Martin Pawley. Artigo completo no número 188, de maio de 2024, da revista Caimán Cuadernos de Cine, dispoñíbel nos quioscos dende o 26 de abril.
Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Losilla b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Losilla b>. Amosar todas as publicacións
venres, 26 de abril de 2024
¿Y usted de qué se ríe?
El título de esta nota es, también, el del ciclo principal que propuso en marzo la Semana del Audiovisual Contemporáneo de Oviedo, ya en su décima edición, y que se extiende a la programación anual de la ciudad a través de las ediciones de primavera y otoño de Radar y del Cine a la luz de la luna de verano. Comisariado por Pablo de María, director de SACO, y el crítico Carlos Losilla, bien conocido por quienes leen esta revista, el ciclo formula una sugerente provocación intelectual: ¿de qué es “adecuado” reírse en un cine? O, más bien, ¿hay algo ante lo cual la risa sea profundamente inapropiada? (...)
venres, 8 de marzo de 2024
E vostede de que ri?
A Semana do Audiovisual Contemporáneo de Oviedo, SACO, celebra a décima edición entre o 15 e o 24 de marzo mantendo os seus sinais de identidade característicos, entre eles os filmes-concerto (El crack de José Luis Garci e dúas obras mestras, Underworld de Josef von Sternberg e Shoes de Lois Weber, estremecedor retrato
da precariedade que destrúe vidas) e a sonorización de cadros do Museo de Belas Artes, este ano a cargo do investigador e artista Xabier Erkizia. En 2024 os filmes ordénanse arredor do lema que serve de título a este artigo a través dun ciclo ideado polo director de SACO, Pablo de María, e o crítico e profesor Carlos Losilla. "Agora que tanto se fala de humor incómodo", escribe Losilla nun texto explicativo da proposta, "cabería preguntarse se rir non foi sempre unha provocación", en especial dende unha sala de cinema. "Rir na escuridade, mentres miramos corpos que só existen como sombras e na compaña de persoas que nin sequera coñecemos, ten algo de inquietante. E se a iso lle engadimos que a risa pode proceder da caída que sofre algunha personaxe, dos lapotes que recibe ou da torta que lle dá en plena cara, á inquietude úneselle a
crueldade. Se nese momento nos preguntan E vostede de que se ri?, pode que o sorriso se nos conxele nos beizos".
Sobrevoa estas ideas un debate público que reaparece cada pouco, o dos "límites do humor". Un debate que ten
unha vertente basta, cuarteleira, cando se manifesta en forma de lamento machirulo ante o rexeitamento actual
dos chistes humillantes contra calquera colectivo marxinalizado que non hai tanto eran a norma. Mais aqueles chistes foron sempre machistas e homófobos, tamén daquela, igual que Foise co vento de Victor Fleming, coa súa nostalxia polas glorias escravistas do vello Sur, xa era racista en 1939, e O nacemento dunha nación de
Griffith, un fito incuestionábel na historia do cinema, era ideoloxicamente abxecta canda a súa estrea en 1915. O cal non quita, por suposto, que os filmes de Fleming e Griffith, eses si, posúan valores artísticos,
históricos e sociolóxicos que aconsellan a súa visión onte, hoxe e sempre, mais esa análise é compatíbel cunhas obxeccións éticas e políticas que na súa altura non eran descoñecidas. Cómpre recordar isto porque na relectura actual de obras clásicas ás veces caemos nunha impertinente forma de colonialismo que consiste en
explicarlle imaxinariamente á audiencia do pasado o equivocada que estaba na súa interpretación dos relatos, como se esa audiencia non estivese de seu en condicións de recoñecer o obvio. Do mesmo xeito, non é que hoxe leamos a Rosalía de Castro en clave feminista; simplemente a lemos hoxe sen prexuízos patriarcais e así resulta aínda máis evidente un discurso, o dela, que nunca estivo agochado.
