Amosando publicacións coa etiqueta Pablo de María. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pablo de María. Amosar todas as publicacións

venres, 26 de abril de 2024

¿Y usted de qué se ríe?

El título de esta nota es, también, el del ciclo principal que propuso en marzo la Semana del Audiovisual Contemporáneo de Oviedo, ya en su décima edición, y que se extiende a la programación anual de la ciudad a través de las ediciones de primavera y otoño de Radar y del Cine a la luz de la luna de verano. Comisariado por Pablo de María, director de SACO, y el crítico Carlos Losilla, bien conocido por quienes leen esta revista, el ciclo formula una sugerente provocación intelectual: ¿de qué es “adecuado” reírse en un cine? O, más bien, ¿hay algo ante lo cual la risa sea profundamente inapropiada? (...)

Martin Pawley. Artigo completo no número 188, de maio de 2024, da revista Caimán Cuadernos de Cine, dispoñíbel nos quioscos dende o 26 de abril.

venres, 8 de marzo de 2024

E vostede de que ri?

A Semana do Audiovisual Contemporáneo de Oviedo, SACO, celebra a décima edición entre o 15 e o 24 de marzo mantendo os seus sinais de identidade característicos, entre eles os filmes-concerto (El crack de José Luis Garci e dúas obras mestras, Underworld de Josef von Sternberg e Shoes de Lois Weber, estremecedor retrato da precariedade que destrúe vidas) e a sonorización de cadros do Museo de Belas Artes, este ano a cargo do investigador e artista Xabier Erkizia. En 2024 os filmes ordénanse arredor do lema que serve de título a este artigo a través dun ciclo ideado polo director de SACO, Pablo de María, e o crítico e profesor Carlos Losilla. "Agora que tanto se fala de humor incómodo", escribe Losilla nun texto explicativo da proposta, "cabería preguntarse se rir non foi sempre unha provocación", en especial dende unha sala de cinema. "Rir na escuridade, mentres miramos corpos que só existen como sombras e na compaña de persoas que nin sequera coñecemos, ten algo de inquietante. E se a iso lle engadimos que a risa pode proceder da caída que sofre algunha personaxe, dos lapotes que recibe ou da torta que lle dá en plena cara, á inquietude úneselle a crueldade. Se nese momento nos preguntan E vostede de que se ri?, pode que o sorriso se nos conxele nos beizos".

Sobrevoa estas ideas un debate público que reaparece cada pouco, o dos "límites do humor". Un debate que ten unha vertente basta, cuarteleira, cando se manifesta en forma de lamento machirulo ante o rexeitamento actual dos chistes humillantes contra calquera colectivo marxinalizado que non hai tanto eran a norma. Mais aqueles chistes foron sempre machistas e homófobos, tamén daquela, igual que Foise co vento de Victor Fleming, coa súa nostalxia polas glorias escravistas do vello Sur, xa era racista en 1939, e O nacemento dunha nación de Griffith, un fito incuestionábel na historia do cinema, era ideoloxicamente abxecta canda a súa estrea en 1915. O cal non quita, por suposto, que os filmes de Fleming e Griffith, eses si, posúan valores artísticos, históricos e sociolóxicos que aconsellan a súa visión onte, hoxe e sempre, mais esa análise é compatíbel cunhas obxeccións éticas e políticas que na súa altura non eran descoñecidas. Cómpre recordar isto porque na relectura actual de obras clásicas ás veces caemos nunha impertinente forma de colonialismo que consiste en explicarlle imaxinariamente á audiencia do pasado o equivocada que estaba na súa interpretación dos relatos, como se esa audiencia non estivese de seu en condicións de recoñecer o obvio. Do mesmo xeito, non é que hoxe leamos a Rosalía de Castro en clave feminista; simplemente a lemos hoxe sen prexuízos patriarcais e así resulta aínda máis evidente un discurso, o dela, que nunca estivo agochado.

