Este é o resultado final da votación efectuada entre 21 críticos e xornalistas para elixir o mellor filme galego de 2012:
1. Arraianos (Eloy Enciso), 67 puntos, 15 mencións.
2. Montaña en sombra (Lois Patiño), 43 puntos, 12 mencións.
3. Anacos (Xacio Baño), 24 puntos, 6 mencións.
4. La Brecha (Marcos Nine), 20 puntos, 8 mencións.
5. A cicatriz branca (Margarita Ledo), 16 puntos, 6 mencións.
6. Dos fragmentos / Eva (Ángel Santos), 15 puntos, 6 mencións.
7. Los increibles (David Valero), 14 puntos, 4 mencións.
8. Nacional VI (Pela del Álamo), 13 puntos, 6 mencións.
9. Goitik behera, behetik gora (Vicente Vázquez, Usue Arrieta), 12 puntos, 5 mencións.
Fóra (Pablo Cayuela, Xan Gómez Viñas), 12 puntos, 4 mencións.
Lupita (Xurxo Chirro), 12 puntos, 4 mencións.
12. El sexo de los ángeles (Xavier Villaverde), 10 puntos, 3 mencións.
13. Vilamor (Ignacio Vilar), 8 puntos, 2 mencións.
14. O apóstolo (Fernando Cortizo), 6 puntos, 3 mencións.
15. Piedad (Otto Roca), 5 puntos, 2 mencións.
Curta nº 3 (Xoán Escudero), 5 puntos, 1 mención.
17. Fantasmas #2 (Ángel Santos), 4 puntos, 1 mención.
8 (Cris Lores, Belén Veleiro, Ian Lorenzo, Liam Lores, Alberte Pagán), 4 puntos, 1 mención. [Ver vídeo]
19. Fraga y Fidel, sin embargo (Manuel Fernández-Valdés), 3 puntos, 1 mención.
En el movimiento del paisaje (Lois Patiño), 3 puntos, 1 mención.
Imágenes secretas (Diana Toucedo), 3 puntos, 1 mención.
22. Á luzada (Xurxo Chirro), 2 puntos, 2 mencións.
Apocalypse (Alexandre Argibai), 2 puntos, 1 mención.
La mirada del pintor (Rubén Pardiñas), 2 puntos, 1 mención.
25. Personal movie (Héctor Carré), 1 punto, 1 mención.
Avión, el pueblo ausente (María Hervera, Marcos Hervera), 1 punto, 1 mención.
Sefa sound system (Sabela Pernas, Sol Álvarez), 1 punto, 1 mención.
Arrevoa os meus cabelos (Olalla Castro), 1 punto, 1 mención. [Ver vídeo]
Non podo dicir que me sorprenda o primeiro posto, non tanto pola película, que aínda non vin, como pola presenza que tivo o filme durante todo o ano neste blog.
ResponderEliminarPermítanme dicir que non sei o axeitado dunha votación con tan poucos votantes e tan poucas candidatas (aínda me sorprende que algunhas dos filmes mentados sexan considerados "galegos"), sobre todo cando se reduce a un círculo de xente onde todos semellan coñecerse entre eles e os cineastas que votan, cando non directamente vemos a un cineasta votando.
Tampouco termino de entendelo criterio, cando hai filmes que non son de este ano. Por non falar de películas das que non tiña coñecemento ata ver este listaxe, xa que non hai presenza ni notoriedade algunha, e eu non me considero precisamente unha persoa allea a seguilos nomes e creativos que aparecen no cinema galego.
Espero que non se tomen a mal as miñas observacións. Pretendo ser constructivo.
É oportuno aclarar que para admitir ou non un filme tomamos en consideración a data da estrea pública oficial na súa forma definitiva, independentemente de que con anterioridade puideran terse exhibido montaxes provisionais anunciadas como tales (é o caso, por exemplo, de Anacos ou Piedad en Cineuropa 2011; as obras finais difiren de forma significativa das presentadas daquela).
ResponderEliminarEstivo ben! Aínda queda marxe de mellora para o vindeiro ano! Para poder participar escribir algunha crítica en ACTO DE PRIMAVERA (pode facelo todo mundo quen queira que se tome en serio a crítica cinematográfica) ou escribir ou valorar cinema galego nun medio de comunicación de forma regular!
ResponderEliminarPor certo, no blog hai algunha que outra referencia mais só hai un post monográfico, a crítica de Arraianos (ver búsqueda):
ResponderEliminarhttp://actodeprimavera.blogaliza.org/2012/08/02/arraianos-na-procura-do-tempo/