Cada certo tempo aparece unha obra mestra do subxénero do cinema de mafia: The Godfather (El padrino, Francis Ford Coppola, 1972), Once Upon a Time in America (Érase unha vez en América, Sergio Leone, 1984), Casino (Casino, de Scorsesse, Martin Scorsesse, 1995)... mais Gangster Squad (Brigada de élite, Ruben Fleisher, 2013) non é unha delas.
Inspirada na historia real da creación dunha brigada policial entre as décadas de 1940 e 1950 na cidade de San Francisco para loitar contra o mafioso Mickey Cohen, o filme confía de máis na presenza dos actores (Josh Brolin, Ryan Gosling, Nick Nolte, Emma Stone, Sean Penn, Giovanni Ribisi) deixando desatendido o guión.
Agás un par de frases, pouco máis deixa de recordo esta Gangster Squad, que, por outra banda si que me deixa con ganas de ver a Josh Brolin en Oldboy (Spike Lee, 2013). Nota: non poño notas.
Ifrit
Ningún comentario:
Publicar un comentario