Amosando publicacións coa etiqueta Capitán Swing. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Capitán Swing. Amosar todas as publicacións

sábado, 4 de xaneiro de 2025

Cultura contra o colonialismo

Fotograma de Dahomey (Mati Diop, 2024)

Nun moi instrutivo libro publicado pola editorial Capitán Swing, África no es un país, o xornalista nixeriano Dipo Faloyin repasa os estereotipos asociados ao seu continente, demasiadas veces retratado como un territorio uniforme sempre subordinado ao primeiro mundo branco. Para alén de explorar con humor a colosal diversidade étnica e cultural africana fronte aos tópicos -vexatorios por únicos- das paisaxes exuberantes e naturezas virxes mais tamén os conflitos e as fames irresolúbeis, unha sorte de castigo divino inevitábel, o autor dá conta, nun bloque apaixonante, do espolio de bens artísticos executado polas potencias europeas. É un exemplo paradigmático o caso do Reino de Dahomey, cuxos tesouros acabaron en museos de Francia logo de ser brutalmente saqueado en 1892: o parisino Musée du Quai Branly garda, el só, case o 80% das noventa mil pezas roubadas na África subsahariana. Na pertinente crítica á construción colonial dos principais museos e a urxente necesidade de revisar os seus fondos e achegar unha xusta explicación de como foron obtidos, o volume casa ben con outro título imprescindíbel da mesma editorial, El cuadro completo de Alice Procter, que trata a perversa -e as máis das veces oculta- formación das máis importantes coleccións de arte.

"Toda arte é política. Todo o que alberga un museo é político", dinos Alice, "porque está determinado polas políticas do mundo que o creou". E engade: "A arte sempre foi a ferramenta dos poderosos e tamén a arma dos desposuídos: a imaxinería oficial controla as narrativas da identidade e define o que é correcto, mais estas representacións poden subverterse e destruírse de maneira creativa. Hai que coñecer as regras do espazo para sabotalo. Se non se fai así, as xeracións deixan de dispoñer dun lugar dende o cal comezar, os relatos non se cuestionan e triunfa a nostalxia".

Recorda Dipo que en 2017 Emmanuel Macron anunciou nun discurso en Uagadugú, Burkina Faso, que "nos seguintes cinco anos" deberían darse as condicións para a devolución temporal ou permanente do patrimonio africano a África. O presidente encomendou un informe a Bénédicte Savoy e Felwine Sarr, cuxas conclusións contundentes exixían a devolución rápida de calquera obxecto tomado pola forza ou adquirido en condicións de desigualdade, incluídas as agresións militares e a apropiación por parte de funcionarios coloniais ou por expedicións científicas anteriores ás independencias. Foi un fito teórico de resultados concretos aínda modestos, mais con innegábel valor simbólico, como a devolución de 26 estatuas ao pobo de Benín. A ese episodio presta atención Mati Diop nun excelente documental de pouco máis dunha hora, Dahomey, Oso de Ouro na pasada Berlinale. A cineasta pon o foco nesas estatuas para as cales "130 anos de cativerio chegan ao seu fin", como afirma un texto ao inicio, e dálles literalmente voz. É unha delas, a número 26, a que nos fala: "Afastado da terra onde nacín, como se estivese morto. Hai miles de nós nesta noite. Todos temos as mesmas cicatrices".

De maneira sobria, dende a convicción de que o puro rexistro é de seu elocuente, a directora filma a minuciosa retirada das obras do Quai Branly, as vitrinas baleiras, o coidado proceso de embalaxe, a carga no avión para a viaxe de regreso a casa. En Benín a recepción será triunfal, a histórica restitución dun tesouro nacional que para Francia non foi máis ca un botín. A cidadanía aplaude, canta e baila ante o paso dos camións que traen as obras de volta. A detallada inspección das estatuas antes de seren expostas achéganos información que as pon en contexto e as converte en obxectos únicos. "Eu entrégome a esa caricia tropical, ao cheiro da infancia, un camiño cara a min mesmo. Non agardaba volver a ver a luz do Sol", declama, con voz espectral, a figura 26. Como na súa primeira longametraxe, Atlantique (2019), o discurso de Mati Diop admite desvíos cara ao xénero fantástico.

