcións. O amor, tamén o amor polo cinema, non pode agacharse nunca. É sempre o único que queda.

Martin Pawley. Artigo publicado na sección de cinema do número de xuño de Tempos Novos

mércores, 27 de xuño de 2012

Vinte filmes: Agustín Fernández Paz

Collo un caderno e, sen pensar previamente en nome ningún, dispóñome a cumprir a encarga de seleccionar vinte películas importantes na miña vida. Déixome levar pola memoria e vou anotando os primeiros nomes que me veñen á cabeza. Aos poucos minutos, constato que os que veño de escribir (uns tiran doutros, coma as cereixas) pasan xa de trinta. Leo o listado, confiando en eliminar algún, e o que fago é engadir outros poucos títulos máis. Xa que logo, para me suxeitar ao número pedido, decido poñer só unha película por director (coma tal, de Bergman había catro, así que elimino tres, ben ao meu pesar). Aínda así non chega, pasan de vinte. Tras desbotar outras (aló vai Dublineses, e El camino a casa, e A bout de souffle, e El resplandor!), con ben dor de corazón, o resultado é este (citados por orde cronolóxica, e co título de estrea en España):

La quimera del oro (Charles Chaplin, 1925)
Ordet (Carl Theodor Dreyer, 1955)
Centauros del desierto (John Ford, 1956)
Rocco y sus hermanos (Luchino Visconti, 1960)
El apartamento (Billy Wilder, 1960)
Plácido (Luis García Berlanga, 1961)
Jules et Jim (François Truffaut, 1962)
El ángel exterminador (Luis Buñuel, 1962)
América, América (Elia Kazan, 1963)
Pasión (Ingmar Bergman, 1969)
Grupo salvaje (Sam Peckinpah, 1969)
El carnicero (Claude Chabrol, 1970)
Amarcord (Federico Fellini, 1973)
Días del cielo (Terrence Malick, 1978)
París, Texas (Wim Wenders, 1984)
Ran (Akira Kurosawa, 1985)
El festín de Babette (Gabriel Axel, 1987)
Delitos y faltas (Woody Allen, 1989)
Vania en la calle 42 (Louis Malle, 1994)
El sabor de las cerezas (Abbas Kiarostami, 1997)

Agustín Fernández Paz

para saber máis: vídeo de Agustín Fernández Paz, Os filmes de Agustín

martes, 20 de decembro de 2011

Fantasmas de luz

Probablemente sexa esta a novela da literatura galega que máis e mellor aborda o mundo do cinema. Na lembranza fican títulos como a referencial Ilustrísima, a compilación Narradores de cine, a lírica de Cinepoemas, a encrucillada de Capitol, última sesión, ou as referencias puntuais definidoras de contextos en Expediente Artieda, Amor de tango, Antón e os inocentes, Ela, maldita alma, Males de cabeza, Círculo, Pensamentos impuros... Mais Fantasmas de luz, a última obra de Agustín Fernández Paz, vai máis alá de arroupar unha narración arredor da sétima arte, pois leva o mundo das imaxes en movemento a unha descomposición ontolóxica que serve para trazar unha desacougante reflexión sobre a falta de solidariedade da sociedade contemporánea.

Desde o título xa se establece unha clara analoxía sobre o mundo do cinema e a construción da novela en base a sucesivas veladuras. Atopámonos ante algo que parece ser unha cousa e que finalmente é outra. Unha novela extremadamente adulta nunha edición xuvenil, con atinadas ilustracións de Miguelanxo Prado. Outro matiz interesante é a súa estrutura, que intenta asemellarse a do menú dun deuvedé coa inclusión de tomas extra e información adicional (consistente en fichas dos filmes citados) que reverten en certa tendencia lúdica e pedagóxica que caracteriza a traxectoria do seu autor.

O groso da novela gravita sobre dúas partes diferenciadas. Na primeira sabemos da vida de Damián, un proxeccionista que despois de trinta e cinco anos queda no paro ao pechar os cinemas onde traballou toda a vida e se esforza en discernir entre o seu imaxinario e a realidade da súa vida útil desvelando, ao fin, algúns retrousos da súa vida en parella. Esta parte está trufada de excesivas citas cinéfilas que nos amosan a alteración da mirada do protagonista. Unha crónica dunha resituación persoal con valor histórico ao servir de testemuño da decadencia comercial da exhibición tradicional de cinema.

É na segunda parte cando a novela colle inusitada forza. Ao ton triste e decadente da primeira séguelle unha narración inquedante e sorprendente, debedora da ciencia ficción dos sesenta baseada no estrañamento do cotiá. Especialmente conseguida é a capacidade de poñer a falar a nada. Este perfil de xénero serve como intermediario para facer un diagnóstico moi certeiro da nosa sociedade. Agustín Fernández Paz practica un xogo de prismas de gran virtuosismo que emprega o filtro da técnica e da fantasía (é dicir, o cinema) para achegarse á nosa realidade.

Deste xeito, o autor reconduce unha ficción desmedida para evidenciar un interese sobre o concreto, sobre unha preocupación social, case documental. E aquí tamén se produce un novo reencadramento pois o que nun principio parece un alegato contra a marxinación das persoas maiores amplíase a todas as persoas vítimas da exclusión social e laboral, a consecuencia máis determinante da actual crise. É por iso que Fantasmas de luz comeza sendo unha novela que dá conta da fraxilidade dos soños para afianzarse como guía ante as moitas inxustizas ás que normalmente lle torcemos a cara.

Xurxo González

para saber máis: Agustín Fernández Paz fala de Fantasmas de luz

Agustín Fernández Paz fala de "Fantasmas de luz"



Agustín Fernández Paz fálanos da súa nova novela, Fantasmas de luz, publicada por Edicións Xerais. Conversa gravada no Café Derby de Santiago o 19 de decembro de 2011.

mércores, 7 de decembro de 2011

Correspondencia sobre A árbore da vida

Conversa sobre The tree of life de Terrence Malick mantida por correo electrónico entre os días 27 e 29 de setembro de 2011

De: Agustín Fernández Paz
Para: Xabier P. Docampo, Manuel Bragado, Martin Pawley

Benqueridos cómplices:
Hoxe, 26 de setembro, fun ver A árbore da vida. Foi unha experiencia que non sei ben como cualificar, quizais o que máis se achegue sexa recoñecer que é algo novo, que nunca vira tal nunha pantalla. E que saín da película conmocionado. Visualmente é admirable, non sei como move a cámara para conseguir as escenas que imos vendo, un abraio continuo. Saliento o enorme sentimento relixioso, que o enchoupa todo. Unha relixión con moito de panteísmo, mais o sentimento relixioso é moi forte. Incluído ese “ceo” final, a carón do mar, fonte de vida, onde nos encontramos con todas as persoas da nosa vida, tamén as que morreron. O aquén e o alén xuntos. Tamén sentín que en moitos momentos estaban a contar a miña vida (en realidade, a vida de calquera persoa; pero os que vivimos unha infancia en contacto coa natureza quizais nos sentimos máis interpelados). A longa secuencia documental é deslumbrante, desexaría que nunca acabase. O río por onde andan os dinosauros, o mesmo polo que logo andan os nenos. O río da vida, supoño. Está logo a amargura e a dor, e a esgazadura que provoca en nós ao lembrarmos os momentos en que tivemos que nos enfrontar á morte dun ser querido. A dor entrecruzada coa alegría de estar vivo, coa marabilla que supón cada momento da vida cotiá. E as relacións familiares, coas súas alegrías e cos seus conflitos: tanto unhas coma outros nos marcan de por vida, e tamén nos moldean. E, xaora, a narración da infancia, deses anos en que asistimos á creación do mundo e plantamos as raíces de todo canto ha vir despois. En fin, compañeiros: algo máis ca unha obra de arte, unha experiencia que esperta os sentimentos e emocións que viven na cerna de cada un.
Apertas de
Agustín

De: Martin Pawley
Para: Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Manuel Bragado

Olá a todos,
Hai algúns aspectos importantes que atinxen á vida e obra de Malick que axudan a poñer en contexto este filme:
1) Sobre o "bloque científico". Despois de que se estreara Days of heaven, Malick marchou a París a desenvolver un proxecto chamado Q que incluía un segmento inicial no que se relataban as orixes da vida. A medida que foi pensando nel, o segmento foi medrando e acabou por devorar o filme enteiro. Un equipo de fotógrafos e técnicos empezou a traballar nesas ideas, até que un bo día, de súpeto, Malick parou todo. O director tardaría case vinte anos en facer o seu seguinte filme, The thin red line. Nese tempo intermedio, e co diñeiro que lle proporcionou a Paramount co compromiso de que fixera outra película para eles, Malick mandou equipos polo mundo a rodar imaxes de medusas, volcáns en erupción, xeos na Antártida, etc. O proxecto Q reapareceu finalmente nesta Árbore da vida, mais non queda aí a cousa: ao parecer Malick tiña ganas de sacarlle máis partido a aquelas ideas e produciu en paralelo un filme-documental, Voyage of time, narrado por Brad Pitt, no que se falaría da aparición da vida, as bacterias, os primeiros seres unicelulares, de como xorde a conciencia, o amor, a humanidade, e da vida e morte do universo. Parte do material estaría gravado en formato IMAX, cun ancho especial e notábel resolución de imaxe, e o filme final sería lanzado en salas dese tipo (en EEUU hai unhas cantas, e as producións documentais de gran formato que alí se exhiben recadan moita, moita pasta: non aparecen nunca no boxoffice da fin de semana porque son lanzamentos limitados, pero se prolongan anos en cartel e acumulan cifras de espectadores alucinantes). Voyage of time é un dos tres proxectos pendentes de Malick despois de The tree of life: rodou o ano pasado unha longa na que actúa como secundario Javier Bardem, e está facendo agora outra con Christian Bale. Tardou corenta anos en facer as súas catro primeiras longas e agora encadea catro seguidas!
2) Os elementos autobiográficos do filme. Malia sabermos moi pouco de Malick, que leva décadas sen conceder entrevistas, si hai aspectos coincidentes entre a súa propia vida e o que se conta na película. Dunha banda as relacións cos pais: a devoción e extremo respecto pola nai, á cal non lle deixou ler o guión de The thin red line porque tiña medo de que lle pareceran mal as palabrotas que dicían os soldados, e a paulatina aproximación ao pai, de quen herdou ese carácter ríxido e austero. Mais o punto clave é a morte do seu irmán menor, Larry, que coma o neno do filme tamén tocaba a guitarra. O tal Larry decidiu ir a España nos 60 para aprender a tocar ben o instrumento; e coa rabia de ver que non acadaba o grao de perfección que desexaba fixo por tronzar as súas propias mans. O pai dos Malick foi entón a España para recuperar o seu fillo, mais cando chegou Larry estaba morto: decidira suicidarse, seica aos 19 anos, coma o da película. O outro irmán de Malick, Chris, tivo un tráxico accidente de tráfico no que lle morreu a muller e el mesmo sufriu graves queimaduras (lembrade que no filme hai un neno coa cabeza queimada). Ao final dos créditos vemos que a película está dedicada "for LRM and CBM", que poderían ser ben os irmáns Larry e Chris.
Paréceme especialmente importante o de Larry, claro, porque tal e como eu o vexo o filme é un sofisticado artefacto para a expiación dunha ferida, a da morte do irmán. Nas escenas de Sean Penn da actualidade evócase a súa ausencia na conversa co pai por teléfono ("todos os días penso nel"... "non debera ter dito aquilo") e no feito de que prenda unha vela. A propia idea de remontarse á orixe do universo e da vida, e de apuntar o final do planeta contra o peche do filme, forma parte do exercicio de entender e aceptar que vivir e morrer é o máis natural do mundo. Por iso eu non vexo a escena da praia como unha representación do alén, senón como un símbolo ou metáfora do feito de "poñerse en paz" cun mesmo. O que se visualiza nesa escena é a familia tal e como os recorda na infancia, nese momento decisivo de formación, cando todo era posíbel, ou antes de que todo se torcera; o personaxe da nai entrégalle logo explicitamente o fillo ao Deus no que ela cre (e a simboloxía é de todo menos sutil: a idea de cruzar a porta, nun sentido diferente ao do parto, o rapaz que dubida, as imaxes evocadoras de paz posteriores). Despois diso, o campo de xirasoles, Sean Penn na actualidade en medio dos rañaceos, a ponte, e esa luz primixenia -puro Jordan Belson- que apareceu en momentos previos do filme. No fondo, ver a praia coma unha imaxe do máis alá é equivalente a pensar que a nai é unha meiga, ou unha fada, polo feito de que nunha escena concreta a vemos literalmente levitando (o elemento feérico da nai volve aparecer cando lle preguntan se vai morrer e aparece representada morta nunha urna de cristal, coma Branca de Neve). Ao pensar no ceo o que fas é darlle á imaxe a interpretación máis literal plausíbel, que non é necesariamente a correcta; digo isto porque aínda non negando o seu compoñente espiritual e relixioso o filme está moi lonxe de ser unha proba de catequese, como parece interpretarse das críticas máis feroces que tivo. Algúns mesmo lle achacan un certo espírito neocon, cando para min é todo o contrario: é unha película sobre o colapso do sistema, sobre o absurdo dunha sociedade capitalista ultracompetitiva na que o esforzo honesto do pai durante anos, mesmo a costa de perder os fillos, non evita que a fábrica peche e el quede sen traballo (e noutros momentos apunta a necesidade de non ser honrado para triunfar).
Dá moito para falar este Malick, si señor.
Apertísimas,
M P

De: Agustín Fernández Paz
Para: Xabier P. Docampo, Manuel Bragado, Martin Pawley

Non sabía o dos irmáns de Malick. Esa información axuda a ver mellor canto hai de autobiográfico. Mais, como en toda obra de arte, transcende eses datos. Eu sentinme reflectido, sentín que falaban de min; non creo que fose só porque meu irmán Luis tamén morreu aos 18 anos, senón pola experiencia da morte dun ser querido (meu pai, miña nai). Creo que a dor do filme pode chegarlle a calquera que pasase por iso (e tamén a quen non pasase, aínda que dun xeito máis "racional").
Eu non vin esa dimensión feérica da nai, malia os apuntamentos de Branca de Neve (ou da Bela Adormecida) e do seu voar polo aire. Se o hai, é episódico. E a secuencia da praia, se non se quere ver como unha representación dun "ceo" moi peculiar, pode verse como ese lugar/estado onde nos reencontramos coas persoas queridas (case como o equivalente a ese instante fugaz en que a vida pasa por diante dos teus ollos, ou iso din, que está por ver).
Reitero a miña opinión da fonda relixiosidade da película, sen que iso teña nada que ver coas visións neocón das que Martin di que aparecen nalgunhas críticas. Eu vexo o sentimento relixioso que nace da constatación da beleza da vida, ou da milagre da vida, se se quere. Unha variante do panteísmo, aínda que teña trazos do cristianismo.
Non sei se é unha película sobre o colapso do sistema. O que é evidente é que a sociedade de hoxe non lle gusta a Malick, parécelle un sensentido, Sean Penn reitérao en varias ocasións. E tamén Brad Pitt, ao final. Pero a alternativa parece ser o paraíso da infancia, a inocencia de quen aínda non tomou decisións, o tempo en que todo tiña sentido e parecía estar ben.
Non sigo, e non porque non haxa máis cousas que dicir. É certo que este Malick dá moito de si. De todos xeitos, non esquezo algunhas secuencias de Días do ceo que me fascinaran, como a da sega e a malla colectivas. Máis que a da Liña vermella, que non me chegou a emocionar.
Máis apertas.
Agustín
P.S.: Ese documental narrado por BP ha ser digno de verse!

De: Martin Pawley
Para: Agustín Fernández Paz, Manuel Bragado, Martin Pawley

Claro que hai relixiosidade, mais unha relixiosidade panteísta, de amor pola natureza e a humanidade, que entronca coa literatura norteamericana do século XIX, de Thoreau a Walt Whitman (igual que podía haber algo de Herman Melville, en especial o Billy Budd, en The thin red line, no que ten de retrato da imposíbel supervivencia do ben nun contorno de maldade). Nesa idea de gozar de cada folla, de cada raio de luz, está máis presente Leaves of Grass que a Biblia. Un dos grandes cineastas experimentais aínda en activo, Nathaniel Dorsky, explora liñas comúns dende o budismo. E aí vexo outra das claves: a escrita fílmica de Malick ten moito que ver cunha tradición experimental ianqui moi vitalista, a do abraio ante a natureza e o sistema do mundo, na que está Dorsky, mais tamén Hutton, Benning ou Deborah Stratman; e polo seu carácter fragmentario Mekas ou Brakhage. E con quen non ten nada, absolutamente nada que ver, é con Kubrick, por máis que haxa moita xente acordándose de 2001 cada vez que ve un planeta en pantalla (como se os planetas os inventara o sobrevaloradísimo cineasta inglés).
Non digo que a nai teña dimensións feéricas, puña iso como exemplo de que non se lle pode dar a cada plano unha interpretación que encaixe de maneira simple coa nosa bagaxe como espectadores. Unha muller que levita non ten por que ser unha meiga, e de igual maneira unha praia na que se reencontran seres queridos non ten por que ser unha imaxe anticipatoria do máis alá. En España hai xente que mesmo ironiza co plano final da ponte, que lles trae á memoria un anuncio de seguros; pero podedes ter a certeza de que Malick non pensaba en Ocaso cando fixo esa imaxe.
Está claro que a Malick non lle gusta o mundo en que vive, mais tampouco creo que para el os paraísos estean todos eles perdidos. Mesmo parece albiscar a beleza do mundo nese ambiente ultramoderno e urbano no que vive Sean Penn: o ceo e as nubes reflíctense nos cristais dos edificios e unha árbore asoma entre eles, miúda e fráxil entre tanto aceiro e formigón, pero desa árbore ben podemos dicir aquilo que Díaz Castro deixou escrito sobre unha "herba pequerrechiña" en Nimbos: "o Universo sería / máis pequeno sen ti". E a cita non é inoportuna, pois o poemario de Díaz Castro comparte fíos invisíbeis cos filmes de Malick, tamén tradutor e experto na obra de Heidegger: se algún día alguén traduce Nimbos ao inglés, faremos por mandarlle un exemplar...
Apertísimas,
Martin

De: Manuel Bragado
Para: Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Martin Pawley

Grazas a Óscar e Agus por tan interesantes reflexións das que moito aprendo.
Abrazos.
Manolo Bragado Rodríguez

De: Agustín Fernández Paz
Para: Martin Pawley, Xabier P. Docampo, Manuel Bragado

Benqueridos amigos:
Vistas as notas que nos vai achegando Martin sobre A árbore da vida (e que, xaora, enriquecen a visión da película, aínda que non son necesarias para o contido esencial dela), creo que xa podo entender a razón (ou unha razón) pola que suscita tantas visións diferentes. Non vou recorrer ao concepto que Eco desenvolvía na súa Obra aberta (aquela, cito de memoria, capaz de xerar múltiples interpretacións diferentes, válidas unha por unha e complementarias entre si). Vou a algo máis simple: estes días comecei a ler Y el cerebro creó al hombre, de Antonio Damasio, un libro que vos entusiasmará se aínda non o coñecedes. E atopeime con que, ao ir lendo, asociaba de xeito inmediato varias das cuestións que lía coa película de Malick. Como sabedes por experiencia, este é un fenómeno que nos ocorre cando algo nos afecta de xeito especial (o caso máis citado: estás embarazada e pola rúa só ves embarazadas; esnogas un nocello e alá ves unha chea de persoas co nocello esnogado. Os que escribimos ficción sabémolo ben: cando andamos metidos nunha novela, parécenos que todo o que ocorre ao noso redor ten relación coa historia que temos entre mans).
Así que, na miña opinión, creo que A árbore da vida nos afecta/conmove/impresiona porque fala de algo esencial para todos nós: a vida, a conciencia da vida, as emocións, os sentimentos, as experiencias infantís que sentimos como vitais. Por iso eu vin reflectidos anacos da miña biografía (non da de sucesos similares aos que puido vivir Malick; non, experiencias miñas); e por iso mesmo Martin atopa versos de Díaz Castro que se relacionan, e a min ocórreme igual cos meus autores favoritos, de Neruda (as Odas elementais) a Valente ou a señora Wislawa. Velaí o segredo: fala da vida, faino con honestidade, coa súa verdade, implicándose na obra con todo o seu oficio e talento. Creo que aí está a cerna, e de aí os fíos que a unen con calquera outra obra de arte feita desde presupostos semellantes.
Agustín

De: Xabier P. Docampo
Para: Agustín Fernández Paz, Manuel Bragado, Martin Pawley

Onte quixen entrar na rolda de comentarios sobre El árbol de la vida con humildade e mesura (aínda que me saíu desmesurado), pero á hora de envialo só llo mandei a Manolo. Corrixo o feito e envío a todos. Aquí vai...
Tamén eu andaba a pensar en intervir no que se fala sobre The tree of life (ao Pawley préstanlle máis os títulos en inglés aínda que diga o mesmo), o que non quere dicir que pretenda dar maxisterio a ninguén.
Esta película a min o primeiro que me fai pensar é que vai quedar na miña vida coma unha desas experiencias a cabalo entre o coñecemento intelectual e o emocional, que marcan, que deixan unha forte pegada, como ocorre con outras vistas no pasado ou con unha ducia ou dúas de libros que forman parte da miña (vosa) biografía, nese sentido no que xa non se pode contar a propia vida sen falar desas obras. O dito vale tamén para a primeira vez que un ve Las meninas, A leiteira de Vermeer, a Pietà de Miguel Anxo... Para cando escoitas Ne me quitte pas por primeira vez ou como imaxino que sería a experiencia dalguén que tivese a fortuna de escoitar á Callas cantar en directo a Casta Diva nun deses días nos que cantaba coma os anxos o farán no paraíso. Algo así é para min esta peli. Mais, por que?
Coincido en todo con vós (con ambos falei largo por teléfono da peli) mesmo o que non coincidides entre vós porque todo iso ten a peli de Malick dentro. É relixiosa? Moito, mais daquela maneira. Teñamos en conta que os O’Brian son católicos, minoría, moi grande, pero minoría relixiosa nos EEUU fronte aos protestantes. Como sabedes son relixiosidades distintas e unha das diferenzas fundamentais está na interpretación da Biblia, libre para uns e dirixida para outros, o que fai que o panteísmo tan evidente na película xunto coa narración da formación do universo que nos propón Malick non se compadeza moito cos EEUU dos anos 50. Eu inclínome máis por ver esa relixiosidade e ese panteísmo coma dúas formas de se enfrontar ao misterio da vida. A fe fala da existencia/presenza de Deus, iso explica todo, iso encaixa con “Deus que che dá a vida tamén cha pode tirar”. Mais a visión panteísta fala de que a vida é todo, o que está en nós e o que está fóra de nós, máis aínda, o que está fóra de nós contennos, pertencemos a un todo e ese todo é o que chamamos vida. En que punto se xuntan ambas visións do misterio da existencia? Na permanencia, na transcendencia do momento, da singularidade da nosa existencia: sempre estaremos, para uns a nosa alma inmortal, para os outros no universo de materia en transformación (en evolución) do que formamos parte.
Con todo a min unha das cousas que me fascinou desta peli é o tratamento cinematográfico, narrativo da infancia. Esa visión da e desde a infancia é un acerto grandioso. A infancia como un panteísmo visíbel, pois a integración dos rapaces na natureza e, mesmo, nos seus propios pais como seres que os conteñen. Pero ademais móstranos como a infancia nas súas actuacións e motivacións tantas veces inexplicábeis (os nenos xogando, probando a vida, albiscando a sexualidade, chorando...) acabarán por dar, moito máis adiante, os porqués da nosa vida adulta. Unha etapa da vida que condiciona, explica e, moitas veces tamén, xustifica a vida adulta.
Estoume estendendo demasiado así que acabo facéndovos notar a enorme importancia que ten na narración fílmica de Malick a música, onde, a mais do traballo magnífico de Alexandre Desplat que compón, mestura, arranxa... e todo canto faga falla, van pasando anacos de pezas de inconmensurábel beleza: Bach (a Tocata e fuga), Mozart, o Agnus Dei dunha misa de Berlioz (fantástico) e o Moldava da obra A miña patria de Smetana, unha peza de música descritiva na que escoitamos/vemos como o río nacional checo, o que pasa por Praga, por embaixo desa ponte Karlo que todos os turistas visitamos, é descrito paso a paso e que é un símbolo da vida como poucos mellores hai na historia da música. E moitísimas máis entre as que, con non pouco traballo, puiden atopar a Lacrimosa de Zbigniew Preisner, que forma parte dunha obra titulada Requiem for my friend que o músico dedicou ao director de cine  Krzysztof Kieslowski.
Seguiremos falando (creo que por moito tempo) desta película. Apertísimas,
Xabier P. DoCampo

martes, 13 de setembro de 2011

Agustín Fernández Paz, Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil

Dous dos meus escritores preferidos forman parte dende hai anos da listaxe dos amigos que quero: son un home afortunado. Un deles é Xabier P. Docampo, a persoa que mellor me fixo entender o oficio de escribir; o outro é Agustín Fernández Paz. Se os teño por favoritos non é só pola súa incuestionábel grandeza literaria, polas moitas páxinas memorábeis que deixan xa escritas, senón tamén pola súa afouteza para defenderen o que é xusto e polo seu permanente compromiso coas causas nas que cren. Por daren a cara mentres outros disimulan. Admíroos porque son xente que non cansa nunca, que non se resigna; para min Agustín e Xabier son a principal razón -estou por dicir a única- pola cal sigo convencido de que existe algo que podemos chamar "país".

Hoxe concedéronlle a Agustín o VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil, "por su compromiso con los valores humanos universales y su papel determinante en la construcción de una literatura infantil y juvenil en lengua gallega”. É un fito histórico: por primeira vez un gran premio internacional avala a traxectoria dun autor na nosa lingua, e o elixido foi Agustín, un home de ben, mestre, amigo, irmao. Virán máis recoñecementos, e infelizmente virán tamén tempos sombríos, mais ninguén poderá impedir que cada noticia feliz sexa para nós un gromo de esperanza.