Unha folga xeral unitaria e de enorme seguimento, desenvolvida entre o 4 e o 12 de febreiro —un período especialmente tenso e represivo—, capaz de abarcar a todo o mundo do espectáculo e provocar desde suspensións nos teatros de Madrid ata cancelacións de sesións de rodaxes e programas de TVE.
A folga vai formular de xeito audaz un tempo de reivindicación en forma de petición dunha serie de melloras (aumento salarial, un día de descanso semanal, a función diaria única no teatro, o cobro polos ensaios…), posibilitando como consecuencia a impugnación das estruturas do sindicato vertical sectorial franquista. O aparato represor franquista non vai defraudar: detencións (de Rocío Dúrcal, José Carlos Plaza e Tina Sainz a Pedro Mari Sánchez), ameazas e severas multas, o que desencadea unha gran corrente de solidariedade internacional. Entendido como un suceso histórico menos susceptible de recoñecemento do que debera, representa ademais o xerme de moitos cambios laborais na profesión, constituíndo un auténtico e memorable punto de inflexión.
José Manuel Sande. Texto escrito para o catálogo de Cineuropa 2025. Pode descargarse o catálogo completo en PDF nesta ligazón (PDF, 23 MB). O sábado 15 de novembro ás 17:30 en Numax Cineuropa acollerá unha mesa redonda sobre a folga de actores e actrices coa participación de Petra Martínez e José Manuel Sande; modera José Luis Losa. A entrada é de balde até completar a capacidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario