Amosando publicacións coa etiqueta Pier Paolo Pasolini. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pier Paolo Pasolini. Amosar todas as publicacións

mércores, 1 de xaneiro de 2025

El artículo de las luciérnagas

Como creador y como pensador, Pier Paolo Pasolini estuvo siempre medio siglo por delante.

* * *

Pier Paolo Pasolini en "Il Decameron" (1971)

El próximo 1 de febrero se cumplirán 50 años de la publicación en el Corriere della Sera de un brillante artículo de Pier Paolo Pasolini, «Il vuoto del potere», en español «El vacío de poder». Hoy ese texto no suele identificarse por su título original, sino por la definición poético-literaria de la que se valió el escritor y cineasta: es el «articolo delle lucciole», el artículo de las luciérnagas. «A principios de los años sesenta, a causa de la contaminación del aire y, sobre todo en el campo, a causa de la contaminación del agua (los ríos azules y los arroyos transparentes), comenzaron a desaparecer las luciérnagas. Fue un fenómeno fulminante y fulgurante. En unos pocos años ya no quedaron luciérnagas. (Son ahora un recuerdo, bastante desgarrador, del pasado: y un anciano que tenga ese recuerdo no puede reconocerse en los nuevos jóvenes como él era, y, por lo tanto, no puede tener aquellos hermosos sentimientos de antes)».

Pasolini utilizó la desaparición de las luciérnagas como un hito temporal que separaba dos periodos del régimen democristiano en Italia, desde el final de la Segunda Guerra Mundial hasta aquel presente de 1975. Si en la primera fase la democracia era una mera formalidad basada «en una mayoría absoluta obtenida mediante los votos de enormes capas de las clases medias y enormes masas campesinas controladas por el Vaticano», marcada por unos valores que eran «los mismos que para el fascismo: la Iglesia, la patria, la familia, la obediencia, la disciplina, el orden, el ahorro, la moralidad», la segunda fase vio la sustitución del «viejo universo agrícola y paleocapitalista» por la rápida industrialización y la creciente abyección consumista, mientras el poder caía en manos de «ejércitos nuevos, en tanto que transnacionales, casi policías tecnocráticos». Italia se había convertido en pocos años «en un pueblo degenerado, ridículo, monstruoso, criminal. Basta salir a la calle para entenderlo. Pero, naturalmente, para comprender los cambios en las personas es necesario amarlas». El artículo finalizaba con una afirmación contundente: «en cuanto a mí (…) que quede claro: daría toda la Montedison [un gran grupo industrial italiano] por una luciérnaga».

Con su mezcla infrecuente de genialidad, conciencia crítica y empatía humanista, Pasolini nunca dejará de ser un referente intelectual. No tengo dudas de que hoy sería también crítico con la contaminación lumínica, una de las manifestaciones más aberrantes del uso y abuso de recursos del triunfante tecnocapitalismo y causa, además, del declive de sus añoradas «lucciole». Un declive que ya apuntaba con perspicaz ironía una película casi contemporánea, la magnífica Bushman de David Schickele (1971), a través de su muy carismático protagonista, el nigeriano Paul Eyam Nzie Okpokam: «Las luciérnagas se están extinguiendo en Inglaterra. ¿Sabes esa lucecita? Es su gran atracción sexual. Con todas esas luces que hay afuera, las farolas y las luces de neón, las pobres luciérnagas van por ahí intentando tener sexo con las bombillas. Ya ni siquiera pueden ver sus propias luces. Dios sabe lo que el hombre le está haciendo al mundo, jodiéndolo todo. Jodiendo las cosas equivocadas»

Martin Pawley. Artigo publicado orixinalmente na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 307, xaneiro de 2025.

venres, 8 de abril de 2011

Seoane estaría satisfeito

Nunha das gravacións feitas por Carlo di Carlo durante a rodaxe de Mamma Roma, Anna Magnani e Pier Paolo Pasolini manteñen unha conversa ao mesmo tempo tensa e respectuosa que revela a incomodidade da italiana ante os procedementos do director, deseñados para arrancar interpretacións cheas de verdade aos ragazzi di vita que o rodeaban. As tomas curtas, ás veces cunha única frase, xogaban en contra dunha actriz que soñaba con repetir secuencias completas, consciente de que era neses tempos longos onde radicaba o seu éxito. As súas dúbidas, porén, ficaban matizadas pola confianza que depositaba no cineasta: se con esa mesma técnica xurdira un prodixio coma Accatone, ben podía estar tranquila.

