por Miguel Castelo
O cinema galego dá as súas primeiras voltas alá polos últimos 60, nos tomavistas e proxectores de S8 mm. Catro décadas despois, non sen tempo, nunha situación ben diferente, logo dunha manchea de moi estimabeis filmes de curtametraxe, o cine longo producido e realizado en Galicia comeza a aportar, alén da lingua e as paisaxes, obras con entidade e interese. É o caso dos tres títulos de recente fornada, que comentamos aquí. Dúas primeiras obras e unha segunda. Tres filmes que, sendo ben diferentes, curiosamente presentan certos elementos de conexión entre si. Dous retratos de muller, Santiago de Compostela en dúas diferentes épocas, e unha road movie, que mesmo ampliando o campo semántico da expresión, poderían ser tres. Falamos de Tralas luces, Dos fragmentos / Eva e Doentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario