sábado, 29 de xuño de 2024

Especial "Cineastas estadounidenses de los 70" en Caimán Cuadernos de Cine

HOMBRES ENAMORADOS: En la reseña que Janet Maslin escribió para el New York Times de Primer Amor (First Love, 1978) recriminaba a la directora, Joan Darling, “mostrarse tan peculiarmente misógina como otras mujeres cineastas como Elaine May y Lina Wertmüller”. Para la crítica, a los personajes femeninos principales (Susan Dey, Beverly D’Angelo) les encajaban calificativos como “frívola” y “depredadora”, mientras la película hacía del protagonista (William Katt) alguien “demasiado bueno para cualquiera de las dos amantes" (...)

HESTER STREET: Hija de inmigrantes judíos, Joan Micklin Silver (1935-2020) creció con las historias de su padre, que llegó de Rusia a los Estados Unidos con doce años. Para su primera película, la directora quiso explorar sus orígenes a través de una novela de Abraham Cahan de 1896, Yekl: A Tale of a New York Ghetto, pero el camino no resultó fácil (...)

THE MAFU CAGE: Al inicio de la película, la cámara se pasea por una estancia que rebosa vegetación y elementos decorativos africanos, un pastiche delirante, para detenerse finalmente en una joven tendida en una hamaca, Carol Kane (...)

NADIE OYÓ GRITAR [JUSTE UNE IMAGE]: Son casi las diez de la noche y una mujer está aún trabajando en una oficina en alguna zona industrial. Fuera, un hombre se prepara para cerrar un puesto de café y comida. Cuando por fin ella sale y se encamina tranquila hacia su casa, él empieza a seguirla, le grita “Hey, beautiful”, le silba. Ella se da cuenta de su presencia amenazadora y se inquieta (...)

Martin Pawley. Textos completos no número 190, de xullo-agosto de 2024, da revista Caimán Cuadernos de Cine, dispoñíbel nos quioscos dende o 28 de xuño.

martes, 25 de xuño de 2024

Entrevista a José Manuel Costa: "Un filme só está conservado se pode ser exhibido ao público"

É un erudito do cinema próximo, cheo de rigor e coa enerxía incólume. Foi o máximo responsable da Cinemateca Portuguesa até a súa recente xubilación. Falar con Costa, na que foi unha das súas últimas entrevistas concedidas en activo, permite describir con paixón a historia dun proceso coherente, marcado pola esixencia, lonxe do desleixo e inacción propias das políticas culturais da nosa contorna (...)

Cal é a función dunha filmoteca?
A nosa primeira misión é conservar o patrimonio, garantir a súa supervivencia para as xeracións futuras e traballar a prol da súa difusión. Hai tres áreas tradicionais nas cinematecas: o arquivo propiamente dito e as estruturas de conservación; a sala de cinema, que é o lugar nobre onde termina a conservación, pois un filme só está conservado se pode ser exhibido ao público; e, finalmente, o coñecemento, un centro de documentación onde está gardada a memoria. A Cinemateca Portuguesa ten un centro de conservación, a uns 30 km de Lisboa, con depósitos climatizados para filmes de todas as épocas e apto para toda a cadea de traballo asociada: investigación, catalogación, reparación, restauración, hoxe en día tamén a dixitalización. No centro de Lisboa hai un espazo con dúas salas de cinema, a sala “principal”, con capacidade para 230 persoas, e outra máis pequena na que facemos repeticións de filmes, sesións de cinema máis marxinal, conferencias, debates etc. Xunto a iso temos un centro de documentación, unha biblioteca pública especializada en cinema, unha libraría... Temos aínda un terceiro lugar no centro de Lisboa, o que chamamos “Cinemateca Junior”, que empregamos para iniciar a rapazada e a mocidade no coñecemento e a experiencia do cinema. É o diálogo entre todas elas o que constitúe a propia idea de Cinemateca. Por iso insisto: non é só un arquivo no sentido de lugar onde se gardan filmes e eventualmente se restauran, non é só unha sala de cinema, non é só un centro de documentación, é a integración disto todo.
Vale a pena suliñar no noso caso dúas cousas. Primeiro, que conservar o cinema significa conservalo na súa tecnoloxía orixinal, e dende o final do século XIX até o principio do século XXI o cinema fíxose en película cinematográfica. Para nós é moi importante que os filmes feitos así sexan conservados e sempre que for posíbel exhibidos ao público neses soportes. Na actualidade estamos a desenvolver un programa sistemático de dixitalización en alta definición de todo o cinema portugués; comprendemos que hoxe é indispensábel para que os filmes poidan ser difundidos no país e no estranxeiro, mais esta necesidade non elimina a nosa preocupación polo soporte orixinal. As futuras xeracións só poden comprender o cinema do século XX no sentido máis profundo se coñeceren con que tecnoloxía foi feito e como era visto.
Outro aspecto destacado da nosa identidade é a importancia que damos á programación. Dende que a partir de 1980 tivemos sala propia até hoxe desenvolvemos unha tradición de programación permanente de toda a historia do cinema: para nós é identitario o principio de que na Cinemateca todos os días se exhiben filmes de todas as épocas, dende os primordios no fin do século XIX até os nosos días (...)

Martin Pawley e José Manuel Sande. Entrevista completa dispoñíbel no número 128 da revista Luzes.

domingo, 23 de xuño de 2024

Entrevista a Viggo Mortensen: "Aprendín a facer poesía e a actuar ensaiando, tropezando para intentar construír algo novo"

Actor de celebridade e prestixio mundial, Viggo Mortensen (Nova York, 1958) visitou A Coruña por un motivo sorprendentemente menos coñecido, o seu labor poético, como participante no rigoroso ciclo dirixido por Yolanda Castaño, recente Premio Nacional de Poesía, Poetas di(n)versos. Esta entrevista permitiu tratar algunhas das cuestións cruciais da súa traxectoria profesional e transmitir as pegadas do seu propio fervor literario.
Mortensen, de pai danés e nai estadounidense, pasou parte da súa infancia en terras arxentinas, vive en Madrid e filma polo mundo adiante. Políglota e auténtico, talentoso e versátil, tamén fotógrafo, músico ou pintor así como creador dun exquisito proxecto editorial, Perceval Press, escoitalo é lembrar unha vida intensa e revisitar parte do cinema contemporáneo, un tránsito iniciado nos anos 80, con fitos tan relevantes como o seu cabaleiro Aragorn da triloxía The Lord of the Rings (O señor dos aneis, 2001-2003), as súas colaboracións con cineastas tan persoais como David Cronenberg ou Lisandro Alonso e as recoñecidas interpretacións de Captain Fantastic (2016) ou Green Book (2018).

Leva case corenta anos traballando como actor, un tempo que supuxo enormes cambios para o cinema: o peche de numerosas salas de cinema en favor da exhibición doméstica, o paso do cinema analóxico ao dixital, a actual concentración de recursos arredor das grandes plataformas... Na súa opinión, que gañou e que perdeu o cinema neste período?
O cinema -ou máis ben o espectador cinéfilo- gañou algo cos avances dixitais no que ten que ver co acceso a películas difíciles de atopar e ver, sexan antigos “clásicos”, películas independentes de calquera xénero ou obras que nunca se estrearon ou se estrearán no país do espectador. Mais iso xa estaba a ocorrer co VHS e máis aínda coa distribución de todo tipo de cinema en DVD. Tamén gañaron os que fan cinema, xa que é máis fácil e máis barato rodar e editar películas que antes, dependendo sempre do que se quere contar, as exixencias das localizacións, a época do relato ou o tamaño dos elencos.
Mais o cinema perdeu moito máis do que gañou, na miña opinión. Iso ten que ver co comportamento das grandes compañías que controlan o financiamento de películas relativamente caras de producir e a súa distribución. Se quixeran, as grandes plataformas de cinema e series de televisión poderían salvar os cinemas. Se non fosen tan cobizosas, poderían subvencionar e colaborar cos cinemas para combinar de maneira constante e eficaz as proxeccións públicas en salas de cinema seguidas por estreas en plataformas dixitais para consumo privado. Mais non queren minimizar de ningunha maneira o seu potencial de gañar grandes fortunas e ven unha grande vantaxe na limitación das estreas físicas e os consecuentes gastos de promoción.
Non hai experiencia parecida á de ir ao cinema e emprender unha viaxe xunto a outras persoas, con estraños, sen interrupcións nin distraccións do que se pode ver e ouvir cando se apagan as luces do local e unha película arrinca nunha pantalla grande. Esa experiencia, aínda que non creo que desapareza de todo (sempre haberá persoas que busquen ese ambiente para ver cinema) vaise sacrificando cada vez máis. Temo que ir ao cinema a ver filmes chegará a ser unha actividade idiosincrática máis ou menos exclusiva, parecida á de escoitar música en discos de vinilo.
Conseguir distribución significativa para filmes orixinais non producidos polas grandes plataformas -e polos grandes estudios tradicionais que se van unindo a esas plataformas- é un exercicio cada vez máis difícil e frustrante. As plataformas volvéronse as gardiás do suposto gusto popular. Interfiren activamente nos traballos de escribir, rodar e editar esas historias, tanto ou máis ca o que facían antes os grandes estudios. E non se contentan só con producir e promover cinema para as masas; tamén pretenden decidir o que é unha película “independente”, “orixinal” ou “transgresora”. As plataformas queren fabricar o que supostamente sería alternativo ao que elas mesmas producen, queren ser as distribuidoras de todo o contido posible e que o espectador o trague enteiro. Así afectan o criterio de novos espectadores que non queren facer, ou non teñen os recursos para facer, unha busca intensiva do que verdadeiramente é orixinal e desafiante.
Supoño que esta situación se parece á maneira de producir e diseminar o que pasa por “noticias” nos medios de televisión, radio, a prensa dixital e (cada vez menos) a información impresa en xornais físicos. A homoxeneidade vai gañando forza e o público teno cada vez máis difícil para atopar unha variedade de puntos de vista que reflicta a verdade da vida cotiá, o que ocorre no noso mundo real (...)