Na media hora final o filme adquire unha nova capa a través dun debate público no que participan mozas e mozos. É a xuventude beninesa quen analiza e discute, con espírito crítico, todo o que implica a restitución, se é o comezo de algo máis grande ou apenas un xesto cosmético da antiga metrópole. Será unha muller nova quen expoña un cruel paradoxo: toda a xente emprega alí a lingua oficial e común, o francés. "Non sei falar o meu propio idioma, non podo dicir todo o que quero. Nin sequera aprendemos a nosa cultura no noso idioma. Aprendémola en francés". Tan lonxe de nós, tan perto.

Martin Pawley. Artigo publicado orixinalmente no Nós Diario o sábado 4 de xaneiro de 2025. O artigo pode lerse en español no sitio web de Roger Koza "Con los ojos abiertos". 

mércores, 14 de agosto de 2024

Lecturas de verán. Podcast "Nadar de costas" (Revista Quiasmo).


María Luz Morales naceu na Coruña mais desenvolveu a súa vida e a súa profesión en Barcelona, até ocupar un lugar na historia do xornalismo por varios motivos. Foi pioneira na escrita de textos sobre cinema a través dunha sección específica no xornal La Vanguardia a partir de 1923, unha longa colección de escritos que foxe da típica crónica de “ecos e noticias” sobre as estrelas de Hollywood para defender os valores autorais dos filmes. Foi, tamén, a primeira muller en dirixir un xornal en España, La Vanguardia, durante uns meses após o golpe de estado de 1936, feito que logo, co triunfo do fascismo, fixo dela unha vítima máis da represión e a prohibición de exercer o seu oficio xornalístico. Máis adiante faría crítica de teatro (e gañou por iso un Premio Nacional). Escribiu moito, biografías de personaxes célebres (Madame Curie, por exemplo) ou unha historia do cinema en tres volumes; fixo traducións -súa é a primeira en España do clásico Peter Pan- e adaptacións de clásicos para o lectorado infantil. Mais tamén fixo obras máis persoais, como é esta novela coruñesa, Balcón al Atlántico, que reeditou agora Amarillo Editora. Unha novela de deliberado sabor decimonónico, cunha protagonista nena primeiro, logo moza, nunha familia vida a menos con propiedades no campo no tránsito do século XIX ao XX. Unha muller con soños románticos fascinada pola súa cidade, descrita con entusiasmo, mais que tamén descubrirá a voluptuosa paisaxe da Galiza rural e ficará embriagada polo “aire libre y el campo abierto, la caricia del Sol en mi piel y los dedos del viento en mis cabellos, el contacto del agua límpida, fría, de fuentes y regatos en mis piernas y mis pies descalzos”. Unha prosa coidadísima, inzada de termos en galego e outras referencias ao noso país como a presenza dunha personaxe, Rosa de Anido, de clara estirpe rosaliana, nun libro que tira de nós con enerxía.

Capitán Swing vén de reeditar, coa alta calidade habitual, a novela Tomates verdes fritos da actriz e escritora estadounidense Fannie Flagg. Publicada en 1987, foi levada ao cinema catro anos despois nunha adaptación moi popular que contou coa propia Fannie Flagg como coguionista e un elenco notábel coas actrices Kathy Bates, Jessica Tandy, Mary-Louise Parker e Mary Stuart Masterson. A novela transcorre en dous tempos diferentes, un presente cunha muller de existencia tristeira, pouco estimulante, que coñece nunha residencia de anciáns a unha señora que lle conta historias do pasado, cincuenta anos atrás, sobre a xente que se movía arredor dun café na viliña de Whistle Stop rexentado por dúas mulleres que viven xuntas, en parella, en familia. Historias da América da depresión, onde a pobreza, os conflitos raciais e a violencia machista están presentes. Mais o ton da autora non é sórdido, antes polo contrario, celebra a vida en comunidade, a colaboración entre a veciñanza, a comprensión, a empatía, o optimismo. Unha novela verdadeiramente feliz cunha edición que pon en valor os seus moitos méritos.

