mércores, 17 de maio de 2017
Proxecto NIMBOS: Inausketa (Ander Parody, 2015)
Curtametraxe de Ander Parody para o "Proxecto NIMBOS", serie de filmes inspirados nos poemas do libro "Nimbos" de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014. Festivais: Filmadrid 2015 (competición Vanguardias) / FIC Valdivia 2015 / Cineuropa 2015 / Muestra Aitzol Aramaio Cineclub FAS / Amsterdam Spanish Film Festival 2016.
A CERNA
Hase de amar a cousa hastra que sangre.
O verdadeiro amor enferra en neve,
ara nun mar de rosas suco leve,
ai pro acudulla en sangre.
Tinguéuseche o machado en sangre loura.
Ai cómo, cernador, dói a batalla
cos que ún ama! Que moura é a sombra moura
do machado na galla!
Despida contra o céio A Que Non Fala,
a póla firme coma un xuramento,
berra nos dentes do machado e estala
e tordea no vento…
Sobre os cómbaros dondos coma un velro,
sobre as cornas dos boi, sobro camiño,
a fraga berra, coucorexa o melro,
cai arroulando un niño…
Eu vinte contra o sol, nunha hora tola,
abrazado ó teu toro, derregando
a traxedia de Deus. Dóinos a póla,
pro seguimos cernando!
Hastra que caia a derradeira estrela,
cairá o machado en carne que choramos,
no soño puro de deixar máis bela
unha vida que amamos.
Nimbos, Xosé María Díaz Castro.
Poema reproducido da edición bilingüe publicada en 1982 por Editora Nacional, con supervisión e tradución ao castelán do autor.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario