Un gran autor atropelado por un policía en moto: un triste símbolo dunha Europa cuxo destino se parece cada vez máis ao do Costa Concordia.
A noticia: o cineasta grego Theo Angelopoulos, Palma de Ouro en Cannes en 1998 por A eternidade e un día, faleceu onte vítima dun accidente de tráfico. O director foi derrubado por unha motocicleta mentres cruzaba unha rúa nun barrio da periferia de Atenas, onde estaba a buscar localizacións para o seu novo filme, O outro mar.
Lembro o paseo da gabarra coa estatua de lenin troceada baixando polo Danubio! Theo Angelopoulos como guía na neboa da historia! Unha imaxe moi potente e directa! Historias du cinema en plan narrativo, a vulnerabilidade das esculturas dos amantes do Vesubio de Rossellini, o peso do Pedro Macao de Oliveira... Recreacións sobre obras ancoradas en tempos pretéritos... Ver a historia desde un presente que se descompón nun infraleve!
ResponderEliminarVer o presente desde a vulgarización masiva do pensamento único,
ResponderEliminarsen urxencia por saber o que está a pasar, sen filosofía , sen debate............
Semelle que todos andamos a pensar en algún tipo de naufraxio!