Cualquier acercamiento a
As Mil e Uma Noites empieza por el asombro ante su naturaleza colosal,
su condición de proyecto extraordinario. Extraordinario por dimensión y
por intención, la de establecer un retrato de un país, Portugal,
cruelmente azotado por el ejercicio austericida de un gobierno que bailó
al son único de la apocalíptica “Troika”, entidad que también es
singular y triple, como la película de Gomes, pero infinitamente menos
amorosa. La crisis, palabra maldita que ha devenido comodín hueco para
justificar cualquier cosa, merecía un acto artístico de rebelión. Lo ha
hecho un genial cineasta portugués en forma de elogio de la narración y
de la palabra, de voces y de acentos que hilan un sinfín de historias,
grandes y pequeñas, trascendentes y banales, que nacen unas de otras y
se van y vuelven para relatar este mundo y este tiempo. Para hacer
relato hoy y para que se recuerde en el futuro: esto era así y había que
contarlo, de una forma nueva, imperecedera e inagotable.
As Mil e
Uma Noites es, sí, una película política, aunque no militante, o al
menos no en el sentido tradicional. No es una obra repleta de certezas,
dispuesta a señalarnos un camino recto -o más bien “el” camino-; antes
por el contrario, prefiere navegar al desvío y explorar otras derrotas
para conocer mejor su rumbo. La prensa diaria fue una perfecta guía para
el viaje. Durante más de un año un equipo de periodistas -María José
Oliveira, Rita Ferreira y João de Almeida Dias, justo es citar sus
nombres y aplaudir su espléndido trabajo- escrutó las noticias para
localizar buenas historias portuguesas. Fueron al encuentro de
personajes que no siempre encuentran sitio en los medios generalistas,
le pusieron cara al desempleo, la precariedad y el sufrimiento a lo
largo de docenas de entrevistas, investigaron toda suerte de hechos
curiosos, reveladores del estado de un país más allá de las grandes
cifras. Hicieron, en suma, periodismo del bueno, ese que infelizmente ya
no es tan común, para alimentar un sitio web memorable -enriquecido por las ilustraciones de Tiago
Manuel- y con ello sugerir contenidos para los relatos de una Xerazade
del siglo XXI. Relatos que nacen de la “realidad” y que convierte en
ficción el llamado “Comité Central”, compuesto por Miguel Gomes, la
guionista y actriz Mariana Ricardo, el asistente de realización Bruno
Lourenço y el montador Telmo Churro. Y es una ficción libérrima, que
asume sin miedo la necesidad de la imaginación para entender el mundo en
que vivimos. Se vale de la fábula y juega a veces con el absurdo con la
misma energía y convicción con la que escapa de la crueldad, que
esquiva incluso en su episodio más satírico. Aquí no hay espacio para el
sadismo. La más terrible de las historias puede contarse con elegancia,
con compasión y pudor. No es un acto de caridad, es sólo justicia.
Justicia y cariño.
As Mil e Uma Noites es una película en tres
volúmenes. Pero la verdadera película, es importante que esto quede
claro, es la que ordena el espectador en su cabeza una vez que ha
experimentado las tres entregas en que se presenta. La primera de ellas,
O Inquieto, es la que propone más registros diferentes, la más mutante,
la más electrizante. O Desolado, la segunda, es la más canónicamente
ficcional, también la más amarga y desesperada, aún a pesar de Dixie, el
perro transmisor de alegría que se acaba adueñando de la función. El
volumen final, O Encantado, arranca como un festín hedonista, puro
placer visual y sonoro en una Bagdad marsellesa de fantasía, para
llevarnos luego a la Lisboa actual y alcanzar la cima gracias a una
galería excepcional de personajes, la desarmante comunidad de
passarinheiros que nos deslumbra y emociona por su dedicación en favor
de la belleza, por su amor y su compromiso. Fueron precisas seis horas,
pero el mensaje ha calado hondo. Necesitamos beber sueños como
necesitamos beber agua, afirmó una vez el escritor gallego Álvaro
Cunqueiro. Xerazade añadiría ahora: mientras exista alguien que atienda
al canto de los pájaros será posible la esperanza.
Martin Pawley. Texto escrito para o catálogo do FIC Valdivia 2015. Versión en galego, aquí.
Amosando publicacións coa etiqueta FIC Valdivia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FIC Valdivia b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 4 de novembro de 2015
mércores, 16 de setembro de 2015
Mentres exista o canto dos paxaros
Calquera achegamento a As Mil e
Uma Noites empeza polo asombro ante a súa natureza colosal, a súa
condición de proxecto extraordinario. Extraordinario por dimensión e por
intención, a de establecer un retrato dun país, Portugal, cruelmente
azoutado polo exercicio austericida dun goberno que bailou ao son único
da apocalíptica Troika, entidade que tamén é singular e tripla, coma o filme de Gomes, mais infinitamente menos amorosa. A crise, palabra
maldita que deveu comodín oco para xustificar calquera cousa, merecía un
acto artístico de rebelión. Fíxoo un xenial cineasta portugués en forma
de eloxio da narración e da palabra, de voces e de acentos que fían unha morea de historias, grandes e pequenas, transcendentes e
banais, que nacen unhas doutras e van e volven para relatar este mundo e
este tempo. Para facer relato hoxe e para que se lembre no futuro: isto
era así e había que contalo, dunha forma nova, imperecedoira e
inesgotábel.
As Mil e Uma Noites é, si, un filme político, aínda que non militante, ou polo menos non no sentido tradicional. Non é unha obra repleta de certezas, disposta a sinalarnos un camiño recto -ou máis ben “o” camiño-; antes polo contrario, prefire navegar ao desvío e explorar outras derrotas para coñecer mellor o rumbo. A prensa diaria foi unha perfecta guía para a viaxe. Durante máis dun ano un equipo de xornalistas -María José Oliveira, Rita Ferreira e João de Almeida Dias, xusto é citar os seus nomes e aplaudir o seu espléndido traballo- escrutou as noticias para localizar boas historias portuguesas. Foron ao encontro de personaxes que non sempre atopan sitio nos medios xeneralistas, puxéronlle cara ao desemprego, a precariedade e o sufrimento ao longo de ducias de entrevistas, investigaron toda sorte de feitos curiosos, reveladores do estado dun país máis aló das grandes cifras. Fixeron, en suma, xornalismo do bo, ese que infelizmente xa non é tan común, para alimentar un sitio web memorábel -enriquecido polas ilustracións de Tiago Manuel- e con iso suxerir contidos para os relatos dunha Xerazade do século XXI. Relatos que nacen da “realidade” e converte en ficción o chamado “Comité Central”, composto por Miguel Gomes, a guionista e actriz Mariana Ricardo, o asistente de realización Bruno Lourenço e o montador Telmo Churro. E é unha ficción libérrima, que asume sen medo a necesidade da imaxinación para entender o mundo en que vivimos. Válese da fábula e xoga ás veces co absurdo coa mesma enerxía e convicción coa que escapa da crueldade, que esquiva mesmo no seu episodio máis satírico. Aquí non hai espazo para o sadismo. A máis terríbel das historias pode contarse con elegancia, con compaixón e pudor. Non é un acto de caridade, é só xustiza. Xustiza e cariño.
As Mil e Uma Noites é un filme en tres volumes. Mais o verdadeiro filme, é importante que isto quede claro, é o que ordena o espectador na súa cabeza unha vez que experimentou as tres entregas en que se presenta. A primeira delas, O Inquieto, é a que propón máis rexistros diferentes, a máis mutante, a máis electrizante. O Desolado, a segunda, é a máis canónicamente ficcional, tamén a máis amarga e desesperada, aínda a pesar de Dixie, o can transmisor de alegría que se acaba apropiando da función. O volume final, O Encantado, arranca coma un festín hedonista, puro pracer visual e sonoro nunha Bagdad marsellesa de fantasía, para levarnos logo á Lisboa actual e alcanzar a cima grazas a unha galería excepcional de personaxes, a desarmadora comunidade de passarinheiros que impresiona e emociona pola súa dedicación en favor da beleza, polo seu amor e o seu compromiso. Foron precisas seis horas, mais a mensaxe calou fondo. Necesitamos beber soños como necesitamos beber auga, afirmou unha vez o escritor galego Álvaro Cunqueiro. Xerazade engadiría agora: mentres exista alguén que atenda o canto dos paxaros será posíbel a esperanza.
Martin Pawley. Versión galega dun texto escrito para o catálogo do FIC Valdivia 2015. En español, aquí.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)