Amosando publicacións coa etiqueta Bernardo Atxaga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bernardo Atxaga. Amosar todas as publicacións

venres, 1 de marzo de 2024

El contraste y la sorpresa. Entrevista a Bernardo Atxaga.

Premio Nacional de las Letras en 2019 (y treinta años antes, Premio Nacional de Narrativa por Obabakoak), Bernardo Atxaga (Asteasu, 1951) ha cultivado tanto la literatura infantil y juvenil como la novela, la poesía, el teatro y el ensayo para personas adultas en una obra que a menudo muestra las huellas de su cinefilia. Su libro más reciente, Exteriores del paraíso (Cuatro Lunas, sello de la editorial Kalandraka), entremezcla formas y géneros para explorar temas fundamentales de su universo creativo -el amor, la muerte o la comprensión de las flaquezas humanas- con un poso de humor alejado de la crueldad y una búsqueda decidida de la iluminación y la belleza que se encuentra en lo cotidiano.

Para su generación el cine fue un refugio en tiempos oscuros, una ventana al mundo y la opción de entretenimiento más accesible. ¿Qué supuso para usted en su infancia y adolescencia?
Nací en 1951 en un pueblo de Guipúzcoa, Asteasu, y viví allí durante toda mi infancia, hasta los primeros sesenta. La sala de cine más cercana, en Villabona, quedaba a cuatro kilómetros. Algunos domingos, después de cantar las Bezperak (“Vísperas”) en la iglesia, cogíamos las bicicletas y marchábamos allá a ver la película que tocara. La experiencia era extraordinariamente intensa, porque en todos los asuntos de la vida la intensidad depende del contraste y de la sorpresa. Pasar de las salmodias y los cantos en latín, y de un viaje de media hora por el vallecito verde que unía Asteasu con Villabona, a las imágenes de Helena de Troya o de Los vikingos me causaba una gran impresión. Porque, además, yo era, en el mejor sentido de la palabra, un aldeano. No era como los niños que en ese momento vivían en Tolosa o en San Sebastián, que empezaban a ver películas con cuatro o cinco años y se hacían “intelectuales” antes de llegar a los doce. “¡Helena de Troya, tu nombre quedará grabado con letras de fuego!”, decía alguien en la película de Robert Wise, y eso mismo me ocurría a mí con lo que veía y oía en aquella sala de cine, que por cierto se llamaba Gurea. Por esa razón me acuerdo de la frase, como también del halcón del vikingo más temible, Kirk Douglas. En ese sentido el cine no fue un refugio. En el vallecito verde los tiempos no me parecían oscuros. Sí fue en cambio una ventana a la historia del mundo, a unas formas de vida tan diferentes a la mía que, literalmente, me dejaban deslumbrado (...)

Martin Pawley. Entrevista completa a Bernardo Atxaga no número 186, de marzo de 2024, da revista Caimán Cuadernos de Cine, dispoñíbel nos quioscos dende o 23 de febreiro. 

sábado, 2 de decembro de 2023

O rastro do poético. Entrevista a Bernardo Atxaga.

Bernardo Atxaga. Imaxe: Jone Irazu.
Escritor Galego Universal en 2014 e Premio Nacional das Letras Españolas en 2019, o vasco Bernardo Atxaga é unha figura de referencia da literatura contemporánea en diferentes formatos e rexistros, autor de libros memorábeis que van de Obabakoak e Memorias dunha vaca a Sete casas en Francia, entre outras. Visita Galiza para presentar no Culturgal Exteriores do paraíso (Kalandraka), obra que transcende etiquetas e que mostra a súa capacidade para captar detalles reveladores da condición humana. 

Antes de nada, como está?
Ben, estou ben, mais teño a sensación de estar como nunha paréntese. Non sei como será de longa, mais teño a sensación de que debo facer un punto e aparte, teño que pensar. Teño que pensar o futuro en cifras pequeniñas. Quero dicir, pensar a cinco anos vista, que ao mellor xa é moito. Non é un momento agre, en absoluto, até ten certa dozura a sensación de estar aquí despois de tanto tempo e de que a miña cabeza segue traballando, que é moito máis nova a miña cabeza ca o meu corpo. Quizais se deba a que o meu corpo ten que adaptarse aínda a esa situación, a esa descompensación entre a cabeza e o corpo. 

Este “punto e aparte” pode mudar a túa visión da literatura, facela máis independente dos formatos canónicos?
Pola miña propia experiencia como lector, non creo en ningunha clase de padróns. Paréceme que actúan de forma contraria ao que exixe a literatura, os padróns actúan á contra, son factores negativos que levan ao estereotipo, ao tópico literario. Quizais de aquí en adiante saian cousas máis fragmentarias. Alí onde eu vexo o que me parece unha mina poética, vou aló e intento tirar algo desa mina. Poden ser fragmentos de vinte páxinas, de corenta ou de catro. Teño na mesa unha morea de escritos e materiais e o único que me falta, outra vez, é o corpo. Fisicamente non estou a punto. Cánsome demasiado escribindo, preciso certa concentración (...)

Martin Pawley. Entrevista completa publicada no Sermos Galiza que acompaña o Nós Diario do sábado 2 de decembro de 2023. As persoas subscritas poden lela en liña neste enderezo.

domingo, 18 de xaneiro de 2015

Días de Nevada

De agosto de 2007 a xuño de 2008 o escritor Bernardo Atxaga viviu coa súa muller e fillas en Reno, atendendo o convite do Centre for Basque Studies da Universidade de Nevada. Da experiencia nace Días de Nevada, que vén sendo coma un blog -sublime- mais en papel, un libro-cóctel que mestura o relato ordenado e cronolóxico dos meses vividos nos Estados Unidos -as viaxes, os episodios cotiás, os primeiros pasos da campaña electoral de Barack Obama e Hillary Clinton, os sucesos tráxicos que trae a prensa- con reflexións, recordos persoais e exploracións narrativas como a que evoca a figura, fascinante e terríbel, do boxeador Paulino Uzcudun. O resultado é plenamente coherente co universo de Atxaga, que se mantén sempre vivo independentemente da carcasa que o envolve, sexa a da novela canónica de aventuras como na excepcional Sete casas en Francia, ou se, como acontece nesta, adopta unha pluralidade de formas que nos inducen a falar de hibridación de xéneros. Asombra, máis unha vez, a eficacia da prosa do guipuscoano, a súa habilidade para emocionar dende a contención, para dicir sen dicir, para crear ecos que van e volven: as mortes na familia, as xuntanzas, os desencontros, a magnificencia dunha natureza que escapa da comprensión humana, os animais (ameazadores, tamén inevitabelmente atraentes), a violencia e o mal (e o medo que provocan). En Días de Nevada fúndense a realidade e os soños, os feitos e as fábulas, o pasado e o presente, igual que na cabeza anciá da nai do escritor non hai outro "hoxe" que a distante adolescencia en Eibar. Non somos máis ca memoria; memoria, amor e compaixón, a mesma que leva a Sara, a filla, a chorar sen consolo polo destino fatal de King Kong: el facíao sen querer, e os outros, querendo, di. Unha frase que, por si soa, desvela a inmensa nobreza do autor.

Martin Pawley

sábado, 18 de abril de 2009

Unha sinfonía do horror

“Estamos afeitos a escoitar as noticias máis estarrecedoras coma un ruido de fondo”, dicía non hai moito Bernardo Atxaga nunha entrevista. Os conflitos violentos e as crises humanitarias aparecen polos informativos con insospeitada lixeireza, ocupan as capas dos xornais uns días para logo desaparecer da memoria con avergoñante rapidez, sepultados polos irrelevantes asuntos de actualidade que enchen acotío os medios, nomeadamente leas partidistas, que non políticas, tratadas co rigor intelectual dunha pelexa de hooligans. Os asuntos que deberían ocupar o noso tempo –a pobreza, a desigualdade, o acoso ás liberdades, aquí e acolá– convírtense en notas a pé de páxina, apenas unha mera descrición caritativa do sufrimento alleo que non procura nin esixe solucións e asume que as traxedias e as inxustizas son un mal menor inevitábel.

