luns, 30 de xullo de 2012

Adeus, Mostra de Ciencia e Cinema



Vimos filmes de Dana Ranga, Semiconductor, Erwin Wagenhofer, Werner Herzog, Jeanne Liotta, Isaki Lacuesta, Jim Finn, Tessa Joose, Barbara Hammer, Mikael Kristersson, Gonzalo de Pedro, Fernando Franco, Herman Asselberghs, Karen Aqua, José Luis Torres Leiva, J. P. Sniadecki, Sharon Lockhart, Adele Horne, Jean Painlevé, Robert J. Flaherty, Robert Gardner, Hillary Harris, Verena Paravel, Lucien Castaing-Taylor, Ilisa Barbash, Hanns Walter Kornblum, Lois Patiño, Marcos Nine, Xurxo Chirro, Graça Castanheira, Maria João Soares, Tess Girard, Oleg Tcherny, Max & Dave Fleischer, Pierre-Marie Goulet, Nicolas Philibert, Patricio Guzmán, Ben Rivers, Bill Morrison, Deborah Stratman...

Barbara, Lucien, Ilisa e Bill regaláronnos ademais a súa presenza; con eles disfrutamos e aprendemos, e coas persoas que pasaron polo xurado: Eloy Enciso, Ángel Santos, Oliver Laxe, Lois Patiño, Xurxo Chirro, Camilo José Cela Conde, Pilar Perla, Santiago Auserón, Luis Martínez, Manuel Bragado, Eulalia Pérez-Sedeño e Carlos Muguiro, entre outros. E con Fernando Jáuregui, Javier Armentia, Laureano Jiménez ou Juan Herbera.

Puxeron música Fran Gayo, Roberto Mallo, Miguel Prado, Xabier Díaz, Guille Fernández, Guadi Galego, Abe Rábade e Ernst Karel. A voz e a palabra, Lucía Aldao, Marica Campo, Emma Couceiro, Estíbaliz Espinosa, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas e Xavier Seoane. Tamén Susana Rois e Belén Regueira, sempre dispostas a botar unha man, igual que Joana Barros e Sílvio Mendes, que compartiron o soño dende Lisboa.

As catro (ou cinco) edicións da Mostra de Ciencia e Cinema trouxeron un inmenso traballo, algunhas (bastantes) insatisfaccións, moitos momentos felices e un bo número de novos amigos. A quinta edición, que debería celebrarse a finais de novembro, non chegará a existir. Pola parte que me toca, que non é precisamente pequena, só podo dicir que me sinto ben orgulloso do que fixemos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario