mércores, 1 de abril de 2020

En la ciudad nunca se ven las estrellas

Eça de Queirós encontró en el cielo estrellado una ventana para experimentar la unidad del universo.

* * *

Aunque Rosalía de Castro, de quien hablamos el mes pasado, no viajó nunca a Portugal, su obra fue conocida en el país vecino ya en vida de la autora. Cantares gallegos formaba parte de la biblioteca de Antero de Quental, pero su mayor admirador pudo ser Eça de Queirós, una de las figuras esenciales de las letras portuguesas. Su propia hija le explicó al experto en la obra rosaliana Alberto Machado da Rosa que la escritora gallega había sido «una de las más profundas devociones literarias» de Eça, cuyos versos era capaz de recitar de memoria. Dos versos del poema Airiños, airiños aires se citan en una de sus novelas, A Capital: «Doces galleguiños aires, / quitadoiriños de penas».

Nacido en Povoa de Varzim en 1845, José Maria de Eça de Queiroz fue diplomático además de escritor y como tal vivió en La Habana, Newcastle, Bristol y París, ejerciendo como cónsul. O crime do Padre Amaro, O Mandarim, Os Maias o A ilustre casa de Ramires son algunas de sus novelas más destacadas, pero hoy quiero destacar otra, A cidade e as serras, que se publicó en 1901, un año después de su muerte. A cidade e as serras desarrolla una trama y un personaje antes presente en un cuento excepcional, Civilização. El protagonista, Jacinto, vive en la ciudad rodeado de lujos y de las más notables manifestaciones del progreso y la cultura, pero eso no le impide ser profundamente infeliz. Jacinto decide abandonar la ciudad para ir al campo, a las «serras» del título, un mundo más primitivo, apegado a los ritmos naturales. Entre el entusiasmo tecnológico y la fascinación bucólica hacia la naturaleza, Jacinto alcanza un punto de equilibrio. Y en ese equilibrio está presente la belleza y el misterio del firmamento nocturno:

«En la Ciudad (como notó Jacinto) nunca se ven, ni se recuerdan, los astros, por causa de los faroles de gas o de los globos de electricidad que los ofuscan. Por eso (como yo apunté) nunca se entra en esa comunión con el Universo que es la única gloria y el único consuelo de la Vida. Pero en la sierra, (…) un Jacinto, un Zé Fernandes, libres, bien cenados, fumando en el saliente de una ventana, miran las estrellas y las estrellas miran hacia ellos. (…) En este instante, otros Jacintos, otros Zés Fernandes, sentados en las ventanas de otras Tormes, contemplan el cielo nocturno y en él un pequeñito punto de luz, que es nuestra Tierra que tanto sublimamos. (…) Por tanto, todos nosotros, Habitantes de los Mundos, en las ventanas de nuestros caserones, más allá de los Saturnos, o aquí en nuestra pequeña Tierra, constantemente completamos un acto sacrosanto que nos penetra y nos une, que es sentir en el Pensamiento el núcleo común de nuestras modalidades, y así concebir por un momento, dentro de la Consciencia, la Unidad del Universo.» 

Martin Pawley. Artigo publicado na sección «La noche es necesaria» da Revista Astronomía, nº 250, abril de 2020. 

* * *

Fragmento orixinal completo d'A cidade e as serras en portugués:

«Na Cidade (como notou Jacinto) nunca se olham, nem lembram os astros–por causa dos candeeiros de gás ou dos globos de electricidade que os ofuscam. Por isso (como eu notei) nunca se entra nessa comunhão com o Universo que é a única glória e única consolação da Vida. Mas na serra, sem prédios disformes de seis andares, sem a fumaraça que tapa Deus, sem os cuidados que como pedaços de chumbo puxam a alma para o pó rasteiro–um Jacinto, um Zé Fernandes, livres, bem jantados, fumando nos poiais de uma janela, olham para os astros e os astros olham para eles. Uns, certamente, com olhos de sublime imobilidade ou de sublime indiferença. Mas outros curiosamente, ansiosamente, com uma luz que acena, uma luz que chama, como se tentassem, de tão longe, revelar os seus segredos, ou de tão longe compreender os nossos…
–Oh Jacinto, que estrela é esta, aqui, tão viva, sobre o beiral do telhado?
–Não sei… E aquela, Zé Fernandes, além, por cima do pinheiral?
–Não sei.
Não sabíamos. Eu, por causa da espessa crosta de ignorância com que saí do ventre de Coimbra, minha Mãe espiritual. Ele, porque na sua Biblioteca possuía trezentos e oito tratados sobre Astronomia, e o Saber, assim acumulado, forma um monte que nunca se transpõe nem se desbasta. Mas que nos importava que aquele astro além se chamasse Sírio e aquele outro Aldebarã? Que lhes importava a eles que um de nós fosse Jacinto, outro Zé? Eles tão imensos, nós tão pequeninos, somos a obra da mesma Vontade. E todos, Uranos ou Lorenas de Noronha e Sande, constituímos modos diversos de um Ser único, e as nossas diversidades esparsas somam na mesma compacta Unidade. Moléculas do mesmo Todo, governadas pela mesma Lei, rolando para o mesmo Fim… Do astro ao homem, do homem à flor do trevo, da flor do trevo ao mar sonoro–tudo é o mesmo Corpo, onde circula, como um sangue, o mesmo Deus. E nenhum frémito de vida, por menor, passa numa fibra desse sublime Corpo, que se não repercuta em todas, até às mais humildes, até às que parecem inertes e invitais. Quando um Sol que não avisto, nunca avistarei, morre de inanição nas profundidades, esse esguio galho de limoeiro, em baixo na horta, sente um secreto arrepio de morte:–e, quando eu bato uma patada no soalho de Tormes, além o monstruoso Saturno estremece, e esse estremecimento percorre o inteiro Universo! Jacinto abateu rijamente a mão no rebordo da janela. Eu gritei:
–Acredita!… O sol tremeu.
E depois (como eu notei) devíamos considerar que, sobre cada um desses grãos de pó luminoso, existia uma criação, que incessantemente nasce, perece, renasce. Neste instante, outros Jacintos, outros Zés Fernandes, sentados às janelas doutras Tormes, contemplam o céu nocturno, e nele um pequenininho ponto de luz, que é a nossa possante Terra por nós tanto sublimada. Não terão todos esta nossa forma, bem frágil, bem desconfortável, e (a não ser no Apolo do Vaticano, na Vénus de Milo e talvez na Princesa, de Carman) singularmente feia e burlesca. Mas, horrendos ou de inefável beleza; colossais e de uma carne mais dura que o granito, ou leves como gazes e ondulando na luz, todos eles são seres pensantes e têm consciência da Vida–porque decerto cada Mundo possui o seu Descartes, ou já o nosso Descartes os percorreu a todos com o seu Método, a sua escura capa, a sua agudeza elegante, formulando a única certeza talvez certa, o grande Penso logo existo. Portanto todos nós, Habitantes dos Mundos, às janelas dos nossos casarões, além nos Saturnos, ou aqui na nossa Terrícula, constantemente perfazemos um acto sacrossanto que nos penetra e nos funde–que é sentirmos no Pensamento o núcleo comum das nossas modalidades, e portanto realizarmos um momento, dentro da Consciência, a Unidade do Universo!
–Hein, Jacinto?…”

domingo, 22 de marzo de 2020

O CGAI reivindica a obra das pioneiras do cinema

Desde que naceu o cinema a finais do século XIX houbo mulleres directoras. E aínda nos anos 10 e 20 a presenza de mulleres detrás das cámaras e mesmo en postos moi destacados dentro da industria fílmica nos Estados Unidos non era un feito excepcional, como si sucedeu a partir da chegada do cinema sonoro. Un ciclo que se estenderá ao longo dos próximos meses no CGAI-Filmoteca de Galiza recupera a varias das cineastas pioneiras e ofrece algunhas das súas obras máis valiosas. Arranca a cuarta feira, 11 de marzo, cunha escolma de curtametraxes de Alice Guy-Blaché.


Algie the Miner (Alice Guy-Blaché, 1912)
É natural empezar con Alice porque ela, literalmente, estaba ao principio de todo. Naceu en 1873 na comuna de Saint-Mandé, perto de París. Aprendeu mecanografía e estenografía e púxose a traballar como secretaria nunha empresa dedicada á fabricación de cámaras, a Comptoir géneral de photographie, que en xuño de 1895 foi adquirida por Leon Gaumont. Na altura as imaxes animadas xa eran unha realidade comercial en América grazas ao aparello inventado pola factoría Edison, o kinetoscopio, que permitía o visionado individual de escenas, mais o que cambiou todo para sempre foi a presentación, en decembro daquel 1895, dun novo invento, o cinematógrafo dos irmáns Lumière. O que podía parecer unha simple curiosidade científica revelouse axiña como a peza chave para un novo tipo de espectáculo público: a reunión dun grupo grande de persoas para contemplaren xuntas imaxes proxectadas nunha pantalla. O cinema, en suma.

