False Twins
Sandro Aguilar (Portugal, 2014)
21 min | Cor
A nova curtametraxe de Sandro Aguilar completa un fascinante díptico coa precedente Jewels (vista no BAFICI pasado) e, como aquela, incítanos a usar a razón e a imaxinación para fuxir da comodidade en que se instalou o espectador contemporáneo. Sobre imaxes –asombrosas, coma sempre– de monos metidos en gaiolas, bechos en formol e un planetario escóitanse textos sobre os primeiros habitantes do planeta, as regras dun videoxogo de naves espaciais ou as instrucións dun manual de reanimación cardiopulmonar. E a elección, que non queden dúbidas, non é caprichosa.
Martin Pawley. Versión galega do texto do catálogo do BAFICI 2015. Pode descargarse o catálogo nesta ligazón (PDF, 21 MB).
Ningún comentario:
Publicar un comentario