Amosando publicacións coa etiqueta Filmika Galaika. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Filmika Galaika. Amosar todas as publicacións

martes, 30 de xuño de 2026

Entrevista a Gabriel Azorín: "Sempre nos preguntamos como queremos vivir a vida que nos toca"

Esta terza feira visita a Filmoteca de Galiza Gabriel Azorín, director dun dos títulos máis aplaudidos pola cinefilia mundial este último ano, Onte á noite conquistei Tebas, que se estreou na pasada edición da Mostra de Venecia e participou logo en citas de prestixio coma o festival de Nova York, a Viennale, a Seminci ou o Indielisboa. Unha obra mestra en dous tempos e tres linguas (galego, portugués e latín) integramente filmada nas termas ourensás de Bande.

Gabriel Azorín. Imaxe: Amador Lorenzo para Filmika Galaika, DVEIN Films e Bando à Parte

Se houbese que poñerlle unha data inicial ao nacemento do filme, estaría á volta do teu descubrimento das termas de Bande.
En 2017 fun alí cuns amigos e cando se fixo de noite quedei só, tumbado nunha desas bañeiras en forma de sarcófago que son tan importantes logo na película. Como non hai luces artificiais de noite non podes ver nada a non ser que ergas a cabeza e mires o ceo, e eu tiven a sorte de que aquela noite había un ceo estrelado incríbel. Foi un intre de introspección e intimidade e fíxome pensar na cantidade de xente que ao longo da historia faría o mesmo xesto ca min naquel lugar. Volvín a casa con gana de rodar alí, mais era simplemente un desexo e precisaba ter unha idea cinematográfica. Dous anos despois, cando estaba na Elías Querejeta Zine Eskola e o cinema de António Reis e Margarida Cordeiro me tiña moi obsesionado pola súa capacidade de revelar os diferentes tempos que habitan un lugar, pensei de novo nas termas e propúxenlle a María Antón Cabot e Carlos Pardo Ros, colegas do colectivo lacasinegra, que me acompañasen a Bande para constatar se seguía vivo aquel desexo. Desta vez fomos máis precavidos e levamos unha cámara de alta sensibilidade; após bañármonos pola tarde caeu a noite e coa cámara gravamos uns rapaces que andaban alí tamén. Cando de regreso á casa revisamos as imaxes comprendín que non tiñan tempo, que se os rapaces non levasen teléfonos e traxes de baño con piñas sería imposíbel determinar se eran de hoxe, da Idade Media ou de hai dous mil anos, e iso xa era unha idea propiamente cinematográfica. Foi unha sorte de “eureka”.

Así xorde a convicción de facer o filme, mais como desenvolve a obra final?
Foi un camiño de ida e volta. As termas en orixe estaban asociadas ao campamento militar de Aquis Querquennis, do século I da nosa era, así que a presenza de mozos romanos estaba clara dende o principio. A idea de que houbese mozos contemporáneos tamén, mais a primeira intuición apuntaba a engadir máis capas de tempo, talvez a guerra civil, talvez o campesiñado no século XIX… Cando empecei a traballar no guión co amigo Celso Giménez, da compañía teatral La Tristura, acordamos que houbese só dous tempos para facer máis sinxela a película e que esa simplificación nos permitise xogar con elementos que nos interesaban como o paso do tempo, a duración, habitar os lugares… elementos que a miúdo no cinema fican devorados polos temas e as tramas. Tamén limpamos moito os asuntos a tratar e concentrámonos na amizade e nesa sensación tan humana de que nalgún momento da vida nos sentimos sós (...)

Martin Pawley. Entrevista publicada no Nós Diario do 25 de abril de 2026. Podes ler a entrevista completa no sitio web do xornal.

sábado, 25 de abril de 2026

Filmika Galaika, cinema para inmensas minorías

Moitas das películas galegas que acadaron repercusión internacional real nos últimos anos comparten unha mesma marca, Filmika Galaika, unha referencia consolidada na creación de noso afeita xa a colocar títulos en festivais como Rotterdam, Locarno ou Venecia e que ademais é pioneira no desenvolvemento de coproducións con Portugal. Da man dunha das súas responsábeis, Beli Martínez, percorremos a traxectoria, as intencións e os desafíos inminentes dunha produtora que naceu e medrou nun tempo de transformacións para o cinema.

Krakatoa (Carlos Casas, 2026) / Filmika Galaika

Após a última edición do Festival de Rotterdam, Filmika Galaika pode presumir dun logro non precisamente menor: por terceiro ano consecutivo sitúa unha longametraxe nunha das citas fundamentais do calendario cinematográfico mundial. Se en 2024 entraron na competencia principal con La Parra de Alberto Gracia e en 2025 Lois Patiño encontrou espazo para Ariel, 2026 foi a quenda do cineasta nacido en Barcelona Carlos Casas con Krakatoa, que aposta por unha coidada fotografía e un notábel deseño sonoro (a cargo de Nicolas Becker, antes gañador dun Oscar por Sound of Metal) para crear un filme-experiencia con final psicodélico que ten vidas alternativas como instalación artística ou mesmo espectáculo ao vivo. Unha obra talvez non apta para os “cazadores de argumentos”, ou que exixe un espectador non domesticado pola forma mol diso que chaman “contidos” nas plataformas, ese espectador que non presta atención e só está preocupado pola sinopse e que por iso mesmo pode mirar eses contidos a dupla velocidade. Un espectador, en suma, ao que non lle interesa o cinema.

É evidente que Filmika Galaika quixo sempre producir películas para a xente que si ama o cinema e isto, que debera ser o normal, empeza a parecer insólito nunhas carteleiras ameazadas pola inanidade. O comezo, en calquera caso, non foi doado. Abriron en 2009 “sen ter moita idea”, recoñece Beli, nunha época na que estaban facendo as súas primeiras curtas Roi Carballido e Seném Outeiro (...)

Martin Pawley. Entrevista completa publicada no Sermos Galiza que acompaña o Nós Diario do sábado 25 de abril de 2026. As persoas subscritoras poden lelo completo nesta ligazón.

luns, 1 de decembro de 2025

La noche más oscura

La magistral Anoche conquisté Tebas de Gabriel Azorín hace de la noche el más bello y emocionante escenario cinematográfico.

* * *

Imaxe promocional do filme. Autor: Amador Lorenzo para DVEIN Films/Filmika Galaika/Bando à parte

En el último cuarto del primer siglo de nuestra era se estableció en Bande, provincia de Ourense, un campamento militar romano, Aquis Querquennis, que estuvo en uso no demasiado tiempo, apenas cincuenta años. Ocupaba una extensión de 2,5 hectáreas y debió albergar no menos de 500 legionarios; disponía, entre otras cosas, de un cuartel general, dos hórreos para almacenar alimentos, un hospital y varios barracones y letrinas para las tropas. La zona quedó anegada en 1949 por la construcción de un embalse y tuvieron que pasar casi tres décadas hasta el inicio de las excavaciones que permitieron una nueva puesta en valor del complejo. Próximo a él hay unas termas que sirvieron, ya en la época romana, de espacio de usos terapéuticos y de ocio. Durante algunos meses el nivel de agua del embalse deja las bañeras completamente sumergidas, pero cuando eso no sucede es posible utilizarlas a cualquier hora del día o de la noche.

Hace unos años descubrió el lugar gracias a una amiga el cineasta Gabriel Azorín (Hellín, Albacete, 1981). Se adentró en las cálidas aguas por la tarde pero se quedó allí hasta la madrugada para disfrutar del baño en un entorno sin luz artificial. Envuelto por el vapor y la oscuridad, el director sintió que la mirada se dirigía de manera natural hacia el firmamento, un paisaje repleto de estrellas desconocido en las ciudades. Supo de inmediato que algún día tendría que hacer en ese lugar una película. Regresó muchos meses después con dos personas amigas y colegas de creación, Carlos Pardo Ros y María Antón Cabot, con la idea de comprobar si aquella magia se mantenía y si era posible captarla a través de una cámara con alta sensibilidad. Al ver a unos chicos conversar relajadamente en una de las bañeras, comprendió que aquella misma estampa seguramente se había reproducido innumerables veces a lo largo de la historia. Si no fuera por los bañadores de diseños chillones y los teléfonos de última generación, aquellos jóvenes serían idénticos a cualesquiera otros que diez o veinte siglos atrás se habrían dejado acompañar por la placidez del agua y de la noche. 

Ese fue el germen de Anoche conquisté Tebas, una obra maestra sobre esa forma de amor que llamamos amistad, para mí el mejor film de 2025, uno de esos raros hitos instantáneos que marcan un antes y un después. Una película que refleja, en escenas de inmensa belleza y a través de diálogos conmovedores, dos instantes de ruptura, uno en el presente, otro hace dos mil años. Dos trances que exponen la tristeza de perder a aquellos a quienes queremos, el miedo a la soledad, a las ausencias que inevitablemente acaban marcando nuestras vidas. La calma y la negrura favorecen las confesiones, la manifestación sincera de los sentimientos. Anoche conquisté Tebas es, de hecho, una gran película sobre la noche, una que entiende que en ella podemos ver más lejos, que aprecia el esplendor del cielo nocturno. Una que respeta la oscuridad y va en busca de su belleza, de la acogedora intimidad que proporciona y los encuentros que alienta, de sus afectos y sus revelaciones.

Martin Pawley. Artigo publicado orixinalmente na sección "La noche es necesaria" da Revista Astronomía, número 318, decembro de 2025.

venres, 5 de setembro de 2025

O sublime amor da amizade

Anoche conquisté Tebas (Gabriel Azorín, 2025)

Inspiradas pola frutuosa traxectoria da Quincena de Cineastas de Cannes, en 2004 dúas asociacións de profesionais do cinema de Italia puxéronse de acordo para fundar, ao abrigo da Mostra de Venecia, un evento independente, as Giornate degli Autori, máis aberto á creación independente e innovadora. Á marxe das tentacións cara aos títulos de impacto e as celebridades que inevitabelmente invaden os grandes festivais, a programación desta clase de seccións paralelas pode (ou debe) guiarse tan só polo valor cinematográfico das propostas que acolle, sen medo a incumprir expectativas: ninguén agarda que da Quinzaine ou das Giornate saian, para entendérmonos, algúns dos filmes máis populares do ano a nivel mundial ou que sirvan como antesala dos Oscar, como si acontece coas competicións de Cannes e de Venecia. Felizmente, hai moita vida (e as máis das veces, mellor) fóra dese primeiro plano da atención mediática tutelada polas axencias de vendas e as campañas publicitarias.

O 2 de setembro tivo a súa estrea oficial nas Giornate, como preludio dunha encomiábel carreira internacional, o filme Anoche conquisté Tebas, dirixido por Gabriel Azorín e con espléndido guión del e do consigliere Celso Giménez, unha coprodución entre DVEIN Films, Filmika Galaika e Bando à Parte que é xa un dos títulos fundamentais de 2025 (e da década). No inicio, un grupo de mozos que falan portugués cruzan unha poza pantanosa e chegan até unha construción abandonada mentres charlan sobre un xogo virtual de guerra no que tomaron parte. Un espectacular plano aéreo amósanolos de camiño a un antigo campamento romano, o ourensán Aquis Querquennis, onde proseguirán a charla mentres se moven entre os restos históricos. Na contorna, un grupo de turistas recibe información sobre este espazo por parte dunha guía galega, que explica como hai dous mil anos os soldados romanos atoparon alí perto un nacemento de augas termais. Preséntanse así as termas de Bande, que serán o escenario único para todo o que resta de filme. O grupo de mozos métese nas piscinas e déixase acariñar pola beleza e a placidez do ambiente mentres cae a luz do día e empezan a asomar as primeiras estrelas; cunha aplicación do móbil tentan identificar os puntos de luz que aparecen no ceo. En breve será noite pechada e o plano farase máis e máis escuro, nun impresionante traballo coa luz do director de fotografía Giuseppe Truppi.

É un intre de relaxación e sosego que dá paso a un plano fixo de vinte minutos de extrema emoción, un fito do cinema contemporáneo. Dous dos mozos, António (Santiago Mateus) e Jota (António Martim Gouveia) repousan en cadansúa bañeira ao ar libre na escuridade, envoltos polo vapor que emana da auga quente. A intimidade facilita o diálogo sincero, a liberación de pensamentos que deben botarse fóra. A expresión da admiración cara ao outro, mais tamén a certeza de que os soños adolescentes non se van cumprir ("Não farás nada do que me havias dito"), que a vida que se abre a partir de agora vainos levar por camiños separados e que o tempo com- partido está chegando á súa fin ("Tenho medo de não voltarmos estar assim como estamos hoje. Pensas nisto? Isso é uma coisa que acontece ás pessoas. Vanse separando, fazem de conta que não notam e..."). O medo a que a amizade se desfaga pola distancia, pola inacción, por non seguir creando recordos comúns. A tristeza, ao final, de sentírmonos sós.

A seguinte escena lévanos, no mesmo lugar, a outro tempo, na Idade Antiga; a lingua que escoitamos é o latín. Hai máis personaxes, mais o foco está posto en Aurelio (Oussama Asfaraah) e Pompeio (Pavel Čemerikić), de novo dous amigos que conversan de noite mentres toman un baño. É outro transo de ruptura, desta vez provocado pola guerra que os obriga a ir moi lonxe, até a Dacia ("Non quero matar ninguén, nin que me maten", di Aurelio). Onte e mañá, por máis séculos que transcorran, os sentimentos non mudan; haberá sempre unha mesma vontade de termos na nosa vida outras persoas, de facérmonos mellores con elas, de recibirmos o seu cariño e o seu coidado, e de devolvérllelo, como ingrediente principal para a felicidade e a esperanza. Nada máis lóxico, pois, que o derradeiro plano, outro prodixio de composición, acabe por conectar épocas, tristezas e afectos: baixo a maxestosa vulnerabilidade que induce a noite, os corpos sen roupa, unha vez que se desprenden de toda sorte de artificios, desvelan a esencia que os irmanda e iguala a través dos tempos, a humana necesidade de agarimo e compaña, de querer e ser querido.

Martin Pawley. Artigo publicado orixinalmente no Nós Diario o 5 de setembro de 2025, sexta feira.