Amosando publicacións coa etiqueta Curtocircuito. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curtocircuito. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de agosto de 2026

Un domingo cualquiera. Curtocircuíto 2026.

Sawyer Avenue, Sunday Afternoon (Bill Morrison, 2026)

Durante mucho tiempo la obra de Bill Morrison se identificó con el uso de imágenes primitivas degradadas, viejos nitratos con un alto nivel de deterioro cargados de una singular poesía que evoca la memoria y la desmemoria del cine. Esos fotogramas poblados por rostros que ya no existen, tal vez estrellas hoy imposibles de identificar que tuvieron su instante de gloria, nos hablan de lo transitorio de cualquier creación humana, de cómo el mayor y más sublime empeño puede acabar siendo una sombra, una mancha difusa condenada al olvido. En esa línea entraban cortos como Light is Calling o el largo Decasia, los dos con banda sonora de Michael Gordon. Su trabajo con archivos fílmicos a veces escapó de lo conceptual para acercarse al documental ‘casi’ canónico, como en The Great Flood, Dawson City: Frozen Time o el tributo al neurocientífico Oliver Sacks Re:Awakenings, pero también se atrevió a manejar el metraje ajeno con ánimo ficcional en Spark of Being, rigurosa y libérrima adaptación de la novela Frankenstein.

En los últimos años Morrison se ha lanzado a ejercicios distintos, al uso de otro tipo de archivos mucho más presentes, las imágenes de las cámaras de vigilancia y de las fuerzas de seguridad (...)

Martin Pawley. O texto completo pode lerse no sitio web da revista Caimán Cuadernos de Cine.

xoves, 26 de xuño de 2025

Abrir portas e xanelas. Conversa con Pela del Álamo.

Pela del Álamo, director de Curtocircuíto, na presentación da edición 2025. Imaxe: Aigi Boga [Curtocircuíto]

Martin Pawley: A idea desta conversa é falar da túa visión sobre o que deben ser hoxe os festivais de cinema. Nos últimos anos en Curtocircuíto intentaches reformular o que pode ser un festival, en particular tendo en conta que moitos festivais de curtas tenden a parecerse demasiado, cunha programación que parece reciclada do festival A ao festival B. Parece claro que Curtocircuíto está intentando abrirse a outros campos, mesmo na última edición con esa aposta singular de explorar a conexión coa ciencia.
Pela del Álamo: Para min todo parte dunha idea clara: o festival ten que ter un compoñente de experiencia, que é fundamental. Hoxe en día o feito de entrar nunha sala e ver un filme creo que xa non é algo diferencial, porque na casa, sexas máis ou menos cinéfilo, podes acceder a moitos contidos cinematográficos de diferente clase, máis comerciais, máis independentes ou máis autorais. Máis aló daquilo ao que podes acceder nas plataformas, hai outro feito que é que consumimos infinidade de produtos ou de inputs audiovisuais a través do mesmo teléfono. A recepción de contidos está máis que satisfeita, recibimos tantos inputs que a non ser que haxa algo moi específico dunha autora ou autor que sexa absolutamente imposíbel ver noutra canle ou que polas características moi específicas da súa cinematografía sexa imprescindíbel velo en pantalla grande, o normal é que para min e para moita xente que teño ao meu redor xa non pague a pena desprazarse ou ir a determinado sitio. Obviamente está a cinefilia, o núcleo cinéfilo sempre vai estar, mais os festivais non cubrimos asistencias con eses núcleos, nin en Galicia nin en grandes cidades, por experiencia contrastada nos catro anos que levo en Madrid dirixindo Márgenes e vendo como funciona. Nós non xogamos na liga dos grandes certames onde aínda está o atractivo da presenza de tal actriz ou tal actor, nós non xogamos na liga de Donostia nin de Sitges. Dende a pandemia eu vexo un cambio de hábitos moi claro neste sentido, a xente vén menos á sala e isto xa viña de antes.
Para min é importante que calquera contido do programa non sexa unha “actividade complementaria”, de feito aborrezo esa denominación; véxoas como actividades que forman parte dun conxunto e articulan o discurso do festival do mesmo xeito que unha proxección. Sempre o vin así dende que cheguei a Curtocircuíto, con máis ou menos éxito segundo os casos e dependendo do ollo que eu tiven ao traer unha cousa ou outra, mais dende os obradoiros ás programacións para escolares, en todo podes atopar un fío condutor, ou polo menos esa é a intención. Na miña opinión a necesidade de que unha programación, tendo o cinema como eixo, sexa máis interdisciplinar ten que ver con que por unha banda paréceme que todos eses diferentes achegamentos enriquecen a mirada cara ás películas, porque son achegamentos a través de disciplinas que compoñen o propio cinema: a etnografía, a arte sonora, a literatura, a fotografía, a música etc. Ademais penso que os festivais teñen que ofrecer propostas que, se non estás alí, as perdes; tes que ter un reclamo para que a xente veña e que esa experiencia sexa única, pois do contrario sempre está a posibilidade de quedar na casa porque total de aquí a tres meses xa vas ver iso nunha plataforma.
Eu teño os meus conflitos porque veño do mundo do cinema, mais hai algo que vexo que pasa nos directos, que se xera unha reacción e unha sinerxía entre o público que nos últimos tempos, polo menos no caso de Curto, eu non vía. Vexo algo moi vivo a diferentes niveis, tanto o que ten que ver coa propia experiencia lúdica, a diversión, mais tamén a reflexión e o impacto que se dá a nivel emocional. E cando hai unha implicación emocional por parte do público, habitualmente hai tamén unha reflexión ou hai algún tipo de movemento interno.
Todo vai por aí, mais sempre probando; ás veces non funcionan as cosas que programamos, mais hai que arriscar, experimentar. Para min experimentar é xogar; hai xente que ten medo da palabra “experimental” porque está moi manida e porque si que ás veces responde a certo elitismo, mais a experimentación ten que ver co xogo e o xogo ten que ver precisamente coa diversión, con algo popular e accesible, polo menos como eu entendo.

MP: De fondo está sempre a idea da experiencia da sala, en particular despois da pandemia. Para algunhas xeracións a sala xa non é fundamental, o cal resúltame chocante porque a sala como experiencia é indiscutíbel, non ten nada que ver a visión colectiva compartida dos Lumière coa visión individual, agora doméstica, de Edison. Non sei de que maneira desde os festivais se pode convencer o público de que a experiencia de ver filmes nunha sala é interesante de seu, sobre todo co apoxeo crecente das plataformas que fará seguir minguando o número de salas de proxección. Como manter a idea da experiencia en sala sen que estas sexan un nicho para unha cinefilia cada vez máis velliña?
PdA: Esa é a pregunta do millón. Eu veño dunha xeración onde ir ao cine sen máis ingredientes xa era un feito especial, ir cun amigo e compartir esa experiencia nunha pantalla grande e compartir as emocións e a reflexión que xeraba unha peli era a hostia. Cando se acendían as luces e atopabas alguén que non viras á entrada, alguén coñecido que compartía esas sensacións da película, iso era xenial. Pero é que hai un cambio de paradigma que a pandemia acelerou sen volta atrás polo de agora. Hai un cambio de paradigma, hai unha saturación de contidos audiovisuais e a xente non ten as mesmas ganas de ir ao cinema se non é unha experiencia supertecnolóxica nos cinemas comerciais, cuns asentos incribles, son 5.1, pantalla Imax, todo iso. Nós intentamos facer un traballo importante na universidade, facemos moitísima prescrición. O alumnado vai mudando e seguimos indo ano tras ano á facultade de comunicación, de matemáticas... a contar o festival, a contar de que vai Curto ou calquera outro festival de cinema, porque ao final trátase de xerar un público que vaia a todos, non se trata de mirar só para o meu.
Dende os festivais non podemos loitar contra as inercias das redes sociais, o tema é como aproveitando esas inercias das redes sociais e do consumo habitual hexemónico podemos sumar ou enganchar público propoñendo contidos que xeren pensamento crítico e non estado alfa. Claro, iso son palabras maiores. Realmente non teño unha resposta, eu creo que todo o que podemos facer dende a acción máis local é facer de prescriptores, ir aos espazos onde están estes novos públicos e picar pedra, contarlles que hai outros contidos posibles, que veñan e ir gañando pouco a pouco algúns adeptos, mais eu sou moi escéptico, a verdade. É moi difícil loitar contra as inercias do sistema do capital, porque ao final é unha cuestión capitalista, non quero volver ao tópico pero é que o capitalismo xoga en contra do pensamento crítico, e os festivais supostamente somos espazos para o pensamento crítico, espazos para que as cosas che removan un pouquiño e pensar.

