Cando ao final de ano nos entreteñamos a facer listaxes dos mellores
filmes de 2015 será moi fácil atopar un candidato para o primeiro posto:
Hou Hsiao-hsien. Porque é un dos autores esenciais do noso tempo e
porque
The Assassin, película de perfección insultante e beleza
maiúscula, é xa unha das cimas dunha filmografía, a súa, inzada de obras
mestras. É menos un
wuxia, por máis que haxa algunhas acrobáticas
pelexas, e máis un filme de Hou, e iso implica precisos movementos de
cámara, unha coidada posta en escena e un traballo de luz e son
abraiante. E por se non fose suficiente, a protagonista é a magnética
Shu Qi (
Millennium Mambo,
Three times). Un clásico instantáneo.
Nota: 10/10.
Martin Pawley
Ningún comentario:
Publicar un comentario