De secretaria a directora
Gaumont non tardou en comprender que a súa empresa debía orientarse tamén a ese negocio. E mal non lle foi, até o punto de que a produtora segue en activo e presume de ser a máis antiga do planeta, facendo películas “desde que o cinema existe”, como reza o seu lema. Nesa tarefa Alice Guy pasou a ter unha participación fundamental: a secretaria converteuse en realizadora cunha primeira curta xa en 1896, A fada dos repolos. Desde ese momento e até 1906 dirixiu ou supervisou directamente a creación de varios centos de filmes como xefa de produción da compañía, ensaiando diversas técnicas, trucos e rexistros artísticos, desde as típicas “danzas serpentinas” a, sobre todo, as ficcións breves en ton de comedia, como A boa absenta (1899) ou Cirurxía fin de século (1900), mais tamén obras non narrativas que exploraban puramente o pracer visual das imaxes, como Efectos do mar (1906).
Os filmes foron gañando minutos de duración e iso permitía alardes de produción como a media hora d’A vida de Cristo (1906), con grande variedade de escenas e decorados e multitude de extras. Fronte ao ton necesariamente grave da paixón de Cristo, resulta máis gozosa a contemplación de curtas máis leves e retranqueiras como As consecuencias do feminismo, As xerarquías do amor ou a divertidísima O piano irresistíbel, feitas nuns anos nos que tamén ensaiou o uso do son sincronizado en grande número de “fonoescenas” que deixaron rexistrado para sempre o oficio de artistas de variedades célebres en Francia na época como Felix Mayol ou Dranem.
En 1907 Alice Guy casou cun compañeiro da compañía, Herbert Blaché. A parella emigrou aos Estados Unidos para facerse cargo dunha franquía da sección dedicada ás curtas sonoras, Cronophone. A poderosa influencia de Edison foilles poñendo atrancos á produción e por culpa diso o estudio americano da Gaumont quedou infrautilizado, o cal foi a escusa perfecta para que Alice e Herbert máis un terceiro socio, George A. Magie, fundaran unha nova produtora, The Solax Company, para faceren filmes mudos. O éxito inicial permitiulles pronto crear o seu propio estudio.

O esplendor da Solax
A Solax viviu só uns poucos anos de prosperidade mais deixaron como resultado un boa colección de títulos notábeis, desde Un parvo e o seu diñeiro, quizais o primeiro filme cun elenco integramente formado por actores e actrices afroamericanos, ao memorábel melodrama Follas que caen, cunha moza enferma de tuberculose que recibe un diagnóstico fatal: o médico anuncia que morrerá “antes de que caia a última folla”. A irmá da enferma, moi pequecha, escoita a prognóstico e interprétao literalmente, e así cando ve caer as primeiras follas no xardín intentará frear a morte na familia pegándoas de novo ás árbores, un xesto inxenuo e poético que precede ao (máis científico) final feliz.
Ademais destas dúas películas, as sesións que o CGAI dedica a esta etapa americana de Alice Guy-Blaché permitiránnos ver outras mostras da diversidade e o compromiso crítico coas inxustizas e en favor da igualdade característico da cineasta, das que son bo exemplo Facéndose cidadán americano, O alto custo da vida ou O límite de velocidade do matrimonio. En 1920 estreou o seu derradeiro filme, a longametraxe Reputacións lixadas, hoxe perdida; desde entón non volveu a dirixir. Regresou a Francia, onde permaneceu máis de corenta anos, e só contra o final da súa vida estableceuse de novo nos Estados Unidos, onde morreu en 1968, aos 94 anos.

'49 - '17 (Ruth Ann Baldwin, 1917)
Ruth Ann Baldwin é a grande sorpresa do ciclo
Dramas sociais, comedias e un "metawestern" revolucionario

Soa ou en parcería co seu marido actor Philips Smalley, Lois Weber (1879-1939) fixo carreira como directora tocando a miúdo asuntos polémicos que procuraban fomentar o debate social, como a pobreza e a prostitución en Zapatos (1916) e o aborto en Onde están os meus fillos? (1916). Dela veremos unha longametraxe de 1921, O borrancho, coa desigualdade económica como fondo.

A filmoteca recordará tamén a Mabel Normand (1892-1930), actriz e directora de comedia de éxito que mesmo compartiu escenas con Charles Chaplin. A súa estrela declinou nos anos 20, golpeada por escándalos que lle tocaron de perto como os xuízos pola violación e morte de Virginia Rappe que acabaron coa carreira, malia non ser condeado, de “Fatty” Roscoe Arbukle, compañeiro de Mabel en varios filmes, ou o asasinato do director William Desmond Taylor. Non axudaron os recorrentes problemas de saúde derivados da tuberculose, que acabou matándoa aos 37 anos de idade.

Mais a maior revelación do ciclo é con certeza Ruth Ann Baldwin, da que se conserva unha única longa como directora, a sensacional ’49-’17. Un xuíz adiñeirado e con saudades da febre do ouro de 1849 encárgalle a un empregado que atope unha vila que manteña o espírito daqueles tempos. Na súa busca dará cuns actores que fan un espectáculo ao estilo do vello oeste, aos que fichará para que actúen como se estivesen a mediados do XIX. Asombra o hábil xogo de Ruth Ann Baldwin sobre os estereotipos dun xénero, o western, que nese 1917 aínda se estaba inventando. Pouco máis sabemos desta directora. Traballou como guionista para a Fox e Metro entre 1919 e 1921 e uns anos despois perdéselle a pista: nin sequera se sabe en que ano morreu.

Martin Pawley. Artigo publicado orixinalmente no xornal Nós Diario o 10 de marzo de 2020, terza feira. 

domingo, 1 de marzo de 2020

El cielo de Rosalía de Castro

La noche y los objetos celestes están muy presentes en la obra poética de la autora gallega, que ahora da nombre a una estrella.

* * *

Unha das imaxes da campaña. Autora: Marta Cortacans
En el calendario cultural y escolar de Galicia el 24 de febrero es una fecha señalada: es el «Día de Rosalía», en homenaje a la excepcional escritora nacida tal día de 1837. Este año hemos vivido la efeméride de una forma especial, pues ahora a Rosalía también podemos celebrarla observando el cielo. El pasado 17 de diciembre la Unión Astronómica Internacional anunció el resultado de las campañas «NameExoWorlds», que asignaron a 112 países una estrella con un exoplaneta para que fuesen bautizadas en votaciones abiertas a la ciudadanía. La estrella correspondiente a España es una enana amarilla parecida al Sol, visible con prismáticos y situada en la constelación de Ofiuco, el Serpentario. Su nombre, hasta ese momento, era HD 149143, que la identificaba como una de las 225 300 recogidas en el catálogo Henry Draper en el que trabajaron durante décadas las míticas «calculadoras de Harvard». El catálogo acabó publicándose en varios volúmenes entre 1918 y 1924, con supervisión de la incansable Annie Jump Cannon.

A propuesta de la Agrupación Astronómica Coruñesa Ío fue escogido el nombre «Rosalía de Castro» para la estrella y el de «Río Sar», un río esencial en su vida y su obra, para su planeta, un Júpiter caliente que la orbita a unos ocho millones de kilómetros. La elección de Rosalía valoraba no solo su mayúscula importancia para las letras gallegas y españolas, sino también la absoluta vigencia de su creación poética y narrativa en la que reconocemos un claro discurso feminista y una defensa de la naturaleza y la protección del paisaje que resultan plenamente contemporáneas. Rosalía de Castro nunca dejó de ser moderna.

Lo que no resulta tan conocido es la abundante presencia de referencias al cielo y a la noche en sus textos. Hasta podríamos dividir la literatura rosaliana en dos tiempos astronómicos. Hay una Rosalía que canta el amanecer, la alegría de un nuevo día, en el libro fundacional Cantares gallegos («o craro sol vai subindo / por riba do firmamento / limpo, garrulo e contento»); y, hay, después, otra Rosalía que explora la oscuridad natural de la noche convertida en refugio para la reflexión íntima, la Rosalía de Follas novas y En las orillas del Sar. Una poeta que dialoga con la noche y los objetos celestes que reinan en el firmamento, que ve en la Luna una «lámpara hermosa, eternamente hermosa», que nos recuerda que hay «luz e progreso en todas partes» pero persisten «as dudas nos corazós» y nos advierte de que «moita luz deslumbra os ollos». Una poeta que imagina la Tierra en el espacio y escribe estos versos fabulosos que se adelantan en un siglo al célebre «punto azul pálido» de Carl Sagan.

Los astros son innúmeros,
al cielo no se le encuentra fin,
y este pequeño mundo que habitamos,
y que parece un punto en el espacio,
inmenso es para mí.

Martin Pawley. Artigo publicado na sección «La noche es necesaria» da Revista Astronomía, nº 249, marzo de 2020. Grazas ás investigacións de Sagrario Abelleira, soubemos a finais de 2021 que a verdadeira data de nacemento de Rosalía foi o 23 de febreiro. Dende 2022 celebramos o "Día de Rosalía" cada 23-F. 

domingo, 9 de febreiro de 2020

Conversas no Telegram: Oscars 2020

Martin Pawley (MP): Sinto, un ano máis, moi limitada simpatía polos filmes candidatos aos Oscars nas categorías principais, e pode resultar estraño afirmar isto cando hai entre eles tantos títulos que xeraron consensos críticos, de Parásitos aos de Scorsese e Tarantino. O filme con nominacións polo que sinto verdadeiro entusiasmo, o que si me parece un dos mellores do ano, é Dolor y gloria de Pedro Almodóvar, que penso que está xa entre os mellores seus, por detrás de La piel que habito e Hable con ella e quizais tamén de Julieta, un Almodóvar que pasou máis inadvertido do que debera. Empezamos por Dolor y gloria, se vos parece.

