Os dous premios Goya que obtivo o filme Arrugas e o galardón no apartado de curtas para Birdboy foron amplamente celebrados pola prensa galega e mesmo pola Xunta, co presidente Feijoo disposto a comparar Galicia con Hollywood no ámbito da animación. A cruel realidade, porén, é que un filme coma Arrugas dificilmente alcanzará en salas comerciais a cifra de trinta mil espectadores, un resultado típico do pobre estado actual do mercado cinematográfico en España que en modo algún pode considerarse satisfactorio. Estréanse títulos a feixes, mais a maioría fican condenados a unha total invisibilidade fóra dunhas poucas grandes cidades. É un momento de crise -máis alá da financeira- que obriga a repensar os modelos de produción, distribución e exhibición: o século XX queda moi lonxe. Ao mesmo tempo, en Galicia vivimos un momento de esplendor creativo, con cineastas do país presentes en festivais internacionais, do Xurxo Chirro de Vikingland (Marsella, Mar del Plata, FICUNAM) ao Marcos Nine de La Brecha (BAFICI). As boas noticias seguen (e seguirán) con autores coma Xacio Baño (coa curta Anacos a concurso en Las Palmas) ou Lois Patiño, que ultima a longa Ecos da paisaxe. Hai vida máis alá de Todos vós sodes capitáns: o noso deber agora é darlles a todos eles oportunidade de existir.
Martin Pawley
Artigo escrito para o número de marzo da revista Tempos Novos.
Mellor non comparemos espectadores de "Arrugas" con espectadores de Xacio Baño...
ResponderEliminarEres un auténtico proselitista psicópata. Te imagino en una cena romántica con alguna desgraciada de tu taller de cine, sepultándola en datos del box office portugués, desgranando los entresijos del found footage de Vikingland o babeando mientras cintas las insoportables pedanterías susurradas de Laxe. Luego, en vez de urdir algún sucio plan para traginártela como cualquier bicho viviente, le propondrías una escapadita a Porto para comtemplar por enésima vez esa joya visionaria que ya había cambiado la historia de el cine antes siquiera de que a ese dandy bujarrón de Gomes se le ocurriera ¡Lárgate a Portugal maldito hijo de puta!
ResponderEliminarEn que estudio gallego se hizo "Arrugas"...
ResponderEliminarDe animacion se sobre entiende. Son dibuixos catalans...
ResponderEliminarEn "Arrugas", aínda que se animase en Catalunya, había moitos galegos implicados. É mellor deixar de lado tanto chovinismo e tanta etiqueta, que iso mesmo é o que nos impide que pensemos no noso cinema como algo internacional e como unha industria. Cultural, si, pero unha industria.
ResponderEliminarNon se pode estar presumindo de como o Novo Cinema Galego acada repercusión internacional e seguir pensando na produción de cinema como algo que debe facerse exclusivamente dentro das nosas fronteiras, es imposible.
Sinceramente creo que son dúas cousas distintas. Arrugas é unha boa producion que aínda cree nun modelo que non da muito máis de si por todo o que botou por terra o pernicioso da industria. Por outra banda existen novas maneiras de facer CINEMA (si, con maiúsculas, que ninguén o esqueza) aínda que sexa feito co mínimo de recursos, iso si co máximo de liberdade. E insisto, estas novas maneiras merecen un respecto, os éxitos en festivais poden ser un baremo tan bo como o acontecer na billeteira. O da etiqueta pois sí poderá ser unha fanfarronada, mais xa cumpliu de sobra o seu papel.
ResponderEliminarEs curioso, la dirección IP de los comentarios firmados por Red Baron y Outono tardío es la misma.
ResponderEliminarBuff! Pois así vai o tema. Sobran comentarios!
ResponderEliminarRed Baron, acepto que me insulte chamándome "hijo de puta", "psicópata" e o que lle pareza. A min, e só a min. O que me ofende de verdade é o insulto a terceiras persoas: os asistentes ao taller do Fórum ("desgraciadas") e cineastas e amigos coma Oliver Laxe (o das "insoportables pedanterías susurradas") e Miguel Gomes ("dandy bujarrón", aí queda iso!). Son frases tan vulgares e soeces, escritas ademais dende a covardía de quen non se identifica para facelo, que merecerían ser eliminadas; mais ao mesmo tempo descalifícanse soas, así que penso que é xusto que se manteñan á vista.
ResponderEliminarComo unha das desgraciadas ás que alude Red Baron gustaríame comentar, simplemente, que me parece de persoas ben covardes e ruíns ir escribindo todo tipo de comentarios insultantes amparándose no anonimato. É intolerábel desde todo punto de vista. Solicito da persoa que administra o blog que elimine inmediatamente esta entrada. Estou en contra de todo tipo de censura, agás a da mala educación.
ResponderEliminarPara seguir coa conversa, que me interesa, aclaro que aínda que veñan dende o mesmo router (e por tanto, a mesma IP), se hai dous nicks distintos é porque somos dúas persoas distintas. Non espero que o crean, pero se queren continuar co debate coma min, é o que hai.
ResponderEliminarA Xurxo González: Non sei exactamente as cifras de "Arrugas", pero non creo que sexa "un modelo que non da muito máis de si" cando acadou unha resposta moi positiva en festivais e, supoño, está máis que rentabilizada. O Novo Cinema Galego merece respeto, sí, tanto como o merece "Arrugas" e proxectos de similar índole; facer estas comparacións resulta contraproducente e non axuda nada a defender o Cinema Galego, sexa Novo, Vello ou en minúsculas. Aquí é necesaria tanto unha relevancia cultural como a persistencia dun modelo económico, porque sen unha non pode existir a outra, iso é o que tenemos que considerar: que a diversidade é máis importante.
Outono tardío, se quere seguir cordialmente coa conversa, imaxino que non lle importará deixar un correo electrónico válido que o identifique no sucesivo, tal e como se recomenda na advertencia que aparece ao final da columna esquerda deste blog.
ResponderEliminarPolo demais, no artigo de Tempos Novos non desmerecín en modo ningún os méritos de ARRUGAS, nin lle nego o dereito a existir. Limiteime -e xa llo dixera antes a María Arochena, da produtora Perro Verde, neste encontro promovido por La Opinión- a constatar o feble estado de saúde do mercado do cinema en España, e o feito innegábel de que un filme coma ese neste momento só pode aspirar a unhas recadacións moi modestas en comparación ao que sería desexábel. Está ben falar de "industria", mais fagámolo en serio, sendo conscientes dos números reais do negocio. Sabendo que unha película teoricamente comercial de Gerardo Herrero que estrea con 173 copias, caso de SILENCIO EN LA NIEVE, fai trescentos mil dólares menos en España que un filme "de autor" coma LE HAVRE de Aki Kaurimäki, que moveu pouco máis de trinta copias. Cal é o éxito e cal o fracaso? Debéselle pedir o mesmo a todos, independentemente de que uns manexen uns miles de euros e outros se apoien en orzamentos millonarios? Cantos filmes españois son "estritamente comerciais" e funcionarían unicamente co que obteñen pola súa explotación, sen depender de axudas, incluídas, claro, as de amortización? Debe ser o número de espectadores en España o único criterio a avaliar? Non deberíamos computar "algo" a repercusión internacional dun filme, en función da publicidade que esa difusión supón para o conxunto da cinematografía?
É certo que "Arrugas" só pode aspirar a unha recaudación modesta, pero teña en conta que non é precisamente un producto pensado na clave de Pixar ou algo semellante: é unha historia sobre a terceira ideade e o Alzheimer, está orientada a un obxectivo de público concreto e limitado e estou seguro que os seus responsables son plenamente conscintes diso.
ResponderEliminarAínda que entendo a comparación que fai entre Herrero e Kaurismaki (non fai falla decir que quédome co finlandés de largo), creo que resulta un pouco capciosa, porque por cada exemplo semellante podense comparar ducias de contraexemplos, fai máis diñeiro "Torrente IV" que "Tournée"... ¿e qué?
Para min, o "éxito" dunha película depende das súas intencións: se o obxectivo é xerar un beneficio, é igual que sexa en taquilla ou en prevendas; se o obxectivo é algo máis, digamos, "inmaterial" (divulgación, reflexión, contido cultural... xa sabe ao que me refiro, tendo a explicarme moi mal) o que recauda debería ser irrelevante.
É certo que fai falla unha reforma sustancial dos sistemas de subvencións actuais, non estou dacordo, por exemplo, a que se reciban axudas por ter máis espectadores, é un contrasentido. Pero entenda que falar de "Arrugas" en función da súa taquilla (que, insisto, non compón o groso dos beneficios) e comparala con un tipo de cine que nin procura o mesmo nin ten nada que ver coa taquilla e un sinsentido.
Non, ARRUGAS non xoga na mesma división que Pixar, mais non vexo razón para que non acadara un resultado próximo ao de LE HAVRE, por exemplo, pois o seu lanzamento foi, en número de copias, moi semellante. Infelizmente non é así, e non é unha crítica nin aos autores do filme nin á produtora nin á distribuídora; mais seguro que todos eles "soñaron" nalgún momento que unha obra con boa acollida crítica e baseada nun comic de culto podería ter un resultado razoabelmente bo. Pero a realidade é a que é, e seguro que todos eles son os primeiros en entendelo e aceptalo.
ResponderEliminarA comparación TORRENTE / TOURNÉE non é un contraexemplo, antes polo contrario, reforza a miña visión dos feitos. TORRENTE é un filme de elevado orzamento que aspira a ser moi comercial e resulta moi comercial, a diferenza de moito cinema español que presume de ser "un éxito" e que á hora da verdade nin fu nin fa (e nalgúns casos acaban levando centos de miles de euros en axudas de amortización). Benvidos sexan os éxitos de público (TORRENTE) e os éxitos no ámbito da crítica e os festivais (e váleme ARRUGAS, por suposto, mais tamén filmes feitos á marxe do sistema, coma VIKINGLAND). A cuestión está no que "queda no medio".
