domingo, 11 de outubro de 2026

Naza (Yuval Abraham e Rachel Szor, 2026)

Agardaba ver un documental moi interesante polo que conta e atopei un documental aínda moito (moitísimo) máis interesante por como o conta. Os directores Yuval Abraham e Rachel Szor adoptan unha decisión de posta en escena sensacional: a de entrevistar e filmar axentes que traballan para o exército de destrución masiva israelí de noite (este é tamén un filme sobre a escuridade), na azotea dun edificio co "skyline" de Tel Aviv como fondo de pantalla, combinado con planos que exploran a cidade e a vida cotidiana que se intúe atrás das xanelas deses edificios case ao estilo Rear Window, coas televisións prendidas que relatan a versión gobernamental dun xenocidio. As conversas son apaixonantes e o propio Yuval condúceas con extrema sobriedade, diametralmente oposto a calquera tentación sensacionalista. Nos diálogos emerxe o uso das tecnoloxías de espionaxe das comunicacións para facer un seguemento exhaustivo e en tempo real de onde está cada persoa e así dirixir ataques supostamente selectivos nos que son asasinados até centos de persoas consideradas danos colaterais, para as que empregan o eufemismo "naza" que dá título ao filme. A través destas tecnoloxías, a escoita dunha crianza palestina que lle pregunta ao seu pai cando volve á casa é o preludio dun inminente crime de estado: aquí e acolá estamos dándolle aos produtores de mal información precisa e detallada segundo a segundo de todo canto facemos. Nas hipertecnificadas guerras modernas os militares actúan sobre o mundo real como se superasen niveis dun videoxogo; os mortos fican en fóra de campo, mais Naza non esquece presentárnolos ao final da metraxe por medio de imaxes tiradas con teléfonos móbiles en formato vertical: o mesmo aparello que contribúe involuntariamente aos masacres serve para documentar eses masacres, para que vexamos e escoitemos, para non esquecermos. Completa este filme revelador e conciso -77 minutos!- un intelixente uso do material de arquivo, con especial destaque para unha escena tirada dunha entrevista en televisión con Benjamin Netanyahu nos anos 80 na que achega unha definición de terrorismo que funciona como acertadísima autodescrición.

Martin Pawley

venres, 9 de outubro de 2026

Leigh Whipper, perfecto descoñecido

Leigh Whipper en Incidente en Ox-Bow (William A. Wellman, 1943)

O 29 de outubro fará 150 anos do nacemento do actor Leigh Whipper, probabelmente descoñecido para a maioría das persoas que lean este artigo, incluídas algunhas moi cinéfilas. E non é estraño, posto que na maioría das películas en que participou a súa presenza foi pequena, algunhas veces case anecdótica, e en non poucos casos o seu nome nin sequera apareceu citado na pantalla, algo non inusual nun tempo en que, a diferenza da exhaustividade de agora, os títulos de crédito adoitaban ser moi breves. Ao recordármolo hoxe celebramos non só a solvencia dun actor que melloraba cada plano, senón tamén a efervescencia cultural e política dun grupo de intelectuais e creadores afroamericanos que abriron camiños nun contexto de desigualdade e segregación.

Leigh Whipper naceu en Charleston, Carolina do Sur, en 1876, once anos despois da abolición formal da escravitude nos EUA. Malia estudar Dereito, que nunca exerceu, preferiu dedicarse á actuación; nunca foi a unha escola de interpretación, aprendeuno todo a forza de ver as técnicas doutros actores e actrices da época. Nos comezos do século XX gañou a vida en espectáculos esquecidos e xa en 1920 apareceu en dous filmes do pioneiro Oscar Micheaux, o primeiro director negro do cinema, Within Our Gates e The Symbol of the Unconquered. Ás ordes do logo tamén cineasta Rouben Mamoulian fixo en Broadway do "Crab Man" en Porgy, a obra do matrimonio Dorothy e DuBose Heyward que inspirou a ópera de George e Ira Gershwin Porgy and Bess, mais o seu maior éxito teatral sería formar parte do elenco que estreou De ratos e homes, a adaptación escénica que escribiu John Steinbeck a partir da súa propia novela, no rol de Crooks, personaxe que mantivo na estimábel versión fílmica de Lewis Milestone en 1939.

Foi despois dos sesenta anos que a súa carreira cinematográfica adquiriu certa continuidade, se ben con papeis exiguos e dentro das dinámicas habituais nun Hollywood aínda moi afastado da equidade (...)

Martin Pawley. Artigo publicado no Nós Diario o 9 de outubro de 2026, sábado. As persoas subscritoras poden ler o artigo completo nesta ligazón.

xoves, 1 de outubro de 2026

Para conocer la oscuridad

La muerte de Wendell Berry nos deja sin uno de los más brillantes pensadores contemporáneos.

* * *

A comienzos de los 60 Wendell Berry estaba sólidamente instalado en el camino de una carrera literaria de éxito. Venía de completar sus estudios de lengua y literatura inglesa en la Universidad de Kentucky y un programa de escritura creativa, de publicar su primera novela, Nathan Coulter, y de obtener una beca Guggenheim que le permitió pasar una temporada en Francia e Italia. En 1962 le surgió la oportunidad de dar clases en la Universidad de Nueva York, así que antes de los 30 se encontraba con un buen trabajo en la capital cultural por excelencia, en el lugar donde supuestamente pasan las cosas. Dos años después, sin embargo, decidió abandonar ese puesto para asumir otro como profesor universitario en Kentucky, en el esta- do que lo vio nacer. Bajo el prisma ambicioso de la competición académica podía verse como un claro paso atrás y fueron muchos los que le advirtieron de que «no podía volver a casa», pero la decisión de Wendell era muy meditada: Kentucky era «un lugar que seguía amando y del que deseaba volver a formar parte».

Regresó para seguir siendo escritor pero también agricultor y granjero. Se asentó en las tierras que habían pertenecido a su familia para cultivarlas y criar animales y se convirtió en un referente del activismo medioambiental y de lo que hoy llamaríamos decrecimiento. La editorial Errata Naturae publicó justo antes de la pandemia una recopilación de sus artículos, El fuego del fin del mundo, que es uno de esos libros que conviene tener siempre cerca en busca de sabiduría, de elaboración precisa de los argumentos aderezada con toques de humor y la felicidad ante la belleza del mundo (...)

Martin Pawley. O artigo completo pode lerse na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 328, outubro de 2026. As persoas subscritoras poden acceder á revista no seu sitio web.