Xurxo González (XG): Para min Dolor y gloria supón a reconciliación con Almodovar e concordo en que tiña que ter mais impacto. Para min é un exercicio excelso de depuracion do que foi até agora. Apunta a certo grao de apertura cara a continxencias exploradas por outros xenios do cinema (Bergman, Sirk). En definitiva estamos diante dunha obra maestra exacta á cal non lle sobra nada. O problema para os Oscar é que este atemperamento da excentricidade pode ter menos gancho para os posibles electores.

MP:
Cando falei dun Almodóvar que pasou inadvertido, referíame a Julieta, que me encanta. De Dolor y gloria abráiame unha vez máis a capacidade do cineasta para facer fácil unha estrutura narrativa complexa, con escenas que transcorren en varios tempos mais que se suceden dunha forma incribelmente fluída. É marca da casa, igual que a capacidade para introducir con naturalidade recursos narrativos que noutras mans poderían resultar artificiais ou externos, coma o filme "El amante menguante" e as coreografías de Pina Bausch en Hable con ella ou, aquí, o monólogo teatral de Asier Etxeandía e antes a "animación científica" que explica as dores. Chegou a ese nivel de mestría no que as cousas máis difíciles parecen fáciles. Infelizmente, coincidiu no tempo co filme de Bong Joon-ho, que lle vén roubando inxustamente premios desde a propia Palma de Ouro de Cannes. Non me interesa nada Parásitos. Minto, interésame un pouco ao principio, mais axiña me parece rutinaria e logo deriva cara ao exceso no tramo final. No fondo, é como un filme de Alex de la Iglesia, só que mellor filmado, mais coa mesma carga cínica e reaccionaria.

XG: O de Parásitos si que é inexplicable, a verdade. Non sei a que vén ese consenso crítico. Que miradas avezadas non lle saquen imperfeccións preocúpame: por un lado está a construción a base de guión que repite maliciosamente estruturas, xiros de xénero impactantes, un final tendencioso e unha lectura social moi cuestionable. Supoño que a película funciona ben en distintos niveis culturais. Supoño que terá máis dun recoñecemento nos Oscar porque é un filme entretido pero mais nada. Supoño que en poucos anos Hollywood fará un remake.
Sobre todo, indígname o final. Parécese moito ao de La última noche de Spike Lee, pero se queda todo no xiro final, mentres que Spike Lee fai partícipe ao espectador do ton elexiaco e distanciador. Vaia, pura poesía! En Parásitos parece unha escopeta de feria. 

MP: Parece claro que Parásitos pode ser unha das triunfadoras da noite e se fará notar en máis dunha categoría. E supoño que os premios principais -director, película- e varios técnicos recaerán en 1917, outro caso para min incomprensíbel, aínda que a falta de peso actoral pode restarlle votos. Un filme sen forza cuxo principal mérito é o artificio do suposto "único plano secuencia", que para empezar son dous. Mais é un artificio técnico gratuíto, que non se corresponde realmente co tempo do relato -transcorre un día enteiro, de mañá a mañá con noite de por medio-, de maneira que esa continuidade non representa nada, é apenas un xogo dixital para entreter a xente ante a alarmante ausencia doutras ideas.
Os premios previos debuxan un cuarteto de interpretacións gañadoras bastante probábel. Dunha banda, Joaquin Phoenix polo Joker, cumprindo esa vella máxima pola cal un actor que deu no pasado grandes actuacións, complexas e sutís, gaña o Óscar pola máis aparatosa e grotesca. Non encontro nada valioso no Joker e xa dixen nalgures que mentres a vía imaxineina feita por Alberto Gracia e gustábame máis esa versión soñada: Alberto era perfecto para levar a película cara ao seu lugar natural, unha sátira xenuína dos delirios da cultura pop da imaxe que padecemos hoxe. A verdade, non sei que lle pasou pola cabeza a Lucrecia Martel ao premiala en Venecia.
É unha mágoa que Banderas non teña nin remota opción de premio, mais tamén o sinto por Adam Driver, que está moi ben en Marriage Story, aínda que polo filme en conxunto non acabo de sentir simpatía, ese drama de parella que se quere mais se despedaza arrastrada por avogados crueis dáme bastante igual. Os ricos tamén choran? Pois síntoo por eles. Mais ver a Adam Driver cantando o Being Alive de Sondheim paga a pena. Gañará o Oscar como actriz secundaria Laura Dern, e eu acéptoo como recompensa tardía por Inland Empire, un dos mellores traballos dunha actriz no século XXI polo que nin sequera foi candidata.

José Manuel Sande (JMS): A interpretación de Antonio Banderas en Dolor y gloria é absolutamente memorable, apoteósica. Mágoa como Joker de xeito irreversible (e efectista cara unha efeméride como esta) constrúe o filme como unha performance avasaladora de Phoenix. Parece difícil que haxa sorpresa neste apartado malia as interpretacións cheas de matices de Leonardo DiCaprio e Adam Driver (Pryce é un moi bo actor, aínda que non vin o seu filme)

MP: Leonardo DiCaprio é un actorazo que sempre está ben. É curioso como, imaxino que ante o triunfo case seguro de Phoenix, derivaron a Brad Pitt á categoría de actor secundario, cando realmente é máis protagonista aínda que DiCaprio. Mais Leo xa ten Oscar e Brad como actor aínda non, así que foron a asegurar as opcións. E paréceme ben, moi merecido. Desde hai anos Brad Pitt está á altura dos grandes, ten esa presenza escénica dos actores clásicos, dá igual o que faga, enche a pantalla. A miúdo escolleu películas de interese dubidoso, mais para a historia quedan monumentos como The Tree of Life, que tamén produciu. Porque tamén é un produtor hábil, que está detrás dun dos Oscars ao mellor filme que mais me interesa no que vai de século, que é Moonlight.
Conste que a película de Tarantino tamén non me volve tolo, véxoa como sempre moi estirada e en diferentes momentos teño a sensación de que me sobran escenas. O que me fascina dela é a reconstrución dunha época: os decorados, o vestiario, as luces de neon... Tarantino transpórtate ao pasado con ferramentas analóxicas dun xeito que raras veces consegue o dixital. Das candidatas que hai pareceríame a única gañadora xusta e digna, se soase a frauta.

JMS: Esa categoría, a de actor secundario, ten este ano un lustre e peso histórico que impresiona. A vitoria que semella moi asegurada de Pitt, cunha traxectoria intelixente por detrás e motor carismático do filme de Quentin Tarantino, convive con actores míticos ou brillantes como Pacino, Pesci, Hopkins ou Hanks. As grandes interpretacións de Alan Alda ou Ray Liotta en Marriage Story farían precisa nesta ocasión a ampliación da categoría...
Laura Dern, secuencia con discurso de reivindicación feminina para as escolmas e o recordo, é tamén clara favorita, outro premio a unha traxectoria, que sumado ao probable galardón á Renée Zellweger de Judy pode deixar a Scarlett Johansson con dúas nominacións fallidas sen nada

MP: Hanks está estupendo, tamén coma sempre, mais o seu filme é tan, tan irrelevante... En canto a The Irishman, tardei en vela porque outra historia de mafiosos máis producíame a priori bastante preguiza. Cando a vin, constatei que tiña razón. Está todo en orde en The Irishman, por suposto, unha vez que te autoconvences de que o retoque dixital das caras non é tan ridículo como en efecto é, mais a película para min non ten moito interese e non vexo xustificada a súa duración.
O de Judy súmase a esa teima de revisar os personaxes gloriosos de Hollywood en subprodutos con alma de TV movie que achegan, como moito, imitacións eficaces. Aí están, no pasado recente, My Week with Marilyn, Film Stars Don't Die in Liverpool ou aquela sobre Hitchcock. Son desas películas que duran na memoria 45 segundos.

JMS: Totalmente de acordo. O biopic é unha oportunidade magnífica de reflectir complexidades, de análise de entorno e recuperación de pedazos de memoria. Esta formulación baleira e inane que indicas devén despilfarro global, no que unicamente gaña algún intérprete, dada a atracción e carácter resultón destes roles nas galas de premios.

MP:
No caso de Judy chama a atención como manexa a opresión infantil da actriz: parece todo cousa dun único "malvado produtor" e non "do sistema". Cando, para alén da indiscutíbel tiranía dos homes poderosos á fronte das majors, o problema evidentemente era sistémico: a fábrica que era Hollywood creaba, manipulaba, espremía e destruía as súas criaturas segundo as necesidades de cada momento. Mais, obviamente, a industria non vai cuestionar a industria. E a simplificación de personaxes complexos, coma Judy Garland, é profundamente inxusta.

JMS: Para min, algúns dos títulos que máis deron que falar este ano, supostos grandes filmes para a historia, están cheos de sombras. Isto sucede con Joker, da que te esqueces nada máis saír, o que contrasta coa súa petulancia e tentativa de transgresión. The Irishman tampouco engade nada especial ás sagas de Scorsese e leva a confundir solvencia con relato maxistral. Pola súa banda, un conto de guión tan elaborado como Parásitos perde fol no segundo tramo (máis aló do inusual achádego da terceira familia ou novo nivel narrativo) e vese sepultada a unha formulación onde a obediencia aos resortes de xénero -cos seus tics singulares- pode co potente substrato sociopolítico, que alcanza o choque contraditorio. Todas por suposto películas ben realizadas, pero desde a miña perspectiva sobrevaloradas.