Martin Pawley e José Manuel Sande. Entrevista completa dispoñíbel no número 124 da revista Luzes.

sábado, 15 de xuño de 2024

Un cinema comercial galego?

Fotograma de "Anatomía dunha caída" (Justine Triet, 2023). Fonte: Elástica Films.

O Ministerio de Cultura divulgou a mediados de maio a "Estadística de Cinematografía 2023", que pode consultarse no seu sitio web. Por terceiro ano consecutivo medrou a visita ás salas de cinema cun total de 76,7 millóns de entradas vendidas o ano pasado, un incremento próximo a 30% respecto dos 59,1 millóns de 2022. Son datos esperanzadores, mais tamén é xusto recordar que estamos lonxe dos anos previos á Covid, con picos por riba dos cen millóns. Un 17,5% das persoas decidiron ver filmes de nacionalidade española e outro 60%, filmes estadounidenses. 

Os ingresos na billeteira sumaron o ano pasado 493 millóns de euros, que, dividido polo número de entradas citado, permítenos obter o prezo medio de ver un filme en pantalla grande: 6,4 euros, un valor semellante ao que había a comezos da década dos 10. Cada quen terá a súa propia valoración sobre se ir ao cinema é caro ou non, mais o certo é que o custo é o mesmo de hai catorce anos, un tempo no que outros bens de consumo e actividades de lecer incrementaron moitísimo máis o seu prezo.

Segundo informa o Ministerio, en España resisten 744 cinemas que ofrecen un total de 3.608 pantallas. Galiza achega 38 cinemas e 183 pantallas. No noso país vendéronse o ano pasado 3,2 millóns de billetes cunha recadación conxunta de 20,1 millóns de euros. Eses números colócannos por debaixo de Madrid (15 millóns de entradas), Cataluña (13,8 millóns), Andalucía (12,2 millóns), Comunidade Valenciana (8,9 millóns) e Euskadi (3,7 millóns) e empatados con Castela e León e Canarias. A suma de Madrid e Cataluña representa xa un 40% do negocio no Estado Español.

En 2023 exhibíronse 2.357 filmes, dos cales 728 foron estreas, o que nos dá unha media de 14 novas películas por semana. Non é de estrañar que unha inmensa cantidade delas pasen inadvertidas para a maioría da poboación. No fondo do pozo, títulos como a produción hispanocolombiana Besos negros de Alejandro Naranjo, cuxa non moi estimulante sinopse ("Un exorcista romántico tenta curar unha muller traizoada. Un feiticeiro satánico gay proponlle matrimonio ao seu noivo celoso") permitía anticipar un calamitoso resultado: segundo os datos oficiais do ICAA, dous espectadores e 11,80 euros de recadación.

Unha conta interesante é dividir as entradas vendidas na Galiza pola súa poboación para obtermos o número de filmes vistos en sala por persoa e ano, que no noso caso anda por 1,2, un 25% inferior á media española e que deixa por debaixo de nós unicamente a Castela-A Mancha, Estremadura e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Estados Unidos multiplica por dous a nosa cifra. A solidez da industria de Hollywood aséntase nunha notábel fidelidade do público local, aínda que tamén alí parezan dificilmente recuperábeis os números prepandémicos, con tempadas de até 1.300 millóns de entradas vendidas e, en consecuencia, case catro filmes por persoa e ano. Convén recordar, iso si, que nos anos 30 e primeiros 40 no xigante norteamericano vendíanse máis de trinta entradas per cápita cada ano, un dato fabuloso que caeu en picado após a Segunda Guerra Mundial coa chegada da televisión aos fogares.

Volvo ao dato dos 3,2 millóns de asistentes ás salas na Galiza, que equivale a un 4,17% do total no Estado Español. Aínda que a realidade exixe, con certeza, moitos máis matices (por exemplo, o público galego é cla- ramente maioritario en películas como Matria ou O corno), como exercicio mental poderiamos aceptar que un filme promedio ten en Galiza un 4% da súa audiencia. A obra mestra de Nanni Moretti O Sol do porvir vendeu arredor de 84.000 entradas, das que corresponderían 3.500 ao noso país. Gañadora da Palma de Ouro en Cannes e un Oscar ao guión, Anatomía dunha caída de Justine Triet acumula a sensacional cifra de 378 mil billetes, dos que nos tocarían a nós 16 mil. Son cálculos imprecisos, abofé, mais serven para que nos fagamos unha idea da escala local do negocio. Un filme de inmenso éxito pode facer en Galiza douscentos mil espectadores e unha caixa por riba do millón de euros a repartir entre as salas, a distribuidora e a produtora. Parece moito diñeiro, mais con iso "só" non se paga un filme medio (xa non digamos unha grande produción). Crer que hai espazo para un cinema comercial galego de autoconsumo é e vai ser sempre unha quimera. A sustentabilidade do cinema de noso depende, como en todo o mundo, dun forte apoio público e da distribución internacional. A aposta pola calidade adoita ser sempre máis rendíbel, tanto en termos culturais coma económicos.

Martin Pawley. Publicado orixinalmente no Nós Diario, 15 de xuño de 2024, sábado.

martes, 4 de xuño de 2024

La cámara y la idea. Entrevista a Billy Woodberry.

La forma de sus primeras películas, The Pocketbook (1980) y Blessed Their Little Hearts (1984), es muy rigurosa y austera: en blanco y negro, con pocos movimientos de cámara…
Cuando estás empezando, si eres honesto contigo, no sabes mucho. Filmar en blanco y negro en esa época era más barato. Aprendí de Mario Vieira da Silva que el vestuario y las cosas sencillas son mejores porque no tienes que preocuparte de que combinen y haya un equilibrio: es blanco y negro y es genial. Eso fue decisivo. En la segunda película, el blanco y negro era aún un poco menos caro que el color pero además la fotografía es de Charles Burnett, que sabía manejar el material muy bien porque él ya había hecho la suya. Está más iluminada que su película porque, al no ser el director, no tenía que encargarse de otras cosas, así que tuvo especial cuidado. En la imagen en blanco y negro encontramos, además, cierta plasticidad.

En esas ficciones hay un retrato honesto y humanista de los personajes en una época en la que la comunidad afroamericana aún está poco representada en el cine. Sí, esa era parte de la idea. Quizá era eso lo que podíamos aportar al cine, un acercamiento que también encontrábamos en el cine de África, Asia y América Latina. Hay un aspecto humanístico en cierto modo específico del tema y del medio, pero al mismo tiempo hay una suerte de dimensión universal que cualquier persona puede reconocer. Pueden sentir si es verdad o no. Se trataba de insistir en que la vida era como la de muchas otras personas de la misma clase o situación social, con sus preocupaciones, necesidades y deseos (...)

Martin Pawley. Entrevista a Billy Woodberry no número 189, de xuño de 2024, da revista Caimán Cuadernos de Cine, dispoñíbel nos quioscos dende o 31 de maio. A versión ampliada da entrevista pode lerse no sitio web da revista.

sábado, 1 de xuño de 2024

La fuerza de nuestro amor no puede ser inútil

En muchas obras fundamentales de la literatura gallega hay sitio para el paisaje y la cultura de la noche.

* * *

Casa da Matanza, Padrón. Imaxe: Merce Ares, Fundación Rosalía de Castro.

Desde 1963 cada 17 de mayo se celebra en mi país el «Día das Letras Galegas», que cada año rinde homenaje a una figura literaria ya fallecida. La idea de impulsar una jornada dedicada a honrar los libros surgió asociada al centenario de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, obra fundamental de nuestro renacimiento cultural. A falta de conocer la fecha exacta de su salida de imprenta se tomó como referencia la que la autora escogió para la dedicatoria a Fernán Caballero que inicia el libro, ese 17 de mayo de 1863 en el que su esposo Manuel Murguía cumplía treinta años.

En 2024 el «Día das Letras» se le dedicó a Luísa Villalta, que escribió ensayo, teatro y narrativa –sublime es su novela As chaves do tempo–, aunque es más conocida por su poesía, muy vinculada a su ciudad, A Coruña, «tatuada na pétrea pel do mar». «De novo as estrelas meten-se nos bares abertos até o horizonte da madrugada», leemos en Ruído. Y en En concreto, «Demasiada luz para esta noite / demasiados mecanismos entre as mans», versos que riman con aquellos de Rosalía en Follas novas: «Luz e progreso en todas partes..., pero / as dudas nos corazós».

Siendo la gallega una sociedad tradicionalmente ligada a la naturaleza, no es extraño que no sean pocas las referencias literarias a los paisajes y la cultura de la noche. «E o faro estraviado / daba o S.O.S. / n-o morse / –clave Orión– / das estrelas», escribió Manuel Antonio en De catro a catro (1928), joya inmortal siempre en vanguardia. Manuel María, patriarca de la Terra Cha, envió una hermosa carta a las estrellas, «rosas de luz na noite escura». Anxo Angueira evoca en Palmeiras, piueiros las «cen lúas de Xúpiter» o los «asubíos do Serpentario». Xabier P. Do Campo incluyó no poder mirar las estrellas entre su lista de miedos en Cando petan na porta pola noite. Y en A viaxe de Gagarin, novela mayor de Agustín Fernández Paz, la fascinación por el espacio marca la infancia y adolescencia del protagonista (Xabier, Agustín: para quien esto escribe, amigos, maestros, irmaos).

Los ejemplos son abundantes en la propia Rosalía, que nació bajo una «roxa estrela» (el planeta Marte) y cantó la anchura sin límites del cielo y a las estrellas que guían el camino o sonríen mientras contemplan los amores que florecen. Antes, Xoan Manuel Pintos dejó huella en su poesía del paso espectacular del cometa Donati en 1858. Otro contemporáneo, Eduardo Pondal, alabó al «fulgente Sirius» e hizo del «prácido luar» una parte esencial de Galicia junto a los árboles (los rumorosos pinos) y la «costa verdecente», un triunvirato natural de cielo, tierra y mar que abre el poema que se convirtió en nuestro himno. Paisajes, los tres, hoy amenazados por la codicia sin límites y cuya defensa es, digámoslo una vez más, irrenunciable: sin ellos nada somos. En palabras de otro grande, Uxío Novoneyra, poeta de O Courel, la fuerza de nuestro amor no puede ser inútil.

Martin Pawley. Artigo publicado na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 300, xuño de 2024. 

martes, 14 de maio de 2024

Cada un ao seu e deus contra todos: Werner Herzog fala de si

Werner Herzog fotografado pola súa esposa Lena Herzog (Imaxe: Blackie Books)