![]() |
| Paradise Now (Hany Abu-Assad, 2005) |
Mais, voltando ao asunto das fronteiras do humor, é ben máis interesante outra vertente, a de preguntarse como é de xusto rírmonos de asuntos serios, mesmo tráxicos. Podemos rir con películas que falan da enfermidade, da morte, da pobreza ou da guerra? Podemos facer burla do imperialismo e do xenocidio? De Hitler
ríronse, e ben rido que estaba, Charles Chaplin e Ernst Lubitsch. Pode facerse hoxe comedia arredor do cerco israelí a Palestina? Non lle hai que explicar iso a un cineasta maior como o palestino Elia Suleiman en
obras de tanta sutileza e elegancia como Intervención divina ou It Must Be Heaven, ou ao seu compatriota Hany Abu-Assad, que foi quen de lanzar un dardo de humor indómito no medio do discurso de adeus dun terrorista suicida en Paradise, Now; ou, máis recentemente, aos cineastas Tarzan e Arab Nasser, irmáns e nacidos
en Gaza, que ironizan sobre as dificultades para os encontros íntimos nun territorio asediado na curta Condom Lead, ou de como o ruído bélico de fondo acaba por ser un convite indesexado á abstinencia sexual.
Nun país, o noso, que fixo bandeira da retranca como arma cívica e ferramenta de supervivencia contra o poder e os seus abusos, parece natural pensar que non só é lexítimo facer comedia con toda sorte de temas graves, senón
que a comedia é de feito unha vía especialmente lúcida para, a través da incomodidade, da subversión da orde establecida e da redución ao absurdo, reflexionarmos sobre o que hai de inxusto no sistema en que vivimos. Xa nos aprendeu Castelao hai cen anos que en moitos casos a caricatura non é tan cruel como o retrato. O retrato do mundo pinta hoxe tan feo que é moito máis xeneroso facerlle unha caricatura intelixente e, a ser posíbel, con vontade transformadora.
Martin Pawley. Publicado orixinalmente no Nós Diario, 8 de marzo de 2024, sexta feira. Pode lerse en versión española no sitio web de Roger Koza, Con los ojos abiertos.
Etiquetas:
Carlos Losilla,
Con los ojos abiertos,
Elia Suleiman,
Hany Abu-Assad,
Martin Pawley,
Nós Diario,
Pablo de María,
SACO,
Tarzan e Arab Nasser
xoves, 9 de febreiro de 2012
Publicacións do Festival de Xixón 2007
Entre a morea de festivais que se celebran en España, moitos dos cales
parecen atender ao gusto dos políticos polas alfombras vermellas máis
que a unha curiosidade real polo cinema, sobresae desde hai anos o
Festival Internacional de Xixón, que da man dun equipo eficacísimo
comandado por José Luis Cienfuegos, un director con gran personalidade,
soubo reiventarse na procura dun público heteroxéneo que inclúe por
igual aos vellos cinéfilos e aos máis novos e atentos a todo o que ula a
modernidade. A carón dunha sección oficial atrevida que aposta por
autores emerxentes que dificilmente chegarían ás salas comerciais, o
festival destaca polos seus moi estimulantes ciclos, que veñen sempre
acompañados por publicacións de desigual interese.
Paisajes y figuras: perplejos. El nuevo cine alemán 1962-1982 é o título do excelente volume coordinado por Carlos Losilla e José Enrique Monterde, que se une á espléndida serie de libros e retrospectivas que vén explorando as transformacións do cinema nos anos sesenta. A través dun total de vinte artigos o libro revisa esas dúas décadas efervescentes nas que deron os seus primeiros pasos cineastas coma Werner Herzog, Rainer Werner Fassbinder ou Wim Wenders, pero tamén outros menos coñecidos polo público (e nalgúns casos inéditos en España) coma Alexander Kluge, Harun Farocki ou a imprescindíbel parella que formaron Jean Marie Straub e Danielle Huillet. O volume complétase cun utilísimo dicionario de autores e unha pequena escolma de documentos e manifestos moi valiosos para entender o movemento e as súas intencións. A mala noticia é que con esta entrega o Festival de Xixón dá por pechada a súa participación neste proxecto de revisión dos "novos cinemas", que en conxunto queda coxo por ignorar os apaixonantes vieiros abertos nesa altura do século XX en Latinoamérica, África e Asia.
