martes, 25 de marzo de 2014

Proxecto NIMBOS: A beleza feriume para sempre (Antonio Caeiro, 2014)



Curtametraxe de Antonio Caeiro para o Proxecto NIMBOS, serie de filmes inspirados nos poemas do libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014. Coa participación do pintor Celso Varela.

Coma unha espada

Tódolos ríos pasan pola miña
alma, cheos de Deus, música e lapas.
Todas as pombas fan o meu amor.
A beleza fireume para sempre.

Ó traveso da escura teadaraña
deste mundo unha estrela cai no río
da miña vida e quédame chamando.
A beleza fireume para sempre.

En cada voz eu óio unha chamada
cun longo eco de adéus que non entendo,
pro que me fire coma espada ardendo.
A beleza fireume para sempre.

I as falopas dos anos van caendo
sobra sede inmortal i os ollos tristes,
pro no enterran a boca da ferida!
A beleza fireume para sempre.

Nimbos, Xosé María Díaz Castro.
Poema reproducido da edición bilingüe publicada en 1982 por Editora Nacional, con supervisión e tradución ao castelán do autor.

1 comentario:

  1. Outra obra maestra do noso paisano Antonio Caeiro. Que sorte teñen este ano no día das letras galegas con colaboracións coma estas

    ResponderEliminar