Paradise Now (Hany Abu-Assad, 2005)

Mais, voltando ao asunto das fronteiras do humor, é ben máis interesante outra vertente, a de preguntarse como é de xusto rírmonos de asuntos serios, mesmo tráxicos. Podemos rir con películas que falan da enfermidade, da morte, da pobreza ou da guerra? Podemos facer burla do imperialismo e do xenocidio? De Hitler ríronse, e ben rido que estaba, Charles Chaplin e Ernst Lubitsch. Pode facerse hoxe comedia arredor do cerco israelí a Palestina? Non lle hai que explicar iso a un cineasta maior como o palestino Elia Suleiman en obras de tanta sutileza e elegancia como Intervención divina ou It Must Be Heaven, ou ao seu compatriota Hany Abu-Assad, que foi quen de lanzar un dardo de humor indómito no medio do discurso de adeus dun terrorista suicida en Paradise, Now; ou, máis recentemente, aos cineastas Tarzan e Arab Nasser, irmáns e nacidos en Gaza, que ironizan sobre as dificultades para os encontros íntimos nun territorio asediado na curta Condom Lead, ou de como o ruído bélico de fondo acaba por ser un convite indesexado á abstinencia sexual.

Nun país, o noso, que fixo bandeira da retranca como arma cívica e ferramenta de supervivencia contra o poder e os seus abusos, parece natural pensar que non só é lexítimo facer comedia con toda sorte de temas graves, senón que a comedia é de feito unha vía especialmente lúcida para, a través da incomodidade, da subversión da orde establecida e da redución ao absurdo, reflexionarmos sobre o que hai de inxusto no sistema en que vivimos. Xa nos aprendeu Castelao hai cen anos que en moitos casos a caricatura non é tan cruel como o retrato. O retrato do mundo pinta hoxe tan feo que é moito máis xeneroso facerlle unha caricatura intelixente e, a ser posíbel, con vontade transformadora.

Martin Pawley. Publicado orixinalmente no Nós Diario, 8 de marzo de 2024, sexta feira. Pode lerse en versión española no sitio web de Roger Koza, Con los ojos abiertos

mércores, 5 de abril de 2023

Festival SACO en Oviedo: cinema para todos os públicos

Hai apenas unha década Oviedo carecía dunha programación cultural de cinema normalizada e a oferta fílmica cinguíase ás estreas comerciais nas salas privadas e algún que outro ciclo. A invención, por parte de Pablo de María, dende entón o director, da Semana del Audiovisual Contemporáneo de Oviedo (SACO, www.semanasaco.com), aspiraba a encher ocos para achegarlle ao público local unha escolma das moitas películas que non se exhibían na cidade a través de proxeccións gratuítas no céntrico teatro Filarmónica. A primeira edición foi prudentemente modesta mais a positiva resposta da cidadanía alentou un paulatino e sostido crecemento que permitiu que en só dous anos o festival se reforzase cunha programación anual estábel, Radar, con sesións xoves e domingo no mesmo teatro, e un ciclo de verán, Cine a la luz de la luna, que ofrece películas ao aire libre nos barrios. Das 1400 persoas que gozaron da proposta de SACO en 2015 pasaron ás máis de 73000 en 2019, o último ano completo non afectado polas restricións pandémicas, uns números que dan boa medida do seu éxito.

Unha vez que o programa Radar permitiu presentar arredor de setenta filmes ao longo do ano, tanto estreas de cinema de autor como retrospectivas dedicadas a cineastas (Ida Lupino, Truffaut ou Robert Siodmak), a semana (realmente, dez días) de festival puido redefinir os seus contidos para asentarse como unha proposta diferente, singular: a aposta de SACO foi poñer o foco nas sinerxías creativas do cinema con outras formas artísticas e o recoñecemento dos oficios do cinema. As sesións con música en vivo pasaron a ser un elemento central, cunha actividade en particular que xa se converteu nun clásico, a proxección dun filme (Vértigo, O mago de Oz ou, en 2023, Cantando baixo a chuvia) coa interpretación en directo da súa banda sonora por parte da orquestra Oviedo Filarmonía. Mais a mestura de música e imaxes pode derivar en máis audaces maridaxes coma o tributo de Lagartija Nick á xeración do 27 o ano pasado ou o moi estimulante acompañamento sonoro que en marzo fixo El Niño de Elche a dous referentes da vangarda surrealista, Un perro andaluz de Luis Buñuel e A cuncha e o reverendo de Germaine Dulac.

