Montanha
João
Salaviza (Portugal, 2015)
90 minutos | Cor
Auténtico wonder boy do último cinema portugués, con 28 anos João
Salaviza gañara xa unha Palma de Ouro en Cannes e un Oso de Ouro en
Berlín coas súas curtas Arena e Rafa, que vencían a (inquietante) etiqueta
do "cinema social" pola concisión e emotividade sen melodramatismo no
debuxo dos seus inesquecíbeis protagonistas. Nese mesmo rexistro móvese a súa primeira longa, con outro rebelde con causa en busca do seu destino
nun barrio lisboeta. Un western urbano, case intemporal pola súa
deliberada renuncia a usar sinais do presente -móbiles, computadores,
redes sociais-, coa épica da adolescencia no seu intento de non sucumbir
ante a condescendencia e o cansazo, a soidade e o baleiro. A épica de
sobrevivir ao máis duro dos oitomiles: o descubrimento da dor e o
desencanto.
Martin Pawley. Versión galega do texto do catálogo do BAFICI 2016. Pode descargarse o catálogo nesta ligazón (PDF, 19 MB).
Ningún comentario:
Publicar un comentario