Amosando publicacións coa etiqueta António Reis. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta António Reis. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de outubro de 2025

Memoria y utopía. La pantalla como espejo.

Desde su inicio, y aún con la carcasa de festival de “cine religioso”, la Seminci supo no solo mostrar las transformaciones que experimentó el cine a mediados del siglo XX, la consolidación de grandes figuras (Bresson, de Sica, Fellini) que anticiparon la explosión inmediatamente posterior de las nuevas olas, sino también algunos de los debates fundamentales de su tiempo, desde el discurso antibelicista, en particular en una Europa con las llagas recientes de una guerra devastadora, a las tensiones sociales que empezaban a reflejar la urgente necesidad de abandonar el paradigma occidental de poder en favor de modelos más justos. Ese espíritu no hizo más que reforzarse cuando, a partir de la quinta edición, la semana de cine añadió a su nombre la coda “...y de valores humanos”. En aquel 1960 el programa incluía un melodrama plagado de estrellas que apuntaba las consecuencias desoladoras de la carrera armamentística, la fascinante ¿ciencia ficción? La hora final (On the Beach) de Stanley Kramer, cuyo aviso sobre el muy factible apocalipsis maridaba bien con la monumental ganadora de ese año, El séptimo sello (Det Sjunde Inseglet) de Bergman, pero también había espacio para la incomprensión y el desencanto adolescente -y la sensación de que se avecinaba un tiempo nuevo- presentes tanto en Los cuatrocientos golpes (Les quatre cents coups) de Truffaut como en Los chicos de Marco Ferreri. Revisar el archivo del festival es siempre una fuente inagotable de sorpresas.

Mandabi (Ousmane Sembene, 1968)

Nada más lógico, pues, que la Seminci ensalce en su 70ª edición esa tradición social y humanista y su permanente voluntad de explorar la diversidad creativa en todo el planeta, a menudo de forma pionera abriéndole hueco a voces hoy incontestables pero que en su momento eran absoluta (y extraordinaria) periferia. La docena de películas que forma la edición de 2025 de Memoria y Utopía ni pretende ni podría, en ningún caso, resumir siete apasionantes décadas de historia y cine, pero sí apunta cuestiones punzantes, redescubre nombres y títulos fuera del canon y celebra, sobre todo, la vigencia de su contenido y de su forma (...)

Martin Pawley. O texto completo pode lerse no catálogo da SEMINCI 2025. 

sábado, 4 de marzo de 2023

Rosalía nas pantallas

Como acontece con moitas outras figuras capitais da creación, a ciencia e o pensamento, a presenza de Rosalía de Castro no cinema e na televisión é modesta, en particular no século XX. A que hai, porén, ten grande interese, ben pola importancia dalgúns títulos, ben porque esas imaxes axudan a entender o grao de (des)coñecemento da obra, a biografía e o mito rosaliano ao longo do tempo. 

Chama a atención, por exemplo, que xa en marzo de 1968 TVE emitise un ben curioso serial, Rosalía de Castro, que contou en cinco episodios de media hora a vida da nosa autora. Antes de que saian os créditos, a "novela" comeza coa chegada de Rosalía, a actriz Ana María Vidal, a Madrid; en diálogo cunha "tía Carmen" (a tía real chamábase María de Castro) faise alusión non explícita ao seu nacemento de nai solteira: "¿Tu madre te ha hablado de...?". Porén, esta Rosalía de ficción apunta na escena que, grazas a sabelo, "la quiero más, comprendo mejor su vida". Aínda dentro do tópico incerto dunha Rosalía torturada pola "mancha do nacemento" que non reencontra a nai até os dez anos (hoxe sabemos que só viviron separadas os meses en que a nena foi aleitada por outra muller), o guión non deixa dúbidas do profundo amor da escritora por Teresa de Castro.

Sorprende a primeira conversa entre Rosalía e Murguía. "Soy un ser con sentimientos, y con ojos en la cara para ver lo que me rodea, y sé lo que me agrada y lo que no me agrada", dille, para logo recordar que non tiña ben dez anos cando escoitou "palabras que no olvidaré nunca" en alusión á revolución galega de 1846. No marco novelesco e estreito dunha produción da televisión franquista hai espazo para unha Rosalía inconformista que pensa na súa "pobre tierra desvalida", que admira a Pondal e Aurelio Aguirre e sabe de memoria o brinde do banquete de Conxo, unha mostra de unión "ante la hipocresía y el odio en la corte". Hai espazo tamén para os textos en galego, incluído o combativo Castellanos de Castilla, e para empregar como recurso imaxes da Casa da Matanza tomadas dunha reportaxe do NO-DO de 1951, Galicia y sus gentes, que ofrecen unha visión insólita do que agora é un coidado xardín. 

A mesma TVE produciu, na década dos 70, tres adaptacións de novelas de Rosalía. No marco de La hora 11, un espazo que se emitía sobre esa hora da noite polo segundo canal, houbo en xuño de 1971 unha versión de 52 minutos de El primer loco e en xaneiro de 1973 outra de El caballero de las botas azules de 80, as dúas de ínfima calidade. Logo en 1976 programouse un serial de vinte entregas de vinte minutos a partir de La hija del mar de cualidades máis ben fracas, aínda que presenta polo menos dous elementos de interese: o prólogo do primeiro capítulo, filmado nunha Casa da Matanza nesa altura xa restaurada e convertida en museo, e o uso da voz lírica da coidadora e encargada do lugar, Maruxa Villanueva, unha figura fascinante que ben merecía un bo relato da súa vida. 

