xoves, 27 de decembro de 2012
Les Misérables (Tom Hooper, 2012)
Les Misérables é unha adaptación enfática dun musical enfático, que parece sentir pánico da contención e se decanta por esa rutinaria e falsa grandilocuencia -tamén dixital- que uniformiza o peor cinema hollywoodense. A única decisión interesante asumida polo director Tom Hooper, a de facer que os actores canten ao vivo no mesmo set de rodaxe sacrificando a perfección vocal por un apetecíbel naturalismo, acaba por ser a súa condena, ao poñer o elenco todo nunha competición suicida por ver quen fai a interpretación máis desgarrada. Un tipo de rexistro, iso si, que adoita ser pasaporte aos Oscars, como ben intúen xa Hugh Jackman e Anne Hathaway. Nota: 2/10.
Martin Pawley
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
O mainstream sempre enfatizando por nós.
ResponderEliminarVéxase o caso Jackson hobbiteando o inhobbitábel.
Qué fermoso é o silencio no cinema, pai de tantos descobrementos. Qué música a do traqueteo e o motor na sala escura. Qué número, os 24 en movemento.
Que no se entere Angel Quintana de que le haceis la competencia express¡¡
ResponderEliminar