v1
v2
Imaxes tomadas no Curtas de Vila do Conde o domingo 17 de xullo de 2016. Moitos parabéns ao festival no seu 25º aniversario!
![]() |
| Cartaz de Mikel Ruiz Pejenaute |
A electricidade
entrou devagar nas vidas da xente -moitas casas galegas aínda
agardarían bastantes décadas por ela- e penetrou na cultura popular. De
forma parecida, a mediados de século hai outro adxectivo que se introduce
no vocabulario común: “atómico”. E desta volta o entusiasmo é pouco,
máis ben todo o contrario, e non sen razón: a humanidade viulle as
orellas ao lobo coas bombas de Hiroshima e Nagasaki, a demostración
práctica e brutal do poder destrutor da enerxía atómica domesticada polo
equipo científico do proxecto Manhattan, unha etapa fascinante da
historia da ciencia apenas retratada no cinema.“A programação dos Olhares Frontais dos XVII Encontros de Cinema de Viana procura promover articulações minuciosas centradas na lógica da presença de filmes e a colaboração de investigadores, especialistas, profisionais, alunos e profesores a través de uma privilegiada partilha de conhecimento do meio cinematográfico, particularmente centrado no cinema documental.” (Pedro Sena Nunes, Programador e Coordinador de Olhares Frontais).
Edgar Pèra co seu filme O espectador espantado,
André Gil Mata con Como me apaixonei por Eva Ras, Cláudia Varejão con
Ama-San, e Luciana Fina con Terceiro Andar, foron nesta ocasión os
cineastas convidados deste espazo, dentro do que así mesmo tivo lugar a
demostración comercial Cinema e Televisão… porquê digital?, que levou a
cabo Carlos Alberto Henriques, e dúas espléndidas “masterclass”, Cinema
Império. Propaganda colonial e censura no Estado Novo, impartida pola
investigadora Maria do Carmo Piçarra, e Outros fazedores de cinema, a
cargo da historiadora brasileira Alice Fátima Martíns, cos adecuados
complementos a seguir das proxeccións dos filmes Streets of early sorrow
/ Caminhos para a angustia, de Manuel Faria de Almeida, e Monangambé,
de Sarah Maldoror, e de Zagati, de Edu Felistoque, respectivamente.
Así,
deste xeito, de partner de Feli Manzano, logo de ter ensaiado con
Carmen Loureiro e Amparito Gómez Cores, se produciu o comezo da miña
carreira teatral. O comezo e o final. Unha andaina escénica breve pero
intensa, que me deu para aprender de memoria case que todas as
intervencións dos dous personaxes, deitado detrás dos seus intérpretes
no decurso todo da obra. Porque, por se aínda alguén non se decatou, eu
era o morto. Malia ser así, a crítica valoraba o esforzo e o traballo
dos actores: “Ayer en el salón de actos de los Dominicos tuvo lugar la
representación de la obra teatral Oración, de Fernando Arrabal, dirigida
por Manuel Lorenzo. Matizaron muy bien sus papeles Feli Manzano, Jorge
Trigo y Miguel Castelo”, poderá encontrar o esforzado mergullador de
hemeroteca nun dos dous diarios locais da época. Unha época ben
diferente da actual, onde todo era carencia. Tal era así que os ensaios
se facían na casa dos pais de Feli, na metade da Avenida de Finisterre, á
altura de Santa Margarita. Voluntariosa e perseverante, cunha clara e
inequívoca vocación, resultaba ben doado traballar con ela. Eu alí era
un mero observador, pero mesmo na parte que me correspondía o noso
contacto físico producíase de modo natural, sen finximentos e falsos
pudores, comportamento non sempre habitual, e menos naquel tempo.
Posuidora dunha ben dotada voz e unha boa fonética, acabou encontrando o
espazo que lle correspondía dentro do oficio. Non vou falar dos seus
traballos, sobradamente coñecidos. Mais, permítaseme lembrar unha das
súas, para min, mellores intervencións: As muxicas (Carlos Alberto
Alonso, 2002), con Tucho Lagares, o seu home, e a voz do propio Manuel
Lourenzo.