O cineasta Sérgio Oksman levaba máis
de vinte anos sen ter contacto co seu pai, Simão, cando, nunha viaxe a
São Paulo en 2013, decidiu ir na súa procura. Atopouno e do reencontro
xurdiu unha promesa: a de viviren xuntos o ano seguinte a Copa do Mundo
de fútbol que se celebraría no Brasil. O acordo é o punto de partida dun filme que engana pola súa aparente transparencia. Sérgio documenta as
semanas compartidas cos jogos como escusa para a convivencia de pai e
fillo, jogos vistos nas pantallas de televisión dos bares ou apenas
intuídos, na distancia, polos berros dos asistentes aos estadios. Mais o futebol que verdadeiramente liga aos dous é o do pasado, o dos anos 70,
o que viviron aínda en familia. O presente é a amargura e a derrota, a
persoal e a colectiva. O proxecto cinematográfico fora concibido
inicialmente con regras e estruturas formais fixas para retratar a
rutina -e mesmo o tedio- no día a día de traballo e crucigramas do pai
recobrado, coa paisaxe de fondo dun país devorado pola loucura escapista
do Mundial e as Olimpíadas. Mais a rigorosa planificación fica alterada
pola realidade da vida, que desvela paralelismos inesperados, e aínda
máis pola realidade da morte. Foron precisos moitos meses de montaxe
para que Oksman e Carlos Muguiro re-pensaran e deran nova forma ao
material fermoso e delicado, emotivo porque non quere ser melodramático,
deste documental que algunha vez quixo ser ficción.
A story for the Modlins, outro relato dun fracaso, anuncia no título a súa
intención, que non é a de explicar o misterioso retiro en España dunha
familia americana senón inventar para eles unha historia. Unha desas
historias ocultas que, porén, transcorren diante dos nosos ollos, tan
diante de nós que esta até comeza na pantalla do cinema, co patriarca,
Elmer, como extra dun filme mítico, Rosemary's Baby. Ao final o que
resta dunha vida, por estraña que for, pode non ser máis que unha
colección de fotografías, vídeos e recordos tirados a un contentor de
lixo na rúa.
Martin Pawley. Texto escrito para a folla de sala da proxección de "A Story for the Modlins" (2012) e "O Futebol" (2015) no "Há Filmes na Baixa" do Porto/Post/Doc. Texto en portugués, aquí.
Amosando publicacións coa etiqueta Há Filmes na Baixa b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Há Filmes na Baixa b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 28 de setembro de 2017
xoves, 29 de xaneiro de 2015
Cavalo Dinheiro
Foi á volta da rodaxe en Cabo Verde de Casa de lava que Pedro Costa tomou contacto co barrio de Fontainhas. Traía de
alá, da Ilha de Fogo, correspondencia para os emigrantes que moraban en
Lisboa; o reparto das cartas supuxo o descubrimento dese lugar e a súa
xente e diso acabou nacendo un novo filme, Ossos, que foi unha
revelación, un final e un principio. O grande artificio xa non servía:
as cámaras de 35mm, o equipamento de luz e son e o barullo que implica
unha produción típica, por pequena que sexa, entraban en contradición
estética e ética co obxecto rexistrado. No sucesivo sería preciso
ensaiar un método diferente. Sería preciso intimidade, dedicación,
convivencia diaria; sería preciso tempo e traballo, rigoroso e
sistemático. Paradoxalmente, a ruptura co procedemento convencional e a
redución da equipa ao mínimo devolvía certo clasicismo, o regreso á
noción do cinema coma oficio e a rutina dunha xornada laboral por
cumprir, unha visión no fondo non moi afastada do vello sistema de
estudios do Hollywood dos anos 30 e 40. Iso foi No Quarto da Vanda.
Facer horas, ollar, escoitar, aprender.
O seguinte paso foi construír a verdade dende a ficción. Juventude em marcha, unha revolución, deunos a coñecer a Ventura, un dos moitos caboverdianos de Fontainhas recolocados nas vivendas brancas, sen personalidade, de Casal da Boba. Entre eses dous lugares, en diálogo con personaxes do pasado e do presente, discorría un filme de beleza extrema, fantasmal, unha demostración de humanismo e dignidade. A aposta radicalízase agora no fermosísimo enigma que é Cavalo Dinheiro, relato soñado ou delirio dun Ventura máis vello e enfermo cuxa memoria fica ligada ao 25 de abril. O reverso dese día de esperanza e liberdade é un 25 de abril de medo e incerteza para os inmigrantes que viñeran das colonias, obreiros apavorados ante a posibilidade de seren presos ou expulsados, inquietos ante un futuro convulso. Pasaron xa corenta anos mais segue a ser unha memoria moi viva: non hai onte e hoxe, é todo o mesmo na cabeza de Ventura. Canda el, Vitalina, que só dá chegado a Lisboa tras a morte do marido, xa demasiado tarde. Cavalo Dinheiro é un coro de espectros e zombies cargados de sufrimento e dor, de sacrificios e derrotas. Homes e mulleres coas cicatrices das ilusións perdidas a camiñaren entre ruínas e sombras, sempre á marxe da Historia, invisíbeis. Unha fantasía expresionista que engrandece as posibilidades da imaxe dixital, arte povera que Costa sublima a forza de depuración absoluta, de “obscurecer a obscuridade”, de poñer quitando. A forza de tempo e traballo, digámolo máis unha vez. O resultado é un exorcismo colectivo, unha experiencia sensorial que nos abala e transforma, unha obra maior que inspira, sobre todo, palabras de agradecemento. Palabras que é xusto repetir sempre que houber ocasión: Obrigado, Pedro. Obrigado, Ventura. Obrigado, Vitalina.
Martin Pawley. Texto para a folla de sala da proxección de Cavalo Dinheiro no programa Há Filmes na Baixa do Porto/Post/Doc.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)