Aquele querido mês de agosto |
Un terzo dos espectadores recólleos por si só o distrito de Lisboa; este distrito e o do Porto -cunha afluencia ás salas moi próxima á de toda Galicia xunta- concentran un 60% da recadación con algo máis do 40% das pantallas. Un panorama moi pouco homoxéneo que se ve paliado en parte pola vizosa rede de cineclubes, cuxa programación atrae a cincuenta mil afeccionados cada tempada.
O prezo medio das entradas non chega aos cinco euros (en Galicia está en 6,65 €). Subiu un 19% dende 2004, case a metade que en España no mesmo período; quizais por iso ao sur do Miño non se experimentou unha caída da asistencia tan espectacular como a que se rexistrou aquí. Os éxitos máis grandes arrastran ás salas a 700 ou 800 mil espectadores (o fenómeno Avatar sobrepasou con comodidade o millón). A cota de mercado da produción local é moi baixa, arredor dun 2 ou 3%; dos filmes nacionais recentes o mellor colocado é O crime do Padre Amaro, con case 400 mil. Unha obra de prestixio mundial coma Aquele querido mês de agosto debe conformarse con vinte mil, en calquera caso un resultado máis que bo.
Martin Pawley. Publicado en Xornal de Galicia o venres 29 de abril
Ningún comentario:
Publicar un comentario