MP: Concordo. Sinto bastante simpatía pola adaptación de Mujercitas que fixo Greta Gerwig. É habilidosa a idea de romper a orde cronolóxica do relato e reforzar, na parte final, o elemento metanarrativo. E Saoirse Ronan é unha actriz notábel que lle dá moita forza ao personaxe de Jo. O peor de todo nesa película é Timothee Chalamet, unha aparición rutilante do cinema recente que tamén non consigo comprender.

Botades de menos algún filme? Eu vou citar tres. Despois de gañar varios premios entre colectivos de crítica USA, eu agardaba que a fotografía de Portrait de la jeune fille en feu, a cargo de Claire Mathon, entrase no quinteto de finalistas para facer dela a segunda directora de fotografía candidata en toda a historia. O filme de Celine Sciamma é un dos meus favoritos do ano, deixoume prendado o seu discurso sobre a construción da ollada do artista, que ten algo tamén de metacinematográfico: igual que a pintora aprende a mirar e en consecuencia a pintar (e a namorarse) da modelo, tamén o fai a cineasta e o espectador. É un filme de aparencia moi clásica máis radicalmente actual, incluída a súa poderosa mensaxe feminista. Unha marabilla. Outro exemplo é Atlantique de Mati Diop, tamén con fotografía de Claire Mathon, que pasou á preselección na categoría de filme internacional mais non ao final ao quinteto definitivo. Encantoume a ousadía de Mati Diop para afrontar desde a ficción con xiros fantásticos o retrato social da xuventude senegalesa e a traxedia dos inmigrantes que morren no mar. Contra os achegamentos máis convencionais aos dramas do noso tempo, a audacia do fantástico fillo ou neto de Jacques Tourneur.
Un terceiro caso máis estraño é o do documental Apollo XI de Todd Douglas Miller, que recupera imaxes abraiantes, algunhas en glorioso 70 mm, da primeira misión que puxo un ser humano na Lúa. É, ademais, un sensacional traballo de montaxe, que ben merecía ser candidato tamén nesa categoría. E tivo certa repercusión en salas, así que é asombroso que se esqueceran del. Pregúntome se, por tratarse dunha película feita exclusivamente de imaxes de arquivo, a rama de documental da Academia non a ignoraría en favor de traballos "filmados" agora, aínda que sexan máis convencionais. Omito nesta listaxe, por suposto, filmes maxistrais coma Sinónimos de Nadav Lapid que, obviamente, están moi lonxe das coordenadas de Hollywood.


JMS: Os filmes do ano presentes no grupo de candidatos a algún premio e que me apelan de diferentes maneiras son Once Upon a Time... in Hollywood, Dolor y gloria, Ford vs Ferrari e Marriage Story. Isto significa tamén que en condicións normais podería ser a ocasión para premiar a Quentin Tarantino como director e deixalo no lugar onde merece estar. O filme, lúdico e socarrón, reúne ingredientes propios e atractivos para a propia industria (aproximación ao mundo do cine mesmo, reconstrucción de época e subversión de sucesos emblemáticos, saborosos paralelismos, capacidade autocelebratoria ou elenco estelar).
Almodóvar segue sumando propostas maxistrais cun baleiro emocional e exploración persoal nunca vistas así con anterioridade. Ford vs Ferrari recupera o brío e concepto de profesionalidade aplicado a fondo dun Hawks, mentres Marriage Story tece un retrato intenso e sutil da dor e os camiños da recomposición. Aínda que non podo confundir desexo con realidade e 1917 e Parásitos parece que poden acaparar os principais ou máis agardados premios, coincido con esa opción aberta (a máis estimulante e sensata) cara ao filme de Tarantino

XG: Pois concordo. A de Tarantino podia ser unha solucion de consenso.

MP: Non vin aínda Ford vs Ferrari (Le Mans '66). A que si vin, e tamén non pasa de ser un telefilme solvente, é Bombshell, con candidaturas un tanto incomprensíbeis para Charlize Theron e Margot Robbie. Que non están mal, mais non teñen nada de especial. É sorprendente como cada ano se colocan en posicións de privilexio filmes inanes que nin sequera responden a uns valores de grande éxito comercial. Con certeza, Tarantino merecería gañar como director e película, aínda que só fose como recoñecemento á súa sólida traxectoria, sempre na primeira liña.

XG: Le Mans '66 ten certo grao de subversión en canto a que se poden cuestionar as regras do sistema. Pouco propicio para Hollywood: pode darse por aludido, hehe.

MP: Revisando a listaxe de premiadas nas categorías de mellor filme e dirección no século XXI, chama a atención o escaso pouso que deixan a inmensa maioría dos gañadores. Diría que os únicos premios realmente importantes deste século son The Hurt Locker de Kathyrn Bigelow e Moonlight de Barry Jenkins (só película neste caso, o Oscar de dirección foi para Damien Chazelle por La La Land). Noutro nivel, premios para cineastas de longa traxectoria coma Martin Scorsese (The Departed), Clint Eastwood (Million Dollar Baby) e os irmáns Coen (No Country for Old Men), máis algúns filmes con diferente grao de interese (Argo de Ben Affleck, 12 Years a Slave de Steve McQueen ou Spotlight de Tom McCarthy, ningún dos cales foi premiado como director, Affleck en particular nin sequera foi candidato). O resto oscila entre o simplemente correcto e o abertamente abxecto: A Beautiful Mind, Chicago, The Return of the King, Crash, Slumdog Millionaire, The King's Speech, The Artist, Birdman or (The Unexpected Virtue of Ignorance), The Shape of Water, Green Book...  Nestes vinte anos, Hollywood produciu moitas grandes películas, algunhas delas obras mestras para min incontestábeis, que perdeu a ocasión de "oscarizar". Penso en The Tree of Life de Terrence Malick (varias del, de feito, mais aceptemos que a máis premiábel era esta), por suposto Zero Dark Thirty de Kathryn Bigelow (e tamén Detroit), Mulholland Dr. ou mellor aínda Inland Empire de David Lynch, as de Paul Thomas Anderson (There Will Be Blood, The Master ou Phantom Thread), os mellores traballos de Steven Spielberg (Bridge of Spies e The Post), Before Sunset ou Boyhood de Richard Linklater, algunhas das máis notábeis obras de Spike Lee (25th Hour, Inside Man ou, aínda que fose como premio á súa carreira, BlacKkKlansman), a mestría de Todd Haynes en Far from Heaven, I'm Not There e sobre todo Carol, o Gus van Sant máis radical (Gerry, Elephant, Last Days), Kelly Reichardt (Certain Women, en particular), revelacións como Sean Baker (Starlet, Tangerine, The Florida Project)... E limítome a citar nomes claramente asociados á industria americana, aínda que sexa nas vertentes máis independentes (isto é, non pretendo que nomeen a James Benning ou Sharon Lockhart), e non enumero as obras mestras feitas no resto do planeta. Eu só pido que aposten polo cinema de máis altura, o que transcende o paso dos anos, e non fenómenos estritamente conxunturais dos que ninguén se acorda ás poucas semanas.

sábado, 1 de febreiro de 2020

Necesitamos una ciencia de la noche

Dos artículos recientes expresan la pertinencia de estudios transversales que afronten todos los aspectos relacionados con la noche.

* * *

La publicación, en 2005, de At Day’s Close: Night in Times Past de Roger Ekirch, sirvió de tarjeta de presentación ante públicos más amplios de un nuevo género: los «estudios de la noche». En su ambicioso libro, el investigador y profesor en Virginia Tech se valía de toda suerte de fuentes para trazar una genuina Historia, con H mayúscula, de la actividad humana después de la puesta de Sol. Entre sus documentadas aportaciones está la del «sueño segmentado»: antes de la revolución industrial no era infrecuente que las personas durmiesen en dos fases, primero unas horas después de la cena, para despertarse luego y mantener cierta actividad (oración, conversación o sexo) en medio de la noche y, finalmente, volverse a dormir. Referencia a un primer y un segundo sueño se encuentra, por ejemplo, en el Quijote de Cervantes.

En la estela del trabajo de Ekirch han aparecido en los últimos años diversos estudios históricos de la noche en un marco nacional. Es el caso de La noche develada: la Ciudad de México en el siglo XIX de Lillian Briseño Senosiain (editorial Universidad de Cantabria, 2017), que analiza las costumbres y tradiciones en las horas que van del ocaso al alba, pero también los oficios (prostitutas y matronas, serenos y ladrones) así como los mitos asociados al miedo nocturno, con «la Llorona» como figura emblemática de la cultura mexicana. En la misma línea se mueve la tesis doctoral de Rosa Maria Canarim Rodrigues Fina, Portugal nocturno e a ameaça do dia. A ideia de noite na cultura portuguesa (séculos XVIII a XX), que explora con detalle la transformación que supuso la llegada, no sin polémica, de la iluminación artificial, y se detiene en la presencia de la noche en algunos autores destacados de las letras portuguesas (Antero de Quental, Teixeira de Pascoaes o Álvaro de Campos, uno de los heterónimos de Pessoa).

Dos artículos recientes van más allá al proponer estudios de la noche aún más transversales. En la actual sociedad 24/7 el peso económico de la actividad nocturna es enorme, de modo que no es posible ignorar lo que sucede en las ciudades después del anochecer si queremos plantear bien un desarrollo global sostenible. «Las ciencias sociales y naturales necesitan hablar más una con la otra sobre lo que pasa de madrugada», escribe el profesor de la Universidad de Melbourne Michele Acuto en Nature (We need a science of the night, vol. 576, diciembre de 2019). En estas ideas abunda un artículo colectivo con Christopher Kyba como primer autor, Night Matters – Why the Interdisciplinary Field of «Night Studies» is Needed (diciembre de 2019): «si no disponemos de una visión de conjunto, la gobernanza de la noche puede servir a los intereses de un grupopoderoso y selecto en lugar de la comunidad en general», concluyen. La noche importa. Vaya si importa.

Martin Pawley. Artigo publicado na sección «La noche es necesaria» da Revista Astronomía, nº 248, febreiro de 2020.

sábado, 11 de xaneiro de 2020

Unha década de Novo Cinema Galego (II). Cuestionario a Martin Pawley

Cando xurdiu a etiqueta do Novo Cinema Galego (NCG)?
Martin Pawley: a primeira vez que se enuncia a etiqueta “Novo Cinema Galego” é nun artigo meu publicado no desaparecido Xornal de Galicia o sábado 2 de xaneiro de 2010. Púxeno xa no título: “2010, o ano do Novo Cinema Galego”. O artigo sinalaba a emerxencia dunha nova xeración de cineastas galegos que estrearían filmes nos seguintes meses: falaba de Todos vós sodes capitáns de Oliver Laxe, Dous fragmentos / Eva de Ángel Santos, Vikingland de Xurxo González, Arraianos de Eloy Enciso... Naquela altura era evidente -polo menos, para min- que varios deses filmes non estarían rematados aquel ano, mais tiña plena confianza na primeira longa de Oliver e por iso me permitín a arroutada.

Estrea de Todos vós sodes capitáns no Festival de Xixón 2010. Autor descoñecido.

Por que esa etiqueta?

MP: nos días previos á redacción do artigo intercambiei mensaxes con Xurxo, que sempre estaba ben disposto para as conspiracións boas. A idea clara era deixar por escrito nun xornal o anuncio deste tempo novo do cinema en Galiza a maneira de “aviso para navegantes”: seguro como estaba (como estabamos) de que algúns deses filmes acabarían chegando a festivais internacionais de prestixio, o que me interesaba era sinalar claramente co dedo algúns exemplos especialmente ilusionantes.
Eu vin unha primeira montaxe de Todos vós sodes capitáns na noite do 2 ao 3 de novembro de 2009 e quedei moi impresionado; ao rematar de vela escribinlle de inmediato a Oliver para dicirlle que a película era moi boa e que me sentía orgulloso del. Literalmente deille as grazas por facer películas. Cando escribín o artigo de Xornal, Cannes estaba moi lonxe e, de feito, a única referencia era que Rotterdam rexeitara o filme (felizmente, polo que logo soubemos). Non foi até o 24 de marzo de 2010 que se confirmou a selección do filme na Quincena de Cannes, un fito histórico. O meu artigo tivo algo de visionario, si, mais baseábase nun argumento sólido, a calidade dun filme destinado a marcar un antes e un despois.

Que era o que se quería nomear?
MP: a etiqueta era bastante sinxela, mesmo obvia, non deixaba de ser unha translación de fórmulas como o “novo cinema arxentino” ou o “novo cinema romeno”, mais ao mesmo tempo daba moito que falar. As tres palabras merecían reflexión. “Novo”, porque automaticamente facíanos pensar se, realmente, había un cinema “vello” ben definido, con trazos diferenciais respecto do que se facía en Madrid, poñamos por caso. “Cinema”, porque no tempo da inminente conversión ao dixital e da hibridación de formatos audiovisuais, cabía preguntarse “que era o cinema”, máis alá do soporte de rodaxe e exhibición (e os creadores que puñamos en valor, herdeiros desa nobre tradición do cinema de autor, eran en si mesmos unha negación viva do discurso fúnebre deses que levan anos enterrando o cinema porque o que lles gusta é ver series estomballados no sofá). E “Galego”, porque obrigaba a darlle voltas á cuestión identitaria do cinema, sempre tan espiñenta, e aí asumíamos a “política dos autores”, así que un filme é galego se o director é galego e se mostra ante o mundo como tal. O idioma, a paisaxe, é o de menos. Kiarostami era tan inaniano cando fixo Onde está a casa do amigo como na rodaxe italiana de Copia certificada ou na xaponesa de Like someone in love.

Cal era o contexto político naquela altura?
MP: O contexto político era o dos primeiros pasos do derrubamento das limitadas expectativas que xerara o goberno bipartito tras a primeira maioría absoluta de Feijoo. Na Coruña mantíñase o goberno PSOE-BNG local, que permitiu conservar certa ilusión de supervivencia algún tempo máis. Mais o marco xeral era malo e converteuse en pésimo a medida que se fixeron notar máis os efectos da crise económica.

Cal era o contexto cinematográfico naquela altura?
MP: o verdadeiramente interesante do NCG era que encaixaba coas derivas do cinema do seu tempo. No artigo de Xornal díxeno explicitamente, escribín que era un grupo de cineastas que “non chegaba tarde”, que experimentaba e participaba das modas e tendencias fílmicas ao mesmo tempo que outros creadores e creadoras doutros lugares do planeta. Esa revolución vivímola tamén nós como consumidores, críticos e programadores de cinema. Un cinéfilo español dos anos 70 e 80, por moito interese e curiosidade que tivera, non podía acceder con carácter xeral á obra de Lino Brocka, Stan Brakhage, Barbara Hammer ou Djibril Diop Mambety, máis alá de proxeccións puntuais en festivais moi concretos, caso de Benalmádena. Da maioría deses filmes practicamente non chegaría nin a ter noticia. O cinéfilo do século XXI, porén, ten noticia en tempo real do que se está facendo en todo o mundo, os filmes circulan de moitas maneiras, os festivais multiplicáronse e abriron as súas programacións. Estar atento ao presente -”non chegar tarde”- é moito máis fácil. Mais, iso si, hai que querer estar, e non todo o mundo quere estar, porque é máis cómodo non esforzarse en seguir aprendendo e dicir que desde que morreu Sam Peckinpah o mundo xa non é o que era.
Para min un exemplo claro desta contemporaneidade é a obra de Lois Patiño. Díxenlle a el moitas veces que na miña opinión o inmenso éxito de Costa da Morte no mundo -pasou por máis de 50 festivais internacionais- debíase a que chegara exactamente no momento preciso: era a evolución perfecta do seu traballo sobre a paisaxe, que corría en paralelo a algunhas das tendencias máis estimulantes do cinema deses anos, de Sharon Lockhart ás producións do Sensory Etnography Lab (Sweetgrass, Foreign Parts, Leviathan), ou o propio James Benning, un veterano mais que, na práctica, foi unha revelación para moitos de nós grazas ao ciclo que da súa obra fixo en 2009 o festival Punto de Vista e o CGAI. Estou convencido de que se Costa da Morte se estrease cinco anos antes, a súa proposta sería considerada “demasiado exixente” na maioría dos festivais; e se chegase cinco anos despois, parecería filla dunha moda acabada. Chegou cando tiña que chegar, e foi un triunfo. Esa foi a clave do NCG, ao meu ver: eran filmes do seu tempo, e competían de igual a igual co mellor cinema do seu tempo.

Que papel xogaron as axudas de talento?
MP: sen dúbida, foron un catalizador moi importante. Sen elas seguiría habendo grandes filmes, é evidente; de feito, un dos mellores, Vikingland, naceu á marxe delas. Mais o importante é que o modesto apoio económico das axudas de talento facilitou a eclosión de máis películas en menos tempo, e iso é o que lle deu ao NCG ese carácter xeracional. Apareceron varias películas moi boas en pouco tempo e acadaron moita repercusión, para sorpresa de moita xente.

Ao NCG faltoulle respaldo político? Cal credes que foi o papel que xogou a AAG e a AGADIC?
MP: si, claro. Á cultura sempre lle falta respaldo político, porque os gobernos, de calquera signo, lévanse mal coa independencia, non soportan non telo todo baixo o seu control. E se se trata de gobernos culturicidas como foron os de Feijoo, máis aínda. O que adoita faltar sempre é visión de futuro e un coñecemento real do estado do mundo, máis alá do posibilismo, do riquiñismo, do querer levarse ben con toda a xente. Para valorar a excelencia cultural hai que saber recoñecela e iso require tempo e disposición para aprender. Nunca é tarde para aprender, mais hai que querer.
No bipartito funcionou moi ben a Axencia Audiovisual Galega, mais o 51% dos méritos da Axencia eran de Xurxo González, isto é, se el non estivese, a maioría das cousas boas que pasaron non pasarían. Manolo González é boa xente, abofé, e a Axencia toda era unha casa acolledora e amábel, mais con amabilidade e recursos noutros territorios non naceu moita cousa. O primeiro que detectou que estaban pasando cousas foi Xurxo, o seu pulo foi imprescindíbel. Se alguén merece recoñecemento e homenaxe por parte do cinema en Galiza, ese é Xurxo.
Na etapa do PP, o problema, para min, é a falta dunha visión de país. Xa nin digo unha visión da cultura, digo unha visión de país. É esa falta de espírito a que provocou que a crise económica fose demoledora para o sector cultural. Por brutais que fosen os recortes, con vontade política poderían atoparse coidados paliativos para o libro, para o cinema, para todo. Era cuestión de querer. A televisión pública, por exemplo, podía servir como xenuíno motor da cultura nacional, nomeadamente no campo do cinema. Podían dedicarse ao cinema galego parte dos millóns que se gastaban en dereitos de emisión de producións estranxeiras, ou en dereitos de emisións deportivas alleas aos obxectivos fundacionais da televisión de noso. Podían investirse en cinema parte dos millonarios recursos dedicados á promoción turística, ou aos Xacobeos, pois... acaso non foi o cinema o ámbito da cultura que nos últimos dez anos levou máis lonxe e con máis méritos a cultura galega polo mundo? Había camiños, era cuestión de querer, mais non se quixo. Non houbo vontade política de facer da cultura e do coñecemento unha ferramenta de progreso, como fixeron e fan os países máis avanzados. Aquí a esperanza do goberno queda sempre en mans do Apóstolo, e así nos vai. Mais, por fortuna, o talento da xente que dirixe, que produce, que fai fotografía, que actúa... é moi difícil de frear, non desaparece da mañá á noite polas boas.
Persoalmente cáeme ben a actual coordinadora de política audiovisual, Dolores Meijomín, que dun xeito ou doutro leva desenvolvendo as súas funcións desde o inicio do NCG. É alguén coa que é doado falar, e discrepar, por suposto. A miña visión do mundo é outra, con certeza, mais non vexo nela unha inimiga. A inimiga é a concepción ruín e acomplexada de Galiza e a súa cultura que ten Feijoo e o seu goberno. Contra esa concepción abominábel pouca marxe de manobra hai, a non ser resistir. O mellor exemplo desa resistencia é o CGAI, a mellor filmoteca de España. “Que bo vasalo, se tivese bo señor”.