No prólogo das súas apaixonantes memorias, publicadas no Estado español pola editorial Blackie Books, Werner Herzog recorda que xa empregou o título que lle puxo ao libro, o mesmo que leva este artigo, nun dos seus filmes máis valiosos e celebrados, o que dedicou á figura real de Kaspar Hauser, que viviu toda a infancia e adolescencia en completo illamento, sen contacto con humanos, e cuxa aparición pública no século XIX xerou inmensa curiosidade e controversia. Empregouno con pouco éxito, iso si, pois "case ninguén foi capaz de reproducilo con exactitude" e o filme foi as máis das veces citado polo nome do personaxe protagonista. Este segundo intento non agocha a lixeira contradición implícita no seu uso, pois se ben parece apuntar a condición do autor de "lobo solitario" hai en todo momento un recoñecemento expreso de que sempre estivo rodeado por compañeiros de traballo, familia e mulleres, sen as cales "só sería unha sombra de min mesmo". Un dos máis gratos alicientes do libro é, de feito, o perfecto equilibrio entre a lenda dun cineasta afeito a experiencias e aventuras extremas que, para os que non temos a intrepidez como característica, rozan case o suicida, coas rodaxes de Aguirre, a ira de Deus e Fitzcarraldo como exemplo paradigmático, e a naturalidade coa que permanentemente desdramatiza esa lenda. Herzog divírtese –e divírtenos– con todas as batalliñas que lle queremos ler, incluídas as loucuras de Klaus Kinski, mais de fondo hai unha vontade honesta de dicirnos que "non foi para tanto". Lonxe do cinismo e da impostura e máis interesado na verdade ca nos feitos, na súa prosa brillante, xenerosa e xusta agroma o abraio de quen tivo a oportunidade (ou fixo por tela) de visitar lugares extraordinarios e tratar figuras eminentes, de Ryszard Kapuscinski e Bruce Chatwin a Roger Penrose. Para alén da épica das grandes peripecias, Herzog encontra no cotián suxestivas "minas poéticas", dito cunha expresión roubada a Bernardo Atxaga, e así as súas páxinas adquiren grande altura literaria cando pecha abruptamente o libro entretido polo voo dun colibrí, evoca a primeira vez que comeu unha laranxa ou relata emotivas anécdotas relacionadas coa perda da cabeza do avó Rudolf, que acabou por non coñecer a súa propia esposa. Un serán este presentouse á hora da cea vestido con inusual elegancia, con traxe e garabata. Logo do primeiro prato, dobrou coidadosamente o pano de mesa e ergueuse mentres lle dicía á muller cunha reverencia "Señora, se non estivese xa casado, agora mesmo lle pediría matrimonio".

Nacido en Múnic o 5 de setembro de 1942, Werner Herzog tiña dúas semanas cando a súa nai decidiu marchar cos fillos a unha vila remota nas montañas de Baviera para escapar da guerra, aterrada logo de descubrir o bebé no berce cuberto por cristais rotos e cascallos, milagrosamente ileso após un ataque aéreo. O futuro creador de non poucas obras mestras –se tiver que elixir só unha, escollería Terra de silencio e escuridade– criouse no campo "rodeado de miseria", en condicións de extrema precariedade das que non era ben consciente pois aquilo, para el, era o normal. A vida canda o irmán maior Tilbert transcorría case exclusivamente ao aire libre; aprendíano todo "sen instrucións". "Pertenzo a unha xeración en certo sentido singular", escribe. Conviviu con labregos que traballaban da mesma maneira ca na Idade Media e viu a transición cara a unha agricultura industrializada. De cativo había heraldos que anunciaban ordenanzas e nomeamentos a viva voz e el mesmo non fixo unha chamada de teléfono até os dezasete anos, mais co curso do tempo foi testemuña dos inicios da era dixital e da chegada de Internet, os contidos presentados por algoritmos e a emerxencia da intelixencia artificial. "Nunca na historia houbo tal concentración de cambios radicais, nin podo imaxinar as xeracións vindeiras experimentando tantos trastornos fundamentais nunha soa vida". Dou fe de que lle escoitei cousas moi parecidas aos escritores galegos Xabier P. DoCampo e Agustín Fernández Paz. Por iso e por como expresa a preocupación pola desaparición das linguas, a súa dificultade para tirar a comida, "sobre todo o pan", ou como aínda hoxe é quen de muxir unha vaca (e de identificar, só ao velas, as persoas que saben facelo), o admirado Herzog revélase, ademais, insuperabelmente próximo para alguén da Terra Chá.

Martin Pawley. Publicado orixinalmente no Nós Diario, 14 de maio de 2024, terza feira.

mércores, 1 de maio de 2024

La belleza no puede ser un privilegio

Michèle Petit formula en Somos animales poéticos un sugestivo elogio del deseo de placer y conocimiento.