MP: O que dis pode estenderse a toda a arte en xeral. A arte, xusto pola capacidade que ten de apelar simultaneamente á emoción e á razón, é unha ferramenta extraordinaria e fértil de coñecemento. Ti grazas ás películas, os libros, a unha pintura ou unha peza musical, entendes mellor o mundo, pero tamén te entendes mellor a ti mesmo. Calquera cinéfilo pode explicarse en parte polas películas que ama. Fronte a iso está a lóxica á que están sometidas as xeracións máis novas, que é unha lóxica puramente capitalista, o consumo de contidos de forma mesmo compulsiva, e cando eses contidos acaban veñen outros, sen que haxa verdadeiro espazo para unha experiencia transformadora, para a revelación que se supón debería ou podería promover calquera obra de arte.
PdA: Por moi globalizado que estea todo e bla bla bla, eu si creo sempre na acción local, é dicir, que as persoas podemos ter un impacto no territorio que habitamos. Ese territorio podémolo acoutar á vila, ao barrio ou o ámbito de acción que teñas. Aí si que creo que se poden facer cambios, si que pode haber unha incidencia. Ten que haber un traballo continuado, de formación continua, como o que che dicía antes de ir ás facultades, ás escolas de formación profesional, ou facer todas esas sesións de xeración de novos públicos como facemos en Curto con Criaturas ou o Curtinhas en Vila do Conde. Eu vou vendo como todos eses grans de area van achegando algo, porque sempre me encontro con xente de 17 ou 18 anos que aparece por Curto e veñen a dicirnos que estiveron aquí cando tiñan 7 anos. Todo vai sumando, dende eses programas á propia pedagoxía nas presentacións das pelis, que non se trata tanto de explicalas como de darlles un contexto para que a xente saiba recibilas ou se desprenda dos complexos á hora de recibilas.
Hai unha cousa moi importante que eu quero facer agora na próxima edición de Curto, levo anos atrás diso, e é sacar o festival ás rúas, unha opción que nós temos en Santiago pola idiosincrasia da cidade. Eu levo anos querendo traer festival de volta ás rúas porque nos anos que mantivemos aquilo que se chamaba “Noite curta”, que eran proxeccións de verán na rúa, a experiencia foi súper grata, tiñas unha pantalla de máis de dez metros de largo na Quintana, había unhas 400 persoas e viña canda min xente de Jerez ou de Cuenca vestidos de peregrinos e me dicía “oes, que interesante isto”, e igual eran películas do catálogo de Sixpack, por exemplo, mais cando a xente accede este tipo de contidos e o entende como un espectáculo audiovisual sen pasar polo teatro ou a sala de cinema, onde hai xa un complexo do tipo “vou entender, non vou entender, isto apetéceme, non me apetece, prefiro ir a outro sitio”; cando ti simplemente te atopas con isto e tes curiosidade, sentas un rato e ves as imaxes e quedas capturado pola súa beleza, iso é xenial porque accedes a un público que habitualmente sería impensable. No caso de Santiago, volvendo ao que falaba da acción local, para volver a esa experiencia colectiva da pantalla grande co cinema creo que temos un campo de probas fabuloso que é a zona vella, podemos sacar o cinema en verán ás rúas, e eu creo que de aí poden xurdir cousas interesantes. Se programamos ben e facemos ese traballo de contextualización das pelis, creo que podemos recuperar públicos que agora mesmo non teñen interese en entrar no cinema.

MP: Na anterior edición houbo unha colaboración innovadora cun centro de ciencia, o IGFAE, Instituto Galego de Física de Altas Enerxías. Como ves a importancia e a pertinencia de facer conexións dun festival con axentes que, aparentemente, non teñen unha conexión tan directa co cinema?
PdA: Eu teño formación en cinema mais a min interésame todo, a fotografía, a música, a ciencia, o pensamento... non son un experto en nada mais interésame todo, e para min está clarísimo que facer das distintas disciplinas compartimentos estancos, e máis no século XXI, é unha cousa absurda e antinatural. Tendo en conta a posibilidade que calquera persoa ten hoxe de crear imaxes, estas xa non son unha disciplina en si mesma, son unha ferramenta coa que poden traballar persoas de campos moi diversos. Para min sempre foi absurdo separar as cousas, creo que esa separación tiña que ver coa venda ao público, con darlle ao público todo ben etiquetado, ben compartimentado, e insisto, creo que volve a ser unha cousa do capital, da venda do produto. No eido das artes sempre houbo unha mestura, nós non estamos descubrindo nada, sempre estivo aí e nós o que queremos é poñer énfase nesa idea do interdisciplinario. Respecto do binomio arte e ciencia, o obxectivo da ciencia é explicar a realidade; o obxectivo das artes é subvertela ou subxectivizala para atopar unha beleza e polo tanto unha sorte de entendemento da realidade. A ciencia permite desenvolvementos tecnolóxicos, claro, mais en termos filosóficos non son tan diferentes, as metodoloxías de traballo teñen infinidade de analoxías. Ao falarmos coa xente do IGFAE percibimos que hai tamén unha busca da beleza e da comprensión da existencia. Creo que esa conexión é moi importante, e máis nunha cidade onde temos unha universidade ou un instituto como o IGFAE. En Santiago non hai escusa para non encontrar estes vínculos. Para alén de facer programación nesa liña, a min o que me gustaría é desenvolver proxectos conxuntamente, porque estou moi canso do que ten que ver co eventual. O evento está moi ben para ter un impacto, unha reacción, mais creo que hai que facer cousas que teñan continuidade no tempo ou que poidan xerar un tecido máis aló do evento.

Martin Pawley. Esta conversa tivo lugar por videoconferencia o 10 de outubro de 2024, pouco despois da edición número 21 de Curtocircuíto. Despois de demasiados meses de agarda -mea culpa- ve agora a luz en vésperas da edición número 22.

venres, 26 de marzo de 2021

Filmando San Borondón

[Texto en español, aquí]

A arte móvese por ciclos e estratifícase por lustros. O “outro cinema” de España nunca fixo gala de unidade e si de focos que coincidiron nun contexto determinado. O paso do tempo é imparable e as lumieiras peninsulares perderon forza e convertéronse en faíscas mais non todo foi devorado pola devastación da crise e do esquecemento. A mirada nidia e ilusionada aínda pervive mais hai que situala alén de espellos e de paralelos. Os alisios caprichosos levaron a última esperanza a Canarias. 

Quen o ía dicir! Parece que todo xogaba na súa contra. A insularidade é quen de esnaquizar os sonos máis teimudos. Por iso todo o que está a ocorrer en Canarias hai que valoralo o dobre. Non cabe outra. Moito esforzo hai que facer para destacar elementos bastardos na súa xenealoxía. Mais nos desertos ou entre volcáns cincentos tamén medran tabaibas que reverdecen cunhas míseras pingas de choiva.

Canarias destaca por ser o grande escenario de filmes comercias que acoden á chamada dos descontos fiscais. Mais este cinema industrial afúndese no abuso e na intranscendencia. Os gobernantes, medios e empresas apoian este modelo mais son sabedores da incapacidade de consolidar nada; o star system amolece ao sol, os blockbusters impersoais sucédense, os convenios vulnéranse, unha cota de pantalla estatal con inflación, a televisión desenténdese, falta sinerxía entre administracións e, sobre todo, bótase en falta unha lei que poña concerto e normalice todo. 

Mais un novo microclima emerxe nas Canarias. Un grupo de cineastas propoñen un novo modelo que aposta por un cinema onde se reflicte unha maior singularidade e diversidade cultural, afastado da interesada distorsión turística. Unha realidade agochada que se descobre empregando a liberdade da expresión cinematográfica. Esta converxencia hai que situala ao abeiro dos festivais, do xerme dexenerativo e provocador que hai case unha década enterrou o Festival de Las Palmas. Non obstante, no xardín onde sucedeu todo a planta autóctona tardou en agromar. Mais co coidado e o aloumiño do Foco Canario finalmente aconteceu: a planta medrou ambicionando acubillar hipotéticas afinidades con outras fisterras. 

Moitos son os elementos e dinámicas que coinciden co que sucederon noutros sitios de España. Porén, parece que este novo xeito de facer e pensar o cinema canario deu cunha maior complicidade co contexto, como se se quixera aprender dos erros dos outros. Os festivais locais (Las Palmas, Miradasdoc, Muestra de Lanzarote, Festivalito) purran por eles, os seus éxitos recóllense nos medios e teñen diálogo fluído coas institucións. Mais as ficcións son enganosas. Todos saben que dependen só da súa creatividade, saben que o único que poderán argumentar é o seu traballo, o seu facer. 

A primeira etapa do ciclo está andada. As curtametraxes dan conta dunha realidade, dun talento e dunhas miradas distintas. A atención que lle dedica Curtocircuito así o demostra. A lupa está posta. Todos ficamos expectantes ante o despegue canario. Mais somos esixentes e agardamos pola segunda fase da andaina: a realización de longametraxes. A traxectoria pode truncarse mais o único que deben facer é confiar na solidariedade entre eles e no atrevemento que se ve nas súas curtametraxes. Son as súas únicas garantías. 