A etiqueta nomea unha xeración?
MP: Non en sentido estrito, pois trátase dun conxunto de persoas de variada idade e procedencia. De feito, eu diría que a maioría das ligazóns viñeron “despois”, que houbo unha crecente comuñón de intereses e ideas.

Como se dialoga co pasado?
MP: penso que o diálogo principal é co presente. En xeral, hai neles un certo grao de coñecemento do pasado do cinema, froito da formación e da vocación, uns máis e outros menos como é natural. Mais o máis importante é que coñecen as tendencias do presente, ou do pasado que máis inflúe no presente. Compartíamos, como cinéfilos, algúns mesmos nomes, algunhas mesmas influencias. Non recordo cando e onde coñecín a Ángel Santos, mais moi probabelmente debeu ser no Festival de Xixón, nos seus bos tempos (eu empecei a ir en 2006). Esa conexión co presente, ese “non chegar tarde”, eu véxoo decisivo. Iso é o que non había, por exemplo, na Galiza dos 70: cando ves hoxe boa parte desa produción pioneira en 16 e 35 mm comprendes con claridade que xa daquela era vella, que estaban intentando reproducir aquí uns modelos en extinción.

Marta Cortacans, Martin Pawley e Peque Varela no Festival de Xixón 2010. Autor descoñecido.

Que acollida tivo entre os creadores, 
entre o público, a crítica, os medios, o sector e os axentes formativos?
MP: nun primeiro momento é obvio que predominou o total escepticismo, cando non o franco rexeitamento. Houbo xente que pasou anos fuxindo da etiqueta e acabou programando ciclos e escribindo textos longos sobre a materia. Entre os e as cineastas, entendo que é natural certa incomodidade ante a idea de que te metan nun único caixón, e máis naquel ano inicial, cando faltaban por chegar moitos resultados. Si, estaba Todos vós..., mais unha andoriña non fai verán.
O director que con máis claridade viu de que ía todo isto foi Lois Patiño. A Lois coñecino a finais de marzo de 2010 a raíz dunha exposición na Coruña, na Fundación Caixa Galicia. Falamos, intercambiamos correos e vin algúns vídeos seus que tiña na súa canle de Vimeo. A partir de aí comezamos a falar máis, recomendeille películas que debía ver e envioume fisicamente, por correo postal, uns DVDs con varias obras súas. Entendín de inmediato que Lois acabaría facendo grandes filmes (creo que ese é o meu principal mérito, a capacidade de recoñecer o mérito alleo). Escribinlle para dicirlle que me interesaba moito todo e para convidalo a asistir, uns meses despois, a un estraño festival que programaba na Coruña, a Mostra de Ciencia e Cinema: quería moito que viñera porque aquel ano traïamos a Ilisa Barbash e Lucien Castaing-Taylor, director do Film Study Center de Harvard, que me parecía unha conexión natural e desexábel para Lois. Ao final aquel ano Lois acabou sendo xurado da Mostra de Ciencia e Cinema con, entre outros, Carlos Muguiro (nesa edición tamén acabou de visita na Coruña Antoine Thirion, que agora é programador de Locarno). Encontros curiosos que, ás veces, non teñen nada de casual, máis ben son deliberados. Xa que estaba, Lois presentou películas propias no CGAI. E pouco despois, en Cineuropa, programei todas as películas que tiña para mostrar. Entre a Mostra e Cineuropa, naquel 2010, exhibín a súa obra completa na altura, incluída algunha cousa que creo que nunca se volveu a ver.
O caso é que tanto na Coruña como en Santiago tiven neses días varias oportunidades de falar con Lois. Recordo en particular unha tarde de domingo en Santiago, estaba tamén Xurxo González (pode ser que comeramos polbo en Concheiros, para non perder o costume). Na longa conversa de sobremesa Lois manifestou con absoluta claridade que entendía á perfección en que consistía todo aquilo do NCG. El, que vivía en Madrid, vía moi clara todas as intencións e valoraba a utilidade da marca como paraugas promocional; estaba encantado, e ademais coñecía sorprendentemente películas doutros directores galegos nun tempo no que aínda se difundiran moi pouco. Fixera moi ben os deberes. Foi unha grata sorpresa.
O público foi chegando pouco a pouco, o que tiña que chegar. Non se poden esperar audiencias maioritarias para un filme de Eloy Enciso, igual que non se poden esperar para un filme de Bela Tarr, da mesma maneira que a boa poesía nunca vai vender tantos libros como unha desas novelas de aeroporto. Haberá algúns casos singulares nos que unha obra exixente acade cifras de venda notábeis, mais serán iso, singularidades. O que temos que asumir é a necesidade de protexermos a diversidade. Que debemos defender a creación que vai dous pasos por diante e debemos defender que teña espazos de exhibición. O público será logo o que haxa, non hai que obsesionarse cos cifras de moitos ceros. Se a un acto vai só unha persoa como espectadora, esa persoa merece ser atendida como se houbera mil máis canda ela. A obsesión polos grandes números é reaccionaria.
O NCG tivo a sorte de ser rapidamente ben acollido pola crítica internacional. Empezamos moi alto, con Todos vós... en Cannes volvendo a Galiza cun premio FIPRESCI. Ese recoñecemento case inmediato por parte de críticos e programadores de referencia foi un apoio sólido, e tivo continuidade con filmes posteriores. Algúns puideron ignorarnos durante uns anos, mais non lles quedou máis remedio que tragar e subirse ao carro. Entre os medios galegos, foi o Xornal de Galicia quen dedicou máis páxinas ao NCG. No Xornal colaborabamos José Manuel Sande e máis eu, así que pistas non lle faltaban ao daquela responsábel de cultura, Iago Martínez. O resto de medios prestou atención ao inevitábel, premios en Cannes e cousas así, mais a súa xenerosidade en xeral foi mínima ao principio. Empuxaron pouco ou nada, como adoita ser común en Galiza no que atinxe á cultura e a ciencia, así que non hai nada de que estrañarse. Iso vale tamén para a RTVG. É unha vergonza que os mellores filmes da historia do cinema galego ou non pasaron pola TVG, ou pasaron en condicións impropias dunha televisión pública, agochados na segunda canle en horarios que os condenan á invisibilidade. A miúdo é porque os programadores de televisión pensan que os espectadores son máis parvos ca eles e non entenderían certas cousas. Eu tendo a pensar que é ao revés, que son eles os que non entenden e a súa cabeciña é máis partidaria de cousas que non dean moito que pensar, só así se explica o “prime time” das televisións xeralistas.
Non sigo con especial atención a produción e a vida académica, así que non sei valorar o grao de interese no NCG dos axentes formativos. E en canto ao sector, non sei ben que dicir. Sector é Zeitun Films e Felipe Lage, hoxe presidente de AGAPI, que é un dos principais culpábeis disto que chamamos NCG. Sen o seu excelente traballo como produtor, as cousas serían distintas.

Que figuras destacarías que apoiaron ao NCG?
MP: convencido como estou de que a repercusión internacional foi decisiva, destacaría o entusiasmo de críticos e programadores estranxeiros. Sen Cannes, Marsella e Locarno, sen os artigos eloxiosos no New York Times, CinemaScope, Cahiers du Cinema... non existiría esa sensación de que en Galiza estaba acontecendo algo. No ámbito galego, o papel do CGAI é esencial como centro, físico e simbólico, da cinefilia do país. E cando digo o CGAI non me refiro, desde logo, ao seu incríbel director durante case toda a década, Guillermo Escrigas, o mellor exemplo galego do famoso “Principio de Peter”, senón aos seus programadores, en particular Jaime Pena, que fixeron da Filmoteca un oasis de bo gusto.