* * *

Antropóloga e investigadora honoraria del Centro Nacional para la Investigación Científica de Francia, Michèle Petit lleva treinta años trabajando sobre el papel de los libros y la lectura en la sociedad, en particular en comunidades víctimas de conflictos armados, migraciones forzosas, pobreza y exclusión social o cualquier otra forma de violencia. Kalandraka acaba de publicar, en español y en gallego, Los libros y la belleza. Somos animales poéticos, en el que reflexiona sobre «la necesidad fundamental que tienen los humanos de que la belleza coincida con su entorno, y el derecho de cada uno de nosotros de acceder a ella» porque «somos seres de deseo, no solo de necesidades». También de la posibilidad que la belleza tiene de surgir como respuesta al horror, la pena y las preocupaciones, pues aporta dulzura y paz y permite «recuperar la fantasía, pero también darles forma y sentido a acontecimientos sin sentido, pensar lo impensable en vez de ser su prisionero para siempre». La autora muestra su inquietud por como en nuestras sociedades «la belleza es una cuestión para especialistas, o se muestra como un privilegio de las personas acomodadas y se reduce al arte de la exhibición». O lo que es lo mismo, como se confina, a menudo, en recintos cerrados e inaccesibles para buena parte de la población, o lugares abiertos pero igualmente inaccesibles por distantes, da igual que se trate de un museo o de espacios naturales más o menos vírgenes que acaban siendo visitas de lujo de las que presumen en redes sociales quienes pueden disfrutar de ellas.

Pero la belleza no puede tener dueño ni arrendatario. Antes por el contrario, debe compartirse, como apunta una cita del escritor brasileño Bartolomeu Campos de Queirós que se reproduce en el libro: «cuando nos encontramos con la belleza, es extremadamente triste estar solo». Me reconozco en esa frase tan simple y a la vez tan honda. Reconozco mi deseo, seguramente mi necesidad, de intentar que las personas que quiero conozcan y experimenten las creaciones y las vivencias que me inspiran y transforman, esas en las que encuentro el gozo inefable de la revelación y el placer espiritual y físico fruto de la hermosura y la gracia.

Michèle Petit admite que hay motivos suficientes para la preocupación por el futuro. Mientras escribía aquellas páginas, el entonces presidente de Brasil Jair Bolsonaro planteaba abiertamente la explotación (aún más) salvaje de la selva amazónica, con talas diarias de hasta cuatrocientos mil árboles, y la prensa daba cuenta de proyectos desquiciados para hacer del cielo nocturno una pantalla para anuncios publicitarios o lanzar al espacio una suerte de «luna artificial» que iluminase las noches de la ciudad china de Chengdu. «Adiós a las noches en que les mostrábamos a los niños la Osa Mayor, Orión o la Cruz del Sur mientras les contábamos mitos», lamenta. Pero no, no podemos consentir que el cielo tenga dueño: el firmamento es un bien común irrenunciable. Quien lo conoce sabe, además, que el paisaje de la noche resulta aún más bello en buena compañía.

Martin Pawley. Artigo publicado na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 299, maio de 2024. 

venres, 26 de abril de 2024

¿Y usted de qué se ríe?

El título de esta nota es, también, el del ciclo principal que propuso en marzo la Semana del Audiovisual Contemporáneo de Oviedo, ya en su décima edición, y que se extiende a la programación anual de la ciudad a través de las ediciones de primavera y otoño de Radar y del Cine a la luz de la luna de verano. Comisariado por Pablo de María, director de SACO, y el crítico Carlos Losilla, bien conocido por quienes leen esta revista, el ciclo formula una sugerente provocación intelectual: ¿de qué es “adecuado” reírse en un cine? O, más bien, ¿hay algo ante lo cual la risa sea profundamente inapropiada? (...)

Martin Pawley. Artigo completo no número 188, de maio de 2024, da revista Caimán Cuadernos de Cine, dispoñíbel nos quioscos dende o 26 de abril.

xoves, 25 de abril de 2024

25 de abril, o camiño da liberdade


Secuencia inicial do documental de creación colectiva "Caminhos de liberdade", con imaxes filmadas á volta do 25 de abril de 1974. Pode verse completo no arquivo en liña da RTP.