O que acontece en Canarias non está tan ao pairo como noutros sitios. Aos recambios nos cineastas tamén se produciu nos produtores. Todo fica máis autoconsciente deixando menos espazo á improvisación. O azar xoga un papel máis relativo. Parece que este novo cinema canario recubriuse dunha pátina onde esvara todo o que intenta menoscabalo. Unha atención e unha seguridade que permitirán aos ollos dar conta do imposible. San Borondón. 

Xurxo González. Artigo escrito para o foco "Los Canarios" na edición 2016 de Curtocircuíto

* * * * *

Filmando San Borondón

La Piedra (Víctor Moreno, 2013)

El arte se mueve por ciclos y se estratifica por lustros. El “otro cine” de España nunca hizo gala de unidad y sí de focos que coincidieron en un contexto determinado. El paso del tiempo es imparable y los tragaluces peninsulares perdieron fuerza y se convirtieron en chispas, pero no todo fue devorado por la devastación de la crisis y del olvido. La mirada nítida e ilusionada aún pervive pero hay que situarla más allá de espejos y de paralelos. Los alisios caprichosos llevaron la última esperanza a Canarias.

¡Quién lo iba a decir! Parece que todo jugaba en su contra. La insularidad es capaz de  destrozar los sueños más pertinaces. Por eso todo lo que está ocurriendo en Canarias debe valorarse el doble. No cabe otra. Hay que hacer un gran esfuerzo para destacar elementos bastardos en su genealogía. Pero en los desiertos o entre volcanes cubiertos de cenizas también crecen tabaibas que reverdecen con unas míseras gotas de agua.

Canarias destaca por ser el gran escenario de películas comerciales que acuden a la llamada de los descuentos fiscales. Pero este cine industrial se hunde en el abuso y en la intrascendencia. Los gobernantes, medios y empresas apoyan este modelo pero son conscientes de la incapacidad de consolidar nada; el star system se reblandece al sol, los blockbusters impersonales se suceden, los convenios se vulneran, una cuota de pantalla estatal con inflación, la televisión se desentiende, falta sinergia entre administraciones y, sobre todo, se echa de menos una ley que ponga concierto y normalice todo.

Pero un nuevo microclima emerge en las Canarias. Un grupo de cineastas proponen un nuevo modelo que apuesta por un cine donde se refleje una mayor singularidad y diversidad cultural, alejado de la interesada distorsión turística. Una realidad escondida que se descubre empleando la libertad de la expresión cinematográfica. Esta convergencia ha de situarse al amparo de los festivales, del germen degenerativo y provocador que hace casi una década enterró el Festival de Las Palmas. No obstante, en el jardín donde sucedió todo, la planta autóctona tardó en brotar. Pero con el cuidado y el mimo del Foco Canario finalmente sucedió: la planta creció ambicionando abrigar hipotéticas afinidades con otros finisterres.

Muchos son los elementos y dinámicas que coinciden con lo que sucedió en otros sitios de España. Sin embargo, parece que este nueva manera de hacer y pensar el cine canario encontró una mayor complicidad con el contexto, como si se quisiera aprender de los errores de los otros. Los festivales locales (Las Palmas, Miradasdoc, Muestra de Lanzarote, Festivalito) luchan por ellos, sus éxitos se recogen en los medios y tienen diálogo fluido con las instituciones. Pero las ficciones son engañosas. Todos saben que dependen solo de su creatividad, saben que lo único que podrán argumentar es su trabajo, su labor.

La primera etapa del ciclo está andada. Los cortometrajes son el reflejo de una realidad, de un talento y de unas miradas distintas. La atención que le dedica Curtocircuíto así lo demuestra. La lupa está puesta. Todos estamos expectantes ante el despegue canario. Pero somos exigentes y esperamos la segunda fase de la andadura: la realización de largometrajes. La trayectoria se puede truncar pero lo único que deben hacer es confiar en la solidaridad entre ellos y en el atrevimiento que se ve en sus cortometrajes. Son sus únicas garantías.

Lo que ocurre en Canarias no está tan a la deriva como en otros sitios. El recambio en los cineastas también se produjo en los productores. Todo permanece más autoconsciente dejando menos espacio a la improvisación. El azar juega un papel más relativo. Parece que este nuevo cine canario se recubrió de una pátina donde resbala todo lo que intenta menoscabarlo. Una atención y una seguridad que permitirán a los ojos presenciar lo imposible. San Borondón. 

Xurxo González. Artículo escrito para el foco "Los Canarios" en la edición 2016 de Curtocircuíto

venres, 14 de outubro de 2011

Festivais de cinema: S.O.S.

Fai unhas semanas se soubo da supresión da Mostra de Valencia e, anteriormente, houbo unha seria ameaza de suspensión do Punto de Vista, que, ao final, optouse pola solución de convertilo en bianual. Concretamente a cita de Pamplona pasa por ser un dos mellores festivais a nivel mundial dedicado ao cinema de non-ficción. Mais aínda así, a pesar de ter consolidado -en apenas sete edicións-, un bo facer e un gran prestixio internacional, o goberno de Navarra non dubida en condicionalo baixo o peso dos recortes orzamentarios derivados da crise. As voces de alerta sucedéronse porque todo mundo se decatou de que pode ser unha inercia desastrosa para calquera evento deste tipo.

Obviamente corren malos tempos para o mundo da cultura, a falta de axudas institucionais fan perigrar calquera proxecto cultural. No mundo do cinema este factor estase a convertir nun factor determinante. Nalgunhas fases da institución cinematográfica estes recortes poden ser beneficiosos como na produción que aposte máis pola potencialidade creativa mais que pola dispoñibilidade de recursos. Mais onde si é crítico na teórica vertente de distribución e exhibición dos filmes. A concepción tradicional do cinema está mudando constante e deixando obsoleta a perspectiva comercial das salas de cinema. Como alternativa a este sistema sempre estiveron os festivais de cinema como lugares de encontro para dar voz a películas e aos directores menos convencionais, mais aínda así esta fórmula tamén se atopa en perigo.

Ás limitacións económicas hai que sumar os cambios de gobernos tanto locais como rexionais. En moitos dos casos os festivais se deben a políticas culturais concretas que se desbotan coa alternancia de gobernos e a súa disparidade de prioridades. Isto se recrudece coas dependencias do acento personal dos festivais que lle infiren a presenza de determinado director definindo moitísimo (para ben ou para mal) o devir das mostras. A sustitución destes “alma maters” supoñen un forte contratempo a súa continuidade.

O frenesí tecnolóxico fai que os festivais teñan certo lastre analóxico xa que son unhas plataformas paralelas a unha maneira tradicional de contemplar o cinema. Aínda así os festivais dan unha plusvalía converténdose as súas exhibicións en sesións-evento onde existe o engadido dun contexto, da presenza do director ou dun dialogo a posteriori. Este modelo tamén está caduco e na rede xurden festivais on-line como o de Filmin, Festival Scope ou Animacam, que reactualizan o concepto e abren camiños de futuro.

Por último hai que facer referencia ao panorama galego onde na vindeira temporada vai notar todas estas oscilacións. Unha vez máis Losa defenderá o modelo contrastado e de éxito que supón Cineuropa. O OUFF de Ourense intentará cubrir a baixa de Nicanor coa intervención dunha xestora. Curtocircuito buscará o seu lugar como segunda opción dentro do Concello de Santiago. Amal continuará na mesma liña tendo en conta a tranquilidade que lle proporcionan os seus valedores. O Play-Doc recortará voa intención de evitar os problemas da anterior edición. Cans seguirá redimensionando a anécdota. O Cinema de Autor de Lugo continuará xogando as bazas localistas. A Mostra de Cinema e Ciencia e o S8 porán a proba a cinefilia e aos gobernantes da Coruña. Vilagarcía fará valer a súa historia para sobrivir. E, por último, pequenos festivais como o de Redondela, Sada e Bueu seguirán sendo modelos para nutrir a escasez nesas localidades de oferta cinematográfica.

Un panorama cheo de diversidade mais que se atopa totalmente ao pairo ante tanta inclemencia. Neste punto conviría unha axilidade gubernamental –que visto ate o de agora- non tería precedentes, e intentar que o organismo responsable fixera unha decidida aposta por normalizar o sector sacando á luz unha prístina convocatoria de axudas, asesorando aos distintos equipos sobre a necesidade dunha planificación axeitada acorde aos recursos, priorizar as existencias destes eventos á capacidade de atinxir valores culturais, e certa función mediadora para atenuar decisións apresuradas por parte de institucións e entidades colaboradoras de desvincularse deste tipo de proxectos que levaron moito esforzo e anos erguelos.

Xurxo González