O valor da polo demais coidada monografía Shinya Tsukamoto, poeta y guerrillero del cinematógrafo é directamente proporcional ao interese que sintamos pola obra do director xaponés, que no meu caso non é moito. Pantallas depredadoras, el cine ante la cultura visual digital reúne as conferencias da edición de 2006 do curso Universo Media, e é a clase de publicación que posibelmente teña máis sentido en formato PDF que editada en papel. O mesmo vale para os dous volumes da colección Artefactos de lectura presentados este ano, que xa desde o nome revelan a súa condición híbrida de folletos que pretenden parecer libros. O número 1, sorprendentemente pouco atractivo, acolle diversos textos que presentan a obra dos homenaxeados Pawel Pawlikowski, Danielle Arbid e Carlos Reygadas. Máis fermoso é o caderno Algunos paseos por la ciudad de Sylvia, compilación urxente de artigos sobre os filmes de José Luis Guerín aos que se refire o título, pero non por ter unha presentación vistosa deixa de ser un "capricho sofisticado" máis que un libro en si.
Paisajes y figuras: perplejos. El nuevo cine alemán, 1962-1982. Edición de Carlos Losilla e José Enrique Monterde. 428 páxinas | Pawel Pawlikowski, Danielle Arbid, Carlos Reygadas: Claves para tres miradas. Colección Artefactos de Lectura, número 1. Textos de Maxine Baker, Miguel Cane, J. C. Gea, Marcelo Panozzo, Jaime Pena e Tino Pertierra. 60 páxinas | Algunos paseos en la ciudad de Sylvia. Coordinadores: Carlos Losilla e Jaime Pena. Colección Artefactos de Lectura, número 2. 72 páxinas | Pantallas depredadoras: el cine ante la cultura visual digital. Vicente Domínguez (editor). 180 páxinas | Shinya Tsukamoto: poeta y guerrillero del cinematógrafo. José Luis Rebordinos (editor). 172 páxinas.
Martin Pawley. Publicado en PROTEXTA, Suplemento de libros da revista TEMPOS NOVOS, nº 5, inverno 2008.

sábado, 27 de novembro de 2010
Volver a Truffaut
Número 6 da nova etapa de Nosferatu, unha publicación auspiciada por Donostia Kultura que mudou o formato revista por libro centrándose ata agora en cineastas xa falecidos ou tendencias xenéricas da Historia do cine. Neste caso establécese un proveitoso esbozo de retrato, ensaio exploratorio en torno á figura do cineasta francés François Truffaut (1926-1984), figura histórica reverenciada pola cinefilia que, ao igual que Chaplin ou Fellini, sufriu unha sensible merma na estima dos analistas especializados nos últimos anos.
Coordinado por Carlos Losilla, o libro analiza en dúas partes a súa traxectoria, entendida como ponte da modernidade ou en expresión de Javier Rebollo, “un dos verdadeiros pais do cine moderno: o que soubo unir América con Europa, o que quere ligar o espectáculo co íntimo e popular, a crítica co home da rúa”. O exceso, a paixón absoluta, a obsesión pola infancia ou a ambigüidade ideolóxica amosan os fragmentos dun home excesivo, incansable defensor do cine como arte da prosa.
A primeira parte do libro nos achega ao Truffaut crítico, as pisadas de figuras influentes (Rossellini, Hitchcock, Godard) e do cine estadounidense, os vínculos coa literatura -adaptacións de Bradbury, Irish ou Henry James- e mesmo os nexos en forma de tributo por parte de Kobayashi ou Tsai Ming-liang. A segunda amosa as súas cuestións capitais: a infancia, o amor, o retrato feminino ou as súas pegadas noutros directores. Un repaso bibliográfico e a extraordinaria, clarividente relación epistolar –en Truffaut que era esencial a correspondencia– entre Carlos Losilla e o director Javier Rebollo confiren ao libro un halo de sentida reescritura, de imaxinativa mirada sobre o creador de Antoine Doinel.
José Manuel Sande. Publicado en Xornal de Galicia o sábado 27 de novembro de 2010

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)