A extrema (e gozosa) liberdade do Nós por cá... era un elo máis da carreira dunha figura esencial da cultura ao sur do Miño. Onte morreu aos 76 anos Fernando Lopes: perdemos a un dos pais do Novo Cinema e ao autor dunha película capital que adoita aparecer citada entre as mellores do cinema portugués, o punxente documental Belarmino.
xoves, 3 de maio de 2012
Fernando Lopes (1935-2012)
Un dos títulos que Miguel Gomes escolleu para formar parte da "carta branca" que no verán de 2009 lle ofreceu o CGAI foi Nós por cá todos bem, a primeira longametraxe que fixo Fernando Lopes despois do 25 de abril. Para min foi unha gratísima sorpresa: Nós por cá... combinaba documental e ficción, introducía a propia rodaxe do filme e mesturaba os actores profesionais cos veciños dunha vila portuguesa dun xeito insospeitadamente audaz. Revelábase coma un referente obvio do Aquele querido mês de agosto, e nese recoñecemento había, tamén, un xesto de xenerosidade por parte do Miguel.
A extrema (e gozosa) liberdade do Nós por cá... era un elo máis da carreira dunha figura esencial da cultura ao sur do Miño. Onte morreu aos 76 anos Fernando Lopes: perdemos a un dos pais do Novo Cinema e ao autor dunha película capital que adoita aparecer citada entre as mellores do cinema portugués, o punxente documental Belarmino.
A extrema (e gozosa) liberdade do Nós por cá... era un elo máis da carreira dunha figura esencial da cultura ao sur do Miño. Onte morreu aos 76 anos Fernando Lopes: perdemos a un dos pais do Novo Cinema e ao autor dunha película capital que adoita aparecer citada entre as mellores do cinema portugués, o punxente documental Belarmino.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario