O espazo dunha habitación baleira entre o bater duns remos na auga.
Son da auga removida na escuridade.
Escoitase una barcaza a motor como punto de referencia fuxitivo ao tempo que aparece o texto do poema.
Curtametraxe de David Castro para o Proxecto NIMBOS, serie de filmes inspirados nos poemas do libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014.
Coma unha ínsua
Pro véu a noite derrubando todo!
I eu, sedento dunha áncora ou baía,
dinme a buscar teus cen perdidos nomes
pra te chamar, ouh nai, ouh ínsua miña!
Nimbos, Xosé María Díaz Castro.
Poema reproducido da edición bilingüe publicada en 1982 por Editora Nacional, con supervisión e tradución ao castelán do autor.
Gústame moito esta curta porque despide un existencialismo nihilista arrebatador! Parabens ao director!
ResponderEliminar