El espíritu de la colmena (Víctor Erice, 1973)

No cinema hai dous fitos de singular valor. Coñecida é a utilización de versos de Rosalía nunha das mellores películas da historia do cinema español (e por extensión, mundial), El espíritu de la colmena (Víctor Erice, 1973). Mentres buscaba localizacións para a rodaxe, o director atopou nunha vila de Guadalajara unha escola abandonada e, entre os materiais alí presentes, un manual de textos de uso escolar de 1942, El libro de las niñas. Nel deu co poema XIII do libro Vaguedás de Follas novas ("Xa nin rencor nin desprezo, / xa nin temor de mudanzas, / tan só unha sede..., unha sede / dun non sei qué que me mata...") en tradución ao castelán e Erice comprendeu, con acerto, que encaixaba ben co discurso do filme.

Dez anos antes debutaba en Portugal António Reis, quen logo foi o influente autor canda a súa compañeira Margarida Cordeiro das longametraxes Trás-os-Montes (1976), Ana (1985) e Rosa de Areia (1989). En 1963 António realizou xunto a César Guerra Leal a curta Painéis do Porto, ensaio fílmico feito por encomenda da Cámara Municipal na que se recitan poemas (na voz de Vasco Lima Couto) do propio António Reis, Egito Gonçalves, Pedro Homem de Melo e Fernando Pessoa. Rompe a unidade de xénero e nación a escolla dun poema inusual de Rosalía, "Hora tras hora, día tras día, / entre el cielo y la tierra que quedan / eternos vigías, / como torrente que se despeña / pasa la vida...". Engadido indebidamente por Manuel Murguía á edición de 1909 de En las orillas del Sar, hoxe considérase un poema solto, independente das súas obras maiores.

Martin Pawley. Artigo publicado no Nós Diario o sábado 4 de marzo de 2023.

luns, 31 de outubro de 2011

Nostalxia da Mostra de Ciencia e Cinema

A pasada semana tivo lugar a IV edición da Mostra de Ciencia e Cinema da Coruña, encamiñada esplendidamente polo seu programador Martin Pawley, que superou con nota e eficacia todas as eivas que se apuntaban en anos anteriores. O proceso de engraxamento e constrición pola cacarexada crise económica non foi quen de minguar a calidade dunha programación que, por desgraza, non se vai a poder disfrutar en moito tempo en Galicia.

Mesturando os dous termos que dan nome á Mostra deuse conta dunha excelente maridaxe: procesos científicos reflectidos no cinema con riscos estéticos e narrativos. Os dous conceptos crúzanse moreas de veces e cunha amplitude de perspectivas interesantes e anovadoras, remexendo na natureza do medio e nas súas potencialidades. Deste punto de encontro deu conta a Mostra nas súas catro edicións revelando nomes como os de Barbara Hammer, Bill Morrison, Sharon Lockhart, Ben Rivers, Deborah Stratman… Probablemente con menos non se puido facer máis.

A edición deste ano contou cunha poderosa presenza do documentário portugués nun “foco especial” onde destacou o filme Encontros (Pierre-Marie Goulet, 2006), unha espléndida homenaxe á grande figura cultural do António Reis e, tamén, ao Paulo Rocha. Dentro da escolma oficial destacaron Angst (Graça Castinheira, 2010), na que se intentaba situar un sentimento nacional luso na incerteza contemporánea, e Como as Serras Crescem (María João Soares, 2010), filme etnográfico sobre as salinas no Algarve.

Un ano máis a programación intentou vascular entre o divulgativo e o artístico. Así, entre os primeiros, nos atopamos con extraordinarios documentais a nivel didáctico como poden ser The City Dark (Ian Cheney, 2011), sobre a contaminación lumínica, ou A Simple Rhythm (Tess Girard, 2010), sobre o ritmo e a sincronización. Porén os filmes máis interesantes, como sempre, son os que se atopan no outro lado. É o caso da contemplativa The Yellow Bank (J. P. Sniadeki, 2010), onde no tempo dun eclipse en Shangai sae á luz a desacougante presenza humana na gran urbe. Nénette (Nicolas Philibert, 2010) máis que dun orangután fala da sociedade dos nosos días a través da valoración do son e as conversas en off en contraposición ao espazo limitado da gaiola do simio. Mais concisa na duración é La Linea Generale (Oleg Tcherny, 2010), un tratado cinematográfico sobre a percepción e a mirada na tradición do pensamento que ao longo da historia da arte e da ciencia expuxeron figuras coma Alberti, Da Vinci ou Galileo.

Cómpre, por último, facer referencia ao filme gañador, Nostalgia de la luz (Patricio Guzman, 2011), onde se produce unha sedimentación de estratos de significados ao comparar os modos de investigación de disciplinas que manipulan o pasado: a astronomía e a arqueoloxía. Unha analoxía que induce reflexións sobre unha terceira porta de acceso ao pretérito: o cinema. Un excelente exemplo de como poden confluír a ciencia e o cinema, como a ciencia axuda a deconstruír unha realidade e o cinema axuda a amplificar, de maneira suxestiva, os axiomas dese estudio pormenorizado.

A Mostra de Ciencia e Cinema é un evento cunha metodoloxía especial que o fai moi singular no panorama de festivais non só galego senón español. Agora que a súa continuidade fica en cuestión convén comezar a ter nostalxia de algo que dificilmente volverá.

Xurxo González