Que papel xogaron os festivais?
MP: o NCG existe porque atopou sitio nos festivais de cinema de maior prestixio. Empezou a existir porque en 2010 Todos vós... foi seleccionada no festival máis importante do mundo, que é Cannes. E seguiu existindo porque durante uns anos seguimos acumulando fitos en citas de referencia. Oliver volveu a Cannes con Mimosas e con O que arde, con dúas produtoras diferentes. Locarno foi unha casa para o cinema galego durante anos e anos, primeiro Arraianos, logo Costa da Morte, despois as curtas de Xacio Baño, tamén a de Santos Díaz... Un programador venerábel e sabio como Jean-Pierre Rehm puxo os seus ollos en 2011 en Vikingland, a máis independente das películas galegas (e sete anos despois mostrou con cariño e entusiasmo Fogos, que fixen con Marcos Pérez e é puro NCG, aínda que non se diga moito). Rotterdam apostou polo máis raro de todos (e un dos máis estimulantes), Alberto Gracia. A Viennale de Hans Hurch abriunos as súas portas. En América, Mar del Plata e Bafici foron destino habitual do NCG da man de Marcelo Alderete, Cecilia Barrionuevo ou Fran Gayo, e igual Valdivia con Raúl Camargo. Roger Koza foi un grande defensor nos seus escritos e tamén como programador en Hamburgo ou o FICUNAM.
No ámbito galego, debo destacar, porque a miúdo se esquece, o papel importante que tivo Cineuropa, aínda que supoña caer no autobombo. Coa connivencia de José Luis Losa, nos anos que programei o chamado “Panorama Audiovisual Galego” houbo espazo para ducias e ducias de creadores e creadoras diferentes, e nalgúns casos tivemos o privilexio de ver adiantos ou montaxes iniciais das súas obras antes de estar rematadas, aínda en medio do proceso de creación. Pasou así co que finalmente foi Verengo, un filme de Víctor Hugo Seoane que literalmente vimos medrar en Cineuropa. Síntome moi moi orgulloso de presentar en Cineuropa filmes de Xacio Baño, Eloy Domínguez Serén, Marcos Nine, Diana Toucedo, Carla Andrade, Jaione Camborda e moita máis xente.

Que iniciativas puideron dar continuidade ao NCG?
MP: o peor foi o desinterese da TVG polas mellores producións galegas da historia. Se a TVG apostase de forma estratéxica por cineastas que estaban recollendo premios no estranxeiro, se apostase de forma estratéxica por colocar o seu logo nalgunhas das principais citas cinematográficas mundiais, todo sería máis doado. Paréceme máis importante iso que o apoio da AGADIC, manifestamente mellorábel. Pasa o mesmo co cinema español e TVE: hai moitos máis millóns de TVE para mercar cinema das ”majors” do que terá nunca o ICAA para dedicar a axudas de produción sobre proxecto. A chave das noces está sempre nas televisións, públicas e privadas.

Como evolucionou a etiqueta? Ten límites?
MP: a etiqueta foi unha marca, sen máis. Non pretendía definir uns marcos ríxidos, sempre foi unha bandeira de conveniencia. Sinalaba uns filmes que escapaban dos intereses industriais máis perralleiros e convivían con naturalidade co cinema máis moderno do seu tempo. Iso era e iso segue sendo hoxe.

Cales son as características do NCG? Cal é o nexo de unión?
MP: non hai unha serie de características únicas que definan o NCG e desde logo non parece doado ver padróns comúns entre Las altas presiones e O quinto evanxeo de Gaspar Hauser. O elemento común é a ruptura cun modelo falsamente industrial caduco e emprender outros camiños. Para alén diso, é seguro que cabe citar algúns elementos que se repiten, algunhas etiquetas descritivas compartidas. A paisaxe, por suposto. A identidade, persoal e colectiva. A memoria (tamén persoal e colectiva). O traballo.
O tempo acabou creando, ademais, ligazóns de amizade e colaboración entre diferentes cineastas. No fondo, o NCG foi unha marquesiña de autobús para protexerse da choiva. Unha vez que te acomodas dentro, descobres que canda ti hai máis xente e podes empezar a falar.

Como soporta o NCG a cuestión nacional?
MP: non sei moi ben que é a cuestión nacional, ou se hai unha única maneira de afrontala. Hai uns tópicos asociados a un “pensamento literario” da política que en xeral non casan en absoluto co cinema. O cinema é imaxe, non palabras; podes facer cinema sen palabras, mais non podes facer cinema sen imaxe, entendida na súa forma básica, fantasmas de luz nunha pantalla. En Galiza a lingua é a eterna cuestión palpitante, mais a lingua define unha literatura, non define un cinema. Volvemos a Kiarostami, que fixo un filme en xaponés sen perder a súa identidade. E antes, en Copia certificada, manexou outras linguas que non eran súas e fixo da lingua unha parte importante do relato, até o punto de que quen cometa o erro de vela dobrada perderá aspectos esenciais. Mais non creo que ninguén sensato dubide de que a obra fílmica de Kiarostami é o máis alto expoñente da arte iraniana do último século.
Para unha parte da “intelligentsia” nacional é probábel que filmes falados en árabe como os de Oliver resultasen “sospeitosos”, e xa non digamos os de Lois, que ten o “pecado orixinal” de non falar galego de forma habitual. Mais o problema desa “intelligentsia” realmente non era ese, senón outro: non podían poñer en valor fenómenos que non entendían. Quen entende o cinema apenas como un depósito de diálogos simpáticos que podes citar nun artigo, non está en condicións de recoñecer calquera forma que non encaixe no que é común nun centro comercial.

Cales foron os  fitos do NCG?
MP: o fito fundacional, sen o cal todo o que veu despois sería máis difícil, é Todos vós sodes capitáns. A selección deste filme na Quincena de Realizadores de Cannes abriu moitas portas. Cada selección que veu despois -a de Vikingland en Marsella, Arraianos en Locarno, O quinto evanxeo en Rotterdam, non digamos xa o premio para Costa da Morte en Locarno- facilitou os seguintes pasos. Penso que non somos aínda suficientemente conscientes do inmenso triunfo que representaron eses primeiros anos.
Para min persoalmente foi un fito a primeira edición do Filminho, un verdadeiro festival internacional, pois se celebraba a cabalo entre dúas nacións. Aquel Filminho serviu para visualizar o nacemento dun tempo novo. Sande e máis eu estabamos no xurado e Xurxo codirixía o festival, que, asombrosamente, tiña máis filmes galegos interesantes que portugueses (por parte portuguesa, o mellor era Balaou do grande Gonçalo Tocha); premiamos O cazador de Ángel Santos, que segue parecéndome un dos seus mellores filmes, e París #1 de Oliver Laxe. Saín do Filminho coa convicción de que pasaba algo. Falando alí con Oliver descubrín que eramos veciños de barrio na Coruña, aínda que el na altura xa vivía en Tánxer, así que quedamos en vernos uns días despois. O Filminho púxonos en contacto, así que en certo sentido se eu vivín todo isto en primeira liña desde o primeiro momento foi porque aquel verán de 2008 pasei uns días na fronteira galegoportuguesa.

Houbo etapas diferenciadas?
MP: non sinto grande interese polas clasificacións, así que teorizar desa maneira é algo que se me escapa. É evidente que hai obras anteriores ao nacemento formal do NCG de enorme interese, principalmente ese monumento que é 1977 de Peque Varela, con diferenza a cineasta galega que eu máis boto de menos. 1977 chegou a verse en Sundance... logo de ser rexeitada por festivais galegos non especialmente astutos. O deseño previo das axudas de talento foi, xa o dixen, un importante catalizador. Entre 2010 e 2013, 2014, vivimos unha especie de soño que parecía non ter fin. Mais ese xenio evidente non foi acompañado das suficientes facilidades industriais, pola falta de visión que comentei. Perdeuse velocidade durante algún tempo. Na estela dos primeiros éxitos consolidáronse novos autores -Xacio, Eloy Domínguez Serén, por exemplo- e os “veteranos” proseguiron as súas carreiras, con Oliver como caso excepcional: tres longas, tres seleccións en Cannes. É obvio que Oliver está noutra dimensión, xa.
A min gústame mirar a Portugal, e máis no cinema. O cinema portugués é unha máquina imparábel de fabricación de autores, cada ano vemos máis e máis nomes novos que se incorporan aos catálogos dos festivais internacionais. Persisten os mellores cineastas nacidos nos 60, 70 e 80, claro, mais xa están aí os nacidos na década dos 90, por exemplo a Leonor Teles que non tiña aínda 24 anos cando gañou o Oso de Ouro de curtametraxe na Berlinale de 2016. Se tomas a selección dos principais festivais internacionais como referencia (Cannes, Berlín, Venecia, máis Locarno e Rotterdam, por exemplo), debe haber facilmente trinta ou corenta cineastas portugueses en activo que teñen algunha medalla desas que colgarse, con curtas ou longas. Iso, ollo, ten unha contrapartida: hai trinta ou corenta cineastas competindo polos apoios do ICA, e a cifra medra cada ano. Sempre fica a dúbida de se o cinema portugués poderá absorber tanto talento, a dúbida de cantos quedarán polo camiño. Ben, o caso é que no cinema galego, á súa escala, ese “relevo” aínda non se produciu, obxectivamente. A maioría dos nomes que teñen verdadeiro recoñecemento internacional son os mesmos que o tiñan hai seis ou sete anos. Non é un reproche, é un feito. É moi fácil “matar” nun artigo o NCG, mais a realidade é que facer filmes bos non é tan doado, non está ao alcance de calquera.

Que relación tivo co "otro cine español"?
MP: simplemente penso que o NCG ten que ver cos “outros cinemas”, en xeral, cun momento de confusión e de cambio de modelo. A súa rápida implantación internacional púxoo axiña en contacto “co mundo”, non só coa periferia do cinema español, que tamén estaba xerando cousas moi interesantes.

