En maio
presentouse no Festival de Cannes unha nova copia de
Sierra de Teruel de André Malraux, única incursión no cinema do escritor, premio Goncourt por
A condición humana, e dez anos ministro de cultura na etapa De Gaulle. Coa súa novela
L’Espoir como guía, Malraux iniciou en xullo de 1938 en Cataluña un filme sobre a Guerra Civil en plena Guerra Civil coas inmensas complicacións que relatou María Luz Morales en
Alguien a quien conocí. Foi preciso traer de Francia “non só a fita virxe, senón pantallas, lámpadas, obxectivos, focos, carbóns para arcos voltaicos, carros para travellings e mesmo a maquillaxe para os intérpretes”, escribiu, mais canda iso estaban “as alarmas, as interrupcións na rodaxe, cos cortes de corrente eléctrica impostos polos bombardeos” e “a necesidade de revelar os negativos en París”, coas correspondentes demoras e esperas. O avance do exército franquista parou a filmación, que finalizou en París nos estudos de Joinville. Coa Segunda Guerra Mundial de por medio, a película foi prohibida e non se estreou até 1945 cunha montaxe un pouco diferente da concibida por Malraux; a restauración devolve agora as cousas ao seu sitio.
Para alén de expoñer un coñecemento directo da rodaxe, nas páxinas en que María Luz Morales relatou os recordos daquelas semanas di que un día descubriu na Praza de España en Barcelona un rapaz desaliñado que citou para o día seguinte no estudo de Montjuic, o cal sinala algún grao de colaboración na fráxil produción. Mais ela non era a única persoa da Coruña naquela odisea. No filme ten presenza con dereito a frase Serafín Ferro, figura fascinante e misteriosa cuxa biografía, chea de ocos, foise apuntalando a partir de noticias soltas, referencias de xente que o tratou e algún que outro dixomedíxome (...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario