Amosando publicacións coa etiqueta João Pedro Rodrigues. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta João Pedro Rodrigues. Amosar todas as publicacións

venres, 3 de outubro de 2025

Outra Espanha

As leis do desejo

Em outubro de 1970 chegou às salas espanholas a comedia No desearás al vecino del quinto (Não Desejarás o Delicadinho do Quinto), realizada por Tito Fernández, que vendeu mais de quatro milhões de bilhetes, convertendo-se no segundo maior sucesso da história do cinema do país: em primeiro lugar estava a coprodução Per qualche dollaro in più (Por Mais Alguns Dólares, 1965, Sergio Leone), que tinha vendido mais um milhão de bilhetes. Esta marca não seria superada até o século XXI, mais convém recordar que nos anos setenta (e ainda nos oitenta e noventa) o registo dos números de bilheteira era infinitamente menos rigoroso que na atualidade, de modo que é bastante razoável crer que o número real de espectadores deve estar bem acima do oficial. Esse filme é quase paradigmático do chamado «landismo», subgénero com enredos de qualidade ínfima com as derivas eróticas admitidas pela censura franquista e que tinha como ator mais representativo Alfredo Landa, logo reconhecido pelo seu talento (premiado em Cannes por Los santos inocentes [1984, Mario Camus]) mas naquela altura protótipo do «espanhol médio» de libido desbragada e visão turvada pelas turistas suecas. Em no desearás..., Alfredo Landa encarna um costureiro de maneiras efeminadas numa cidade de província não longe de Madrid; o seu comportamento faz que as mulheres e, sobretudo os maridos delas, tenham plena confiança nele. Já o filme vai avançado descobriremos que é tudo uma farsa: a personagem finge ser homossexual para benefício do seu negócio e, na verdade, é um macho ibérico com ganas de se divertir sempre que vai à grande cidade.

A grande simpatia popular deste filme dá uma ideia clara do estado cultural e social da Espanha da ditadura e da perceção pública da diversidade sexual. O regime de Francisco Franco modificou, em julho de 1954, uma lei aprovada durante a Segunda República, a «Lei dos vagabundos e meliantes» de 1933, que permitia a detenção de proxenetas, mendigos, pessoas inebriadas ou toxicómanos; com a alteração, também os homossexuais entraram na categoria de «indivíduos perigosos», castigados com internamentos «em instituições especiais e, sempre, com absoluta separação dos demais» ou com a proibição de «residir em determinados lugares ou territórios» (...)

Martin Pawley. Fragmento inicial do artigo "Outra Espanha", escrito para o Caderno da Cinemateca dedicado a João Pedro Rodrigues e João Rui Guerra, editado pola Cinemateca Portuguesa en 2025. O texto completo pode lerse no citado volume (páxinas 81-94).

venres, 28 de outubro de 2022

Premio Cineuropa 2022: João Pedro Rodrigues


Na presentación de Fogo-Fátuo no “Curtas” de Vila do Conde o pasado mes de xullo, o realizador João Pedro Rodrigues agradeceu publicamente o traballo do elenco e insistiu na importancia que para el ten atopar os actores e as actrices ideais. Dalgunha maneira, os filmes non existirían sen ese encontro do cineasta coas persoas que van encarnar os personaxes imaxinados, unha elección que acaba por ser a única posíbel, unha sen alternativa óptima. A partir desa comuñón milagrosa nace o filme que, ao expresarse a través duns corpos precisos nuns espazos concretos, se transforma. Debe reescribirse e adaptarse a esa confluencia marabillosa. A obra de João Pedro é o resultado dun prodixioso equilibrio entre a preparación meticulosa e a inspiración sempre acesa, entre o control e a aceptación do inesperado. Un equilibrio seguramente natural en alguén que suma unha formación cinéfila no sentido tradicional, froito de innumerábeis sesións da Cinemateca Portuguesa, e unha insubornábel liberdade creativa. E é que poucos cineastas hai tan libres como João Pedro. Libre para moverse entre as narracións tipicamente recoñecíbeis como “ficcións” e os obxectos que desafían calquera clase de etiquetas, para tensar as convencións e os arquetipos dos xéneros, para xogar coas súas aparencias, coas súas carcasas, e tirar de todo iso algo novo, diferente. Libre para transitar entre a realidade e un “outro lado”, o lado da fantasía, da metamorfose, da transfiguración, mesmo que sexa para revelar a imposibilidade de non ser o que un é. Non é estraño que a súa filmografía estea poboada de seres en transición. É así dende a primeira longa, O fantasma, a concurso na Mostra de Venecia polo León de Ouro, un relato perturbador de soidade e desexo, da busca desesperada e violenta de amor. Ou en Odete, estreado na Quincena de Realizadores de Cannes, un melodrama romántico máis alá da morte. A inesquecíbel Tónia de Morrer como um homem é o paradigma de personaxe plural, larva e bolboreta, unha drag histórica da noite de Lisboa de conmovedora humanidade e finalmente vencida polo tempo. Máis mutante é o protagonista d’O ornitólogo, un observador científico das aves que se cruza con toda sorte de criaturas que o desvían do camiño cara a un horizonte de santidade pagá. O príncipe que quere ser bombeiro de Fogo-Fátuo é tamén un home dividido, desta volta entre o seu deber e a súa paixón; se acaba por someterse ao primeiro, será aceptando a súa condición de “non ser”, ou de ser “o menos que puder, símbolo vazio de coisa nenhuma”.

No “ciclo asiático”, a serie de filmes codirixidos co seu compañeiro João Rui Guerra da Mata, persiste esa natureza híbrida, ese gusto pola fabulación. Até en documentais en aparencia canónicos como o vitalista Alvorada vermelha, un paseo polo Mercado Vermelho de Macao que, entre aves degoladas e peixes abertos pola metade que aínda sacoden os seus corpos, encontra espazo para sereas imaxinarias e homenaxes a Jane Russell, simbolicamente presente tamén ao inicio de A última vez que vi Macau, un relato de intriga sen rostros que combina os recordos persoais e a memoria colectiva das ficcións e os escenarios exóticos evocadores dun extinto glamour. A mesma vontade de relectura lúdica do “film noir” está presente na curta Mahjong, igual que a resaca de adolescentes zombies de Manhã de Santo António ten moito de revisión contemporánea do xénero do horror. E non é acaso a galeguísima O corpo de Afonso unha relectura retranqueira da historia e o que resta dos seus mitos? Ao adentrármonos no universo de João Pedro Rodrigues, convén deixar estacionados lonxe todos os prexuízos. Benvida sexa sempre a liberdade. Benvido sexa sempre o seu cinema.

Martin Pawley. Artigo escrito para o catálogo de Cineuropa 2022. João Pedro Rodrigues recibirá un dos Premios Cineuropa o sábado 12 de novembro ás 20:00 no Teatro Principal. Podes descargar o catálogo de Cineuropa nesta ligazón (PDF, 15,1 MB)

luns, 5 de setembro de 2022

Su peso en oro

Si para cualquier festival de cine cada año cumplido es una victoria, sumar treinta, como hizo en julio el Curtas de Vila do Conde, suena a milagro. Un milagro trabajado por un equipo que genera un buen ambiente modélico y mima un cuidado programa de proyecciones, coloquios, conciertos y exposiciones. Entre los ciclos de esta edición tuvo especial interés el dedicado al francés François Reichenbach, cuya obra, desde la más vocacionalmente amateur de los inicios alrededor del cuerpo y el deseo masculino (Nus masculins, Last Spring) hasta los documentales canónicos (Un cœur gros comme ça o L'Amérique insolite, candidata a la Palma de Oro el año de La Dolce Vita), merece una difusión mucho mayor. La guinda de la fiesta de aniversario fue el estreno nacional de Fogo-Fátuo, la fantasía musical de João Pedro Rodrigues que explora asuntos la butaca mientras intuye posibles hilos muy serios con gracia exultante y notable concisión (...)

Martin Pawley. Artigo completo publicado no número 169, de setembro de 2022, da revista Caimán Cuadernos de Cine. 

xoves, 3 de agosto de 2017

25º Curtas Vila do Conde: Cinema nacional, cinema universal

O Curtas de Vila do Conde naceu dunha decisión arroxada e quizais un pouco inconsciente: a de organizar un festival de curtametraxes nun país no que apenas se exhibían (e aínda menos se facían) curtametraxes. Detrás desa feliz arroutada estaban cinco homes por debaixo dos trinta anos que viñan de activar o cineclube local: Miguel Dias, Nuno Rodrigues, Mário Micaelo, Dario Oliveira e Rui Maia. A súa cinefilia tiña como referencia, entre outras fontes, o lendario Festival Internacional de Cinema da Figueira da Foz, oasis de modernidade fílmica que entre 1972 e 2002 dirixiu e promoveu José Vieira Marques. Mais o grupo vilacondense quería ir máis alá. No país había xa diversos festivais, mais todos eles “não chegam a constituir verdadeiros acontecimentos nacionais, nem possuem a tão desejada projecção internacional”, segundo afirman no catálogo do primeiro Festival Internacional de Curtas-Metragens. O obxectivo do ousado quinteto non era pequeno: crear unha cita nova co ánimo de facerse un oco no mundo dende unha vila de vinte mil habitantes. A súa vila.

Corría o ano 1993 e o correo electrónico non existía. Para ver filmes era preciso dispoñer dunha copia física e os contactos facíanse por teléfono, correo postal ou mesmo telegrama. As dificultades técnicas e loxísticas dun tempo non tan distante que agora parece prehistórico non impediron a audacia de traeren a Vila do Conde ao armenio Artavazd Pelechian ou ao estadounidense Gus van Sant en edicións temperás do festival. Nunha época na que cumprir o programa e horarios previstos xa era de seu un desafío, o Curtas optou por complicarse a vida e organizar retrospectivas laboriosas e actividades complementarias que tendían pontes con outras formas artísticas, nomeadamente a música, hoxe elemento básico da súa proposta anual. A boa resposta dos espectadores demostrou dende o inicio que a aposta tiña sentido. Devagar foi desenvolvéndose unha produción nacional de curtas alentada en parte pola convocatoria de axudas públicas e o Curtas estivo aí para celebrala como era debido. A finais dos 90 nace o sintagma “Gerações Curtas” para designar unha nova ola de autores nacidos nos 60 e 70 que non tardaron en obter recoñecemento internacional. Hoxe asociamos a Vila do Conde os nomes de João Pedro Rodrigues, Miguel Gomes, Sandro Aguilar e João Nicolau, figuras respectadas que fixeron que os cinéfilos pousáramos os ollos en Portugal, mais o asombroso é que dende eses felices anos de consolidación non deixaron de emerxer autores no país veciño. Nesta década vimos o espectacular florecemento dos nacidos nos 80, de João Salaviza e Diogo Costa Amarante (Osos de Ouro á mellor curta na Berlinale en 2012 e 2017) a Pedro Peralta, Ico Costa e Joana Pimenta, que colocaron filmes en Cannes, Rotterdam e Locarno. Mais incluso eles empezan a parecer maiores comparados, por exemplo, con Leonor Teles, nacida en 1992 e que ten tamén un Oso de Ouro na casa. Non é casual que en todos os grandes festivais de cinema haxa sempre presenza portuguesa, malia o exiguo (e variábel) da produción, con algo máis de medio cento de filmes por ano, sumando curtas e longas. A proporción de títulos destacados sobre ese modesto total parece escapar a toda lóxica. Hai non menos de tres ducias de creadores portugueses en activo susceptíbeis de colocar os seus traballos nas principais citas cinematográficas do planeta, e a listaxe non deixa de medrar. Dese fértil contexto benefíciase o festival de Vila do Conde, que á súa vez contribuíu decisivamente ao éxito do cinema portugués a través do seu fabuloso papel formativo e -sobre todo- do traballo de distribución e difusión desenvolvido pola Agência da Curta Metragem.

A edición que vén de rematar, que festexaba ademais o 25º aniversario do certame, deitou unha mirada ao pasado en forma de amplo ciclo e dun libro de lectura apaixonante, 25 Anos, 25 Histórias, mais non se limitou ao exercicio nostálxico; antes polo contrario, dedicou unha interesante sesión de debate a analizar o estado actual do sector, sacudido polo severo recorte no apoio público ao cinema emprendido por un goberno que se supón progresista. O aumento da cota de mercado nacional asociado a proxectos menos que mediocres de raíz televisiva está alimentando un discurso que opón ao “cinema de autor” un no fondo inexistente “cinema comercial”, unha evolución neoliberal da vella dicotomía entre os “filmes para París” e os “filmes para Bragança”, isto é, Manoel de Oliveira vs Kilas, o mau da fita. Mais os que sitúan a Portugal no planeta cinematográfico non son precisamente Leonel Vieira ou António Pedro Vasconcelos, senón os creadores que mostran as súas obras nos festivais máis importantes, algo impensábel para os Pátios das Cantigas contemporáneos.

Farpões, Baldios
Deu bos exemplos disto o 25º Curtas, que estreou no país unha colleita singularmente boa de filmes portugueses con ampla repercusión internacional. É o caso da gañadora absoluta, Farpões, Baldios, ópera prima de Marta Mateus que viña da Quincena de Cannes. Non é insólito acordarse de Pedro Costa ao ver a súa curta -unha influencia, por outra parte, pola cal é natural sentir orgullo-, mais para sermos xustos o ton de Farpões é diferente. Máis Straub e Huillet, máis fascinado pola voz e o relato oral da xente e pola paisaxe do Alentejo, pola memoria convertida en mitoloxía. E así é que o filme consegue ser luminoso e belo, unha celebración dun mundo perdido, fermoso e cru.

Coelho Mau
Où en êtes-vous, João Pedro Rodrigues ? é unha encomenda do Centro Pompidou vinculada á retrospectiva que lle dedicaron ao xenial director. João Pedro responde á pregunta do título repensando a súa traxectoria e integrando con suma habilidade materiais diversos, dende as gravacións de vídeo das primeiras viaxes ao Festival de Venecia aos textos de Thoreau e Nathaniel Hawthorne, no que acaba por ser unha suxestiva aproximación ao seu universo persoal e creativo. Altas Cidades de Ossadas de João Salaviza sinala un cambio respecto dos seus relatos urbanos, de Arena e Rafa a Montanha. O encontro co rapeiro caboverdiano Karlon alenta un filme máis espectral, nocturno e selvático, falado (ou recitado) en crioulo, que tamén fai pensar un pouco en Pedro Costa. Salomé Lamas en Coup de Grace adéntrase na ficción sen desviarse do atrevido formalismo e algúns temas -o traballo, o fogar- habituais dela nun relato de reencontro pai e filla con final a ritmo de Phil Collins. Coelho Mau, na miña opinión a mellor curta a concurso, é outro xesto de madurez dun autor que sempre merece atención, Carlos Conceição. O desexo (sexual) é un asunto central nos seus filmes e persiste neste conto de dous irmáns adolescentes, ela gravemente enferma, el a coidala con atenta dedicación -excelentes Julia Palha e João Arrais-. Mais na súa relación predomina o amor e o medo á perda do outro e iso dálle ao conxunto, máis alá dos xogos eróticos e o fetichismo, un emotivo pouso de tenrura e humanidade que o liga a unha obra a priori tan distinta coma Acorda, Leviatã.

O 25º Curtas ofreceunos ademais un sensacional agasallo: a segunda longa do Sandro Aguilar, Mariphasa. Nunha escena belísima, un neno acorda na noite cun pesadelo. A nai teima en tranquilizalo; iso non aconteceu na realidade, dille, e o neno responde que si aconteceu dentro da súa cabeza. O diálogo acaba por ser unha introdución perfecta ao cinema de Aguilar, nunca fácil de contar. Hai unha ausencia tráxica, unha filla que morreu nun accidente, que converte o protagonista nun morto andante a moverse entre ruínas. Arrastrado polo torrente de imaxes e sons que nos fornece Sandro, o espectador fica conturbado pola experiencia cinematográfica que representa Mariphasa, a clase de filme que xustifica a existencia dos festivais.

Martin Pawley. Artigo publicado no número 255 do semanario Sermos Galiza, con data 20 de xullo de 2017.

luns, 20 de febreiro de 2017

João Rui Guerra da Mata e João Pedro Rodrigues: o cinema ocupa o museo

Vila do Conde acolle cada mes de xullo un dos máis importantes festivais europeos de cinema, o “Curtas”. As mellores curtametraxes do mundo son o obxecto central dun certame que sempre mirou máis lonxe para explorar a relación do cinema coa música e as artes plásticas. Boa proba disto é dende 2005 a Galería Solar, habitada até o 25 de setembro pola obra dos Joãos.
João Rui Guerra da Mata e João Pedro Rodrigues

Dende a súa primeira edición en 1993, o Curtas de Vila do Conde non deixou de medrar até ser hoxe moito máis que un excelente festival de cinema. Do Curtas naceron programas formativos dirixidos a estudantes de distintas idades, do preescolar ao ensino superior; unha axencia de distribución que difunde no mundo as curtametraxes portuguesas e unha galería de arte, a Solar, especializada na investigación das fronteiras entre o cinema e outras manifestacións creativas. Un espazo de experimentación, de diálogo entre as artes, coidadosamente concibido para sacarlle o máximo partido ás instalacións que nel se presentan. A Solar escapa da lóxica expositiva da “caixa branca” e a luz abundante coa que os museos tradicionais maltratan o audiovisual; antes polo contrario, o centro de Vila do Conde procura a escuridade necesaria para garantir a calidade de proxección dos filmes. A harmoniosa integración das pezas nas salas, que aproveita ás veces as singularidades da súa arquitectura, favorece unha saudábel sensación de intimidade. En todos estes anos, once xa, pasaron pola Solar creacións de colosos contemporáneos coma Abbas Kiarostami ou Tsai Ming-Liang, mais sobre todo moitos nomes de referencia do cinema experimental, coma Martin Arnold, Peter Tscherkassky ou Ken Jacobs, e unha longa serie de grandes artistas portugueses. Tamén un galego, Lois Patiño, que encheu a galería hai ano e medio coa súa obra case íntegra no campo do cinema e as instalacións.

Se a programación da Solar é sempre interesante, nótase especial atención na mostra que abre cada ano en vésperas do Curtas e queda dispoñíbel até o final do verán. É o caso en 2016 de DO RIO DAS PÉROLAS AO AVE, primeira exposición en Portugal dos cineastas João Rui Guerra da Mata e João Pedro Rodrigues, autores esenciais do noso tempo e figuras habituais dos principais festivais do mundo. Así, a primeira longa do João Pedro Rodrigues, O fantasma, participou na sección oficial competitiva de Venecia e as dúas seguintes, Odete e Morrer como um homem, estiveron en Cannes (Quincena dos Realizadores e Un Certain Regard, respectivamente). O seu novo filme, O ornitólogo, estrea agora en Locarno, festival que xa acollera a concurso A última vez que vi Macau, asinada conxuntamente con João Rui Guerra da Mata igual que todos os filmes de temática “asiática” (China China, Alvorada Vermelha, Mahjong e Iec Long).

A Solar celebra case vinte anos de traballo en solitario ou en parcería nun esforzo exemplar de adaptación da súa fabulosa traxectoria fílmica ao espazo expositivo que ademais integra con pleno sentido obra allea, as pinturas de João Gabriel Pereira (Leiria, 1992). No atrio de entrada unha vitrina amosa unha selección de cartaces nacionais e estranxeiros dos filmes de João Pedro e João Rui; enfronte, o icónico traxe de látex que lucía o protagonista n'O fantasma vólvese aínda máis espectral e onírico. Unhas escaleiras de baixada dan acceso á cave, coa música do himno nacional chinés a soar de fondo. Na sala do soto atopamos unha pantalla cunha imaxe conxelada, un rostro de muller. Unha folla escrita desvela o misterio da instalación chamada 16-05-2014, ESTA OBRA É PASSÍVEL DE PROVOCAR UMA EXPERIÊNCIA DESCONFORTÁVEL E EMOÇÕES NEGATIVAS NO PÚBLICO CHINÊS. A data en cuestión é a da apertura da exposición Onde é China, celebrada á vez en Beijing e Lisboa para celebrar os trinta e cinco anos de relacións diplomáticas entre Portugal e o xigante asiático. A curta Alvorada vermelha dos Joãos formaba parte da mostra, mais unha hora antes da inauguración as autoridades chinesas decidiron prohibir a proxección do filme, dando coma cómica xustificación iso da “experiência desconfortável” para o público. Alguén pensou alá que era absurdo deixar a sala baleira e optou por poñer unha imaxe en pausa, e esa é a idea que reproducen na Solar nunha instalación que serve de alegación satírica e contundente contra a estupidez da censura.

O mellor está aínda por vir. A sala IDENTIDADE NACIONAL xoga co substantivo do título en múltiples niveis. Dunha banda está a “curta galega” do João Pedro, O corpo de Afonso, producida ao abeiro da celebración de Guimarães coma capital europea da cultura en 2012, que toma a forma dun casting de culturistas do noso país que puideran encarnar ao primeiro Rei de Portugal e acaba por ser un retrato da crise económica a través do que contan os homes entrevistados. Pendurada no medio da sala, proxectando a súa sombra sobre a pantalla, unha réplica da hipotética espada de Afonso Henriques empregada na rodaxe. O xogo co mito fundacional portugués e a súa perversa apropiación pola ditadura salazarista convive coa reflexión e ironía sobre os estereotipos de xénero na compaña de obxectos tomados da longa Morrer como um homem (a máscara mortuoria da protagonista e dúas fotografías de gran formato). A xenuína identidade (sexual, nacional) desafía as categorías pechadas convencionais, entendidas demasiadas veces coma verdades reveladas e inmutábeis, para cuestionalas con liberdade. 

DUELO presenta de maneira simultánea as primeiras curtametraxes en solitario dos cineastas, Parabéns! (1997), dirixida por João Pedro e protagonizada por João Rui, e O que arde cura (2012), do João Rui e co João Pedro coma actor, unidas por un plano que se repite nas dúas, un exterior filmado dende unha mesma xanela. Da superposición nace un resultado novo que tamén dialoga sen nostalxia co paso do tempo e resoa en HOJE É DÍA DE FESTA, obra multicanal de nove pantallas que aproveita o material filmado para Parabéns. PRAÇA DE ALVALADE é a orixinal disposición que adoptaron para a curta Manhã de Santo António, en proxección cenital sobre unha mesa. O espectador, de pé, contempla o filme dende arriba, quizais a perspectiva do santo patrón de Lisboa na praza do título, e iso reforza o pouso fantástico da volta á casa coma zombis dos mozos e mozas logo dunha noite de festa rachada. ALVORADA VERMELHA, o festivo, sanguento e imaxinativo retrato do mercado de Macau, pode verse en pantalla grande dende as vellas butacas do cineclube do Porto.

Impresionante é CASTING #1: TELMO RICARDO MENESES, 13-02-1999, na miña opinión a instalación máis valiosa da exposición. Unha cortina negra tapa a entrada de luz e dá paso a un corredor en U; o camiño é tan escuro que non vemos nada. Os ollos tardan uns minutos en afacerse á escuridade así que avanzamos ás apalpadas até chegarmos a unha pequena sala cun monitor. O que vemos e escoitamos é o primeiro casting dos moitos que fixeron para o filme O fantasma. O actor finalmente elixido foi o primeiro que entrevistaron, Ricardo Meneses, e o que nos presentan os Joãos é o material en bruto desa proba. Con precisión cirúrxica João Rui fai preguntas que conducen ao Ricardo, naquela altura un mozo de 17 anos, a explicar de forma descarnada mais sen ánimo lacrimóxeno a súa sufrida peripecia vital. Tiña problemas e marchou da casa familiar en Foz Coa para os resolver; “viñen a Lisboa con vontade de vencer”, di, mais chegou completamente á toa e acabou durmindo na rúa. Atopou traballo “en bares, á noite”, nun coñecido local de ambiente gay, o Finalmente. “Nunca roubei, nunca me droguei”, afirma con orgullo.

Nun certo momento João Rui pídelle que represente dúas escenas do guión, unha delas esíxelle quitar a roupa. Con certeza Ricardo Meneses non é quen de imaxinar que clase de filme vai ser O fantasma -fascinante e incómodo, perturbador e doloroso, un relato desesperado da busca do amor-; a súa mirada parece apuntar unha lixeira tristeza, mais retruca axiña para insistir en que a próxima vez sairá mellor e que está disposto a todo. A “vontade de vencer”, unha vez máis. Foi necesario dar pasos na escuridade para enfrontarse, na intimidade, a estes inesquecíbeis vinte e seis minutos que desarman e fan pensar.

Martin Pawley. Artigo publicado no semanario Sermos Galiza, número 207, con data 4 de agosto de 2016.

venres, 6 de xuño de 2014

A curta Alvorada vermelha, censurada na China

A Agência da Curta Metragem vem expressar publicamente a sua indignação ao ver a curta-metragem portuguesa Alvorada Vermelha, de João Pedro Rodrigues e João Rui Guerra da Mata, censurada pelas autoridades chinesas na exposição ONDE É A CHINA?, apresentada em Pequim. Para que não ficasse qualquer vestígio das obras, os catálogos do evento foram confiscados.

A Agência é solidária com os realizadores e lamenta a inércia diplomática verificada no evento, que contou com a presença do Presidente da República Portuguesa na sua inauguração e com o seu patrocínio oficial.

Alvorada Vermelha é um documentário poético e visualmente emocionante, principalmente observacional, que captura a realidade dos rituais de preparação dos animais para consumo do famoso Mercado Vermelho em Macau, no início da manhã.


Fonte: sitio web da Agência. Máis información: Duas obras de artistas portugueses censuradas na China durante visita oficial de Cavaco Silva (Público) + Controversy as Portuguese short Red Dawn banned in China (Cineuropa).

venres, 14 de marzo de 2014

Morrer como um homem (João Pedro Rodrigues, 2009)

Hai que ter coidado co Festival de Cannes. A súa repercusión mundial é, si, insuperábel, e para calquera director visitar a Costa Azul é como ocupar a pole position nun campionato de Fórmula 1. Mais esa visibilidade ten un reverso perigoso, pois tamén coloca os filmes ao alcance de críticos e programadores que realmente odian o cinema, que detestan a súa necesaria diversidade e negan calquera proposta que se afaste do sota-cabalo-rei no que se senten cómodos. Así foi que unha obra mestra como Morrer como um homem, terceira longametraxe do João Pedro Rodrigues, pasou en 2009 pola sección Un Certain Regard entre a indiferenza e o desprezo expreso de medios coma Variety, que a condenou a vagar unicamente por festivais de temática LGBT e a vinculaba —que tópico tan tonto!— con Pedro Almodóvar. Mais como apuntou Dennis Lim nun imprescindíbel artigo-entrevista publicado na revista de referencia CinemaScope, os filmes de João Pedro Rodrigues exhiben en abundancia o que dende hai tempo escasea nos de Almodóvar, “brío, nervio e unha verdadeira empatía polas necesidades carnais e o comportamento transgresor”.

Morrer como um homem ten moito de musical, mais é un musical austero, íntimo, sen espectáculo; contido até no formato, o 4:3 que remite ao cinema clásico e incluso o mudo, evocado nas secuencias tintadas do bosque. A protagonista é unha drag veterana, unha histórica da noite de Lisboa cun fillo ausente e un noivo fráxil, adicto ás drogas. Tonia é home e muller, pai e amante; un personaxe múltiple que fai súa a canción de Paulo Bragança que interpreta na memorábel secuencia final do cemiterio: “quero ser plural / crescente e minguante / viver num segundo / o eterno instante”. Leva décadas actuando coma muller con pleno convencemento aínda que sen atreverse a dar o paso da cirurxía de reasignación de xénero —explicada a través da papiroflexia nunha brillante escena—, mais como adianta o título do filme na hora da morte acabará por vestir traxe masculino e gravata. Tonia é unha figura forte mais vencida, esgotada polo esforzo de “nascer larva” e “morrer borboleta”. Necesitada dunha paz e unha felicidade que merece, a súa poderosa humanidade enche este filme excepcional feito por un dos máis grandes cineastas da actualidade.

Martin Pawley. Texto escrito para a ficha (PDF, 367KB) do filme no ciclo de cine transxénero do CGAC, do 27 de febreiro ao 3 de abril.

mércores, 4 de decembro de 2013

2013, sombras e luces do cinema portugués (e II)

No crítico contexto financeiro xa debullado na anterior entrega deste artigo, a firme aposta polo cinema emprendida en Guimarães no marco da Capitalidade Europea da Cultura 2012 permitiu paliar parcialmente as dimensións da traxedia. O programa Cinema e Audiovisual de Guimarães definíase co obxectivo de “celebrar o cinema como matéria indissociável das nossas memórias, aceitando, ao mesmo tempo, todas as contaminações que, de uma maneira ou de outra, o estão hoje a transfigurar, porventura gerando uma arte para a qual ainda não dispomos de nome”. Non se trataba, pois, de executar un canto nostálxico do pasado glorioso do cinema, senón de festexar tamén a súa mutante vitalidade actual e a súa capacidade para a hibridación de estilos e xéneros.

Entre as múltiples liñas de traballo a encomenda de novas obras ocupou un lugar central. Para a cita vimanarense foron contactados algunhas lendas do cinema mundial, coma Jean-Luc Godard -que debutou para a ocasión no 3D con Les trois désastres, integrada na longametraxe 3x3D que inclúe, ademais, pezas de Peter Greenaway e Edgar Pèra-, Aki Kaurismäki ou Víctor Erice. Estes dous últimos participan no filme colectivo Centro histórico, o español con maior fortuna có finlandés, non tanto porque a curta deste (O tasqueiro) careza de mérito como porque a do español, Vidros partidos, é unha alfaia con aparencia de documental que toma coma escusa o decaemento da industria textil da zona, noutrora fonte esencial de riqueza. As palabras dos obreiros e obreiras dunha fábrica pechada, quizais non reais mais si cheas de verdade, tecen un intelixente discurso que transcende o local para se converter en símbolo do desmantelamento social e económico en Europa. Un xenuíno filme político que viña precedido por unha obra suprema de Pedro Costa, Sweet Exorcist, que revisita a cara máis amarga e sinistra do 25 de abril: os padecementos e malos tratos sufridos polos inmigrantes africanos por parte do exército revolucionario. O Ventura totémico de Juventude em marcha é agora un home fráxil e enfermo acosado polo pesadelo daqueles días ingratos nun filme emocionalmente devastador que serve de adianto para a longa que, co mesmo personaxe, está a ultimar o xenial director portugués. Pechaba o conxunto unha peciña irrelevante de Manoel de Oliveira, O Conquistador Conquistado. Máis irrelevante aínda se se compara co traballo inmediatamente anterior do centenario cineasta, a maxistral O Gebo e a sombra, que ben podemos considerar a súa mellor película en varias décadas. Cun elenco memorábel -sublimes Michael Lonsdale, Leonor Silveira e Luís Miguel Cintra, nefasto coma sempre Ricardo Trêpa- e unha planificación sinxela e rigorosa que reduce ao mínimo os emprazamentos de cámara, Manoel de Oliveira ofrece con esta adaptación dun texto teatral de Raul Brandão un retrato decimonónico -no bo sentido- das miserias da miseria que serve de parábola elocuente, pesimista e crítica dos tempos modernos.

O convite de Guimarães aceptouno tamén Gonçalo Tocha e coa súa probada capacidade para facer o máximo co mínimo non fixo unha curta senón unha longa, Torres & Cometas, estreada no Festival de Rotterdam. Ao mesmo tempo transgresora e respectuosa, nada define tan ben a súa profunda lixeireza coma a gloriosa actuación musical da banda Minhotos Marotos. O humor preside este paseo que pola orgullosa vila do “aqui nasceu Portugal” dá Gonçalo na compaña do seu colaborador de sempre, Dídio Pestana, con quen comenta en off as imaxes, ao estilo do que xa fixeran en É na Terra nao é na Lua, para desvelar a Historia con maiúsculas coma suma de historias e xentes na que conflúe o solemne e o anecdótico, o grave e o lúdico.

Un achegamento libérrimo e irónico á propia Historia é tamén o que desenvolve João Pedro Rodrigues n'O corpo de Afonso, revisión da figura de Afonso Henriques, primeiro Rei de Portugal, convertido co paso dos séculos en icona mítica asumida coma (improbábel) modelo incluso polo salazarismo. A tradición foille outorgando dimensións colosais non só coma representación imaxinaria dun Portugal pasado e glorioso, senón tamén no físico: a lenda fabula sobre o seu vigoroso corpo e o enorme tamaño da súa espada. João Pedro dálle ao filme a forma dun casting na procura dun home que poida representar hoxe en día ao Rei Afonso, e a súa busca lévao até Galicia, en parte pola idea de que o galego moderno pode evocar ben o portugués antigo, en parte por pura (e sana) provocación identitaria. Ao longo de varias sesións de rodaxe na Coruña e Vigo pasan por diante da cámara de João Pedro culturistas e strippers de toda condición (e algúns que non o son tanto), que quitan a roupa e amosan os seus corpos mentres len, en xeral non con moita fortuna, textos medievais portugueses. Nas conversas que o director mantén con eles xorden asuntos banais -as tatuaxes e as singulares explicacións para facelas ou non- mais axiña asoma a crise a través dun drama recorrente: o desemprego. Sobre o mito ábrese paso así a reflexión sobre a representación do corpo masculino (e as implicacións sexuais da mesma) e unha visión crítica do presente.

Fóra destes dous fitos principais a serie de filmes Histórias de Guimaraes aínda deu máis froitos valiosos. Vamos tocar todos juntos para ouvirmos melhor dá boa mostra do depurado oficio de Tiago Pereira -fillo de Júlio, o reputado compositor e multiinstrumentista- para combinar música e cinema. Tiago xunta a guitarra eléctrica de Manuel Fúria coa música popular da rexión do val do Ave nun filme que destaca, sobre todo, polo laborioso traballo de montaxe de imaxes e sons. En Na Escama do Dragão unha xornalista (Margarida Vila-Nova) e un cámara (Siun Chong) gravan unha reportaxe na China con pasado portugués sobre un barco naufragado, mentres de fondo escoitamos noticias sobre un tifón que chega a Macau e as amarguras da Europa do sur. Deste choque de culturas e tempos válese Ivo M. Ferreira para facer probabelmente a súa mellor obra.

Unha cita esencial: o Curtas de Vila do Conde

Baixo o paraguas de Guimarães fixo João Nicolau a estimábel O Dom das Lágrimas, mais fica a anos luz do seu seguinte e marabilloso filme, Gambozinos, premio á mellor curtametraxe na Quinzaine des Realisateurs de Cannes que puidemos ver no cada vez máis decisivo Festival de Curtas de Vila do Conde. O retrato do primeiro amor e os conflitos xuvenís nun campamento de verán -universo que o cineasta coñece ben: el mesmo foi monitor nunha colonia de vacacións- fai pensar, si, en Wes Anderson, mais no fondo é puro Nicolau, un cineasta sempre afín ás criaturas tenramente irresponsábeis. Gambozinos contén, ademais, dúas das secuencias musicais máis felices de 2013: o delicioso rap que coma declaración de amor canta o neno protagonista -Tomás Franco, todo un descubrimento- á súa “querida e adorada Antónia Josefina”, e o hiper-romántico baile sen baile do final.

Tamén está atrapado na inmadurez o personaxe principal de Rei inútil, primeiro filme coma director do editor Telmo Churro, membro do “comité central” que Miguel Gomes configurou para Tabú. A curta parece un Nicolau de baixa intensidade, coa súa tendencia ao diálogo lixeiro e as situacións fantasiosas que parecen agochar algunha clase de chiste privado. Versailles de Carlos Conçeição érguese sobre o turbio encontro nunha cabana retirada dunha muller idosa (a fabulosa Isabel Ruth) e o adolescente (João Arrais, visto en Mistérios de Lisboa) que debe axudala a morrer. Fronte a estas tres, o xurado escolleu coma (excesiva) gañadora Carosello de Jorge Quintela, que opón a voz moi literaria dun vello a enfiar recordos e desmemorias da muller que apenas lembra coma súa, co artificio visual que dá forma ao filme: un carrusel de imaxes a xirar coma reflexo superposto ao rostro do ancián.

O mellor do Curtas, con todo, veu da man do Campus Estaleiro, proxecto formativo co que o festival impulsou a produción de filmes de autores portugueses en colaboración con estudantes universitarios do campo audiovisual. A dupla João Pedro Rodrigues e João Rui Guerra da Mata participou con Mahjong, terceira entrega da serie asiática que se iniciou con Alvorada vermelha e proseguiu con A última vez que vi Macau. A triloxía -polo de agora- debuxa con claridade unha suxestiva evolución creativa. Se Alvorada era, no esencial, unha curta que rexistraba con espírito antropolóxico un fascinante (e sanguento) mercado en Macao, con algunhas fugas oníricas en forma de sereas e zapatos de tacón alto, e a longa A última vez... xogaba a fusionar xéneros -do documental ao cinema negro- para construír un policial abstracto, en Mahjong a parella de xenios non enmascara a súa vontade ficcional e constrúe unha abraiante colección de imaxes misteriosas na comunidade chinesa de Varziela a base de rúas baleiras, almacéns inquietantes e unha música -cousa inusual nos autores- con innegábeis ecos a David Lynch.

A Mãe e o Mar é o brillante resultado da colaboración de Gonçalo Tocha co Estaleiro. Máis unha vez, o obxectivo inicial dunha curta mudou en longa: eran precisos máis minutos para dar xusta conta da tradición das mulleres pescadoras de Vila Chã, as “mulheres arrais” que capitaneaban barcos. Gonçalo ponse máis serio que de costume e rende homenaxe a estas mulleres que fixeron “traballos de homes” para saíren adiante en épocas difíciles. Fica a memoria dos feitos e a palabra que os mantén vivos e así o filme acaba sendo, tamén, un tributo emotivo á necesaria transmisión do legado, o que nos fai ser quen somos, un compás a non perder para non perdernos.

Martin Pawley. Artigo publicado no número de outubro (197) da revista Tempos Novos. A primeira parte apareceu no número de setembro (196).

venres, 19 de abril de 2013

A 10000 km do BAFICI: Vanguardia y género

Dúas palabras, Vanguardia e Xénero, serven para etiquetar a chegada de Marcelo Panozzo á dirección do BAFICI, en substitución de Sergio Wolf, na décimoquinta edición do festival. Certo que as mudanzas na estrutura da programación son maiores, en particular polo reagrupamento nunha mesma sección xenérica, Panorama, de filmes que noutrora estarían colocados baixo epígrafes máis ou menos descritivos tipo Adolescencias, Cine + Cine ou La Tierra Tiembla; mais é obvio que ese novo apartado competitivo é o que marca a revolución da era Panozzo.

De Cine del Futuro a Vanguardia y Género hai algo máis ca un cambio nominal (por outra parte, notabelmente revelador). Contra o cinema festivaleiro mainstream, o que vai dos burgueses europeos acomplexados cunha cara sórdida (non tan) oculta aos asiáticos exóticos que falan con fantasmas, pasando polo lumpen sudaca de favelas e pais que prostitúen fillas, o BAFICI asume o risco de outorgarlle protagonismo a dúas das tendencias máis fértiles da creación contemporánea. Dunha banda a experimentación e a vangarda, o cinema que sempre adiantou o futuro, que hoxe e coa democratización que supoñen os progresos tecnolóxicos acontece por igual na Costa da Morte e en Kuala Lumpur. Doutra, os filmes de xénero, tanto aqueles que encaixan de maneira canónica nas categorías clásicas como, sobre todo, os que xogan á reinterpretalas e transgredir as súas convencións. Películas unhas e outras presentes na maioría dos festivais, mais agachadas nun “culposo espacio de trasnoche” ou nun “bruñido corralito museístico”, como afirma o propio Panozzo no catálogo do BAFICI. O obxectivo, prosegue o director do certame, é “que la tibieza se quede afuera”: nada de “medio pelo”, nada de inspirar indiferenza. De aí a poñer unha de James Benning a concurso só había un paso.

Resulta lóxico que entre os cineastas presentes estea, e por partida dobre, o portugués João Pedro Rodrigues. Poucos representan coma el a evolución natural dende a cinefilia tradicional, alimentada en sesións da Cinemateca, cara a iso que se deu en chamar “mutacións do cinema contemporáneo”, idea máis fácil de empregar que de definir. Todos os seus filmes cultivan a redefinición dos xéneros, e aí está Morrer como um homem coma proba sublime, mais na súa obra última esa vontade resulta máis explícita. A curtametraxe Manhã de Santo António parece un filme de zombies, co seu desfile de mozos e mozas de volta á casa despois dunha noite de festa rachada. A precisa coreografía dos seus movementos, mecánicos e ausentes, conecta coa tradición do fantástico, mais Rodrigues non se queda na rutina da homenaxe e ofrece unha ollada viva sobre a mocidade e o conflito inherente a esa idade entre o individuo e o grupo, entre a afirmación da diferenza e a disolución dun mesmo no colectivo. Rodrigues deixou moi atrás a adolescencia e asume plenamente a súa distancia, mais non cae no desprezo reaccionario nin na nostalxia da enerxía perdida: do que se trata é de entender, Pessoa dixit, que é mellor non ir ao baile que “estar lá sem estar”. E iso concorda bastante ben co que di Marcelo Panozzo no texto introdutorio antes citado: “Prohibido salir en el mismo estado que uno entró. Nada de planchar en la fiesta”.

Na longametraxe codirixida con João Rui Guerra da Mata, A última vez que vi Macau, o xogo transxenérico é aínda máis radical. Non se fíen das primeiras impresións, a non ser que esas primeiras impresións sexan positivas, claro; deixen pasar as horas e os días e rumien a película, cuxa valía non fará máis que medrar. Isto foi o que escribín á volta de Locarno na revista Tempos Novos:

A decisión máis estraña do xurado, presidido por Apichatpong Weerasethakul, foi, porén, a de outorgarlle unha mención especial a un personaxe, a “Candy” que encarna a actriz Cindy Scrash n'A última vez que vi Macau, de João Pedro Rodrigues e João Rui Guerra da Mata, para a través dela recoñecer a importancia e a coraxe do cinema portugués nun tempo en que as dificultades financeiras serven de escusa para poñerlle barreiras á creación cultural. Estraña é a mención e estraño (e magnífico) é o filme, unha obra de inmensa riqueza que esixe ser pensada devagar. O que en orixe ía ser un documental sobre a colonia portuguesa acabou por transformarse nunha intriga criminal con espírito de serie B por medio das voces en off que outorgan sentido narrativo a unhas imaxes por veces desconcertantes. A última vez... é froito da mestura de dúas memorias, a persoal do codirector Guerra da Mata, que viviu en Macau parte da súa infancia, e a da ficción, o espazo exótico recreado e imaxinado por Josef von Sternberg (Macao, 1952). De aí nace tamén o diálogo coa historia do cinema, o xogo cos xéneros, co “film noir” mais tamén co glamour -necesariamente falso- do golden Hollywood, homenaxeado na fascinante primeira secuencia na que Cindy/Candy fai un playback do You kill me que Jane Russell cantaba no clásico de Sternberg, cunha gaiola con tigres coma insólito fondo. João Pedro e João Rui saltan do serio ao lúdico, móvense permanentemente entre o rexistro naturalista e a fantasía “pulp”, e crean unha ficción sen rostros, misteriosa e inquietante, feita da materia coa que se constrúen os soños.


Non é a única representación portuguesa; hai outra curtametraxe, Sinais de serenidade por coisas sem sentido, dirixida por Sandro Aguilar. Un enigma, como nel é habitual. Hai unha muller que traballa nun laboratorio, os nenos que ela coida cuxa nai morreu tres anos atrás, un home que recolle mostras, un submarinista... e aí ao fondo debe haber algo parecido a un relato, mais tan completamente desfeito que eu polo menos síntome incapaz de detectalo, nin falta que fai. Podería ser un filme post-apocalíptico con científicos que analizan plantas e bechos para descubrir mutacións: iso tanto dá. Vin o filme por primeira vez en Vila do Conde na véspera da súa estrea, nun pase privado de mañá coa gran sala ocupada unicamente polos cinco membros do xurado. Foi todo un escoitar os acordes do Saturno de Gustav Holst e notar unha sacudida a percorrer a espiña dorsal. E así até o final. Non entendín nada, mais canto me gustou! Volvín vela ao día seguinte, na proxección oficial, e a sensación foi idéntica: a mesma admiración ante a mesma beleza, ante tamaña exhibición de harmonía. En efecto, as coisas poden non ter sentido, mais o que queda son os sinais de serenidade.

Alfaias coma Macau, Manha... ou a de Sandro son inevitábeis en calquera festival serio. Mais non son eses os filmes que nos permiten entender de verdade o que é Vanguardia y género. Nin sequera a obra mestra deste BAFICI, Leviathan, a estas alturas xa unha obviedade, mais unha obviedade imprescindíbel da que haberá que falar de novo a conta da súa proxección no Indielisboa. As películas que definen mellor a liña deste feliz invento son Vamps e The Poor Stockinger, the Luditte Cropper and the Deluded Followers of Joana Southcott. Na próxima entrega tocará falar (ben) delas. Delas e de Tchoupitoulas.

Martin Pawley. E non, non houbo próxima entrega. A preguiza...

venres, 21 de setembro de 2012

Festival de Locarno 2012

Non é esaxerado dicir que o de Locarno é o festival de cinema máis prestixioso e importante entre os competitivos despois dos tres grandes, Cannes, Venecia e Berlín. Ese hipotético cuarto posto só podería disputarllo Rotterdam, mais Locarno gaña por antigüidade: con 65 edicións ás súas costas, só a Biennale pode presumir de máis experiencia. Cun amplo orzamento, camiño dos dez millóns de euros -tres máis có de Donostia-, Locarno xoga a ser ao mesmo tempo un certame cunha clara vocación autoral, que aposta por creadores emerxentes, e un gran acontecemento popular capaz de meter cada noite na Piazza Grande até oito mil persoas que pagan trinta francos por ver as películas e as estrelas (unhas máis que outras) convidadas, entre as que destacaban este ano Alain Delon, Kylie Minogue, Ornella Muti, Charlotte Rampling, Harry Belafonte e Gael García Bernal. En 2011, o festival suízo contabilizou 160 mil espectadores, unha cifra espectacular para unha vila de apenas quince mil habitantes (sesenta mil se contamos o núcleo veciño de Ascona).

Para analizar o papel que tivo e segue a ter Locarno como descubridor de grandes cineastas bastaría citar un único nome: Abbas Kiarostami. O verdadeiro recoñecemento internacional do mestre iraniano iniciouse alí en 1989 cos premios recibidos pola sensacional Onde está a casa do meu amigo?. Uns anos antes era a obra doutro tótem contemporáneo, Béla Tarr, a que se presentaba ao pé do Lago Maggiore, con Almanac of fall e The outsider. O bo ollo vén de vello e leva asociado á historia máis nobre do festival os nomes de Raoul Ruiz, Marco Bellocchio, Glauber Rocha, Edward Yang, Aleksandr Sokurov ou Pedro Costa.

Sirvan estas explicacións para poñer en valor a (histórica) presenza dun director galego, Eloy Enciso (Meira, Lugo, 1975), na selección oficial de Locarno (concurso “Cineastas do Presente”) con Arraianos, nunha edición na que ademais houbo espazo na competición internacional para Polvo do guatemalteco Julio Hernández Cordón, coproducida pola empresa da Coruña Tic-Tac, da que é responsábel Fernanda del Nido. Arraianos, eloxiada por críticos tan respectados coma Robert Koehler, Mark Peranson ou Roger Alan Koza, é un novo fito do cinema feito por creadores do noso país, que grazas a filmes coma este e antes Todos vós sodes capitáns, Vikingland ou La Brecha empeza a ser xa unha marca recoñecíbel con pegada nos principais festivais do mundo. Que aquí están pasando cousas de enorme interese cinematográficamente falando é xa unha evidencia para un gran número de xornalistas especializados e programadores.

O triunfador de Locarno 2012 foi o francés Jean-Claude Brisseau, Pardo d'Oro con La fille de nulle part, feito con pouco máis de sesenta mil euros, o diñeiro que conseguiu polos dereitos de emisión televisiva dunha película anterior. A decisión máis estraña do xurado, presidido por Apichatpong Weerasethakul, foi, porén, a de outorgarlle unha mención especial a un personaxe, a “Candy” que encarna a actriz Cindy Scrash n'A última vez que vi Macau, de João Pedro Rodrigues e João Rui Guerra da Mata, para a través dela recoñecer a importancia e a coraxe do cinema portugués nun tempo en que as dificultades financeiras serven de escusa para poñerlle barreiras á creación cultural. Estraña é a mención e estraño (e magnífico) é o filme, unha obra de inmensa riqueza que esixe ser pensada devagar. O que en orixe ía ser un documental sobre a colonia portuguesa acabou por transformarse nunha intriga criminal con espírito de serie B por medio das voces en off que outorgan sentido narrativo a unhas imaxes por veces desconcertantes. A última vez... é froito da mestura de dúas memorias, a persoal do codirector Guerra da Mata, que viviu en Macau parte da súa infancia, e a da ficción, o espazo exótico recreado e imaxinado por Josef von Sternberg (Macao, 1952). De aí nace tamén o diálogo coa historia do cinema, o xogo cos xéneros, co “film noir” mais tamén co glamour -necesariamente falso- do golden Hollywood, homenaxeado na fascinante primeira secuencia na que Cindy/Candy fai un playback do You kill me que Jane Russell cantaba no clásico de Sternberg, cunha gaiola con tigres coma insólito fondo. João Pedro e João Rui saltan do serio ao lúdico, móvense permanentemente entre o rexistro naturalista e a fantasía “pulp”, e crean unha ficción sen rostros, misteriosa e inquietante, feita da materia coa que se constrúen os soños.

Fóra do palmarés oficial, mais co consolo do premio FIPRESCI, quedou a gran obra mestra desta edición, Leviathan de Véréna Paravel (coautora, con J. P. Sniadecki, de Foreign parts) e Lucien Castaing-Taylor, o carismático, xeneroso e admirábel director do Film Study Center e o Sensory Etnography Lab da Universidade de Harvard, que visitou Galicia hai dous anos para presentar, no marco da Mostra de Ciencia e Cinema, o fabuloso western documental Sweetgrass, codirixido por Ilisa Barbash. Leviathan manexa gravacións feitas por pescadores da costa de New Bedford: os directores proporcionáronlles unha ducia de pequenas cámaras dixitais e con elas obtiveron perto de dúascentas horas de vídeo que rexistran o seu épico labor cotiá. A montaxe e o tratamento dese material é sublime; as imaxes -abruptas, granulosas, forzadas, violentas, case mareantes- adquiren na pantalla grande unha beleza sobrenatural. Imaxes sobre a auga e por debaixo da auga. O barco, o mar, a noite. A rutina do traballo, durísimo; os homes, os peixes, as gaivotas. Un festín visual e sonoro, unha experiencia hipnótica: o triunfo do expresionismo abstracto na era do hiperrealismo da alta definición.

Martin Pawley. Artigo publicado no número de agosto da revista Tempos Novos.

luns, 17 de setembro de 2012

Curtas 2012: El año de los portugueses

Curtas Vila do Conde cumplió veinte años y lo celebró otorgando más peso que nunca a la producción portuguesa, no sólo en la competición sino también a través del reforzado Campus/Estaleiro, que promovió la producción de documentales realizados por Pedro Flores, Luís Alves de Matos, João Canijo (multitudinario el estreno de Obrigação) y Graça Castanheira, a los que se sumarán en breve Gonçalo Tocha y el dúo de cineastas João Rui Guerra da Mata y João Pedro Rodrigues. Esta mayor presencia del cine nacional tuvo su reflejo en el palmarés, que incluyó hasta cuatro filmes: A comunidade de Salomé Lamas, simpático retrato de lo cotidiano de un camping como espacio de libertad domesticada; A cidade e o Sol de Leonor Noivo, típico ejercicio deambulante con la pérdida de un ser querido como eje; Os vivos também choram de Basil da Cunha, ficción con giros oníricos sobre un trabajador portuario y su anhelo de marchar a Suecia que puede verse como una representación (quizás un poco tosca) del Portugal de hoy; y el mejor de todos los vistos en el festival, la “película de zombies” del ya citado João Pedro Rodrigues, Manhã de Santo António.

Después de una larga noche de fiesta, la más popular de Lisboa, multitud de jóvenes regresan a sus casas, resacosos. Salen del metro (literalmente del subsuelo) y caminan como autómatas, con movimientos perfectamente coreografiados; no se detienen ante ninguna clase de obstáculos, son los coches los que frenan ante ellos, y a su paso incluso saltan las alarmas. En una escena emblemática, una muchacha avanza hacia un estanque contemplando su imagen reflejada en el móvil y acaba por hundirse completamente en el agua. En estas imágenes perturbadoras hay un inteligente diálogo con el género fantástico, pero lo más importante es como Rodrigues rehuye el peligro potencial de una visión reaccionaria y nihilista de la juventud. Antes al contrario, el director reconoce la distancia ya insalvable que lo separa y juega con la contradicción permanente, esencial en esa edad, entre la reivindicación del ego y la necesidad de integrarse (y diluirse) en el colectivo; de afirmarse como individuo y “diferente” y, a la vez, asumir una identidad como parte de un grupo. Como rezan los versos de Pessoa que cierran de forma harto elocuente el corto, si no vas a bailar es mejor no ir al baile, “estar allí sin estar”.

Quedó sin premio el otro gran filme portugués de Vila do Conde, también con toque fantástico, diríase que post-apocalíptico, Sinais de serenidade por coisas sem sentido, sublimación del talento poco común de Sandro Aguilar para crear obras hipnóticas (y con frecuencia, este es el caso, ininteligibles). El triunfador fue, con fácil consenso, A story for the Modlins, brillante (no del todo) falso documental de Sergio Oksman. A partir de material fotográfico y videográfico encontrado literalmente en la calle, y con la colaboración como guionistas de Emilio Tomé y Carlos Muguiro, Oksman fabula sobre el retiro español de la familia americana del título y sus inquietantes proyectos artísticos. Por novelesca que sea una vida, lo que queda de ella, al final, puede no ser más que un conjunto de objetos tirados a un contenedor de basura.

Martin Pawley. Publicado no número 8 (setembro de 2012) da revista Caimán Cuadernos de Cine.

venres, 18 de novembro de 2011

Alvorada vermelha



En el clásico de Josef von Sternberg Macao Robert Mitchum y Jane Russell se conocían gracias a un zapato de tacón que la actriz lanzaba al aire para deshacerse de un amante sobón (y no pasaba más de un minuto de película antes de que se besaran apasionadamente). A Jane Russell va dedicado el corto Alvorada vermelha, que comienza con un elegante zapato alto abandonado al cual un camión le pasa por encima. Los zapatos, eso sí, no sangran. Es bueno recordarlo, porque si algo abunda en esta película es sangre. Hay mucha, y no es en absoluto gratuita.

Los cineastas portugueses João Pedro Rodrigues (Morrer coma un homem) y João Rui Guerra da Mata registran una jornada cualquiera en el Mercado Vermelho de Macao, un espacio de exótico atractivo. Veremos como se pone todo en marcha, desde la llegada, aún de noche, de los proveedores de productos, a la minuciosa preparación de los mostradores, que se irán llenando poco a poco. Aves vivas de toda condición serán degolladas y desplumadas delante de nuestros ojos con precisión rítmica; los peces llegarán en cestos para ser abiertos en canal con talento quirúrgico, y así asistiremos a las últimas sacudidas de sus cuerpos reducidos casi a la mitad. Inevitable recordar a George Franju y Le sang des bêtes, pero lo cierto es que esta Alvorada va en otra dirección. Es un documento antropológico de excepcional belleza, sí, pero también una fantasía con sirenas sumergidas en tanques y -sobre todo- un tributo vitalista a un mundo que se extingue, muy alejado de nuestro presente de poliespán.

Martin Pawley. Artigo publicado no xornal do Festival de Xixón do venres 18 de novembro de 2011. Podedes descargar o arquivo nesta ligazón (PDF, 3,4MB).