Intentouse repetir o modelo noutros territorios?
MP: non vexo eu que o modelo se reproducise en ningures, e non só pola ausencia dun modelo de axudas como catalizador. Esa idea de “rede de apoios” tecida en Galiza non a vin, polo menos desa forma tan ampla, en ningunha outra parte do estado. Mais tamén non houbo unha Filmoteca como a nosa, nin houbo un “Acto de Primavera”, nin houbo festivais que servisen de puntos de reunión.
O que si hai, aquí e acolá, é xente nova facendo cousas interesantísimas completamente ás marxes da ortodoxia. Os vascos Ander Parody e Pablo Maraví, os andaluces Carlos Rivero, Alonso Valbuena, Miguel Rodríguez... E tamén Carmen Haro, Jorge Suárez-Quiñones Rivas, Bruno Delgado, o asturiano Pablo Casanueva. E entre algúns deles, en particular entre os andaluces, sei que hai ganas de tecer rede. Non é a primeira vez que falo deles. Se abrirá la tierra de Alonso Valbuena é a clase de película que un programador intelixente ten que defender sempre.

Por que o ICAA o outras institucións non copiaron este sistema de apoios?
MP: nin idea. Habería que preguntarlles a elas. O que non comprendo é como en Galiza outras entidades, non só a Xunta, non contribuíron a reforzar esa xeración emerxente. Máis unha vez a TVG, mais tamén deputacións, museos, fundacións, entidades e mesmo grandes empresas que teñen diñeiro para financiar o que que lles pete, uns menos e outros moitísimo máis, e que raras veces pensan que a creación cultural é un soporte interesante de promoción, ou de “facer país”. Perderon a oportunidade de colocar os seus logos nos principais centros de exhibición audiovisual do mundo. Perderon a oportunidade de sacarse a foto, en moitos casos porque eran, son e seguirán sendo uns túzaros.

Por que dez años despois aínda se sigue falando do NCG?
MP: porque os filmes están aí e o que conseguiron é incuestionábel. E porque os principais autores dos que falamos daquela seguen sendo hoxe referentes. É obvio, mais vouno dicir para que non haxa dúbidas: o principal valor do NCG son os cineastas. É Oliver, Lois, Alberto, Xurxo, os Eloys, Xacio, Peque...

Cres que o NCG morreu?
MP: se seguimos falando del, hoxe con máis naturalidade que hai dez anos, cando pensaban que era unha excentricidade miña, é porque non morreu, claro.

Que películas e cineastas destacarías?
MP: é difícil, até porque moitas películas as vin ir medrando, en diferentes montaxes, e así a miña percepción delas nunca vai ser a dun espectador que chega sen referencias á sala e as ve por primeira vez. Así que por variar respecto das longas que se citan sempre vou dicir cinco curtas que me parecen sensacionais: O cazador de Ángel Santos, Gato encerrado de Peque Varela, Montaña en sombra de Lois Patiño, Eco de Xacio Baño e A liña política de Santos Díaz. Entre as longas, encantoume ver de volta a Alberto Gracia con La estrella errante, que me gusta aínda máis que O quinto evanxeo.
O maior cineasta galego, escuso dicir, é Oliver Laxe. Pola súa intelixencia, intuición e capacidade de aprendizaxe, destacarei sempre tamén a Lois Patiño.

Xuntanza arredor do Play-Doc 2012. Autor descoñecido.


Cal é o legado do NCG?
MP: un conxunto de filmes espléndidos feito por un grupo de cineastas espléndidos. E para min, ademais, un conxunto de amigos.

Por que vos xuntastes (Sande, Pawley e González) no colectivo crítico ACTO DE PRIMAVERA?
MP: abrimos o blog “Acto de Primavera” en decembro de 2009; no blog actualmente hai artigos con data anterior, recuperados doutros lugares, principalmente os artigos do desaparecido Xornal de Galicia que salvamos antes da súa abrupta, desapiadada e maleducada eliminación. Desde a altura do “Filminho” estivo dando voltas a idea de abrir un espazo especificamente centrado ao cinema -eu tiña outro blog de temáticas máis diversas- que servise como plataforma de cousas importantes que estaban a punto de acontecer en Galiza, mais tamén no resto do mundo. Nacemos a finais de 2009, en vésperas do ano que ía cambiar todo: non foi casualidade.

Por que non se escribiu o libro do NCG?
MP: ben, si hai un, un caderno que escribiu Víctor Paz. A min propuxéronme escribir sobre o tema e rexeiteino expresamente, por múltiples razóns. Non boto en absoluto de menos un bo libro sobre o NCG. Hai vida máis aló do sistema literario.

E por que este cuestionario?
MP: porque é unha boa maneira de celebrar dez anos de bo cinema, falarmos del os que xa estabamos alí, daquela.

* * *

Para saber máis: Cuestionario a Xurxo González + Cuestionario a José Manuel Sande

luns, 6 de xaneiro de 2020

The 2019 Great Cinema Party

Definitivamente, un gran año. Hasta el punto que a los habituales cincuenta nombres se le suman en esta ocasión quince bonus tracks, una forma como otra cualquiera de no prescindir por completo de los títulos caídos en el último corte. Como siempre, la selección prioriza la diversidad, de géneros, de formatos, por más que sea consciente de que ha sido un año en el que, por ejemplo, he visto poco cine latinoamericano; también he optado por destacar algunos títulos que pueden haber pasado un tanto desapercibidos (Frankie, Good Boys, Long Shot) en perjuicio de otros (pienso sobre todo en The Irishman) que muy probablemente no son peores, pero cuyo entusiasmo (casi) generalizado estoy muy lejos de compartir (en cualquier caso, ya habrá tiempo de volver sobre ellos). Así que, aquí van los cincuenta invitados a la fiesta de este año, con la novedad de la lista de espera:

AÏNOUZ, Karim: A Vida Invisível de Eurídice Gusmão
ALMODÓVAR, Pedro: Dolor y gloria
AURAND, Ute: Rushing Green with Horses
BAUMBACH, Noah: Marriage Story
BEGOS, Joe: Bliss
BELLOCCHIO, Marco: Il traditore
BENNING, James: glory
BOHDANOWICZ, Sofia & CAMPBELL, Deragh: MS Slavic 7
BONG Joon-ho: Parasite
COSTA, Pedro: Vitalina Varela
DELGADO, Bruno: Una película en color
DIOP, Mati: Atlantique
DORSKY, Nathaniel: Colophon (for the Arboretum Cycle)
ENCISO, Eloy: Longa noite
EVERSON, Kevin Jerome: Black Bus Stop (codirectora: Claudrena N. Harold)
GARY, Ja’Tovia M.: The Giverny Document (Single Channel)
GIANIKIAN, Yervant: I diari di Angela – Noi due cineasta (2018)
GU Xiaogang: Dwelling in the Fuchun Mountains
GUTIÉRREZ, Irene: Diarios del exilio
HAARDT, Christian: A New Environment – Heinrich Klotz on Architecture and New Media
HARTMANN, Anna Sofie: Giraffe
HEISE, Thomas: Heimat is a Space in Time
HOGG, Joanna: The Souvenir
KECHICHE, Abdellatif: Mektoub, My Love: Intermezzo / Mektoub, My Love: Canto Uno (2017)
KORINE, Harmony: The Beach Bum
LAPID, Nadav: Synonymes
LAXE, Oliver: O que arde
LEVINE, Jonathan: Long Shot
LOZNITSA, Sergey: State Funeral
MANGOLD, James: Le Mans ‘66
MIIKE, Takashi: First Love
MILLER, Todd Douglas: Apollo 11
MOGUILLANSKY, Alejo: Por el dinero
NUGROHO, Garin: Memories of My Body (2018)
PANSITTIVORAKUL, Thunska: Santikhiri Sonata
PEELE, Jordan: Us
PORUMBOIU, Corneliu: La Gomera
RINLAND, Jessica Sarah: Those That, at a Distance, Resemble Another
ROSS, RaMell: Hale County This Morning, This Evening (2018)
SACHS, Ira: Frankie
SALLITT, Dan: Fourteen
SCHANELEC, Angela: I Was at Home but...
SERRA, Albert: Liberté
STUPNITSKY, Gene: Good Boys
SULEIMAN, Elia: It Must Be Heaven
SZLAM, Malena: Altiplano (2018)
TARANTINO, Quentin: Once Upon a Time… in Hollywood
WANG Xiaoshuai: So Long, My Son
WILDE, Olivia: Booksmart
ZHANG Yang: Up the Mountain (2018)

Bonus tracks: Ari y Yonay pasan el rato (Yonay Boix & Ariadna Onofri), Barbara Rubin and The Exploding NY Underground (Chuck Smith), Delphine et carole, insoumuses (Callisto McNulty), Dolemite is My Name (Craig Brewer), Être vivant et le savoir (Alain Cavalier), The Halt (Lav Diaz), High Flying Bird (Steven Soderbergh), The Mule (Clint Eastwood, 2018), Nunca subí el Provincia (Ignacio Agüero), Parsi (Eduardo Williams, Mariano Blatt), Sans Frapper (Alexe Poukine), Three Identical Strangers (Tim Wardle, 2018), Where’d You Go, Bernadette? (Richard Linklater), The Wild Goose Lake (Diao Yi’nan), Zombi Child (Bertrand Bonello).

Jaime Pena
6 de enero de 2020
* * *