Amosando publicacións coa etiqueta Porto/Post/Doc. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Porto/Post/Doc. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de setembro de 2017

Encontros e despedidas. Dous filmes de Sérgio Oksman.

O cineasta Sérgio Oksman levaba máis de vinte anos sen ter contacto co seu pai, Simão, cando, nunha viaxe a São Paulo en 2013, decidiu ir na súa procura. Atopouno e do reencontro xurdiu unha promesa: a de viviren xuntos o ano seguinte a Copa do Mundo de fútbol que se celebraría no Brasil. O acordo é o punto de partida dun filme que engana pola súa aparente transparencia. Sérgio documenta as semanas compartidas cos jogos como escusa para a convivencia de pai e fillo, jogos vistos nas pantallas de televisión dos bares ou apenas intuídos, na distancia, polos berros dos asistentes aos estadios. Mais o futebol que verdadeiramente liga aos dous é o do pasado, o dos anos 70, o que viviron aínda en familia. O presente é a amargura e a derrota, a persoal e a colectiva. O proxecto cinematográfico fora concibido inicialmente con regras e estruturas formais fixas para retratar a rutina -e mesmo o tedio- no día a día de traballo e crucigramas do pai recobrado, coa paisaxe de fondo dun país devorado pola loucura escapista do Mundial e as Olimpíadas. Mais a rigorosa planificación fica alterada pola realidade da vida, que desvela paralelismos inesperados, e aínda máis pola realidade da morte. Foron precisos moitos meses de montaxe para que Oksman e Carlos Muguiro re-pensaran e deran nova forma ao material fermoso e delicado, emotivo porque non quere ser melodramático, deste documental que algunha vez quixo ser ficción.

A story for the Modlins, outro relato dun fracaso, anuncia no título a súa intención, que non é a de explicar o misterioso retiro en España dunha familia americana senón inventar para eles unha historia. Unha desas historias ocultas que, porén, transcorren diante dos nosos ollos, tan diante de nós que esta até comeza na pantalla do cinema, co patriarca, Elmer, como extra dun filme mítico, Rosemary's Baby. Ao final o que resta dunha vida, por estraña que for, pode non ser máis que unha colección de fotografías, vídeos e recordos tirados a un contentor de lixo na rúa.

Martin Pawley. Texto escrito para a folla de sala da proxección de "A Story for the Modlins" (2012) e "O Futebol" (2015) no "Há Filmes na Baixa" do Porto/Post/Doc. Texto en portugués, aquí.

martes, 1 de decembro de 2015

Un cinema que xa non é outro

Cinema nas marxes, alternativo, periférico, alterado. Un cinema novo e sobre todo un cinema que é “outro”. Nos últimos anos escribíronse miles e miles de caracteres para describir e poñerlle nome á efervescencia dunha creación fílmica española non sometida (ou menos sometida) á tiranía das necesidades e convencións da industria, do que o mercado (e especialmente a televisión) tolera como asumíbel ao sur dos Pireneos. Mais o caso é que -quitado Almodóvar- a gran maioría dos autores españois que conseguiron difusión e recoñecemento mundial en época recente encaixan dentro dese cinema que chaman “outro”, de Albert Serra a Lois Patiño. Non será hora de ir asumindo xa que o “outro” é realmente o “primeiro”, o centro, o corazón dun sector vivo no artístico mais martirizado pola crise económica e as políticas culturicidas?

Os modelos de produción de hai vinte anos son hoxe unha quimera. Para sobrevivir é preciso multiplicar o talento e reducir o equipo ao mínimo. Medra a vontade de risco, feito obrigado agora que as tendencias se propagan a toda velocidade e o gran sucesso nun festival pode ser unha moda vella dúas tempadas despois. Unha cámara e un ordenador son suficientes para realizar un filme e iso facilita traballar sen límites co tempo e con material narrativo persoal, mesmo íntimo. A non ficción ábrese camiño coma territorio de liberdade e experimentación e obtén, por fin, o espazo de visibilidade que merece. De paso, convida ao espectador a cuestionar os seus prexuízos: canto hai na non ficción de construción, de invención por parte do autor? Que nos importa máis, a carga de realidade ou a carga de verdade que hai nun filme?

Martin Pawley. Texto escrito para o Porto/Post/Doc (Porto, 1-8 de decembro).

luns, 30 de novembro de 2015

O futebol (Sérgio Oksman, 2015)


Despois dunha longa separación, un pai e un fillo reencóntranse durante o mundial de fútbol do Brasil de 2014. O fillo é cineasta e documenta o tempo compartido. Mais a morte aparece e transfórmao todo. O futebol non é o rexistro transparente e directo dunhas semanas de vida en común, senón unha obra minuciosamente reescrita e reelaborada ao longo de meses de montaxe, necesarios para afrontar con elegancia e pudor materiais tan delicados como a familia e a enfermidade. Un filme sen golpes de efecto melodramáticos, honesto e nobre e, por iso mesmo, sumamente emocionante. Nota: 8/10.

Martin Pawley. Nota escrita para o Porto/Post/Doc (versión portuguesa, aquí). O filme de Sérgio Oksman e Carlos Muguiro vese no festival portugués mañá 1 de decembro ás 18:30 no Teatro Municipal Rívoli. Dous días despois, o xoves 3 de decembro,  inaugurará o festival Márgenes.

xoves, 29 de xaneiro de 2015

Cavalo Dinheiro

Foi á volta da rodaxe en Cabo Verde de Casa de lava que Pedro Costa tomou contacto co barrio de Fontainhas. Traía de alá, da Ilha de Fogo, correspondencia para os emigrantes que moraban en Lisboa; o reparto das cartas supuxo o descubrimento dese lugar e a súa xente e diso acabou nacendo un novo filme, Ossos, que foi unha revelación, un final e un principio. O grande artificio xa non servía: as cámaras de 35mm, o equipamento de luz e son e o barullo que implica unha produción típica, por pequena que sexa, entraban en contradición estética e ética co obxecto rexistrado. No sucesivo sería preciso ensaiar un método diferente. Sería preciso intimidade, dedicación, convivencia diaria; sería preciso tempo e traballo, rigoroso e sistemático. Paradoxalmente, a ruptura co procedemento convencional e a redución da equipa ao mínimo devolvía certo clasicismo, o regreso á noción do cinema coma oficio e a rutina dunha xornada laboral por cumprir, unha visión no fondo non moi afastada do vello sistema de estudios do Hollywood dos anos 30 e 40. Iso foi No Quarto da Vanda. Facer horas, ollar, escoitar, aprender.

O seguinte paso foi construír a verdade dende a ficción. Juventude em marcha, unha revolución, deunos a coñecer a Ventura, un dos moitos caboverdianos de Fontainhas recolocados nas vivendas brancas, sen personalidade, de Casal da Boba. Entre eses dous lugares, en diálogo con personaxes do pasado e do presente, discorría un filme de beleza extrema, fantasmal, unha demostración de humanismo e dignidade. A aposta radicalízase agora no fermosísimo enigma que é Cavalo Dinheiro, relato soñado ou delirio dun Ventura máis vello e enfermo cuxa memoria fica ligada ao 25 de abril. O reverso dese día de esperanza e liberdade é un 25 de abril de medo e incerteza para os inmigrantes que viñeran das colonias, obreiros apavorados ante a posibilidade de seren presos ou expulsados, inquietos ante un futuro convulso. Pasaron xa corenta anos mais segue a ser unha memoria moi viva: non hai onte e hoxe, é todo o mesmo na cabeza de Ventura. Canda el, Vitalina, que só dá chegado a Lisboa tras a morte do marido, xa demasiado tarde. Cavalo Dinheiro é un coro de espectros e zombies cargados de sufrimento e dor, de sacrificios e derrotas. Homes e mulleres coas cicatrices das ilusións perdidas a camiñaren entre ruínas e sombras, sempre á marxe da Historia, invisíbeis. Unha fantasía expresionista que engrandece as posibilidades da imaxe dixital, arte povera que Costa sublima a forza de depuración absoluta, de “obscurecer a obscuridade”, de poñer quitando. A forza de tempo e traballo, digámolo máis unha vez. O resultado é un exorcismo colectivo, unha experiencia sensorial que nos abala e transforma, unha obra maior que inspira, sobre todo, palabras de agradecemento. Palabras que é xusto repetir sempre que houber ocasión: Obrigado, Pedro. Obrigado, Ventura. Obrigado, Vitalina.

Martin Pawley. Texto para a folla de sala da proxección de Cavalo Dinheiro no programa Há Filmes na Baixa do Porto/Post/Doc.

domingo, 16 de novembro de 2014

Celebração de um nascimento

O nascimento de um festival de cinema é sempre (e cada vez mais) uma esplêndida notícia. Se não fossem os festivais, os cinéfilos não teriam a oportunidade de ver em óptimas condições as centenas de valiosos filmes – seja qual for a sua duração – que todos os anos se produzem no mundo e que ficam à margem dos circuitos comerciais de distribuição. As cinematecas, os cineclubes e os festivais que já existem – e em Portugal temos exemplos excelentes – cobrem uma parte das necessidades, mas são tantos e tantos os filmes que merecem ser vistos, os que nos revelam outras formas ideológicas e estéticas, que é preciso, hoje mais do que nunca, criar espaços para a sua exibição normalizada. É motivo de celebração o novo encontro que o Porto/Post/Doc nos marca para o mês de Dezembro, de 4 a 13, assim como é motivo de celebração a programação estável que desenvolve ao longo de todo o ano sob o lema Há Filmes na Baixa.

Um festival é, acima de tudo, um ponto de encontro. Uma festa que põe em contacto cineastas e espectadores. É também um centro de conhecimento, de difusão e intercâmbio de ideias. Um festival deve formar espectadores, deve-nos servir de guia para descobrirmos outros caminhos. E o pretexto que justifica tudo isto – o encontro, o convívio, o conhecimento – são os filmes. Os programadores do Porto/Post/Doc apostam em transcender os limites tradicionais da não-ficção, e a sua competição internacional é uma genuína declaração de intenções: uma selecção diversa e fértil com uma magnífica presença portuguesa e coroada pela participação do mais recente filme do filipino Lav Diaz, que é já uma figura de referência.

O Porto/Post/Doc não podia nascer em melhor companhia. Outorga carta branca ao CPH:DOX de Copenhaga e ao FIDMarseille de Jean-Pierre Rehm, dois dos principais festivais europeus que são, além disso, essenciais para perceber as transformações da não-ficção contemporânea. Uma terceira carta branca fica a cargo de Dennis Lim, que é agora director de programação da Film Society do Lincoln Center depois de ser colunista e crítico imprescindível no Village Voice e no The New York Times. E pela mão de Lois Patiño chega o “novo cinema galego” com quatro títulos que abriram portas e janelas à criação fílmica a norte do Minho e colocaram o cinema da Galiza nas montras mais importantes do planeta, como Cannes ou Locarno.

O Porto ocupa um lugar central na história do cinema português, e ainda que haja muitos nomes que justificam esta afirmação há um que é por si suficiente: Manoel de Oliveira. Quase a fazer 106 anos, poucos cineastas são tão jovens e livres como ele. O Porto/Post/Doc presta-lhe uma merecida homenagem com a estreia da sua última curta-metragem, O Velho do Restelo, mais uma demonstração de sabedoria, a enésima lição de um mestre que recorre a grandes figuras históricas da cultura ibérica para questionar o nosso tempo, regressando ao passado para perceber as feridas do presente, como também faz, de modo bem distinto, Cavalo Dinheiro, de Pedro Costa. E ambos são olhares imprescindíveis, incómodos e extremamente emocionantes.

Para além das convenções televisas, o melhor cinema documental actual olha com ânimo renovador e lúcido para a música e os músicos. Fala também com espírito crítico do mundo em que vivemos, para questionar os discursos dominantes. Explora territórios que vão para lá do tópico vulgar, como faz Soon-Mi Yoo com a demonizada Coreia do Norte em Songs from the North. Repensa Portugal com Raquel Freire e Valérie Mitteaux ou Pedro Neves. Pergunta onde está o real e estuda a visão que o cinema dá das coisas, como no monumental Los Angeles plays itself de Thom Andersen, fascinante e lúdico retrato de uma cidade tal como foi mostrada nos filmes. Diverte-se com os discursos apocalípticos e de fim da película num cocktail extravagante preparado por Raya Martin e Mark Peranson, La última película. E no mesmo espírito eclético mistura formatos e dinamita qualquer tentativa de classificação numa curta inédita de João Pedro Rodrigues e João Rui Guerra da Mata, de regresso a Macau com Iec Long.

Sobram as razões para nos encontrarmos em Dezembro no Porto/Post/Doc. Que seja o primeiro de muitos.

Martin Pawley. Texto de presentación para o dossier de imprensa da primeira edición do Porto/Post/Doc.