Fotografía: Iván Martínez / SACO

SACO tende pontes, tamén, entre o cinema e as artes plásticas. Unha cita obrigada é a visita ao excelente Museo de Belas Artes de Oviedo conducida por un cineasta, oportunidade que xa viviron Albert Serra, Manuel Martín Cuenca ou Arantxa Aguirre. En 2023 a visita tivo un guía de luxo, o director de fotografía José Luis Alcaine, auténtica lenda cuxa filmografía, que comeza nos anos 60, é case un completo “quen é quen” do cinema español: Francisco Regueiro, Josefina Molina, Narciso Ibáñez Serrador, Juan Antonio Bardem, Cecilia Bartolomé, Vicente Aranda, Manuel Gutiérrez Aragón, Víctor Erice, Montxo Armendáriz, Fernando Fernán Gómez, Carlos Saura, Bigas Luna, Pilar Miró e por suposto Pedro Almodóvar, con quen segue traballando na actualidade. Unha conversa con Alcaine, colaborador tamén de Brian de Palma, equivale a asistir a unha “masterclass”; ten un discurso rigoroso e amósase disposto a dar detalladas explicacións. No seu percorrido polo museo insistiu na enorme importancia que para el ten xustificar en cada plano de onde vén a luz e o seu porqué, para facer burla deses filmes nos que até o agocho dunha bruxa está escandalosamente iluminado por ducias de candeas.

A colaboración do festival co museo produce outro feliz resultado, El sonido del arte, que en edicións anteriores invitou deseñadores de son a crear ambientes para os cadros que elixan do centro. Na quinta edición desta iniciativa a persoa convidada foi El Niño de Elche, que seleccionou media ducia de pinturas arredor da idea da caída, o descendemento e o martirio para poñerlles voz e evocar sentimentos de sufrimento e rebeldía, da desesperación dunha nai ante un fillo morto ao berro da clase obreira ante as violencias que afogan. 

SACO cultivou dende o inicio a amizade doutros festivais peninsulares, do FCAT de Tarifa, sobre cinema africano, aos portugueses Curtas de Vila do Conde e Porto/Post/Doc, que protagonizan actividades específicas. Unha oferta atractiva e diversa para todos os públicos, incluído o infantil, que ben podía servir de inspiración para algúns concellos galegos. 

Martin Pawley. Artigo publicado no Nós Diario o 5 de abril de 2023, cuarta feira.

luns, 24 de xuño de 2019

SACO 2019: El desafío de reinventar un festival

Cuándo nació en 2015 a iniciativa de su director, Pablo de María, la Semana del Audiovisual Contemporáneo de Oviedo aspiraba a aumentar la oferta fílmica de la ciudad, en ese momento limitada a las salas comerciales y algunos ciclos temáticos. SACO presentaba una muestra de los cientos de películas contemporáneas que, aún teniendo distribución en España, no llegaban a Oviedo, como sucedía aquel año con La profesora de parvulario de Nadav Lapid o Costa da morte de Lois Patiño, mostradas en sesiones gratuitas en el céntrico Teatro Filarmónica. Abría espacio además a los creadores más cercanos -Marcos Merino, Ramon Lluis Bande- y apostaba por la colaboración con un sobresaliente festival portugués, Curtas de Vila do Conde, del que se valoraba su línea estética y modelo de funcionamiento.

La estimulante respuesta de público animó un asombroso crecimiento. Edición tras edición, SACO ha ido definiendo un sólido esquema de contenidos. laSEMA, nombre asignado a la programación infantil, lleva en colaboración con el festival de Clermont-Ferrand una selección de cortos a trece mil escolares. La invitación al viaje, sección a cargo de Elena Duque, propone un paseo por obras esenciales del cine experimental, desde este año en proyección analógica. De la poesía de la intimidad y la experiencia doméstica de Marie Menken, Stan Brakhage, Guy Sherwin, Joyce Wieland y Jonas Mekas al trabajo directo sobre el material fílmico mediante toda suerte de técnicas de Phil Solomon, Naomi Uman, la autora de collage en movimiento Cécile Fontaine, de nuevo Brakhage (que sirve para casi todo) y Carole Schneemann.

laMESTA explora la relación entre el cine y otras formas artísticas. Las proyecciones con música en vivo son un eje del festival, con el Teatro Campoamor como escenario noble. El plato fuerte, el pase de El Mago de Oz de Victor Fleming con la orquesta Oviedo Filarmonía interpretando en tiempo real su banda sonora, que continuaba la experiencia del año precedente con Vértigo de Alfred Hitchcock. Este año, además, se revisó a Buster Keaton acompañado por la música de Jordi Sabatés y la danza y percusión de Camut Band, y el Caligari de Robert Wiene con las creaciones sonoras del Cabinet Quartet, una producción del festival en estreno absoluto. laMESTA ha convertido también en tradición la visita al Museo de Bellas Artes de Asturias guiada por un cineasta; esta vez, Samuel Alarcón, que sucedía a Sergio G. Sánchez, Albert Serra y Martín Cuenca. La colaboración con el museo sumó una original propuesta, El sonido del arte, que invitó a dos diseñadores de sonido, Óscar de Ávila y José Tomé, a crear ambientaciones sonoras para seis cuadros emblemáticos del centro.

No faltan, por supuesto, las sesiones de cine sin añadidos, de Pájaros de verano de Ciro Guerra a Trote de Xacio Baño. Pero desde 2017 SACO se extiende todo el año con una programación estable, Radar, que a menudo cuelga el cartel de “no hay billetes” en el Filarmónica. El paisaje ahora sí es diverso y eso obliga a reinventar el festival, que ya no necesita ser una colección de estrenos ausentes de la cartelera. Un hermoso desafío para sus responsables, avalados por el entusiasmo de una audiencia fiel.

Martin Pawley. Artigo para o número de maio de 2019 de Caimán - Cuadernos de Cine.

venres, 8 de xaneiro de 2016

Entrevista a Miguel Gomes: "A única maneira de dar un ollar máis complexo e xusto sobre a realidade é xuntala ao imaxinario"

A entusiasta acollida no Festival de Cannes sinalaba As Mil e Uma Noites de Miguel Gomes coma un dos acontecementos cinematográficos de 2015. A preestrea portuguesa tivo lugar en xullo no Curtas de Vila do Conde, o mesmo certame onde dezaseis anos antes o director presentara o seu primeiro filme, Entretanto, e a masiva resposta do público confirmou a expectación ante unha obra monumental. As Mil e Uma Noites é un eloxio da narración e da palabra, da necesidade de inventarmos contos para entender mellor a realidade, e para iso acumula unha colección inmensa de historias inspiradas no traballo de investigación previo dun grupo de xornalistas. Historias grandes e pequenas, verdadeiras e fantasiosas, que se entrelazan para facer a crónica extraordinaria dun Portugal en crise e reformular o que debe ser hoxe o cinema político. En Vila do Conde conversamos sobre este proxecto épico co Miguel Gomes.

Unha vez visto o filme, a decisión de dividilo en tres volumes parece lóxica, mais non era así a priori. En que momento es consciente de que non vas ter un filme típico?
Na rodaxe, que durou máis dun ano, mentres un montador facía primeiras versións de cada historia, nós estabamos aínda escribindo as seguintes e os xornalistas seguían investigando. Estabamos tan dentro do proceso de facer o filme, que a estrutura era algo para deixar para máis adiante. O importante era construír o máximo posíbel. Foi na montaxe cando entendín que o filme eran tres. Había historias suficientes e achei que non debía renunciar a nada, non facer un best of. Tiña material para facer tres filmes moi distintos e iso atraíame. Sentín que cada volume podía ser unha experiencia de cinema diferente.