Atxaga quixo enfrontarse a ese runrún molesto. “Interesábame falar sobre o horror de maneira que se puidera escoitar, e por iso elixín a comicidade sinistra. Por explicalo cun símil musical, había que quitar violíns e deixar un texto non ecualizado no que o lector vaia polo libro coma unha novela de aventuras e de súpeto pare e se pregunte que estou lendo”. Atopou o escenario axeitado para as súas intencións no Estado Libre do Congo durante o reinado de Leopoldo II de Bélxica, único propietario –si, leron ben, propietario– de todo o territorio. En menos de tres décadas a cabalo entre o século XIX e o XX o exército belga masacrou a poboación do Congo nun dos maiores xenocidios da historia; as estimación actuais falan de oito ou dez millóns de mortos por causa da fame e os ataques indiscriminados. Transformado o país nunha leira da cal tirar proveito económico, principalmente grazas ao caucho, o réxime colonial escravizou os congoleños para impoñerlles unhas cotas de produción desmedidas; o castigo por non satisfacelas era a morte, que se probaba coa entrega dunha man cortada do defunto. O número de mans cortadas acabou por ser unha medida do rendemento dos soldados belgas, que mesmo eran recompensados pola súa eficacia amputadora.

É nese contexto que se desenvolve o libro de Atxaga, ambientado en 1903 no destacamento militar de Yangambi, “lonxe de calquera lugar coñecido”. A misión dos soldados é organizar o negocio do caucho, de cuxa extracción se encargan escravos africanos controlados por homes coa súa mesma cor de pel que exercen a ingrata tarefa de xefes e verdugos a cambio das migallas dunha industria que lle proporciona aos brancos uns ingresos fabulosos. Afastados dos seus fogares e aborrecidos, inquedos tan só por unha posíbel revolta local que non se chegará a producir, os militares matan o tempo disfrutando dos envíos que lles chegan desde Europa –botellas de champaña, galletas e salami– mentres procuran un sobresoldo traficando con caoba e marfil, como fai o capitán Lalande Biran, que arela reunir os cartos precisos para mercar as sete casas en Francia que a súa muller Christine lle reclama carta tras carta. A novela comeza coa chegada ao destacamento de Chrysostome Liège, un mozo parco en palabras que se revela coma un tirador infalíbel. A súa extraordinaria puntería xera tanta desconfianza entre os seus compañeiros coma o seu comportamento virtuoso, inesperado nun rexemento de homes que colman os seus desexos sexuais recollendo mulleres das vilas para violalas. Chrysostome é chamado de ‘pédé’, de ‘maricallo’ na tradución galega, mais a súa actitude realmente ten outras razóns: é froito dun dobre shock infantil, a visión dun home magoado pola sífilis e os posteriores sermóns dun crego que o convence de que o camiño do éxito é o da castidade e pon nas súas mans o primeiro mosquetón, cousa que encaixa ben cunha certa tradición cristiá que ollaba con máis consideración os delitos de sangue que os pecados da carne. No Congo Chrysostome coñecerá unha muller que fará cambalear a súa rectitude moral, nun momento no que o destacamento se mobiliza na preparación dun acto que nace dunha ocorrencia caprichosa do Rei Leopoldo, a instalación dunha estatua da Virxe. Como é previsíbel, no desenlace da novela Eros terá todas as de perder fronte a Tánatos.

Sete casas en Francia supón un radical cambio de rexistro na escrita de Atxaga, que demostra outra vez o brilante pulo narrativo que xa lle coñeciamos, mais sen caer nos excesos simbólicos e as recaídas melindrosas que murchan algunhas das súas obras anteriores. O escritor vasco mira en fite o horror e relátao sen efectismo para compoñer un conto moral sobre a vileza, a corrupción e as tebras que aniñan no corazón dos seres humanos. A prosa vibrante que se ergue sobre unha sólida estrutura novelística dá como resultado un libro excepcional, un verdadeiro salto adiante que sitúa a Bernardo Atxaga, esta vez si, no espazo reservado para os grandes.

Martin Pawley. Publicado no suplemento Nós de Xornal de Galicia o sábado 18 de abril de 2009