A comparación "Arrugas"/"Le Havre" segue sendo moi inxusta: Kaurismaki ten o seu público ben definido, é un autor recoñecido, viña de recibir magníficas criticas en Cannes... en cambio "Arrugas" é unha película animada para adultos, que xa xenera un prexuicio, sen grandes nomes detráis.
ResponderEliminarNo segundo párrafo, estou dacordo: hai un cine en España que só se sostén por medio do propio sistema, sen un obxectivo claro entre taquilla, crítica, festivais ou calquer outra ventá. O problema é equiparar ese tipo de cine co sistema de produción, e dicir, o contido (mediocre e sen interese) co orzamento (producións modestas pero non baratas); hai que protexer as producións modestas e condear as películas sen obxectivos, esa diferencia hai que facela.
Imos ver como está de definido o público de Aki Kaurismäki en España:
ResponderEliminarARIEL (1988): 16829 espectadores
LENINGRAD COWBOY GO AMERICA (1989): 16320 espectadores
LA CHICA DE LA FÁBRICA DE CERILLAS (1990): 20987 espectadores
CONTRATÉ UN ASESINO A SUELDO (1990): 35640 espectadores
LA VIDA DE BOHEMIA (1994): 14960 espectadores
NUBES PASAJERAS (1996): 14042 espectadores
UN HOMBRE SIN PASADO (2002): 97817 espectadores
LUCES AL ATARDECER (2006): 32109 espectadores
LE HAVRE (2011): até o domingo pasado, 97919 espectadores
Como pode comprobar, ARRUGAS vai ter máis espectadores que varios dos filmes de Kaurismäki en España, por exemplo NUBES PASAJERAS, que tamén aspirou á Palma de Ouro en Cannes. A comparación non era, pois, tan inxusta.
Acabo de ler o comentario que Red Baron fai descualificando as opinións de Pawly dun xeito tan casposo, permítaseme a licenza. Sei que hoxe en día o politicamente correcto sería non darlle importancia e pasar do asunto cando se trata, como é o caso, de ruindades ditas amparadas no anonimato. Aínda que non merece a pena perder moito tempo coa teima, hai que pararse un pouco e tratar de atallar estas saídas de ton que intentan estragar o discorrer deste blog.
ResponderEliminarXa ven, a estas alturas da película un grupo de mulleres teñen que aguantar comentarios machistas polo mero feito da asistencia a un curso que imparte un monitor co cal o devandito non está de acordo.
Unha cousa é certa, Red como guionista non ten futuro, imaxinen o que describe como escena, xa que falamos de cine:
O noso protagonista, un home culto e cunha esmerada educación, intentado levar ao leito a unha das que chama desgraciadas “sepultándola en datos del box office portugués, desgranando los entresijos del found footage de Vikingland o babeando mientras cintas las insoportables pedanterías susurradas de Laxe”, mmmmmm, non semella que poda ter un final feliz o conto. Case que vexo o guión máis rematado se o chico lle fala de Nove semanas e media ou Pretty woman, segundo o día.
O que non me cadra e que se aprecia tanto a sensibilidade xaponesa (Yasujiro Ozu, Akio Sakai, supoño) sexa capaz de perder tanto a compostura.
O meu desexo dun estupendo domingo de cine.
Atticus, quérolle facer dous comentarios:
ResponderEliminarO primeiro, en reiteración o que xa comentei neste fío; que Red e máis eu non somos a mesma persoa. É tan sinxelo como saber que, se o que quisexe e poñer o comentario de Red, faríao no primeiro comentario, que al fin e ao cabo e igualmente anónimo. Cambiei o enderezo electrónico cando o pediu Pawley como xesto de boa vontade.
O segundo, é que sorpréndeme que acuse ao comentario de Red de machista (non entro en iso, non pretendo defendelo) e logo fale das mulleres como se o único que lles interesase fosen películas románticas. Floxo favor que lle fai ao feminismo.
Ahora, Pawley:
Estou desconcertado. ¿Qué é exactamente o que defende, entón? ¿Qué hai algúns films de Kaurismaki que teñen máis éxito que Arrugas e outros non? Hai moitas circunstancias ahí para analizar, moitas variables. ¿Canto fixo cada unha desas películas de Kaurismaki en función do número de copias? ¿Como foi a campaña publicitaria ou canta repercusión tiveron en medios? ¿Contra que outra oferta competían? Neses datos se reflicte, por exemplo, como hai unha ascensión notable nos 90 para volverse a estabilizar á baixa, o que se pode interpretar que acadou certa popularidade entón como autor que Arrugas (sendo unha obra primeriza e non tendo tanto peso no autor que hai detráis) non puido achegar. Unha produción é algo moi complexo como para analizala tan á lixeira.