O 2 de agosto de 1924 nacía James Baldwin, escritor e activista en favor dos dereitos civís. Cúmprense pois cen anos do nacemento dun dos grandes intelectuais norteamericanos, un home polémico, combativo, crítico coas inxustizas e libre, profundamente libre. Capitán Swing súmase ao centenario coa edición dun libro, La próxima vez el fuego, que compila dous ensaios, Tembló mi celda, unha carta ao seu sobriño que tece reflexións memorábeis sobre algúns fundamentos do racismo: “Te ruego que intentes recordar que lo que ellos [los blancos] creen, así como lo que hacen y te hacen padecer, no es prueba de tu inferioridad, sino de su miedo y su falta de humanidad”. Nun texto máis longo, A los pies de la cruz, analiza como entre a comunidade negra o cristianismo foi perdendo influencia e se foi abrindo paso o Islam da man de líderes como Elijah Muhammad, e rememora a súa propia experiencia relixiosa até o definitivo abandono da fe.

A editorial Sexto Piso publicou tamén unha novela excepcional, El cuarto de Giovanni, unha historia de amor e paixón entre un home estadounidense que fica só en París mentres a súa noiva viaxa por España e un atractivo e sedutor italiano ao que coñece nun bar. Un relato de alento tráxico que explora a soidade, a necesidade do amor, a necesidade do outro, realmente, e o desexo, un desexo que dá forma a parágrafos memorábeis: “Cerró la puerta a nuestra espalda y entonces durante un momento, en la penumbra, nos limitamos a mirarnos, con congoja, con alivio y jadeando. Yo temblaba. Pensé, si no abro la puerta enseguida y salgo de aquí, estoy perdido. Pero sabía que no podía abrir la puerta, sabía que era demasiado tarde: pronto sería demasiado tarde para hacer nada que no fuese gemir”.

Caleidoscopio é unha editora que está construíndo un catálogo selecto de obras e autores. Autores ás veces máis coñecidos ou que forman parte do canon literario dos Premios Nobel, caso de Herman Hesse ou Grazia Deledda, e outros sen dúbida menos familiares nas librarías españolas, como Raul Brandao, de quen publicaron a inclasificábel Humus, entre o diario e o ensaio alucinado e poético. Mais eu quero destacar a inmensa sorpresa que para min foi ler Pabellón nueve de cirugía do turco Peyami Safa, unha novela sobre o sufrimento físico, cun protagonista mozo afectado por unha doenza crónica que o leva unha e outra vez ao hospital a someterse a probas e cirurxías, sempre coa ameaza de perder unha perna. As páxinas finais son extraordinarias, poucas veces vin un retrato tan revelador da experiencia da dor e o padecemento físico. A punto de saír do hospital, di o narrador: “Aquí me he acostumbrado tanto al dolor y a la resignación que, si los dejo atrás, sentiré un vacío como si me hubieran amputado un trozo del alma. Si los dejo atrás, ¿cómo voy a vivir sin tener la posibilidad de rebelarme contra ellos? En la envidia de los que se quedan se mezcla algo de compasión hacia mí. Se guardan para sí una felicidad sutil que solo conocen escasas personas. Ojalá pueda recordar más adelante esa felicidad desconocida para quienes no han estado enfermos”. E máis adiante: “Quienes no han sufrido una enfermedad grave no pueden afirmar que lo entienden todo. No hay dos personas más próximas que dos enfermos. ¡Qué poco nos entenderán los que no lo están!”.

Ao abeiro do Día das Letras Galegas dedicado a Luísa Villalta, Kalandraka lanzou a reedición, longamente desexada, do Papagaio, un obra que suma o talento poético da escritora coruñesa ao talento fotográfico de Maribel Longueira. O barrio do Papagaio, unha das rúas da prostitución na Coruña, foi eliminado e destruído, convertido nun inmenso furado onde cimentar a cobiza inmobiliaria. Maribel documentou coa súa cámara os últimos pousos antes do definitivo exterminio, os restos das escaleiras, das xanelas, a ferralla que queda do que foi en tempos unha casa, as bonecas perdidas, a pintura das paredes que devén expresionismo abstracto, as xeringas. E sobre esas imaxes dunha cidade real que desaparece baixo a maquinaria do capitalismo e sobre a memoria do comercio da carne a autora dunha das novelas maiores da literatura galega, As chaves do tempo, fixo alta poesía, coma sempre. “Os anos cincuenta de calquera século / unha porta verde na cronoloxía repintada, / unha vez tras outra, da esperanza”. Ou “A vida máis estraña é a que marcha inocente / canda os coches que acenden as luces tímidas”. Ou “Desaparecidas as furcias, / só as ratas resisten nalgún lugar irredento / da conciencia”.

No anterior podcast falamos do 25 de abril no cinema portugués. E sobre o 25 de abril trata un excelente libro, tamén en Kalandraka, da xornalista galega Tareixa Constenla, correspondente de El País en Lisboa, Abril é un país, un documentado relato da Revolución dos Cravos, de como se chegou á situación social e política que alentou esa revolución, do que aconteceu despois e do legado daquel asombroso proceso. O subtítulo do libro fala dos “heroísmos descoñecidos”, e entre todos eles, nun libro que, de maneira confesa, expresa a súa admiración polo lendario Salgueiro Maia, o heroe discreto da revolución, eu fico cun heroe que foi anónimo durante case catro décadas e só de forma tardía obtivo o recoñecemento que merecía: José Alves da Costa, o cabo insubmiso ao que lle mandaron abrir fogo dende o seu tanque contra as forzas revolucionarias e decidiu non acatar a orde. E para iso, para evitar o baño cruel de sangue, decidiu pecharse varias horas dentro do tanque e así impedir que ninguén puidese acometer o acto de barbarie que lle encomendaran. Esas horas de silencio e soidade, de descoñecemento do que pasaba fóra, ben poderían inspirar un belo conto, unha obra de teatro, quizais un filme. 

Martin Pawley. Recomendacións preparadas para o podcast "Nadar de costas" da revista Quiasmo.

xoves, 1 de febreiro de 2024

El silencio no nos protegerá

Chanda Prescod-Weinstein formula en El cosmos desordenado el derecho fundamental de todas las personas a conocer y amar el cielo nocturno.

* * *

Poco después de llegar al Departamento de Física del Instituto de Tecnología de Massachusetts como posdoctoranda, la cosmóloga Chanda Prescod-Weinstein participó en una ronda de observaciones con los telescopios ópticos Magallanes del observatorio chileno de Las Campanas. Durante la estancia, el profesor Paul Schechter le explicó con detalle el funcionamiento de los equipos y la llevó a conocer otras instalaciones cercanas, menos modernas pero aún funcionales. Al finalizar el recorrido nocturno, Chanda contempló el cielo. En el desierto de Atacama, lejos de la contaminación lumínica, el firmamento se desplegó ante ella en toda su magnificencia. «Sigo, todavía hoy, sin encontrar las palabras con las que describir lo que presencié (...) Mientras estaba allí contemplando más puntos blancos de los que podía contar y esa bruma blanca que inspiró el nombre de la Vía Láctea –una combinación de gases iluminados y estrellas demasiado pequeñas para que nuestros ojos las distingan–, me sentí invadida de asombro, pero también de un profundo dolor.»

El dolor emana de su propia experiencia como niña negra que creció en Los Ángeles junto a una autopista y se sentía feliz cuando alcanzaba a reconocer apenas diez objetos en la noche. «Al final, pasé por dos titulaciones en astronomía, un doctorado en física y un año en la NASA sin hacerme una idea de cómo habrían visto el cielo mis antepasados», escribe. En el espléndido paisaje chileno fue consciente de que «muchos niños negros tenían negado el derecho de nacimiento, un derecho humano, a saber cómo era el cielo nocturno» y recordó que a quienes descienden de esclavos les es negado saber «cómo entendían y se relacionaban nuestros antepasados con el cielo nocturno al margen de la mirada blanca». Pero ese dolor es también un acicate para entender «por qué quienes pueden identificar sus comunidades indígenas natales luchan a menudo con tanto ahínco para proteger no solo su autonomía política sino su autonomía cultural».

El libro de Chanda Prescod-Weinstein El cosmos desordenado (Capitán Swing, 2023) es un monumento, uno de los ensayos más importantes publicados en los últimos años. Lo es por su firme voluntad de hablar de ciencia desde una posición explícitamente feminista, anticapitalista y anticolonialista, de enfrentarse a la «contradicción extraña» por la cual la ciencia consiste en hacer preguntas «siempre que no sean sobre los científicos y el modo en que se practica la ciencia». Es esa perspectiva política la que induce una cuestión decisiva: «¿qué condiciones necesitamos para que una niña negra de trece años y su madre, que la está criando sola, puedan ver el cielo nocturno lejos de luces artificiales sabiendo qué es lo que ven?» Qué condiciones sociales, económicas y educativas, qué relación con la tierra, qué divulgación científica. «Una física feminista negra exige que nos hagamos estas preguntas y que entendamos que hay toda una serie de estructuras de factura humana que interfieren con la contemplación del cielo nocturno no solo pasivamente, sino activa, agresivamente». El silencio, ya lo explicó la poeta y activista Audre Lorde, no nos protegerá.

Martin Pawley. Artigo publicado na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 296, febreiro de 2024.

xoves, 1 de decembro de 2022

Nunca se ve más lejos que en la oscuridad

En Oda a la oscuridad la escritora noruega Sigri Sandberg formula una hermosa defensa de las condiciones naturales de la noche.

* * *

Desde que era pequeña, la periodista Sigri Sandberg tiene miedo de la oscuridad. Es un miedo compartido, generalizado. Históricamente, la oscuridad fue «un enemigo, como el frío, algo que no es seguro»; representa, en la tradición cultural europea, la muerte y el mal, frente a la luz que se asocia a la vida y el bien. Pero también, desde siempre, Sigri viajó periódicamente a Finse, un pueblo de montaña a 1200 metros de altura y 60 grados de latitud norte, un lugar sin árboles y con una temperatura media por debajo de cero dos terceras partes del año. Un lugar, por supuesto, con un firmamento esplendoroso cuando el cielo está despejado, el espacio ideal para evidenciar nuestra insignificancia ante una naturaleza que «no nos juzga, no nos valora, a diferencia de las personas y la sociedad».

La autora se planteó un desafío que dio como resultado un libro. Oda a la oscuridad, editado por Capitán Swing, es un ensayo que nace de su experiencia de pasar cinco días en una cabaña en Finse enfrentándose a la soledad y a la noche, aprendiendo a convivir con ellas. Busca consejo en una gloria nacional, el poeta, novelista y dramaturgo Jon Fosse, a quien le pide que defina la palabra «oscuridad». La respuesta del escritor, habitual en las quinielas del Nobel, es concisa y admirable. «Es evidente», le dice, «que la oscuridad tiene que ver con la noche, con el sueño y con la muerte y con que nada se ve o con que se ven las estrellas, en cierto sentido se ve el universo y nunca se ve más lejos que en la oscuridad». He ahí una verdad científica que resulta ser también una verdad poética: la oscuridad nos permite ver más lejos. Nos permite ver objetos débiles, aquellos cuyo brillo intrínseco está muy atenuado por la enorme distancia a la que están de nuestro planeta. Además, esa oscuridad nos amplía la mirada en un sentido más filosófico: nos ayuda a ser conscientes de que pertenecemos a un todo inmenso, de que los materiales con los que se edifica pieza a pieza nuestro cuerpo son los mismos que forman los objetos celestes.

