Un conflito complexo raras veces admite unha solución fácil, aceptábel
por todos de xeito unánime. Despois de sufrir un brutal acto de
violencia, a protagonista elixe un camiño inesperado e ao facelo formula
unha emenda á totalidade do sistema para cuestionar canto hai de pura
vinganza niso que chamamos xustiza. O talento narrativo e formal de
Santiago Mitre acada aínda maior altura que na súa opera prima El
estudiante grazas a unha interpretación excepcional de Dolores Fonzi,
verdadeiro centro de gravidade dun filme excelente que se prestará a
intensos debates. Nota: 7/10.
Martin Pawley
Ningún comentario:
Publicar un comentario