O revelador documento sonoro é un dos elementos principais da mostra A voz de Pasolini, que pecha este domingo na Fundación Luis Seoane da Coruña. Da man dunha excelente colección de fotografías e material de innegábel interese –manuscritos, guións, poemas– a exposición reivindica a condición de pioneiro do ensaio fílmico do italiano, con especial atención para os Appunti per un’Orestiade africana e –sobre todo– La rabbia. A visita vén enriquecida con outra exposición inaugurada hai uns días, Cabanas para pensar, que explora a relación de grandes pensadores e artistas –entre eles Derek Jarman, director de dous magníficos e singulares biopics, Caravaggio e Wittgenstein– cos espazos nos que se refuxiaron para crear. Lonxe de miradas estupidamente localistas, velaí a demostración de que en Galicia non só sabemos facer cultura con maiúsculas, senón tamén asumir como propias as mellores obras de todos os tempos e facer delas relecturas intelixentes.

Martin Pawley. Publicado o venres 8 de abril en Xornal de Galicia

domingo, 6 de marzo de 2011

Tutto è santo

O colapso do presente é o colapso do pasado (...). Non se dan conta de que a televisión, e quizais o ensino obrigatorio, degradaron a mocidade, converténdoos en esquizoides, apoucados, racistas burgueses de segunda clase, mais consideran isto unha conxuntura desagradábel, que con certeza se resolverá... como se unha mutación antropolóxica fose reversíbel.
Pasolini escribía isto o 15 de xuño de 1975, día de eleccións en Italia. Non tiña esperanza ningunha no resultado, que viría demostrar que o seu era “un país despolitizado, un corpo morto cuxos reflexos son puramente mecánicos”, en pleno proceso de “adaptación á súa propia degradación, que pretende evitar só de boca para fóra”. A demoledora Abxuración da triloxía da vida tiña o seu equivalente en imaxes en Saló, un filme cuxa visión aínda hoxe resulta dolorosa e ferinte, o berro final dun xenio asasinado en circunstancias que xamais serán de todo esclarecidas.

Necesitamos a Pasolini máis ca nunca. Por ser un referente moral e ideolóxico, crítico cunha sociedade que deixou de pensar, aparvada pola falsa ledicia do consumismo salvaxe. Pola súa valente oposición á uniformidade e a reivindicación da diversidade cultural e dialectal, que o levou a loitar a prol do friulano, idioma que empregou en varios libros de poesía. Necesitamos o Pasolini polemista e escritor, mais sobre todo necesitamos o cineasta, un dos máis importantes do século XX por máis que a súa carreira fose breve. Cando Pasolini dirixiu a súa primeira obra mestra, Accatone, ía camiño dos corenta anos; pertence ao selecto grupo dos grandes autores tardíos, coma Ousmane Sembene ou Eugène Green. A súa deslumbrante ópera prima deu paso a Mamma Roma, un agasallo xigantesco para unha actriz, Anna Magnani, incómoda cos métodos do director e que malia a iso nunca estivo tan ben.

Marxista, homosexual e ateo, Pasolini fixo o mellor achegamento aos relatos bíblicos da historia do cinema no Evanxeo segundo Mateo, dedicado á “querida, leda e familiar memoria de Xoán XXIII”. Intelectualmente ambiciosa, metafórica e imperfecta, Teorema é unha película de estrutura case matemática que reflicte a transformación de todos os membros dunha familia despois de seren visitados e seducidos por un personaxe misterioso. Axiña chegarían Decamerón, Os contos de Canterbury e As mil e unha noites, glorificación do corpo e o amor e reinvención dun pasado mítico onde tutto è santo, como dicía o centauro en Medea. Polo medio, os seus inspiradores e audaces ensaios fílmicos, La Rabbia, Sopraluoghi in Palestina e os Appunti. Unha verdadeira revelación.

Martin Pawley. Publicado no Contexto do Xornal de Galicia o domingo 6 de marzo, como complemento ao artigo E Nova York era unha guerra de Iago Martínez.