Sigri se lleva como compañía un libro de otra mujer, Christiane Ritter, que ocho décadas atrás acometió la aventura de dejar la ciudad para encaminarse al gran norte, a Svalbard. En su larga estancia ártica, Christiane experimenta un duro temporal que no cesa durante nueve días. «Ahora entiendo que en muchos casos puede ser más difícil mantener nuestra personalidad que conservar la vida en la lucha contra los elementos», escribe. «Siento la poderosa soledad que me rodea (...) Siento que pierdo los límites de mi ser en esta naturaleza fuerte y abrumadora. Y por primera vez entiendo el regalo divino que es el prójimo.» Sí, casi siempre es útil apartarse para tener un mayor campo de visión, para pensar mejor y diferenciar lo importante de lo anecdótico. 

Martin Pawley. Artigo publicado na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 282, decembro de 2022.

sábado, 9 de abril de 2022

Bullshit: contra la charlatanería

Entusiasmoume Bullshit: contra la charlatanería, libro escrito por Carl T. Bergstrom e Jevin D. West que editou en España Capitan Swing. O volume é unha argumentada viaxe polas moitas maneiras en que as mensaxes trapalleiras, sexa cal for a súa intención, circulan entre nós. Ao longo dos capítulos os autores explican os riscos de confundir correlación e causalidade, a fraxilidade que emana dunha mala selección de individuos para os estudos, o manexo de cifras sen rigor ou as visualizacións de datos que inducen interpretacións equivocadas dos feitos. Tamén as limitacións da ciencia de datos e a intelixencia artificial, que ás veces se venden como solución máxica aos problemas do mundo, un perigo que resumen nunha frase brillante: "só necesitamos lembrar que o big data non é o mellor, só é o máis grande".
Agradecín especialmente o capítulo no que se ocupan de como a ciencia non está libre de pecados nin de condicionamentos. Que a ciencia en conxunto tenda a funcionar ben non significa que sempre funcione ben, e así é bo ter claro que por rigorosos que sexan os procedementos de comprobación "non hai unha forma segura de que unha persoa saiba, sen sombra de dúbida, que un artigo científico é correcto" e polo xeral, no mellor dos casos, o que podemos agardar é que sexa "lexítimo", entendendo por tal que foi escrito de boa fe, se fixo coas metodoloxías axeitadas e foi tomado en serio pola comunidade científica correspondente. A ciencia pode fallar e iso é bo: está permanentemente sometida a comprobación. Non hai que asustarse polas revisións, correccións e retractacións. O éxito da ciencia está na súa falibilidade. 

Os dous capítulos finais son particularmente prácticos. O décimo, "Señalar el bullshit", enumera estratexias útiles para identificar as trapalladas: cuestionar as fontes de información, pararse a pensar nas afirmacións que establecen comparacións inadecuadas, avaliar os números que lemos facendo contas sinxelas que consideren apenas as ordes de magnitude para comprobarmos se son verosímiles ou non... Tamén nos lembran a inclinación a crermos acriticamente aquelas mensaxes que coinciden coas percepcións que xa tiñamos de antemán. Os autores fan unha listaxe de consellos básicos para non naufragarmos no mundo en liña, incluíndo un que convén ter sempre presente: reduzamos o consumo de información. Non é preciso estar o día enteiro pendente das mensaxes que circulan, é bo parar para mantermos en forma os nosos sistemas de alarma. Celebremos o aborrecemento. 

O capítulo final, "Refutando el bullshit", propón algunhas ideas para axudarnos a combater as trapalladas con elegancia, procurando que convencer non sexa sinónimo de asustar ou humillar. Para lidar contra a desinformación cómpre sabermos de que falamos e termos argumentos claros e ordenados: se nós mesmos pisamos terreos esvaradíos non poderemos axudar outras persoas a camiñaren con paso firme. Asumamos os nosos erros e que nós mesmos propagamos máis trapallada da que nos gustaría recoñecer. E, por suposto, facerse entender implica certo grao de sutileza social: a denuncia efectiva do bullshit debe ter como obxectivo non demostrar que nós somos moi listos, senón conseguir que as outras persoas comprendan as razóns polas que estaban enganadas. Aceptando, iso si, que hai xente que non está disposta a cambiar as súas crenzas por moi convincentes que sexan os nosos argumentos e que, en consecuencia, quizais sexa bastante máis útil "dedicar o noso tempo e o noso esforzo á xente que estea disposta a escoitarnos". Para os autores, enfrontarse ao bullshit é "un imperativo moral" pois boa parte desas trapalladas teñen "serias consecuencias para a saúde e a prosperidade dos seres humanos, para a integridade da ciencia e para a toma de decisións democráticas". Non é unha cuestión de liderados, de ser máis ou menos influentes, de cultivarmos os egos (e as carteiras). É outra cousa, moito máis importante: combater o bullshit é un exercicio de pura solidariedade entre iguais.

Martin Pawley

mércores, 1 de xaneiro de 2020

¿Por qué dormimos?

Se edita por fin en España el fascinante libro del neurocientífico Matthew Walker sobre la importancia del sueño.

* * *

¿Puedes recordar la última vez que te despertaste sin la alarma del despertador, sintiéndote como nuevo y sin necesitar cafeína? Esta es una de las preguntas que nos formula en la primera página de su libro el científico inglés Matthew Walker, profesor de neurociencia y psicología en la universidad de Berkeley. El despertador interrumpe nuestro sueño, esto es, sin la alarma seguiríamos durmiendo, beneficiándonos de un descanso imprescindible para nuestro cuerpo. Pero el hecho es que día tras día detenemos a la fuerza el sueño antes de tiempo.

Aunque con frecuencia se nos olvide, los humanos somos una especie de hábitos diurnos: nuestro grado de lucidez y alerta es mayor cuando el Sol está en el cielo, que es el periodo en el que desarrollamos la mayoría de nuestras actividades. Y cuánto más tiempo pasemos despiertos, más ganas tendremos de dormir: se acumula en nuestro cerebro una sustancia química, la adenosina, que sirve como indicador de la inminente necesidad o no de un placentero descanso. Nuestro reloj biológico, además, regula a lo largo del día de forma no consciente diversas variables fisiológicas, como la temperatura o la presión arterial, pero también la capacidad para resolver tareas, sensiblemente mayor al mediodía que de madrugada. El sueño no escapa al mandato de ese reloj interno del cerebro, cuyo ritmo propio es por término medio ligeramente superior a 24 horas en las personas adultas, de ahí que se hable de «ritmo circadiano». Estamos casi sincronizados con el ritmo de rotación de la Tierra, pero no del todo; nuestra fisiología tiende a desfasarse un poco cada día. El cerebro corrige ese desfase valiéndose de un patrón muy regular, el ciclo de luz y oscuridad. Cada mañana, la luz del Sol nos despierta y nos pone literalmente en hora, incluso cuando el cielo está cubierto de espesas nubes cargadas de lluvia. La llegada de la noche, por el contrario, induce nuestro deseo de reposo y nos invita a meternos en la cama.

O nos invitaba, más bien. En los países desarrollados, en la actualidad, dos terceras partes de la población adulta no llegan a las ocho horas de sueño nocturno que se recomiendan. Dormir de forma habitual menos de 6 o 7 horas por noche, nos recuerda el autor, «destroza tu sistema inmunitario, multiplicando por más de dos tu riesgo de sufrir un cáncer». El sueño insuficiente es un factor clave para el desarrollo de Alzheimer, altera los niveles de azúcar en sangre, aumenta las probabilidades de padecer enfermedades cardiovasculares, ictus o fallos cardíacos e influye sobre las principales afecciones psiquiátricas, como la depresión, la ansiedad y el suicidio. Dormir bien ayuda a prevenir todos esos problemas y además mejora «nuestra capacidad de aprender, memorizar, tomar decisiones y realizar elecciones lógicas». A través de sus apasionantes 400 páginas, el libro de Walker, editado por Capitán Swing, nos convence de una idea básica: la noche es necesaria… para dormir.

Martin Pawley. Artigo publicado na sección «La noche es necesaria» da Revista Astronomía, nº 247, xaneiro de 2020.